SlideShare a Scribd company logo
1 of 61
Download to read offline
Tema 6




         Estímulo e resposta
         receptores e efectores
Introdución
Pítase un penalti
O porteiro se prepara e
se tira cara un lado e
para a pelota
Tivo lugar unha
reacción frente a unha
sinal, que
desencadenou unha
resposta do porteiro.
O sistema locomotor
(formado polos
músculos e esqueleto)
encargáronse de
executar a resposta
axeitada
O que xa sabes

Cos órganos dos sentidos captamos a
información do medio externo que é
transmitida ao SNC
O SNC procesa a información e de seguido
elabora as ordes que desencadean a
resposta
O Sistema Locomotor encárgase de levar a
cabo a resposta realizando os movementos
ordeados polo snc
A percepción do medio



 Contínuamente, estímulos procedentes tanto do
  noso interior como do mundo exterior son percibidos
  polo noso organismo.
 Grazas     a    esta   capacidade,     respondemos
  automáticamente ou de forma voluntaria, do xeito
  apropiado para a nosa supervivencia e benestar.
Receptores sensitivos

 Os ESTÍMULOS son aqueles cambios ambientais
  que poden ser detectados polo noso organismo.
 RECEPTORES son células nerviosas sensibles que
  captan os estímulos.
 En función da súa localización distinguimos 2 tipos
  de receptores:
    Receptores internos ou Interorreceptores: infórmannos sobre
     o estado e o funcionamento dos nosos órganos dos sentidos.
    Receptores externos ou Exterorreceptores: captan os estímulos
     exteriores, por iso se localizan na superficie do noso corpo.
Receptores sensitivos

 Segundo o tipo de estímulos que reciben, os receptores
  clasifícanse en:
     Mecanorreceptores: reaccionan ante cambios de presión
     Termorreceptores: perciben os cambios de temperatura
     Quimiorreceptores: detectan substancias químicas
     Fotorreceptores: son sensibles á luz
     Nociceptores: sensibles á dor.
 Todos os receptores sensitivos funcionan baixo o mesmo
  principio: converten os estímulos fisico-químicos en impulsos
  nerviosos, que a súa vez son transmitidos polo SN Periférico
  ata o SNC
 Por adaptación sensorial se entende unha modificación na
  sensibilidade dos receptores sensitivos pola cal diminúe a
  percepción ou deixa de percibir un estímulo se o medio ou o
  estímulo permanece constante.
Os órganos dos sentidos
 Os órganos dos sentidos están formados polos exterorreceptores, que se
  atopan:
     Dispersos pola pel ou
     Agrupados en zonas concretas como:
         Mucosa nasal (recobre a parte superior das fosas nasais)
         Superficie da lingua
         O ollo ou
         O oído
 Tradicionalmente considéranse 5 sentidos: TACTO, OLFACTO, GUSTO, OÍDO
  e VISTA.
 Os receptores sensitivos que forman os órganos dos sentidos son sensibles a
  distintos tipos de estímulos

                    Tacto            Olfacto             Gusto         Oído       Vista

 Órgano                                Fosas
                       Pel                               Lingua        Oído       Ollo
 receptor                              nasais
                                   Substancias       Substancias
 estímulo           Presión          qímicas          químicas       Vibracións   Luz
                                    gaseosas           disoltas
O sentido do Tacto

         A pel, ademáis de revestir e
          protexer o corpo, é o órgano
          onde    se     localizan  os
          receptores táctiles.
         A pel está constituida por 3
          capas:
         a.   A    máis    superficial,   a
              EPIDERME
         b.   A intermedia, a DERME
         c.   A     máis    profunda,     a
              HIPODERME
a.- A Epiderme

   Está constituida por tecido epitelial
    pluriestratificado.
   As células das capas superficiais
    están mortas e impregnadas dunha
    substancia          córnea       que
    impermeabiliza a pel (a queratina)
   As células das capas inferiores
    estánse a dividir contínuamente para
    renovar as que se van perdendo.
    Nesta capa, tamén se intercalan
    MELANOCITOS:                 células
    produtoras dun pigmento que lle da
    cor a pel (a Melanina)
a.- Epiderme

        Da Epiderme derivan:
          As    uñas: de misión
           protectora
          Os pelos: que teñen como
           misión      o      illamento
           térmico
          As glándulas sebáceas
           que producen graxa para
           impermeabilizar o pelo
          As               glándulas
           sudoríparas              que
           segregan o suor para
           refrixerar a pel
b.- Dermis e c.- Hipoderme

             A DERME está constituida
              por tecido conxuntivo e nela
              localízanse             vasos
              sanguíneos, os músculos
              que     encrespan     o   pelo
              (músculos horripiladores
              ou erectores) e os receptores
              táctiles
             A      HIPODERME          está
              constituida por un tecido
              conxuntivo de tipo adiposo
              cuxas     células   almacenan
              graxa e cumpren funcións de
              protección e de illamento
              térmico
Os receptores táctiles

            Os receptores do tacto son:
               Terminacións nerviosas
                libres ou
               Encerradas en cápsulas que
                se achan dispersos pola pel
            Existen diversos tipos de
            estímulos táctiles:
               Presión
               Frío
               Calor e
               Dor
Os receptores táctiles


         Cada        grupo de receptores está
             especializado en recibir estímulos
             concretos:
        1.     Corpúsculos          de     Meissner:
               presións lixeiras de contacto
               (caricias)
        2.     Corpúsculos         de    Pacini:   as
               presións fortes e as vibracións
        3.     Corpúsculos de Ruffini: de tacto,
               presión    e     o     aumento     de
               temperatura (sensación de calor)
        4.     Corpúsculos        de     Krause:    o
               descenso         da      temperatura
               (sensación de frío)
        5.     Terminacións nerviosas libres: a
               sensación de dor, calor e temperatura
Hixiene da pel

 A pel é unha barreira defensiva que
  impide a entrada de multitude de
  microbios.
 Calquera ferida ou pequena lesión na
  pel, pode ser a entrada dos
  microorganismos       que    poderían
  causarnos graves infeccións.
 Por esta razón, é necesario manter
  unha escrupulosa hixiene cutánea
  mediante:
       Limpeza con auga e xabóns e
       A ducha diaria.
 O ACNÉ é unha das infeccións
  cutáneas máis comúns durante a
  pubertade. Esixe lavar frecuentemente
  a zona afectada con auga quente e
  xabón e evitar a súa manipulación.
 O ACNÉ consiste na obstrucción
  do conduto de saída das glándulas
  sebáceas que se inicia coa pubertade,
  cando as hormonas estimulan a súa
  actividade.
Sentido do Olfacto

        O sentido do olfacto e do
         gusto                traballan
         conxuntamente para que se
         poidan recoñecer os sabores
         característicos            dos
         alimentos.
        O Olfacto localízase nas fosas
         nasais. Esta cavidade está
         revestida polo epitelio da
         mucosa nasal, denomínase
         PITUITARIA.               Nela
         distínguense 2 rexións:
            Pituitaria vermella
            Pituitaria amarela
Olfacto
 A Pituitaria vermella reviste a parte
  inferior e media da cavidade nasal e
  contén        abundantes        capilares
  sanguíneos para quentar o aire que
  inspiramos.
 A Pituitaria amarela está situada na
  parte superior das fosas nasais. Contén
  os receptores olfactivos constituidos
  por células ciliadas resposables de
  percibir e transportar os estímulos.
 Os receptores olfactivos son sensibles
  a substancias gaseosas ou volátiles
  presentes no aire inspirado.
 Estes receptores captan máis de 3000
  partículas volátiles distintas e emiten
  impulsos nerviosos a través do Nervio
  olfactivo, chegan ao Bulbo raquídeo
  e dende el ao Cortex cerebral, onde
  se fai consciente a sensación en forma
  de olor
Gusto

    Os   receptores do gusto
     atópanse      nos    botóns
     gustativos das papilas
     da lingua e do padal, na
     farinxe e na larinxe.
    Son       sensibles       a
     substancias disolvidas
     na saliva.
    Existen receptores para 4
     tipos de sabores:
           Doce
           Salgado
           Ácido e
           Amargo
Sabor

     O     sabor característico
        dun alimento é unha
        mestura entre sensacións
        olfactivas e gustativas, xa
        que ao mastigar a
        comida,     ademáis      de
        partículas      disolvidas,
        millóns de moléculas
        volátiles despréndense e
        pasan da farinxe á
        cavidade nasal, onde son
        captadas polas células
        olfactivas.
Hixiene do olfacto e do gusto

 A perda ou reducción do sentido do olfacto é a
  anomalía máis frecuente. Prodúcese cando a excesiva
  mucosidade orixinada nas fosas nasais impide captar
  as partículas volátiles.
 A reducción ou perda do sentido do gusto adoita ser
  consecuencia dos trastornos que lle afectan á lingua,
  provocada por ex., por tabaquismo intenso.
 O mantemento da limpeza das fosa nasais e o
  cepillado dos dentes, incluida a limpeza da lingua,
  poden mellorar a percepción dos sabores e olores.
Estrutura do oído




Detecta sons e a posición e movementos do corpo
Anatómicamente subdivídese en 3 rexións
Estrutura do oído
                   Pavillón auricular                  Capta os sons ambientais e
Oído externo                                           dirixeos á membrana timpánica
                   Conduto auditivo externo            facéndoa vibrar

                   tímpano        8 veces maior ca ventá oval
                   Tabique        Ventá oval           Conectada coa cadea de osiños
                   óseo con 2
Oído medio                        Ventá redonda
                   orificios
(cavidade
excavada no óso                   Martelo              Diminúen a amplitude pero
temporal: “caixa   Cadea de                            aumentan a intensidade. F.:
                                  Bigornia             transmitir as ondas sonoras ata
do tímpano”)       osiños
                                                       o oído interno
                                  estribo
                   Trompa de Eustaquio (comunicada     Equilibra presións entre o
                   coa farinxe)                        interior e o exterior

                   Cóclea ou caracol                   Ten o órgano da audición

Oído interno ou                   Utrículo
                   Vestíbulo
laberinto                         Sáculo               Órgano do equilibrio
                   Canles semicirculares
Oído externo



        Ten o pabillón auricular
        e o conduto auditivo
        externo (pelos e cerume)
        que captan os sons
        ambientais e diríxeos á
        membrana      timpánica,
        facéndoa vibrar
Oído medio
  O Tímpano é 8 veces maior ca ventá
   oval
  No tabique óseo ten 2 orificios:
      Ventá oval: conectada coa cadea de
       osiños
      Ventá redonda
  No interior está a cadea de osiños
   (martelo, bigornia e estribo) que
   diminúen a amplitude pero aumentan
   a intensidade. A misión é transmitir as
   ondas sonoras ata o oído interno
  A     trompa        de      Eustaquio,
   comunicada coa farinxe, equilibra
   presións entre o interior e o exterior xa
   que permite a entrada e saída do aire e
   así equilibra presións a ambos lados
   do tímpano
Oído interno ou laberinto

               Está formado por un sistema de
                canles   encaixados       no       óso
                temporal:
                   O Laberinto óseo, que está cheo
                    dun líquido chamado perilinfa.
                   O Laberinto membranoso,
                    alóxase dentro do laberinto óseo,
                    coma un molde, e está cheo
                    doutro líquido, a endolinfa.
               No   Laberinto      distínguense    4
                zonas:
                   Vestíbulo:
                        Sáculo
                        Utrículo
                   As canles semicirculares, onde
                    reside o sentido do equilibrio
                   A Cóclea ou Caracol, onde
                    reside o sentido da audición.
Nervio auditivo
mácula




Nos utrículos e nos sáculos, a
través das máculas controlan a
postura e o enderezamento da
cabeza
  Cristas
  acústicas




                                 Cristas acústicas nas ampollas dos canles
                                 semicirculares,     que    detectan     o
                                 movemento de xiro da cabeza
Funcionamento do oído

 Realiza 2 funcións:
a.  A audición:
          As ondas sonoras son recollidas polo pavillón da orella e
          dirixidas cara ao conduto auditivo
          fan vibrar ao tímpano
          esa vibración é ampliada pola cadea de osiños
          transmítese aos líquidos que enchen o caracol,
          onde se atopan os mecanorreceptores sensibles á vibración
          os mecanorreceptores convirten o estímulo en impulsos nerviosos que son enviados ao
           cerebro polo Nervio Auditivo
b.       O equilibrio:
          Cando movemos a cabeza desprázase a endolinfa que enche os canles semicirculares
          este movemento é captado polos receptores situados na parede e
          transformados en impulsos nerviosos, que lle envían a información destes movementos
           ao cerebro.
        Os receptores do oído perciben vibracións e producen impulsos nerviosos
         que son transportados polo nervio auditivo ao cerebro.
Hixiene do oído

 Para unha correcta audición e para previr infeccións, é
    preciso manter despexados os condutos auditivos
    externos.
   Para a súa limpeza só debe empregarse auga e xabóns ou
    solucións fisiolóxicas.
   Nunca deben empregarse bastonetes ou obxectos que
    podan danar ó tímpano.
   A exposición prolongada a niveis sonoros intensos,
    destrúe os receptores sensoriais do oído e conduce
    irremisiblemente á perda da capacidade auditiva
    (XORDEIRA).
   Escoitar música a gran volume é un dos factores que
    provoca déficit auditivos entre os mozos.
O sentido da vista


           Os ollos son os órganos
            onde reside o sentido da
            vista.
           O ollo está formado por
            unha serie de:
               Órganos anexos e
               Globo ocular, aloxado
                nunha cavidade (conca
                orbitaria) formada polos
                ósos do cranio e da cara.
http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/3ESO/Relac
or/contenido6.htm
Órganos anexos do ollo

             Cella: impiden que o suor
              caia sobre o ollo
             Pálpebra: protexeno do roce
              cos obxectos e limpan a súa
              superficie ao abrirse e
              pecharse.
             Pestanas:      protéxeno    de
              partículas de po e detectan os
              obxectos que se aproximan a
              él.
             Glándula      lacrimal que
              produce as bágoas, que
              protexen a conxuntiva, a
              mantén húmida e matan as
              bacterias, co que evita as
              infeccións.
O globo ocular
      Ten forma esférica grazas a que ten
          líquidos no seu interior: humor acuoso
          e humor vítreo.
         Conxuntiva: epitelio transparente que
          cobre a esclerótica e a córnea.
         O globo ocular está formado por 3
          membranas:
     1.     Esclerótica: capa branca e dura que
            protexe e mantén a forma do ollo. Na
            súa parte dianteira atópase a córnea,
            que é transparente.
     2.     Coroides: capa opaca que escurece o
            interior do ollo. A súa parte anterior está
                o iris (músculo circular situado debaixo da
                córnea) e
               O orificio da pupila (abertura circular
                situada no centro do iris)
     3.       Retina: capa onde se localizan os
              receptores visuais. Na parte anterior
              se diferencia o cristalino (lente
              transparente que se atopa detrás do iris)
Funcionamento do ollo

  A luz penetra polas pupilas e
   grazas ao cristalino, as imaxes
   fórmanse na retina.
  Os receptores da retina
   captan a luz reflectida polos
   obxectos     que     vemos    e
   producen impulsos nerviosos
   que son transportados polo
   nervio óptico ata o cerebro.
  Os receptores da retina son de
   2 tipos:
      CONOS, son sensibles ás cores,
       máis non á luz de baixa
       intensidade
      BASTÓNS, perciben a luz de
       pouca intensidade, pero non as
       cores. So permiten ver en
       branco e negro
Acomodación do ollo
         Chámase      ACOMODACIÓN         á
          capacidade do ollo de ver os
          obxectos con nitidez (debido a que
          cambia a forma do cristalino).
             Cando o obxecto está lonxe, o
              cristalino estírase e adelgaza
             Cando o obxecto está preto, acúrtase e
              engrosa
         Desta forma consigue o ollo que a
          imaxe se forme sobre o mesmo lugar
          da         retina      (ENFOQUE),
          independentemente da distancia a
          que se encontre ó obxecto.
         O cristalino adapta a súa curvatura
          para modificar a dirección dos raios
          de luz e permitir que as imaxes dos
          obxectos      situados  a   distintas
          distancias se formen correctamente
          sobre a retina.
         Coa idade diminúe o poder de
          acomodación do ollo (PRESBICIA)
Regulación da cantidade de luz




 A pupila péchase ou ábrese en función da intensidade
 luminosa:
    péchase para no nos cegar cando hai moita luz e
    Ábrese para ver mellor cando hai pouca.
Anomalías da visión
                                                           Os problemas oculares máis frecuentes
                                                           débense á alteracións no globo ocular
                                                           ou na superficie da córnea, o que
                                                           provoca a formación defectuosa da
                                                           imaxe. As máis comúns son:
                                                                     miopía
                                                                     hipermetropía
                                                                     astigmatismo
   MIOPÍA: débese a excesiva lonxitude do globo ocular (ou a córnea demasiado
    curvada) que fai que os obxectos se debuxen diante da retina.
       Os individuos miopes ven:
           Nitidamente os obxectos próximos
           Borrosos os obxectos afastados
       Para correxir este defecto, utilízase anteollos con lentes diverxentes.
   HIPERMETROPÍA: débese a unha escasa lonxitude do globo ocular (ou a córnea moi
    plana), que fai que os obxectos se debuxen detrás da retina.
       Os hipermétropes:
           Ven nitidamente os obxectos afastados
           Borrosos os obxectos próximos
       Corríxese utilizando lentes converxentes.
   ASTIGMATISMO: prodúcese cando a córnea presenta unha curvatura irregular nas
    súas distintas zonas. Isto provoca unha visión borrosa e distorsionada.
       Corríxese utilizando lentes cilíndricas.
ANOMALÍAS DA VISIÓN




PREBICIA




             ASTIGMATISMO
Hixiene dos ollos

 Os ollos teñen un mecanismo propio de limpeza, constituido
  polo sistema lacrimal e pola pálpebras, que manteñen
  húmida e limpa a superficie do globo ocular.
 Así e todo, os ollos deben lavarse diariamente con auga, para
  eliminar as lagañas producidas durante o sono.
 Medidas de protección para a vista:
1. Utilizar boa luz para ler e estudar
        A luz debe penetrar pola esquerda nos dextros
        A luz debe penetrar pola dereita nos zurdos.
2. Manter a distancia axeitada ante as pantallas do
   ordenador e tv, e non estar fronte a elas demasiado tempo
   porque provoca “fatiga visual”.
3. Evitar ler en vehículos en movemento que provoquen
   cambios da distancia entre o ollo e o texto, xa que as
   variacións na acomodación, coa conseguinte sensación de
   mareo
A elaboración da resposta

Os estímulos captados polos receptores e
transformados en impulsos nerviosos son
enviados á médula ou ao cerebro, onde se
elaboran as ordes de resposta.
No cortex cerebral localízanse:

 ÁREAS    SENSITIVAS: onde se reciben os impulsos
 nerviosos dos distintos órganos dos sentidos a través dos
 nervios sensitivos.
    Nestas áreas os impulsos tradúcense en sensacións. É no cerebro onde
     realmente vemos, oimos, e en xeral, sentimos
    A destrucción dunha rexión sensitiva do Cortex cerebral leva aparellada
     a INSENSIBILIDADE da zona do corpo correspondente (aínda que os
     órganos dos sentidos funcionen perfectamente).
 ÁREAS MOTORAS: encargadas de producir estímulos
 nerviosos. Estes estímulos son conducidos por medio de
 neuronas motoras cara ós órganos efectores, que son
 responsables de levaren a cabo a resposta.
    A destrucción dalgunha área motora implica a PARALISE dos órganos
     controlados por ésta. Estes órganos poderían funcionar correctamente
     pero non poden facelo porque non reciben as ordes oportunas
Actos voluntarios
           Actos voluntarios: son actos
            conscientes,   controlados    de
            forma voluntaria.
           Elementos dun acto voluntario:
               Receptor
               Fibra nerviosa sensitiva
               Médula      Espiñal:     vías
                ascendentes sensitivas
               Áreas sensitivas do Cortex
                Cerebral
               Interneuronas da Área de
                Asociación do Cerebro
               Áreas motoras do Cortex
                Cerebral
               Médula      Espiñal:     vías
                descendentes motoras
               Fibra nerviosa motora
               Efector
Actos involuntarios

            Actos reflexos: son respostas rápidas
             e automáticas ante estímulos que non
             implican un control voluntario.
            Os Actos reflexos lévanse a cabo
             mediante unha estrutura nerviosa, o
             ARCO REFLEXO (cadea de neuronas
             que participan nun acto reflexo).
            Elementos dun acto reflexo:
                  Receptor
                  Neurona sensitiva: que leva o
                   impuolso nervioso desde o receptor ata á
                   médula
                  Neurona        de   Asociación       ou
                   Interneurona, situada ná médula, que
                   pon en contacto a neurona sensitiva coa
                   motora
                  Neurona motora: que lle transmite a
                   mensaxe ao músculo correspondente
                  Órgano efector: un músculo que
                   efectúa a resposta
ELABORACIÓN DA RESPOSTA
                      No Cortex Cerebral localízanse:
                         a. Áreas Sensitivas: onde se reciben os impulsos
                            nerviosos dos distintos órganos dos sentifos a
                            través dos Nervios Sensitivos. Nesta área
                            tradúcense as sensacións. A destrución dunha
                            área     sensitiva    leva    emparellada     a
                            INSENSIBILIDADE        da   zona   do     corpo
       correspondente.
   b. Áreas mototas: encargadas de producir estímulos nerviosos que son
       conducidos por Nervios Motores cara os órganos Efectores, que son os
       responsables de levar a cabo a resposta. A destrución dalgunha área
       motora implica PARÁLISE dos órganos controlados por ésta.
Actos     voluntarios:    son Actos     reflexos: son respostas rápidas e
actos            conscientes, automáticas ante estímulos que non implican un
controlados     de     forma control voluntario.
voluntaria.                   Os Actos reflexos lévanse a cabo mediante
Elementos       dun      acto unha estrutura nerviosa, o ARCO REFLEXO
voluntario:                   (cadea de neuronas que participan nun acto
   a. Receptor                reflexo).
   b. Fibra         nerviosa Elementos dun acto reflexo:
       sensitiva                  a. Receptor
   c. Médula Espiñal: vías        b. Neurona sensitiva: que leva o impuolso
       ascendentes                   nervioso desde o receptor ata á médula
       sensitivas                 c. Neurona       de     Asociación      ou
   d. Áreas sensitivas do            Interneurona, situada ná médula, que
       Cortex Cerebral               pon en contacto a neurona sensitiva coa
   e. Interneuronas        da        motora
       Área de Asociación         d. Neurona motora: que lle transmite a
       do Cerebro                    mensaxe ao músculo correspondente
   f. Áreas    motoras     do     e. Órgano efector: un músculo que efectúa
       Cortex Cerebral               a resposta.
   g. Médula Espiñal: vías
       descendentes
       motoras
   h. Fibra         nerviosa
       motora
   i.  Efector
O sistema locomotor

          Está formado polos ósos e os
           músculos esqueléticos.
          Función:
             é o encargado de executar as
              respostas motoras ordenadas
              polo SN
             a colaboración entre os ósos e
              músculos permítenos
               manter a postura,
               desprazarnos e
               realizar múltiples movementos.
O esqueleto
          Función:
              constitúe a armazón interna que sostén o
               noso corpo
              protexe as partes máis delicadas do
               organismo
              nel insírense os músculos que permiten o
               movemento
        Está formado por 208 ósos, e as
         estruturas que permiten a súa
         ensamblaxe        (articulacións e
         ligamentos)
        Divídese en 2 partes:
              Esqueleto axial:
                  Ósos da cabeza
                  Columna vertebral
                  Esterno
                  Costelas
              Esqueleto apendicular:
                  Ósos das extremidades superiores
                  Ósos das extemidades inferiores
                  Cinturra escapular ou Ombreiro…
                  Cintura pelviana ou Cadeira:…….ósos que
                   unen as extremidades ao esqueleto axial
Ósos da cabeza:                                         Ósos       das    Extremidades
                  -frontal                                                Superiores:
                  -parietal                                               - úmero
                  -temporal                                               - radio
                  -occipital                                              - cúbito
                  -ósos da cara:                                          - ósos do carpo
                  -nasal                                                  - ósos do metacarpo




                                                  Esqueleto apendicular
                  -meixela                                                - falanxes
                  -maxilares
Esqueleto axial




                  Columna vertebral: vértebras:                           Ósos        das   Extremidades
                  - cervicais                                             Inferiores:
                  - dorsais                                               - fémur
                  - lumbares                                              - rótula
                  - sacro                                                 - tibia
                  - coccix                                                - peroné
                                                                          - Ósos do tarso
                                                                          - Ósos do metatarso
                                                                          - falanxes
                  Esterno                                                 Cintura Escapular ou Ombreiro:
                                                                          - clavícula
                                                                          - omóplata
                  Costelas                                                Cintura Pelviana ou Cadeira:
                  - verdadeiras                                           Coxal:
                  - falsas                                                - íleo
                  - flotantes                                             - ísquion
                                                                          - pube
A musculatura

         os músculos esqueléticos
          actúan sobre o esqueleto
          e       executan      os
          movementos voluntarios
          de resposta ante os
          estímulos.
         Está integrada por máis
          de 650 músculos que
          contitúen o 35-40% do
          peso corporal
Músculos
            faciais:
            son
            aqueles
            que o seu      Frontal: eleva as cellas
            movemento
            lle dan as
                           Orbicular dos ollos: abre e pecha as pálpebras
            distintas      Nasais: engurran a nariz
            expresions     Orbicular dos labios: abre e pecha os labios
Na Cabeza




            ao      noso
                           Bucinador: incha as meixelas
            rostro.




            Músculos
            mastigado      Maseter: permite a mastigación
            res
                           Temporal: permite a masticación
            No colo ou
            Pescozo
                           Esternocleidomastoideo: xira a cabeza de dereita a esquerda
                           Digástrico: descende a mandíbula inferior
                           Zona          Pectorais: moven os brazos cara adiante
                           ventral       Serratos maiores: elevan o ombro
              Tórax
                                         Trapecio: dobra a cabeza cara atrás
No Tronco




                           Zona dorsal
                                         Dorsal ancho: move o brazo cara atrás
                           Zona        Rectos maiores: dobran o tronco cara adiante
                           ventral     Oblicuo maior:dobra o tronco cara atrás
             Abdome
                                       Glúteo: mantén a posición ergeita. Estira a coxa e faina
                           Zona dorsal
                                       xirar
Deltoide: eleva o brazo
                   Bíceps braquial:flexiona o brazo
                   Tríceps: estende o brazo
          superior Flexores e extensores: flexionan e estenden os
                   dedos
                   Supinador: xira a palma cara abaixo
                   Palmar: flexiona a man sobre o antebrazo
Extremi            Glúteo:
 dades             Psoas ilíaco: eleva a coxa
                   Recto anterior: estende a perna
                   Sartorio: permite cruzar a perna
          inferior Bíceps femoral: flexiona a perna
                   Tibial: flexiona o pé cara a canela
                   Xemelgos: levantan o talón
                   Flexores e extensores: flexionan e estenden os
                   dedos
As articulacións e movementos
                 os nosos ósos están articulados
                  para permitir o movemento

                 ARTICULACIÓNS:                son
                  estruturas que unen os ósos do
                  esqueleto e permiten a mobilidade
                  da maioría da súas pezas.
                 TIPOS DE ARTICULACIÓNS
                  segundo a súa MOBILIDADE:
                     INMÓBILES:             impiden        o
                      movementos dos ósos que agrupan.
                      Ex.: ósos do cranio, pelve,…
                     SEMIMOBILES:             so    realizan
                      pequenos       desprazamentos.     Ex.:
                      articulacións das vértebras
                     MÓBILES: permiten unha gran
                      mobilidade entre os ósos. Ex.:
                      articulación do cobado, cadeira,
                      xeonllo,…
Articulacións móbiles
             Nunha articulación móbil
             presenta         os        seguintes
             elementos:
                LIGAMENTOS: fibras moi fortes
                 que unen os ósos.
                CARTÍLAXES: pezas de ticido
                 cartilaxinoso que recobren e
                 protexen as superficies dos ósos
                 en contacto.
                CÁPSULA         DE      LÍQUIDO
                 SINOVIAL: bolsa situada entre
                 os ósos reenchida dun líquido
                 lubricante: “sinovia” ou “líquido
                 sinovial”.
                Ademáis, nos Xeonllos posúen
                 MENISCOS:         estruturas    de
                 fibrocartílaxe entre os ósos, cuxo
                 obxecto é adapatar a superficie de
                 contacto para repartir mellor a
                 carga.
Lesións no sistema locomotor

 poden afectar aos músculos, aos ósos ou as articulacións.
    Son:
   CONTRACTURAS             MUSCULARES:        contracción
    persistente e involuntaria dun músculo.
   FRACTURAS ÓSEAS: rotura parcial ou total dun óso.
   LUXACIÓNS: saída dos ósos das articulacións.
   ESCORDADURAS (esgüince) lesións nos ligamentos
   ROTURA DE LIGAMENTOS ou de CARTÍLAXES.
   A causa principal destas lesións son: traumatismos
    (golpes), exercicios bruscos ou exercicios continuados
    sen preparación previa.
Prevención das lesións

 Utilizar os elementos protectores adecuados a cada
  deporte.
 Evitar os exercicios bruscos, que poden producir
  sobrecarga en músculos e articulacións.
 Realizar exercicio físico axuda a previr as lesións e a
  recuperación de moitas delas.
 Ademáis, realizar exercicio físico, fomenta a
  autoestima, facéndonos sentir máis fortes e seguros
  ante a vida. Tamén libera un neurotransmisor
  (ENDORFINAS) que axudan a reducir a ansiedade e as
  molestias físicas e elevan a resistencia á dor, xerando
  unha sensación de benestar que prevé e mellora a
  depresión.
Acción dos músculos sobre o esqueleto

   Para cumprir coa súa función, os músculos esqueléticos
    únense aos ósos, e contráense e reláxanse producindo
    movemento.
   Cada músculo únese a 2 ósos distintos mediante uns cordóns
    moi resistentes de tecido conxuntivo: os TENDÓNS.
   O músculo contráese, acúrtase cando recibe un impulsa
    nervioso motor. Grazas ás articulacións, os músculos moven os
    ósos facendo que: se acheguen, se separen ou xiren un con
    respecto a outro.
   Para realizar algúns movementos os músculos traballan
    coordinadamente por parellas, que funcionan de forma
    antagónica ou contraria. Ex.: músculo bíceps (flexiona o brazo)
    e músculo tríceps (extensión do brazo)
As pancas do corpo humano

 os ósos e as articulacións constitúen un sistema de
  pancas sobre as que actúan os músculos.
 En toda panca distínguense 3 elementos:
    Punto de potencia (P): onde se aplica a forza.
    Punto de apoio (A): onde se sustenta a panca
    Punto de resistencia (R): onde se sitúa a forza que hai que
     vencer.
Tipos de pancas

          segundo a DISPOSICIÓN
          dos seus ELEMENTOS:
               PRIMEIRO XÉNERO:             o
                punto de apoio está entre a
                potencia e a resistencia.
                Permite unha gran variedade
                de accións, mobilidade e
                potencia.
               SEGUNDO XÉNERO:              a
                resistencia está entre o punto
                de apoio e a potencia. Non
                produce                grandes
                desprazamentos pero vence
                grandes resistencias.
               TERCEIRO XÉNERO: a
                potencia está entre o punto
                de apoio e a resistencia. Da
                lugar      a    deprazamentos
                extensos, sen vencer grandes
                resistencias.

More Related Content

Viewers also liked

Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2
Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2
Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2Pilar Crespo Amado
 
Tema1 a materia-e_os_materiais4
Tema1 a materia-e_os_materiais4Tema1 a materia-e_os_materiais4
Tema1 a materia-e_os_materiais4Pilar Crespo Amado
 
БЭСТ больше чем денежные переводы
БЭСТ больше чем денежные переводыБЭСТ больше чем денежные переводы
БЭСТ больше чем денежные переводыVitaly Belikov
 
Fiesta Halloween 2012
Fiesta Halloween 2012Fiesta Halloween 2012
Fiesta Halloween 2012covap
 
Aplicaciones móviles
Aplicaciones móvilesAplicaciones móviles
Aplicaciones móvilescovap
 
Tesi _ Mobile Advertising
Tesi _ Mobile AdvertisingTesi _ Mobile Advertising
Tesi _ Mobile AdvertisingElena_Caruso
 
Tema2 a-materia masa-volume_densidade2
Tema2 a-materia masa-volume_densidade2Tema2 a-materia masa-volume_densidade2
Tema2 a-materia masa-volume_densidade2Pilar Crespo Amado
 
БЭСТ Денежные переводы
БЭСТ Денежные переводыБЭСТ Денежные переводы
БЭСТ Денежные переводыVitaly Belikov
 
Электронный кошелек Best Wallet презентация
Электронный кошелек Best Wallet презентацияЭлектронный кошелек Best Wallet презентация
Электронный кошелек Best Wallet презентацияVitaly Belikov
 
Ppl 1685 p salen
Ppl 1685  p salenPpl 1685  p salen
Ppl 1685 p salenPaulsalen
 
Ppl loc véhicules p salen
Ppl loc véhicules p salenPpl loc véhicules p salen
Ppl loc véhicules p salenPaulsalen
 

Viewers also liked (15)

Sistemas de coordinacion
Sistemas de coordinacionSistemas de coordinacion
Sistemas de coordinacion
 
Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2
Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2
Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2
 
Tema1 a materia-e_os_materiais4
Tema1 a materia-e_os_materiais4Tema1 a materia-e_os_materiais4
Tema1 a materia-e_os_materiais4
 
БЭСТ больше чем денежные переводы
БЭСТ больше чем денежные переводыБЭСТ больше чем денежные переводы
БЭСТ больше чем денежные переводы
 
Tema4 a terra-e_a_lúa2
Tema4 a terra-e_a_lúa2Tema4 a terra-e_a_lúa2
Tema4 a terra-e_a_lúa2
 
Fiesta Halloween 2012
Fiesta Halloween 2012Fiesta Halloween 2012
Fiesta Halloween 2012
 
Aplicaciones móviles
Aplicaciones móvilesAplicaciones móviles
Aplicaciones móviles
 
Tesi _ Mobile Advertising
Tesi _ Mobile AdvertisingTesi _ Mobile Advertising
Tesi _ Mobile Advertising
 
Tema2 a-materia masa-volume_densidade2
Tema2 a-materia masa-volume_densidade2Tema2 a-materia masa-volume_densidade2
Tema2 a-materia masa-volume_densidade2
 
БЭСТ Денежные переводы
БЭСТ Денежные переводыБЭСТ Денежные переводы
БЭСТ Денежные переводы
 
Электронный кошелек Best Wallet презентация
Электронный кошелек Best Wallet презентацияЭлектронный кошелек Best Wallet презентация
Электронный кошелек Best Wallet презентация
 
Ppl 1685 p salen
Ppl 1685  p salenPpl 1685  p salen
Ppl 1685 p salen
 
PPL 948
PPL 948PPL 948
PPL 948
 
Ppl loc véhicules p salen
Ppl loc véhicules p salenPpl loc véhicules p salen
Ppl loc véhicules p salen
 
Sewing, Quilting, Fiber Events
Sewing, Quilting, Fiber EventsSewing, Quilting, Fiber Events
Sewing, Quilting, Fiber Events
 

Similar to Estímulo e-resposta.receptores-e-efectores

Ossentidosppt
OssentidospptOssentidosppt
Ossentidospptbcode
 
Traballos dos sentidos
Traballos dos sentidosTraballos dos sentidos
Traballos dos sentidoscapranta
 
resumo das reaccions das plantas
resumo das reaccions das plantasresumo das reaccions das plantas
resumo das reaccions das plantasaniit28
 
distintos tipos de organos sensoriais
distintos tipos de organos sensoriaisdistintos tipos de organos sensoriais
distintos tipos de organos sensoriaisaniit28
 
Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6Fiz
 
Experiencia sensible
Experiencia sensibleExperiencia sensible
Experiencia sensibleEva Garea
 
Os sentidos e o Sistema nervioso
Os sentidos  e o Sistema nerviosoOs sentidos  e o Sistema nervioso
Os sentidos e o Sistema nerviosoirenetraba
 
A función de relación nos seres vivos
A función de relación nos seres vivosA función de relación nos seres vivos
A función de relación nos seres vivososcarprego
 
Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica
Unidade 2 A filosofía como racionalidade teóricaUnidade 2 A filosofía como racionalidade teórica
Unidade 2 A filosofía como racionalidade teóricanieveslopez
 
Relación e coordinación sentidos e locomotor
Relación e coordinación  sentidos e locomotorRelación e coordinación  sentidos e locomotor
Relación e coordinación sentidos e locomotorirenetraba
 
Tema 3 1º bch Tecidos animais e vexetais
Tema 3 1º bch Tecidos animais e vexetaisTema 3 1º bch Tecidos animais e vexetais
Tema 3 1º bch Tecidos animais e vexetaisalfresvi
 
Os nosos sentidos. función de relación
Os nosos sentidos. función de relaciónOs nosos sentidos. función de relación
Os nosos sentidos. función de relacióncpisanvicente
 

Similar to Estímulo e-resposta.receptores-e-efectores (20)

Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Ossentidosppt
OssentidospptOssentidosppt
Ossentidosppt
 
Traballos dos sentidos
Traballos dos sentidosTraballos dos sentidos
Traballos dos sentidos
 
resumo das reaccions das plantas
resumo das reaccions das plantasresumo das reaccions das plantas
resumo das reaccions das plantas
 
distintos tipos de organos sensoriais
distintos tipos de organos sensoriaisdistintos tipos de organos sensoriais
distintos tipos de organos sensoriais
 
Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6
 
Experiencia sensible
Experiencia sensibleExperiencia sensible
Experiencia sensible
 
Os sentidos e o Sistema nervioso
Os sentidos  e o Sistema nerviosoOs sentidos  e o Sistema nervioso
Os sentidos e o Sistema nervioso
 
A función de relación nos seres vivos
A función de relación nos seres vivosA función de relación nos seres vivos
A función de relación nos seres vivos
 
Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica
Unidade 2 A filosofía como racionalidade teóricaUnidade 2 A filosofía como racionalidade teórica
Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica
 
Relación
Relación Relación
Relación
 
Relación e coordinación
Relación e coordinaciónRelación e coordinación
Relación e coordinación
 
Tema 3: Función de relación
Tema 3: Función de relaciónTema 3: Función de relación
Tema 3: Función de relación
 
Ficha tema 2 cs
Ficha tema 2 csFicha tema 2 cs
Ficha tema 2 cs
 
Tema6 150128032852-conversion-gate02
Tema6 150128032852-conversion-gate02Tema6 150128032852-conversion-gate02
Tema6 150128032852-conversion-gate02
 
Relación e coordinación sentidos e locomotor
Relación e coordinación  sentidos e locomotorRelación e coordinación  sentidos e locomotor
Relación e coordinación sentidos e locomotor
 
Tema 3 1º bch Tecidos animais e vexetais
Tema 3 1º bch Tecidos animais e vexetaisTema 3 1º bch Tecidos animais e vexetais
Tema 3 1º bch Tecidos animais e vexetais
 
Trabajo cuerpo humano
Trabajo cuerpo humanoTrabajo cuerpo humano
Trabajo cuerpo humano
 
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
 
Os nosos sentidos. función de relación
Os nosos sentidos. función de relaciónOs nosos sentidos. función de relación
Os nosos sentidos. función de relación
 

Estímulo e-resposta.receptores-e-efectores

  • 1. Tema 6 Estímulo e resposta receptores e efectores
  • 2. Introdución Pítase un penalti O porteiro se prepara e se tira cara un lado e para a pelota Tivo lugar unha reacción frente a unha sinal, que desencadenou unha resposta do porteiro. O sistema locomotor (formado polos músculos e esqueleto) encargáronse de executar a resposta axeitada
  • 3. O que xa sabes Cos órganos dos sentidos captamos a información do medio externo que é transmitida ao SNC O SNC procesa a información e de seguido elabora as ordes que desencadean a resposta O Sistema Locomotor encárgase de levar a cabo a resposta realizando os movementos ordeados polo snc
  • 4. A percepción do medio  Contínuamente, estímulos procedentes tanto do noso interior como do mundo exterior son percibidos polo noso organismo.  Grazas a esta capacidade, respondemos automáticamente ou de forma voluntaria, do xeito apropiado para a nosa supervivencia e benestar.
  • 5. Receptores sensitivos  Os ESTÍMULOS son aqueles cambios ambientais que poden ser detectados polo noso organismo.  RECEPTORES son células nerviosas sensibles que captan os estímulos.  En función da súa localización distinguimos 2 tipos de receptores:  Receptores internos ou Interorreceptores: infórmannos sobre o estado e o funcionamento dos nosos órganos dos sentidos.  Receptores externos ou Exterorreceptores: captan os estímulos exteriores, por iso se localizan na superficie do noso corpo.
  • 6. Receptores sensitivos  Segundo o tipo de estímulos que reciben, os receptores clasifícanse en:  Mecanorreceptores: reaccionan ante cambios de presión  Termorreceptores: perciben os cambios de temperatura  Quimiorreceptores: detectan substancias químicas  Fotorreceptores: son sensibles á luz  Nociceptores: sensibles á dor.  Todos os receptores sensitivos funcionan baixo o mesmo principio: converten os estímulos fisico-químicos en impulsos nerviosos, que a súa vez son transmitidos polo SN Periférico ata o SNC  Por adaptación sensorial se entende unha modificación na sensibilidade dos receptores sensitivos pola cal diminúe a percepción ou deixa de percibir un estímulo se o medio ou o estímulo permanece constante.
  • 7. Os órganos dos sentidos  Os órganos dos sentidos están formados polos exterorreceptores, que se atopan:  Dispersos pola pel ou  Agrupados en zonas concretas como:  Mucosa nasal (recobre a parte superior das fosas nasais)  Superficie da lingua  O ollo ou  O oído  Tradicionalmente considéranse 5 sentidos: TACTO, OLFACTO, GUSTO, OÍDO e VISTA.  Os receptores sensitivos que forman os órganos dos sentidos son sensibles a distintos tipos de estímulos Tacto Olfacto Gusto Oído Vista Órgano Fosas Pel Lingua Oído Ollo receptor nasais Substancias Substancias estímulo Presión qímicas químicas Vibracións Luz gaseosas disoltas
  • 8. O sentido do Tacto  A pel, ademáis de revestir e protexer o corpo, é o órgano onde se localizan os receptores táctiles.  A pel está constituida por 3 capas: a. A máis superficial, a EPIDERME b. A intermedia, a DERME c. A máis profunda, a HIPODERME
  • 9. a.- A Epiderme  Está constituida por tecido epitelial pluriestratificado.  As células das capas superficiais están mortas e impregnadas dunha substancia córnea que impermeabiliza a pel (a queratina)  As células das capas inferiores estánse a dividir contínuamente para renovar as que se van perdendo. Nesta capa, tamén se intercalan MELANOCITOS: células produtoras dun pigmento que lle da cor a pel (a Melanina)
  • 10. a.- Epiderme  Da Epiderme derivan:  As uñas: de misión protectora  Os pelos: que teñen como misión o illamento térmico  As glándulas sebáceas que producen graxa para impermeabilizar o pelo  As glándulas sudoríparas que segregan o suor para refrixerar a pel
  • 11. b.- Dermis e c.- Hipoderme  A DERME está constituida por tecido conxuntivo e nela localízanse vasos sanguíneos, os músculos que encrespan o pelo (músculos horripiladores ou erectores) e os receptores táctiles  A HIPODERME está constituida por un tecido conxuntivo de tipo adiposo cuxas células almacenan graxa e cumpren funcións de protección e de illamento térmico
  • 12. Os receptores táctiles  Os receptores do tacto son:  Terminacións nerviosas libres ou  Encerradas en cápsulas que se achan dispersos pola pel  Existen diversos tipos de estímulos táctiles:  Presión  Frío  Calor e  Dor
  • 13. Os receptores táctiles  Cada grupo de receptores está especializado en recibir estímulos concretos: 1. Corpúsculos de Meissner: presións lixeiras de contacto (caricias) 2. Corpúsculos de Pacini: as presións fortes e as vibracións 3. Corpúsculos de Ruffini: de tacto, presión e o aumento de temperatura (sensación de calor) 4. Corpúsculos de Krause: o descenso da temperatura (sensación de frío) 5. Terminacións nerviosas libres: a sensación de dor, calor e temperatura
  • 14. Hixiene da pel  A pel é unha barreira defensiva que impide a entrada de multitude de microbios.  Calquera ferida ou pequena lesión na pel, pode ser a entrada dos microorganismos que poderían causarnos graves infeccións.  Por esta razón, é necesario manter unha escrupulosa hixiene cutánea mediante:  Limpeza con auga e xabóns e  A ducha diaria.  O ACNÉ é unha das infeccións cutáneas máis comúns durante a pubertade. Esixe lavar frecuentemente a zona afectada con auga quente e xabón e evitar a súa manipulación.  O ACNÉ consiste na obstrucción do conduto de saída das glándulas sebáceas que se inicia coa pubertade, cando as hormonas estimulan a súa actividade.
  • 15.
  • 16. Sentido do Olfacto  O sentido do olfacto e do gusto traballan conxuntamente para que se poidan recoñecer os sabores característicos dos alimentos.  O Olfacto localízase nas fosas nasais. Esta cavidade está revestida polo epitelio da mucosa nasal, denomínase PITUITARIA. Nela distínguense 2 rexións:  Pituitaria vermella  Pituitaria amarela
  • 17. Olfacto  A Pituitaria vermella reviste a parte inferior e media da cavidade nasal e contén abundantes capilares sanguíneos para quentar o aire que inspiramos.  A Pituitaria amarela está situada na parte superior das fosas nasais. Contén os receptores olfactivos constituidos por células ciliadas resposables de percibir e transportar os estímulos.  Os receptores olfactivos son sensibles a substancias gaseosas ou volátiles presentes no aire inspirado.  Estes receptores captan máis de 3000 partículas volátiles distintas e emiten impulsos nerviosos a través do Nervio olfactivo, chegan ao Bulbo raquídeo e dende el ao Cortex cerebral, onde se fai consciente a sensación en forma de olor
  • 18. Gusto  Os receptores do gusto atópanse nos botóns gustativos das papilas da lingua e do padal, na farinxe e na larinxe.  Son sensibles a substancias disolvidas na saliva.  Existen receptores para 4 tipos de sabores:  Doce  Salgado  Ácido e  Amargo
  • 19. Sabor  O sabor característico dun alimento é unha mestura entre sensacións olfactivas e gustativas, xa que ao mastigar a comida, ademáis de partículas disolvidas, millóns de moléculas volátiles despréndense e pasan da farinxe á cavidade nasal, onde son captadas polas células olfactivas.
  • 20. Hixiene do olfacto e do gusto  A perda ou reducción do sentido do olfacto é a anomalía máis frecuente. Prodúcese cando a excesiva mucosidade orixinada nas fosas nasais impide captar as partículas volátiles.  A reducción ou perda do sentido do gusto adoita ser consecuencia dos trastornos que lle afectan á lingua, provocada por ex., por tabaquismo intenso.  O mantemento da limpeza das fosa nasais e o cepillado dos dentes, incluida a limpeza da lingua, poden mellorar a percepción dos sabores e olores.
  • 21. Estrutura do oído Detecta sons e a posición e movementos do corpo Anatómicamente subdivídese en 3 rexións
  • 22. Estrutura do oído Pavillón auricular Capta os sons ambientais e Oído externo dirixeos á membrana timpánica Conduto auditivo externo facéndoa vibrar tímpano 8 veces maior ca ventá oval Tabique Ventá oval Conectada coa cadea de osiños óseo con 2 Oído medio Ventá redonda orificios (cavidade excavada no óso Martelo Diminúen a amplitude pero temporal: “caixa Cadea de aumentan a intensidade. F.: Bigornia transmitir as ondas sonoras ata do tímpano”) osiños o oído interno estribo Trompa de Eustaquio (comunicada Equilibra presións entre o coa farinxe) interior e o exterior Cóclea ou caracol Ten o órgano da audición Oído interno ou Utrículo Vestíbulo laberinto Sáculo Órgano do equilibrio Canles semicirculares
  • 23. Oído externo  Ten o pabillón auricular e o conduto auditivo externo (pelos e cerume) que captan os sons ambientais e diríxeos á membrana timpánica, facéndoa vibrar
  • 24. Oído medio  O Tímpano é 8 veces maior ca ventá oval  No tabique óseo ten 2 orificios:  Ventá oval: conectada coa cadea de osiños  Ventá redonda  No interior está a cadea de osiños (martelo, bigornia e estribo) que diminúen a amplitude pero aumentan a intensidade. A misión é transmitir as ondas sonoras ata o oído interno  A trompa de Eustaquio, comunicada coa farinxe, equilibra presións entre o interior e o exterior xa que permite a entrada e saída do aire e así equilibra presións a ambos lados do tímpano
  • 25. Oído interno ou laberinto  Está formado por un sistema de canles encaixados no óso temporal:  O Laberinto óseo, que está cheo dun líquido chamado perilinfa.  O Laberinto membranoso, alóxase dentro do laberinto óseo, coma un molde, e está cheo doutro líquido, a endolinfa.  No Laberinto distínguense 4 zonas:  Vestíbulo:  Sáculo  Utrículo  As canles semicirculares, onde reside o sentido do equilibrio  A Cóclea ou Caracol, onde reside o sentido da audición.
  • 26.
  • 28. mácula Nos utrículos e nos sáculos, a través das máculas controlan a postura e o enderezamento da cabeza Cristas acústicas Cristas acústicas nas ampollas dos canles semicirculares, que detectan o movemento de xiro da cabeza
  • 29. Funcionamento do oído  Realiza 2 funcións: a. A audición:  As ondas sonoras son recollidas polo pavillón da orella e  dirixidas cara ao conduto auditivo  fan vibrar ao tímpano  esa vibración é ampliada pola cadea de osiños  transmítese aos líquidos que enchen o caracol,  onde se atopan os mecanorreceptores sensibles á vibración  os mecanorreceptores convirten o estímulo en impulsos nerviosos que son enviados ao cerebro polo Nervio Auditivo b. O equilibrio:  Cando movemos a cabeza desprázase a endolinfa que enche os canles semicirculares  este movemento é captado polos receptores situados na parede e  transformados en impulsos nerviosos, que lle envían a información destes movementos ao cerebro.  Os receptores do oído perciben vibracións e producen impulsos nerviosos que son transportados polo nervio auditivo ao cerebro.
  • 30. Hixiene do oído  Para unha correcta audición e para previr infeccións, é preciso manter despexados os condutos auditivos externos.  Para a súa limpeza só debe empregarse auga e xabóns ou solucións fisiolóxicas.  Nunca deben empregarse bastonetes ou obxectos que podan danar ó tímpano.  A exposición prolongada a niveis sonoros intensos, destrúe os receptores sensoriais do oído e conduce irremisiblemente á perda da capacidade auditiva (XORDEIRA).  Escoitar música a gran volume é un dos factores que provoca déficit auditivos entre os mozos.
  • 31. O sentido da vista  Os ollos son os órganos onde reside o sentido da vista.  O ollo está formado por unha serie de:  Órganos anexos e  Globo ocular, aloxado nunha cavidade (conca orbitaria) formada polos ósos do cranio e da cara.
  • 33. Órganos anexos do ollo  Cella: impiden que o suor caia sobre o ollo  Pálpebra: protexeno do roce cos obxectos e limpan a súa superficie ao abrirse e pecharse.  Pestanas: protéxeno de partículas de po e detectan os obxectos que se aproximan a él.  Glándula lacrimal que produce as bágoas, que protexen a conxuntiva, a mantén húmida e matan as bacterias, co que evita as infeccións.
  • 34. O globo ocular  Ten forma esférica grazas a que ten líquidos no seu interior: humor acuoso e humor vítreo.  Conxuntiva: epitelio transparente que cobre a esclerótica e a córnea.  O globo ocular está formado por 3 membranas: 1. Esclerótica: capa branca e dura que protexe e mantén a forma do ollo. Na súa parte dianteira atópase a córnea, que é transparente. 2. Coroides: capa opaca que escurece o interior do ollo. A súa parte anterior está  o iris (músculo circular situado debaixo da córnea) e  O orificio da pupila (abertura circular situada no centro do iris) 3. Retina: capa onde se localizan os receptores visuais. Na parte anterior se diferencia o cristalino (lente transparente que se atopa detrás do iris)
  • 35. Funcionamento do ollo  A luz penetra polas pupilas e grazas ao cristalino, as imaxes fórmanse na retina.  Os receptores da retina captan a luz reflectida polos obxectos que vemos e producen impulsos nerviosos que son transportados polo nervio óptico ata o cerebro.  Os receptores da retina son de 2 tipos:  CONOS, son sensibles ás cores, máis non á luz de baixa intensidade  BASTÓNS, perciben a luz de pouca intensidade, pero non as cores. So permiten ver en branco e negro
  • 36. Acomodación do ollo  Chámase ACOMODACIÓN á capacidade do ollo de ver os obxectos con nitidez (debido a que cambia a forma do cristalino).  Cando o obxecto está lonxe, o cristalino estírase e adelgaza  Cando o obxecto está preto, acúrtase e engrosa  Desta forma consigue o ollo que a imaxe se forme sobre o mesmo lugar da retina (ENFOQUE), independentemente da distancia a que se encontre ó obxecto.  O cristalino adapta a súa curvatura para modificar a dirección dos raios de luz e permitir que as imaxes dos obxectos situados a distintas distancias se formen correctamente sobre a retina.  Coa idade diminúe o poder de acomodación do ollo (PRESBICIA)
  • 37. Regulación da cantidade de luz  A pupila péchase ou ábrese en función da intensidade luminosa:  péchase para no nos cegar cando hai moita luz e  Ábrese para ver mellor cando hai pouca.
  • 38. Anomalías da visión Os problemas oculares máis frecuentes débense á alteracións no globo ocular ou na superficie da córnea, o que provoca a formación defectuosa da imaxe. As máis comúns son: miopía hipermetropía astigmatismo  MIOPÍA: débese a excesiva lonxitude do globo ocular (ou a córnea demasiado curvada) que fai que os obxectos se debuxen diante da retina.  Os individuos miopes ven:  Nitidamente os obxectos próximos  Borrosos os obxectos afastados  Para correxir este defecto, utilízase anteollos con lentes diverxentes.  HIPERMETROPÍA: débese a unha escasa lonxitude do globo ocular (ou a córnea moi plana), que fai que os obxectos se debuxen detrás da retina.  Os hipermétropes:  Ven nitidamente os obxectos afastados  Borrosos os obxectos próximos  Corríxese utilizando lentes converxentes.  ASTIGMATISMO: prodúcese cando a córnea presenta unha curvatura irregular nas súas distintas zonas. Isto provoca unha visión borrosa e distorsionada.  Corríxese utilizando lentes cilíndricas.
  • 40. Hixiene dos ollos  Os ollos teñen un mecanismo propio de limpeza, constituido polo sistema lacrimal e pola pálpebras, que manteñen húmida e limpa a superficie do globo ocular.  Así e todo, os ollos deben lavarse diariamente con auga, para eliminar as lagañas producidas durante o sono.  Medidas de protección para a vista: 1. Utilizar boa luz para ler e estudar  A luz debe penetrar pola esquerda nos dextros  A luz debe penetrar pola dereita nos zurdos. 2. Manter a distancia axeitada ante as pantallas do ordenador e tv, e non estar fronte a elas demasiado tempo porque provoca “fatiga visual”. 3. Evitar ler en vehículos en movemento que provoquen cambios da distancia entre o ollo e o texto, xa que as variacións na acomodación, coa conseguinte sensación de mareo
  • 41.
  • 42. A elaboración da resposta Os estímulos captados polos receptores e transformados en impulsos nerviosos son enviados á médula ou ao cerebro, onde se elaboran as ordes de resposta.
  • 43. No cortex cerebral localízanse:  ÁREAS SENSITIVAS: onde se reciben os impulsos nerviosos dos distintos órganos dos sentidos a través dos nervios sensitivos.  Nestas áreas os impulsos tradúcense en sensacións. É no cerebro onde realmente vemos, oimos, e en xeral, sentimos  A destrucción dunha rexión sensitiva do Cortex cerebral leva aparellada a INSENSIBILIDADE da zona do corpo correspondente (aínda que os órganos dos sentidos funcionen perfectamente).  ÁREAS MOTORAS: encargadas de producir estímulos nerviosos. Estes estímulos son conducidos por medio de neuronas motoras cara ós órganos efectores, que son responsables de levaren a cabo a resposta.  A destrucción dalgunha área motora implica a PARALISE dos órganos controlados por ésta. Estes órganos poderían funcionar correctamente pero non poden facelo porque non reciben as ordes oportunas
  • 44. Actos voluntarios  Actos voluntarios: son actos conscientes, controlados de forma voluntaria.  Elementos dun acto voluntario:  Receptor  Fibra nerviosa sensitiva  Médula Espiñal: vías ascendentes sensitivas  Áreas sensitivas do Cortex Cerebral  Interneuronas da Área de Asociación do Cerebro  Áreas motoras do Cortex Cerebral  Médula Espiñal: vías descendentes motoras  Fibra nerviosa motora  Efector
  • 45. Actos involuntarios  Actos reflexos: son respostas rápidas e automáticas ante estímulos que non implican un control voluntario.  Os Actos reflexos lévanse a cabo mediante unha estrutura nerviosa, o ARCO REFLEXO (cadea de neuronas que participan nun acto reflexo).  Elementos dun acto reflexo:  Receptor  Neurona sensitiva: que leva o impuolso nervioso desde o receptor ata á médula  Neurona de Asociación ou Interneurona, situada ná médula, que pon en contacto a neurona sensitiva coa motora  Neurona motora: que lle transmite a mensaxe ao músculo correspondente  Órgano efector: un músculo que efectúa a resposta
  • 46.
  • 47. ELABORACIÓN DA RESPOSTA No Cortex Cerebral localízanse: a. Áreas Sensitivas: onde se reciben os impulsos nerviosos dos distintos órganos dos sentifos a través dos Nervios Sensitivos. Nesta área tradúcense as sensacións. A destrución dunha área sensitiva leva emparellada a INSENSIBILIDADE da zona do corpo correspondente. b. Áreas mototas: encargadas de producir estímulos nerviosos que son conducidos por Nervios Motores cara os órganos Efectores, que son os responsables de levar a cabo a resposta. A destrución dalgunha área motora implica PARÁLISE dos órganos controlados por ésta. Actos voluntarios: son Actos reflexos: son respostas rápidas e actos conscientes, automáticas ante estímulos que non implican un controlados de forma control voluntario. voluntaria. Os Actos reflexos lévanse a cabo mediante Elementos dun acto unha estrutura nerviosa, o ARCO REFLEXO voluntario: (cadea de neuronas que participan nun acto a. Receptor reflexo). b. Fibra nerviosa Elementos dun acto reflexo: sensitiva a. Receptor c. Médula Espiñal: vías b. Neurona sensitiva: que leva o impuolso ascendentes nervioso desde o receptor ata á médula sensitivas c. Neurona de Asociación ou d. Áreas sensitivas do Interneurona, situada ná médula, que Cortex Cerebral pon en contacto a neurona sensitiva coa e. Interneuronas da motora Área de Asociación d. Neurona motora: que lle transmite a do Cerebro mensaxe ao músculo correspondente f. Áreas motoras do e. Órgano efector: un músculo que efectúa Cortex Cerebral a resposta. g. Médula Espiñal: vías descendentes motoras h. Fibra nerviosa motora i. Efector
  • 48.
  • 49. O sistema locomotor  Está formado polos ósos e os músculos esqueléticos.  Función:  é o encargado de executar as respostas motoras ordenadas polo SN  a colaboración entre os ósos e músculos permítenos  manter a postura,  desprazarnos e  realizar múltiples movementos.
  • 50. O esqueleto  Función:  constitúe a armazón interna que sostén o noso corpo  protexe as partes máis delicadas do organismo  nel insírense os músculos que permiten o movemento  Está formado por 208 ósos, e as estruturas que permiten a súa ensamblaxe (articulacións e ligamentos)  Divídese en 2 partes:  Esqueleto axial:  Ósos da cabeza  Columna vertebral  Esterno  Costelas  Esqueleto apendicular:  Ósos das extremidades superiores  Ósos das extemidades inferiores  Cinturra escapular ou Ombreiro…  Cintura pelviana ou Cadeira:…….ósos que unen as extremidades ao esqueleto axial
  • 51. Ósos da cabeza: Ósos das Extremidades -frontal Superiores: -parietal - úmero -temporal - radio -occipital - cúbito -ósos da cara: - ósos do carpo -nasal - ósos do metacarpo Esqueleto apendicular -meixela - falanxes -maxilares Esqueleto axial Columna vertebral: vértebras: Ósos das Extremidades - cervicais Inferiores: - dorsais - fémur - lumbares - rótula - sacro - tibia - coccix - peroné - Ósos do tarso - Ósos do metatarso - falanxes Esterno Cintura Escapular ou Ombreiro: - clavícula - omóplata Costelas Cintura Pelviana ou Cadeira: - verdadeiras Coxal: - falsas - íleo - flotantes - ísquion - pube
  • 52. A musculatura  os músculos esqueléticos actúan sobre o esqueleto e executan os movementos voluntarios de resposta ante os estímulos.  Está integrada por máis de 650 músculos que contitúen o 35-40% do peso corporal
  • 53. Músculos faciais: son aqueles que o seu Frontal: eleva as cellas movemento lle dan as Orbicular dos ollos: abre e pecha as pálpebras distintas Nasais: engurran a nariz expresions Orbicular dos labios: abre e pecha os labios Na Cabeza ao noso Bucinador: incha as meixelas rostro. Músculos mastigado Maseter: permite a mastigación res Temporal: permite a masticación No colo ou Pescozo Esternocleidomastoideo: xira a cabeza de dereita a esquerda Digástrico: descende a mandíbula inferior Zona Pectorais: moven os brazos cara adiante ventral Serratos maiores: elevan o ombro Tórax Trapecio: dobra a cabeza cara atrás No Tronco Zona dorsal Dorsal ancho: move o brazo cara atrás Zona Rectos maiores: dobran o tronco cara adiante ventral Oblicuo maior:dobra o tronco cara atrás Abdome Glúteo: mantén a posición ergeita. Estira a coxa e faina Zona dorsal xirar
  • 54. Deltoide: eleva o brazo Bíceps braquial:flexiona o brazo Tríceps: estende o brazo superior Flexores e extensores: flexionan e estenden os dedos Supinador: xira a palma cara abaixo Palmar: flexiona a man sobre o antebrazo Extremi Glúteo: dades Psoas ilíaco: eleva a coxa Recto anterior: estende a perna Sartorio: permite cruzar a perna inferior Bíceps femoral: flexiona a perna Tibial: flexiona o pé cara a canela Xemelgos: levantan o talón Flexores e extensores: flexionan e estenden os dedos
  • 55. As articulacións e movementos  os nosos ósos están articulados para permitir o movemento  ARTICULACIÓNS: son estruturas que unen os ósos do esqueleto e permiten a mobilidade da maioría da súas pezas.  TIPOS DE ARTICULACIÓNS segundo a súa MOBILIDADE:  INMÓBILES: impiden o movementos dos ósos que agrupan. Ex.: ósos do cranio, pelve,…  SEMIMOBILES: so realizan pequenos desprazamentos. Ex.: articulacións das vértebras  MÓBILES: permiten unha gran mobilidade entre os ósos. Ex.: articulación do cobado, cadeira, xeonllo,…
  • 56. Articulacións móbiles  Nunha articulación móbil presenta os seguintes elementos:  LIGAMENTOS: fibras moi fortes que unen os ósos.  CARTÍLAXES: pezas de ticido cartilaxinoso que recobren e protexen as superficies dos ósos en contacto.  CÁPSULA DE LÍQUIDO SINOVIAL: bolsa situada entre os ósos reenchida dun líquido lubricante: “sinovia” ou “líquido sinovial”.  Ademáis, nos Xeonllos posúen MENISCOS: estruturas de fibrocartílaxe entre os ósos, cuxo obxecto é adapatar a superficie de contacto para repartir mellor a carga.
  • 57. Lesións no sistema locomotor  poden afectar aos músculos, aos ósos ou as articulacións. Son:  CONTRACTURAS MUSCULARES: contracción persistente e involuntaria dun músculo.  FRACTURAS ÓSEAS: rotura parcial ou total dun óso.  LUXACIÓNS: saída dos ósos das articulacións.  ESCORDADURAS (esgüince) lesións nos ligamentos  ROTURA DE LIGAMENTOS ou de CARTÍLAXES.  A causa principal destas lesións son: traumatismos (golpes), exercicios bruscos ou exercicios continuados sen preparación previa.
  • 58. Prevención das lesións  Utilizar os elementos protectores adecuados a cada deporte.  Evitar os exercicios bruscos, que poden producir sobrecarga en músculos e articulacións.  Realizar exercicio físico axuda a previr as lesións e a recuperación de moitas delas.  Ademáis, realizar exercicio físico, fomenta a autoestima, facéndonos sentir máis fortes e seguros ante a vida. Tamén libera un neurotransmisor (ENDORFINAS) que axudan a reducir a ansiedade e as molestias físicas e elevan a resistencia á dor, xerando unha sensación de benestar que prevé e mellora a depresión.
  • 59. Acción dos músculos sobre o esqueleto  Para cumprir coa súa función, os músculos esqueléticos únense aos ósos, e contráense e reláxanse producindo movemento.  Cada músculo únese a 2 ósos distintos mediante uns cordóns moi resistentes de tecido conxuntivo: os TENDÓNS.  O músculo contráese, acúrtase cando recibe un impulsa nervioso motor. Grazas ás articulacións, os músculos moven os ósos facendo que: se acheguen, se separen ou xiren un con respecto a outro.  Para realizar algúns movementos os músculos traballan coordinadamente por parellas, que funcionan de forma antagónica ou contraria. Ex.: músculo bíceps (flexiona o brazo) e músculo tríceps (extensión do brazo)
  • 60. As pancas do corpo humano  os ósos e as articulacións constitúen un sistema de pancas sobre as que actúan os músculos.  En toda panca distínguense 3 elementos:  Punto de potencia (P): onde se aplica a forza.  Punto de apoio (A): onde se sustenta a panca  Punto de resistencia (R): onde se sitúa a forza que hai que vencer.
  • 61. Tipos de pancas  segundo a DISPOSICIÓN dos seus ELEMENTOS:  PRIMEIRO XÉNERO: o punto de apoio está entre a potencia e a resistencia. Permite unha gran variedade de accións, mobilidade e potencia.  SEGUNDO XÉNERO: a resistencia está entre o punto de apoio e a potencia. Non produce grandes desprazamentos pero vence grandes resistencias.  TERCEIRO XÉNERO: a potencia está entre o punto de apoio e a resistencia. Da lugar a deprazamentos extensos, sen vencer grandes resistencias.