Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Piramide0708b

704 views

Published on

Published in: Travel, Technology
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Piramide0708b

  1. 1. BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES: NOVO ESPAZO PARA MÁIS ACTIVIDADES As reformas do centro tamén afectaron á biblioteca: ela soíña botou para arriba aos profes, e, ademais do que xa tiña, ocupou o espacio que eles antes ocupaban. Seica un día, todo o centro chegará ser unha inmensa biblioteca onde todos sexamos alumnos dos libros. Máis espazo e máis actividades. Este curso, A Marela Tarabela (o boletín informativo da biblio) tivo unha irmanciña dixital: A Marela Tarabela (Edición ciberespacio), coa súa c o r t e e n h t t p : / / tarabelateca.blogspot.com/. Ao longo do curso, e a través da biblioteca, visitá- ronnos Javier Mosquera, Blanca Álvarez, Riveiro Co- ello…; fixéronse exitosísi- mas actividades de dinami- zación como a Olimpíada do Saber e o Reader’s Que- so; e exposicións memora- bles como a adicadas a Moncho Valcarce, a do día de San Valentín (con mil poemas que voaron quen sabe onde) e a antiga Gre- cia.
  2. 2. Un grupo de trinta e un alumnos de francés realizaron un intercambio cun Instituto de Rennes, en Francia. Estiveron durante 10 días percorrendo,en autobús, o país veciño. Moncho , Servando e Mª Jesús ocupáronse de que todo funcionase o mellor posible. Temos o relato de Aldara, Victoria, Génesis, Carla e Carla Cacheda de 3º de ESO. Así tamén nós saberemos o que fixeron por eses mundos de Deus: Saímos ás cinco da tarde do instituto e, despois de 15 horas en autobús, chegamos a Poitiers, onde estivemos todo o día no Futuroscope. Estabamos todos tan cansos da viaxe que nos quedabamos durmidos nas películas en 3D e logo espertabamos, por exemplo, cun calamar xigante enfronte nosa (un espertar un pouco incómodo). Bailamos cos robots e comemos alí. Ó cabo dunhas horas fomos ata o hotel, pero ó chegar tivemos que nos trasladar en bus cara outro en mellores condicións. Pola noite vimos un espectáculo de luces na auga. Estaba moi ben, pero como duraba moito, ó final xa cansaba. Ó día seguinte saímos de Poitiers ás 9 e viaxamos toda a mañá. Chegamos a París, comemos e collemos o metro. Vimos o Louvre por fóra e visitamos Nôtre Dame. Paseamos polo lado do Sena, aínda que facía moito frío e choveu intermitentemente durante todo o día. Pola noite recollemos as maletas no autobús e fomos ó albergue, que daba bastante medo, e excepto unha habitación, as restantes non tiñan baño. VIAXE A FRANCIA INTERCAMBIOINTERCAMBIOINTERCAMBIOINTERCAMBIO
  3. 3. Á mañá seguinte cantámoslle o “cumpreanos feliz” a Victoria no metro. Logo fomos ver a Torre Eiffel, pero de seguida chamaron Carla Cacheda, Génesis e Daniel Reboredo dicindo que se perderan. Resulta que tiñan a torre detrás e non se daban conta. Camiñamos moito durante a mañá para ir ver o Sagrado Corazón, pois tivemos que subir moitas costas e escaleiras. Chegamos ó Louvre e a penas vimos unhas poucas salas do museo, porque aquilo era inmenso. Ó saír chamou Moncho dicindo que en trinta minutos debiamos estar na Torre Eiffel se queriamos subir. Comezamos todos a correr polas estacións de tren e metro meténdonos a presión nos vagóns, e empuxando á xente, que nos miraba escandalizada mentres nós gritabamos e algúns saltaban as máquinas onde se metían os tickets, para logo apurar máis por medo a que nos perseguise a policía. Toda unha película. Saímos da última estación e…, alí estaba: a Torre Eiffel iluminada por centos de luces palpebrexantes. Era impresionante. Logo subimos ata o segundo andar. Desde alí víase o París nocturno iluminado. Máxico. Ó baixar esperábanos moita xente que pretendía vendernos monitores de cores. Perdémonos o paseo en barco polo Sena porque tiñamos unha comida reservada. Servíronnos un prato inmenso cun pincho de carne que case ninguén deu comido. Xa na sobremesa, chegou o camareiro cantando o “cumpreanos feliz” en francés cun pastel e unha vela na man, pero con tan mala sorte que nese momento Victoria estaba no baño. Cando chegou xa non era unha sorpresa. Aínda así volveulle cantar a canción. Á mañá seguinte chegamos a Rennes. Cando vimos a todos os franceses esperándonos, empezamos a dicirlle ós profesores que non queriamos baixar do autobús. A primeira noite foi incómoda para todos, pero ó día seguinte cando nos reencontramos no instituto estivemos contando anécdotas moi emocionados pola primeira experiencia na casa dos franceses. Ese día fomos ó Mont Sant-Michel, onde tivemos que subir moitas escaleiras para lograr chegar á cima e non poder nin levantar a cabeza do vento que ía. Ó día seguinte visitamos as cidades de Saint Malo, Dinan e Dinard. Vimos moitas igrexas e na praia fixemos unha pirámide humana que rematou en desastre. Subimos a unha muralla na que Moncho comezou a tocar a gaita mentres nós cantabamos e a xente botaba moedas no maletín da gaita. A seguinte excursión foi a Vitres e Chartres, onde había un espectacular castelo medieval con moitas escaleiras e costas, que nos fixeron acabar a todos alancando e en manga curta a pesar do mal tempo. O xoves tivemos que contestar por grupos un cuestionario sobre Rennes. Para isto debiamos movernos pola cidade e preguntar á xente. O último día en Rennes fomos a clase cos nosos correspondentes compañeiros. Comemos no comedor do instituto, déronnos unha charla sobre o bretón, e pola noite ceamos os españois nunha típica crepería da cidade, e máis tarde saímos cos franceses. O sábado pola mañá despedímonos, vimos un mercado famoso de Rennes, e emprendemos o camiño de volta cara a Biarritz, onde ceamos kebab, contamos unha historia “de medo” preto da praia e pasamos a noite. O domingo foi outro día de autobús. Chegamos a Lalín sobre as oito e media
  4. 4. 4ºA ESO VISITA: SAMOS Como cada ano, o alumnado de relixión fixo a súa visita. Este curso tocou Samos e os alumnos de 3º e 4º foron ata terras de Lugo acompañados dos profesores Luís Moreiras e Carlos Míguez.
  5. 5. 4ºB ESO A MARELA NATURISTA A comezos do curso, apare- ceu o número 5 do Boletín da nosa biblioteca, adicado a flo- ra do entorno do Instituto. O traballo foi realizado polo alumnado de Ciencias Medioambientais de 4º da ESO do curso 2006-2007, baixo a coordenación da pro- fesora Berta Calvín. TEATRO: BICOS CON LINGUA Todos os da ESO, o 23 de abril foron ao teatro ver “Bicos con lingua” de Talía Teatro; esta vez organizou a actividade o Departamento de Normalización Lingüística.
  6. 6. VISITA: FORUM ORIENTA 2008 Acompañados de María Jesús Gracia, Severiano Casalderrey, Manuel Darriva y Carlos Miguez, o alumnado de 1º de Bac. foi a Vigo ao Forum Orienta 2008, que organizou a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 4ºC ESO
  7. 7. 4ºD ESO EXPO: LETRAS GALEGAS EN ROCHA VIVA Normalización Lingüística en colaboración co Concello levou ao auditorio a exposición “Letras galegas en rocha viva”. Este é un traballo de José Manuel Rivera, persoa comprometida co uso da lingua galega e coa nosa cultura, que cede aos centros de forma desinteresada. Nesta exposición recóllense todos os autores homenaxeados no Día das Letras Galegas dende 1963 ata hoxe. Dende o Aller Ulloa convidouse ao resto dos centros escolares a visitala.
  8. 8. ACTIVIDADE: MAGOSTO Os alumnos de 4º da ESO organizaron, coma tódolos anos para sacar ”pelillas” para a excursión, o magosto no patio do Instituto. Alí disfrutamos dunhas horas de lecer, comemos castañas e algúns doces que prepararon para a ocasión. Aí van esas fotos de mostra.
  9. 9. 4ºE ESO EXPO: PRESTIGE O Departamento de Ciencias trouxo ao noso centro unha exposición sobre o Prestige, que todos puidemos apreciar durante uns días.
  10. 10. 1ºA BAC TÍTERES: ESPECULACIÓN INMOBILIARIA Especulación inmobiliaria” foi a obra que puidieron ver os de 1º e 2º da ESO, na que, por certo, disfrutaron moito, representada pola compañía de títeres El tenderete, chegada de Euskadi. VIAXE: SANTIAGO. CGAG. XÉNEROS Nos inicios do curso, o alumnado de 1º de bacharelato acompañados de Vizoso, Felicidade, Beatriz e Roberto, viaxaron a Santiago para ver no CEGAC a exposición “A batalla dos xéneros”, sobre a arte feminista dos anos 70. Tamén visitaron no mes de abril o Parlamento xunto con Vizoso e Roberto. EDUCACIÓN VISUAL O noso centro foi seleccionado para participar no p r o g r a m a “Audiovisuais nas aulas”, organizado polo Consorcio audiovisual de Galicia. Trátase dunha actividade coordinada por Manuel Balea en colaboración co grupo de traballo formado por Moncho, que é o coordinador, Severiano, Manuel, Miguel, Mario,Paio, Rozas, Jorge ,Roberto e Maribel. A actividade, pensada para rapaces de 3º e 4º da ESO, consistiu nun obradoiro de curtas co móbil. O plan de traballo desenvolveuse en dúas xornadas de cinco horas. Na primeira planificaron e prepararon as curtas e na segunda, realizáronse os ensaios e as gravacións.
  11. 11. 1ºB BAC EXPOSICIÓN DE RETRATOS Iniciativa do Departamento de Plástica e Visual, expuñéronse no vestíbulo do centro una boa mostra de retratos feitos polo alumnado. Alí estiveron representados dende gran- des personaxes ata os propios alumnos.
  12. 12. VIAXE: ANDORRA = NEVE O Concello de Lalín convocou dez prazas para viaxar a Ando- rra, á neve do 11 ao 18 de febrei- ro. Para repartir estas prazas, a dirección seleccionou a dez ra- paces e rapazas en función das súas cualificacións escolares; trátase ,polo tanto, dun premio.Os profesores acompañantes foron Luís Viz e Manuel Gó- mez. Olalla San Martín Rozados e Elena López Fernández de 2º B da ESO estiveron alí para contárnolo: O once de febreiro ás cinco da ma- ñá saímos de Lalín vinte rapaces e rapazas e os profesores rumbo a Andorra para pasar unha semana memorable. Estamos seguras de que non vos importa demasiado como foi a elec- ción dos alumnos, a viaxe en avión ou a paliza posterior ata Andorra en autobús, por iso ímosvos contar o que consideramos os mellores momentos. Chegamos ao Principado de Andorra ás dúas da tarde; baixamos as maletas, repartimos as habitacións e fomos xantar a marabillosa ensalada que nos tiñan preparada. Tivemos a tarde libre ata as nove da noite que é a hora da cea e logo fomos para as habitacións, a durmir sen facer ruído… Os seguintes días pola mañá iamos esquiar dende as once ata as dúas da tarde cuns mo- nitores arxentinos moi agradables que nos axudaron en todo momento.Gracias a Álvaro e ao seu compañeiro!!!Pola tar- de os guías ensináronnos museos, igrexas e o Parlamento de Andorra. O mellor de todo foi a pista de xeo á que nos levaron e onde chamamos a aten- ción polas innumerables caídas, a festa de despedida, na que case todos baila- ron menos algúns aburridos (xa eles sa- ben quen son ), o balneario, os baños turcos, a sauna e o jacuzzi. Tampouco había marxe para o aburrimento coas excursións e as xuntanzas nas habita- cións nas que se formou algunha parelliña. Despois de todo temos que agradecerlle aos profesores que nos aguantaran toda a se- mana,aos amigos que deixamos aquí que nos seguiran esperando, á condutora do auto- bús que nos levou a todas as viaxes nas que nos tivo que escoitar berrando a Rianxeira, e por suposto ao Concello de Andorra, que fixo posible que pasaramos a mellor semana das nosas vidas”.
  13. 13. EXPO-GRECIA O alumnado de 1º da ESO, dirixido pola profesora de Ciencias Sociais Elia realizou unha preciosa exposición sobre Grecia Antiga. O obxectivo era levar un tema teórico á práctica para achegar o mundo clásico aos nosos días. A exposición consta de varios apartados: -O mundo grego e as principais “polis”, Esparta e Atenas. -A arquitectura,cerámica,pintura e escultura. -A filosofía grega -O teatro, os xogos olímpicos, a relixión. -A Acrópole. Como apoio, proxectouse un vídeo sobre Grecia elaborado polos rapaces . Non queremos deixar pasar a ocasión sen agradecer a implicación e a axuda dos pais, avós e outros parentes neste proxecto. 1ºC BAC
  14. 14. 1ºD BAC CLUBES DE LECTURA: TRAMA IRMAU Este curso foi o das primeiras tentativas de implantar clubes de lectura dentro da no- sa comunidade educativa: alumnos, pais, profes…: A Trama IRMAU, que así ten por nome a nosa rede de clubes. Puxéronse en marcha varios. Pola súa excepcionalidade, é de xustiza destacar o intento de reunir varias xeracións familiares arredor dun libro: Casas baratas, de Antón Riveiro Coello. O alumnado de referencia era de 1º de BACH, seguramente o menos adecuado, pois correspóndese con idades en que se adoita crear “distancias” con pais/nais. E aínda que pais/nais que sabemos que se sumaron á pro- posta non deron o paso de acudir ao encontro, ao final xuntámonos un bo feixe de xente e Antón Riveiro (afable, falador, narrador) cativounos. Tamén con impecable regularidade nas súas convocato- rias, o clube Liches este? para o profesorado, botou andar con propostas a pares cada mes. Para os rapaces, creáronse dous clubes, centrados en 1º e 2º da ESO. Nestes casos, máis que funcionar os grupos funcionaron determinados lectores, algúns xa lexendarios na súa voracida- de lectora (Santiago Medina, probable futura personaxe dunha desas novelas tan alucina- damente fantasiosas que ten a ben dixerir de tarde en tarde), ou outros menos recoñeci- bles pero igualmente amantes da lectura. Coma toda novidade, o importante foi empezar para así poder seguir.
  15. 15. 2º A B A C H A R E L A 2ºB BACHARELATO As presas de última hora nun- ca son boas. Como o ano pasa- do, coller aos rapaces de 2º de Bac en maio foi tarefa case im- posible. O case é evidente se se mira para a foto que está aquí á dereita. Con todo, estas seis rapazas conforman unha per- fecta imaxe na que a ben segu- ro os seus compañeiros se han ver perfectamente representa- dos.

×