Novela de aventuras de ritmo trepidante,
onde o autor encaixa perfectamente as
pezas dun crebacabezas.
Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as
vidas dun asasino a soldo, dunha
emigrante latinoamericana e dun
29 de Abril
2013/14
6ª SESIÓN
do Club de
Lectura do
Sofía
O AUTOR
César Mallorquí (Barcelona, 1953) .
Estudou periodismo na Universidade
Complutense e traballou na Codorniz e na
Cadena Ser.
De 1981 a 1991 dedicouse á publicidade.
Desde entón está dedicado totalmente á
escritura e moitos dos seus relatos foron
premiados.
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA,
NOVELA DE ACCIÓN
Editorial Edebé (editada en Barcelona, 1997)
Gañadora do Premio "Edebé" de Literatura
Xuvenil 1997.
CÉSAR MALLORQUÍ
Entrevista a César Mallorquí
RESUME
O señor Luna, un asasino a soldo é contratado para matar
a dona Flor, unha boliviana que roubou a un xefe da mafia
boliviana. O que non sabía Luna é, que dona Flor, en
realidade roubou unha avioneta cargada de cocaína por
valor de 100 millóns cuxo destino non era a mafia
colombiana, compradora da súa mercancía, senón a
mafia española.
Paulo e Flor fanse amigos e de esa forma coñece a súa
situación en España onde ela pretende localizar ao cartel
para vingarse de Coronado. Este matou ao seu marido,
traballador nunha empresa pertencente ao capo, despois
de negarse a incluír entre a súa mercancía cocaína.
Trátase dunha débeda de amor que lle fai poñerse no ollo
do furacán.
O desenlace é espectacular. O asasino inesperadamente
axuda a muller, fai estalar a empresa azucreira que
usaban como tapadeira, co fillo de capo dentro.
PERSONAXES PRINCIPAIS
Sr.Luna: É un tipo sen nome pero con moitos
nomes. É alto, co pelo negro e curto.
Dona Flor: É unha muller boliviana. É baixa, co pelo
negro. Busca vingarse do Sr. Coronado.
Paulo: É un neno superdotado e un xenio en
matemáticas. É da “República”, así se facían
chamar o grupo de estudantes inmersos nun
programa de superdotados. Durante a historia tivo
un desengano amoroso e problemas co noivo da
súa “amiga”, que o levou a ter problemas co alcol.
PERSONAXES SECUNDARIOS
Amigos de Paulo: Son os da "República dos sabios”. Os
seus nomes son: Gabriel, Benito, Guillerme e Laura.
Tacho Coronado: É fillo de Aurelio Coronado. Odia ao Sr.
Luna.
Aurelio Coronado: É un capo e un dos homes máis ricos de
Bolivia. Foi traizoado por Flor Huanaco.
É traficante de drogas e contratou ao Sr. Luna para un
traballo, asasinar a Flor Huanaco.
Patricia: É amiga de Paulo e por quen vai a sufrir un
desengano amoroso. Ten unha relación con Paulo, que
resulta ser inducida polo psicólogo.
ESPAZO e TEMPO ONDE SE DESENVOLVE A NOVELA
Como trazo propio da novela de acción, son variados os espazos nos que se sitúan
os personaxes.
Por un lado, o ámbito natural da selva amazónica (“O abrupto camiño que se
adentraba na selva amazónica...", p.10); e, por outro, o mundo urbano de Madrid,
con epicentro no colexio Alberto Magno e na casa de Paulo; mesmo, a sede de
Sugar & Grain entendida como unha metáfora do mal na medida en que é o lugar
onde se esconde a droga, e a discoteca El Topo (onde Paulo aprende a bailar de
mans de Samara, feito importante porque bailar facilita o coñecemento da
linguaxe interior da muller, segundo Flor.
A acción se desenvolve e tempo real, no presente, pois conocemos
certas ideoloxías neonazis, así como o mundo das drogas e a vida dos
inmigrantes en algúns barrios residenciales do norte de Madrid (Aravaca).
O tempo narrativo acontece nun curso académico; non hai alusións neste sentido.
OPINIÓN PERSOAL:
é unha novela entretida porque ten moita acción,
os personaxes son peculiares e cunha vida
complicada e difícil de entender para nos.
Nos gustou porque trata temas de actualidade.
Os personaxes que máis nos gustaron foron
Paulo e Tacho …
Presentación feita por Rodrigo e Jorge