SlideShare a Scribd company logo
1 of 31
Os desherdados 
Henrique Dacosta (Ferrol, Embora, 2006)
Henrique Dacosta: un ferrolán que 
ama a súa terra e a súa historia 
• Nace en Ferrol en 1964. 
• Pasa a súa infancia en Ferrol no 
barrio de Canido, con longas 
estancias estivais en Covas, de 
onde proceden os seus ancestros. 
De alí que sexa coñecedor da súa 
paisaxe, toponimia e historia, o 
que logo destila na súa obra. 
• Ademais é membro da Asociación 
Cultural Columba, radicada en 
Covas, con quen participa en 
distintas iniciativas para a posta en 
valor do patrimonio da zona.
Henrique Dacosta: por riba de todo 
un docto amante da nosa lingua 
• Licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa. 
• Técnico Especialista en Lingua 
Galega na Comisión de 
Educación, Cultura e Deportes 
no Concello de Fene, onde 
elaborou o estudo: Fene e a 
súa toponimia. Achegas para 
unha comprensión. 
• Profesor de lingua e literatura 
galega no IES de Catabois. 
• Colaborador habitual de 
Nordesía, suplemento do 
Diario de Ferrol. 
• Publica en revistas e 
periódicos como (Agália, A 
Nosa Terra, FerrolAnálisis, 
Crónica de Ferrolterra, 
Columba, O Sil, Ólisbos, Poesía 
Galicia, etc.) 
• Ponente en distintos 
congresos e xornadas sobre 
lingua galega.
Henrique Dacosta: unha sólida 
obra I 
Obra Narrativa 
• Mar para todo o sempre (1992) 
Laiovento. 
• Sobre comboios, janelas e outras 
pequenas historias (1995). 
Laiovento. 
• Os desherdados (2006) Embora. 
• O prezo da tentación (2008) 
Embora. 
• Unha mada de doce relatos 
(2008) Laiovento. 
• Entrada ao xardín do saber (2014) 
Redelibros. 
Ensaio 
• Ferroláns na Historia da 
Literatura Galega ((2007) 
Embora.
Henrique Dacosta: unha sólida 
obra II 
Obras colectivas 
• “Ruivamulher de esperança” en 
Muralla de Crescórnio (1989) A 
Nosa Terra. 
• “Diálogo de sordos” en Longa 
lingua Os contos da Mesa (2002) 
Xerais. 
• “Ouro maldito” en Seis ferroláns 
(2003) Embora. 
• “Cabo do mundo” en Premios 
Pedrón de Ouro.Certame Modesto 
R. Figueiredo. XXXII e XXXIII 
(2008) Edicións do Castro. 
• “En defensa do Poleiro. A voz dos 
escritores galegos” en Celanova 
(2010). Toxosoutos.
Henrique Dacosta: unha carreira 
recoñecida 
• Finalista no I Certame de Relato 
Curto da Asociación Cultural 
Cidade Vella de Santiago de 
Compostela (1989) con 
“Ruivamulher de esperança”. 
• Premio Carvalho Calero, na 
vertente de creación literaria 
(1991) con Mar para todo o 
sempre. 
• Premio Carvalho Calero, na 
vertente de creación literaria 
(1993) por Sobre comboios, 
janelas e outras pequenas 
histórias. 
• Premio Carvalho Calero, na 
vertente de creación literaria 
(2007) por Unha mada de doce 
relatos.
Henrique Dacosta: un estilo moi 
definido 
• Primor da súa prosa. 
• Dificultade do seu léxico. Gusto 
polas palabras máis castizas ou 
enxebres. 
• Sintaxe complexa: frases 
alongadas, enumeración de 
sintagmas nominais, 
paralelismos. 
• Influencias lusistas. 
• Influencia de autores de estilo 
“barroco” como Alejo 
Carpentier. 
• Veremos máis adiante o estilo 
concreto desta novela.
Os desherdados: título 
Hai unha referencia ao título na propia novela: 
“Sobrevivencia. A lei do máis forte. Eran a España 
desafecta, os desherdados.” (p. 57) 
Refírese aos prisioneiros republicanos obrigados 
a traballar nos túneles de Covas. Pero pode 
aplicarse o adxectivo a todos os personaxes da 
novela. Xa que, polo xeral, son seres 
traballadores, sufridores, asoballados. Pero que 
conservan a súa dignidade e enteireza. Xente que 
non sae nos libros de historia. Gusto pola 
intrahistoria segundo o concepto unamuniano.
Os desherdados: temas 
Como o propio autor, recollendo as críticas recibidas pola novela, salienta: 
• É unha novela realista, ambientada na inmediata posguerra sobre a vida 
de traballadores humildes. Trata o tema da intrahistoria. 
• É unha novela social: denuncia as duras condicións de vida dos pobres, 
dos vencidos, das mulleres, dos prisioneiros, dos inxustamente acusados… 
• É unha novela con elementos fantásticos, que se imbrican nos reais con 
total naturalidade, como é moi propio da mentalidade galega e de parte 
da súa narrativa (Rafael Dieste). Na mente de Balbina mestúranse os 
soños, os medos, os escrúpulos (en forma de sombras, como veremos), 
coa realidade. 
• É unha novela que fai reflexionar: Destila profundos pensamentos como 
que todos os feitos dunha vida están relacionados entre sí e cos doutras 
persoas. A vida como cadea: “A vida está concibida como unha sucesión 
de elos, como unha colosal cadea, como unha malla de cadeas (mellor 
dito) da que todos e cada un facemos parte. A simple alteración de un, de 
un tan só destes elos pode ser a transmutación de calquera acontecemento 
ulterior que poida acontecer.” (p. 98)
Os desherdados: estrutura I 
A novela pecha o círculo vital dunha muller forte e sinxela, Balbina. Cóntanos 
cómo descubre o misterio das súas orixes. Consta de dez capítulos. 
• Capítulo 1. Desde o punto de vista do neno no ventre da súa nai, Balbina, cóntase 
que ela e Ramón parten de Moeche para Covas. Logo hai unha analepse que conta 
a vida de Sefa e Bieito, nai e padrastro de Balbina. 
• Capítulo 2. Conta o paso de Balbina e Ramón dende Moeche a Covas. Acaba co 
intento de violación de Balbina e o susto de crer ter perdido ao Tonecho. 
• Capítulo 3. Analepse sobre a historia de Ramón. Buscador de granates, mal e 
arriscado negocio. Ten que fuxir de O Barqueiro e vai dar a Moeche onde traballa 
con Bieito e casa con Balbina. 
• Capítulo 4. Logo da agresión de Balbina, trata da investigación do capitán Basanta. 
A detención do falso culpable Fuco e a trampa que a valente de Balbina lle tende 
ao auténtico agresor. 
• Capítulo 5. A vida segue en Covas. Problemas laborais nas obras, dos que Ramón 
trata de evadirse. Prisioneiros de guerra. Basanta e Balbina enfróntanse por este 
asunto.
Os desherdados: estrutura II 
• Capítulo 6. Fantasía. O soño de Balbina. Atopa a casa e os personaxes e a 
ronda ata que consegue entrar nela. 
• Capítulo 7. Balbina faise familiar na casa dos Silvas e fai de “celestina” 
entre Guillermina e o capitán Basanta. Clima positivo no campamento. 
• Capítulo 8. Balbina volve ter o soño co aforcado. Pregunta a Sito sobre o 
Zalo, o seu irmán que morreu aforcado, e aquel cóntalle que éste era 
malo. 
• Capítulo 9. Casan Guillermina e Basanta. Pequenas analepses sobre a 
morte dos pais de Guillermina. Balbina torna a soñar co aforcado e ve 
sombras. Fala coa Colasa e logo dunha nova analepse sobre ela, cóntalle 
que Zalo era un violador. 
• Capítulo 10. O das confesións. Sito confesa que matou a Zalo. Ela confesa, 
sonámbula, a Ramón que matou a parteira. Balbina confesa con Don 
Damián e este confésalle quen é o seu pai. Ela queda tranquila e identifica 
aos catro fantasmas: os seus avós, o seu bisavó, e o seu tío Xesús, morto 
na guerra?
Os desherdados: marco espacial I 
• Novela itinerante pola comarca de Ferrolterra (Covas, 
Moeche) e doutras Rías Altas (O Barqueiro e Viveiro). 
• Prioiro (Covas), onde transcorre a meirande parte da novela. 
Véxase o mapa da zona. 
• Corresponde a zona máis próxima ao cabo Prior. Fálase do 
faro, dos túneles das baterías do Monte do Cabalo, do cuartel, 
do lavadoiro, da aldea coas súas casas, a súa igrexa.
Os desherdados: marco espacial II 
• Dos arredores de Covas aparecen 
localizacións coma o campo de tiro 
do Marmadeiro, a casa de comida 
dos Galos, xunto a Chousa de Valón 
(o restaurante o Galo?) a Bailadora 
(a finca de tal nome?). 
• Cítanse case que todas as 
parroquias da zona e máis aló: 
“Papoi, Serantes, A Graña, Castelo, 
Mandiá, Val, San Mateo, Meirás, 
Santa Mariña, San Xoan, Xuvia, 
Barallobre, Brión, Narahío, Roxal…” 
(p. 26). 
Cos seus correspondentes patróns 
(san Martiño de Covas, san Xoan de 
Esmelle, san Pedro de Papoi, santa 
Uxía de Mandiá, san Salvador de O 
Val… p. 113). 
• Alí a novela remata o círculo da 
vida de Balbina, chega ás súas 
orixes, onde foi concebida. E alí 
queda en paz cos seus fantasmas 
ou sombras.
Os desherdados: marco espacial III 
• Moeche: Aquí comeza a 
novela. Saen de alí 
Balbina e o seu home, 
estando ela embarazada 
do Tonecho. Fálase do val, 
do seu castelo, das 
canteiras de toelo, de san 
Xurxo, da aldea, do bar, 
da igrexa, do monte. 
• Nos recordos de Balbina, 
a acción volve a este 
lugar, intermitentemente.
Os desherdados: marco espacial IV 
• Ferrol. Na analepse sobre Sefa viaxamos dunha 
aldea (logo se vai saber que é Covas) a Ferrol, 
aparece o porto, onde malvive Sefa, o Hospital de 
Caridade, onde dá a luz a Balbina. De novo o 
barrio de Ferrol Vello onde un estibador, Bieito, a 
coñece e a leva vivir con el á súa casa da rúa 
Espírito Santo. 
• Na acción de Balbina menciónanse dependencias 
de Ferrol, como a cárcere de Caranza onde vai dar 
o falso culpable da agresión, Fuco.
Os desherdados: marco espacial V 
Hospital da Caridade. 
Onde nace Balbina. 
Muelle de Curuxeiras 
Onde traballa Bieito.
Os desherdados: marco espacial VI 
• O Barqueiro: Na analepse 
sobre a vida de Ramón 
aparece o seu pobo natal, o 
Barqueiro; a súa praia, onde 
mariscaba a súa nai; o seu 
porto onde el “andou á 
ardora, coa traína do 
Pancho o Lebracho, entre o 
Ortegal e a Estaca, entre 
ambos os cabos pois. Nunca 
pasara dos aguillóns” p. 
33). Pero logo si vai coller 
granates alí. 
• Viveiro: aquí aparece o porto 
do Celeiro. E a cidade de 
Viveiro, onde Ramón e o seu 
amigo Mundo fan negocios co 
reloxeiro Melchiades. Aquí o 
ameazan, e teñen que fuxir 
pola porta de Carlos V e a 
ponte do Landro.
Os desherdados: personaxes I 
Novela de bastantes personaxes, case todos teñen en 
común a súa condición de desherdados, descoñecidos da 
gran historia. Boa descripción de personaxes. Salvo o 
violador e o Zalo, cúmulo de maldade, o resto son 
personaxes con aristas, con virtudes e defectos: 
• Balbina: salienta entre todos. A novela é a busca da súa 
verdade. É case unha heroína épica. Afróntase a moitas 
dificultades na súa vida. Orfa de nai, maltratada, endereza 
ao seu padrastro coa axuda do cura don Servando e da 
beata Virtudes. Casa con Ramón, vai a Covas estando de 
nove meses, traballa de lavandeira. Agresión sexual. 
Vinganza, acada categoría épica co seu epíteto. Apiádase 
dos prisioneiros. Non lle teme a Basanta. Sonámbula, non 
para ata clarificar os seus soños e sombras. Fai de boa 
celestina e de investigadora.
Os desherdados: personaxes II 
• A familia de Balbina: 
– Ramón: home de Balbina. 
Traballaba no toelo en 
Moeche, pero cansan e van a 
Covas a picar nos túneles das 
baterías de costas. Cóntase a 
súa historia previa no capítulo 
3. Cando hai problemas 
laborais, a súa mentalidade é 
“ver e calar”. Axuda a Balbina. 
– Antón, Tonecho: fillo de 
Balbina. A novela comenza 
dende o seu punto de vista, 
no ventre da súa nai. Cóntase 
as súas medras ata que pode 
andar. É un neno precioso e 
moi querido.
Os desherdados: personaxes III 
• Os maiores de Balbina: Van morrendo os seus maiores 
pero sempre ten outros que fan o seu papel: 
– Sefa: A nai de Balbina, cuxa vida cóntase nunha analepse 
no capítulo 1. Embarazada do fillo dos donos, tivo que 
partir a Ferrol, onde traballou. Morre nun segundo parto. 
– Bieito: Cóntase a vida no capítulo 1. Casou coa Sefa e criou 
a Balbina. Estibador do porto, apíadase de Sefa e xúntase 
con ela. Van a Moeche a traballar. Cando morre Sefa, 
vólvese tolo e bebe. Ata que casa con Virtudes. 
– Virtudes: Beata que, movida en principio pola obediencia 
a don Servando, preocúpase por Bieito e Balbina, ata que, 
namorada, casa con este e o endereza.
Os desherdados: personaxes IV 
• Os Silva, a familia podente da 
aldea: 
– Guillermina, “A Dama da 
fonte” muller sufridora que 
recobra a ilusión grazas a 
Balbina e ao amor polo 
capitán Basanta. Portentosa 
transformación física e 
sicolóxica (p. 79). 
– Sito, irmán menor, cunha 
discapacidade mental. 
Víctima dos abusos do irmán 
maior e a postre executor del. 
Gústalle bailar e escapar de 
todos polo monte. A 
influencia do Nordés. 
– Zalo, auténtico depravado, 
violador e torturador. Pai de 
Balbina.
Os desherdados: personaxes V 
• As forzas vivas: 
• Os curas: A súa importancia na 
Galicia rural era enorme como 
conciencia dos seus fregueses e 
autoridade moral. 
– Don Servando: Boa persoa que 
se preocupa polos seus fregueses 
e axuda a Bieito e Balbina. 
Manda a Virtudes unha misión 
para salvar esta familia. 
– Don Damián: Boa persoa, aínda 
que non consinta en enterrar en 
sagrado a Zalo (como por outra 
banda tiña mandado). Moi amigo 
de Don Servando. Escoita a 
confesión de Balbina e 
corresponde con outra 
procedente de Don Servando. 
• Os militares: 
Capitán Basanta: boa persoa. Ao principio 
aparece como típico home do Réxime, 
cheo de prexuízos, pretende botar a culpa 
da agresión de Balbina a un inocente, 
para non manchar un militar. Pero vai 
cambiando, ao coñecer e respectar a 
Balbina. Acaba namorado e casando coa 
Guillermina.
Os desherdados: marco temporal 
• Sitúase o comezo da historia de Balbina, deixando aparte as repetidas analepses, 
no verán de 1940, coa guerra moi recente e en plena Guerra Mundial sen saber se 
España vai ser neutral. Situación difícil. Ambiente militar, necesidade de construír 
túneles para defenderse de ataques aéreos (p. 24-6) Bibliografía sobre as baterías. 
• Máis referencias á Guerra Civil: 
– O militar Basanta fala da batalla de Brunete e en xeral da heroica cruzada. 
– Na obra traballan penados políticos. 
• Máis referencias a Guerra Mundial: 
– O asunto do Wolframio (citado no capítulo 2) 
– Os cabecillas das protestas nos túneles son obrigados a enrolarse na División 
Azul. 
– Combate aéreo do que algúns veciños gardan restos.
Os desherdados: uso do tempo 
• O relato comeza en Moeche con Balbina embarazada e case saíndo de 
alí. Inicíase unha analepse longa sobre a súa nai (p. 10-20) ata que, 
logo de morta a nai, Balbina consegue reconducir ao seu pai coa axuda 
de don Servando. 
• O relato retoma a saída de Balbina de Moeche a súa instalación en 
Covas co seu marido e neno ata o intento de violación (p. 21-31). 
• Volve haber unha analepse sobre Ramón e explícanos como chega a 
Moeche e casa con Balbina (p. 31-38, é dicir todo o capítulo 3). 
• O relato retoma a vida de Balbina dende a agresión. Non haberá máis 
analepses longas pero si breves: (sobre Basanta p. 62, a morte dos 
Silva, p. 95, a vida da tía Colasa, p. 102). 
• Pasa o tempo, medido pola idade do Tonecho. Xa camiña. E o relato 
remata coa revelación da orixe de Balbina é dicir, onde comezara. 
Estrutura circular. 
• A narración non busca sorprender ao lector porque dende o principio 
sabemos máis que os personaxes: que o Zalo é o pai de Balbina (p. 11).
Os desherdados: técnicas 
narrativas 
• Narrador omnisciente en tercera 
persoa. 
• Ausencia absoluta de diálogo en 
estilo directo. Pero frecuencia de 
voces dos personaxes en estilo 
indirecto libre que mete no medio da 
narración sen previo aviso: 
monólogos internos (p. 28, 34), 
declaracións xudiciais (de Balbina ao 
militar, p. 49) algúns moi longos (o 
relato da Colasa sobre o Zalo, p. 104), 
incluso diálogos (entre Guillermina e 
Balbina p. 70). Pluriperspectivismo. 
• Descricións fermosas da paisaxe e 
dos costumes da vida rural (os xogos 
do Tonecho co Sito na natureza p. 88- 
9). “locus amoenus”.
Os desherdados: estilo I 
Esta novela é como todas as súas, boa mostra dun primoroso estilo do 
que xa falamos. Abundan recursos estilísticos como: 
• Nivel morfo-sintáctico: 
– Longas enumeracións: “Cunha bolboreta de cores que se pousou nun 
felgo, cunha miñoca que sae de paseo á fresca do campo, co gorgolexo 
da auga do río cando a mamá lava, bate e torce a roupa, coas papas 
de maínzo e leite morniño que tanto lle saben, coas festas de papá, coa 
cara enlarafuzada de terra e pó do granito escachizado, así que baixa 
das obras do Monte do Cabalo… Vai ti a saber con que” (p 66) 
– Estilo sintagmático: paralelismos nos que se repiten as mesmas 
estructuras: moitas veces sintagmas nominais: 
– Nexos: “quer tropa, quer traballadores” (p. 52) 
– Gusto polo léxico enxebre: naipelo, toelo, mao, … 
– Lusismos abundantes no léxico e na estrutura sintáctica. 
– Aparición de léxico ferrolán (procedente do inglés pola influencia dos 
ingleses traballadores de Bazán): brus
Os desherdados: Estilo II 
• Nivel léxico-semántico: 
– Metáforas: Sefa co seu bebé “ virxínea madonna 
sostendo o seu Xesús” (p. 13) O río no que lava Balbina 
a roupa dos militares e penados os iguala a todos: 
“Fardas duns, camisas e casacas doutros, aquilo, á fin 
de contas, ía todo por xunto camiño do río, para o 
mesmo río, e o mesmo xabón as lavaba, e as mesmas 
mans as torcían, e estendíaas no campo ou púñaas no 
estendal para secar…” (p. 61) 
– Símiles: “Ventábao como un can, como un sabuxo” (p. 
45) “Andalle o humor coma faba na ola” (p. 62) 
– Epíteto épico: Balbina, “A Despeitahomes”, víngase do 
seu agresor, (p. 50). Guillermina, “A Dama da Fonte”.
Os desherdados: Estilo III 
– Símbolos: 
A sombra: aquilo que fai saír a Balbina de 
Moeche cara a terra onde, sen ela sabelo, fora 
concebida, onde atopará outras sombras: “a 
sombra, a sombra sobondándoo todo, 
sobordándoa toda ela, a súa existencia, a súa 
conciencia, o seu penar, e precisábao largar, 
ceibar como fose, de forma que a aliviase do 
tormento”. (p. 10) “A sensación que no corpo ten, 
así como a estraña impresión coma que de entes 
extraordinarios, de sombras que de cando en vez 
chegan a axexar até en pleno día” (p. 98).
Os desherdados: Estilo IV 
– Máis símbolos 
A presenza constante do vento Nordés, (ademáis de 
cómo símil “era coma a frescaxe do Nordés” p. 61) creo 
que simboliza a forza da Natureza que se alía cos 
agresores –impide que nadie escoite gritar a Balbina 
mentres é violada, que se oia o tiro recibido por Sito p. 
110)- ao tempo que vexo unha identificación co propio 
Sito, salvaxe e variable: “O Sito ten a cabeza chea de ar, 
de moito vento, por iso abala con tanta frecuencia dun 
lado para o outro, sembre semellando que a rota 
escollida é variábel, variábel como as múltiples 
direccións que marca o catavento en forma de galo que 
ten no cumio da súa casa” (p. 111).
Bibliografía 
• Nada máis publicarse a novela apareceron recensións nos 
principais diarios culturais galegos. Poden consultarse 
grazas ao PDF do Centro de Investigación da Fundación 
Ramón Piñeiro: 
• Ramón Loureiro: “Coa memoria da posguerra” Suplemento 
Culturas de La Voz de Galicia (20, maio, 2006). 
• Xosé M. Eyré: “As traxedias que agacha a vida”, A Nosa 
Terra, 1235, (14-20 setembro, 2006). 
• Armando Requeixo: “Para todo o sempre”, Suplemento de 
Diario de Ferrol, Nordesía, 381, (18, xuño, 2006). 
• http://cadernodacritica.blogaliza.org/manuscritos-henrique- 
dacosta-i/ 
• Artigo na wikipedia
Os desherdados: créditos 
• Traballo realizado por Pilar Berrio Martín- 
Retortillo, para a visita de Henrique Dacosta 
ao noso Club de Lectura de Adultos, logo da 
lectura da súa novela Os desherdados. 
• IES Sofía Casanova. 
• Ferrol, 25 de novembro de 2014.

More Related Content

What's hot

Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medievalxenevra
 
María Casares por María Casares
María Casares por María CasaresMaría Casares por María Casares
María Casares por María Casaressenior.udc
 
Recension literaria morning star diego vilela 1bach a
Recension literaria morning star diego vilela 1bach aRecension literaria morning star diego vilela 1bach a
Recension literaria morning star diego vilela 1bach aRemoeaLinguaLinguaGa
 
L:\Sin TíTulo 1
L:\Sin TíTulo 1L:\Sin TíTulo 1
L:\Sin TíTulo 1guest25d191
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 

What's hot (15)

Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 
María Casares por María Casares
María Casares por María CasaresMaría Casares por María Casares
María Casares por María Casares
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Os mellores do humor
 
Recension literaria morning star diego vilela 1bach a
Recension literaria morning star diego vilela 1bach aRecension literaria morning star diego vilela 1bach a
Recension literaria morning star diego vilela 1bach a
 
L:\Sin TíTulo 1
L:\Sin TíTulo 1L:\Sin TíTulo 1
L:\Sin TíTulo 1
 
A lírica medieval
A lírica medievalA lírica medieval
A lírica medieval
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 

Similar to Os desherdados

Similar to Os desherdados (20)

A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Presentación valentín lamas carvajal marta ferreira
Presentación valentín lamas carvajal marta ferreiraPresentación valentín lamas carvajal marta ferreira
Presentación valentín lamas carvajal marta ferreira
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego   Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Lagrimas de shiva
Lagrimas de shivaLagrimas de shiva
Lagrimas de shiva
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGA narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNG
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
a lus do candil Alejandro Orozco 1b.pdf
a lus do candil Alejandro Orozco 1b.pdfa lus do candil Alejandro Orozco 1b.pdf
a lus do candil Alejandro Orozco 1b.pdf
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...
 
Guía nadal 12
Guía nadal 12 Guía nadal 12
Guía nadal 12
 
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 

More from Pilar Berrio Martín-Retortillo (7)

Copia de harry potter
Copia de harry potterCopia de harry potter
Copia de harry potter
 
Ana frank final
Ana frank finalAna frank final
Ana frank final
 
Presentación sobre la novela "Conacho" de Guillermo Ferrández
Presentación sobre la novela "Conacho" de Guillermo FerrándezPresentación sobre la novela "Conacho" de Guillermo Ferrández
Presentación sobre la novela "Conacho" de Guillermo Ferrández
 
Javier marías.
Javier marías.Javier marías.
Javier marías.
 
Lazarillo de tormes
Lazarillo de tormesLazarillo de tormes
Lazarillo de tormes
 
Lope de vega 5ºb
Lope de vega 5ºbLope de vega 5ºb
Lope de vega 5ºb
 
La isla del tesoro
La isla del tesoroLa isla del tesoro
La isla del tesoro
 

Os desherdados

  • 1. Os desherdados Henrique Dacosta (Ferrol, Embora, 2006)
  • 2. Henrique Dacosta: un ferrolán que ama a súa terra e a súa historia • Nace en Ferrol en 1964. • Pasa a súa infancia en Ferrol no barrio de Canido, con longas estancias estivais en Covas, de onde proceden os seus ancestros. De alí que sexa coñecedor da súa paisaxe, toponimia e historia, o que logo destila na súa obra. • Ademais é membro da Asociación Cultural Columba, radicada en Covas, con quen participa en distintas iniciativas para a posta en valor do patrimonio da zona.
  • 3. Henrique Dacosta: por riba de todo un docto amante da nosa lingua • Licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa. • Técnico Especialista en Lingua Galega na Comisión de Educación, Cultura e Deportes no Concello de Fene, onde elaborou o estudo: Fene e a súa toponimia. Achegas para unha comprensión. • Profesor de lingua e literatura galega no IES de Catabois. • Colaborador habitual de Nordesía, suplemento do Diario de Ferrol. • Publica en revistas e periódicos como (Agália, A Nosa Terra, FerrolAnálisis, Crónica de Ferrolterra, Columba, O Sil, Ólisbos, Poesía Galicia, etc.) • Ponente en distintos congresos e xornadas sobre lingua galega.
  • 4. Henrique Dacosta: unha sólida obra I Obra Narrativa • Mar para todo o sempre (1992) Laiovento. • Sobre comboios, janelas e outras pequenas historias (1995). Laiovento. • Os desherdados (2006) Embora. • O prezo da tentación (2008) Embora. • Unha mada de doce relatos (2008) Laiovento. • Entrada ao xardín do saber (2014) Redelibros. Ensaio • Ferroláns na Historia da Literatura Galega ((2007) Embora.
  • 5. Henrique Dacosta: unha sólida obra II Obras colectivas • “Ruivamulher de esperança” en Muralla de Crescórnio (1989) A Nosa Terra. • “Diálogo de sordos” en Longa lingua Os contos da Mesa (2002) Xerais. • “Ouro maldito” en Seis ferroláns (2003) Embora. • “Cabo do mundo” en Premios Pedrón de Ouro.Certame Modesto R. Figueiredo. XXXII e XXXIII (2008) Edicións do Castro. • “En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos” en Celanova (2010). Toxosoutos.
  • 6. Henrique Dacosta: unha carreira recoñecida • Finalista no I Certame de Relato Curto da Asociación Cultural Cidade Vella de Santiago de Compostela (1989) con “Ruivamulher de esperança”. • Premio Carvalho Calero, na vertente de creación literaria (1991) con Mar para todo o sempre. • Premio Carvalho Calero, na vertente de creación literaria (1993) por Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias. • Premio Carvalho Calero, na vertente de creación literaria (2007) por Unha mada de doce relatos.
  • 7. Henrique Dacosta: un estilo moi definido • Primor da súa prosa. • Dificultade do seu léxico. Gusto polas palabras máis castizas ou enxebres. • Sintaxe complexa: frases alongadas, enumeración de sintagmas nominais, paralelismos. • Influencias lusistas. • Influencia de autores de estilo “barroco” como Alejo Carpentier. • Veremos máis adiante o estilo concreto desta novela.
  • 8. Os desherdados: título Hai unha referencia ao título na propia novela: “Sobrevivencia. A lei do máis forte. Eran a España desafecta, os desherdados.” (p. 57) Refírese aos prisioneiros republicanos obrigados a traballar nos túneles de Covas. Pero pode aplicarse o adxectivo a todos os personaxes da novela. Xa que, polo xeral, son seres traballadores, sufridores, asoballados. Pero que conservan a súa dignidade e enteireza. Xente que non sae nos libros de historia. Gusto pola intrahistoria segundo o concepto unamuniano.
  • 9. Os desherdados: temas Como o propio autor, recollendo as críticas recibidas pola novela, salienta: • É unha novela realista, ambientada na inmediata posguerra sobre a vida de traballadores humildes. Trata o tema da intrahistoria. • É unha novela social: denuncia as duras condicións de vida dos pobres, dos vencidos, das mulleres, dos prisioneiros, dos inxustamente acusados… • É unha novela con elementos fantásticos, que se imbrican nos reais con total naturalidade, como é moi propio da mentalidade galega e de parte da súa narrativa (Rafael Dieste). Na mente de Balbina mestúranse os soños, os medos, os escrúpulos (en forma de sombras, como veremos), coa realidade. • É unha novela que fai reflexionar: Destila profundos pensamentos como que todos os feitos dunha vida están relacionados entre sí e cos doutras persoas. A vida como cadea: “A vida está concibida como unha sucesión de elos, como unha colosal cadea, como unha malla de cadeas (mellor dito) da que todos e cada un facemos parte. A simple alteración de un, de un tan só destes elos pode ser a transmutación de calquera acontecemento ulterior que poida acontecer.” (p. 98)
  • 10. Os desherdados: estrutura I A novela pecha o círculo vital dunha muller forte e sinxela, Balbina. Cóntanos cómo descubre o misterio das súas orixes. Consta de dez capítulos. • Capítulo 1. Desde o punto de vista do neno no ventre da súa nai, Balbina, cóntase que ela e Ramón parten de Moeche para Covas. Logo hai unha analepse que conta a vida de Sefa e Bieito, nai e padrastro de Balbina. • Capítulo 2. Conta o paso de Balbina e Ramón dende Moeche a Covas. Acaba co intento de violación de Balbina e o susto de crer ter perdido ao Tonecho. • Capítulo 3. Analepse sobre a historia de Ramón. Buscador de granates, mal e arriscado negocio. Ten que fuxir de O Barqueiro e vai dar a Moeche onde traballa con Bieito e casa con Balbina. • Capítulo 4. Logo da agresión de Balbina, trata da investigación do capitán Basanta. A detención do falso culpable Fuco e a trampa que a valente de Balbina lle tende ao auténtico agresor. • Capítulo 5. A vida segue en Covas. Problemas laborais nas obras, dos que Ramón trata de evadirse. Prisioneiros de guerra. Basanta e Balbina enfróntanse por este asunto.
  • 11. Os desherdados: estrutura II • Capítulo 6. Fantasía. O soño de Balbina. Atopa a casa e os personaxes e a ronda ata que consegue entrar nela. • Capítulo 7. Balbina faise familiar na casa dos Silvas e fai de “celestina” entre Guillermina e o capitán Basanta. Clima positivo no campamento. • Capítulo 8. Balbina volve ter o soño co aforcado. Pregunta a Sito sobre o Zalo, o seu irmán que morreu aforcado, e aquel cóntalle que éste era malo. • Capítulo 9. Casan Guillermina e Basanta. Pequenas analepses sobre a morte dos pais de Guillermina. Balbina torna a soñar co aforcado e ve sombras. Fala coa Colasa e logo dunha nova analepse sobre ela, cóntalle que Zalo era un violador. • Capítulo 10. O das confesións. Sito confesa que matou a Zalo. Ela confesa, sonámbula, a Ramón que matou a parteira. Balbina confesa con Don Damián e este confésalle quen é o seu pai. Ela queda tranquila e identifica aos catro fantasmas: os seus avós, o seu bisavó, e o seu tío Xesús, morto na guerra?
  • 12. Os desherdados: marco espacial I • Novela itinerante pola comarca de Ferrolterra (Covas, Moeche) e doutras Rías Altas (O Barqueiro e Viveiro). • Prioiro (Covas), onde transcorre a meirande parte da novela. Véxase o mapa da zona. • Corresponde a zona máis próxima ao cabo Prior. Fálase do faro, dos túneles das baterías do Monte do Cabalo, do cuartel, do lavadoiro, da aldea coas súas casas, a súa igrexa.
  • 13. Os desherdados: marco espacial II • Dos arredores de Covas aparecen localizacións coma o campo de tiro do Marmadeiro, a casa de comida dos Galos, xunto a Chousa de Valón (o restaurante o Galo?) a Bailadora (a finca de tal nome?). • Cítanse case que todas as parroquias da zona e máis aló: “Papoi, Serantes, A Graña, Castelo, Mandiá, Val, San Mateo, Meirás, Santa Mariña, San Xoan, Xuvia, Barallobre, Brión, Narahío, Roxal…” (p. 26). Cos seus correspondentes patróns (san Martiño de Covas, san Xoan de Esmelle, san Pedro de Papoi, santa Uxía de Mandiá, san Salvador de O Val… p. 113). • Alí a novela remata o círculo da vida de Balbina, chega ás súas orixes, onde foi concebida. E alí queda en paz cos seus fantasmas ou sombras.
  • 14. Os desherdados: marco espacial III • Moeche: Aquí comeza a novela. Saen de alí Balbina e o seu home, estando ela embarazada do Tonecho. Fálase do val, do seu castelo, das canteiras de toelo, de san Xurxo, da aldea, do bar, da igrexa, do monte. • Nos recordos de Balbina, a acción volve a este lugar, intermitentemente.
  • 15. Os desherdados: marco espacial IV • Ferrol. Na analepse sobre Sefa viaxamos dunha aldea (logo se vai saber que é Covas) a Ferrol, aparece o porto, onde malvive Sefa, o Hospital de Caridade, onde dá a luz a Balbina. De novo o barrio de Ferrol Vello onde un estibador, Bieito, a coñece e a leva vivir con el á súa casa da rúa Espírito Santo. • Na acción de Balbina menciónanse dependencias de Ferrol, como a cárcere de Caranza onde vai dar o falso culpable da agresión, Fuco.
  • 16. Os desherdados: marco espacial V Hospital da Caridade. Onde nace Balbina. Muelle de Curuxeiras Onde traballa Bieito.
  • 17. Os desherdados: marco espacial VI • O Barqueiro: Na analepse sobre a vida de Ramón aparece o seu pobo natal, o Barqueiro; a súa praia, onde mariscaba a súa nai; o seu porto onde el “andou á ardora, coa traína do Pancho o Lebracho, entre o Ortegal e a Estaca, entre ambos os cabos pois. Nunca pasara dos aguillóns” p. 33). Pero logo si vai coller granates alí. • Viveiro: aquí aparece o porto do Celeiro. E a cidade de Viveiro, onde Ramón e o seu amigo Mundo fan negocios co reloxeiro Melchiades. Aquí o ameazan, e teñen que fuxir pola porta de Carlos V e a ponte do Landro.
  • 18. Os desherdados: personaxes I Novela de bastantes personaxes, case todos teñen en común a súa condición de desherdados, descoñecidos da gran historia. Boa descripción de personaxes. Salvo o violador e o Zalo, cúmulo de maldade, o resto son personaxes con aristas, con virtudes e defectos: • Balbina: salienta entre todos. A novela é a busca da súa verdade. É case unha heroína épica. Afróntase a moitas dificultades na súa vida. Orfa de nai, maltratada, endereza ao seu padrastro coa axuda do cura don Servando e da beata Virtudes. Casa con Ramón, vai a Covas estando de nove meses, traballa de lavandeira. Agresión sexual. Vinganza, acada categoría épica co seu epíteto. Apiádase dos prisioneiros. Non lle teme a Basanta. Sonámbula, non para ata clarificar os seus soños e sombras. Fai de boa celestina e de investigadora.
  • 19. Os desherdados: personaxes II • A familia de Balbina: – Ramón: home de Balbina. Traballaba no toelo en Moeche, pero cansan e van a Covas a picar nos túneles das baterías de costas. Cóntase a súa historia previa no capítulo 3. Cando hai problemas laborais, a súa mentalidade é “ver e calar”. Axuda a Balbina. – Antón, Tonecho: fillo de Balbina. A novela comenza dende o seu punto de vista, no ventre da súa nai. Cóntase as súas medras ata que pode andar. É un neno precioso e moi querido.
  • 20. Os desherdados: personaxes III • Os maiores de Balbina: Van morrendo os seus maiores pero sempre ten outros que fan o seu papel: – Sefa: A nai de Balbina, cuxa vida cóntase nunha analepse no capítulo 1. Embarazada do fillo dos donos, tivo que partir a Ferrol, onde traballou. Morre nun segundo parto. – Bieito: Cóntase a vida no capítulo 1. Casou coa Sefa e criou a Balbina. Estibador do porto, apíadase de Sefa e xúntase con ela. Van a Moeche a traballar. Cando morre Sefa, vólvese tolo e bebe. Ata que casa con Virtudes. – Virtudes: Beata que, movida en principio pola obediencia a don Servando, preocúpase por Bieito e Balbina, ata que, namorada, casa con este e o endereza.
  • 21. Os desherdados: personaxes IV • Os Silva, a familia podente da aldea: – Guillermina, “A Dama da fonte” muller sufridora que recobra a ilusión grazas a Balbina e ao amor polo capitán Basanta. Portentosa transformación física e sicolóxica (p. 79). – Sito, irmán menor, cunha discapacidade mental. Víctima dos abusos do irmán maior e a postre executor del. Gústalle bailar e escapar de todos polo monte. A influencia do Nordés. – Zalo, auténtico depravado, violador e torturador. Pai de Balbina.
  • 22. Os desherdados: personaxes V • As forzas vivas: • Os curas: A súa importancia na Galicia rural era enorme como conciencia dos seus fregueses e autoridade moral. – Don Servando: Boa persoa que se preocupa polos seus fregueses e axuda a Bieito e Balbina. Manda a Virtudes unha misión para salvar esta familia. – Don Damián: Boa persoa, aínda que non consinta en enterrar en sagrado a Zalo (como por outra banda tiña mandado). Moi amigo de Don Servando. Escoita a confesión de Balbina e corresponde con outra procedente de Don Servando. • Os militares: Capitán Basanta: boa persoa. Ao principio aparece como típico home do Réxime, cheo de prexuízos, pretende botar a culpa da agresión de Balbina a un inocente, para non manchar un militar. Pero vai cambiando, ao coñecer e respectar a Balbina. Acaba namorado e casando coa Guillermina.
  • 23. Os desherdados: marco temporal • Sitúase o comezo da historia de Balbina, deixando aparte as repetidas analepses, no verán de 1940, coa guerra moi recente e en plena Guerra Mundial sen saber se España vai ser neutral. Situación difícil. Ambiente militar, necesidade de construír túneles para defenderse de ataques aéreos (p. 24-6) Bibliografía sobre as baterías. • Máis referencias á Guerra Civil: – O militar Basanta fala da batalla de Brunete e en xeral da heroica cruzada. – Na obra traballan penados políticos. • Máis referencias a Guerra Mundial: – O asunto do Wolframio (citado no capítulo 2) – Os cabecillas das protestas nos túneles son obrigados a enrolarse na División Azul. – Combate aéreo do que algúns veciños gardan restos.
  • 24. Os desherdados: uso do tempo • O relato comeza en Moeche con Balbina embarazada e case saíndo de alí. Inicíase unha analepse longa sobre a súa nai (p. 10-20) ata que, logo de morta a nai, Balbina consegue reconducir ao seu pai coa axuda de don Servando. • O relato retoma a saída de Balbina de Moeche a súa instalación en Covas co seu marido e neno ata o intento de violación (p. 21-31). • Volve haber unha analepse sobre Ramón e explícanos como chega a Moeche e casa con Balbina (p. 31-38, é dicir todo o capítulo 3). • O relato retoma a vida de Balbina dende a agresión. Non haberá máis analepses longas pero si breves: (sobre Basanta p. 62, a morte dos Silva, p. 95, a vida da tía Colasa, p. 102). • Pasa o tempo, medido pola idade do Tonecho. Xa camiña. E o relato remata coa revelación da orixe de Balbina é dicir, onde comezara. Estrutura circular. • A narración non busca sorprender ao lector porque dende o principio sabemos máis que os personaxes: que o Zalo é o pai de Balbina (p. 11).
  • 25. Os desherdados: técnicas narrativas • Narrador omnisciente en tercera persoa. • Ausencia absoluta de diálogo en estilo directo. Pero frecuencia de voces dos personaxes en estilo indirecto libre que mete no medio da narración sen previo aviso: monólogos internos (p. 28, 34), declaracións xudiciais (de Balbina ao militar, p. 49) algúns moi longos (o relato da Colasa sobre o Zalo, p. 104), incluso diálogos (entre Guillermina e Balbina p. 70). Pluriperspectivismo. • Descricións fermosas da paisaxe e dos costumes da vida rural (os xogos do Tonecho co Sito na natureza p. 88- 9). “locus amoenus”.
  • 26. Os desherdados: estilo I Esta novela é como todas as súas, boa mostra dun primoroso estilo do que xa falamos. Abundan recursos estilísticos como: • Nivel morfo-sintáctico: – Longas enumeracións: “Cunha bolboreta de cores que se pousou nun felgo, cunha miñoca que sae de paseo á fresca do campo, co gorgolexo da auga do río cando a mamá lava, bate e torce a roupa, coas papas de maínzo e leite morniño que tanto lle saben, coas festas de papá, coa cara enlarafuzada de terra e pó do granito escachizado, así que baixa das obras do Monte do Cabalo… Vai ti a saber con que” (p 66) – Estilo sintagmático: paralelismos nos que se repiten as mesmas estructuras: moitas veces sintagmas nominais: – Nexos: “quer tropa, quer traballadores” (p. 52) – Gusto polo léxico enxebre: naipelo, toelo, mao, … – Lusismos abundantes no léxico e na estrutura sintáctica. – Aparición de léxico ferrolán (procedente do inglés pola influencia dos ingleses traballadores de Bazán): brus
  • 27. Os desherdados: Estilo II • Nivel léxico-semántico: – Metáforas: Sefa co seu bebé “ virxínea madonna sostendo o seu Xesús” (p. 13) O río no que lava Balbina a roupa dos militares e penados os iguala a todos: “Fardas duns, camisas e casacas doutros, aquilo, á fin de contas, ía todo por xunto camiño do río, para o mesmo río, e o mesmo xabón as lavaba, e as mesmas mans as torcían, e estendíaas no campo ou púñaas no estendal para secar…” (p. 61) – Símiles: “Ventábao como un can, como un sabuxo” (p. 45) “Andalle o humor coma faba na ola” (p. 62) – Epíteto épico: Balbina, “A Despeitahomes”, víngase do seu agresor, (p. 50). Guillermina, “A Dama da Fonte”.
  • 28. Os desherdados: Estilo III – Símbolos: A sombra: aquilo que fai saír a Balbina de Moeche cara a terra onde, sen ela sabelo, fora concebida, onde atopará outras sombras: “a sombra, a sombra sobondándoo todo, sobordándoa toda ela, a súa existencia, a súa conciencia, o seu penar, e precisábao largar, ceibar como fose, de forma que a aliviase do tormento”. (p. 10) “A sensación que no corpo ten, así como a estraña impresión coma que de entes extraordinarios, de sombras que de cando en vez chegan a axexar até en pleno día” (p. 98).
  • 29. Os desherdados: Estilo IV – Máis símbolos A presenza constante do vento Nordés, (ademáis de cómo símil “era coma a frescaxe do Nordés” p. 61) creo que simboliza a forza da Natureza que se alía cos agresores –impide que nadie escoite gritar a Balbina mentres é violada, que se oia o tiro recibido por Sito p. 110)- ao tempo que vexo unha identificación co propio Sito, salvaxe e variable: “O Sito ten a cabeza chea de ar, de moito vento, por iso abala con tanta frecuencia dun lado para o outro, sembre semellando que a rota escollida é variábel, variábel como as múltiples direccións que marca o catavento en forma de galo que ten no cumio da súa casa” (p. 111).
  • 30. Bibliografía • Nada máis publicarse a novela apareceron recensións nos principais diarios culturais galegos. Poden consultarse grazas ao PDF do Centro de Investigación da Fundación Ramón Piñeiro: • Ramón Loureiro: “Coa memoria da posguerra” Suplemento Culturas de La Voz de Galicia (20, maio, 2006). • Xosé M. Eyré: “As traxedias que agacha a vida”, A Nosa Terra, 1235, (14-20 setembro, 2006). • Armando Requeixo: “Para todo o sempre”, Suplemento de Diario de Ferrol, Nordesía, 381, (18, xuño, 2006). • http://cadernodacritica.blogaliza.org/manuscritos-henrique- dacosta-i/ • Artigo na wikipedia
  • 31. Os desherdados: créditos • Traballo realizado por Pilar Berrio Martín- Retortillo, para a visita de Henrique Dacosta ao noso Club de Lectura de Adultos, logo da lectura da súa novela Os desherdados. • IES Sofía Casanova. • Ferrol, 25 de novembro de 2014.