SlideShare a Scribd company logo
1 of 71
XALLAS
A NATUREZA
Vista dos prados de Mazaricos co encoro da Fervenza ao fondo
É unha comarca interior que abrangue case a totalidade da cunca do río Xallas agás o tramo
pola dereita entre o encoro da Fervenza e a desembocadura.
O territorio, amesetado con grandes superficies achairadas, está rodeado por serras e montes
que superan en pouco os 500 m.
É unha comarca cun grande valor paisaxístico e ecolóxico.
SUPERFICIE: 395 km2
POBOACIÓN: 13.924
habitantes (2014).
CONCELLOS:
Santa Comba e
Mazaricos.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LIC “Carnota-Pindo”.
CLIMA
Atlántico húmido, con veráns frescos
ACTIVIDADES
É unha comarca eminentemente gandeira e forestal.
A gandaría, en especial o vacún produtor de leite, é a principal fonte de ingresos dos habitantes desta comarca.
PATRIMONIO
O territorio de Xallas foi intensamente poboado desde tempos prehistóricos e conserva
numerosas pegadas: mámoas, dolmes, castros, restos romanos, pontes medievais.
Por esta serra comarca pasa a ruta xacobea de Santiago a Fisterra.
Dolme da Parxubeira (Eirón, Mazaricos)
Miliario atopado en 1984 nunha parede do
adro da igrexa parroquial de Santa Comba.
Dedicado ao emperador Galerio e datado
entres os anos 305 e 311
Ermida da Virxe do Monte (As Paxareiras, Mazaricos)
Igrxa das Maroñas (Mazaricos)
Igrexa de Freixeiro (Santa Comba)
Capela de Santa Locaia (Chacín, Mazaricos)
Capela de San Bartolomeu (Santa Comba),
situada na croa dun antigo castro.
Cruceiro de Suevos (Mazaricos)
CONCELLOS
SUPERFICIE:
192 km2
POBOACIÓN:
4.289 habitantes
(2014).
PARROQUIAS:
Alborés, Antes,
Arcos, Baos, Beba,
Chacín, Coiro,
Colúns, Eirón,
Maroñas e
Mazaricos.
MAZARICOS
O territorio ocupa a esquerda do val do Xallas cara ao que descende desde os 500 m aos 300
m e por onde circulan os ríos Maroñas, Mazaricos, Beba e Arcos-Adraño. Neste relevo
sobresaen, cara ao oeste, os montes da Ruña que acadan os 624m de altitude. Entre
Mazaricos e Dumbría o río Xallas encáixase e esta circunstancia foi aproveitada para a
construción, nun curto traxecto, de catro encoros para a produción de enerxía eléctrica (A
Fevenza, Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía).
Paisaxe de Mazaricos
A principal actividade económica é a agropecuaria seguida da forestal, a construción e os
servizos.
Os principais valores naturais atópanse nos ríos e nos montes onde se poden facer varias
rutas de sendeirismo e gozar de paisaxes espectaculares.
Paisaxe agraria
en Colúns
Fervenza de Chacín.
Un dos atractivos do concello de Mazaricos son os
seus ríos que, sobre todo no sur do territorio, se
descolgan en fermosos rápidos e fervenzas.
SUPERFICIE:
203 km2
POBOACIÓN:
9.635 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Alón, Arantón, Bazar,
Castriz, Cícere,
Esternande, Fontecada,
Freixeiro, Grixoa, Mallón,
Montouto, Padreiro, A
Pereira, Santa Comba,
Santa Sabiña, Ser e
Vilamaior.
Vista desde o monte de San Bartolomeu.
No primeiro plano O Busto e ao fondo Santa Comba.
SANTA COMBA
O territorio abrangue toda a cunca alta do río Xallas. Está rodeado polos montes que,
superando en pouco os 500 m, establecen a divisoria de augas ,e ten un interior case chan
polo que corren o río Xallas e os seus afluentes cabeceiros: río de Bazar, Mira, rego de
Estornande, rego da Braña, río Abuín ou Illa…
Pazo de Cícere
As principais actividades económicas son a agricultura e a gandaría, seguidas da construción e
os servizos.
Acolle importantes valores naturais sobre todo nos ríos e no Monte do Castelo.
RELEVO
A comarca ocupa o val amesetado do Xallas con elevacións por toda a súa contorna. Ao norte
os montes do Couso, Santa Bárbara e os montes do Castelo, ao noroeste a serra de Soneira
(co monte Meda), polo leste o monte Boiro e os Montes de Freixeiro e Fontemao e no
suroeste os montes da Ruña.
A máxima altura é o alto da Barreira, nos montes da Ruña, con 645 m.
Montes da Canaveira (510 m).
Os montes, onde o terreo o permite, aprovéitanse como pasteiros ou para cultivos forraxeiros.
A vexetación dominante nos montes é o mato de toxos, breixos, xestas... e nas abas
plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Nalgúnha áreas de forte pendente e á beira dos
ríos consérvanse carballeiras e bosques mixtos de caducifolias.
Vista dos montes de Buxantes desde os cumes da Ruña.
O toxo cobre grandes superficies nas ladeiras descarnadas do monte
Sedum. Unha das primeiras
plantas que colonizan as zonas
rochosas dos cumes
Erica cinerea, un breixo de pequeno tamaño, o
máis común nos montes galegos. D
esénvólvese e florece en calquera espazo onde
poida conseguir suxeitar as súas raíces.
A abrodia (Asphodellus albus) é unha planta oportunista
que aproveita a riqueza do terreo despois dos incendios.
Flores de couselo (Umbilicus ruspestris) e herba
das feridas (Prunella vulgaris).
Calquera lugar é propicio para o asentameno
das plantas, como neste caso, as pedras da
capela de San Bartolomeu.
As centáureas, das
que hai moitas
especies, algunhas
endémicas de espazos
moi reducidos,
florecen no verán en
lugares secos,
rochedos e beiras de
camiños.
Centáurea ultreiae.
Esta curiosa especie de
centáurea de flores
amarelas ten nos
montes do Castelo a
única localización
mundial. Está incluída
no catálogo de flora
ameazada de Galiza.
Potentilla erecta. Florece nas beiras dos
camiños e en terreos degradados dos montes.
Fel de terra (Centaurium erytraea).
Florece no verán en terreos degradados entre
toxeiras, piñeiros…
Xilbarbeira, azoutacristos, picanceira... (Ruscus aculeatus), arbusto de lugares
sombrizos (bosques e beirais) con talos transformados en follas rematadas en
picos no medio dos que destacan os froitos esféricos de brillante cor vermella.
Coello, un dos mamíferos máis comúns
nas zonas de mato dos montes
A fauna destas serras é a típica dos espazos abertos e matogeiras e, en menor medida, de
bosques, especialmente paxaros, aves de rapina e insectos.
Chasco (Saxicola torquata), paxaro
insectívoro común nas toxeiras
Nas partes chans dos cumes e menos encostas das abas das serras xúntase a auga e fórmanse pequenas turbeiras e
zonas de pasto que aproveita o gando que vive en libertade.
Cara Leste do montes da Ruña
MONTES DA RUÑA
Macizo granítico situado ao suroeste da comarca de Mazaricos rodeado polos ríos Xallas,
Beba e rego de Arcos. As alturas máximas son o Alto da Barreira (645 m), Alto da Ruña (632) e
Chan da Ruña (608 m). Nos cumes hai un parque eólico e antenas de telecomunicacións.
Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes sobre o Monte Pindo, a enseada de Fisterra,
Dumbría e Mazaricos.
Accedese pola estrada que vai de Olveiroa a Coluns e Arcos.
Vista do macizo da Ruña desde o alto das Paxareiras (na estrada de A Pereira a Muros e Carnota)
Vista desde A Ruña. Á esquerda o Pindo, no medio o encoro de Santa Uxía e O Ézaro, e ao fondo o cabo de Fisterra.
A erosión deixa ao descuberto as masas rochosas e segue actuando sobre elas creando formas curiosas
Vista parcial da serra de Soneira desde San Bartolomeu
SERRA DE SONEIRA
Serra con orientación N-S situada no noroeste da comarca do Xallas e que serve de linde coa
Terra de Soneira. Separa tamén as concas dos ríos Xallas e Grande. Os montes van gañando
altura cara ao ao norte e teñen o cume máis alto no monte da Meda, con 560 m.
Accedese desde a estrada de Santa Comba a Zas, polo desvío de San Roque e o parque eólico.
Á parte sur chégase pola estrada que vai de Vilar de Céltigos a San Martiño de Meanos.
Desde os cumes hai boas vistas de toda a comarca.
O monte de San Bartolomeu é unha mole granítica que destaca na contorna, coroada pola capela de San Bartolomeu, e
desde os seus 482 m de altura ofrece vistas sobre a serra de Soneira e case todo o territorio do concello de Santa Comba.
Ten acceso sinalizado desde O Busto.
Cume de San Bartolomeu e vistas cara a Santa Comba
Monte Castelo
MONTES DO CASTELO
Están situados no límite dos concellos de Santa Comba, Coristanco, Tordoia e Val do Dubra e
serven tamén de límite a catro comarcas distintas.
Teñen un grande interese xeolóxico e botánico. Están formados por afloramentos de gabros
pouco deformados rodeados por anfibolitas e algún gneis. Neles nacen os regos das
cabeceiras do Xallas.
Rochas características do monte Castelo
Vista do Monte Aro desde o Alto da Cruz (entre Vimianzo e Dumbría)
MONTE ARO
No concello de Mazaricos, e separando os vales do río Maroñas e o río de Mazaricos atópase
unha serie de montes de arredor de cincocentos m de altura con aliñación N-S que ten o
punto culminante no monte Aro (555 m). Por esta serra cruza o a ruta xacobea de Santiago a
Fisterra.
É un expléndido miradoiro sobre as terras de Mazaricos.
Accedese pola estrada de A Picota a Maroñas, ou pola do parque eólico que sae da estrada de
A Pereira a Pino do Val.
Os Penedos, con 481 m, ao norte do Monte Aro
O Pindo, no linde oeste do concello de Mazaricos
O PINDO
Unha pequena parte da ladeira leste, entre os regos Caldeiras e Arcos, é territorio do concello
de Mazaricos, na parroquia de Arcos.
O Monte Pindo pertence, na súa maior parte, ao concello de Carnota. É un macizo granítico
con impresionantes vistas sobre toda a contona e con formas graníticas espectaculares.
Pódese chegar aos seus cumes facendo unha ruta pola parte do leste, desde O Fieiro, no linde
entre Carnota e Mazaricos.
Cumes do Freixeiro
Ao sur do concello de Santa Comba, separando os vales do Xallas e o Barcala atópanse unha
sucesión de aliñacións montañosas (FONTEMAO, MONTES DE FREIXEIRO...)de formas suaves
que non soprepasan os 500 m, e están aproveitadas para cultivos forraxeiors e forestais,
sobre todo eucaliptos. O cume máis alto é Pedras Negras onde se xuntan as comarcas de
Xallas, Santiago e A Barcala.
RÍOS
Río Xallas
O principal río da comarca,
do que toma o nome, é o
Xallas, que recolle as augas
de numerosos afluentes
que baixan dos montes que
a rodean formando unha
sucesión de vales de
escasas pendentes. Aínda
que máis pequena, é moi
importante a cabeceira do
Tins, no que sobresae o
afluente Nosiño.
Arredor dos ríos e seguindo o seu curso atópanse bosques de ribeira ben conservados, en
especial nos vales máis inacesibeis. As árbores dominantes son as amieiras, os salgueiros, os
freixos, os sabugueiros e, máis lonxe da auga, os carballos. En xeral está moi ben conservada a
vexetación nas beiras dos ríos, destacando a presenza de varias especies de fentos, algúns
pouco comúns en Galiza, como a Woodwardia radicans.
Vexetación de ribeira: amieiras, sabugueiros en flor e na auga pés de boi
Tres especies de fentos no río de
Nosiño, afluente do Santa Baia.
Woorwardia radicans, Blechnum
spicant e Dryopteris.
Froitos de salgueiro. O salgueiro é unha das
árbores máis comúns dos lugares húmidos.
Florecen en pés separadas a comezos da
primavera e as súas sementes están
dotadas de peliños para seren dispersadas
polo vento.
Anxélica silvestre (Angelica sylvestris), Pode
acadar máis de 1 m de altura e florece de maio
a agosto en lugares húmidos.
O cauce e ribeiras do río acollen a moitísimos animais que ocupan distintos microhábitats: na
superficie da auga, debaixo das pedras, na area, nas laxes, na beira do río, no bosque...
Os máis numerosos son os invertebrados, e entre eles os insectos (os que máis chaman a
atención pola súa vistosidade son as libeliñas e gaiteiros).
Nos vertebrados destaca a presenza de distintos anfibios (ras, sapos, pintafontes), réptiles
(cobra sapeira), peixes (troita, escalo, anguía...) aves (merlo rieiro, lavandeiras, picapeixes...)
e mamíferos (lontra, aguaneiro...).
Nos encoros hai unha importante poboación de aves acuáticas.
Saramaganta galega (Chioglosa lusitanica). Este curioso e pouco coñecido anfibio vive en pequenos cursos de auga moi
limpa e osixenada, con correntes febles e vexetación de brións. É unha especie endémica do noroeste da Península
Ibérica e como a maioría dos anfibios, en perigo de extinción e, polo tanto, protexida.
Larva de plecóptero.
Os plecópteros son insectos que desenvolven a súa vida
larvaria nas augas correntes limpas ás que están
perfectamente adaptados (corpo aplanado e unllas fortes
para suxeitarse).
Troitas
Lavandeira verdeal (Motacilla flava), visitante
estival frecuenta á beira da auga
Ferreiriño común (Parus ater)
Ponte sobre o rego de Xendríz, afluente do Beba, na parroquia de Coiro (Mazaricos)
Os ríos, ademais do seu interese natural, teñen un grande valor etnográfico porque sobre eles
e nas súa beiras consérvanse interesantes mostras de arquitectura e enxeñería popular:
pontes, canles de rego, muíños…
O Xallas no curso alto discorre maino
nas terras chas da comarca.
RÍO XALLAS
O Xallas nace no Monte Castelo. As súas
cabeceiras son o Vilamaior, Castiñeiras e Bazar.
Drena as terras de Santa Comba, Mazaricos e
Dumbría e recibe achegas menores de regos de
Coristanco, A Baña e Zas. Desemboca na enseada
de Ézaro nun salto de 40 m de altura. É un río
senil, maino, cun discorrer sinuoso pola escasa
pendente que ten na maior parte do seu curso,
para acabar cun certo encaixamento e
aumentando a súa pendente cara á
desembocadura, onde cae nunha espectacular
fervenza, despois de 64,5 km de percorrido.
Os seus afluentes pola dereita son Mira, García, e
Clemente; e pola esquerda Abuín ou Illa,
Maroñas, Mazaricos, Beba e Arcos.
O Xallas é o eixe da rede hidrográfica desta
comarca e tamén un dos ríos máis explotados
para obter enerxía eléctrica en catro encoros: A
Fervenza, Ponte Olveira, Castrelos e Santa Uxía.
Ao longo do seu percorrido e dos seus afluentes
atópanse varias áreas de lecer e pódense facer
interesantes rutas de sendeirismo.
Fervenza de Castriz (Santa
Comba), no río Mira.
O río cae duns 8 m de altura
en varios saltos.
COMO CHEGAR: na estrada
de Santa Comba a
Coristanco no lugar de
Castriz cóllese un cruce no
que hai un antigo cruceiro.
Séguese sempre pola
esquerda e chégase á
fervenza despois de
aproximadamente 1 km.
RÍO MIRA
Afluente do Xallas na súa cabeceira, que baixa do Coto de Chafarís e xúntase co el nas proximidades de
Castriz. Ten un percorrido con rápidos e fervenzas entre rochas escuras (gabros).
O Xallas na Ponte Nova, en Santa Comba.
Nas proximidades hai unha área de lecer.
Encoro da Fervenza. Ocupa unha grande superficie na metade norte de
Mazaricos.
O Xallas en Corzón (Entre Mazaricos e Dumbría)
Ponte entre Corzón e Olveiroa, onde o Xallas fai linde
entre Mazaricos e Dumbría. Nas proximidades está a
confluencia do río Mazaricos co Xallas.
Río Beba en Coiro
RÍO BEBA
Un dos principais afluentes do Xallas pola esquerda que recolle as augas das abas norte do Tremuzo e as
Forcadas e xúntase co Xallas no encoro de Ponte Olveira.
Rego Vao das Bestas, unha das cabeceiras
do Beba (Suevos, Mazaricos)
Río Beba na área de lecer da Ponte Nova, na
parroquia de Colúns. Accedese por unha
estrada sinalizada desde A Picota.
A Ponte Nova.
Ponte medieval sobre o río Beba.
Fervenza de Firvado no río Beba.
Na parroquia de Coiro no concello de Mazaricos.
Nas proximidades hai varios rápidos e saltos
pequenos por todo o percorrido do Beba e do seu
afluente o Xendiz entre granitos.
COMO CHEGAR: cóllese a estrada de A Picota a
Beba e séguese ata pasar Coiro. Despois de 1 km
cóllese un sendeiro que hai á dereita antes de
cruzar unha ponte. Despois de percorrer uns 400
m pola dereita dun regato (Xendriz) chégase ao
lugar onde este se xunta co río Beba.
Encoro de Ponte Olveira
Central de Ponte Olveira e encoro de Castrelo. Ao seu carón atópase a devesa de Anllares, unha mancha de bosque autóctono ben conservado.
Central de Ponte Olveira e encoro de
Castrelo. Ao seu carón atópase a devesa de
Anllares, unha mancha de bosque
autóctono ben conservado.
Entre os concellos de Mazaricos e Dumbría o Xallas encáixase e está
explotado en dous encoros de pequeno tamaño case apegados.
Fervenza de Noveira ou Nuveira
Na parroquia de Arcos do concello de Mazaricos.
A fervenza salva un desnivel en rochas de granito
rosa de aproximadamente 10 m de altura, cunha
fronte ampla.
COMO CHEGAR: pódese acceder desde Ézaro
subindo ao encoro de Santa Uxía e cruzar pola
presa ata pasar Fieiro e Noveira (o acceso é pola
entrada dunha depuradora de augas), ou pola
estrada que ven desde A Picota (por Colúns) a
Arcos.
RÍO ARCOS
É un afluente do Xallas que nace nos
montes da Ruña e recolle as augas dos
regos Castiñeira e Adraño que baixan das
Forcadas. Xúntase ao Xallas no encoro de
Santa Uxía.
Encoro de Santa Uxía. É o último encoro do Xallas, xa preto da desembocadura. Abastece á central de Ézaro e reduce a
caída ao mar do río. Está construído entre os montes do Pindo e Buxantes, nun ha contorna desde a que se pode gozar
dunhas boas vistas sobre os montes da Ruña, O Pindo, Buxantes e o mar coas illas Lobeiras e o cabo de Fisterra.
Cruzando a presa accédese de Arcos a Ézaro para poder ver o espectáculo da caída do río Xallas ao mar.
Encoro de Santa Uxía e canón do Xallas
O río Santabaia, nas proximidades de Chacín, salva
varios desniveis. Algúnhas pequenas fervenzas vense
desde a ponte da estrada, onde hai unha área de lecer.
RÍO SANTABAIA ou TINS
No concello de Mazaricos recibe o nome de Santabaia e no de Serra de outes Tins. Cae da
meseta do Xallas cara á ría de Muros e Noia. En Chacín forma varias fervenzas e máis abaixo
recibe pola esquerda as augas do río de Nosiño.
Fervenza de Chacín.
No río Santabaia (parroquia de Chacín, no concello de Mazaricos). O río cae de 10 m de altura en rochas de gneis. Está
rodeada dun fermoso bosque de ribeira.
COMO CHEGAR: na estrada de Pino do Val (Mazaricos) a Serra de Outes por Santo Ourente. En Santa Baia de Chacín
cóllese un cruce á esquerda apegado ao cimeterio e báixase ata unha estación depuradora onde se deixa o vehículo. Un
sendeiro baixa a un regato que se cruza e logo pásase un prado e séguese por unha canle de rego ata chegar á fervenza
principal. Máis abaixo hai rápidos e pequenos saltos.
RÍO DE NOSIÑO
É un afluente do Santabaia que nace no monte Pedroso e discorre por un val estreito cun forte desnivel en
contínuos saltos e rápidos, que en Santa Locaia se converten en fervenza, dentro dun bosque ben
conservado de carballos, castiñeiros, aveleiras, estripos e loureiros, no que se atopan algúns exemplares
do fento Woorwardia radicans.
Fervenza de Santa Locaia.
Na parroquia de Chacín (
concello de Mazaricos).
A fervenza principal ten dous brazos que caen
de 6 m de altura en granito de grao fino.
COMO CHEGAR: na estrada de Pino do Val a
Serra de Outes atópase á esquerda a capela de
Santa Locaia. Detrás da capela atópase o río, e
tirando cara á esquerda por un curto sendeiro
báixase á fervenza.
O río de Nosiño nesta paraxe é unha suceción de
rápidos e saltos de diferentes alturas. Para acceder a
eles hai que cruzar o río e seguilo como se poida entre
penedos por un terreo moi accidentado.
AS ÁRBORES
Bosque de Santa Locaia, un
retallo de bosque húmido no
seu estado máis natural.
Situado no val do río de
Nosiño nas encostas abas do
Coto de Eiras e Foxo de
Augabril.
Aínda que a meirande parte das áreas
forestais da comarca están ocupadas
por plantacións de piñeiros e
eucaliptos, quedan, en lugares menos
accesibles, boas manchas do bosque
autóctono de carballos entre os que
medran castiñeiros, estripos, loureiros e
acivros, con sotobosque de hedras,
xilbarbeiras, cabrifollos... que serven
tamén de refuxio a unha variada fauna
silvestre.
Na comarca hai bos exemplares de
carballeiras en Coiro, Santa Locaia, A
Nuveira e Anllares.
Devesa de Anllares (Mazaricos)
Piñeiro de Monterrei na casa de Otero, en
Santa Comba.
Un magnífico exemplar de case cinco m de
perímetro, un pouco encaixado entre as
casas.
ARBORES SENLLEIRAS
Carballo de San Cosme de Antes. Situado no adro da
igrexa, ao pé da estrada da Pereira a Brandomil
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC CARNOTA-PINDO
Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e
Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa.
É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos
areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e
fervenzas. Nesta comarca entra unha pequena zona no leste do espazo.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
xuño 2017

More Related Content

What's hot

Properties of Fresh and Hardened Concrete
Properties of Fresh and Hardened ConcreteProperties of Fresh and Hardened Concrete
Properties of Fresh and Hardened ConcreteRishabh Lala
 
Concrete practices: Do's and Dont's for (Batching, mixing, placing, compactio...
Concrete practices: Do's and Dont's for (Batching, mixing, placing, compactio...Concrete practices: Do's and Dont's for (Batching, mixing, placing, compactio...
Concrete practices: Do's and Dont's for (Batching, mixing, placing, compactio...Jay Chaudhary
 
DIFFERENT TYPE OF CRACKS AND PREVENTIVE MEASURE ON CRACKS
DIFFERENT TYPE OF CRACKS AND PREVENTIVE MEASURE ON CRACKS DIFFERENT TYPE OF CRACKS AND PREVENTIVE MEASURE ON CRACKS
DIFFERENT TYPE OF CRACKS AND PREVENTIVE MEASURE ON CRACKS jay Rathod
 
Depósitos naturales de suelo.pptx
Depósitos naturales de suelo.pptxDepósitos naturales de suelo.pptx
Depósitos naturales de suelo.pptxAnaLopez253750
 
DESCRIPCION DE LAS ROCAS ÍGNEAS exposicion.pptx
DESCRIPCION DE LAS ROCAS ÍGNEAS exposicion.pptxDESCRIPCION DE LAS ROCAS ÍGNEAS exposicion.pptx
DESCRIPCION DE LAS ROCAS ÍGNEAS exposicion.pptxEinarAndia
 
Arena de la playa
Arena de la playaArena de la playa
Arena de la playaItalo Goti
 
lecture 2 binders.ppt
lecture 2 binders.pptlecture 2 binders.ppt
lecture 2 binders.pptssuserb4074f
 
Ground and upper floor
Ground and upper floorGround and upper floor
Ground and upper floorDivya Vishnoi
 
Stone as a building material
Stone as a building materialStone as a building material
Stone as a building materialBilal Ansari
 
BUILDING FAILURE- FOUNDATION FAILURE
BUILDING FAILURE- FOUNDATION FAILURE BUILDING FAILURE- FOUNDATION FAILURE
BUILDING FAILURE- FOUNDATION FAILURE VISHNU VIJAYAN
 
Building construction/Unit 2 /Basic civil engineering
Building construction/Unit 2 /Basic civil engineeringBuilding construction/Unit 2 /Basic civil engineering
Building construction/Unit 2 /Basic civil engineeringParimal Jha
 

What's hot (18)

Coarse Aggregate
Coarse AggregateCoarse Aggregate
Coarse Aggregate
 
Properties of Fresh and Hardened Concrete
Properties of Fresh and Hardened ConcreteProperties of Fresh and Hardened Concrete
Properties of Fresh and Hardened Concrete
 
Concrete practices: Do's and Dont's for (Batching, mixing, placing, compactio...
Concrete practices: Do's and Dont's for (Batching, mixing, placing, compactio...Concrete practices: Do's and Dont's for (Batching, mixing, placing, compactio...
Concrete practices: Do's and Dont's for (Batching, mixing, placing, compactio...
 
DIFFERENT TYPE OF CRACKS AND PREVENTIVE MEASURE ON CRACKS
DIFFERENT TYPE OF CRACKS AND PREVENTIVE MEASURE ON CRACKS DIFFERENT TYPE OF CRACKS AND PREVENTIVE MEASURE ON CRACKS
DIFFERENT TYPE OF CRACKS AND PREVENTIVE MEASURE ON CRACKS
 
Depósitos naturales de suelo.pptx
Depósitos naturales de suelo.pptxDepósitos naturales de suelo.pptx
Depósitos naturales de suelo.pptx
 
Las rocas
Las rocasLas rocas
Las rocas
 
Diseño sismico
Diseño sismicoDiseño sismico
Diseño sismico
 
Light weight concrete
Light weight concreteLight weight concrete
Light weight concrete
 
Soil structure interaction
Soil   structure interactionSoil   structure interaction
Soil structure interaction
 
DESCRIPCION DE LAS ROCAS ÍGNEAS exposicion.pptx
DESCRIPCION DE LAS ROCAS ÍGNEAS exposicion.pptxDESCRIPCION DE LAS ROCAS ÍGNEAS exposicion.pptx
DESCRIPCION DE LAS ROCAS ÍGNEAS exposicion.pptx
 
Arena de la playa
Arena de la playaArena de la playa
Arena de la playa
 
Cemento
Cemento Cemento
Cemento
 
lecture 2 binders.ppt
lecture 2 binders.pptlecture 2 binders.ppt
lecture 2 binders.ppt
 
Fresh concrete
Fresh concrete Fresh concrete
Fresh concrete
 
Ground and upper floor
Ground and upper floorGround and upper floor
Ground and upper floor
 
Stone as a building material
Stone as a building materialStone as a building material
Stone as a building material
 
BUILDING FAILURE- FOUNDATION FAILURE
BUILDING FAILURE- FOUNDATION FAILURE BUILDING FAILURE- FOUNDATION FAILURE
BUILDING FAILURE- FOUNDATION FAILURE
 
Building construction/Unit 2 /Basic civil engineering
Building construction/Unit 2 /Basic civil engineeringBuilding construction/Unit 2 /Basic civil engineering
Building construction/Unit 2 /Basic civil engineering
 

Similar to Comarca Xallas

Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistralmonadela
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoiramonadela
 
Espazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de FoncubertaEspazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de Foncubertamonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sormonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcalamonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 

Similar to Comarca Xallas (20)

Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistral
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoira
 
Espazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de FoncubertaEspazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de Foncuberta
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sor
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcala
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Xallas

  • 2. Vista dos prados de Mazaricos co encoro da Fervenza ao fondo É unha comarca interior que abrangue case a totalidade da cunca do río Xallas agás o tramo pola dereita entre o encoro da Fervenza e a desembocadura. O territorio, amesetado con grandes superficies achairadas, está rodeado por serras e montes que superan en pouco os 500 m. É unha comarca cun grande valor paisaxístico e ecolóxico.
  • 3. SUPERFICIE: 395 km2 POBOACIÓN: 13.924 habitantes (2014). CONCELLOS: Santa Comba e Mazaricos. ESPAZOS PROTEXIDOS: LIC “Carnota-Pindo”.
  • 5. ACTIVIDADES É unha comarca eminentemente gandeira e forestal. A gandaría, en especial o vacún produtor de leite, é a principal fonte de ingresos dos habitantes desta comarca.
  • 6. PATRIMONIO O territorio de Xallas foi intensamente poboado desde tempos prehistóricos e conserva numerosas pegadas: mámoas, dolmes, castros, restos romanos, pontes medievais. Por esta serra comarca pasa a ruta xacobea de Santiago a Fisterra. Dolme da Parxubeira (Eirón, Mazaricos)
  • 7. Miliario atopado en 1984 nunha parede do adro da igrexa parroquial de Santa Comba. Dedicado ao emperador Galerio e datado entres os anos 305 e 311
  • 8. Ermida da Virxe do Monte (As Paxareiras, Mazaricos)
  • 9. Igrxa das Maroñas (Mazaricos)
  • 10. Igrexa de Freixeiro (Santa Comba)
  • 11. Capela de Santa Locaia (Chacín, Mazaricos) Capela de San Bartolomeu (Santa Comba), situada na croa dun antigo castro.
  • 12. Cruceiro de Suevos (Mazaricos)
  • 13. CONCELLOS SUPERFICIE: 192 km2 POBOACIÓN: 4.289 habitantes (2014). PARROQUIAS: Alborés, Antes, Arcos, Baos, Beba, Chacín, Coiro, Colúns, Eirón, Maroñas e Mazaricos. MAZARICOS O territorio ocupa a esquerda do val do Xallas cara ao que descende desde os 500 m aos 300 m e por onde circulan os ríos Maroñas, Mazaricos, Beba e Arcos-Adraño. Neste relevo sobresaen, cara ao oeste, os montes da Ruña que acadan os 624m de altitude. Entre Mazaricos e Dumbría o río Xallas encáixase e esta circunstancia foi aproveitada para a construción, nun curto traxecto, de catro encoros para a produción de enerxía eléctrica (A Fevenza, Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía). Paisaxe de Mazaricos
  • 14. A principal actividade económica é a agropecuaria seguida da forestal, a construción e os servizos. Os principais valores naturais atópanse nos ríos e nos montes onde se poden facer varias rutas de sendeirismo e gozar de paisaxes espectaculares. Paisaxe agraria en Colúns Fervenza de Chacín. Un dos atractivos do concello de Mazaricos son os seus ríos que, sobre todo no sur do territorio, se descolgan en fermosos rápidos e fervenzas.
  • 15. SUPERFICIE: 203 km2 POBOACIÓN: 9.635 habitantes (2015) PARROQUIAS: Alón, Arantón, Bazar, Castriz, Cícere, Esternande, Fontecada, Freixeiro, Grixoa, Mallón, Montouto, Padreiro, A Pereira, Santa Comba, Santa Sabiña, Ser e Vilamaior. Vista desde o monte de San Bartolomeu. No primeiro plano O Busto e ao fondo Santa Comba. SANTA COMBA O territorio abrangue toda a cunca alta do río Xallas. Está rodeado polos montes que, superando en pouco os 500 m, establecen a divisoria de augas ,e ten un interior case chan polo que corren o río Xallas e os seus afluentes cabeceiros: río de Bazar, Mira, rego de Estornande, rego da Braña, río Abuín ou Illa…
  • 16. Pazo de Cícere As principais actividades económicas son a agricultura e a gandaría, seguidas da construción e os servizos. Acolle importantes valores naturais sobre todo nos ríos e no Monte do Castelo.
  • 17. RELEVO A comarca ocupa o val amesetado do Xallas con elevacións por toda a súa contorna. Ao norte os montes do Couso, Santa Bárbara e os montes do Castelo, ao noroeste a serra de Soneira (co monte Meda), polo leste o monte Boiro e os Montes de Freixeiro e Fontemao e no suroeste os montes da Ruña. A máxima altura é o alto da Barreira, nos montes da Ruña, con 645 m. Montes da Canaveira (510 m). Os montes, onde o terreo o permite, aprovéitanse como pasteiros ou para cultivos forraxeiros.
  • 18. A vexetación dominante nos montes é o mato de toxos, breixos, xestas... e nas abas plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Nalgúnha áreas de forte pendente e á beira dos ríos consérvanse carballeiras e bosques mixtos de caducifolias. Vista dos montes de Buxantes desde os cumes da Ruña. O toxo cobre grandes superficies nas ladeiras descarnadas do monte
  • 19. Sedum. Unha das primeiras plantas que colonizan as zonas rochosas dos cumes Erica cinerea, un breixo de pequeno tamaño, o máis común nos montes galegos. D esénvólvese e florece en calquera espazo onde poida conseguir suxeitar as súas raíces.
  • 20. A abrodia (Asphodellus albus) é unha planta oportunista que aproveita a riqueza do terreo despois dos incendios. Flores de couselo (Umbilicus ruspestris) e herba das feridas (Prunella vulgaris). Calquera lugar é propicio para o asentameno das plantas, como neste caso, as pedras da capela de San Bartolomeu.
  • 21. As centáureas, das que hai moitas especies, algunhas endémicas de espazos moi reducidos, florecen no verán en lugares secos, rochedos e beiras de camiños.
  • 22. Centáurea ultreiae. Esta curiosa especie de centáurea de flores amarelas ten nos montes do Castelo a única localización mundial. Está incluída no catálogo de flora ameazada de Galiza.
  • 23. Potentilla erecta. Florece nas beiras dos camiños e en terreos degradados dos montes. Fel de terra (Centaurium erytraea). Florece no verán en terreos degradados entre toxeiras, piñeiros…
  • 24. Xilbarbeira, azoutacristos, picanceira... (Ruscus aculeatus), arbusto de lugares sombrizos (bosques e beirais) con talos transformados en follas rematadas en picos no medio dos que destacan os froitos esféricos de brillante cor vermella.
  • 25. Coello, un dos mamíferos máis comúns nas zonas de mato dos montes A fauna destas serras é a típica dos espazos abertos e matogeiras e, en menor medida, de bosques, especialmente paxaros, aves de rapina e insectos. Chasco (Saxicola torquata), paxaro insectívoro común nas toxeiras
  • 26. Nas partes chans dos cumes e menos encostas das abas das serras xúntase a auga e fórmanse pequenas turbeiras e zonas de pasto que aproveita o gando que vive en libertade.
  • 27. Cara Leste do montes da Ruña MONTES DA RUÑA Macizo granítico situado ao suroeste da comarca de Mazaricos rodeado polos ríos Xallas, Beba e rego de Arcos. As alturas máximas son o Alto da Barreira (645 m), Alto da Ruña (632) e Chan da Ruña (608 m). Nos cumes hai un parque eólico e antenas de telecomunicacións. Desde os cumes hai unhas vistas impresionantes sobre o Monte Pindo, a enseada de Fisterra, Dumbría e Mazaricos. Accedese pola estrada que vai de Olveiroa a Coluns e Arcos.
  • 28. Vista do macizo da Ruña desde o alto das Paxareiras (na estrada de A Pereira a Muros e Carnota)
  • 29. Vista desde A Ruña. Á esquerda o Pindo, no medio o encoro de Santa Uxía e O Ézaro, e ao fondo o cabo de Fisterra.
  • 30. A erosión deixa ao descuberto as masas rochosas e segue actuando sobre elas creando formas curiosas
  • 31. Vista parcial da serra de Soneira desde San Bartolomeu SERRA DE SONEIRA Serra con orientación N-S situada no noroeste da comarca do Xallas e que serve de linde coa Terra de Soneira. Separa tamén as concas dos ríos Xallas e Grande. Os montes van gañando altura cara ao ao norte e teñen o cume máis alto no monte da Meda, con 560 m. Accedese desde a estrada de Santa Comba a Zas, polo desvío de San Roque e o parque eólico. Á parte sur chégase pola estrada que vai de Vilar de Céltigos a San Martiño de Meanos. Desde os cumes hai boas vistas de toda a comarca.
  • 32. O monte de San Bartolomeu é unha mole granítica que destaca na contorna, coroada pola capela de San Bartolomeu, e desde os seus 482 m de altura ofrece vistas sobre a serra de Soneira e case todo o territorio do concello de Santa Comba. Ten acceso sinalizado desde O Busto.
  • 33. Cume de San Bartolomeu e vistas cara a Santa Comba
  • 34. Monte Castelo MONTES DO CASTELO Están situados no límite dos concellos de Santa Comba, Coristanco, Tordoia e Val do Dubra e serven tamén de límite a catro comarcas distintas. Teñen un grande interese xeolóxico e botánico. Están formados por afloramentos de gabros pouco deformados rodeados por anfibolitas e algún gneis. Neles nacen os regos das cabeceiras do Xallas.
  • 35. Rochas características do monte Castelo
  • 36. Vista do Monte Aro desde o Alto da Cruz (entre Vimianzo e Dumbría) MONTE ARO No concello de Mazaricos, e separando os vales do río Maroñas e o río de Mazaricos atópase unha serie de montes de arredor de cincocentos m de altura con aliñación N-S que ten o punto culminante no monte Aro (555 m). Por esta serra cruza o a ruta xacobea de Santiago a Fisterra. É un expléndido miradoiro sobre as terras de Mazaricos. Accedese pola estrada de A Picota a Maroñas, ou pola do parque eólico que sae da estrada de A Pereira a Pino do Val.
  • 37.
  • 38. Os Penedos, con 481 m, ao norte do Monte Aro
  • 39. O Pindo, no linde oeste do concello de Mazaricos O PINDO Unha pequena parte da ladeira leste, entre os regos Caldeiras e Arcos, é territorio do concello de Mazaricos, na parroquia de Arcos. O Monte Pindo pertence, na súa maior parte, ao concello de Carnota. É un macizo granítico con impresionantes vistas sobre toda a contona e con formas graníticas espectaculares. Pódese chegar aos seus cumes facendo unha ruta pola parte do leste, desde O Fieiro, no linde entre Carnota e Mazaricos.
  • 40. Cumes do Freixeiro Ao sur do concello de Santa Comba, separando os vales do Xallas e o Barcala atópanse unha sucesión de aliñacións montañosas (FONTEMAO, MONTES DE FREIXEIRO...)de formas suaves que non soprepasan os 500 m, e están aproveitadas para cultivos forraxeiors e forestais, sobre todo eucaliptos. O cume máis alto é Pedras Negras onde se xuntan as comarcas de Xallas, Santiago e A Barcala.
  • 41. RÍOS Río Xallas O principal río da comarca, do que toma o nome, é o Xallas, que recolle as augas de numerosos afluentes que baixan dos montes que a rodean formando unha sucesión de vales de escasas pendentes. Aínda que máis pequena, é moi importante a cabeceira do Tins, no que sobresae o afluente Nosiño.
  • 42. Arredor dos ríos e seguindo o seu curso atópanse bosques de ribeira ben conservados, en especial nos vales máis inacesibeis. As árbores dominantes son as amieiras, os salgueiros, os freixos, os sabugueiros e, máis lonxe da auga, os carballos. En xeral está moi ben conservada a vexetación nas beiras dos ríos, destacando a presenza de varias especies de fentos, algúns pouco comúns en Galiza, como a Woodwardia radicans. Vexetación de ribeira: amieiras, sabugueiros en flor e na auga pés de boi
  • 43. Tres especies de fentos no río de Nosiño, afluente do Santa Baia. Woorwardia radicans, Blechnum spicant e Dryopteris.
  • 44. Froitos de salgueiro. O salgueiro é unha das árbores máis comúns dos lugares húmidos. Florecen en pés separadas a comezos da primavera e as súas sementes están dotadas de peliños para seren dispersadas polo vento. Anxélica silvestre (Angelica sylvestris), Pode acadar máis de 1 m de altura e florece de maio a agosto en lugares húmidos.
  • 45. O cauce e ribeiras do río acollen a moitísimos animais que ocupan distintos microhábitats: na superficie da auga, debaixo das pedras, na area, nas laxes, na beira do río, no bosque... Os máis numerosos son os invertebrados, e entre eles os insectos (os que máis chaman a atención pola súa vistosidade son as libeliñas e gaiteiros). Nos vertebrados destaca a presenza de distintos anfibios (ras, sapos, pintafontes), réptiles (cobra sapeira), peixes (troita, escalo, anguía...) aves (merlo rieiro, lavandeiras, picapeixes...) e mamíferos (lontra, aguaneiro...). Nos encoros hai unha importante poboación de aves acuáticas. Saramaganta galega (Chioglosa lusitanica). Este curioso e pouco coñecido anfibio vive en pequenos cursos de auga moi limpa e osixenada, con correntes febles e vexetación de brións. É unha especie endémica do noroeste da Península Ibérica e como a maioría dos anfibios, en perigo de extinción e, polo tanto, protexida.
  • 46. Larva de plecóptero. Os plecópteros son insectos que desenvolven a súa vida larvaria nas augas correntes limpas ás que están perfectamente adaptados (corpo aplanado e unllas fortes para suxeitarse). Troitas
  • 47. Lavandeira verdeal (Motacilla flava), visitante estival frecuenta á beira da auga Ferreiriño común (Parus ater)
  • 48. Ponte sobre o rego de Xendríz, afluente do Beba, na parroquia de Coiro (Mazaricos) Os ríos, ademais do seu interese natural, teñen un grande valor etnográfico porque sobre eles e nas súa beiras consérvanse interesantes mostras de arquitectura e enxeñería popular: pontes, canles de rego, muíños…
  • 49. O Xallas no curso alto discorre maino nas terras chas da comarca. RÍO XALLAS O Xallas nace no Monte Castelo. As súas cabeceiras son o Vilamaior, Castiñeiras e Bazar. Drena as terras de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría e recibe achegas menores de regos de Coristanco, A Baña e Zas. Desemboca na enseada de Ézaro nun salto de 40 m de altura. É un río senil, maino, cun discorrer sinuoso pola escasa pendente que ten na maior parte do seu curso, para acabar cun certo encaixamento e aumentando a súa pendente cara á desembocadura, onde cae nunha espectacular fervenza, despois de 64,5 km de percorrido. Os seus afluentes pola dereita son Mira, García, e Clemente; e pola esquerda Abuín ou Illa, Maroñas, Mazaricos, Beba e Arcos. O Xallas é o eixe da rede hidrográfica desta comarca e tamén un dos ríos máis explotados para obter enerxía eléctrica en catro encoros: A Fervenza, Ponte Olveira, Castrelos e Santa Uxía. Ao longo do seu percorrido e dos seus afluentes atópanse varias áreas de lecer e pódense facer interesantes rutas de sendeirismo.
  • 50. Fervenza de Castriz (Santa Comba), no río Mira. O río cae duns 8 m de altura en varios saltos. COMO CHEGAR: na estrada de Santa Comba a Coristanco no lugar de Castriz cóllese un cruce no que hai un antigo cruceiro. Séguese sempre pola esquerda e chégase á fervenza despois de aproximadamente 1 km. RÍO MIRA Afluente do Xallas na súa cabeceira, que baixa do Coto de Chafarís e xúntase co el nas proximidades de Castriz. Ten un percorrido con rápidos e fervenzas entre rochas escuras (gabros).
  • 51. O Xallas na Ponte Nova, en Santa Comba. Nas proximidades hai unha área de lecer.
  • 52. Encoro da Fervenza. Ocupa unha grande superficie na metade norte de Mazaricos.
  • 53. O Xallas en Corzón (Entre Mazaricos e Dumbría) Ponte entre Corzón e Olveiroa, onde o Xallas fai linde entre Mazaricos e Dumbría. Nas proximidades está a confluencia do río Mazaricos co Xallas.
  • 54. Río Beba en Coiro RÍO BEBA Un dos principais afluentes do Xallas pola esquerda que recolle as augas das abas norte do Tremuzo e as Forcadas e xúntase co Xallas no encoro de Ponte Olveira.
  • 55. Rego Vao das Bestas, unha das cabeceiras do Beba (Suevos, Mazaricos)
  • 56. Río Beba na área de lecer da Ponte Nova, na parroquia de Colúns. Accedese por unha estrada sinalizada desde A Picota. A Ponte Nova. Ponte medieval sobre o río Beba.
  • 57. Fervenza de Firvado no río Beba. Na parroquia de Coiro no concello de Mazaricos. Nas proximidades hai varios rápidos e saltos pequenos por todo o percorrido do Beba e do seu afluente o Xendiz entre granitos. COMO CHEGAR: cóllese a estrada de A Picota a Beba e séguese ata pasar Coiro. Despois de 1 km cóllese un sendeiro que hai á dereita antes de cruzar unha ponte. Despois de percorrer uns 400 m pola dereita dun regato (Xendriz) chégase ao lugar onde este se xunta co río Beba.
  • 58. Encoro de Ponte Olveira Central de Ponte Olveira e encoro de Castrelo. Ao seu carón atópase a devesa de Anllares, unha mancha de bosque autóctono ben conservado. Central de Ponte Olveira e encoro de Castrelo. Ao seu carón atópase a devesa de Anllares, unha mancha de bosque autóctono ben conservado. Entre os concellos de Mazaricos e Dumbría o Xallas encáixase e está explotado en dous encoros de pequeno tamaño case apegados.
  • 59. Fervenza de Noveira ou Nuveira Na parroquia de Arcos do concello de Mazaricos. A fervenza salva un desnivel en rochas de granito rosa de aproximadamente 10 m de altura, cunha fronte ampla. COMO CHEGAR: pódese acceder desde Ézaro subindo ao encoro de Santa Uxía e cruzar pola presa ata pasar Fieiro e Noveira (o acceso é pola entrada dunha depuradora de augas), ou pola estrada que ven desde A Picota (por Colúns) a Arcos. RÍO ARCOS É un afluente do Xallas que nace nos montes da Ruña e recolle as augas dos regos Castiñeira e Adraño que baixan das Forcadas. Xúntase ao Xallas no encoro de Santa Uxía.
  • 60. Encoro de Santa Uxía. É o último encoro do Xallas, xa preto da desembocadura. Abastece á central de Ézaro e reduce a caída ao mar do río. Está construído entre os montes do Pindo e Buxantes, nun ha contorna desde a que se pode gozar dunhas boas vistas sobre os montes da Ruña, O Pindo, Buxantes e o mar coas illas Lobeiras e o cabo de Fisterra. Cruzando a presa accédese de Arcos a Ézaro para poder ver o espectáculo da caída do río Xallas ao mar.
  • 61. Encoro de Santa Uxía e canón do Xallas
  • 62. O río Santabaia, nas proximidades de Chacín, salva varios desniveis. Algúnhas pequenas fervenzas vense desde a ponte da estrada, onde hai unha área de lecer. RÍO SANTABAIA ou TINS No concello de Mazaricos recibe o nome de Santabaia e no de Serra de outes Tins. Cae da meseta do Xallas cara á ría de Muros e Noia. En Chacín forma varias fervenzas e máis abaixo recibe pola esquerda as augas do río de Nosiño.
  • 63. Fervenza de Chacín. No río Santabaia (parroquia de Chacín, no concello de Mazaricos). O río cae de 10 m de altura en rochas de gneis. Está rodeada dun fermoso bosque de ribeira. COMO CHEGAR: na estrada de Pino do Val (Mazaricos) a Serra de Outes por Santo Ourente. En Santa Baia de Chacín cóllese un cruce á esquerda apegado ao cimeterio e báixase ata unha estación depuradora onde se deixa o vehículo. Un sendeiro baixa a un regato que se cruza e logo pásase un prado e séguese por unha canle de rego ata chegar á fervenza principal. Máis abaixo hai rápidos e pequenos saltos.
  • 64. RÍO DE NOSIÑO É un afluente do Santabaia que nace no monte Pedroso e discorre por un val estreito cun forte desnivel en contínuos saltos e rápidos, que en Santa Locaia se converten en fervenza, dentro dun bosque ben conservado de carballos, castiñeiros, aveleiras, estripos e loureiros, no que se atopan algúns exemplares do fento Woorwardia radicans.
  • 65. Fervenza de Santa Locaia. Na parroquia de Chacín ( concello de Mazaricos). A fervenza principal ten dous brazos que caen de 6 m de altura en granito de grao fino. COMO CHEGAR: na estrada de Pino do Val a Serra de Outes atópase á esquerda a capela de Santa Locaia. Detrás da capela atópase o río, e tirando cara á esquerda por un curto sendeiro báixase á fervenza.
  • 66. O río de Nosiño nesta paraxe é unha suceción de rápidos e saltos de diferentes alturas. Para acceder a eles hai que cruzar o río e seguilo como se poida entre penedos por un terreo moi accidentado.
  • 67. AS ÁRBORES Bosque de Santa Locaia, un retallo de bosque húmido no seu estado máis natural. Situado no val do río de Nosiño nas encostas abas do Coto de Eiras e Foxo de Augabril. Aínda que a meirande parte das áreas forestais da comarca están ocupadas por plantacións de piñeiros e eucaliptos, quedan, en lugares menos accesibles, boas manchas do bosque autóctono de carballos entre os que medran castiñeiros, estripos, loureiros e acivros, con sotobosque de hedras, xilbarbeiras, cabrifollos... que serven tamén de refuxio a unha variada fauna silvestre. Na comarca hai bos exemplares de carballeiras en Coiro, Santa Locaia, A Nuveira e Anllares.
  • 68. Devesa de Anllares (Mazaricos)
  • 69. Piñeiro de Monterrei na casa de Otero, en Santa Comba. Un magnífico exemplar de case cinco m de perímetro, un pouco encaixado entre as casas. ARBORES SENLLEIRAS Carballo de San Cosme de Antes. Situado no adro da igrexa, ao pé da estrada da Pereira a Brandomil
  • 70. ESPAZOS PROTEXIDOS LIC CARNOTA-PINDO Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa. É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e fervenzas. Nesta comarca entra unha pequena zona no leste do espazo.
  • 71. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta xuño 2017