1. INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO
XORNADA DE CONVIVENCIA DO ALUMNADO DE 3º DA ESO DO IES
Nº1 DE ORDES E DO IES “MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZ” DE
CARRIL
Día: luns 28 de abril
Obxectivos da actividade:
• Convivir falando en galego con rapaces e rapazas da costa, castelánfalantes.
• Dar a coñecer o noso concello, a súa historia, paisaxe, xentes e lingua.
• Facer unha ruta de sendeirismo: o roteiro do río Mercurín.
• Mostrar o noso centro educativo ao alumnado convidado de Carril.
Alumnado participante: 51 alumnas e alumnos de 3º da ESO (29 rapazas e rapaces do noso
centro e 22 do IES de Carril)
Profesorado acompañante: Raquel Iglesias Estepa (coordinadora do Equipo de Dinamización
da Lingua Galega ) e Antón Bravo (profesor de Educación Física) xunto co profesorado
acompañante do alumnado de Carril.
Programa:
09:00 hr. Saída do alumnado e profesorado do IES Nº 1 de Ordes en autobús cara a estación
de RENFE en Fosado-Ordes, onde ás 09:15 teñen prevista a súa chegada os alumnos e
profesores do IES Miguel Ángel González Estévez. Recepción e presentación do alumando
dos dous centros educativos.
09:45 hr. En autobús de novo a Ordes onde almorzaremos e amosaremos aos nosos
convidados as principais rúas e lugares significativos do centro da vila.
11:00 hr. Iniciaremos a andaina do roteiro do río Mercurín (15 quilómetros)
16:30 hr.Ao rematar a ruta iremos ata o noso instituto onde os nosos alumnos amosarán aos
de carril as súas instalacións. Tamén faremos un visionado das fotos desta xornada.
19:00 hr. Saída en autobús de novo á estación de Fosado para deixar aos nosos visitantes no
tren de volta a Vilagarcía de Arousa (saída do tren ás 19:30).
20:00 hr. Regreso ao IES Nº1 de Ordes e remate da xornada.
Material necesario:
• Comida e bebida para o día
• Calzado e roupa axeitados para a actividade de sendeirismo (protector solar, gorra,
chuvasqueiro...)
• Cámara de fotos, caderniño, boli...
Aviso: Esta actividade completarase coa visita do alumnado do noso centro a Carril. A data
prevista será o luns 19 de maio (pendente de confirmación). A viaxe será en tren dende a
estación de Fosado-Ordes, á cal nos trasladaremos en autobús. A duración da actividade será de
09:10 a 20:00 horas. Haberá que levar comida e bebida.
O prezo total do intercambio lingüístico, isto é, dos dous días de convivencia é
de 12 € por participante