SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
Download to read offline
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 1
REDE MUSEÍSTICA
PROVINCIAL DE LUGO
EscapeRooms:
XogaenRede
Unidade Didáctica
Rede Museística Provincial de Lugo
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 2
ÍNDICE
1.		Descrición. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  3
2.		Obxectivos. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4
3.			Competencias clave. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  5
4.	
	Contidos das escape rooms. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  6
5.		Metodoloxía. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .  7
6.	
	Destinatarios/as. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13
7.		Concertación. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 3
1. Descrición
Dentro do proxecto Eu pregunto, ti respondes, a
Rede Museística Provincial de Lugo oferta varias
escape rooms que teñen como obxectivo achegar
á rapazada as diferentes coleccións dos museos
de xeito interactivo, lúdico e interdisciplinario.
Os xogos Escape Room son actividades, cada vez
máis estendidas, nas que as persoas que participan
usan a lóxica, os seus coñecementos e o enxeño
para resolver probas dentro dunha misión que
deben completar. Na Rede Museística Provincial
consideramos fundamental espertar na infancia
e na xuventude a curiosidade e o respecto polo
patrimonio e, nese sentido, esta proposta conta coa
peculiaridade de que non só fomenta a motivación a
través da gamificación ou a aprendizaxe baseada en
xogos, senón que se orienta cara ao descubrimento
e estudo do patrimonio conservado nos nosos catro
museos mediante experiencias positivas e divertidas.
As nosas escape rooms compóñense de diferentes xogos,
con temáticas específicas, nos que cada participante
se mergullará nas coleccións dos museos empregando
como plataforma as visitas virtuais 3D das que dispón a
Rede Museística. Así pois, con esta iniciativa os rapaces
e as rapazas poderán aprender sobre o pasado romano
de Lugo, a paisaxe e o medio ambiente, a historia do
vestido, a Idade Media, o funcionamento dun museo,
etc. Do mesmo xeito, en todas as actividades se tratan
temas transversais tales como a educación para a
convivencia, a educación en valores, a educación para
a conciencia ambiental e a educación para a equidade
de xénero. Neste sentido, cabe destacar que se oferta
unha escape room dedicada á Igualdade e outra
aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)
propostos pola UNESCO, xa que son piares fundamentais
da xestión levada a cabo pola Rede Museística.
Vivimos nun mundo rodeado de novas tecnoloxías e,
no contexto actual provocado pola Covid-19, resulta
máis necesario ca nunca implementar actividades
que se poidan realizar de xeito online. Optamos
neste caso pola “gamificación educativa”, entendida
como a aplicación de mecanismos de xogo aos
procesos de aprendizaxe coa finalidade de absorber
determinados coñecementos e mellorar certas
habilidades. Consideramos que é de gran utilidade
formular actividades de aprendizaxe dentro do xogo,
posto que se consegue implicar á persoa participante
facéndoa sentir parte dun escenario. O interese por
avanzar no xogo, por adquirir un papel protagonista
e tomar decisións, conleva que cada participante
desenvolva destrezas, habilidades e coñecementos.
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 4
2. Obxectivos
2.1 Xerais
◆
◆ Desenvolver boas prácticas de resolución de
conflitos, así como actitudes responsables e de
respecto polos demais e polo patrimonio.
◆
◆ Incentivar valores como o respecto, a
tolerancia e a superación persoal.
◆
◆ Elaborar materiais didácticos orientados á ensinanza e á
aprendizaxe baseada na adquisición de competencias.
◆
◆ Empregar as tecnoloxías da información e da
comunicación como recurso didáctico habitual.
◆
◆ Empregar o galego e o castelán como
linguas vehiculares, valorando as
posibilidades comunicativas de ambas.
◆
◆ Profundar en aspectos propios do currículo
escolar no ámbito de Galicia e, especialmente,
no referente á historia, á xeografía, á contorna
natural e ao patrimonio artístico e cultural.
2.2 Específicos
◆
◆ Aprender a través do xogo e da participación directa.
◆
◆ Adquirir nocións básicas sobre as pezas que albergan
os museos da Rede e coñecer o noso patrimonio
a través dun formato atractivo e adaptable.
◆
◆ Desenvolver habilidades mentais
para a resolución de enigmas.
◆
◆ Avivar a creatividade e o pensamento crítico.
◆
◆ Fomentar o traballo experiencial.
◆
◆ Promover a innovación educativa.
◆
◆ Construír un pensamento dedutivo.
◆
◆ Saber liderar a propia aprendizaxe.
◆
◆ Desenvolver axilidade mental.
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 5
3. Competencias
Competencia dixital
Utilízanse de maneira creativa e segura as
tecnoloxías da información e a comunicación
para alcanzar diferentes obxectivos relacionados
coa aprendizaxe e o uso do tempo libre.
Conciencia e expresións culturais
A través destas actividades incentívase o coñecemento
da nosa herdanza cultural (patrimonio cultural,
histórico-artístico, medioambiental, etc.), os diferentes
xéneros e estilos artísticos (pintura, escultura,
arquitectura, etc.), e as manifestacións artístico-
culturais da vida cotiá (vivenda, vestido, etc.). Ademais,
tamén se promove o respecto á diversidade cultural
e foméntase o interese, o aprecio, o respecto e o
desfrute e valoración das obras artísticas e culturais.
Comunicación lingüística
No caso de realizar a actividade en grupo, o
xogo precisa da comunicación continua entre o
equipo. Necesítase interactuar cos/coas demais
participantes e consultar información.
Para resolver as misións deben seguir as indicacións
que se lles ofrecen, polo que precisan comprender
distintos tipos de textos e procesar a información.
Coñecerán novo vocabulario e outras formas de
comunicación como a lingua de signos.
Aprender a aprender
Resolver estas propostas de escape rooms implica
motivarse para aprender, ter a necesidade e
curiosidade de aprender, sentirse protagonista do
proceso e do resultado da aprendizaxe e ter a auto-
eficacia e confianza nun/nunha mesmo/a.
Competencias sociais e cívicas
As historias que dan argumento a cada xogo están
relacionadas coa vida cotiá e contextualízanse nunha
contorna determinada. Así pois, axudan a comprender
os códigos de conduta aceptados en distintas
sociedades e conceptos como o de igualdade.
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 6
4. Contidos das Escape Rooms
Lugo romano
Vestimenta, cidade, casa.
Familiarizar aos e ás
participantes con obxectos e
pezas representativas da vida
na antiga Lucus Augusti.
Como nos vestimos
ao longo da historia
Coñecer como se vestían
os homes e as mulleres dos
diferentes períodos históricos
e os significados e segredos
que agochan os distintos
tipos de indumentaria.
Itinerario: Prehistoria, Cultura
castrexa, Roma, Idade
Media, Romanticismo e
Traxe tradicional galego.
Vexo, vexo…
e descubro o
meu entorno
Identificar as diferentes
paisaxes, principalmente
de Galicia, e os elementos
naturais que as compoñen,
así como a súa relación
emocional coas persoas a
través das obras pictóricas
do Museo Provincial de
Lugo. Itinerario: paisaxe de
montaña, paisaxe mariña,
paisaxe urbana, paisaxe
rural, paisaxe lucense.
Igualdade
Coñecer a obra das mulleres
artistas expostas no Museo
Provincial de Lugo.
ODS
Misións relacionadas con
cada un dos 17 Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible
percorrendo as coleccións do
Museo Provincial de Lugo.
Crea o teu museo
Definición e tipos de
museo, profesións
e coleccións.
A Idade Media na
Rede Museística
Provincial de Lugo
Vida e sociedade medievais
a través das obras e
pezas dos catro museos
da Rede Museística.
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 7
5. Metodoloxía
Estas propostas caracterízanse por presentar unha
metodoloxía activa que consiste en aprender xogando.
Algunhas das principais repercusións do xogo na
aprendizaxe son favorecer a resolución de problemas
e poñer en práctica diferentes procesos mentais,
polo que apostamos pola gamificación como vía
didáctica que permite experimentar, probar, explorar
e potenciar a imaxinación e a creatividade. Ademais,
durante a realización destas actividades o/a participante
tamén toma consciencia da súa propia aprendizaxe,
do seu potencial e dos retos que pode superar.
A mecánica do xogo aséntase na resolución de
misións ou retos. Trátase de tarefas sucesivas que
se poden realizar en grupo ou individualmente,
con pequenos obxectivos que se irán sumando
ata conseguir superar o xogo ao completo.
As escape rooms están integradas
na visita virtual 3D dos museos, cada
unha delas sinalada con puntos
interactivos de distintas cores:
◆
◆ “Lugo romano”: Vermello.
◆
◆ “Como nos vestimos ao longo
da historia”: Amarelo.
◆
◆ “Vexo, vexo… e descubro o
meu entorno”: Verde.
◆
◆ “Igualdade”: Violeta.
◆
◆ “ODS”: Azul.
◆
◆ “Crea o teu museo”: Laranxa.
◆
◆ “A Idade Media na Rede Museística
Provincial de Lugo”: Rosa.
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 8
Lugo romano
Unha castrexa que quere
infiltrarse en Lucus Augusti.
Como nos vestimos
ao longo da historia
Unha deseñadora
de moda que busca
inspiración no museo.
Vexo, vexo… e descubro
o meu entorno
Unha xabarina que busca
un lugar para vivir coa súa
manada de xabarís.
Igualdade
Unha pantasma que vive no
Museo Provincial de Lugo.
5. Metodoloxía
O punto de partida sempre será a Recepción do Museo, onde se
atopa o primeiro punto interactivo de cada escape room. Ao pinchar
sobre el, aparecerá unha personaxe que recibe a cada participante,
dándolle a benvida e explicándolle en que consistirá a actividade.
Cada escape ten como protagonista a unha personaxe distinta:
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 9
ODS
Un planeta Terra que está
enfermo e precisa da nosa axuda
e dos 17 ODS para curarse.
Crea o teu museo
Un cadro que acaba de
chegar ao museo.
A Idade Media na Rede Museística Provincial de Lugo
Un frade franciscano no Museo Provincial de Lugo, un cabaleiro
na Fortaleza de San Paio de Narla, unha campesiña no Pazo
de Tor e un carpinteiro de ribeira no Museo do Mar.
5. Metodoloxía
O punto de partida sempre será a Recepción do Museo, onde se
atopa o primeiro punto interactivo de cada escape room. Ao pinchar
sobre el, aparecerá unha personaxe que recibe a cada participante,
dándolle a benvida e explicándolle en que consistirá a actividade.
Cada escape ten como protagonista a unha personaxe distinta:
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 10
5. Metodoloxía
Trala presentación da actividade, cada personaxe indica a que lugar do museo
debe dirixirse o/a participante para atopar a primeira proba ou misión. Empregando
as ferramentas que ofrece a visita virtual, o/a participante poderá moverse polas
diferentes salas e plantas dos museos na procura da proba correspondente, que
sempre estará insertada nun punto interactivo da cor cor asignada á escape room.
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 11
5. Metodoloxía
Unha vez resolta cada proba ou misión,
o/a participante recibe novas indicacións
para buscar a seguinte, dinámica que se
repite ata completar a escape room.
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 12
5. Metodoloxía
Os xogos dos que se compoñen os retos
e misións das escape rooms son de
carácter variado e sempre teñen como
protagonistas as obras e pezas expostas
nos museos: xogos de memoria, verdadeiro
ou falso, crebacabezas, preguntas e
respostas, ordenar letras, completar
series, buscar pistas ocultas, etc.
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 13
6. Destinatarios
As escape rooms da Rede Museística están pensadas
para ser realizadas tanto pola comunidade educativa
como polas familias con nenos e nenas que cursen
Educación Primaria ou Educación Secundaria. Os
temas que tratan están enfocados para complementar
o currículo escolar, polo que permiten consolidar e
mesmo ampliar os coñecementos adquiridos na aula.
A realización completa de calquera das escape
rooms non excede o tempo correspondente a unha
clase escolar, e o feito de ter acceso online a elas
permite poder completalas de xeito flexible. Así pois,
o profesorado pode escoller entre destinar unha clase
completa a que o alumnado solvente todas as misións
da escape room ou dosificalas e ofrecer unha proba
por clase, por semana, etc. Do mesmo xeito, tamén
as familias poderán xestionar como completar as
escape rooms adaptándoas ás súas necesidades.
7. Concertación
Como todos os proxectos e actividades da Rede
Museística Provincial de Lugo, as escape rooms
atópanse ofertadas en www.comunidadermpl.es.
Na nosa plataforma educativa poderás ver todas
as iniciativas que temos en marcha e atopar o
formulario para concertalas. Do mesmo xeito,
tamén atoparás diferentes medios de contacto cos
catro museos da Rede, aos que poderás dirixirte
en caso de ter calquera consulta ou dúbida.
Finalmente, unha vez concertada a actividade desexada,
facilitarémosche o enlace á visita virtual 3D e todos os
recursos necesarios para a súa correcta realización. O
feito de que estas propostas sexan online non impide que
o persoal da Rede Museística Provincial estea sempre
presente: detrás da pantalla hai en todo momento unha
persoa disposta a acompañarte en cada aventura!
Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 14
Datos de contacto:
Rede Museística Provincial de Lugo
https://comunidadermpl.es/
Correo electrónico:
comunidadermpl@gmail.com
REDE MUSEÍSTICA
PROVINCIAL DE LUGO

More Related Content

Similar to escape_room_museo_7abr.pdf

Catálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPASCatálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPASMau Marela
 
Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarMANEIRO
 
Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015Encarna Lago
 
Dragal relatorio 16 xaneiro
Dragal relatorio 16 xaneiroDragal relatorio 16 xaneiro
Dragal relatorio 16 xaneiroLoli Cid Cid
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfEncarna Lago
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Maria Lemos Cerqueira
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfCEIPN1TUI
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidariosatelite1
 
Ficha tarefa Canicópolis
Ficha tarefa CanicópolisFicha tarefa Canicópolis
Ficha tarefa CanicópolisPaulaReySilva
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreEmmaFigueira
 
Tui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturalezaTui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturalezaguillareta
 
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorRede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorEncarna Lago
 
Red museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarRed museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarEncarna Lago
 
As TICs e a creatividade
As TICs e a creatividadeAs TICs e a creatividade
As TICs e a creatividadeManel Rives
 

Similar to escape_room_museo_7abr.pdf (20)

Coñecemos marrocos
Coñecemos marrocosCoñecemos marrocos
Coñecemos marrocos
 
Catálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPASCatálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPAS
 
Memoria o entroido-en-galiza
Memoria  o entroido-en-galizaMemoria  o entroido-en-galiza
Memoria o entroido-en-galiza
 
Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar Comunicar
 
Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015Programa escolar torre narla-2015
Programa escolar torre narla-2015
 
Proxecto Dragal
Proxecto DragalProxecto Dragal
Proxecto Dragal
 
Dragal relatorio 16 xaneiro
Dragal relatorio 16 xaneiroDragal relatorio 16 xaneiro
Dragal relatorio 16 xaneiro
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
Memoria 2013 mar
Memoria 2013 marMemoria 2013 mar
Memoria 2013 mar
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Ficha tarefa Canicópolis
Ficha tarefa CanicópolisFicha tarefa Canicópolis
Ficha tarefa Canicópolis
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendre
 
Tui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturalezaTui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturaleza
 
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorRede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
 
Red museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarRed museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do Mar
 
Unidade Didáctica 5
Unidade Didáctica 5Unidade Didáctica 5
Unidade Didáctica 5
 
As TICs e a creatividade
As TICs e a creatividadeAs TICs e a creatividade
As TICs e a creatividade
 

More from Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 

More from Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 

escape_room_museo_7abr.pdf

  • 1. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 1 REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO EscapeRooms: XogaenRede Unidade Didáctica Rede Museística Provincial de Lugo
  • 2. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 2 ÍNDICE 1. Descrición. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3 2. Obxectivos. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4 3. Competencias clave. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5 4. Contidos das escape rooms. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 6 5. Metodoloxía. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 7 6. Destinatarios/as. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13 7. Concertación. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13
  • 3. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 3 1. Descrición Dentro do proxecto Eu pregunto, ti respondes, a Rede Museística Provincial de Lugo oferta varias escape rooms que teñen como obxectivo achegar á rapazada as diferentes coleccións dos museos de xeito interactivo, lúdico e interdisciplinario. Os xogos Escape Room son actividades, cada vez máis estendidas, nas que as persoas que participan usan a lóxica, os seus coñecementos e o enxeño para resolver probas dentro dunha misión que deben completar. Na Rede Museística Provincial consideramos fundamental espertar na infancia e na xuventude a curiosidade e o respecto polo patrimonio e, nese sentido, esta proposta conta coa peculiaridade de que non só fomenta a motivación a través da gamificación ou a aprendizaxe baseada en xogos, senón que se orienta cara ao descubrimento e estudo do patrimonio conservado nos nosos catro museos mediante experiencias positivas e divertidas. As nosas escape rooms compóñense de diferentes xogos, con temáticas específicas, nos que cada participante se mergullará nas coleccións dos museos empregando como plataforma as visitas virtuais 3D das que dispón a Rede Museística. Así pois, con esta iniciativa os rapaces e as rapazas poderán aprender sobre o pasado romano de Lugo, a paisaxe e o medio ambiente, a historia do vestido, a Idade Media, o funcionamento dun museo, etc. Do mesmo xeito, en todas as actividades se tratan temas transversais tales como a educación para a convivencia, a educación en valores, a educación para a conciencia ambiental e a educación para a equidade de xénero. Neste sentido, cabe destacar que se oferta unha escape room dedicada á Igualdade e outra aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) propostos pola UNESCO, xa que son piares fundamentais da xestión levada a cabo pola Rede Museística. Vivimos nun mundo rodeado de novas tecnoloxías e, no contexto actual provocado pola Covid-19, resulta máis necesario ca nunca implementar actividades que se poidan realizar de xeito online. Optamos neste caso pola “gamificación educativa”, entendida como a aplicación de mecanismos de xogo aos procesos de aprendizaxe coa finalidade de absorber determinados coñecementos e mellorar certas habilidades. Consideramos que é de gran utilidade formular actividades de aprendizaxe dentro do xogo, posto que se consegue implicar á persoa participante facéndoa sentir parte dun escenario. O interese por avanzar no xogo, por adquirir un papel protagonista e tomar decisións, conleva que cada participante desenvolva destrezas, habilidades e coñecementos.
  • 4. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 4 2. Obxectivos 2.1 Xerais ◆ ◆ Desenvolver boas prácticas de resolución de conflitos, así como actitudes responsables e de respecto polos demais e polo patrimonio. ◆ ◆ Incentivar valores como o respecto, a tolerancia e a superación persoal. ◆ ◆ Elaborar materiais didácticos orientados á ensinanza e á aprendizaxe baseada na adquisición de competencias. ◆ ◆ Empregar as tecnoloxías da información e da comunicación como recurso didáctico habitual. ◆ ◆ Empregar o galego e o castelán como linguas vehiculares, valorando as posibilidades comunicativas de ambas. ◆ ◆ Profundar en aspectos propios do currículo escolar no ámbito de Galicia e, especialmente, no referente á historia, á xeografía, á contorna natural e ao patrimonio artístico e cultural. 2.2 Específicos ◆ ◆ Aprender a través do xogo e da participación directa. ◆ ◆ Adquirir nocións básicas sobre as pezas que albergan os museos da Rede e coñecer o noso patrimonio a través dun formato atractivo e adaptable. ◆ ◆ Desenvolver habilidades mentais para a resolución de enigmas. ◆ ◆ Avivar a creatividade e o pensamento crítico. ◆ ◆ Fomentar o traballo experiencial. ◆ ◆ Promover a innovación educativa. ◆ ◆ Construír un pensamento dedutivo. ◆ ◆ Saber liderar a propia aprendizaxe. ◆ ◆ Desenvolver axilidade mental.
  • 5. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 5 3. Competencias Competencia dixital Utilízanse de maneira creativa e segura as tecnoloxías da información e a comunicación para alcanzar diferentes obxectivos relacionados coa aprendizaxe e o uso do tempo libre. Conciencia e expresións culturais A través destas actividades incentívase o coñecemento da nosa herdanza cultural (patrimonio cultural, histórico-artístico, medioambiental, etc.), os diferentes xéneros e estilos artísticos (pintura, escultura, arquitectura, etc.), e as manifestacións artístico- culturais da vida cotiá (vivenda, vestido, etc.). Ademais, tamén se promove o respecto á diversidade cultural e foméntase o interese, o aprecio, o respecto e o desfrute e valoración das obras artísticas e culturais. Comunicación lingüística No caso de realizar a actividade en grupo, o xogo precisa da comunicación continua entre o equipo. Necesítase interactuar cos/coas demais participantes e consultar información. Para resolver as misións deben seguir as indicacións que se lles ofrecen, polo que precisan comprender distintos tipos de textos e procesar a información. Coñecerán novo vocabulario e outras formas de comunicación como a lingua de signos. Aprender a aprender Resolver estas propostas de escape rooms implica motivarse para aprender, ter a necesidade e curiosidade de aprender, sentirse protagonista do proceso e do resultado da aprendizaxe e ter a auto- eficacia e confianza nun/nunha mesmo/a. Competencias sociais e cívicas As historias que dan argumento a cada xogo están relacionadas coa vida cotiá e contextualízanse nunha contorna determinada. Así pois, axudan a comprender os códigos de conduta aceptados en distintas sociedades e conceptos como o de igualdade.
  • 6. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 6 4. Contidos das Escape Rooms Lugo romano Vestimenta, cidade, casa. Familiarizar aos e ás participantes con obxectos e pezas representativas da vida na antiga Lucus Augusti. Como nos vestimos ao longo da historia Coñecer como se vestían os homes e as mulleres dos diferentes períodos históricos e os significados e segredos que agochan os distintos tipos de indumentaria. Itinerario: Prehistoria, Cultura castrexa, Roma, Idade Media, Romanticismo e Traxe tradicional galego. Vexo, vexo… e descubro o meu entorno Identificar as diferentes paisaxes, principalmente de Galicia, e os elementos naturais que as compoñen, así como a súa relación emocional coas persoas a través das obras pictóricas do Museo Provincial de Lugo. Itinerario: paisaxe de montaña, paisaxe mariña, paisaxe urbana, paisaxe rural, paisaxe lucense. Igualdade Coñecer a obra das mulleres artistas expostas no Museo Provincial de Lugo. ODS Misións relacionadas con cada un dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible percorrendo as coleccións do Museo Provincial de Lugo. Crea o teu museo Definición e tipos de museo, profesións e coleccións. A Idade Media na Rede Museística Provincial de Lugo Vida e sociedade medievais a través das obras e pezas dos catro museos da Rede Museística.
  • 7. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 7 5. Metodoloxía Estas propostas caracterízanse por presentar unha metodoloxía activa que consiste en aprender xogando. Algunhas das principais repercusións do xogo na aprendizaxe son favorecer a resolución de problemas e poñer en práctica diferentes procesos mentais, polo que apostamos pola gamificación como vía didáctica que permite experimentar, probar, explorar e potenciar a imaxinación e a creatividade. Ademais, durante a realización destas actividades o/a participante tamén toma consciencia da súa propia aprendizaxe, do seu potencial e dos retos que pode superar. A mecánica do xogo aséntase na resolución de misións ou retos. Trátase de tarefas sucesivas que se poden realizar en grupo ou individualmente, con pequenos obxectivos que se irán sumando ata conseguir superar o xogo ao completo. As escape rooms están integradas na visita virtual 3D dos museos, cada unha delas sinalada con puntos interactivos de distintas cores: ◆ ◆ “Lugo romano”: Vermello. ◆ ◆ “Como nos vestimos ao longo da historia”: Amarelo. ◆ ◆ “Vexo, vexo… e descubro o meu entorno”: Verde. ◆ ◆ “Igualdade”: Violeta. ◆ ◆ “ODS”: Azul. ◆ ◆ “Crea o teu museo”: Laranxa. ◆ ◆ “A Idade Media na Rede Museística Provincial de Lugo”: Rosa.
  • 8. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 8 Lugo romano Unha castrexa que quere infiltrarse en Lucus Augusti. Como nos vestimos ao longo da historia Unha deseñadora de moda que busca inspiración no museo. Vexo, vexo… e descubro o meu entorno Unha xabarina que busca un lugar para vivir coa súa manada de xabarís. Igualdade Unha pantasma que vive no Museo Provincial de Lugo. 5. Metodoloxía O punto de partida sempre será a Recepción do Museo, onde se atopa o primeiro punto interactivo de cada escape room. Ao pinchar sobre el, aparecerá unha personaxe que recibe a cada participante, dándolle a benvida e explicándolle en que consistirá a actividade. Cada escape ten como protagonista a unha personaxe distinta:
  • 9. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 9 ODS Un planeta Terra que está enfermo e precisa da nosa axuda e dos 17 ODS para curarse. Crea o teu museo Un cadro que acaba de chegar ao museo. A Idade Media na Rede Museística Provincial de Lugo Un frade franciscano no Museo Provincial de Lugo, un cabaleiro na Fortaleza de San Paio de Narla, unha campesiña no Pazo de Tor e un carpinteiro de ribeira no Museo do Mar. 5. Metodoloxía O punto de partida sempre será a Recepción do Museo, onde se atopa o primeiro punto interactivo de cada escape room. Ao pinchar sobre el, aparecerá unha personaxe que recibe a cada participante, dándolle a benvida e explicándolle en que consistirá a actividade. Cada escape ten como protagonista a unha personaxe distinta:
  • 10. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 10 5. Metodoloxía Trala presentación da actividade, cada personaxe indica a que lugar do museo debe dirixirse o/a participante para atopar a primeira proba ou misión. Empregando as ferramentas que ofrece a visita virtual, o/a participante poderá moverse polas diferentes salas e plantas dos museos na procura da proba correspondente, que sempre estará insertada nun punto interactivo da cor cor asignada á escape room.
  • 11. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 11 5. Metodoloxía Unha vez resolta cada proba ou misión, o/a participante recibe novas indicacións para buscar a seguinte, dinámica que se repite ata completar a escape room.
  • 12. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 12 5. Metodoloxía Os xogos dos que se compoñen os retos e misións das escape rooms son de carácter variado e sempre teñen como protagonistas as obras e pezas expostas nos museos: xogos de memoria, verdadeiro ou falso, crebacabezas, preguntas e respostas, ordenar letras, completar series, buscar pistas ocultas, etc.
  • 13. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 13 6. Destinatarios As escape rooms da Rede Museística están pensadas para ser realizadas tanto pola comunidade educativa como polas familias con nenos e nenas que cursen Educación Primaria ou Educación Secundaria. Os temas que tratan están enfocados para complementar o currículo escolar, polo que permiten consolidar e mesmo ampliar os coñecementos adquiridos na aula. A realización completa de calquera das escape rooms non excede o tempo correspondente a unha clase escolar, e o feito de ter acceso online a elas permite poder completalas de xeito flexible. Así pois, o profesorado pode escoller entre destinar unha clase completa a que o alumnado solvente todas as misións da escape room ou dosificalas e ofrecer unha proba por clase, por semana, etc. Do mesmo xeito, tamén as familias poderán xestionar como completar as escape rooms adaptándoas ás súas necesidades. 7. Concertación Como todos os proxectos e actividades da Rede Museística Provincial de Lugo, as escape rooms atópanse ofertadas en www.comunidadermpl.es. Na nosa plataforma educativa poderás ver todas as iniciativas que temos en marcha e atopar o formulario para concertalas. Do mesmo xeito, tamén atoparás diferentes medios de contacto cos catro museos da Rede, aos que poderás dirixirte en caso de ter calquera consulta ou dúbida. Finalmente, unha vez concertada a actividade desexada, facilitarémosche o enlace á visita virtual 3D e todos os recursos necesarios para a súa correcta realización. O feito de que estas propostas sexan online non impide que o persoal da Rede Museística Provincial estea sempre presente: detrás da pantalla hai en todo momento unha persoa disposta a acompañarte en cada aventura!
  • 14. Escape Rooms: Xoga en Rede - Rede Museística Provincial de Lugo 14 Datos de contacto: Rede Museística Provincial de Lugo https://comunidadermpl.es/ Correo electrónico: comunidadermpl@gmail.com REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO