SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Obra: A neve interminable
Autor: Agustín Fernández Paz
Colección: Fóra de xogo
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947), tras máis de trinta anos de
traballo no ámbito educativo, na actualidade dedícase unicamente á
escritura. Escribiu unha chea de libros cos que gañou moitos premios,
tales como: As flores radioactivas (Premio Merlín 1989), Contos por
palabras (Premio Lazarillo 1990), Trece anos de Branca (Premio Edebé
de literatura xuvenil 1994), Cartas de inverno (Premio Rañolas 1995),
Cos pés no aire (Premio Raíña Lupa 1998), O único que queda é o amor
(Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008), etc.
A neve interminable “dialoga” con Cartas de Inverno, que é outra obra de
Fernández Paz, tamén de medo e misterio, e co libro de relatos da
mesma temática As fronteiras do medo.
Esta novela conta a historia de Alba Novo, que traballa de guionista de
series de televisión. Un día ten un novo encargo nunha serie de
suspense chamada “As fronteiras do medo”. Contará coa axuda dun
equipo formado por dúas mulleres e dous homes. Para poder
concentrarse mellor, deciden ir a un hostal na Fonsagrada. Ao terceiro
día comeza a nevar sen parar; tanto que se interrompen as
comunicacións e a electricidade. Para inspirarse mellor, comezan a
escribir relatos de terror. Mentres o fan, descubrirán que naquel hostal
ninguén é o que parece e que a súa historia é ironicamente unha
verdadeira historia de medo.
Eu penso que este conto se podería dividir en dúas partes: a historia
principal; contada pola narradora, que á súa vez é a protagonista xa que
está contada en primeira persoa; e os diferentes relatos creados no
hostal: “A casa azul”, de Miro; “Herdanza de sangue”, de Irene; “A néboa
de vinganza”, de Diego e “Un incidente no internado”, de Ruth. Tanto nos
relatos como na trama central, o tema principal é o medo, por iso moitos
dos personaxes son monstros ou seres fantásticos. Aínda así, tamén hai
persoas e algúns seres, como os strogoi, dos cales se ignora a súa
natureza.
A lingua usada é fácil de comprender e penso que a puntuación está ben
utilizada.
O libro é interesante e posúe unha única trama ao longo de todo o
desenvolvemento. Así e todo, a historia principal é bastante curta
quitándolle os relatos. De todos os xeitos, paréceme orixinal e
amosa perfectamente as emocións dos personaxes, sobre todo o
medo, xa que o transmite perfectamente.
O libro ten un desenvolvemento lineal excepto por unha páxina do
comezo que alude ao final da novela. Por iso, ao comezar o conto
empezas un pouco confuso pola culpa deste fragmento: “E menos
aínda podiamos sospeitar que, no decurso desta forzada
incomunicación, nos ocorrerían os sucesos terribles que quero
contar aquí…”
Este libro ten unha parte ecoloxista, aludida ao final do libro, que ten
que ver co cambio climático. Fálase dunha gran nevarada que
cubrirá todo o planeta por culpa de nós mesmos , porque estamos a
destruír o noso planeta.
Agustín Fernández Paz non se cansa de ler obras de dous autores
moi importantes para o mundo da literatura de medo: Howard
Phillips Lovecraft e o seu “mestre” Edgar Allan Poe; creo necesario
nomear os dous por deixarnos relatos de medo memorables e
tamén por seren quizais os que inspiran a Fernández Paz a escribir
obras tétricas.
Miguel Ángel Boado Fernández 2º ESO B

More Related Content

What's hot (20)

Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Europa express irene quintelavalino1a
Europa express irene quintelavalino1aEuropa express irene quintelavalino1a
Europa express irene quintelavalino1a
 
Anagnorise
AnagnoriseAnagnorise
Anagnorise
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
As sete mortes
As sete mortesAs sete mortes
As sete mortes
 
Morning star
Morning starMorning star
Morning star
 
Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...
 
Bosque cheo de faias
Bosque cheo de faiasBosque cheo de faias
Bosque cheo de faias
 
Madonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de invernoMadonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de inverno
 
Cabaliño de buxo
Cabaliño de buxoCabaliño de buxo
Cabaliño de buxo
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moasEntrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 
O meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatosO meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatos
 
Recomendacións lectoras para o verán 2015
Recomendacións lectoras para o verán 2015Recomendacións lectoras para o verán 2015
Recomendacións lectoras para o verán 2015
 
O que sei do silencio
O que sei do silencioO que sei do silencio
O que sei do silencio
 
Novidades
NovidadesNovidades
Novidades
 

Viewers also liked (20)

Aula agustín fernández paz
Aula agustín fernández pazAula agustín fernández paz
Aula agustín fernández paz
 
A praia dos afogados
A praia dos afogadosA praia dos afogados
A praia dos afogados
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Cartel v premio poesía
Cartel v premio poesíaCartel v premio poesía
Cartel v premio poesía
 
O inferno de marta
O inferno de martaO inferno de marta
O inferno de marta
 
Querida miña
Querida miñaQuerida miña
Querida miña
 
Nubes de evolucion
Nubes de evolucionNubes de evolucion
Nubes de evolucion
 
Querido augustus
Querido augustusQuerido augustus
Querido augustus
 
Concurso fotografía
Concurso fotografíaConcurso fotografía
Concurso fotografía
 
Amor á familia
Amor á familiaAmor á familia
Amor á familia
 
Concurso amor 16
Concurso amor 16Concurso amor 16
Concurso amor 16
 
Toxo
ToxoToxo
Toxo
 
Ix concurso postais nadal
Ix concurso postais nadalIx concurso postais nadal
Ix concurso postais nadal
 
Gañadores sobremesas 16
Gañadores sobremesas 16Gañadores sobremesas 16
Gañadores sobremesas 16
 
Revista ies
Revista iesRevista ies
Revista ies
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Pioneir@s galeg@s da fotografía
Pioneir@s galeg@s da fotografíaPioneir@s galeg@s da fotografía
Pioneir@s galeg@s da fotografía
 
Gañadoras concurso amor 16
Gañadoras concurso amor 16Gañadoras concurso amor 16
Gañadoras concurso amor 16
 
Lagrimas de shiva
Lagrimas de shivaLagrimas de shiva
Lagrimas de shiva
 
Uliana
UlianaUliana
Uliana
 

Similar to Neve interminable

Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideAsnosasletras
 
Analise e fontes do n.s. de rafael dieste
Analise e fontes do n.s. de rafael diesteAnalise e fontes do n.s. de rafael dieste
Analise e fontes do n.s. de rafael diesteXenza
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012aesperela
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...mercedesdans
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadasvorusky
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Angeles Saco López
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosIES Eduardo Blanco Amor
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Boletín nadal 15
Boletín nadal 15Boletín nadal 15
Boletín nadal 15maria
 
C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz
C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola PazC:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz
C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Pazbiblioperillo
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeSusana Losada
 

Similar to Neve interminable (20)

Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
 
Analise e fontes do n.s. de rafael dieste
Analise e fontes do n.s. de rafael diesteAnalise e fontes do n.s. de rafael dieste
Analise e fontes do n.s. de rafael dieste
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadas
 
Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014
Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014
Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)
 
Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Boletín nadal 15
Boletín nadal 15Boletín nadal 15
Boletín nadal 15
 
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
 
C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz
C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola PazC:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz
C:\Users\Portatil02\Desktop\DíA Mundial Pola Paz
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
 

More from normalizacioniesn1ordes (16)

Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 
Libro manuel maria
Libro manuel mariaLibro manuel maria
Libro manuel maria
 

Neve interminable

  • 1. Obra: A neve interminable Autor: Agustín Fernández Paz Colección: Fóra de xogo Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947), tras máis de trinta anos de traballo no ámbito educativo, na actualidade dedícase unicamente á escritura. Escribiu unha chea de libros cos que gañou moitos premios, tales como: As flores radioactivas (Premio Merlín 1989), Contos por palabras (Premio Lazarillo 1990), Trece anos de Branca (Premio Edebé de literatura xuvenil 1994), Cartas de inverno (Premio Rañolas 1995), Cos pés no aire (Premio Raíña Lupa 1998), O único que queda é o amor (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008), etc.
  • 2. A neve interminable “dialoga” con Cartas de Inverno, que é outra obra de Fernández Paz, tamén de medo e misterio, e co libro de relatos da mesma temática As fronteiras do medo. Esta novela conta a historia de Alba Novo, que traballa de guionista de series de televisión. Un día ten un novo encargo nunha serie de suspense chamada “As fronteiras do medo”. Contará coa axuda dun equipo formado por dúas mulleres e dous homes. Para poder concentrarse mellor, deciden ir a un hostal na Fonsagrada. Ao terceiro día comeza a nevar sen parar; tanto que se interrompen as comunicacións e a electricidade. Para inspirarse mellor, comezan a escribir relatos de terror. Mentres o fan, descubrirán que naquel hostal ninguén é o que parece e que a súa historia é ironicamente unha verdadeira historia de medo. Eu penso que este conto se podería dividir en dúas partes: a historia principal; contada pola narradora, que á súa vez é a protagonista xa que está contada en primeira persoa; e os diferentes relatos creados no hostal: “A casa azul”, de Miro; “Herdanza de sangue”, de Irene; “A néboa de vinganza”, de Diego e “Un incidente no internado”, de Ruth. Tanto nos relatos como na trama central, o tema principal é o medo, por iso moitos dos personaxes son monstros ou seres fantásticos. Aínda así, tamén hai persoas e algúns seres, como os strogoi, dos cales se ignora a súa natureza. A lingua usada é fácil de comprender e penso que a puntuación está ben utilizada.
  • 3. O libro é interesante e posúe unha única trama ao longo de todo o desenvolvemento. Así e todo, a historia principal é bastante curta quitándolle os relatos. De todos os xeitos, paréceme orixinal e amosa perfectamente as emocións dos personaxes, sobre todo o medo, xa que o transmite perfectamente. O libro ten un desenvolvemento lineal excepto por unha páxina do comezo que alude ao final da novela. Por iso, ao comezar o conto empezas un pouco confuso pola culpa deste fragmento: “E menos aínda podiamos sospeitar que, no decurso desta forzada incomunicación, nos ocorrerían os sucesos terribles que quero contar aquí…” Este libro ten unha parte ecoloxista, aludida ao final do libro, que ten que ver co cambio climático. Fálase dunha gran nevarada que cubrirá todo o planeta por culpa de nós mesmos , porque estamos a destruír o noso planeta. Agustín Fernández Paz non se cansa de ler obras de dous autores moi importantes para o mundo da literatura de medo: Howard Phillips Lovecraft e o seu “mestre” Edgar Allan Poe; creo necesario nomear os dous por deixarnos relatos de medo memorables e tamén por seren quizais os que inspiran a Fernández Paz a escribir obras tétricas. Miguel Ángel Boado Fernández 2º ESO B