SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Carlos Vila Sexto nace na Coruña en 1977. Comezou a escribir
dende que era pequeno. Deuse a coñecer como escritor ao
gañar as edicións de 1992 e 1993 do certame literario “Nova
33” cos libros Alén de aventura e Gárgola. Despois de estudar
cinema en Pamplona e en Los Ángeles, comezou a traballar
como guionista de televisión, actividade á que se dedica
desde hai catro anos. Dúas series de televisión foron
guionizadas por este escritor que se desenvolve polos ámbitos
literarios do suspense e terror.
Gárgola é un libro de terror no que Jeremy ten un soño
persistente moi estraño: unha tumba, unha rapaza , un home
de gabán gris… Jeremy non está disposto a seguir así, de
forma que investiga sobre o seu soño, pero élle imposible; a
cada paso que dá, alguén morre de xeito inexplicable. Aínda
así si consegue adiviñar cousas sobre
seu pai que nunca imaxinaría, informacións que de certa
forma causaron todo o que lle está a acontecer a Jeremy.
Agora el ten que cambiar, xa non pode asustarse, é hora de
enfrontarse ao medo, de loitar, de vencer a Gárgola; debe
ser o que seu pai nunca foi, valente.
No libro hai pouca variación de temas, xa que a acción está
moi concentrada, pero si hai un tema principal, o medo: a
única forma de vencer a Gárgola baséase en que Jeremy
non pode ter medo. Outro tema importante é o pasado de
seu pai, un pasado no que se converteu en asasino da súa
familia.
O libro posúe unha introdución ao medo, ademais ten seis
capítulos dentro dos cales hai distintas partes cuxos cambios
se corresponden cos cambios do punto de vista do narrador.
Estes capítulos conteñen a narración en si; pero, ademais, ten
dous epílogos. Nun epílogo exponse a xuntanza de Jeremy
coa súa familia despois de morrer e, noutro, a orixe da
Gárgola.
Hai personaxes reais e imaxinarios. Entre os personaxes reais
están Jeremy, seu pai, Benjy, Dorothy Ward,… Entre os
imaxinarios están Alice (a pesar de que no seu momento foi
real), o home do gabán gris e a Gárgola. Ademais, o vento
está personificado, ten un poder sobre os personaxes e está
mencionado en case todo o libro.
O libro carece de detalles e descricións, algo que axuda a
que a trama sexa constante. Todo o libro está narrado en
terceira persoa, salvo a introdución, que está en primeira. Hai
poucas referencias de espazo e, ademais, estas son
imaxinarias. Aínda así as referencias parécense moito a
algunhas existentes na realidade: por exemplo “Smithsville”
realmente non existe, pero si que hai un “Smithville” nos
Estados Unidos. A lingua é moi doada e con ela créase un
aire de misterio penetrante.
O libro en conxunto é unha mostra de como o medo é algo
que cambia as nosas vidas, fai que se poidan cometer actos
horribles e impensables e que fai cambiar por completo a
nosa personalidade. Pero non se para aí, eleva o morte a
unha solución aos problemas terreais: Jeremy está implicado
en moitas mortes, toda a súa familia está morta,… O seu pai é
sospeitoso da morte dunha filla súa e da nai. Cando todo isto
se lle vén enriba xa preferiu morrer e esquecerse de todo, xa
non teme a morte, só quere que a Gárgola tamén morra.
Un elemento importante é que o libro non está visto soamente
dende o punto de vista de Jeremy , de forma que conta máis
do que Jeremy sabe.
O libro gustoume moito porque non se complicaba coas
descricións de obxectos non fundamentais para a trama. Por
outra banda, a acción desenvolvíase con rapidez e de
repente, sen contar, aparecía algo que o lector non
imaxinaba. Basicamente contaba moito en pouco tempo,
algo que para min é fundamental nos libros de terror
emisterio. Outra cuestión que me gustou foi que ofrecía un
final diferente, no que non todo é perfecto e no que se dá
outra idea da morte da que nós temos, afirmando incluso que
é mellor que a vida, ao non sermos vulnerables ao medo.
NOELIA SÁNCHEZ MARTÍNEZ, 3º ESO B

More Related Content

What's hot (17)

Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moasEntrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
 
Bosque cheo de faias
Bosque cheo de faiasBosque cheo de faias
Bosque cheo de faias
 
Recension lucia suarez
Recension lucia suarezRecension lucia suarez
Recension lucia suarez
 
Libro 2015
Libro 2015Libro 2015
Libro 2015
 
Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?Nós lemos en galego, e ti?
Nós lemos en galego, e ti?
 
O corazon de x upiter helena santos
O corazon de x upiter  helena santosO corazon de x upiter  helena santos
O corazon de x upiter helena santos
 
Fahrenheit 451
Fahrenheit 451Fahrenheit 451
Fahrenheit 451
 
Traballo libro
Traballo libroTraballo libro
Traballo libro
 
O meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatosO meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatos
 
Receension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac bReceension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac b
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
O club da calceta (1)
O club da calceta (1)O club da calceta (1)
O club da calceta (1)
 
Anagnorise
AnagnoriseAnagnorise
Anagnorise
 
Recesion o que sei do silencio
Recesion   o que sei do silencioRecesion   o que sei do silencio
Recesion o que sei do silencio
 
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Cartas de inverno de Agustín Fernández PazCartas de inverno de Agustín Fernández Paz
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz
 
Lectores
LectoresLectores
Lectores
 

Viewers also liked (20)

Contador de estrelas
Contador de estrelasContador de estrelas
Contador de estrelas
 
Amor á familia
Amor á familiaAmor á familia
Amor á familia
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Noal
NoalNoal
Noal
 
Cartel iv premio poesía
Cartel iv premio poesíaCartel iv premio poesía
Cartel iv premio poesía
 
Toxo
ToxoToxo
Toxo
 
Sobremesas 16
Sobremesas 16Sobremesas 16
Sobremesas 16
 
Gañadores sobremesas 16
Gañadores sobremesas 16Gañadores sobremesas 16
Gañadores sobremesas 16
 
Gañadoras concurso amor 16
Gañadoras concurso amor 16Gañadoras concurso amor 16
Gañadoras concurso amor 16
 
Concurso fotografía
Concurso fotografíaConcurso fotografía
Concurso fotografía
 
Querida miña
Querida miñaQuerida miña
Querida miña
 
Concurso amor 16
Concurso amor 16Concurso amor 16
Concurso amor 16
 
Querido augustus
Querido augustusQuerido augustus
Querido augustus
 
Portada revista
Portada revistaPortada revista
Portada revista
 
Nubes de evolucion
Nubes de evolucionNubes de evolucion
Nubes de evolucion
 
Cartel v premio poesía
Cartel v premio poesíaCartel v premio poesía
Cartel v premio poesía
 
Gañadoras postal
Gañadoras postalGañadoras postal
Gañadoras postal
 
Libro manuel maria
Libro manuel mariaLibro manuel maria
Libro manuel maria
 
Cabaliño de buxo
Cabaliño de buxoCabaliño de buxo
Cabaliño de buxo
 

More from normalizacioniesn1ordes (20)

Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 
Ix concurso postais nadal
Ix concurso postais nadalIx concurso postais nadal
Ix concurso postais nadal
 
Revista ies
Revista iesRevista ies
Revista ies
 

Gárgola

  • 1. Carlos Vila Sexto nace na Coruña en 1977. Comezou a escribir dende que era pequeno. Deuse a coñecer como escritor ao gañar as edicións de 1992 e 1993 do certame literario “Nova 33” cos libros Alén de aventura e Gárgola. Despois de estudar cinema en Pamplona e en Los Ángeles, comezou a traballar como guionista de televisión, actividade á que se dedica desde hai catro anos. Dúas series de televisión foron guionizadas por este escritor que se desenvolve polos ámbitos literarios do suspense e terror. Gárgola é un libro de terror no que Jeremy ten un soño persistente moi estraño: unha tumba, unha rapaza , un home de gabán gris… Jeremy non está disposto a seguir así, de forma que investiga sobre o seu soño, pero élle imposible; a cada paso que dá, alguén morre de xeito inexplicable. Aínda así si consegue adiviñar cousas sobre
  • 2. seu pai que nunca imaxinaría, informacións que de certa forma causaron todo o que lle está a acontecer a Jeremy. Agora el ten que cambiar, xa non pode asustarse, é hora de enfrontarse ao medo, de loitar, de vencer a Gárgola; debe ser o que seu pai nunca foi, valente. No libro hai pouca variación de temas, xa que a acción está moi concentrada, pero si hai un tema principal, o medo: a única forma de vencer a Gárgola baséase en que Jeremy non pode ter medo. Outro tema importante é o pasado de seu pai, un pasado no que se converteu en asasino da súa familia. O libro posúe unha introdución ao medo, ademais ten seis capítulos dentro dos cales hai distintas partes cuxos cambios se corresponden cos cambios do punto de vista do narrador. Estes capítulos conteñen a narración en si; pero, ademais, ten dous epílogos. Nun epílogo exponse a xuntanza de Jeremy coa súa familia despois de morrer e, noutro, a orixe da Gárgola. Hai personaxes reais e imaxinarios. Entre os personaxes reais están Jeremy, seu pai, Benjy, Dorothy Ward,… Entre os imaxinarios están Alice (a pesar de que no seu momento foi real), o home do gabán gris e a Gárgola. Ademais, o vento está personificado, ten un poder sobre os personaxes e está mencionado en case todo o libro. O libro carece de detalles e descricións, algo que axuda a que a trama sexa constante. Todo o libro está narrado en terceira persoa, salvo a introdución, que está en primeira. Hai poucas referencias de espazo e, ademais, estas son imaxinarias. Aínda así as referencias parécense moito a algunhas existentes na realidade: por exemplo “Smithsville” realmente non existe, pero si que hai un “Smithville” nos Estados Unidos. A lingua é moi doada e con ela créase un aire de misterio penetrante.
  • 3. O libro en conxunto é unha mostra de como o medo é algo que cambia as nosas vidas, fai que se poidan cometer actos horribles e impensables e que fai cambiar por completo a nosa personalidade. Pero non se para aí, eleva o morte a unha solución aos problemas terreais: Jeremy está implicado en moitas mortes, toda a súa familia está morta,… O seu pai é sospeitoso da morte dunha filla súa e da nai. Cando todo isto se lle vén enriba xa preferiu morrer e esquecerse de todo, xa non teme a morte, só quere que a Gárgola tamén morra. Un elemento importante é que o libro non está visto soamente dende o punto de vista de Jeremy , de forma que conta máis do que Jeremy sabe. O libro gustoume moito porque non se complicaba coas descricións de obxectos non fundamentais para a trama. Por outra banda, a acción desenvolvíase con rapidez e de repente, sen contar, aparecía algo que o lector non imaxinaba. Basicamente contaba moito en pouco tempo, algo que para min é fundamental nos libros de terror emisterio. Outra cuestión que me gustou foi que ofrecía un final diferente, no que non todo é perfecto e no que se dá outra idea da morte da que nós temos, afirmando incluso que é mellor que a vida, ao non sermos vulnerables ao medo. NOELIA SÁNCHEZ MARTÍNEZ, 3º ESO B