SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
A ira dos mansos, Manuel Esteban
Lucía Suárez Ramos
1º Bach B
A ira dos mansos é unha novela de xénero policíaco cun transfondo social,
envolvendo temas como prexuízos, ou o que é considerado como
"perfecto" ou "normal". Incluso aparecen nela citas filosóficas acorde con
certos acontecementos da historia.
O fillo do autor, o cal ten Síndrome de Down, supuxo a inspiración a facer
esta obra. É por isto que aínda que a primeira vista, o narrador parezca o
protagonista da historia, eu penso que as verdadeiras protagonistas son as
persoas con síndrome de Down. Son o centro da trama e incluso da
resolución do caso.
Esta historia está narrada en primeira persoa por un inspector de policía,
Carlos Manso. Adicto ao café, con insomnio, reservado e algo antisocial. A
forma de falar e as súas expresións na obra móstranos o seu particular
humor. Como está licenciado en filosofía, agrega varias citas filosóficas en
relación ao que vai sucedendo na trama, aínda que isto último non é o
principal da historia. Esta novela destaca pola mestura de sensibilidade,
humor, misterio e conciencia social.
A historia arrinca co asasinato de Violeta, unha moza con Síndrome de
Down que aparece morta en Vigo. De madrugada, Carlos Manso recibe
unha chamada para presentarse no lugar. A investigación comeza e toma
contacto coa Asociación á que pertencía a vítima, Alza Down, onde residen
xóvenes con esta discapacidade. Tras varias investigacións, resolve o caso,
pero o realmente importante desta primeira parte do libro é a evolución
mental deste personaxe. El mesmo relata como, sen coñecer a Violeta
viva, a súa visión cara esta discapacidade cambia por completo. Fala dos
prexuízos sociais establecidos co Síndrome de Down, cando realmente son
persoas boas, valentes, centradas no presente e que a pesar de ter maior
dificultade no aprendizaxe, as súas ganas de saber e a súa curiosidade non
cesan. É consciente de que non sabía nada dese mundo.
Tamén hai un personaxe feminino que é moi importante, Lorena. É a
directora da asociación, e desperta enseguida o interese de Carlos. A
pesar de que este menciona que tivo malas pasadas co tema amoroso,
Lorena sírvelle para que as súas barreiras emocionais váianse
derrumbando. Grazas a ela o inspector implícase moito máis no mundo da
súa asociación.
Ao longo de toda a historia mantén un conflito interno ao abrir os ollos
cara a discapacidade da moza, e cando na segunda parte do libro, hai
outro caso relacionado cun mozo da mesma asociación que Violeta, Carlos
Manso xa non é o mesmo. Recibe a chamada de Lorena pedíndolle axuda
para que Pedro, o neno, non sexa inxustamente culpado por un asasinato.
Tras as novas emocións e valores que lle proporcionou o caso de Violeta,
implícase totalmente neste.
Ambas investigacións conclúen nunha mesma idea: a validez das persoas
con Síndrome de Down como a de calquera outra. O seu obxectivo
durante a trama é desmontar os prexuízos que por desgraza moitos
temos.
O mundo que atopa tras as paredes de Alza Down, fai que o narrador se
cuestione de que trata realmente a perfección. Qué é a normalidade? Son
dous preguntas que deberíamos facernos todos. Acaso existe alguén
considerado perfecto? Ou considerado normal? Persoalmente creo que
son dous términos moi subxectivos. Todas as ideas preconcibidas que tiña
acerca deste colectivo son desmontadas, e é moi interesante ver a estas
persoas a través dos ollos do narrador.
Como novela policíaca, é moi interesante e considero que engancha ao
lector. Utiliza un linguaxe sinxelo e rápido, empregando estranxeirismos
da cultura actual. Pero o máis destacable, na miña opinión, non son
soamente as reflexións dos personaxes, senón as que nos invitan a facer a
nós, os lectores.

More Related Content

What's hot (20)

Anagnorise
AnagnoriseAnagnorise
Anagnorise
 
Bel olid
Bel olid Bel olid
Bel olid
 
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moasEntrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
 
As sete mortes
As sete mortesAs sete mortes
As sete mortes
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 
Agosto do 36 (resena)
Agosto do 36 (resena)Agosto do 36 (resena)
Agosto do 36 (resena)
 
Traballo libro
Traballo libroTraballo libro
Traballo libro
 
Receension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac bReceension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac b
 
O club da calceta (1)
O club da calceta (1)O club da calceta (1)
O club da calceta (1)
 
Lua do senegal por daniela hermo
Lua do senegal por daniela hermoLua do senegal por daniela hermo
Lua do senegal por daniela hermo
 
Uliana
UlianaUliana
Uliana
 
Lagrimas de shiva
Lagrimas de shivaLagrimas de shiva
Lagrimas de shiva
 
O inferno de marta
O inferno de martaO inferno de marta
O inferno de marta
 
Traballo a praia dos afogados
Traballo a praia dos afogados Traballo a praia dos afogados
Traballo a praia dos afogados
 
O que sei do silencio
O que sei do silencioO que sei do silencio
O que sei do silencio
 
Recensi on laura novo 1b
Recensi on laura novo 1bRecensi on laura novo 1b
Recensi on laura novo 1b
 
A praia dos afogados
A praia dos afogadosA praia dos afogados
A praia dos afogados
 
O meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatosO meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatos
 

Similar to Recension lucia suarez

Biblioterapia 1-definitivo
Biblioterapia 1-definitivoBiblioterapia 1-definitivo
Biblioterapia 1-definitivoiessalvabiblio
 
O corazón de xúpiter (ficha)
O corazón de xúpiter (ficha)O corazón de xúpiter (ficha)
O corazón de xúpiter (ficha)Xirilé
 
Agustín Fernández Paz e Lovecraft
Agustín Fernández Paz e LovecraftAgustín Fernández Paz e Lovecraft
Agustín Fernández Paz e Lovecraftedlgaliza
 
Gozando no Laxeiro 1ª avaliación
Gozando no Laxeiro 1ª avaliaciónGozando no Laxeiro 1ª avaliación
Gozando no Laxeiro 1ª avaliacióntrafegandoronseis
 
O diario violeta de carlota
O diario violeta de carlotaO diario violeta de carlota
O diario violeta de carlotaxenevra
 
Ud contra a violencia de xénero Rede Museística
Ud contra a violencia de xénero Rede MuseísticaUd contra a violencia de xénero Rede Museística
Ud contra a violencia de xénero Rede MuseísticaAna Ferro Fernández
 
A vida secreta das abellas
A vida secreta das abellasA vida secreta das abellas
A vida secreta das abellasavellanacova
 
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdfRecomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdfmarcoscorbacho
 
Gozando no Laxeiro
Gozando no LaxeiroGozando no Laxeiro
Gozando no LaxeiroCCMC
 
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"trafegandoronseis
 

Similar to Recension lucia suarez (18)

Biblioterapia 1-definitivo
Biblioterapia 1-definitivoBiblioterapia 1-definitivo
Biblioterapia 1-definitivo
 
O corazón de xúpiter (ficha)
O corazón de xúpiter (ficha)O corazón de xúpiter (ficha)
O corazón de xúpiter (ficha)
 
Agustín Fernández Paz e Lovecraft
Agustín Fernández Paz e LovecraftAgustín Fernández Paz e Lovecraft
Agustín Fernández Paz e Lovecraft
 
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
 
Gozando no Laxeiro 1ª avaliación
Gozando no Laxeiro 1ª avaliaciónGozando no Laxeiro 1ª avaliación
Gozando no Laxeiro 1ª avaliación
 
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoA Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)
Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)
Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
O diario violeta de carlota
O diario violeta de carlotaO diario violeta de carlota
O diario violeta de carlota
 
Ud contra a violencia de xénero Rede Museística
Ud contra a violencia de xénero Rede MuseísticaUd contra a violencia de xénero Rede Museística
Ud contra a violencia de xénero Rede Museística
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
A vida secreta das abellas
A vida secreta das abellasA vida secreta das abellas
A vida secreta das abellas
 
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdfRecomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
Recomendacións de lectura - Nadal de 2023.pdf
 
Lecturas FilosofíA
Lecturas FilosofíALecturas FilosofíA
Lecturas FilosofíA
 
Seleccionados SOLF nº11 (Marzo 2015)
Seleccionados SOLF nº11 (Marzo 2015)Seleccionados SOLF nº11 (Marzo 2015)
Seleccionados SOLF nº11 (Marzo 2015)
 
Gozando no Laxeiro
Gozando no LaxeiroGozando no Laxeiro
Gozando no Laxeiro
 
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
 
Os nenos da variola.pdf
Os nenos da variola.pdfOs nenos da variola.pdf
Os nenos da variola.pdf
 

More from RemoeaLinguaLinguaGa

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASGOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASRemoeaLinguaLinguaGa
 
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no InstagramRESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no InstagramRemoeaLinguaLinguaGa
 
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasFeminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasRemoeaLinguaLinguaGa
 
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARemoeaLinguaLinguaGa
 
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfOs santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdfPresentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdfAstrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfO DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdfAtranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...RemoeaLinguaLinguaGa
 
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfA pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

More from RemoeaLinguaLinguaGa (20)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASGOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
 
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no InstagramRESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
 
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasFeminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
 
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
 
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfOs santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
 
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdfO NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
 
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
 
lego.pdf
lego.pdflego.pdf
lego.pdf
 
ciencia en galego (1).pdf
ciencia en galego (1).pdfciencia en galego (1).pdf
ciencia en galego (1).pdf
 
CIENCIA EN GALEGO.pdf
CIENCIA EN GALEGO.pdfCIENCIA EN GALEGO.pdf
CIENCIA EN GALEGO.pdf
 
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdfPresentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
 
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdfAstrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
 
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdfLibro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
 
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfO DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
 
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdfAtranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
 
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
 
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfA pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
 
reseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdfreseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdf
 
O club da calceta.pdf
O club da calceta.pdfO club da calceta.pdf
O club da calceta.pdf
 

Recension lucia suarez

  • 1. A ira dos mansos, Manuel Esteban Lucía Suárez Ramos 1º Bach B
  • 2. A ira dos mansos é unha novela de xénero policíaco cun transfondo social, envolvendo temas como prexuízos, ou o que é considerado como "perfecto" ou "normal". Incluso aparecen nela citas filosóficas acorde con certos acontecementos da historia. O fillo do autor, o cal ten Síndrome de Down, supuxo a inspiración a facer esta obra. É por isto que aínda que a primeira vista, o narrador parezca o protagonista da historia, eu penso que as verdadeiras protagonistas son as persoas con síndrome de Down. Son o centro da trama e incluso da resolución do caso. Esta historia está narrada en primeira persoa por un inspector de policía, Carlos Manso. Adicto ao café, con insomnio, reservado e algo antisocial. A forma de falar e as súas expresións na obra móstranos o seu particular humor. Como está licenciado en filosofía, agrega varias citas filosóficas en relación ao que vai sucedendo na trama, aínda que isto último non é o principal da historia. Esta novela destaca pola mestura de sensibilidade, humor, misterio e conciencia social. A historia arrinca co asasinato de Violeta, unha moza con Síndrome de Down que aparece morta en Vigo. De madrugada, Carlos Manso recibe unha chamada para presentarse no lugar. A investigación comeza e toma contacto coa Asociación á que pertencía a vítima, Alza Down, onde residen xóvenes con esta discapacidade. Tras varias investigacións, resolve o caso, pero o realmente importante desta primeira parte do libro é a evolución mental deste personaxe. El mesmo relata como, sen coñecer a Violeta viva, a súa visión cara esta discapacidade cambia por completo. Fala dos prexuízos sociais establecidos co Síndrome de Down, cando realmente son persoas boas, valentes, centradas no presente e que a pesar de ter maior dificultade no aprendizaxe, as súas ganas de saber e a súa curiosidade non cesan. É consciente de que non sabía nada dese mundo. Tamén hai un personaxe feminino que é moi importante, Lorena. É a directora da asociación, e desperta enseguida o interese de Carlos. A pesar de que este menciona que tivo malas pasadas co tema amoroso, Lorena sírvelle para que as súas barreiras emocionais váianse
  • 3. derrumbando. Grazas a ela o inspector implícase moito máis no mundo da súa asociación. Ao longo de toda a historia mantén un conflito interno ao abrir os ollos cara a discapacidade da moza, e cando na segunda parte do libro, hai outro caso relacionado cun mozo da mesma asociación que Violeta, Carlos Manso xa non é o mesmo. Recibe a chamada de Lorena pedíndolle axuda para que Pedro, o neno, non sexa inxustamente culpado por un asasinato. Tras as novas emocións e valores que lle proporcionou o caso de Violeta, implícase totalmente neste. Ambas investigacións conclúen nunha mesma idea: a validez das persoas con Síndrome de Down como a de calquera outra. O seu obxectivo durante a trama é desmontar os prexuízos que por desgraza moitos temos. O mundo que atopa tras as paredes de Alza Down, fai que o narrador se cuestione de que trata realmente a perfección. Qué é a normalidade? Son dous preguntas que deberíamos facernos todos. Acaso existe alguén considerado perfecto? Ou considerado normal? Persoalmente creo que son dous términos moi subxectivos. Todas as ideas preconcibidas que tiña acerca deste colectivo son desmontadas, e é moi interesante ver a estas persoas a través dos ollos do narrador. Como novela policíaca, é moi interesante e considero que engancha ao lector. Utiliza un linguaxe sinxelo e rápido, empregando estranxeirismos da cultura actual. Pero o máis destacable, na miña opinión, non son soamente as reflexións dos personaxes, senón as que nos invitan a facer a nós, os lectores.