SlideShare a Scribd company logo
1 of 128
Download to read offline
M A N U A I S P R Á C T I C O S D E X E S T I Ó N 
Guía básica do 
Autónomo
Guía básica 
do Autónomo 
Dirección, coordinación e 
supervisión técnica 
C.E.E.I. GALICIA, S.A.
2 
AUTOR Analiza – Técnicas de Investigación Social S.A. 
COLABORADOR Ana Núñez González 
EDITA C.E.E.I. GALICIA, S.A. 
(c) da edición: C.E.E.I. GALICIA, S.A. 
D.L 
DESEÑO E MAQUETACIÓN Analiza – Técnicas de Investigación Social S.A. 
Producciones Khartum S.L. 
IMPRIME 
Santiago de Compostela, C.E.E.I. GALICIA, S.A. 2009 
Quedan rigorosamente prohibidas, sen a autorización escrita dos titulares do “Copyright”, baixo 
as sancións establecidas nas leis, a reprodución total ou parcial desta obra por calquera medio ou 
procedemento, incluídas a reprografía e o tratamento informático e a distribución de exemplares 
dela mediante aluguer ou préstamos públicos. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
3 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
ÍNDICE 
0. INTRODUCIÓN 5 
1. O TRABALLO AUTÓNOMO 9 
1.1 Principais características do traballo autónomo 12 
1.2 Supostos incluídos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos 13 
1.3 O Estatuto do Traballador Autónomo 17 
2. VANTAXES E INCONVENIENTES DO TRABALLO AUTÓNOMO 21 
2.1 Principais vantaxes: 23 
2.2 Principais inconvenientes: 24 
3. A RESPONSABILIDADE DO TRABALLADOR AUTÓNOMO 27 
3.1 Bens que se poden protexer fronte ás futuras débedas 29 
3.2 A responsabilidade ilimitada no caso de matrimonio 30 
4. PATRIMONIO EMPRESARIAL VS PATRIMONIO PERSOAL 33 
4.1 Incidencias no IRPF 36 
4.2 Incidencias no IVE 38 
5. AS PRINCIPAIS OBRIGAS CONTABLES E DE REXISTRO 39 
5.1 Libros Esixidos polo IRPF 42 
5.2 Libros esixidos polo IVE 43 
5.3 Como levar os libros contables? 45 
5.4 Conservación dos libros 45 
5.5 Legalización dos libros 45 
6. A SEGURIDADE SOCIAL DO AUTÓNOMO 47 
6.1 Afiliación 49 
6.2 Cotización 49 
6.3 Base de cotización 50 
6.4 Tipo de cotización 51 
6.5 Cotas 51 
6.6 Beneficios na cotización: reducións e bonificacións 52
4 
7. A CONTRATACIÓN DE PERSOAL:PARTICULARIDADES 59 
7.1 Solicitude de traballadores 61 
7.2 O contrato de traballo 63 
7.3 Tipos de contratos 64 
7.4 Trámites ante o Instituto Nacional da Seguridade Social 70 
7.5 Incentivos á contratación de traballadores 71 
7.6 Contratación de familiares do traballador autónomo 72 
8. TRÁMITES DE POSTA EN MARCHA COMA AUTÓNOMO 73 
9. O COLECTIVO AUTÓNOMO ECONOMICAMENTE DEPENDENTE 77 
9.1 Definición e características 79 
9.2 O contrato do TAED 80 
9.3 Dereitos adquiridos polo traballador autónomo economicamente 
dependente 82 
10. A CONVERSIÓN DO AUTÓNOMO OU AUTÓNOMA EN SOCIEDADE 83 
10.1 Tipoloxía e constitución da sociedade mercantil 86 
11. PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS 91 
11.1 A PRL: Obrigas dos autónomos coma empresarios 94 
11.2 A PRL: Dereitos dos autónomos coma traballadores por conta propia 98 
11.3 Marco xurídico aplicable. 99 
12. AXUDAS E SUBVENCIÓNS 101 
12.1 Aspectos clave a ter en conta antes de solicitar unha subvención 103 
12.2 Axudas para a mellora e desenvolvemento das empresas 105 
12.3 Axudas para o fomento da creación de empresas 109 
13. DIRECCIÓNS DE INTERESE 111 
14. PREGUNTAS FRECUENTES 119 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
0. Introdución
7 
0. Introdución 
O colectivo autónomo fórmano aquelas persoas físicas que realizan de xeito habitual, persoal 
e directo por conta propia unha actividade económica”. Baixo esta definición encádranse miles de 
persoas cuxas achegas ao crecemento económico, e ao benestar social, son decisivas. 
Os datos recollidos neste ámbito polo Instituto Nacional de Estatística son abafadores: no ano 
2007 operaban en Galicia 100.126 empresas que non posuían ningún asalariado e que supoñían, 
en termos porcentuais, o 46% do total. Pese á magnitude dos datos proporcionados polo INE, estes 
só recollen a parte do colectivo autónomo sen asalariados, neste sentido, os datos da Federación 
Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos-ATA, que nos poden proporcionar un mellor 
indicativo, cifran o número de autónomos para o mesmo período en 190.664. 
O labor dos empresarios e empresarias individuais é arduo. A parte dos labores propios da 
actividade empresarial teñen que realizar labores de xestión, planificación, comerciais... Por este 
motivo, desde o BIC Galicia percibiuse como necesaria a creación dun manual de consulta que servise 
de apoio aos autónomos e emprendedores. Este manual, ademáis desta Guía Básica, compleméntase 
coa creación inicialmente de seis cadernos prácticos de xestión: 
• Instrumentos básicos de financiamento para autónomos 
• A xestión de tesouraría no colectivo autónomo 
• Visual merchandising 
• Os contratos mercantís e financeiros 
• Comunicación e técnicas de venda 
• A fiscalidade do autónomo 
Todos estes contidos intégranse, para a súa consulta “online”, no portal Web 
www.autonomosgalicia.org, no cal pódense atopar, ademais destes, outros recursos de grande 
utilidade. 
O obxectivo deste conxunto de recursos é permitir aos autónomos e autónomas, resolver as 
posibles dúbidas, que lles xurdan no desenvolvemento da súa actividade. Noutras palabras, permitir 
que este colectivo opere cun nivel máis elevado de información, acadando, deste xeito, unha mellora 
na xestión dos seus negocios. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
8 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
1. O traballo 
autónomo
11 
1. O traballo autónomo 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
Quen forma o colectivo Autónomo? 
Cales son as características do traballo autónomo? 
Usualmente identificamos como colectivo autónomo todas aquelas persoas que traballan por 
conta propia baixo a forma xurídica de Empresario individual. Esta denominación débese a que como 
norma xeral este colectivo está obrigado a cotizar no Réxime Xeral de Traballadores Autónomos 
(RETA) da Seguridade Social. 
A efectos deste réxime o colectivo autónomo fórmano aquelas persoas físicas que realizan de 
xeito habitual, persoal e directo por conta propia e fóra do ámbito de dirección e organización 
doutra persoa, unha actividade económica ou profesional a título lucrativo, contando ou non con 
traballadores ao seu cargo. 
Segundo o Réxime Especial de Traballadores Autónomo estes deberán: 
> Realizar de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica 
ou profesional a título lucrativo. 
> Estar fóra do ámbito de dirección e organización doutra persoa. 
Agás proba en contrario, presumirase que unha persoa é autónomo cando ostente a titularidade 
dun establecemento aberto ao público como propietario, arrendatario, usufrutuario ou outro 
concepto análogo. 
Tamén se inclúen como autónomos ao cónxuxe e aos parentes ata o segundo grao que traballen 
con el, a non ser que se acredite a súa condición de asalariados.
12 
1.1 Principais características do traballo autónomo 
As principais características comúns a esta figura, entendida como empresario/a individual e como 
persoa titular dun establecemento comercial, agricultor ou profesional liberal son as seguintes: 
• A personalidade xurídica da empresa é a mesma cá da persoa que ostenta a propiedade do 
negocio. 
• Quen ostenta a propiedade do negocio é quen exerce a xestión e o control total da 
empresa. 
• Non precisa proceso de constitución aínda que si require a realización dalgúns trámites de 
posta en marcha en función da actividade a desenvolver. 
• Non existe un capital mínimo esixido. 
• A responsabilidade do colectivo autónomo é ilimitada, é dicir, responde ante as débedas 
futuras con todo o seu patrimonio profesional e persoal. 
• A contabilidade realizarase conforme á normativa mercantil e fiscal vixente. Porén, hai que 
ter en conta que existe un incentivo para as persoas autónomas, que é a posibilidade de 
acollerse a un réxime simplificado á hora de tributar. 
• Os beneficios tributarán polo IRPF na modalidade de Rendementos de Actividades 
Económicas. 
• A actividade estará sometida ás disposicións xerais do Código de Comercio en materia 
mercantil e ao Código Civil en materia de dereitos e obrigas. 
Debe sinalarse que esta figura clásica veu evolucionando enormemente nos últimos anos. Na 
actualidade, xunto con ela, xa conviven outras figuras tan heteroxéneas como as persoas autónomas 
economicamente dependentes, os socios traballadores de cooperativas e sociedades laborais, ou os 
administradores de sociedades mercantís que posúen o control efectivo das mesmas. 
Todos eles son tamén supostos incluídos no Réxime Especial dos Traballadores Autónomos e 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
aparecen recollidos no epígrafe seguinte.
13 
1.2 Supostos incluídos no Réxime Especial de Traballado-res 
Autónomos 
Como se sinalou os empresarios individuais deben afiliarse ao Réxime Especial de Traballadores 
Autónomos para a súa cotización á Seguridade Social. 
ADEMAIS, ESTARÁN OBRIGADAS A DARSE DE ALTA NESTE RÉXIME AS 
PERSOAS QUE ESTEAN NUN DOS DOUS SUPOSTOS SEGUINTES: 
> QUE CUMPRAN ALGUNHA DAS CONDICIÓNS QUE SE INDICAN A 
CONTINUACIÓN. 
> QUE, AÍNDA NON CUMPRÍNDOAS, DESENVOLVAN POR CONTA 
PROPIA CERTAS ACTIVIDADES QUE MÁIS ADIANTE SE SINALAN. 
Condicións que, de cumprirse, obrigan a afiliarse ao RETA: 
• Persoas traballadoras maiores de 18 anos, que, de forma habitual, persoal e directa, realizan 
unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición a contrato de traballo. 
• Cónxuxe e familiares ata o segundo grao inclusive por consanguinidade, afinidade e 
adopción que colaboren co traballador autónomo de forma persoal, habitual e directa e 
non teñan a condición de asalariados. 
• Os escritores de libros. 
• Os traballadores autónomos estranxeiros que residan e exerzan legalmente a súa actividade 
en territorio español. 
• Traballadores autónomos agrícolas, titulares de explotacións agrarias, cando teñan 
atribuído un líquido impoñible, segundo a extinguida contribución territorial rústica e 
pecuaria correspondente ao exercicio de 1982, superior a 300,51 euros. 
• Profesionais que exerzan unha actividade por conta propia, que requira a incorporación 
a un Colexio Profesional cuxo colectivo se integre no Réxime Especial de Traballadores 
Autónomos. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
14 
• Profesionais que exerzan unha actividade por conta propia, que requira a incorporación a 
un Colexio Profesional cuxo colectivo non fose integrado no Réxime Especial da seguridade 
Social dos Traballadores Autónomos1. 
• Os socios de sociedades regulares colectivas e socios colectivos de sociedades comanditarias 
que reúnan os requisitos legais. 
• Os socios traballadores das Cooperativas de Traballo Asociado, cando estas opten por este 
réxime nos seus estatutos. Nese caso, a idade mínima de inclusión no Réxime Especial é de 
16 anos. 
• Comuneiros e socios das comunidades de bens e sociedade civís irregulares. 
• Os socios traballadores das sociedades laborais que teñan como mínimo o 50% do 
capital social. Para o cómputo desta porcentaxe incluíranse tamén as participacións do 
seu cónxuxe e dos seus parentes ata o segundo grao por consanguinidade, afinidade ou 
adopción, sempre que convivan con eles. 
• Aquelas persoas que desempeñen os cargos de conselleiros ou administradores e que 
exerzan as funcións de dirección e de xerencia que estes implican. 
• Tamén aquelas outras persoas que presten outros servizos para unha sociedade mercantil 
capitalista, a título lucrativo e de forma habitual, persoal e directa, sempre que posúan o 
control efectivo da mesma, sexa de maneira directa ou indirecta. 
Entenderase, en todo caso, que se produce tal circunstancia cando as accións ou 
participacións do traballador supoñan como mínimo o 50% do capital social. 
1 Se o inicio da actividade polo profesional colexiado se producise entre o 10 de novembro de 1995 e o 31 de decembro 
de 1998, a alta no citado Réxime Especial, de non ser esixido con anterioridade a esta última data, deberá ser solicitada 
durante o primeiro trimestre de 1999 surtindo efectos a partir do primeiro día do mes en que se formulase a correspondente 
solicitude. De formularse esta no mencionado prazo, os efectos das altas atrasadas serán as regulamentariamente 
establecidas, fixándose como data de comezo da actividade o 1 de xaneiro de 1999. 
Non obstante, o establecido nos parágrafos anteriores, quedan exentos da obriga de alta no Réxime Especial dos 
Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, os colexiados que opten ou optasen por incorporarse á Mutualidade de 
Previsión Social que puidese ter establecida ao correspondente Colexio Profesional, sempre que a citada Mutualidade 
sexa algunha das constituídas con anterioridade ao 10 de novembro de 1995. Se o interesado, tendo dereito, non optase 
por incorporarse á Mutualidade correspondente, non poderá exercitar devandita opción con posterioridade. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
15 
Actividades que, sempre que sexan exercidas por conta propia (aínda 
non cumprindo as condicións anteriores) deberán estar incluídas obriga-toriamente 
no Réxime de Autónomos. 
1. Administradores de fincas urbanas. 
2. Administradores de Loterías. 
3. Axentes comerciais. 
4. Axentes comerciais especializados en aceites. 
5. Axentes Propiedade Industrial. 
6. Axentes e Comisionistas de Aduanas. 
7. Axentes da Propiedade Inmobiliaria. 
8. Axentes de seguros. 
9. Agrícolas por conta propia. 
10. Agrícolas cun líquido impoñible que 
non permita a súa inclusión no REASS 
(Réxime Especial Agrario da 
Seguridade Social). 
11. Apostas Deportivas (Receptores). 
12. Asistentes Sociais. 
13. Autoescolas (Profesorado titulado). 
14. Capitáns, Xefes e Oficiais da Mariña 
Mercante. 
15. Censores Xurados de Contas. 
16. Condutores reparto bombonas de 
butano (propietarios vehículos). 
17. Delineantes. 
18. Decoradores. 
19. Diplomados/as en Traballo Social. 
20. Distribuidores Oficiais de Butano, S.A. 
21. Doutores e Licenciados en Ciencias 
Físicas. 
22. Doutores e Licenciados en Ciencias 
Políticas e Socioloxía. 
23. Economistas. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
24. Escritores/as de Libros. 
25. Farmacéuticos Titulares de Oficinas de 
Farmacia. 
26. Xestores Intermediarios en Promocións 
de Edificacións. 
27. Graduados sociais. 
28. Ferradores e tosquiadores de gando. 
29. Enxeñeiros agrónomos. 
30. Enxeñeiros Técnicos, Facultativos e 
Peritos de Minas. 
31. Naturópatas. 
32. Notarios. 
33. Odontólogos e Estomatólogos. 
34. Ópticos. 
35. Periodistas. 
36. Peritos e Taxadores de Seguros. 
37. Relixiosos/as da Igrexa Católica. 
38. Relixiosos/as de Dereito diocesano de 
Congregacións da Igrexa Católica. 
39. Subaxentes de Seguros. 
40. Titulados/as mercantís. 
41. Tractoristas que conducen o seu 
propio tractor e que prestan os seus 
servizos a titulares de explotacións 
agrarias. 
42. Transportistas con vehículo propio. 
43. Vendedores/as de xeados en quioscos. 
44. Vendedores/as de prensa. 
45. Veterinarios/as.
16 
A continuación, amósase unha táboa resumo cos supostos que se deberán incluír no Réxime 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
Especial de Traballadores Autónomos en función da forma xurídica 
Empresario individual Sempre 
S.L. e S.A. 
Socios traballadores con capital >33,33% 
Socios traballadores con capital >25% e con 
funcións de dirección e xerencia 
Socios e familiares ata o 2º grao co 50% do 
capital 
Sociedade Laboral 
Socios e familiares ata o 2º grao co 50% do 
capital 
Sociedade Civil 
Todos os socios traballadores (excepto aqueles 
que teñan unha porcentaxe de participación 
menor ao 25%) 
Sociedade Cooperativa 
Libre elección dos socios (a única condición é 
que se inclúan todos eles no mesmo réxime) 
Por último, hai que ter en conta que, ademais do RETA, existen outros dous réximes especiais de 
afiliación á Seguridade Social para os autónomos. Son os seguintes: 
• Réxime Especial Agrario. 
• Réxime Especial dos Traballadores do mar. 
Para ampliar información sobre algún deles, podes consultar os seguintes vínculos á páxina web 
da Seguridade Social: 
http://www.seg-social.es (Traballadores – Cotización – Réxime Especial Agrario) 
http://www.seg-social.es (Traballadores – Cotización – Réxime Especial dos traballadores do mar)
17 
1.3 O Estatuto do Traballador Autónomo 
O Estatuto do Traballador Autónomo, aprobado o 11 de xullo do ano 2007, é o primeiro exemplo 
de regulación sistemática e unitaria do traballo autónomo en toda a Unión Europea. Ata este 
momento as referencias á figura do autónomo atopábanse dispersas por toda a lexislación social, 
de aí o avance que supuxo. 
É unha lei que regula o traballo autónomo pero sen interferir noutros ámbitos do noso tecido 
produtivo, como o sector agrario, que conta coa súa propia regulación e as súas propias canles de 
representación. 
Os colexios profesionais tampouco verán afectadas as súas competencias e atribucións pola 
aprobación deste Estatuto. 
A continuación enuméranse as principais novidades que introduciu o 
Estatuto, con independencia de que cada unha delas sexa tratada con 
máis profundidade no seu epígrafe correspondente: 
Aspectos xerais: 
- Establécese por primeira vez a definición de traballador autónomo. 
- Formúlase un catálogo de dereitos e deberes dos traballadores autónomos. 
- Créase o Consello do Traballador Autónomo como órgano consultivo do Goberno en 
materia socioeconómica e profesional do traballo autónomo. 
- Regúlanse as regras de prevención de riscos laborais. 
Aspectos referidos ao Traballador Autónomo Economicamente Dependente: 
- Regúlase o réxime profesional do traballador Autónomo Economicamente Dependente. 
- Concrétanse condicións específicas para determinar con claridade quen pode ser 
considerado traballador Autónomo Economicamente Dependente. 
- Asígnase á xurisdición social a resolución dos litixios dos traballadores Autónomos 
Economicamente Dependentes. 
- Indemnización no caso de despido. 
- Prestación por cesamento da actividade. 
- Defensa dos dereitos diante da xurisdición laboral. 
- Coberturas para accidentes “in tinere”, en desprazamentos. 
- Dereito a período de vacacións de 18 días hábiles. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
18 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
Prestacións: 
- Establécense maiores garantías económicas para o traballador autónomo. 
- Regúlase a protección no caso de baixa por enfermidade. 
- Permiso por maternidade, paternidade, risco derivado do embarazo ou lactación. 
- Posibilidade de retiro anticipado. 
- Incrementouse a redución e bonificación das cotas á seguridade social para mozos ata 30 
anos e mulleres ata 35 que inicien a actividade como Autónomos. (Establécese unha 
redución do 30% da cota durante 30 meses, mentres que ata o de agora era dun 25% 
durante 24 meses). 
Outros dereitos do Traballador Autónomo: 
- Contémplase a posibilidade de celebrar acordos de interese profesional entre asociacións 
de autónomos ou sindicatos e empresas, sempre que non vaian en contra dos postulados 
da Lei de Defensa da Competencia. 
- Dereito ao asociacionismo e demais dereitos asociados. 
- Posibilidade de contratar como asalariados aos fillos menores de 30 anos que convivan no 
mesmo fogar. 
Os Reais Decretos que desenvolven este Estatuto son os seguintes: 
- Real Decreto 1382/2008, do 1 de agosto, polo que, en desenvolvemento da Lei 18/2007, 
do 4 de xullo, pola que se procede á integración dos traballadores por conta propia do 
Réxime Especial Agrario da Seguridade Social no Réxime Especial da Seguridade Social 
dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, e a Lei 20/2007, do 11 de xullo, do 
Estatuto do Traballador Autónomo, modifícanse diversos regulamentos xerais no ámbito 
da Seguridade Social. 
- Real Decreto 197/2009, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve o Estatuto do Traballo 
Autónomo en materia de contrato do traballador autónomo economicamente dependente 
e o seu rexistro e créase o Rexistro Estatal de asociacións profesionais de traballadores 
autónomos. 
Podes consultar o texto completo da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballo 
Autónomo no seguinte enlace: 
http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?coleccion=iberlex&id=2007/13409
19 
Ademais das medidas impulsadas por este Estatuto, nos últimos anos tamén se produciron varias 
reformas que contribuíron a mellorar a situación do traballo autónomo en España. A continuación 
enuméranse algunhas das máis salientables: 
- Eliminouse o Imposto de Actividades Económicas para todas as persoas físicas. 
- Mellorouse o sistema de capitalización da prestación por desemprego na súa modalidade 
de pago único para os desempregados que inicien a súa actividade como autónomos. (Lei 
2/2004, do 27 de decembro, de Presupostos Xerais para o Estado para o ano 2005). 
- Recolleuse a cobertura da Incapacidade Temporal desde o cuarto día da baixa. (Lei 36/2003, 
do 11 de novembro, de Medidas de Reforma Económica). 
- Recoñeceuse a posibilidade de cobertura por accidentes de traballo e enfermidades 
profesionais. (Lei 36/2003, do 11 de novembro, de Medidas de Reforma Económica). 
- Aprobouse unha minoración na base de cotización para todos aqueles que se incorporen 
por primeira vez ao Réxime Especial dos Traballadores Autónomos, sendo menores de 30 
anos ou mulleres maiores de 45. (Lei 36/2003, do 11 de novembro, de Medidas de Reforma 
Económica). 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
2. Vantaxes e 
inconvenientes 
do traballo 
autónomo
23 
2. Vantaxes e inconvenientes do 
traballo autónomo 
Na actualidade, cada vez son máis as persoas que libremente deciden realizar un traballo 
profesional por conta propia, valorando a súa autodeterminación e a súa capacidade para non 
depender de ninguén. 
Xa non é algo exclusivo de actividades que requiren escaso investimento, e cada vez é máis 
habitual ver esta forma xurídica en actividades de alto valor engadido. 
Isto débese en boa parte ás melloras introducidas nos últimos anos no que se refire á regulación 
do traballo autónomo, sobre todo na parte das proteccións sociais. 
Esta forma xurídica é idónea para as empresas de reducido tamaño e para aquelas persoas para 
as que non supón un problema desenvolver un proxecto en solitario. 
Nalgunhas ocasións utilízase como sistema para empezar a actividade empresarial cando non se 
ten o capital necesario para constituír unha sociedade, co fin de poder creala máis adiante. 
Porén, tamén segue a presentar certas desvantaxes con respecto ao resto de formas xurídicas, 
que haberá que valorar para elixir a que máis conveña. 
2.1 Principais vantaxes: 
• No traballo autónomo a persoa ten completa liberdade de decisión e o control total 
da empresa. Non precisa consensuar decisións con outros socios e ela mesma define a súa 
estratexia e encárgase da xestión. 
• Liberdade de organización: establece o seu horario con liberdade, agás as limitacións que 
estableza a propia actividade. 
• No traballo autónomo non existen os conflitos entre os membros do grupo promotor que 
adoitan vir dados polas diferentes visións e obxectivos de cada un deles, e que en moitas 
ocasións pode rematar coa disolución da sociedade. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
24 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
• Simplifícanse os trámites formais e de xestión: 
» A personalidade xurídica da empresa é a mesma cá da persoa autónoma. O feito de 
non crear personalidade xurídica distinta da do empresario fai que a súa constitución 
resulte máis económica e sinxela. 
» Non necesita proceso previo de constitución e a regulación aplicable é moito menos 
complexa cá das sociedades mercantís. 
» É a forma empresarial que mellor se adapta ao funcionamento das empresas de moi 
reducido tamaño xa que a súa xestión é menos complexa. 
» É a forma xurídica que menos trámites esixe para a posta en funcionamento da 
actividade. Non esixe inscrición no Rexistro Mercantil nin constitución mediante 
escritura pública, co que ademais se reducen os custos notariais e de rexistro. 
» Non esixe capital mínimo para a súa constitución, senón que depende da vontade de 
cada autónomo, polo que o investimento necesario é menor. 
• Pode ofrecer vantaxes fiscais con respecto ao resto. O empresario individual terá que tributar 
polo IRPF, o que supón que se lle aplicará un tipo progresivo que aumenta a medida que o 
fagan os beneficios. En cambio, as sociedades mercantís terán que tributar a un tipo fixo do 
30% (do 25% para as Empresas de Reducida Dimensión). Isto supón que para as empresas cun 
montante de beneficios non moi elevado a tributación progresiva lles pode beneficiar. 
• Ofrece algunhas bonificacións: as persoas menores de 35 anos e as mulleres maiores de 45 
que se incorporen ao Réxime Xeral dos Traballadores Autónomos poderán reducir a súa base 
de cotización ata o 75% da base mínima durante tres anos. 
• Aínda que é certo que a responsabilidade do empresariado autónomo con respecto as súas 
futuras débedas é totalmente ilimitada, isto pode non ser demasiado grave no caso de que 
o endebedamento previsto non sexa moi elevado. 
2.2 Principais inconvenientes: 
• A responsabilidade do empresariado autónomo é ilimitada, xa que non hai separación 
entre o patrimonio empresarial e o persoal e a persoa autónoma deberá responder 
persoalmente das obrigas derivadas da actividade da empresa. 
• No caso de matrimonio en réxime de gananciais, os bens do outro cónxuxe poden quedar 
afectados polas obrigas derivadas da actividade da empresa.
25 
• O titular da empresa terá que facer fronte en solitario a todos os custos e investimentos, 
así como á xestión e administración da mesma. 
• O que antes se mencionou como un beneficio fiscal derivado da aplicación dun tipo 
impositivo progresivo, pode tamén converterse nunha desvantaxe cando o volume de 
beneficios sexa moi elevado e o tipo impositivo aplicable sexa superior ao que correspondería 
no caso de tributar polo tipo fixo do IS (30 ou 25%). 
• As deducións fiscais ás que se pode acoller unha sociedade son moito máis numerosas que 
as que pode obter o empresariado autónomo, sobre todo en materia de contratación de 
persoal e de I+D+i. 
• Tamén obter financiamento é moito máis sinxelo para unha sociedade que para un 
autónomo, xa que a maioría de produtos que ofertan as entidades financeiras están 
orientadas a elas. 
• En moitas ocasións os concursos públicos esixen como requisito constituírse como 
sociedade para poder optar a eles. 
• Por último, existen algunhas actividades que non admiten a forma xurídica do 
empresariado individual. Un exemplo serían as axencias de viaxes que deberán constituírse 
obrigatoriamente como S.A. ou S.L. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
3. A responsabilidade 
do traballador 
autónomo
29 
3. A responsabilidade do 
traballador autónomo 
Que grao de responsabilidade ten o autónomo 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
ou autónoma á hora de facer fronte ás 
débedas futuras? 
O autónomo terá o control total da empresa. Será o que se encargue 
persoalmente da xestión da mesma e ademais a súa responsabilidade 
fronte ás débedas contraídas será ilimitada. Isto quere dicir que terá 
que responder con todo o seu patrimonio, tanto empresarial como 
persoal e presente e futuro, ante as posibles débedas que se poidan 
contraer fronte a terceiros. 
3.1 Bens que se poden protexer fronte ás futuras 
débedas 
Existe a posibilidade de protexer algúns bens para 
que non poidan ser embargados? 
Pode o autónomo ou autónoma chegar a perder a súa vivenda habitual? 
Efectivamente, existe a posibilidade de que algúns bens mínimos non se poidan embargar. Son 
os seguintes: 
• O mobiliario e o enxoval da casa, así como as súas roupas e as da súa familia, no que 
non poidan considerarse superfluos. En xeral, aqueles bens como alimentos, combustible 
e outros que, a xuízo do tribunal, resulten imprescindibles para que a parte executada e as 
persoas que del dependan poidan atender cunha dignidade razoable a súa subsistencia. 
• Os libros e os instrumentos necesarios para o exercicio da profesión, arte ou oficio ao 
que se dedique o executado, cando o seu valor non garde proporción coa contía da débeda 
reclamada.
30 
• O salario, soldo, pensión, retribución ou o seu equivalente, sempre na parte que non 
exceda á contía sinalada para o salario mínimo interprofesional. Pola parte que exceda 
embargarase nunhas determinadas porcentaxes, que poderán ser rebaixadas en función 
das cargas familiares da parte executada, sempre que sexa por decisión xudicial. 
• Os bens declarados inalienables. Serán aqueles que se atopan fóra do comercio, que están 
prohibidos legalmente ou os de disposición de última vontade. 
No caso de que o embargo afecte a un ben inmoble e o autónomo ou autónoma poida demostrar 
que se trata da súa vivenda habitual, o embargo da mesma non se poderá producir nos dous casos 
que se indican a continuación: 
• Cando se coñezan outros bens da persoa debedora que sexan suficientes e susceptibles de 
realización inmediata no procedemento executivo. 
• Cando entre a notificación da primeira dilixencia de embargo e a realización do medio 
administrativo de alleamento (sexa concurso, poxa…) non pasase o prazo mínimo dun ano. 
Este prazo dun ano non se interromperá nin tampouco se suspenderá, en ningún caso, nos 
supostos de ampliacións do embargo orixinario nin nos casos de prórroga das anotacións 
rexistrais. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
3.2 A responsabilidade ilimitada no caso de 
matrimonio 
A responsabilidade podería chegar ata os bens do cónxuxe 
do autónomo ou autónoma? 
Se a persoa autónoma está casada, a responsabilidade da súa 
actividade pode afectar tamén ao seu cónxuxe. Haberá que ter en 
conta o Réxime económico que rexe o matrimonio e a natureza dos 
bens que teñan en común.
31 
• Réxime de gananciais: 
Cando non se opta expresamente polo réxime de separación de bens, o de gananciais será o 
réxime que rexa no matrimonio. 
Neste caso quedarán afectados ao pago das posibles débedas contraídas na actividade 
empresarial os bens privativos do empresario ou empresaria, pero tamén os bens comúns do 
matrimonio que se adquiriran cos beneficios xerados pola actividade empresarial. 
Cando se trate do resto de bens comúns do matrimonio, para que queden afectados á actividade 
empresarial, será necesario o consentimento dos dous cónxuxes. 
Ese consentimento presúmese dado cando a actividade é exercida con coñecemento e sen 
oposición expresa do cónxuxe, e tamén cando ao contraer matrimonio o empresario ou empresaria 
xa realizase a actividade e continuase con ela sen a oposición do outro. 
Exemplo: 
A dona dunha axencia de tradución casa coa súa parella en réxime 
de gananciais. Se o seu marido non manifesta a súa oposición expresa, 
todos os seus bens tamén quedarán afectos á actividade da súa muller, 
Polo que se refire aos bens privativos do cónxuxe do empresario, nunca poderán quedar 
afectos a menos que exista o consentimento expreso. 
Hai que ter en conta que o consentimento, tanto o expreso como o presunto, poderá ser revogado 
libremente e en calquera momento polo cónxuxe do empresario. 
Como xa se sinalou anteriormente, o empresariado individual non está obrigado a inscribirse no 
Rexistro Mercantil. Porén, este trámite podería ser moi conveniente por varias razóns, entre outras 
porque para que o consentimento, a revogación ou a oposición do cónxuxe á afectación dos seus 
bens á actividade empresarial teña efecto, será necesario que conste en escritura pública e que se 
inscriba no Rexistro Mercantil. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
desde o mesmo momento do matrimonio.
4. Patrimonio 
empresarial 
vs Patrimonio 
persoal
35 
4. Patrimonio empresarial vs 
Patrimonio persoal 
No caso do empresariado autónomo pódese 
distinguir entre patrimonio persoal e empresarial? 
Por que é importante iso á hora de determinar 
O tratamento do patrimonio presenta algunhas particularidades 
con respecto ao resto de formas xurídicas, xa que neste caso non se 
distingue entre patrimonio persoal e patrimonio empresarial, senón 
que existe unha única masa patrimonial indivisible e susceptible de 
usos distintos. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
se un ben está afecto? 
Como xa vimos, as persoas físicas non posúen dous ámbitos distintos de responsabilidade, senón 
que responden con todos os seus bens, tanto particulares como empresariais. De aí que se fale 
dunha única masa patrimonial, con independencia de que se destine ao ámbito privado ou ao 
exercicio da actividade económica. 
Este feito de contar cun único patrimonio ten unha importancia enorme para o traballador 
autónomo, sobre todo desde o punto de vista da fiscalidade. Para moitos aspectos é imprescindible 
ter ben delimitados os elementos patrimoniais que están afectos á actividade económica e os que 
non o están, e isto resulta especialmente complicado cando só existe un único patrimonio.
36 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
4.1 Incidencias no IRPF 
Por que é tan transcendente para o autónomo que os seus 
elementos patrimoniais estean afectos á actividade? 
Como pode influír a non afectación no IRPF? 
No caso do IRPF que un elemento sexa afecto ou non é fundamental. 
• En primeiro lugar, porque as rendas que se deriven dos elementos patrimoniais afectos 
estarán a xerar rendementos de Actividades Económicas, e as que se deriven dos non 
afectos xerarán rendementos de capital . 
• Por outro lado, porque os gastos que se deriven de elementos non afectos non van poder 
ser considerados como gastos fiscalmente deducibles. 
No manual correspondente á fiscalidade, trataranse os requisitos que deben cumprir os bens 
para considerarse afectos ás actividades económicas. 
De todos os xeitos, xa cómpre mencionar que é posible a afectación parcial dos mesmos, é dicir, 
unha parte dos bens pode considerarse afecta á actividade e outra non, aínda que só nos casos de 
elementos divisibles. 
Exemplo: 
Un médico decide montar unha consulta privada na súa propia 
casa habilitando unha habitación para iso. Neste caso, é un ben 
perfectamente divisible e poderíase falar de afectación parcial. 
Isto supón que os custos que correspondan á parte destinada á 
consulta van ser deducibles, mentres que o resto non. Así, por exemplo, 
o custo de luz será deducible só na parte proporcional á habitación 
habilitada como consulta.
37 
Ademais desta afectación parcial, tamén cabe outra posibilidade de gran relevancia para os 
autónomos. Permítese que un elemento afecto poida ser utilizado simultaneamente no ámbito 
privado, sempre que sexa de forma accesoria e notoriamente irrelevante. Isto non vai supoñer 
desafectación, nin tan sequera afectación parcial. 
Entenderase que se usan de forma accesoria e notoriamente irrelevante aqueles bens do 
inmobilizado adquiridos e utilizados para o desenvolvemento da actividade económica pero 
que se destinen ao uso persoal do autónomo en días e horas inhábiles durante os que 
deberá interromperse o exercicio da actividade. 
Este uso notoriamente irrelevante non será válido para automóbiles de turismo e os seus 
remolques, ciclomotores, motocicletas, aeronaves ou embarcacións deportivas ou de recreo, agás 
nos seguintes casos: 
• Os vehículos mixtos dedicados ao transporte de mercadorías. 
• Os destinados á prestación de servizos de transporte de viaxeiros mediante pago. 
• Os destinados aos desprazamentos profesionais dos representantes ou axentes comerciais. 
• Os destinados a ser obxecto de cesión de uso con habitualidade e onerosidade. 
Exemplo: 
Un taxista poderá utilizar o mesmo vehículo co que realiza a súa 
actividade profesional para trasladarse á súa casa ao remate da xornada 
laboral. Neste caso é un uso irrelevante e o vehículo non deixará de 
estar afecto por iso. 
Non obstante se, en lugar dun taxista, fose un médico que utiliza o 
seu propio vehículo para realizar consultas a domicilio, o uso irrelevante 
para fins particulares xa non estaría admitido. O vehículo deixaría de 
estar afecto. 
Por último, hai que ter en conta que o feito de que un elemento sexa considerado afecto á 
actividade económica é independente de que a titularidade do mesmo sexa común ou non ao 
cónxuxe do autónomo. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
38 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
4.2 Incidencias no IVE 
Como incide a afectación no IVE? 
No caso do IVE tamén é moi relevante o feito de que un ben estea afecto á actividade ou non. 
Neste caso, ao contrario que no IRPF, non se considera a posibilidade da afectación parcial. 
Por outra parte vimos que no IRPF os vehículos, ou eran exclusivamente de uso privado, ou se 
estaban afectos á actividade non se permitía ningunha utilización para fins particulares, por moi 
irrelevante que esta fora. En cambio, no IVE para este tipo de elementos patrimoniais sempre se vai 
presumir unha afectación mínima do 50%, podendo ser do 100% se así se demostra. 
Exemplo: 
Volvendo ao exemplo anterior do médico que utiliza o seu propio 
vehículo para realizar consultas a domicilio. 
No caso do IRPF estaba totalmente desafecto porque non se 
admitía o seu uso notoriamente irrelevante para fins particulares. En 
cambio, no IVE, aínda que se use simultaneamente no ámbito privado, 
presumirase unha afectación mínima do 50% para o mencionado 
vehículo.
5. As principais 
obrigas 
contables 
e de rexistro
41 
5. As principais obrigas contables 
e de rexistro 
Que libros está obrigado a levar o empresariado autónomo? 
Que operacións haberá que rexistrar en cada un deles? 
Durante canto tempo será necesario conservar os libros? 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
Que libros hai que legalizar? 
O empresariado autónomo está suxeito a unha serie de obrigas en materia contable que 
veñen determinadas principalmente polo Código de Comercio, o Plan Xeral Contable das Pemes 
e a normativa fiscal (o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto sobre o Valor 
Engadido). 
En 2008 entrou en vigor o Plan Xeral de Contabilidade específico para pequenas e medianas 
empresas 1. 
Debe sinalarse que as obrigas contables e rexistrais non son as mesmas para todo o colectivo 
autónomo, senón que depende en gran medida do réxime de estimación ao que se acollan no 
IRPF. 
A continuación indícanse as obrigas en materia de contabilidade e os libros que deben de levar 
segundo cada Réxime. 
1 REAL DECRETO 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade de Pequenas e 
Medianas Empresas e os criterios contables específicos para microempresas
42 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
5.1 Libros Esixidos polo IRPF 
• Empresarios mercantís en estimación directa normal: 
Este réxime é o único que esixe a levanza de Contabilidade axustada ao Código de Comercio e 
ao Plan Xeral de Contabilidade. 
Os libro obrigatorios son: 
• Libro de Inventario e Contas Anuais: 
O Libro de Inventario e Contas anuais debe ter un contido mínimo. 
O Libro debe abrirse co Balance inicial detallado da empresa. Nel transcribiranse: 
- Trimestralmente: Balances de comprobación, con sumas e saldos. 
- Anualmente: 
» Inventario de peche de exercicio. 
» As contas anuais, que á súa vez se compoñen de: 
- Balance. 
- Conta de perdas e ganancias. 
- Memoria. 
• Libro Diario: 
O Libro Diario rexistrará día a día todas as operacións relativas á actividade da 
empresa. 
• Empresarios non mercantís en estimación directa normal e todos os 
empresarios en estimación directa simplificada: 
• Libro rexistro de vendas e ingresos. 
• Libro rexistro de compras e gastos. 
• Libro rexistro de bens de investimento.
43 
• Profesionais en estimación directa, en calquera das súas modalidades: 
• Libro rexistro de ingresos. 
• Libro rexistro de gastos. 
• Libro rexistro de bens de investimento. 
• Libro rexistro de provisións de fondos e suplidos. 
• Empresarios e profesionais en estimación obxectiva: 
• Libro rexistro de bens de investimento (unicamente os contribuíntes que deduzan 
amortizacións). 
• Libro rexistro de vendas e ingresos (unicamente os titulares de actividades cuxo 
rendemento neto se determine en función do volume de operacións, é dicir, titulares 
de actividades agrícolas, gandeiras, forestais accesorias e de transformación de produtos 
naturais). 
5.2 Libros esixidos polo IVE 
• Libro de facturas expedidas. IVE 
Deben anotarse todas as facturas expedidas. 
O contido mínimo dos asentos será: número de factura, data, destinatario, base impoñible do 
IVE, tipo e cota repercutida. 
• Libro de facturas recibidas. IVE 
Anotaranse: 
• As facturas correspondentes aos bens adquiridos e aos servizos recibidos no desenvolvemento 
da súa actividade empresarial. 
• Igualmente deben anotarse por separado as facturas nos casos de investimento. 
O contido mínimo dos asentos será: número de recepción da factura, data, nome e apelidos ou 
razón social do expedidor, base impoñible do IVE, tipo e cota soportada. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
44 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
• Libro Rexistro de bens de investimento 
Neste Libro rexistraranse, un a un, os bens adquiridos polo suxeito pasivo cualificados como de 
investimento. 
Así mesmo, débense reflectir neste Libro os datos suficientes para identificar de forma precisa 
as facturas e documentos de Aduanas correspondentes a cada un dos bens de investimento 
rexistrados. 
Tamén se anotará a data do comezo da utilización de cada un dos bens, a prorrata anual definitiva 
e a regularización anual, se procede, das deducións. 
Que é un ben de investimento? 
Os bens corporais, mobles, semoventes ou inmobles que, pola súa natureza e función, estean a 
ser utilizados por un período de tempo superior a un ano como instrumentos de traballo ou medios 
de explotación. Por exemplo, a maquinaria, os vehículos… 
Non teñen a consideración de bens de investimento os seguintes bens: 
1. Os accesorios e pezas de recambio adquiridos para a reparación dos bens de investimento 
utilizados polo suxeito pasivo. 
2. As execucións de obras para a reparación doutros bens de investimento. 
3. Os envases e embalaxes, aínda que sexan susceptibles de reutilización. 
4. As roupas utilizadas para o traballo polos suxeitos pasivos ou o persoal dependente. 
5. Calquera outro ben cuxo valor de adquisición sexa inferior a 3005,06 €. 
• Libro rexistro de provisións e suplidos 
É o libro no que se inscriben tanto os suplidos, é dicir, as cantidades pagadas en nome do 
cliente, como as provisións, é dicir, entregas anticipadas realizadas polo cliente que logo deberán ser 
descontadas na factura final. 
Que gastos se consideran suplidos? 
Desprazamentos, Fax, mensaxería, fotocopias, impresos oficiais, sobres, franqueo, carpetas, etc.
45 
5.3 Como levar os libros contables? 
Os libros en papel quedaron en desuso na actualidade, xa que 
existen suficientes ferramentas informáticas baseadas en software 
libre que facilitan enormemente a contabilidade. 
Podes atopar información en: 
- Mancomún (http://www.mancomun.org/) 
- www.openxpertya.org 
5.4 Conservación dos libros 
Os libros, correspondencia, documentación e xustificantes concernentes ao seu negocio, deben 
conservarse durante seis anos. 
Idéntica obriga existe nos casos de cese da actividade, disolución de sociedades ou morte do 
empresario, en cuxo caso a obriga recae sobre os seus herdeiros. 
5.5 Legalización dos libros 
O Libro de Inventario e Contas Anuais así como o Libro Diario débense legalizar no Rexistro 
Mercantil. 
Unha vez finalizado o exercicio social e no prazo máximo de catro meses desde este peche, 
lístanse todos os asentos, numéranse as follas e encadérnanse para ser presentadas. Tamén se pode 
legalizar directamente o soporte magnético. 
Os demais libros non é preciso presentalos en ningún rexistro. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
6. A seguridade 
social do autónomo
49 
6. A seguridade social do 
autónomo: Réxime Especial 
de Traballadores Autónomos 
Os empresariado autónomo terá un único réxime de afiliación á Seguridade Social, o Réxime 
Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA) 
Isto non impide que algúns colectivos específicos estean encadrados noutros réximes da 
Seguridade Social debido á súa pertenza a determinados sectores económicos. Este é o caso dos 
Traballadores do mar e dos Traballadores por conta propia do Réxime Especial Agrario (aínda que 
estes últimos quedan incorporados ao RETA desde o 01/01/2008 sempre que cumpran os requisitos 
que correspondan). 
A afiliación á Seguridade Social garante aos autónomos asistencia e prestacións sociais suficientes 
ante situacións de necesidade, tal e como se recolle no Artigo 41 da Constitución. As prestacións 
complementarias a estas serán libres. 
6.1 Afiliación 
A afiliación realizarase unha única vez ao longo de toda a vida profesional do traballador 
autónomo, sen prexuízo das altas e baixas nos distintos réximes da Seguridade Social, así como das 
demais variacións que se poidan producir despois da afiliación. 
6.2 Cotización 
A cotización por parte do traballador autónomo é obrigatoria e deberá facerse xa desde o 
primeiro día do mes en que inicie a súa actividade. 
A obriga a cotizar non se vai interromper en ningún momento 
mentres o traballador estea a desenvolver a actividade. 
Haberá tamén que cotizar durante os períodos de incapacidade 
temporal, de descanso por maternidade ou paternidade, e mesmo 
en situacións de risco durante o embarazo ou durante a lactación 
natural. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
50 
A obriga non remata ata o último día do mes en que finalice a actividade por conta propia, 
e isto sempre e cando a baixa se comunique á Tesouraría Xeral da Seguridade Social nos 6 
días naturais seguintes. No caso de que non se comunique a baixa nese prazo, a obriga de 
cotizar estenderase ata o último día do mes en que efectivamente se comunique, a non ser 
que se xustifique dalgún xeito o cese da actividade. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
6.3 Base de cotización 
A base de cotización no Réxime Especial do Traballador Autónomo será escollida polo 
traballador entre a base mínima e a máxima que lle corresponda. 
Para o ano 2009 estas bases son as seguintes: 
• Base mínima = 833,40 euros mensuais. 
• Base máxima = 3.166,20 euros mensuais. 
Estas bases oscilarán en función das características persoais dos autónomos (por exemplo os 
maiores de 50 anos terán uns límites mínimo e máximo diferentes) e tamén en función da propia 
actividade que estea a desenvolver (algúns sectores económicos como o da venda a domicilio terán 
os seus propios límites). Para ver todas estas especificidades podes consultar a páxina web da 
seguridade social: 
http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Cotización – Réxime Especial Traballo Autónomo) 
As bases tamén serán distintas para o caso dos traballadores autónomos economicamente 
dependentes, tal e como se verá no capítulo desta guía dedicado a eles. 
Hai que ter en conta que a elección da base de cotización vai 
determinar a contía das futuras prestacións ás que o autónomo terá 
dereito. Todas as prestacións calcúlanse como unha porcentaxe da 
cota de cotización e esta dependerá directamente da base elixida. 
Isto explica que aínda que a maioría de autónomos se decanten pola 
base mínima, canto máis se achegan á idade de xubilación, aumentan 
a cantidade a pagar co obxectivo de ter unha mellor pensión.
51 
Unha vez elixida a base de cotización, existe a posibilidade de cambiala. Pódese facer no mesmo 
ano, con efectos a partir do 1 de xullo, se o solicita antes do 1 de abril; ou para o ano seguinte se o 
solicita antes do 1 de outubro. 
Tamén se pode solicitar o incremento automático da base na mesma porcentaxe do incremento 
anual das bases máximas, co tope límite máximo aplicable ao traballador. 
O cambio de base solicitarase na Dirección Provincial da Tesouraría 
Xeral da Seguridade Social, nas Administracións da mesma ou a través 
da Internet na web www.seg-social.es 
6.4 Tipo de cotización 
Para o ano 2009 o tipo de cotización aplicable a este Réxime Especial 
de Traballadores Autónomos será do 29,80%. Os autónomos estarán 
obrigados a cubrir a continxencia de Incapacidade Temporal, excepto 
no caso de que estean en situación de pluriactividade e cotizaran 
noutro réxime diferente. Neste suposto sería voluntario e no caso de 
que optaran por non cubrila o tipo de cotización sería do 26,50%. 
Ademais aqueles que non optaran por cubrir a continxencia de accidentes de traballo e 
enfermidades profesionais, terán que facer unha cotización adicional do 0,1% sobre a base de 
cotización elixida. O obxectivo é financiar as prestacións por risco tanto durante o embarazo como 
durante a lactación natural. 
No caso de que si optaran por cubrilas, aplicarase a Tarifa de Primas establecida na Disposición 
adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro. 
6.5 Cotas 
As cotas son as cantidades que hai que ingresar finalmente na Seguridade Social, e son o resultado 
de aplicarlle o tipo que corresponda á base de cotización. 
Exemplo: 
Un autónomo que opte pola base mínima de cotización e que decida 
cubrir a continxencia de Incapacidade Temporal terá que ingresar unha 
cota igual a 833,40 X 29,80% = 248,35 €. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
52 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
• O ingreso das cotas: 
Cada mes haberá que ingresar as cotas correspondentes e o encargado de facelo será o 
propio autónomo. 
Para iso poderá acudir a calquera entidade financeira autorizada para actuar como Oficina 
Recadadora da Seguridade Social, onde terá que presentar os documentos de cotización 
que correspondan, e que podes encontrar no seguinte enlace da páxina web da seguridade 
social: http://www.seg-social.es (Traballadores – Cotización – Servizos de Cotización) 
O pago das cotas pódese domiciliar en calquera entidade financeira. A solicitude deste 
trámite poderase realizar a través dos seguintes medios: 
• Na propia entidade financeira. 
• Nas administracións da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. 
Na actualidade xa existe a posibilidade de aforrar tempo facéndoo a través da Oficina 
Virtual da páxina web da Seguridade Social www.seg-social.es 
6.6 Beneficios na cotización: reducións e bonificacións 
As cotas a ingresar na Seguridade Social poderanse ver minoradas grazas a unha serie de 
reducións ou bonificacións que teñen como obxectivo favorecer a determinados colectivos incluídos 
dentro do empresariado autónomo, en atención ás súas características persoais ou ás características 
profesionais da actividade exercida. (Artigo 25 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do 
Traballador Autónomo). 
Algunhas das reducións e bonificacións máis salientables son as seguintes: 
COLECTIVOS REDUCIÓNS E BONIFICACIÓNS 
Traballadores autónomos a 
partir de 65 anos e con 35 
ou máis cotizados 
Exención 
Estarán exentos de pagar as cotas que lles correspondan 
excepto a parte das mesmas que cubra a continxencia de 
incapacidade temporal. (Aos que optaran por cubrir esta 
continxencia aplicaráselles o 3,3%).
53 
COLECTIVOS REDUCIÓNS E BONIFICACIÓNS 
Traballadores incorporados 
ao RETA a partir da entrada 
en vigor do Estatuto do 
Traballador Autónomo ( o 
01/01/2005), os autónomos 
de 30 anos ou menos, e as 
autónomas de 35 anos ou 
menos. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
Redución 
O 30% da cota resultante de aplicar o tipo mínimo vixente 
(29,80%) á base mínima de cotización. 
Bonificación 
Mesma contía. 
Duración 
A redución aplicarase durante os 15 meses seguintes á alta 
na Seguridade Social e a bonificación nos 15 seguintes á 
finalización desa redución. A duración total é de 30 meses 
ininterrompidos, con independencia de que nos mesmos se 
produzan períodos de baixa. 
Traballadoras autónomas 
que cesarán a súa actividade 
por maternidade e a 
reiniciarán nos dous anos 
seguintes á data do parto. 
Bonificación 
O 100% da cota resultante de aplicar o tipo vixente á base 
mínima de cotización. 
Duración 
A bonificación aplicarase durante os 12 meses seguintes. 
Traballadores autónomos 
substituídos durante os 
períodos de descanso por 
maternidade, adopción, 
acollemento, paternidade, 
risco durante o embarazo 
e risco durante a lactancia 
natural, mediante 
contratos de interinidade 
bonificados, celebrados con 
desempregados. 
Bonificación 
O 100% da cota resultante de aplicar o tipo de cotización 
obrigatorio (29,80%) á base mínima de cotización. 
Duración 
A bonificación aplicarase durante o tempo que se suspenda 
a actividade sempre que coincida o tempo co contrato de 
iterinidade do substituto. Nunca poderá ter unha duración 
maior que o propio período de suspensión. 
Discapacitados que causen 
alta inicial no Réxime 
Especial de Traballadores 
Autónomos. 
Bonificación 
O 50% da cota resultante de aplicar o tipo vixente á base 
mínima de cotización. 
Duración 
Aplicarase durante os 3 anos seguintes á alta no RETA. 
Estes beneficios serán igualmente aplicables aos socios traballadores das cooperativas de 
Traballo Asociado que se inclúan no Réxime Especial de Traballadores Autónomos e que cumpran 
os requisitos establecidos.
54 
6.7 A acción protectora do Réxime Especial dos 
Traballadores Autónomos 
O Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores Autónomos, segundo a Lei 20/2007, 
do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo, garantirá en todo caso as seguintes 
prestacións: 
• Asistencia sanitaria nos casos de maternidade, enfermidade común ou profesional e 
accidentes, sexan ou non de traballo. 
• Prestacións económicas nas situacións de incapacidade temporal, incapacidade permanente, 
maternidade e paternidade, risco durante o embarazo e a lactación, xubilación, morte e 
supervivencia e familiares por fillo a cargo. 
Os traballadores autónomos economicamente dependentes deberán incorporar obrigatoriamente, 
dentro do ámbito da acción protectora da Seguridade Social, a cobertura de incapacidade temporal 
e dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social. 
A acción protectora do réxime da Seguridade Social dos traballadores 
por conta propia ou autónomos, tenderá a converxer en achegas, 
dereitos e prestacións coa existente para os traballadores por conta 
allea no Réxime Xeral da Seguridade Social. 
A continuación, enuméranse as principais prestacións ás que ten dereito o empresariado 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
autónomo: 
Hai que ter en conta que o autónomo ten a posibilidade de optar por cubrir algunhas delas ou 
non na súa cotización. Concretamente, a continxencia de Incapacidade Temporal e a continxencia 
de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. 
Dereito a asistencia sanitaria 
Será nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral da Seguridade Social. 
Cobertura das situacións de incapacidade temporal 
A partir do 1 de xaneiro do ano 2008, os traballadores autónomos que non optaran por cubrir 
a incapacidade temporal deberán facelo de forma obrigatoria, excepto no caso de que estean en 
situación de pluriactividade e cotizaran noutro réxime.
55 
Esta cobertura garantirase nos mesmos termos que no Réxime Xeral, cunha serie de particularidades 
que se poden consultar no seguinte enlace: 
http://www.seg-social.es/ 
(Traballadores – Prestacións/Pensións) 
Prestación en situacións de risco durante o embarazo 
É unha prestación para cubrir os períodos de interrupción da actividade profesional nos casos de 
que esta inflúa negativamente na saúde da embarazada ou do feto. Consiste nun subsidio do 100% 
da base reguladora correspondente. 
Será obrigatorio que esta situación de risco estea certificada polos servizos médicos do INSS 
ou da mutua que corresponda. O día seguinte a que se produza esta certificación, nace o dereito 
para a muller embarazada, aínda que a prestación non se cobrará ata o cese efectivo da actividade 
profesional. 
Prestación en situacións de risco durante a lactancia natural 
É unha prestación para cubrir os períodos de interrupción da actividade profesional nos casos 
de que esta inflúa negativamente na saúde da nai traballadora ou do seu fillo. Consiste tamén nun 
subsidio do 100% da base reguladora correspondente. 
Será obrigatoria, igual que no caso anterior, que esta situación de risco estea certificada polos 
servizos médicos do INSS ou da mutua que corresponda. O día seguinte a que se produza esta 
certificación, nace o dereito para a nai traballadora, aínda que a prestación non se cobrará ata o cese 
efectivo da actividade profesional. 
Prestación por maternidade 
As autónomas terán dereito a cobrar o 100% da súa base de cotización desde o mes anterior 
á baixa e durante 16 semanas. 
Os requisitos que deberán cubrir para que ese dereito se faga efectivo son os seguintes: 
• Se ten menos de 21 anos terá dereito á prestación sempre, non necesita ter cotizado. 
• Se ten entre 21 e 26 anos necesita ter cotizados 90 días nos últimos 7 anos, ou medio ano 
en toda a súa vida laboral. 
• No resto dos casos haberá que ter cotizados 180 días nos últimos 7 anos, ou un ano en toda 
a súa vida laboral. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
56 
Polo que se refire aos trámites para cobrar a prestación por maternidade, as traballadoras deberán 
presentar o modelo IT.1 no INSS ou na mutua correspondente nun prazo de 15 días desde a data 
do parto. Ademais deberá entregar tamén a declaración de situación da actividade, onde indique se 
pecha o negocio, contrata un traballador do Réxime Xeral ou a substitúe outro autónomo. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
Prestación por paternidade 
Recoñécese tamén o dereito a recibir a prestación por paternidade nos mesmos termos que 
os previstos para os traballadores do Réxime Xeral, cunha serie de particularidades que se poden 
consultar no seguinte enlace: 
http://www.seg-social.es/ 
(Traballadores – Prestacións/Pensións) 
Prestacións nos casos de Incapacidade permanente 
Existen dous tipos de Incapacidade permanente: 
• Incapacidade permanente total: 
Refírese a aqueles casos nos que o autónomo non pode seguir coa súa actividade habitual 
pero si podería desenvolver algunha outra. 
Terán dereito ao 55% dunha base reguladora, que por regra xeral será a dos últimos 8 
anos. 
• Incapacidade permanente absoluta: 
Neste caso o autónomo non pode traballar en nada, nin na súa actividade habitual nin en 
ningunha outra. 
Terán dereito ao 100% dunha base reguladora, en xeral a dos últimos 8 anos. 
Máis información: 
http://www.seg-social.es/ 
(Traballadores – Prestacións/Pensións)
57 
Prestación por lesións permanentes non invalidantes 
A partir do 01/01/04, o autónomo tamén terá dereito á prestación por este motivo nas mesmas 
condicións que o resto de traballadores do Réxime Xeral, aínda que debe cumprir os seguintes 
requisitos: 
• Estar acollidos á mellora voluntaria da acción protectora derivada das continxencias de 
accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Ademais, teñen que ter optado tamén 
pola cobertura de prestación económica por incapacidade temporal. 
• Encontrarse ao día no pago das cotas. 
Xubilación 
A idade de xubilación dos autónomos é de 65 anos, aínda que se contempla a posibilidade de 
xubilación anticipada aos 60 anos, sempre que se cumpran as seguintes condicións: 
• Ter cotizados como mínimo un día antes do 01/01/1967. 
• Ter cotizado como mínimo o 25% de toda a súa vida laboral nun réxime distinto ao de 
autónomos. No caso de que se teñan máis de 30 anos cotizados, só se esixen 5 anos de 
cotización noutro réxime. 
Hai que ter en conta que por cada ano anticipado entre os 60 e os 65 anos, ao autónomo 
réstanlle un 8%. 
Por outra banda, en ningún caso existe a posibilidade de xubilación antes dos 60 anos. 
Por último, mencionar que a pensión por xubilación é perfectamente compatible co mantemento 
da titularidade do negocio, así como co desempeño das funcións inherentes á mencionada 
titularidade. 
Prestacións por morte e supervivencia 
A partir do 01/01/04, os traballadores que se acolleran de xeito voluntario á acción protectora 
das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, e que, ademais, optaran 
pola cobertura da incapacidade temporal, terán dereito ás prestacións por morte e supervivencia. 
As mencionadas prestacións recoñécense nos mesmos termos que para os traballadores do 
Réxime Xeral da Seguridade Social, cunha serie de particularidades que podedes consultar no 
seguinte enlace: 
http://www.seg-social.es/(Traballadores – Prestacións/Pensións) 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
58 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
Prestacións por actos terroristas 
Os autónomos terán dereito ás mesmas prestacións por este concepto que o resto de traballadores 
do Réxime Xeral. 
Tanto as persoas incapacitadas como os familiares de persoas falecidas por este motivo terán 
dereito a percibir da Seguridade Social pensións extraordinarias por actos de terrorismo, así como 
asistencia sanitaria e servizos sociais. 
Prestacións familiares 
Existen unha serie de prestacións non contributivas que teñen como obxectivo cubrir a situación 
de necesidade económica, provocada pola existencia de responsabilidades familiares, e polo 
nacemento ou adopción de fillos en determinados casos. Son as seguintes: 
• Prestación económica por fillo ou menor acollido a cargo. 
• Prestación económica por nacemento ou adopción do terceiro ou sucesivos fillos. 
• Prestacións económicas polo nacemento ou adopción dun fillo, nos supostos de familias 
numerosas, monoparentais e nos casos de nais discapacitadas. 
• Prestación económica por parto ou adopción múltiples. 
• Prestación económica por nacemento ou adopción dun fillo. 
Ademais, contémplase tamén a existencia doutra prestación non contributiva, a prestación por 
coidado de fillo, de menor acollido ou doutros familiares. 
Para máis información sobre estas prestacións: 
http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Prestacións/Pensións) 
Pensións do seguro obrigatorio de vellez e invalidez 
Trátase dun réxime residual que se aplica aos traballadores que, reunindo os requisitos esixidos 
pola lexislación do extinguido réxime, non teñan dereito a unha pensión do actual Sistema da 
Seguridade Social, con excepción das pensións de viuveza.
7. A contratación 
de persoal: 
particularidades
61 
7. A contratación de persoal: 
particularidades 
Nun determinado momento o autónomo pode considerar necesaria a contratación dun ou máis 
traballadores. Nos epígrafes seguintes enumeraranse os principais aspectos a ter en conta neste 
sentido. 
Non obstante, antes de dar este paso, o traballador/a debe contemplar todas as opcións que 
ten ao seu alcance, xa que a contratación de traballadores non sempre é a única alternativa. Por 
exemplo, ante necesidades puntuais por aumentos de traballo ou outras necesidades concretas, 
pode ser tamén unha boa alternativa subcontratar parte das actividades. 
Por outro lado, tamén hai que ter en conta que o autónomo/a é posible que non conte cos 
mesmos recursos financeiros que unha sociedade. Por iso, para competir con elas á hora de contratar 
traballadores deben facer fincapé en aspectos como a flexibilidade laboral, o trato amable e próximo, 
a posibilidade de conciliación da vida laboral e familiar… 
7.1 Solicitude de traballadores 
Onde podo acudir para conseguir traballadores? 
Podo contratar a calquera persoa como traballador 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
por conta propia? 
Unha vez que se ten clara a necesidade de contratar novos traballadores, as fontes ás que pode 
acudir o autónomo son moi numerosas. Aquí enuméranse algunhas delas: 
• A través do boca a boca. 
• Poñendo anuncios en prensa. 
• Acudindo a Axencias Privadas de Colocación. 
• A través de Empresas de Traballo Temporal. 
• Nas Oficinas de Emprego.
62 
Este último suposto de acudir ás Oficinas de Emprego, vai ser obrigatorio no caso de que o 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
autónomo queira solicitar unha das dúas medidas seguintes: 
• Incentivos por realizar un contrato indefinido de traballadores discapacitados. 
• Transformación de contratos dos traballadores discapacitados de temporais a indefinidos. 
Sempre que decida acudir a estas oficinas deberá indicar as características do posto que se quere 
cubrir, os requisitos que deben cumprir os candidatos, o tipo de contrato que se vai realizar, a forma, 
o lugar e a data de selección dos traballadores. 
Despois diso, será a propia Oficina de Emprego a que faga unha preselección dos candidatos 
aptos para ser entrevistados e lla envíe ao autónomo. 
Á hora de seleccionar os traballadores hai que ter en conta a quen 
se pode contratar e a quen non. As persoas que poden ser contratadas 
son as seguintes: 
• Persoas maiores de idade. 
• Menores de 18 anos legalmente emancipados. 
• Persoas maiores de 16 anos e menores de 18, nos seguintes 
casos: 
- Se viven de forma independente co consentimento 
expreso ou tácito dos seus pais ou titores. 
- Se teñen autorización dos pais ou de quen os teña ao seu 
cargo. 
• Estranxeiros de acordo coa lexislación que lles sexa aplicable.
63 
7.2 O contrato de traballo 
O contrato de traballo non é máis que un acordo entre o autónomo/ 
a e o traballador/a polo que este se obriga a prestar determinados 
servizos por conta do primeiro baixo a dirección do mesmo, a cambio 
dunha retribución. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
Que é un contrato de traballo? 
Como se deben realizar os contratos de traballo? 
Que obrigas teñen os autónomos cando realizan un 
contrato de traballo? 
Unha vez elixido o traballador/a axeitado, o autónomo/a deberá formalizar o acordo a través 
dun contrato de traballo. 
En principio, os contratos poderán ser por escrito ou de palabra. Porén, existen determinados 
supostos nos que é obrigatorio que se faga por escrito. Son os seguintes: 
• Contratos de prácticas. 
• Contratos de formación. 
• Contratos para a realización dunha obra ou servizo determinado. 
• Contratos a tempo parcial, fixo descontinuo ou de relevo. 
• Contratos de traballo a domicilio. 
• Contratos de traballadores en España ao servizo de empresas españolas no estranxeiro. 
• Contratos eventuais por circunstancias da produción con duración superior ás 4 semanas. 
Por outra banda, calquera das partes pode esixir en calquera 
momento que o contrato se celebre por escrito, aínda que non estea 
nun dos supostos anteriores.
64 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
Obrigas dos empresarios: 
• Terán a obrigación de comunicar á oficina de emprego, no prazo dos 10 días seguintes á 
celebración do contrato, o contido do mesmo, sexa por escrito ou non. Do mesmo xeito 
haberá que comunicar tamén as prórrogas dos contratos xa existentes. 
• Deberán tamén entregar unha copia básica dos contratos que se deban formalizar por 
escrito aos representantes legais dos traballadores. 
Esta copia básica deberá incluír todos os datos do contrato a excepción do DNI, o domicilio, o 
estado civil, e calquera outro que poida afectar á intimidade persoal. Posteriormente, deberá enviala 
á Oficina de Emprego correspondente. 
7.3 Tipos de contratos 
Que tipos de contratos pode realizar 
o autónomo? 
Cales son as súas características 
fundamentais? 
Onde se poden obter modelos de cada 
un dos tipos? 
Que traballadores se poden acoller a cada 
un dos contratos? 
Como se deben formalizar? 
Existe unha gran variedade de contratos, entre os que o autónomo/a deberá elixir o que mellor 
se adapte a cada circunstancia. A continuación enuméranse os máis habituais. 
• Contratos indefinidos. 
• Contratos indefinidos bonificados. 
• Contratos de duración determinada. 
• Contratos de relevo. 
• Contratos en prácticas. 
• Contratos para a formación. 
• Contratos con persoas con discapacidade. 
• Outros contratos.
65 
1 Contratos indefinidos: 
Contrato realizado entre traballador e empresario a xornada completa e por tempo indefinido. É 
dicir, non se establecen límites de tempo no que se refire á prestación de servizos. 
Que traballadores se poden subscribir: 
Todos. 
Enlace para a descarga de modelos: 
http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-170.pdf 
2 Contratos indefinidos bonificados: 
Existen varios tipos de contratos indefinidos que van contar cunha serie de bonificacións. Son os 
seguintes: 
• Contrato de traballo indefinido para mulleres desempregadas. 
• Contrato de traballo indefinido para desempregados entre 16 e 30 anos. 
• Contrato de traballo indefinido para desempregados inscritos durante 6 ou máis meses. 
• Contrato de traballo indefinido para persoas maiores de 45 anos. 
• Contrato de traballo indefinido para desempregados con responsabilidades familiares. 
• Contrato de traballo fixo descontinuo. 
• Contrato de traballo indefinido bonificado para traballadores beneficiarios das prestacións 
por desemprego (RD Lei 2/2009). 
• Contrato de traballo indefinido bonificado para traballadores incluídos nos plans sectoriais 
de apoio ao emprego (sector téxtil e da confección). 
• Contrato de traballo indefinido bonificado para desempregados nos plans sectoriais de 
apoio ao emprego (sector calzados, curtido e marroquinería). 
Máis información: 
http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos) 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
66 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
3 Contratos a tempo parcial: 
Contrato polo que se acorda a prestación de servizos durante un número de horas ao día, 
á semana, ao mes ou ao ano inferior á xornada de traballo dun traballador a tempo completo 
comparable. 
Que traballadores se poden subscribir: 
Todos. 
Máis información: 
http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos) 
4 Contratos por obra ou servizo: 
Contrato que ten por obxecto a realización de obras ou servizos con autonomía propia dentro 
da actividade da empresas. A execución dos mesmos terá unha duración, en principio, incerta e a 
xornada poderá concertarse a tempo completo ou parcial. 
Que traballadores se poden subscribir: 
Todos. 
Máis información: 
http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos) 
5 Contratos de duración determinada en función das circunstancias da 
produción: 
Contrato realizado para atender as esixencias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de 
pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa. A súa duración máxima será de seis 
meses dentro dun período de doce. 
Que traballadores se poden subscribir: 
Todos. 
Máis información: 
http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos)
67 
6 Contratos en prácticas: 
Contrato formativo concertado por quen está en posesión dun título universitario, de formación 
profesional de grao medio ou superior ou dun título recoñecido oficialmente coma equivalente, 
para a prestación de servizos retribuídos nun posto de traballo que permite a obtención da práctica 
profesional axeitada ao nivel de estudos cursados. 
A duración do contrato non pode ser inferior a seis meses nin maior de dous anos. 
Que traballadores se poden subscribir: 
Pódense subscribir todas aquelas persoas que cumpran os dous requisitos seguintes: 
• Estar en posesión dun título de diplomado universitario, enxeñeiro (técnico ou non), 
arquitecto (técnico ou non), licenciado universitario, técnico ou técnico superior da 
formación profesional, ou título recoñecido como equivalente que habilite para o exercicio 
profesional. 
• Que non transcorreran máis de catro anos (6 se é un discapacitado) desde a finalización 
dos estudos necesarios para a titulación de que se trate, ou desde a data de validación dos 
estudos en España de ter obtido a titulación no estranxeiro. 
Enlace para a descarga de modelos: 
http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-176.pdf 
7 Contratos en formación: 
Contrato formativo polo que o traballador se compromete a prestar un traballo, e a recibir 
formación teórico- práctica para o desempeño adecuado dun oficio ou posto de traballo que requira 
un determinado nivel de cualificación, e polo que o empresario/a obrígase a remunerar a aquel, e a 
proporcionarlle traballo efectivo e concederlle os permisos necesarios para aquela. 
Este contrato non pode ser a tempo parcial. 
A duración non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de dous anos. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
68 
Que traballadores se poden subscribir: 
Pódense subscribir todas aquelas persoas que cumpran os dous requisitos seguintes: 
• Carecer da titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio obxecto da 
formación. 
• Ser maior de 16 anos e menor de 21 no momento de formalizar o contrato, a non ser que 
o contrato se concerte cun desempregado incluído nalgún dos seguintes colectivos: 
- Discapacitados. 
- Persoas en situación de exclusión social. 
- Persoas que leven sen actividade laboral máis de tres anos. 
- Persoas que se incorporen a un programa de escola – taller ou casa de oficios, nos 
que a idade máxima será de 24 anos. 
- Persoas que se incorporen a un programa de taller de emprego. 
Non poderá ser contratado novamente baixo esta modalidade o 
traballador que esgotara o prazo máximo de duración deste contrato 
ou dun de aprendizaxe. (Para non incumprir este requisito o autónomo 
pode solicitar información ao INEM). 
Enlace para a descarga de modelos: 
http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-175.pdf 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
8 Contratos con persoas con discapacidade: 
Contrato especialmente dirixido a aquelas persoas que presenten algún tipo de discapacidade. 
Existen varias modalidades: 
• Indefinidos. 
• Temporais. 
• Para a formación. 
• En prácticas. 
• De interinidade.
69 
Que traballadores se poden subscribir: 
Pódense subscribir todas aquelas persoas que estean nalgunha das seguintes circunstancias: 
• Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que sexa recoñecido 
polo organismo competente. 
• Pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade 
permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidade. 
• Pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro 
por incapacidade permanente para o servizo ou por inutilidade. 
No caso de que se queira subscribir un contrato indefinido para 
persoas con discapacidade, o traballador non poderá estar vinculado á 
empresa (nin ao grupo de empresas se é o caso) mediante outro tipo 
de contrato indefinido nos 24 meses anteriores 
Enlace para a descargas de modelos (correspondente ao indefinido): 
http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-186.pdf 
9 Outros contratos: 
Estes son só algúns dos contratos máis usuais. Existen moitos máis, dos que se pode atopar 
cumprida información na páxina web do INEM. Algúns deles son os seguintes: 
• Contratos para a investigación. 
• Contratos de interinidade. 
• Contratos de relevo. 
• Contratos de substitución por xubilación anticipada. 
• Contratos de traballo a domicilio. 
• Contratos de traballo en grupo. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
70 
7.4 Trámites ante o Instituto Nacional da Seguridade Social 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
Haberá que realizar tres trámites fundamentais ante o INSS: 
• Inscrición da empresa e comunicación de apertura do centro de traballo. 
• Afiliación dos traballadores. 
• Alta dos traballadores. 
• Inscrición da empresa e comunicación de apertura do centro de traballo: 
O autónomo debe solicitar a súa inscrición na Seguridade Social á Tesouraría Xeral da Seguridade 
Social previamente á alta dos traballadores. 
Tamén debe ser comunicada á Tesouraría Xeral da Seguridade Social a apertura de centros de 
traballo para a súa identificación. 
• Afiliación dos traballadores: 
A afiliación á Seguridade Social é obrigatoria e única para toda a vida. A afiliación dos traballadores 
pode realizarse: 
- A instancia do empresario: 
Os empresarios están obrigados a solicitar a afiliación á Seguridade Social dos traballadores 
ao seu servizo, a non ser que estivesen xa afiliados. 
- A instancia do traballador: 
Os traballadores por conta propia (p.ex. autónomos) que inicien a súa actividade como 
tales deben solicitar a súa afiliación, a non ser que xa estivesen afiliados. 
Así mesmo, os traballadores por conta allea respecto dos que o empresario non cumprise a 
obriga de solicitar a súa afiliación, poderán solicitala directamente. 
- Afiliación de oficio: 
A afiliación realizarase de oficio pola Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade 
Social, cando como consecuencia da Inspección de Traballo e Seguridade Social, se comprobe 
o incumprimento da obriga de solicitar a afiliación. 
• Alta dos traballadores: 
Ademais da obriga de solicitar a afiliación dos traballadores que non o estivesen, os empresarios 
están obrigados a comunicar as altas dos traballadores que entren na empresa ou cambien de centro 
de traballo cun número de cotización diferente. 
A alta é o acto formal de integración do traballador nun determinado réxime do sistema da 
Seguridade Social.
71 
7.5 Incentivos á contratación de traballadores 
As Administracións Públicas ofrecen distintos tipos de incentivos para fomentar a creación e a 
calidade do emprego. 
Aínda que os programas de apoio teñen diversos obxectivos, pódese dicir 
que os incentivos son establecidos para fomentar a creación de emprego, 
para elevar o nivel de contratos por tempo indefinido, e para facilitar o 
acceso ao mercado de traballo de colectivos con especiais dificultades. 
Estes incentivos teñen contido diverso: 
• Poderían consistir no pagamento dunha cantidade a fondo perdido; 
• Tamén poderían consistir na redución da carga que soporta o empregador: por exemplo, 
unha redución das cotizacións á Seguridade Social. 
Por outra parte, a creación de emprego, nos mesmos termos que se acaban de mencionar, é 
unha variable que se pode ter en conta á hora de conceder outro tipo de axudas ou incentivos. Por 
exemplo, se varios empresarios optan a unha subvención en réxime de concorrencia competitiva, 
seguramente obterán puntos por crear emprego, por manter unha política de estabilidade ou por 
incluír persoas de determinados colectivos no seu cadro de persoal. 
Na actualidade, hai distintas Administracións e distintos órganos que ofrecen incentivos á 
contratación, entre outros: 
• Consellería de Traballo. Co cambio de goberno agora chámase Consellería de Traballo e 
Benestar. 
• Administración da Seguridade Social. 
Algúns programas de incentivos son estes: 
• Programa de fomento da contratación en prácticas de mozos con titulacións de difícil 
empregabilidade. 
• Programa de fomento da contratación de mozos para substitución de traballadores que 
rematan a súa vida laboral. 
• Programa de creación de novos empregos para mozos titulados nas empresas de menos de 
30 persoas traballadoras. 
• Programa da contratación indefinida inicial de mozos desempregados. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
72 
• Programa de incentivos á transformación en indefinidos de determinados contratos 
temporais celebrados con mozos. 
• Programa de incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas 
pertencentes a colectivos en risco de exclusión social. 
• Programa de fomento da contratación indefinida inicial de colectivos desempregados con 
dificultades de inserción laboral. 
• Programa de fomento de permanencia nas empresas con contrato estable a aqueles que 
teñan na actualidade un contrato temporal. 
• Programa de axudas a empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro 
traballador fixo. 
• Programa de fomento da contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D. 
• Programa de incentivos a Plans empresariais de estabilidade laboral. 
• Programa para o fomento das transformacións dos contratos temporais en indefinidos. 
• Incentivos á contratación indefinida de persoas con discapacidade. 
7.6 Contratación de familiares do traballador autónomo 
O Estatuto do Traballador Autónomo, na súa Disposición adicional 
décima, recoñece o dereito do empresariado autónomo a contratar 
como traballadores aos seus familiares. Isto supón unha modificación da 
Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a Mellora do Crecemento e do 
Emprego.. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
Máis concretamente, este dereito recoñécese en dous casos: 
• En primeiro lugar, todo/a autónomo/a poderá contratar como traballadores por conta allea 
aos seus fillos menores de 30 anos, aínda que convivan con el. 
• En segundo lugar, e só no caso de que se trate dun autónomo sen asalariados, poderá 
tamén contratar a un único familiar menor de 45 anos, aínda que non conviva con el nin 
estea ao seu cargo. 
Ademais, os familiares contratados terán dereito ás medidas protectoras da Seguridade Social, coa 
excepción da cobertura por desemprego. Non terán dereito a percibir a prestación por dito motivo.
8. Trámites de 
posta en marcha 
coma Autónomo
75 
8. Trámites de posta en marcha 
coma Autónomo 
A medida que se foron desenvolvendo os epígrafes que compoñen a presente guía, tamén se foi 
facendo referencia ás obrigas con eles relacionados. Porén, facíase necesario á súa vez recoller os 
trámites e lugares para constituírse como empresario/a individual. Estes trámites son máis sinxelos 
que os que se terían que realizar para constituír unha sociedade mercantil. Por exemplo, un autónomo 
ou autónoma non precisa solicitar un CIF en Facenda xa que operará co seu NIF. A continuación 
describiremos os lugares que haberá que visitar e os trámites que se deberán realizar para poñer en 
marcha un negocio como empresario/a individual: 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
TRÁMITES ENTIDADE 
Declaración Censal Delegación provincial de Facenda 
Alta no Imposto de Actividades 
Delegación provincial de Facenda 
Económicas 
ou concello 
Alta no Réxime Especial de traballadores 
autónomos 
Tesouraría Xeral da Seguridade 
Social 
Solicitude do número de patronal(CCC) 
Tesouraría Xeral da Seguridade 
Social 
Comunicación de apertura do centro de 
traballo 
Dirección provincial de traballo 
Solicitude de calendario laboral Dirección provincial de traballo 
Solicitude de libros de visita Dirección provincial de traballo 
Licenza de obras Concello 
Licenza de apertura Concello 
Descrición dos trámites: 
• Declaración censual 
Antes do inicio da actividade debemos realizar este trámite en Facenda. Nel deben indicarse 
os datos do autónomo/a así coma as obrigas fiscais ás que estará suxeito. Se existe unha 
modificación nos datos, como un cambio de domicilio, ou se produce o cese deberase 
cumprimentar outra declaración.
76 
• Alta no IAE 
Aínda que o empresario ou empresaria individual, pola súa condición de persoa física, está 
exento do pago deste imposto, deberá darse de alta no epígrafe do IAE que mellor se 
axuste á actividade que se vai realizar. Hai que poñer especial atención á hora de escoller 
o epígrafe xa que soamente se poderán realizar as actividades que se lle asocien. Neste 
sentido permítese darse de alta en máis dun epígrafe polo que é recomendable darse de alta 
en todos os que correspondan coa actividade que se vai desenvolver. 
• Alta no réxime Especial de traballadores autónomos (RETA) 
Toda persoa que realice de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica a 
título lucrativo e sen suxeición a contrato de traballo, deberá darse de alta no RETA. Este 
trámite deberá facerse no mes seguinte ao inicio da actividade. 
• Solicitude do número de patronal (CCC) 
Este trámite tan só é necesario se se van contratar empregados/as. Con el inscríbese á 
empresa na seguridade social e asígnaselle ao empresario ou empresaria un Código de 
Conta Cotización. Esta requisito só se realizará unha vez, e será válido para toda a vida do 
empresario e para todo o territorio nacional. 
• Comunicación de apertura do centro de traballo 
Cando se inicie a actividade deberá realizarse de xeito obrigatorio. Nela recolleranse datos 
sobre o centro de traballo, e sobre a actividade que desenvolve. 
• Solicitude do calendario laboral 
Este pódese obter na dirección provincial de traballo, en sindicatos…Debe reflectir o horario 
de traballo e as festas nacionais e autonómicas. 
• Solicitude do libro de visitas 
É obrigatorio para todas as empresas ter este libro, xa que se deberá presentar ante unha 
Inspección de traballo. 
• Licenza de obras 
Tan só é necesaria se se van realizar obras de acondicionamento no local; se non se van 
realizar obras non haberá que solicitala. Este trámite realízase no concello. 
• Licenza de apertura 
Toda persoa física ou xurídica debe contar con esta licenza, xa que é a autorización previa 
e necesaria para a apertura de establecementos nos cales se realicen actividades de índole 
económica. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
9. O colectivo 
autónomo 
economicamente 
dependente
79 
9. O colectivo autónomo 
economicamente dependente 
Cando un autónomo ou autónoma é economicamente dependente? 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
Ten algunha vantaxe esta consideración? 
No ano 20071 incorporouse ao Estatuto do Traballador Autónomo a figura do Traballador 
Autónomo Economicamente Dependente (TAED). Unha das principais motivacións da inclusión 
desta figura foi evitar a, cada vez máis frecuente, simulación contractual do “falso autónomo”, que 
consistía na contratación dunha persoa baixo esta forma para realizar un traballo coas características 
propias do traballo por conta allea eludindo, deste xeito, as obrigas en materia laboral e de Seguridade 
Social. 
9.1 Definición e características 
Tal e como se recolle no Estatuto, o Traballador Autónomo Economicamente Dependente (TAED) 
será aquel que, de xeito lucrativo, realice actividades económicas ou profesionais de forma habitual 
e directa para unha empresa (ou cliente/a) da cal dependa economicamente, por xerar a actividade 
un mínimo do 75% dos seus ingresos. 
Para o cálculo do 75% considerarase os ingresos percibidos polos 
rendementos do traballo recibidos polo autónomo de todos os seus clientes, 
incluído o que se toma como referencia para determinar a condición de 
traballador autónomo economicamente dependente, e tamen, se existisen, 
os rendementos por conta allea. 
1 Lei 20/2007 do 11 de Xullo
80 
A parte dos requisitos contidos na definición, para encadrarse como economicamente dependente, 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
o traballador autónomo debe cumprir as seguintes condicións: 
• Non ter ao seu cargo traballadores ou subcontratar parte da actividade a terceiras persoas. 
• Non realizar a súa actividade dun xeito indiferenciado dos restantes traballadores e 
traballadoras que presten servizos ao cliente, sexan cales sexan a súas modalidades 
contractuais. 
• Dispoñer de medios materiais propios para o desenvolvemento da actividade. 
• Non estar sometidos á organización do cliente, sen prexuízos das súas indicacións técnicas. 
• Asumir o risco da súa actividade, recibindo por ela o pago pactado en función do 
resultado. 
9.2 O contrato do TAED 
Para que o traballador ou traballadora economicamente dependente realice a súa actividade 
debe mediar entre el e o cliente un contrato de traballo, formalizado sempre por escrito, onde se 
detallen as características do servizo que se prestará. O contrato debe estar debidamente inscrito 
nunha oficina pública de emprego. 
Para poder realizar o contrato a persoa traballadora comunicará ao cliente a súa condición de 
dependente, podendo este último pedir documentos xustificativos do cumprimento dos requisitos 
enunciados no punto anterior. 
O contrato, que terá a duración que as partes determinen podendo remitirse esta á finalización 
do servizo, debe reflectir para ser válido, como mínimo, os seguintes aspectos: 
• Identificación das partes que realizan o contrato (cliente e 
autónomo) 
• Enumeración e descrición dos elementos que outorgan ao autónomo 
o estatus de economicamente dependente respecto ao cliente. 
• Obxecto e causa do contrato. 
• O réxime de interrupción da actividade, contemplando a interrupción 
anual, o descanso semanal e os festivos. Neste sentido, débese 
especificar tamén a duración máxima da xornada laboral incluíndo a 
súa distribución semanal. 
• De aplicarse, o acordo de interese profesional
81 
Aparte dos contidos obrigatorios tamén se poden especificar no contrato aspectos tales como 
a data de comezo e duración do contrato e das súas prelacións, a contía da indemnización en caso 
de extinción do contrato por algunha das partes ou aclaración en materia de prevención de riscos 
laborais. En definitiva, poderase incluír calquera estipulación que se considere oportuna. 
A extinción do contrato entre as partes producirase cando concorra algunha das seguintes 
circunstancias: 
• Exista mutuo acordo entre as partes. 
• Concorran causas validamente consignadas no contrato. 
• Causas incompatibles coa actividade tales como invalidez, xubilación ou defunción. 
• Por abandono do TAED, debendo mediar o aviso previo estipulado conforme aos termos 
recollidos no contrato. 
• Vontade do TAED fundada en incumprimentos contractuais severos por parte do cliente. 
• Vontade do cliente por causa xustificada. 
• Por decisión da traballadora autónoma economicamente dependente no suposto de ser 
vítima da violencia de xénero. 
Cando a extinción do contrato se deba ao incumprimento contractual 
dunha das partes, a outra terá dereito a percibir unha indemnización polos 
danos que lle ocasione. Neste sentido, se a resolución é por vontade do 
cliente sen causa, o traballador terá dereito á indemnización do parágrafo 
anterior, e no caso de que se resolva o contrato por vontade do traballador, 
sen fundarse nunha causa, o cliente poderá ser indemnizado cando a 
extinción lle cause un prexuízo importante ou paralice ou perturbe a súa 
actividade 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
82 
9.3 Dereitos adquiridos polo traballador autónomo eco-nomicamente 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
dependente 
Cando un autónomo ou autónoma ten a consideración de economicamente dependente adquire 
determinados dereitos que o benefician. Os máis significativos son: 
• Ten dereito a interromper a súa actividade laboral 18 días hábiles. Esta cifra poderase 
incrementar se se recolle explicitamente no contrato ou no acordo de interese profesional. 
• A realización de actividades por un tempo superior ao pactado terá carácter voluntario. 
• O horario da actividade deberá adaptarse, na medida do posible, para poder conciliar a vida 
laboral e profesional. 
• Dereito á defensa dos seus dereitos diante da xurisdicción. 
• Dereito a indemnización no caso de despido improcedente. 
Para concluír este epígrafe debe mencionarse, aparte dos dereitos do Traballador Autónomo 
Economicamente Dependente, a obrigatoriedade de incorporar dentro do ámbito de acción protectora 
da seguridade social as cotizacións para a cobertura por incapacidade temporal, accidentes de traballo 
e enfermidades profesionais.
10. A conversión 
do Autónomo ou 
Autónoma en 
sociedade
85 
10. A conversión do Autónomo ou 
Autónoma en sociedade 
Como se fai o cambio cara unha sociedade mercantil? 
Cal é a sociedade mercantil máis sinxela de constituír ? 
Durante o desenvolvemento dunha actividade empresarial poden darse diversos feitos, como o 
incremento do volume da cifra de negocios ou a necesidade de abrir novos nichos de mercado, que 
fagan que se presente a disxuntiva de se sería conveniente, ou non, mudar a forma xurídica para 
levala a cabo. 
Para realizar este proceso non existen métodos “máxicos” senón que se debe crear unha 
sociedade desde “cero” para, a continuación, transmitirlle os bens e, de telos, os traballadores 
contratados polo empresario individual. 
Para transmitir os bens á nova Sociedade existen varias posibilidades: unha é manter a propiedade 
dos bens e arrendarllos á nova empresa. Outra sería vender os bens á Sociedade que se creou, 
tributando, dependendo do imposto ao que se estea suxeito: 
• un 7% polo Imposto de Actos Xurídicos Documentados (AXD) e Transmisións Patrimoniais 
(ITP). 
• un 16% polo Imposto Sobre o Valor Engadido (IVE). 
A última opción e, en moitos casos a óptima, é a de ceder os bens como unha achega non 
monetaria ao capital da nova sociedade, pagando neste caso o 1% do seu valor polo imposto de 
Actos Xurídicos Documentados (AXD) e Transmisións Patrimoniais (ITP)1. 
No caso de que o empresario ou empresaria individual teña contratado a algún traballador, o seu 
traspaso á sociedade deberase realizar mediante unha subrogación empresarial. Garántense deste 
xeito os dereitos adquiridos polos traballadores no seu anterior traballo, respectando así o contido 
do Estatuto dos traballadores. 
1 Concretamente, dentro do imposto de actos Xurídicos Documentados e Transmisións Patrimoniais, esta operación 
encádrase na modalidade de Operación Societaria (OS) que grava, entre outras cousas, as achegas ás sociedades. 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
86 
Se finalmente se opta por dar o salto de Empresario/a individual a Sociedade mercantil, débese 
ter en conta que as obrigas de rexistro aumentarán dunha maneira considerable. A parte de levar 
unha contabilidade axustada ao Código de Comercio deberanse elaborar as memorias, as actas das 
Xuntas Xerais, libros de rexistro de accións ou socios, segundo corresponda. 
Á hora de facer o cambio de persoa física á sociedade mercantil, é moi conveniente, sempre que 
sexa posible, facer no mesmo día todos os trámites, xa que no tempo que dista entre a baixa como 
Autónomo/a e a alta como administrador da Sociedade estarase sen a cobertura da Seguridade 
Social. 
10.1 Tipoloxía e constitución da sociedade mercantil 
Á hora de elixir a forma societaria existen varias alternativas, entre as cales se poden destacar as 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
que figuran no seguinte cadro. 
FORMA XURÍDICA 
Número de 
socios 
Capital social 
mínimo 
Responsa-bilidade 
Réxime fiscal Formalidades de 
constitución 
Seguridade 
social 
Empresario/a individual 
1 
Non existe 
legalmente 
Ilimitada IRPF 
Ningunha 
Formalidade 
Autónomos 
Sociedade de responsabilidade limitada 
Mínimo 1 
3,005,06€ 
desembolso 
100% 
Limitada 
ao capital 
achegado 
Imposto 
Sociedades 
Escritura Pública 
Réxime Xeral 
ou Autónomos 
Sociedade limitada Nova Empresa 
Mínimo 1 
Máximo 5 no 
momento de 
constitución 
(técnicas 
telemáticas) 
3,012€ máximo 
120,202€ 
Limitada 
ao capital 
achegado 
Imposto 
Sociedades 
Escritura 
Pública(técnicas 
telemáticas) 
Réxime Xeral 
ou Autónomos 
Sociedade anónima 
Mínimo 1 
60,101,21€ 
desembolso 
mínimo 25% 
Limitada 
ao capital 
achegado 
Imposto 
Sociedades 
Escritura Pública 
(con estatutos) 
Réxime Xeral 
ou Autónomos 
Sociedade limitada laboral 
Mínimo 3 
3,005,06€ 
desembolso 
100% 
Limitada 
ao capital 
achegado 
Imposto 
Sociedades 
Escritura Pública Réxime Xeral 
Sociedade cooperativa 
De 1º grao: 
mín. 3 
De 2º grao: 
mín. 2 
Fixado nos 
estatutos 
Limitada 
ao capital 
achegado 
Imposto 
Sociedades 
Escritura Pública 
Réxime Xeral 
ou Autónomos
87 
Aínda que poden existir pequenas diferenzas nalgúns trámites dependendo do tipo de sociedade 
que se vaia constituír, por norma xeral os pasos a seguir son os seguintes: 
GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 
TRÁMITES ENTIDADE 
Certificación negativa do nome 
Rexistro Mercantil central 
www.rmc.es 
Escritura pública de constitución Notaría 
Impostos de TPO e AXD Dirección Xeral de tributos 
Alta da sociedade en facenda Delegación provincial de Facenda 
Inscrición no Rexistro Mercantil Rexistro Mercantil 
Alta na Seguridade Social 
Tesouraría Xeral da Seguridade 
Social 
Comunicación de apertura do centro de 
traballo 
Inspección de traballo 
Licenza de obras Concello 
Licenza de apertura Concello 
Descrición dos trámites: 
1 .Certificación negativa do nome ou denominación social. 
Este é o primeiro trámite que se ten que levar a cabo. Mediante a súa realización, acredítase 
que non existe ningunha outra sociedade cun nome igual ou parecido á que se pretende 
crear. 
2. Escritura pública de Constitución. 
Este é o trámite de constitución dunha Sociedade Mercantil e debe realizarse mediante 
unha escritura notarial na que se debe facer constar: 
- A identidade da persoa ou persoas promotoras. 
- A vontade de constituír a Sociedade 
- A achega que realiza cada socio/a 
- Sistema de administración que vai rexer a Sociedade
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo

More Related Content

Similar to 1. Guía básica del autónomo

Similar to 1. Guía básica del autónomo (20)

Tema 1.3
Tema 1.3Tema 1.3
Tema 1.3
 
15. Conceptos básicos de tesorería
15. Conceptos básicos de tesorería15. Conceptos básicos de tesorería
15. Conceptos básicos de tesorería
 
Webquest trámites de creación empresa
Webquest trámites de creación empresaWebquest trámites de creación empresa
Webquest trámites de creación empresa
 
Impulso 75
Impulso 75Impulso 75
Impulso 75
 
Impulso 55
Impulso 55Impulso 55
Impulso 55
 
Contra a Reforma Laboral
Contra a Reforma LaboralContra a Reforma Laboral
Contra a Reforma Laboral
 
3. Emprender en tiempos de crisis
3. Emprender en tiempos de crisis3. Emprender en tiempos de crisis
3. Emprender en tiempos de crisis
 
6. Instrumentos básicos de financiamento
6. Instrumentos básicos de financiamento6. Instrumentos básicos de financiamento
6. Instrumentos básicos de financiamento
 
As desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoAs desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballo
 
Impulso 89
Impulso 89Impulso 89
Impulso 89
 
Lexislación mercantil, fiscal
Lexislación mercantil, fiscalLexislación mercantil, fiscal
Lexislación mercantil, fiscal
 
Impulso 90
Impulso 90Impulso 90
Impulso 90
 
Subvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedadesSubvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedades
 
Tema 4. 3º ESO
Tema 4. 3º ESOTema 4. 3º ESO
Tema 4. 3º ESO
 
Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021
 
Impulso 52
Impulso 52Impulso 52
Impulso 52
 
51. Diagnóstico financiero de la empresa
51. Diagnóstico financiero de la empresa51. Diagnóstico financiero de la empresa
51. Diagnóstico financiero de la empresa
 
Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 
A análise do Fondo de manobra
A análise do Fondo de manobraA análise do Fondo de manobra
A análise do Fondo de manobra
 
A forma xurídica
A forma xurídicaA forma xurídica
A forma xurídica
 

1. Guía básica del autónomo

  • 1. M A N U A I S P R Á C T I C O S D E X E S T I Ó N Guía básica do Autónomo
  • 2.
  • 3. Guía básica do Autónomo Dirección, coordinación e supervisión técnica C.E.E.I. GALICIA, S.A.
  • 4. 2 AUTOR Analiza – Técnicas de Investigación Social S.A. COLABORADOR Ana Núñez González EDITA C.E.E.I. GALICIA, S.A. (c) da edición: C.E.E.I. GALICIA, S.A. D.L DESEÑO E MAQUETACIÓN Analiza – Técnicas de Investigación Social S.A. Producciones Khartum S.L. IMPRIME Santiago de Compostela, C.E.E.I. GALICIA, S.A. 2009 Quedan rigorosamente prohibidas, sen a autorización escrita dos titulares do “Copyright”, baixo as sancións establecidas nas leis, a reprodución total ou parcial desta obra por calquera medio ou procedemento, incluídas a reprografía e o tratamento informático e a distribución de exemplares dela mediante aluguer ou préstamos públicos. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 5. 3 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO ÍNDICE 0. INTRODUCIÓN 5 1. O TRABALLO AUTÓNOMO 9 1.1 Principais características do traballo autónomo 12 1.2 Supostos incluídos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos 13 1.3 O Estatuto do Traballador Autónomo 17 2. VANTAXES E INCONVENIENTES DO TRABALLO AUTÓNOMO 21 2.1 Principais vantaxes: 23 2.2 Principais inconvenientes: 24 3. A RESPONSABILIDADE DO TRABALLADOR AUTÓNOMO 27 3.1 Bens que se poden protexer fronte ás futuras débedas 29 3.2 A responsabilidade ilimitada no caso de matrimonio 30 4. PATRIMONIO EMPRESARIAL VS PATRIMONIO PERSOAL 33 4.1 Incidencias no IRPF 36 4.2 Incidencias no IVE 38 5. AS PRINCIPAIS OBRIGAS CONTABLES E DE REXISTRO 39 5.1 Libros Esixidos polo IRPF 42 5.2 Libros esixidos polo IVE 43 5.3 Como levar os libros contables? 45 5.4 Conservación dos libros 45 5.5 Legalización dos libros 45 6. A SEGURIDADE SOCIAL DO AUTÓNOMO 47 6.1 Afiliación 49 6.2 Cotización 49 6.3 Base de cotización 50 6.4 Tipo de cotización 51 6.5 Cotas 51 6.6 Beneficios na cotización: reducións e bonificacións 52
  • 6. 4 7. A CONTRATACIÓN DE PERSOAL:PARTICULARIDADES 59 7.1 Solicitude de traballadores 61 7.2 O contrato de traballo 63 7.3 Tipos de contratos 64 7.4 Trámites ante o Instituto Nacional da Seguridade Social 70 7.5 Incentivos á contratación de traballadores 71 7.6 Contratación de familiares do traballador autónomo 72 8. TRÁMITES DE POSTA EN MARCHA COMA AUTÓNOMO 73 9. O COLECTIVO AUTÓNOMO ECONOMICAMENTE DEPENDENTE 77 9.1 Definición e características 79 9.2 O contrato do TAED 80 9.3 Dereitos adquiridos polo traballador autónomo economicamente dependente 82 10. A CONVERSIÓN DO AUTÓNOMO OU AUTÓNOMA EN SOCIEDADE 83 10.1 Tipoloxía e constitución da sociedade mercantil 86 11. PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS 91 11.1 A PRL: Obrigas dos autónomos coma empresarios 94 11.2 A PRL: Dereitos dos autónomos coma traballadores por conta propia 98 11.3 Marco xurídico aplicable. 99 12. AXUDAS E SUBVENCIÓNS 101 12.1 Aspectos clave a ter en conta antes de solicitar unha subvención 103 12.2 Axudas para a mellora e desenvolvemento das empresas 105 12.3 Axudas para o fomento da creación de empresas 109 13. DIRECCIÓNS DE INTERESE 111 14. PREGUNTAS FRECUENTES 119 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 8.
  • 9. 7 0. Introdución O colectivo autónomo fórmano aquelas persoas físicas que realizan de xeito habitual, persoal e directo por conta propia unha actividade económica”. Baixo esta definición encádranse miles de persoas cuxas achegas ao crecemento económico, e ao benestar social, son decisivas. Os datos recollidos neste ámbito polo Instituto Nacional de Estatística son abafadores: no ano 2007 operaban en Galicia 100.126 empresas que non posuían ningún asalariado e que supoñían, en termos porcentuais, o 46% do total. Pese á magnitude dos datos proporcionados polo INE, estes só recollen a parte do colectivo autónomo sen asalariados, neste sentido, os datos da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos-ATA, que nos poden proporcionar un mellor indicativo, cifran o número de autónomos para o mesmo período en 190.664. O labor dos empresarios e empresarias individuais é arduo. A parte dos labores propios da actividade empresarial teñen que realizar labores de xestión, planificación, comerciais... Por este motivo, desde o BIC Galicia percibiuse como necesaria a creación dun manual de consulta que servise de apoio aos autónomos e emprendedores. Este manual, ademáis desta Guía Básica, compleméntase coa creación inicialmente de seis cadernos prácticos de xestión: • Instrumentos básicos de financiamento para autónomos • A xestión de tesouraría no colectivo autónomo • Visual merchandising • Os contratos mercantís e financeiros • Comunicación e técnicas de venda • A fiscalidade do autónomo Todos estes contidos intégranse, para a súa consulta “online”, no portal Web www.autonomosgalicia.org, no cal pódense atopar, ademais destes, outros recursos de grande utilidade. O obxectivo deste conxunto de recursos é permitir aos autónomos e autónomas, resolver as posibles dúbidas, que lles xurdan no desenvolvemento da súa actividade. Noutras palabras, permitir que este colectivo opere cun nivel máis elevado de información, acadando, deste xeito, unha mellora na xestión dos seus negocios. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 10. 8 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 11. 1. O traballo autónomo
  • 12.
  • 13. 11 1. O traballo autónomo GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO Quen forma o colectivo Autónomo? Cales son as características do traballo autónomo? Usualmente identificamos como colectivo autónomo todas aquelas persoas que traballan por conta propia baixo a forma xurídica de Empresario individual. Esta denominación débese a que como norma xeral este colectivo está obrigado a cotizar no Réxime Xeral de Traballadores Autónomos (RETA) da Seguridade Social. A efectos deste réxime o colectivo autónomo fórmano aquelas persoas físicas que realizan de xeito habitual, persoal e directo por conta propia e fóra do ámbito de dirección e organización doutra persoa, unha actividade económica ou profesional a título lucrativo, contando ou non con traballadores ao seu cargo. Segundo o Réxime Especial de Traballadores Autónomo estes deberán: > Realizar de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica ou profesional a título lucrativo. > Estar fóra do ámbito de dirección e organización doutra persoa. Agás proba en contrario, presumirase que unha persoa é autónomo cando ostente a titularidade dun establecemento aberto ao público como propietario, arrendatario, usufrutuario ou outro concepto análogo. Tamén se inclúen como autónomos ao cónxuxe e aos parentes ata o segundo grao que traballen con el, a non ser que se acredite a súa condición de asalariados.
  • 14. 12 1.1 Principais características do traballo autónomo As principais características comúns a esta figura, entendida como empresario/a individual e como persoa titular dun establecemento comercial, agricultor ou profesional liberal son as seguintes: • A personalidade xurídica da empresa é a mesma cá da persoa que ostenta a propiedade do negocio. • Quen ostenta a propiedade do negocio é quen exerce a xestión e o control total da empresa. • Non precisa proceso de constitución aínda que si require a realización dalgúns trámites de posta en marcha en función da actividade a desenvolver. • Non existe un capital mínimo esixido. • A responsabilidade do colectivo autónomo é ilimitada, é dicir, responde ante as débedas futuras con todo o seu patrimonio profesional e persoal. • A contabilidade realizarase conforme á normativa mercantil e fiscal vixente. Porén, hai que ter en conta que existe un incentivo para as persoas autónomas, que é a posibilidade de acollerse a un réxime simplificado á hora de tributar. • Os beneficios tributarán polo IRPF na modalidade de Rendementos de Actividades Económicas. • A actividade estará sometida ás disposicións xerais do Código de Comercio en materia mercantil e ao Código Civil en materia de dereitos e obrigas. Debe sinalarse que esta figura clásica veu evolucionando enormemente nos últimos anos. Na actualidade, xunto con ela, xa conviven outras figuras tan heteroxéneas como as persoas autónomas economicamente dependentes, os socios traballadores de cooperativas e sociedades laborais, ou os administradores de sociedades mercantís que posúen o control efectivo das mesmas. Todos eles son tamén supostos incluídos no Réxime Especial dos Traballadores Autónomos e GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO aparecen recollidos no epígrafe seguinte.
  • 15. 13 1.2 Supostos incluídos no Réxime Especial de Traballado-res Autónomos Como se sinalou os empresarios individuais deben afiliarse ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos para a súa cotización á Seguridade Social. ADEMAIS, ESTARÁN OBRIGADAS A DARSE DE ALTA NESTE RÉXIME AS PERSOAS QUE ESTEAN NUN DOS DOUS SUPOSTOS SEGUINTES: > QUE CUMPRAN ALGUNHA DAS CONDICIÓNS QUE SE INDICAN A CONTINUACIÓN. > QUE, AÍNDA NON CUMPRÍNDOAS, DESENVOLVAN POR CONTA PROPIA CERTAS ACTIVIDADES QUE MÁIS ADIANTE SE SINALAN. Condicións que, de cumprirse, obrigan a afiliarse ao RETA: • Persoas traballadoras maiores de 18 anos, que, de forma habitual, persoal e directa, realizan unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición a contrato de traballo. • Cónxuxe e familiares ata o segundo grao inclusive por consanguinidade, afinidade e adopción que colaboren co traballador autónomo de forma persoal, habitual e directa e non teñan a condición de asalariados. • Os escritores de libros. • Os traballadores autónomos estranxeiros que residan e exerzan legalmente a súa actividade en territorio español. • Traballadores autónomos agrícolas, titulares de explotacións agrarias, cando teñan atribuído un líquido impoñible, segundo a extinguida contribución territorial rústica e pecuaria correspondente ao exercicio de 1982, superior a 300,51 euros. • Profesionais que exerzan unha actividade por conta propia, que requira a incorporación a un Colexio Profesional cuxo colectivo se integre no Réxime Especial de Traballadores Autónomos. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 16. 14 • Profesionais que exerzan unha actividade por conta propia, que requira a incorporación a un Colexio Profesional cuxo colectivo non fose integrado no Réxime Especial da seguridade Social dos Traballadores Autónomos1. • Os socios de sociedades regulares colectivas e socios colectivos de sociedades comanditarias que reúnan os requisitos legais. • Os socios traballadores das Cooperativas de Traballo Asociado, cando estas opten por este réxime nos seus estatutos. Nese caso, a idade mínima de inclusión no Réxime Especial é de 16 anos. • Comuneiros e socios das comunidades de bens e sociedade civís irregulares. • Os socios traballadores das sociedades laborais que teñan como mínimo o 50% do capital social. Para o cómputo desta porcentaxe incluíranse tamén as participacións do seu cónxuxe e dos seus parentes ata o segundo grao por consanguinidade, afinidade ou adopción, sempre que convivan con eles. • Aquelas persoas que desempeñen os cargos de conselleiros ou administradores e que exerzan as funcións de dirección e de xerencia que estes implican. • Tamén aquelas outras persoas que presten outros servizos para unha sociedade mercantil capitalista, a título lucrativo e de forma habitual, persoal e directa, sempre que posúan o control efectivo da mesma, sexa de maneira directa ou indirecta. Entenderase, en todo caso, que se produce tal circunstancia cando as accións ou participacións do traballador supoñan como mínimo o 50% do capital social. 1 Se o inicio da actividade polo profesional colexiado se producise entre o 10 de novembro de 1995 e o 31 de decembro de 1998, a alta no citado Réxime Especial, de non ser esixido con anterioridade a esta última data, deberá ser solicitada durante o primeiro trimestre de 1999 surtindo efectos a partir do primeiro día do mes en que se formulase a correspondente solicitude. De formularse esta no mencionado prazo, os efectos das altas atrasadas serán as regulamentariamente establecidas, fixándose como data de comezo da actividade o 1 de xaneiro de 1999. Non obstante, o establecido nos parágrafos anteriores, quedan exentos da obriga de alta no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, os colexiados que opten ou optasen por incorporarse á Mutualidade de Previsión Social que puidese ter establecida ao correspondente Colexio Profesional, sempre que a citada Mutualidade sexa algunha das constituídas con anterioridade ao 10 de novembro de 1995. Se o interesado, tendo dereito, non optase por incorporarse á Mutualidade correspondente, non poderá exercitar devandita opción con posterioridade. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 17. 15 Actividades que, sempre que sexan exercidas por conta propia (aínda non cumprindo as condicións anteriores) deberán estar incluídas obriga-toriamente no Réxime de Autónomos. 1. Administradores de fincas urbanas. 2. Administradores de Loterías. 3. Axentes comerciais. 4. Axentes comerciais especializados en aceites. 5. Axentes Propiedade Industrial. 6. Axentes e Comisionistas de Aduanas. 7. Axentes da Propiedade Inmobiliaria. 8. Axentes de seguros. 9. Agrícolas por conta propia. 10. Agrícolas cun líquido impoñible que non permita a súa inclusión no REASS (Réxime Especial Agrario da Seguridade Social). 11. Apostas Deportivas (Receptores). 12. Asistentes Sociais. 13. Autoescolas (Profesorado titulado). 14. Capitáns, Xefes e Oficiais da Mariña Mercante. 15. Censores Xurados de Contas. 16. Condutores reparto bombonas de butano (propietarios vehículos). 17. Delineantes. 18. Decoradores. 19. Diplomados/as en Traballo Social. 20. Distribuidores Oficiais de Butano, S.A. 21. Doutores e Licenciados en Ciencias Físicas. 22. Doutores e Licenciados en Ciencias Políticas e Socioloxía. 23. Economistas. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 24. Escritores/as de Libros. 25. Farmacéuticos Titulares de Oficinas de Farmacia. 26. Xestores Intermediarios en Promocións de Edificacións. 27. Graduados sociais. 28. Ferradores e tosquiadores de gando. 29. Enxeñeiros agrónomos. 30. Enxeñeiros Técnicos, Facultativos e Peritos de Minas. 31. Naturópatas. 32. Notarios. 33. Odontólogos e Estomatólogos. 34. Ópticos. 35. Periodistas. 36. Peritos e Taxadores de Seguros. 37. Relixiosos/as da Igrexa Católica. 38. Relixiosos/as de Dereito diocesano de Congregacións da Igrexa Católica. 39. Subaxentes de Seguros. 40. Titulados/as mercantís. 41. Tractoristas que conducen o seu propio tractor e que prestan os seus servizos a titulares de explotacións agrarias. 42. Transportistas con vehículo propio. 43. Vendedores/as de xeados en quioscos. 44. Vendedores/as de prensa. 45. Veterinarios/as.
  • 18. 16 A continuación, amósase unha táboa resumo cos supostos que se deberán incluír no Réxime GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO Especial de Traballadores Autónomos en función da forma xurídica Empresario individual Sempre S.L. e S.A. Socios traballadores con capital >33,33% Socios traballadores con capital >25% e con funcións de dirección e xerencia Socios e familiares ata o 2º grao co 50% do capital Sociedade Laboral Socios e familiares ata o 2º grao co 50% do capital Sociedade Civil Todos os socios traballadores (excepto aqueles que teñan unha porcentaxe de participación menor ao 25%) Sociedade Cooperativa Libre elección dos socios (a única condición é que se inclúan todos eles no mesmo réxime) Por último, hai que ter en conta que, ademais do RETA, existen outros dous réximes especiais de afiliación á Seguridade Social para os autónomos. Son os seguintes: • Réxime Especial Agrario. • Réxime Especial dos Traballadores do mar. Para ampliar información sobre algún deles, podes consultar os seguintes vínculos á páxina web da Seguridade Social: http://www.seg-social.es (Traballadores – Cotización – Réxime Especial Agrario) http://www.seg-social.es (Traballadores – Cotización – Réxime Especial dos traballadores do mar)
  • 19. 17 1.3 O Estatuto do Traballador Autónomo O Estatuto do Traballador Autónomo, aprobado o 11 de xullo do ano 2007, é o primeiro exemplo de regulación sistemática e unitaria do traballo autónomo en toda a Unión Europea. Ata este momento as referencias á figura do autónomo atopábanse dispersas por toda a lexislación social, de aí o avance que supuxo. É unha lei que regula o traballo autónomo pero sen interferir noutros ámbitos do noso tecido produtivo, como o sector agrario, que conta coa súa propia regulación e as súas propias canles de representación. Os colexios profesionais tampouco verán afectadas as súas competencias e atribucións pola aprobación deste Estatuto. A continuación enuméranse as principais novidades que introduciu o Estatuto, con independencia de que cada unha delas sexa tratada con máis profundidade no seu epígrafe correspondente: Aspectos xerais: - Establécese por primeira vez a definición de traballador autónomo. - Formúlase un catálogo de dereitos e deberes dos traballadores autónomos. - Créase o Consello do Traballador Autónomo como órgano consultivo do Goberno en materia socioeconómica e profesional do traballo autónomo. - Regúlanse as regras de prevención de riscos laborais. Aspectos referidos ao Traballador Autónomo Economicamente Dependente: - Regúlase o réxime profesional do traballador Autónomo Economicamente Dependente. - Concrétanse condicións específicas para determinar con claridade quen pode ser considerado traballador Autónomo Economicamente Dependente. - Asígnase á xurisdición social a resolución dos litixios dos traballadores Autónomos Economicamente Dependentes. - Indemnización no caso de despido. - Prestación por cesamento da actividade. - Defensa dos dereitos diante da xurisdición laboral. - Coberturas para accidentes “in tinere”, en desprazamentos. - Dereito a período de vacacións de 18 días hábiles. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 20. 18 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO Prestacións: - Establécense maiores garantías económicas para o traballador autónomo. - Regúlase a protección no caso de baixa por enfermidade. - Permiso por maternidade, paternidade, risco derivado do embarazo ou lactación. - Posibilidade de retiro anticipado. - Incrementouse a redución e bonificación das cotas á seguridade social para mozos ata 30 anos e mulleres ata 35 que inicien a actividade como Autónomos. (Establécese unha redución do 30% da cota durante 30 meses, mentres que ata o de agora era dun 25% durante 24 meses). Outros dereitos do Traballador Autónomo: - Contémplase a posibilidade de celebrar acordos de interese profesional entre asociacións de autónomos ou sindicatos e empresas, sempre que non vaian en contra dos postulados da Lei de Defensa da Competencia. - Dereito ao asociacionismo e demais dereitos asociados. - Posibilidade de contratar como asalariados aos fillos menores de 30 anos que convivan no mesmo fogar. Os Reais Decretos que desenvolven este Estatuto son os seguintes: - Real Decreto 1382/2008, do 1 de agosto, polo que, en desenvolvemento da Lei 18/2007, do 4 de xullo, pola que se procede á integración dos traballadores por conta propia do Réxime Especial Agrario da Seguridade Social no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, e a Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo, modifícanse diversos regulamentos xerais no ámbito da Seguridade Social. - Real Decreto 197/2009, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve o Estatuto do Traballo Autónomo en materia de contrato do traballador autónomo economicamente dependente e o seu rexistro e créase o Rexistro Estatal de asociacións profesionais de traballadores autónomos. Podes consultar o texto completo da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo no seguinte enlace: http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?coleccion=iberlex&id=2007/13409
  • 21. 19 Ademais das medidas impulsadas por este Estatuto, nos últimos anos tamén se produciron varias reformas que contribuíron a mellorar a situación do traballo autónomo en España. A continuación enuméranse algunhas das máis salientables: - Eliminouse o Imposto de Actividades Económicas para todas as persoas físicas. - Mellorouse o sistema de capitalización da prestación por desemprego na súa modalidade de pago único para os desempregados que inicien a súa actividade como autónomos. (Lei 2/2004, do 27 de decembro, de Presupostos Xerais para o Estado para o ano 2005). - Recolleuse a cobertura da Incapacidade Temporal desde o cuarto día da baixa. (Lei 36/2003, do 11 de novembro, de Medidas de Reforma Económica). - Recoñeceuse a posibilidade de cobertura por accidentes de traballo e enfermidades profesionais. (Lei 36/2003, do 11 de novembro, de Medidas de Reforma Económica). - Aprobouse unha minoración na base de cotización para todos aqueles que se incorporen por primeira vez ao Réxime Especial dos Traballadores Autónomos, sendo menores de 30 anos ou mulleres maiores de 45. (Lei 36/2003, do 11 de novembro, de Medidas de Reforma Económica). GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 22.
  • 23. 2. Vantaxes e inconvenientes do traballo autónomo
  • 24.
  • 25. 23 2. Vantaxes e inconvenientes do traballo autónomo Na actualidade, cada vez son máis as persoas que libremente deciden realizar un traballo profesional por conta propia, valorando a súa autodeterminación e a súa capacidade para non depender de ninguén. Xa non é algo exclusivo de actividades que requiren escaso investimento, e cada vez é máis habitual ver esta forma xurídica en actividades de alto valor engadido. Isto débese en boa parte ás melloras introducidas nos últimos anos no que se refire á regulación do traballo autónomo, sobre todo na parte das proteccións sociais. Esta forma xurídica é idónea para as empresas de reducido tamaño e para aquelas persoas para as que non supón un problema desenvolver un proxecto en solitario. Nalgunhas ocasións utilízase como sistema para empezar a actividade empresarial cando non se ten o capital necesario para constituír unha sociedade, co fin de poder creala máis adiante. Porén, tamén segue a presentar certas desvantaxes con respecto ao resto de formas xurídicas, que haberá que valorar para elixir a que máis conveña. 2.1 Principais vantaxes: • No traballo autónomo a persoa ten completa liberdade de decisión e o control total da empresa. Non precisa consensuar decisións con outros socios e ela mesma define a súa estratexia e encárgase da xestión. • Liberdade de organización: establece o seu horario con liberdade, agás as limitacións que estableza a propia actividade. • No traballo autónomo non existen os conflitos entre os membros do grupo promotor que adoitan vir dados polas diferentes visións e obxectivos de cada un deles, e que en moitas ocasións pode rematar coa disolución da sociedade. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 26. 24 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO • Simplifícanse os trámites formais e de xestión: » A personalidade xurídica da empresa é a mesma cá da persoa autónoma. O feito de non crear personalidade xurídica distinta da do empresario fai que a súa constitución resulte máis económica e sinxela. » Non necesita proceso previo de constitución e a regulación aplicable é moito menos complexa cá das sociedades mercantís. » É a forma empresarial que mellor se adapta ao funcionamento das empresas de moi reducido tamaño xa que a súa xestión é menos complexa. » É a forma xurídica que menos trámites esixe para a posta en funcionamento da actividade. Non esixe inscrición no Rexistro Mercantil nin constitución mediante escritura pública, co que ademais se reducen os custos notariais e de rexistro. » Non esixe capital mínimo para a súa constitución, senón que depende da vontade de cada autónomo, polo que o investimento necesario é menor. • Pode ofrecer vantaxes fiscais con respecto ao resto. O empresario individual terá que tributar polo IRPF, o que supón que se lle aplicará un tipo progresivo que aumenta a medida que o fagan os beneficios. En cambio, as sociedades mercantís terán que tributar a un tipo fixo do 30% (do 25% para as Empresas de Reducida Dimensión). Isto supón que para as empresas cun montante de beneficios non moi elevado a tributación progresiva lles pode beneficiar. • Ofrece algunhas bonificacións: as persoas menores de 35 anos e as mulleres maiores de 45 que se incorporen ao Réxime Xeral dos Traballadores Autónomos poderán reducir a súa base de cotización ata o 75% da base mínima durante tres anos. • Aínda que é certo que a responsabilidade do empresariado autónomo con respecto as súas futuras débedas é totalmente ilimitada, isto pode non ser demasiado grave no caso de que o endebedamento previsto non sexa moi elevado. 2.2 Principais inconvenientes: • A responsabilidade do empresariado autónomo é ilimitada, xa que non hai separación entre o patrimonio empresarial e o persoal e a persoa autónoma deberá responder persoalmente das obrigas derivadas da actividade da empresa. • No caso de matrimonio en réxime de gananciais, os bens do outro cónxuxe poden quedar afectados polas obrigas derivadas da actividade da empresa.
  • 27. 25 • O titular da empresa terá que facer fronte en solitario a todos os custos e investimentos, así como á xestión e administración da mesma. • O que antes se mencionou como un beneficio fiscal derivado da aplicación dun tipo impositivo progresivo, pode tamén converterse nunha desvantaxe cando o volume de beneficios sexa moi elevado e o tipo impositivo aplicable sexa superior ao que correspondería no caso de tributar polo tipo fixo do IS (30 ou 25%). • As deducións fiscais ás que se pode acoller unha sociedade son moito máis numerosas que as que pode obter o empresariado autónomo, sobre todo en materia de contratación de persoal e de I+D+i. • Tamén obter financiamento é moito máis sinxelo para unha sociedade que para un autónomo, xa que a maioría de produtos que ofertan as entidades financeiras están orientadas a elas. • En moitas ocasións os concursos públicos esixen como requisito constituírse como sociedade para poder optar a eles. • Por último, existen algunhas actividades que non admiten a forma xurídica do empresariado individual. Un exemplo serían as axencias de viaxes que deberán constituírse obrigatoriamente como S.A. ou S.L. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 28.
  • 29. 3. A responsabilidade do traballador autónomo
  • 30.
  • 31. 29 3. A responsabilidade do traballador autónomo Que grao de responsabilidade ten o autónomo GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO ou autónoma á hora de facer fronte ás débedas futuras? O autónomo terá o control total da empresa. Será o que se encargue persoalmente da xestión da mesma e ademais a súa responsabilidade fronte ás débedas contraídas será ilimitada. Isto quere dicir que terá que responder con todo o seu patrimonio, tanto empresarial como persoal e presente e futuro, ante as posibles débedas que se poidan contraer fronte a terceiros. 3.1 Bens que se poden protexer fronte ás futuras débedas Existe a posibilidade de protexer algúns bens para que non poidan ser embargados? Pode o autónomo ou autónoma chegar a perder a súa vivenda habitual? Efectivamente, existe a posibilidade de que algúns bens mínimos non se poidan embargar. Son os seguintes: • O mobiliario e o enxoval da casa, así como as súas roupas e as da súa familia, no que non poidan considerarse superfluos. En xeral, aqueles bens como alimentos, combustible e outros que, a xuízo do tribunal, resulten imprescindibles para que a parte executada e as persoas que del dependan poidan atender cunha dignidade razoable a súa subsistencia. • Os libros e os instrumentos necesarios para o exercicio da profesión, arte ou oficio ao que se dedique o executado, cando o seu valor non garde proporción coa contía da débeda reclamada.
  • 32. 30 • O salario, soldo, pensión, retribución ou o seu equivalente, sempre na parte que non exceda á contía sinalada para o salario mínimo interprofesional. Pola parte que exceda embargarase nunhas determinadas porcentaxes, que poderán ser rebaixadas en función das cargas familiares da parte executada, sempre que sexa por decisión xudicial. • Os bens declarados inalienables. Serán aqueles que se atopan fóra do comercio, que están prohibidos legalmente ou os de disposición de última vontade. No caso de que o embargo afecte a un ben inmoble e o autónomo ou autónoma poida demostrar que se trata da súa vivenda habitual, o embargo da mesma non se poderá producir nos dous casos que se indican a continuación: • Cando se coñezan outros bens da persoa debedora que sexan suficientes e susceptibles de realización inmediata no procedemento executivo. • Cando entre a notificación da primeira dilixencia de embargo e a realización do medio administrativo de alleamento (sexa concurso, poxa…) non pasase o prazo mínimo dun ano. Este prazo dun ano non se interromperá nin tampouco se suspenderá, en ningún caso, nos supostos de ampliacións do embargo orixinario nin nos casos de prórroga das anotacións rexistrais. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 3.2 A responsabilidade ilimitada no caso de matrimonio A responsabilidade podería chegar ata os bens do cónxuxe do autónomo ou autónoma? Se a persoa autónoma está casada, a responsabilidade da súa actividade pode afectar tamén ao seu cónxuxe. Haberá que ter en conta o Réxime económico que rexe o matrimonio e a natureza dos bens que teñan en común.
  • 33. 31 • Réxime de gananciais: Cando non se opta expresamente polo réxime de separación de bens, o de gananciais será o réxime que rexa no matrimonio. Neste caso quedarán afectados ao pago das posibles débedas contraídas na actividade empresarial os bens privativos do empresario ou empresaria, pero tamén os bens comúns do matrimonio que se adquiriran cos beneficios xerados pola actividade empresarial. Cando se trate do resto de bens comúns do matrimonio, para que queden afectados á actividade empresarial, será necesario o consentimento dos dous cónxuxes. Ese consentimento presúmese dado cando a actividade é exercida con coñecemento e sen oposición expresa do cónxuxe, e tamén cando ao contraer matrimonio o empresario ou empresaria xa realizase a actividade e continuase con ela sen a oposición do outro. Exemplo: A dona dunha axencia de tradución casa coa súa parella en réxime de gananciais. Se o seu marido non manifesta a súa oposición expresa, todos os seus bens tamén quedarán afectos á actividade da súa muller, Polo que se refire aos bens privativos do cónxuxe do empresario, nunca poderán quedar afectos a menos que exista o consentimento expreso. Hai que ter en conta que o consentimento, tanto o expreso como o presunto, poderá ser revogado libremente e en calquera momento polo cónxuxe do empresario. Como xa se sinalou anteriormente, o empresariado individual non está obrigado a inscribirse no Rexistro Mercantil. Porén, este trámite podería ser moi conveniente por varias razóns, entre outras porque para que o consentimento, a revogación ou a oposición do cónxuxe á afectación dos seus bens á actividade empresarial teña efecto, será necesario que conste en escritura pública e que se inscriba no Rexistro Mercantil. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO desde o mesmo momento do matrimonio.
  • 34.
  • 35. 4. Patrimonio empresarial vs Patrimonio persoal
  • 36.
  • 37. 35 4. Patrimonio empresarial vs Patrimonio persoal No caso do empresariado autónomo pódese distinguir entre patrimonio persoal e empresarial? Por que é importante iso á hora de determinar O tratamento do patrimonio presenta algunhas particularidades con respecto ao resto de formas xurídicas, xa que neste caso non se distingue entre patrimonio persoal e patrimonio empresarial, senón que existe unha única masa patrimonial indivisible e susceptible de usos distintos. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO se un ben está afecto? Como xa vimos, as persoas físicas non posúen dous ámbitos distintos de responsabilidade, senón que responden con todos os seus bens, tanto particulares como empresariais. De aí que se fale dunha única masa patrimonial, con independencia de que se destine ao ámbito privado ou ao exercicio da actividade económica. Este feito de contar cun único patrimonio ten unha importancia enorme para o traballador autónomo, sobre todo desde o punto de vista da fiscalidade. Para moitos aspectos é imprescindible ter ben delimitados os elementos patrimoniais que están afectos á actividade económica e os que non o están, e isto resulta especialmente complicado cando só existe un único patrimonio.
  • 38. 36 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 4.1 Incidencias no IRPF Por que é tan transcendente para o autónomo que os seus elementos patrimoniais estean afectos á actividade? Como pode influír a non afectación no IRPF? No caso do IRPF que un elemento sexa afecto ou non é fundamental. • En primeiro lugar, porque as rendas que se deriven dos elementos patrimoniais afectos estarán a xerar rendementos de Actividades Económicas, e as que se deriven dos non afectos xerarán rendementos de capital . • Por outro lado, porque os gastos que se deriven de elementos non afectos non van poder ser considerados como gastos fiscalmente deducibles. No manual correspondente á fiscalidade, trataranse os requisitos que deben cumprir os bens para considerarse afectos ás actividades económicas. De todos os xeitos, xa cómpre mencionar que é posible a afectación parcial dos mesmos, é dicir, unha parte dos bens pode considerarse afecta á actividade e outra non, aínda que só nos casos de elementos divisibles. Exemplo: Un médico decide montar unha consulta privada na súa propia casa habilitando unha habitación para iso. Neste caso, é un ben perfectamente divisible e poderíase falar de afectación parcial. Isto supón que os custos que correspondan á parte destinada á consulta van ser deducibles, mentres que o resto non. Así, por exemplo, o custo de luz será deducible só na parte proporcional á habitación habilitada como consulta.
  • 39. 37 Ademais desta afectación parcial, tamén cabe outra posibilidade de gran relevancia para os autónomos. Permítese que un elemento afecto poida ser utilizado simultaneamente no ámbito privado, sempre que sexa de forma accesoria e notoriamente irrelevante. Isto non vai supoñer desafectación, nin tan sequera afectación parcial. Entenderase que se usan de forma accesoria e notoriamente irrelevante aqueles bens do inmobilizado adquiridos e utilizados para o desenvolvemento da actividade económica pero que se destinen ao uso persoal do autónomo en días e horas inhábiles durante os que deberá interromperse o exercicio da actividade. Este uso notoriamente irrelevante non será válido para automóbiles de turismo e os seus remolques, ciclomotores, motocicletas, aeronaves ou embarcacións deportivas ou de recreo, agás nos seguintes casos: • Os vehículos mixtos dedicados ao transporte de mercadorías. • Os destinados á prestación de servizos de transporte de viaxeiros mediante pago. • Os destinados aos desprazamentos profesionais dos representantes ou axentes comerciais. • Os destinados a ser obxecto de cesión de uso con habitualidade e onerosidade. Exemplo: Un taxista poderá utilizar o mesmo vehículo co que realiza a súa actividade profesional para trasladarse á súa casa ao remate da xornada laboral. Neste caso é un uso irrelevante e o vehículo non deixará de estar afecto por iso. Non obstante se, en lugar dun taxista, fose un médico que utiliza o seu propio vehículo para realizar consultas a domicilio, o uso irrelevante para fins particulares xa non estaría admitido. O vehículo deixaría de estar afecto. Por último, hai que ter en conta que o feito de que un elemento sexa considerado afecto á actividade económica é independente de que a titularidade do mesmo sexa común ou non ao cónxuxe do autónomo. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 40. 38 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 4.2 Incidencias no IVE Como incide a afectación no IVE? No caso do IVE tamén é moi relevante o feito de que un ben estea afecto á actividade ou non. Neste caso, ao contrario que no IRPF, non se considera a posibilidade da afectación parcial. Por outra parte vimos que no IRPF os vehículos, ou eran exclusivamente de uso privado, ou se estaban afectos á actividade non se permitía ningunha utilización para fins particulares, por moi irrelevante que esta fora. En cambio, no IVE para este tipo de elementos patrimoniais sempre se vai presumir unha afectación mínima do 50%, podendo ser do 100% se así se demostra. Exemplo: Volvendo ao exemplo anterior do médico que utiliza o seu propio vehículo para realizar consultas a domicilio. No caso do IRPF estaba totalmente desafecto porque non se admitía o seu uso notoriamente irrelevante para fins particulares. En cambio, no IVE, aínda que se use simultaneamente no ámbito privado, presumirase unha afectación mínima do 50% para o mencionado vehículo.
  • 41. 5. As principais obrigas contables e de rexistro
  • 42.
  • 43. 41 5. As principais obrigas contables e de rexistro Que libros está obrigado a levar o empresariado autónomo? Que operacións haberá que rexistrar en cada un deles? Durante canto tempo será necesario conservar os libros? GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO Que libros hai que legalizar? O empresariado autónomo está suxeito a unha serie de obrigas en materia contable que veñen determinadas principalmente polo Código de Comercio, o Plan Xeral Contable das Pemes e a normativa fiscal (o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto sobre o Valor Engadido). En 2008 entrou en vigor o Plan Xeral de Contabilidade específico para pequenas e medianas empresas 1. Debe sinalarse que as obrigas contables e rexistrais non son as mesmas para todo o colectivo autónomo, senón que depende en gran medida do réxime de estimación ao que se acollan no IRPF. A continuación indícanse as obrigas en materia de contabilidade e os libros que deben de levar segundo cada Réxime. 1 REAL DECRETO 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade de Pequenas e Medianas Empresas e os criterios contables específicos para microempresas
  • 44. 42 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 5.1 Libros Esixidos polo IRPF • Empresarios mercantís en estimación directa normal: Este réxime é o único que esixe a levanza de Contabilidade axustada ao Código de Comercio e ao Plan Xeral de Contabilidade. Os libro obrigatorios son: • Libro de Inventario e Contas Anuais: O Libro de Inventario e Contas anuais debe ter un contido mínimo. O Libro debe abrirse co Balance inicial detallado da empresa. Nel transcribiranse: - Trimestralmente: Balances de comprobación, con sumas e saldos. - Anualmente: » Inventario de peche de exercicio. » As contas anuais, que á súa vez se compoñen de: - Balance. - Conta de perdas e ganancias. - Memoria. • Libro Diario: O Libro Diario rexistrará día a día todas as operacións relativas á actividade da empresa. • Empresarios non mercantís en estimación directa normal e todos os empresarios en estimación directa simplificada: • Libro rexistro de vendas e ingresos. • Libro rexistro de compras e gastos. • Libro rexistro de bens de investimento.
  • 45. 43 • Profesionais en estimación directa, en calquera das súas modalidades: • Libro rexistro de ingresos. • Libro rexistro de gastos. • Libro rexistro de bens de investimento. • Libro rexistro de provisións de fondos e suplidos. • Empresarios e profesionais en estimación obxectiva: • Libro rexistro de bens de investimento (unicamente os contribuíntes que deduzan amortizacións). • Libro rexistro de vendas e ingresos (unicamente os titulares de actividades cuxo rendemento neto se determine en función do volume de operacións, é dicir, titulares de actividades agrícolas, gandeiras, forestais accesorias e de transformación de produtos naturais). 5.2 Libros esixidos polo IVE • Libro de facturas expedidas. IVE Deben anotarse todas as facturas expedidas. O contido mínimo dos asentos será: número de factura, data, destinatario, base impoñible do IVE, tipo e cota repercutida. • Libro de facturas recibidas. IVE Anotaranse: • As facturas correspondentes aos bens adquiridos e aos servizos recibidos no desenvolvemento da súa actividade empresarial. • Igualmente deben anotarse por separado as facturas nos casos de investimento. O contido mínimo dos asentos será: número de recepción da factura, data, nome e apelidos ou razón social do expedidor, base impoñible do IVE, tipo e cota soportada. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 46. 44 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO • Libro Rexistro de bens de investimento Neste Libro rexistraranse, un a un, os bens adquiridos polo suxeito pasivo cualificados como de investimento. Así mesmo, débense reflectir neste Libro os datos suficientes para identificar de forma precisa as facturas e documentos de Aduanas correspondentes a cada un dos bens de investimento rexistrados. Tamén se anotará a data do comezo da utilización de cada un dos bens, a prorrata anual definitiva e a regularización anual, se procede, das deducións. Que é un ben de investimento? Os bens corporais, mobles, semoventes ou inmobles que, pola súa natureza e función, estean a ser utilizados por un período de tempo superior a un ano como instrumentos de traballo ou medios de explotación. Por exemplo, a maquinaria, os vehículos… Non teñen a consideración de bens de investimento os seguintes bens: 1. Os accesorios e pezas de recambio adquiridos para a reparación dos bens de investimento utilizados polo suxeito pasivo. 2. As execucións de obras para a reparación doutros bens de investimento. 3. Os envases e embalaxes, aínda que sexan susceptibles de reutilización. 4. As roupas utilizadas para o traballo polos suxeitos pasivos ou o persoal dependente. 5. Calquera outro ben cuxo valor de adquisición sexa inferior a 3005,06 €. • Libro rexistro de provisións e suplidos É o libro no que se inscriben tanto os suplidos, é dicir, as cantidades pagadas en nome do cliente, como as provisións, é dicir, entregas anticipadas realizadas polo cliente que logo deberán ser descontadas na factura final. Que gastos se consideran suplidos? Desprazamentos, Fax, mensaxería, fotocopias, impresos oficiais, sobres, franqueo, carpetas, etc.
  • 47. 45 5.3 Como levar os libros contables? Os libros en papel quedaron en desuso na actualidade, xa que existen suficientes ferramentas informáticas baseadas en software libre que facilitan enormemente a contabilidade. Podes atopar información en: - Mancomún (http://www.mancomun.org/) - www.openxpertya.org 5.4 Conservación dos libros Os libros, correspondencia, documentación e xustificantes concernentes ao seu negocio, deben conservarse durante seis anos. Idéntica obriga existe nos casos de cese da actividade, disolución de sociedades ou morte do empresario, en cuxo caso a obriga recae sobre os seus herdeiros. 5.5 Legalización dos libros O Libro de Inventario e Contas Anuais así como o Libro Diario débense legalizar no Rexistro Mercantil. Unha vez finalizado o exercicio social e no prazo máximo de catro meses desde este peche, lístanse todos os asentos, numéranse as follas e encadérnanse para ser presentadas. Tamén se pode legalizar directamente o soporte magnético. Os demais libros non é preciso presentalos en ningún rexistro. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 48.
  • 49. 6. A seguridade social do autónomo
  • 50.
  • 51. 49 6. A seguridade social do autónomo: Réxime Especial de Traballadores Autónomos Os empresariado autónomo terá un único réxime de afiliación á Seguridade Social, o Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA) Isto non impide que algúns colectivos específicos estean encadrados noutros réximes da Seguridade Social debido á súa pertenza a determinados sectores económicos. Este é o caso dos Traballadores do mar e dos Traballadores por conta propia do Réxime Especial Agrario (aínda que estes últimos quedan incorporados ao RETA desde o 01/01/2008 sempre que cumpran os requisitos que correspondan). A afiliación á Seguridade Social garante aos autónomos asistencia e prestacións sociais suficientes ante situacións de necesidade, tal e como se recolle no Artigo 41 da Constitución. As prestacións complementarias a estas serán libres. 6.1 Afiliación A afiliación realizarase unha única vez ao longo de toda a vida profesional do traballador autónomo, sen prexuízo das altas e baixas nos distintos réximes da Seguridade Social, así como das demais variacións que se poidan producir despois da afiliación. 6.2 Cotización A cotización por parte do traballador autónomo é obrigatoria e deberá facerse xa desde o primeiro día do mes en que inicie a súa actividade. A obriga a cotizar non se vai interromper en ningún momento mentres o traballador estea a desenvolver a actividade. Haberá tamén que cotizar durante os períodos de incapacidade temporal, de descanso por maternidade ou paternidade, e mesmo en situacións de risco durante o embarazo ou durante a lactación natural. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 52. 50 A obriga non remata ata o último día do mes en que finalice a actividade por conta propia, e isto sempre e cando a baixa se comunique á Tesouraría Xeral da Seguridade Social nos 6 días naturais seguintes. No caso de que non se comunique a baixa nese prazo, a obriga de cotizar estenderase ata o último día do mes en que efectivamente se comunique, a non ser que se xustifique dalgún xeito o cese da actividade. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 6.3 Base de cotización A base de cotización no Réxime Especial do Traballador Autónomo será escollida polo traballador entre a base mínima e a máxima que lle corresponda. Para o ano 2009 estas bases son as seguintes: • Base mínima = 833,40 euros mensuais. • Base máxima = 3.166,20 euros mensuais. Estas bases oscilarán en función das características persoais dos autónomos (por exemplo os maiores de 50 anos terán uns límites mínimo e máximo diferentes) e tamén en función da propia actividade que estea a desenvolver (algúns sectores económicos como o da venda a domicilio terán os seus propios límites). Para ver todas estas especificidades podes consultar a páxina web da seguridade social: http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Cotización – Réxime Especial Traballo Autónomo) As bases tamén serán distintas para o caso dos traballadores autónomos economicamente dependentes, tal e como se verá no capítulo desta guía dedicado a eles. Hai que ter en conta que a elección da base de cotización vai determinar a contía das futuras prestacións ás que o autónomo terá dereito. Todas as prestacións calcúlanse como unha porcentaxe da cota de cotización e esta dependerá directamente da base elixida. Isto explica que aínda que a maioría de autónomos se decanten pola base mínima, canto máis se achegan á idade de xubilación, aumentan a cantidade a pagar co obxectivo de ter unha mellor pensión.
  • 53. 51 Unha vez elixida a base de cotización, existe a posibilidade de cambiala. Pódese facer no mesmo ano, con efectos a partir do 1 de xullo, se o solicita antes do 1 de abril; ou para o ano seguinte se o solicita antes do 1 de outubro. Tamén se pode solicitar o incremento automático da base na mesma porcentaxe do incremento anual das bases máximas, co tope límite máximo aplicable ao traballador. O cambio de base solicitarase na Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, nas Administracións da mesma ou a través da Internet na web www.seg-social.es 6.4 Tipo de cotización Para o ano 2009 o tipo de cotización aplicable a este Réxime Especial de Traballadores Autónomos será do 29,80%. Os autónomos estarán obrigados a cubrir a continxencia de Incapacidade Temporal, excepto no caso de que estean en situación de pluriactividade e cotizaran noutro réxime diferente. Neste suposto sería voluntario e no caso de que optaran por non cubrila o tipo de cotización sería do 26,50%. Ademais aqueles que non optaran por cubrir a continxencia de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, terán que facer unha cotización adicional do 0,1% sobre a base de cotización elixida. O obxectivo é financiar as prestacións por risco tanto durante o embarazo como durante a lactación natural. No caso de que si optaran por cubrilas, aplicarase a Tarifa de Primas establecida na Disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro. 6.5 Cotas As cotas son as cantidades que hai que ingresar finalmente na Seguridade Social, e son o resultado de aplicarlle o tipo que corresponda á base de cotización. Exemplo: Un autónomo que opte pola base mínima de cotización e que decida cubrir a continxencia de Incapacidade Temporal terá que ingresar unha cota igual a 833,40 X 29,80% = 248,35 €. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 54. 52 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO • O ingreso das cotas: Cada mes haberá que ingresar as cotas correspondentes e o encargado de facelo será o propio autónomo. Para iso poderá acudir a calquera entidade financeira autorizada para actuar como Oficina Recadadora da Seguridade Social, onde terá que presentar os documentos de cotización que correspondan, e que podes encontrar no seguinte enlace da páxina web da seguridade social: http://www.seg-social.es (Traballadores – Cotización – Servizos de Cotización) O pago das cotas pódese domiciliar en calquera entidade financeira. A solicitude deste trámite poderase realizar a través dos seguintes medios: • Na propia entidade financeira. • Nas administracións da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Na actualidade xa existe a posibilidade de aforrar tempo facéndoo a través da Oficina Virtual da páxina web da Seguridade Social www.seg-social.es 6.6 Beneficios na cotización: reducións e bonificacións As cotas a ingresar na Seguridade Social poderanse ver minoradas grazas a unha serie de reducións ou bonificacións que teñen como obxectivo favorecer a determinados colectivos incluídos dentro do empresariado autónomo, en atención ás súas características persoais ou ás características profesionais da actividade exercida. (Artigo 25 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo). Algunhas das reducións e bonificacións máis salientables son as seguintes: COLECTIVOS REDUCIÓNS E BONIFICACIÓNS Traballadores autónomos a partir de 65 anos e con 35 ou máis cotizados Exención Estarán exentos de pagar as cotas que lles correspondan excepto a parte das mesmas que cubra a continxencia de incapacidade temporal. (Aos que optaran por cubrir esta continxencia aplicaráselles o 3,3%).
  • 55. 53 COLECTIVOS REDUCIÓNS E BONIFICACIÓNS Traballadores incorporados ao RETA a partir da entrada en vigor do Estatuto do Traballador Autónomo ( o 01/01/2005), os autónomos de 30 anos ou menos, e as autónomas de 35 anos ou menos. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO Redución O 30% da cota resultante de aplicar o tipo mínimo vixente (29,80%) á base mínima de cotización. Bonificación Mesma contía. Duración A redución aplicarase durante os 15 meses seguintes á alta na Seguridade Social e a bonificación nos 15 seguintes á finalización desa redución. A duración total é de 30 meses ininterrompidos, con independencia de que nos mesmos se produzan períodos de baixa. Traballadoras autónomas que cesarán a súa actividade por maternidade e a reiniciarán nos dous anos seguintes á data do parto. Bonificación O 100% da cota resultante de aplicar o tipo vixente á base mínima de cotización. Duración A bonificación aplicarase durante os 12 meses seguintes. Traballadores autónomos substituídos durante os períodos de descanso por maternidade, adopción, acollemento, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural, mediante contratos de interinidade bonificados, celebrados con desempregados. Bonificación O 100% da cota resultante de aplicar o tipo de cotización obrigatorio (29,80%) á base mínima de cotización. Duración A bonificación aplicarase durante o tempo que se suspenda a actividade sempre que coincida o tempo co contrato de iterinidade do substituto. Nunca poderá ter unha duración maior que o propio período de suspensión. Discapacitados que causen alta inicial no Réxime Especial de Traballadores Autónomos. Bonificación O 50% da cota resultante de aplicar o tipo vixente á base mínima de cotización. Duración Aplicarase durante os 3 anos seguintes á alta no RETA. Estes beneficios serán igualmente aplicables aos socios traballadores das cooperativas de Traballo Asociado que se inclúan no Réxime Especial de Traballadores Autónomos e que cumpran os requisitos establecidos.
  • 56. 54 6.7 A acción protectora do Réxime Especial dos Traballadores Autónomos O Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores Autónomos, segundo a Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo, garantirá en todo caso as seguintes prestacións: • Asistencia sanitaria nos casos de maternidade, enfermidade común ou profesional e accidentes, sexan ou non de traballo. • Prestacións económicas nas situacións de incapacidade temporal, incapacidade permanente, maternidade e paternidade, risco durante o embarazo e a lactación, xubilación, morte e supervivencia e familiares por fillo a cargo. Os traballadores autónomos economicamente dependentes deberán incorporar obrigatoriamente, dentro do ámbito da acción protectora da Seguridade Social, a cobertura de incapacidade temporal e dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social. A acción protectora do réxime da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou autónomos, tenderá a converxer en achegas, dereitos e prestacións coa existente para os traballadores por conta allea no Réxime Xeral da Seguridade Social. A continuación, enuméranse as principais prestacións ás que ten dereito o empresariado GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO autónomo: Hai que ter en conta que o autónomo ten a posibilidade de optar por cubrir algunhas delas ou non na súa cotización. Concretamente, a continxencia de Incapacidade Temporal e a continxencia de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Dereito a asistencia sanitaria Será nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral da Seguridade Social. Cobertura das situacións de incapacidade temporal A partir do 1 de xaneiro do ano 2008, os traballadores autónomos que non optaran por cubrir a incapacidade temporal deberán facelo de forma obrigatoria, excepto no caso de que estean en situación de pluriactividade e cotizaran noutro réxime.
  • 57. 55 Esta cobertura garantirase nos mesmos termos que no Réxime Xeral, cunha serie de particularidades que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Prestacións/Pensións) Prestación en situacións de risco durante o embarazo É unha prestación para cubrir os períodos de interrupción da actividade profesional nos casos de que esta inflúa negativamente na saúde da embarazada ou do feto. Consiste nun subsidio do 100% da base reguladora correspondente. Será obrigatorio que esta situación de risco estea certificada polos servizos médicos do INSS ou da mutua que corresponda. O día seguinte a que se produza esta certificación, nace o dereito para a muller embarazada, aínda que a prestación non se cobrará ata o cese efectivo da actividade profesional. Prestación en situacións de risco durante a lactancia natural É unha prestación para cubrir os períodos de interrupción da actividade profesional nos casos de que esta inflúa negativamente na saúde da nai traballadora ou do seu fillo. Consiste tamén nun subsidio do 100% da base reguladora correspondente. Será obrigatoria, igual que no caso anterior, que esta situación de risco estea certificada polos servizos médicos do INSS ou da mutua que corresponda. O día seguinte a que se produza esta certificación, nace o dereito para a nai traballadora, aínda que a prestación non se cobrará ata o cese efectivo da actividade profesional. Prestación por maternidade As autónomas terán dereito a cobrar o 100% da súa base de cotización desde o mes anterior á baixa e durante 16 semanas. Os requisitos que deberán cubrir para que ese dereito se faga efectivo son os seguintes: • Se ten menos de 21 anos terá dereito á prestación sempre, non necesita ter cotizado. • Se ten entre 21 e 26 anos necesita ter cotizados 90 días nos últimos 7 anos, ou medio ano en toda a súa vida laboral. • No resto dos casos haberá que ter cotizados 180 días nos últimos 7 anos, ou un ano en toda a súa vida laboral. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 58. 56 Polo que se refire aos trámites para cobrar a prestación por maternidade, as traballadoras deberán presentar o modelo IT.1 no INSS ou na mutua correspondente nun prazo de 15 días desde a data do parto. Ademais deberá entregar tamén a declaración de situación da actividade, onde indique se pecha o negocio, contrata un traballador do Réxime Xeral ou a substitúe outro autónomo. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO Prestación por paternidade Recoñécese tamén o dereito a recibir a prestación por paternidade nos mesmos termos que os previstos para os traballadores do Réxime Xeral, cunha serie de particularidades que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Prestacións/Pensións) Prestacións nos casos de Incapacidade permanente Existen dous tipos de Incapacidade permanente: • Incapacidade permanente total: Refírese a aqueles casos nos que o autónomo non pode seguir coa súa actividade habitual pero si podería desenvolver algunha outra. Terán dereito ao 55% dunha base reguladora, que por regra xeral será a dos últimos 8 anos. • Incapacidade permanente absoluta: Neste caso o autónomo non pode traballar en nada, nin na súa actividade habitual nin en ningunha outra. Terán dereito ao 100% dunha base reguladora, en xeral a dos últimos 8 anos. Máis información: http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Prestacións/Pensións)
  • 59. 57 Prestación por lesións permanentes non invalidantes A partir do 01/01/04, o autónomo tamén terá dereito á prestación por este motivo nas mesmas condicións que o resto de traballadores do Réxime Xeral, aínda que debe cumprir os seguintes requisitos: • Estar acollidos á mellora voluntaria da acción protectora derivada das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Ademais, teñen que ter optado tamén pola cobertura de prestación económica por incapacidade temporal. • Encontrarse ao día no pago das cotas. Xubilación A idade de xubilación dos autónomos é de 65 anos, aínda que se contempla a posibilidade de xubilación anticipada aos 60 anos, sempre que se cumpran as seguintes condicións: • Ter cotizados como mínimo un día antes do 01/01/1967. • Ter cotizado como mínimo o 25% de toda a súa vida laboral nun réxime distinto ao de autónomos. No caso de que se teñan máis de 30 anos cotizados, só se esixen 5 anos de cotización noutro réxime. Hai que ter en conta que por cada ano anticipado entre os 60 e os 65 anos, ao autónomo réstanlle un 8%. Por outra banda, en ningún caso existe a posibilidade de xubilación antes dos 60 anos. Por último, mencionar que a pensión por xubilación é perfectamente compatible co mantemento da titularidade do negocio, así como co desempeño das funcións inherentes á mencionada titularidade. Prestacións por morte e supervivencia A partir do 01/01/04, os traballadores que se acolleran de xeito voluntario á acción protectora das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, e que, ademais, optaran pola cobertura da incapacidade temporal, terán dereito ás prestacións por morte e supervivencia. As mencionadas prestacións recoñécense nos mesmos termos que para os traballadores do Réxime Xeral da Seguridade Social, cunha serie de particularidades que podedes consultar no seguinte enlace: http://www.seg-social.es/(Traballadores – Prestacións/Pensións) GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 60. 58 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO Prestacións por actos terroristas Os autónomos terán dereito ás mesmas prestacións por este concepto que o resto de traballadores do Réxime Xeral. Tanto as persoas incapacitadas como os familiares de persoas falecidas por este motivo terán dereito a percibir da Seguridade Social pensións extraordinarias por actos de terrorismo, así como asistencia sanitaria e servizos sociais. Prestacións familiares Existen unha serie de prestacións non contributivas que teñen como obxectivo cubrir a situación de necesidade económica, provocada pola existencia de responsabilidades familiares, e polo nacemento ou adopción de fillos en determinados casos. Son as seguintes: • Prestación económica por fillo ou menor acollido a cargo. • Prestación económica por nacemento ou adopción do terceiro ou sucesivos fillos. • Prestacións económicas polo nacemento ou adopción dun fillo, nos supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais discapacitadas. • Prestación económica por parto ou adopción múltiples. • Prestación económica por nacemento ou adopción dun fillo. Ademais, contémplase tamén a existencia doutra prestación non contributiva, a prestación por coidado de fillo, de menor acollido ou doutros familiares. Para máis información sobre estas prestacións: http://www.seg-social.es/ (Traballadores – Prestacións/Pensións) Pensións do seguro obrigatorio de vellez e invalidez Trátase dun réxime residual que se aplica aos traballadores que, reunindo os requisitos esixidos pola lexislación do extinguido réxime, non teñan dereito a unha pensión do actual Sistema da Seguridade Social, con excepción das pensións de viuveza.
  • 61. 7. A contratación de persoal: particularidades
  • 62.
  • 63. 61 7. A contratación de persoal: particularidades Nun determinado momento o autónomo pode considerar necesaria a contratación dun ou máis traballadores. Nos epígrafes seguintes enumeraranse os principais aspectos a ter en conta neste sentido. Non obstante, antes de dar este paso, o traballador/a debe contemplar todas as opcións que ten ao seu alcance, xa que a contratación de traballadores non sempre é a única alternativa. Por exemplo, ante necesidades puntuais por aumentos de traballo ou outras necesidades concretas, pode ser tamén unha boa alternativa subcontratar parte das actividades. Por outro lado, tamén hai que ter en conta que o autónomo/a é posible que non conte cos mesmos recursos financeiros que unha sociedade. Por iso, para competir con elas á hora de contratar traballadores deben facer fincapé en aspectos como a flexibilidade laboral, o trato amable e próximo, a posibilidade de conciliación da vida laboral e familiar… 7.1 Solicitude de traballadores Onde podo acudir para conseguir traballadores? Podo contratar a calquera persoa como traballador GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO por conta propia? Unha vez que se ten clara a necesidade de contratar novos traballadores, as fontes ás que pode acudir o autónomo son moi numerosas. Aquí enuméranse algunhas delas: • A través do boca a boca. • Poñendo anuncios en prensa. • Acudindo a Axencias Privadas de Colocación. • A través de Empresas de Traballo Temporal. • Nas Oficinas de Emprego.
  • 64. 62 Este último suposto de acudir ás Oficinas de Emprego, vai ser obrigatorio no caso de que o GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO autónomo queira solicitar unha das dúas medidas seguintes: • Incentivos por realizar un contrato indefinido de traballadores discapacitados. • Transformación de contratos dos traballadores discapacitados de temporais a indefinidos. Sempre que decida acudir a estas oficinas deberá indicar as características do posto que se quere cubrir, os requisitos que deben cumprir os candidatos, o tipo de contrato que se vai realizar, a forma, o lugar e a data de selección dos traballadores. Despois diso, será a propia Oficina de Emprego a que faga unha preselección dos candidatos aptos para ser entrevistados e lla envíe ao autónomo. Á hora de seleccionar os traballadores hai que ter en conta a quen se pode contratar e a quen non. As persoas que poden ser contratadas son as seguintes: • Persoas maiores de idade. • Menores de 18 anos legalmente emancipados. • Persoas maiores de 16 anos e menores de 18, nos seguintes casos: - Se viven de forma independente co consentimento expreso ou tácito dos seus pais ou titores. - Se teñen autorización dos pais ou de quen os teña ao seu cargo. • Estranxeiros de acordo coa lexislación que lles sexa aplicable.
  • 65. 63 7.2 O contrato de traballo O contrato de traballo non é máis que un acordo entre o autónomo/ a e o traballador/a polo que este se obriga a prestar determinados servizos por conta do primeiro baixo a dirección do mesmo, a cambio dunha retribución. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO Que é un contrato de traballo? Como se deben realizar os contratos de traballo? Que obrigas teñen os autónomos cando realizan un contrato de traballo? Unha vez elixido o traballador/a axeitado, o autónomo/a deberá formalizar o acordo a través dun contrato de traballo. En principio, os contratos poderán ser por escrito ou de palabra. Porén, existen determinados supostos nos que é obrigatorio que se faga por escrito. Son os seguintes: • Contratos de prácticas. • Contratos de formación. • Contratos para a realización dunha obra ou servizo determinado. • Contratos a tempo parcial, fixo descontinuo ou de relevo. • Contratos de traballo a domicilio. • Contratos de traballadores en España ao servizo de empresas españolas no estranxeiro. • Contratos eventuais por circunstancias da produción con duración superior ás 4 semanas. Por outra banda, calquera das partes pode esixir en calquera momento que o contrato se celebre por escrito, aínda que non estea nun dos supostos anteriores.
  • 66. 64 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO Obrigas dos empresarios: • Terán a obrigación de comunicar á oficina de emprego, no prazo dos 10 días seguintes á celebración do contrato, o contido do mesmo, sexa por escrito ou non. Do mesmo xeito haberá que comunicar tamén as prórrogas dos contratos xa existentes. • Deberán tamén entregar unha copia básica dos contratos que se deban formalizar por escrito aos representantes legais dos traballadores. Esta copia básica deberá incluír todos os datos do contrato a excepción do DNI, o domicilio, o estado civil, e calquera outro que poida afectar á intimidade persoal. Posteriormente, deberá enviala á Oficina de Emprego correspondente. 7.3 Tipos de contratos Que tipos de contratos pode realizar o autónomo? Cales son as súas características fundamentais? Onde se poden obter modelos de cada un dos tipos? Que traballadores se poden acoller a cada un dos contratos? Como se deben formalizar? Existe unha gran variedade de contratos, entre os que o autónomo/a deberá elixir o que mellor se adapte a cada circunstancia. A continuación enuméranse os máis habituais. • Contratos indefinidos. • Contratos indefinidos bonificados. • Contratos de duración determinada. • Contratos de relevo. • Contratos en prácticas. • Contratos para a formación. • Contratos con persoas con discapacidade. • Outros contratos.
  • 67. 65 1 Contratos indefinidos: Contrato realizado entre traballador e empresario a xornada completa e por tempo indefinido. É dicir, non se establecen límites de tempo no que se refire á prestación de servizos. Que traballadores se poden subscribir: Todos. Enlace para a descarga de modelos: http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-170.pdf 2 Contratos indefinidos bonificados: Existen varios tipos de contratos indefinidos que van contar cunha serie de bonificacións. Son os seguintes: • Contrato de traballo indefinido para mulleres desempregadas. • Contrato de traballo indefinido para desempregados entre 16 e 30 anos. • Contrato de traballo indefinido para desempregados inscritos durante 6 ou máis meses. • Contrato de traballo indefinido para persoas maiores de 45 anos. • Contrato de traballo indefinido para desempregados con responsabilidades familiares. • Contrato de traballo fixo descontinuo. • Contrato de traballo indefinido bonificado para traballadores beneficiarios das prestacións por desemprego (RD Lei 2/2009). • Contrato de traballo indefinido bonificado para traballadores incluídos nos plans sectoriais de apoio ao emprego (sector téxtil e da confección). • Contrato de traballo indefinido bonificado para desempregados nos plans sectoriais de apoio ao emprego (sector calzados, curtido e marroquinería). Máis información: http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos) GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 68. 66 GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 3 Contratos a tempo parcial: Contrato polo que se acorda a prestación de servizos durante un número de horas ao día, á semana, ao mes ou ao ano inferior á xornada de traballo dun traballador a tempo completo comparable. Que traballadores se poden subscribir: Todos. Máis información: http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos) 4 Contratos por obra ou servizo: Contrato que ten por obxecto a realización de obras ou servizos con autonomía propia dentro da actividade da empresas. A execución dos mesmos terá unha duración, en principio, incerta e a xornada poderá concertarse a tempo completo ou parcial. Que traballadores se poden subscribir: Todos. Máis información: http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos) 5 Contratos de duración determinada en función das circunstancias da produción: Contrato realizado para atender as esixencias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa. A súa duración máxima será de seis meses dentro dun período de doce. Que traballadores se poden subscribir: Todos. Máis información: http://www.inem.es/ (Cidadán – Emprego – Contratos)
  • 69. 67 6 Contratos en prácticas: Contrato formativo concertado por quen está en posesión dun título universitario, de formación profesional de grao medio ou superior ou dun título recoñecido oficialmente coma equivalente, para a prestación de servizos retribuídos nun posto de traballo que permite a obtención da práctica profesional axeitada ao nivel de estudos cursados. A duración do contrato non pode ser inferior a seis meses nin maior de dous anos. Que traballadores se poden subscribir: Pódense subscribir todas aquelas persoas que cumpran os dous requisitos seguintes: • Estar en posesión dun título de diplomado universitario, enxeñeiro (técnico ou non), arquitecto (técnico ou non), licenciado universitario, técnico ou técnico superior da formación profesional, ou título recoñecido como equivalente que habilite para o exercicio profesional. • Que non transcorreran máis de catro anos (6 se é un discapacitado) desde a finalización dos estudos necesarios para a titulación de que se trate, ou desde a data de validación dos estudos en España de ter obtido a titulación no estranxeiro. Enlace para a descarga de modelos: http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-176.pdf 7 Contratos en formación: Contrato formativo polo que o traballador se compromete a prestar un traballo, e a recibir formación teórico- práctica para o desempeño adecuado dun oficio ou posto de traballo que requira un determinado nivel de cualificación, e polo que o empresario/a obrígase a remunerar a aquel, e a proporcionarlle traballo efectivo e concederlle os permisos necesarios para aquela. Este contrato non pode ser a tempo parcial. A duración non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de dous anos. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 70. 68 Que traballadores se poden subscribir: Pódense subscribir todas aquelas persoas que cumpran os dous requisitos seguintes: • Carecer da titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio obxecto da formación. • Ser maior de 16 anos e menor de 21 no momento de formalizar o contrato, a non ser que o contrato se concerte cun desempregado incluído nalgún dos seguintes colectivos: - Discapacitados. - Persoas en situación de exclusión social. - Persoas que leven sen actividade laboral máis de tres anos. - Persoas que se incorporen a un programa de escola – taller ou casa de oficios, nos que a idade máxima será de 24 anos. - Persoas que se incorporen a un programa de taller de emprego. Non poderá ser contratado novamente baixo esta modalidade o traballador que esgotara o prazo máximo de duración deste contrato ou dun de aprendizaxe. (Para non incumprir este requisito o autónomo pode solicitar información ao INEM). Enlace para a descarga de modelos: http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-175.pdf GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO 8 Contratos con persoas con discapacidade: Contrato especialmente dirixido a aquelas persoas que presenten algún tipo de discapacidade. Existen varias modalidades: • Indefinidos. • Temporais. • Para a formación. • En prácticas. • De interinidade.
  • 71. 69 Que traballadores se poden subscribir: Pódense subscribir todas aquelas persoas que estean nalgunha das seguintes circunstancias: • Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que sexa recoñecido polo organismo competente. • Pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidade. • Pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou por inutilidade. No caso de que se queira subscribir un contrato indefinido para persoas con discapacidade, o traballador non poderá estar vinculado á empresa (nin ao grupo de empresas se é o caso) mediante outro tipo de contrato indefinido nos 24 meses anteriores Enlace para a descargas de modelos (correspondente ao indefinido): http://www.inem.es/inem/ciudadano/empleo/contratos/impresos/pe-186.pdf 9 Outros contratos: Estes son só algúns dos contratos máis usuais. Existen moitos máis, dos que se pode atopar cumprida información na páxina web do INEM. Algúns deles son os seguintes: • Contratos para a investigación. • Contratos de interinidade. • Contratos de relevo. • Contratos de substitución por xubilación anticipada. • Contratos de traballo a domicilio. • Contratos de traballo en grupo. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 72. 70 7.4 Trámites ante o Instituto Nacional da Seguridade Social GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO Haberá que realizar tres trámites fundamentais ante o INSS: • Inscrición da empresa e comunicación de apertura do centro de traballo. • Afiliación dos traballadores. • Alta dos traballadores. • Inscrición da empresa e comunicación de apertura do centro de traballo: O autónomo debe solicitar a súa inscrición na Seguridade Social á Tesouraría Xeral da Seguridade Social previamente á alta dos traballadores. Tamén debe ser comunicada á Tesouraría Xeral da Seguridade Social a apertura de centros de traballo para a súa identificación. • Afiliación dos traballadores: A afiliación á Seguridade Social é obrigatoria e única para toda a vida. A afiliación dos traballadores pode realizarse: - A instancia do empresario: Os empresarios están obrigados a solicitar a afiliación á Seguridade Social dos traballadores ao seu servizo, a non ser que estivesen xa afiliados. - A instancia do traballador: Os traballadores por conta propia (p.ex. autónomos) que inicien a súa actividade como tales deben solicitar a súa afiliación, a non ser que xa estivesen afiliados. Así mesmo, os traballadores por conta allea respecto dos que o empresario non cumprise a obriga de solicitar a súa afiliación, poderán solicitala directamente. - Afiliación de oficio: A afiliación realizarase de oficio pola Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, cando como consecuencia da Inspección de Traballo e Seguridade Social, se comprobe o incumprimento da obriga de solicitar a afiliación. • Alta dos traballadores: Ademais da obriga de solicitar a afiliación dos traballadores que non o estivesen, os empresarios están obrigados a comunicar as altas dos traballadores que entren na empresa ou cambien de centro de traballo cun número de cotización diferente. A alta é o acto formal de integración do traballador nun determinado réxime do sistema da Seguridade Social.
  • 73. 71 7.5 Incentivos á contratación de traballadores As Administracións Públicas ofrecen distintos tipos de incentivos para fomentar a creación e a calidade do emprego. Aínda que os programas de apoio teñen diversos obxectivos, pódese dicir que os incentivos son establecidos para fomentar a creación de emprego, para elevar o nivel de contratos por tempo indefinido, e para facilitar o acceso ao mercado de traballo de colectivos con especiais dificultades. Estes incentivos teñen contido diverso: • Poderían consistir no pagamento dunha cantidade a fondo perdido; • Tamén poderían consistir na redución da carga que soporta o empregador: por exemplo, unha redución das cotizacións á Seguridade Social. Por outra parte, a creación de emprego, nos mesmos termos que se acaban de mencionar, é unha variable que se pode ter en conta á hora de conceder outro tipo de axudas ou incentivos. Por exemplo, se varios empresarios optan a unha subvención en réxime de concorrencia competitiva, seguramente obterán puntos por crear emprego, por manter unha política de estabilidade ou por incluír persoas de determinados colectivos no seu cadro de persoal. Na actualidade, hai distintas Administracións e distintos órganos que ofrecen incentivos á contratación, entre outros: • Consellería de Traballo. Co cambio de goberno agora chámase Consellería de Traballo e Benestar. • Administración da Seguridade Social. Algúns programas de incentivos son estes: • Programa de fomento da contratación en prácticas de mozos con titulacións de difícil empregabilidade. • Programa de fomento da contratación de mozos para substitución de traballadores que rematan a súa vida laboral. • Programa de creación de novos empregos para mozos titulados nas empresas de menos de 30 persoas traballadoras. • Programa da contratación indefinida inicial de mozos desempregados. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 74. 72 • Programa de incentivos á transformación en indefinidos de determinados contratos temporais celebrados con mozos. • Programa de incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social. • Programa de fomento da contratación indefinida inicial de colectivos desempregados con dificultades de inserción laboral. • Programa de fomento de permanencia nas empresas con contrato estable a aqueles que teñan na actualidade un contrato temporal. • Programa de axudas a empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro traballador fixo. • Programa de fomento da contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D. • Programa de incentivos a Plans empresariais de estabilidade laboral. • Programa para o fomento das transformacións dos contratos temporais en indefinidos. • Incentivos á contratación indefinida de persoas con discapacidade. 7.6 Contratación de familiares do traballador autónomo O Estatuto do Traballador Autónomo, na súa Disposición adicional décima, recoñece o dereito do empresariado autónomo a contratar como traballadores aos seus familiares. Isto supón unha modificación da Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a Mellora do Crecemento e do Emprego.. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO Máis concretamente, este dereito recoñécese en dous casos: • En primeiro lugar, todo/a autónomo/a poderá contratar como traballadores por conta allea aos seus fillos menores de 30 anos, aínda que convivan con el. • En segundo lugar, e só no caso de que se trate dun autónomo sen asalariados, poderá tamén contratar a un único familiar menor de 45 anos, aínda que non conviva con el nin estea ao seu cargo. Ademais, os familiares contratados terán dereito ás medidas protectoras da Seguridade Social, coa excepción da cobertura por desemprego. Non terán dereito a percibir a prestación por dito motivo.
  • 75. 8. Trámites de posta en marcha coma Autónomo
  • 76.
  • 77. 75 8. Trámites de posta en marcha coma Autónomo A medida que se foron desenvolvendo os epígrafes que compoñen a presente guía, tamén se foi facendo referencia ás obrigas con eles relacionados. Porén, facíase necesario á súa vez recoller os trámites e lugares para constituírse como empresario/a individual. Estes trámites son máis sinxelos que os que se terían que realizar para constituír unha sociedade mercantil. Por exemplo, un autónomo ou autónoma non precisa solicitar un CIF en Facenda xa que operará co seu NIF. A continuación describiremos os lugares que haberá que visitar e os trámites que se deberán realizar para poñer en marcha un negocio como empresario/a individual: GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO TRÁMITES ENTIDADE Declaración Censal Delegación provincial de Facenda Alta no Imposto de Actividades Delegación provincial de Facenda Económicas ou concello Alta no Réxime Especial de traballadores autónomos Tesouraría Xeral da Seguridade Social Solicitude do número de patronal(CCC) Tesouraría Xeral da Seguridade Social Comunicación de apertura do centro de traballo Dirección provincial de traballo Solicitude de calendario laboral Dirección provincial de traballo Solicitude de libros de visita Dirección provincial de traballo Licenza de obras Concello Licenza de apertura Concello Descrición dos trámites: • Declaración censual Antes do inicio da actividade debemos realizar este trámite en Facenda. Nel deben indicarse os datos do autónomo/a así coma as obrigas fiscais ás que estará suxeito. Se existe unha modificación nos datos, como un cambio de domicilio, ou se produce o cese deberase cumprimentar outra declaración.
  • 78. 76 • Alta no IAE Aínda que o empresario ou empresaria individual, pola súa condición de persoa física, está exento do pago deste imposto, deberá darse de alta no epígrafe do IAE que mellor se axuste á actividade que se vai realizar. Hai que poñer especial atención á hora de escoller o epígrafe xa que soamente se poderán realizar as actividades que se lle asocien. Neste sentido permítese darse de alta en máis dun epígrafe polo que é recomendable darse de alta en todos os que correspondan coa actividade que se vai desenvolver. • Alta no réxime Especial de traballadores autónomos (RETA) Toda persoa que realice de forma habitual, persoal e directa unha actividade económica a título lucrativo e sen suxeición a contrato de traballo, deberá darse de alta no RETA. Este trámite deberá facerse no mes seguinte ao inicio da actividade. • Solicitude do número de patronal (CCC) Este trámite tan só é necesario se se van contratar empregados/as. Con el inscríbese á empresa na seguridade social e asígnaselle ao empresario ou empresaria un Código de Conta Cotización. Esta requisito só se realizará unha vez, e será válido para toda a vida do empresario e para todo o territorio nacional. • Comunicación de apertura do centro de traballo Cando se inicie a actividade deberá realizarse de xeito obrigatorio. Nela recolleranse datos sobre o centro de traballo, e sobre a actividade que desenvolve. • Solicitude do calendario laboral Este pódese obter na dirección provincial de traballo, en sindicatos…Debe reflectir o horario de traballo e as festas nacionais e autonómicas. • Solicitude do libro de visitas É obrigatorio para todas as empresas ter este libro, xa que se deberá presentar ante unha Inspección de traballo. • Licenza de obras Tan só é necesaria se se van realizar obras de acondicionamento no local; se non se van realizar obras non haberá que solicitala. Este trámite realízase no concello. • Licenza de apertura Toda persoa física ou xurídica debe contar con esta licenza, xa que é a autorización previa e necesaria para a apertura de establecementos nos cales se realicen actividades de índole económica. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 79. 9. O colectivo autónomo economicamente dependente
  • 80.
  • 81. 79 9. O colectivo autónomo economicamente dependente Cando un autónomo ou autónoma é economicamente dependente? GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO Ten algunha vantaxe esta consideración? No ano 20071 incorporouse ao Estatuto do Traballador Autónomo a figura do Traballador Autónomo Economicamente Dependente (TAED). Unha das principais motivacións da inclusión desta figura foi evitar a, cada vez máis frecuente, simulación contractual do “falso autónomo”, que consistía na contratación dunha persoa baixo esta forma para realizar un traballo coas características propias do traballo por conta allea eludindo, deste xeito, as obrigas en materia laboral e de Seguridade Social. 9.1 Definición e características Tal e como se recolle no Estatuto, o Traballador Autónomo Economicamente Dependente (TAED) será aquel que, de xeito lucrativo, realice actividades económicas ou profesionais de forma habitual e directa para unha empresa (ou cliente/a) da cal dependa economicamente, por xerar a actividade un mínimo do 75% dos seus ingresos. Para o cálculo do 75% considerarase os ingresos percibidos polos rendementos do traballo recibidos polo autónomo de todos os seus clientes, incluído o que se toma como referencia para determinar a condición de traballador autónomo economicamente dependente, e tamen, se existisen, os rendementos por conta allea. 1 Lei 20/2007 do 11 de Xullo
  • 82. 80 A parte dos requisitos contidos na definición, para encadrarse como economicamente dependente, GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO o traballador autónomo debe cumprir as seguintes condicións: • Non ter ao seu cargo traballadores ou subcontratar parte da actividade a terceiras persoas. • Non realizar a súa actividade dun xeito indiferenciado dos restantes traballadores e traballadoras que presten servizos ao cliente, sexan cales sexan a súas modalidades contractuais. • Dispoñer de medios materiais propios para o desenvolvemento da actividade. • Non estar sometidos á organización do cliente, sen prexuízos das súas indicacións técnicas. • Asumir o risco da súa actividade, recibindo por ela o pago pactado en función do resultado. 9.2 O contrato do TAED Para que o traballador ou traballadora economicamente dependente realice a súa actividade debe mediar entre el e o cliente un contrato de traballo, formalizado sempre por escrito, onde se detallen as características do servizo que se prestará. O contrato debe estar debidamente inscrito nunha oficina pública de emprego. Para poder realizar o contrato a persoa traballadora comunicará ao cliente a súa condición de dependente, podendo este último pedir documentos xustificativos do cumprimento dos requisitos enunciados no punto anterior. O contrato, que terá a duración que as partes determinen podendo remitirse esta á finalización do servizo, debe reflectir para ser válido, como mínimo, os seguintes aspectos: • Identificación das partes que realizan o contrato (cliente e autónomo) • Enumeración e descrición dos elementos que outorgan ao autónomo o estatus de economicamente dependente respecto ao cliente. • Obxecto e causa do contrato. • O réxime de interrupción da actividade, contemplando a interrupción anual, o descanso semanal e os festivos. Neste sentido, débese especificar tamén a duración máxima da xornada laboral incluíndo a súa distribución semanal. • De aplicarse, o acordo de interese profesional
  • 83. 81 Aparte dos contidos obrigatorios tamén se poden especificar no contrato aspectos tales como a data de comezo e duración do contrato e das súas prelacións, a contía da indemnización en caso de extinción do contrato por algunha das partes ou aclaración en materia de prevención de riscos laborais. En definitiva, poderase incluír calquera estipulación que se considere oportuna. A extinción do contrato entre as partes producirase cando concorra algunha das seguintes circunstancias: • Exista mutuo acordo entre as partes. • Concorran causas validamente consignadas no contrato. • Causas incompatibles coa actividade tales como invalidez, xubilación ou defunción. • Por abandono do TAED, debendo mediar o aviso previo estipulado conforme aos termos recollidos no contrato. • Vontade do TAED fundada en incumprimentos contractuais severos por parte do cliente. • Vontade do cliente por causa xustificada. • Por decisión da traballadora autónoma economicamente dependente no suposto de ser vítima da violencia de xénero. Cando a extinción do contrato se deba ao incumprimento contractual dunha das partes, a outra terá dereito a percibir unha indemnización polos danos que lle ocasione. Neste sentido, se a resolución é por vontade do cliente sen causa, o traballador terá dereito á indemnización do parágrafo anterior, e no caso de que se resolva o contrato por vontade do traballador, sen fundarse nunha causa, o cliente poderá ser indemnizado cando a extinción lle cause un prexuízo importante ou paralice ou perturbe a súa actividade GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 84. 82 9.3 Dereitos adquiridos polo traballador autónomo eco-nomicamente GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO dependente Cando un autónomo ou autónoma ten a consideración de economicamente dependente adquire determinados dereitos que o benefician. Os máis significativos son: • Ten dereito a interromper a súa actividade laboral 18 días hábiles. Esta cifra poderase incrementar se se recolle explicitamente no contrato ou no acordo de interese profesional. • A realización de actividades por un tempo superior ao pactado terá carácter voluntario. • O horario da actividade deberá adaptarse, na medida do posible, para poder conciliar a vida laboral e profesional. • Dereito á defensa dos seus dereitos diante da xurisdicción. • Dereito a indemnización no caso de despido improcedente. Para concluír este epígrafe debe mencionarse, aparte dos dereitos do Traballador Autónomo Economicamente Dependente, a obrigatoriedade de incorporar dentro do ámbito de acción protectora da seguridade social as cotizacións para a cobertura por incapacidade temporal, accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
  • 85. 10. A conversión do Autónomo ou Autónoma en sociedade
  • 86.
  • 87. 85 10. A conversión do Autónomo ou Autónoma en sociedade Como se fai o cambio cara unha sociedade mercantil? Cal é a sociedade mercantil máis sinxela de constituír ? Durante o desenvolvemento dunha actividade empresarial poden darse diversos feitos, como o incremento do volume da cifra de negocios ou a necesidade de abrir novos nichos de mercado, que fagan que se presente a disxuntiva de se sería conveniente, ou non, mudar a forma xurídica para levala a cabo. Para realizar este proceso non existen métodos “máxicos” senón que se debe crear unha sociedade desde “cero” para, a continuación, transmitirlle os bens e, de telos, os traballadores contratados polo empresario individual. Para transmitir os bens á nova Sociedade existen varias posibilidades: unha é manter a propiedade dos bens e arrendarllos á nova empresa. Outra sería vender os bens á Sociedade que se creou, tributando, dependendo do imposto ao que se estea suxeito: • un 7% polo Imposto de Actos Xurídicos Documentados (AXD) e Transmisións Patrimoniais (ITP). • un 16% polo Imposto Sobre o Valor Engadido (IVE). A última opción e, en moitos casos a óptima, é a de ceder os bens como unha achega non monetaria ao capital da nova sociedade, pagando neste caso o 1% do seu valor polo imposto de Actos Xurídicos Documentados (AXD) e Transmisións Patrimoniais (ITP)1. No caso de que o empresario ou empresaria individual teña contratado a algún traballador, o seu traspaso á sociedade deberase realizar mediante unha subrogación empresarial. Garántense deste xeito os dereitos adquiridos polos traballadores no seu anterior traballo, respectando así o contido do Estatuto dos traballadores. 1 Concretamente, dentro do imposto de actos Xurídicos Documentados e Transmisións Patrimoniais, esta operación encádrase na modalidade de Operación Societaria (OS) que grava, entre outras cousas, as achegas ás sociedades. GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO
  • 88. 86 Se finalmente se opta por dar o salto de Empresario/a individual a Sociedade mercantil, débese ter en conta que as obrigas de rexistro aumentarán dunha maneira considerable. A parte de levar unha contabilidade axustada ao Código de Comercio deberanse elaborar as memorias, as actas das Xuntas Xerais, libros de rexistro de accións ou socios, segundo corresponda. Á hora de facer o cambio de persoa física á sociedade mercantil, é moi conveniente, sempre que sexa posible, facer no mesmo día todos os trámites, xa que no tempo que dista entre a baixa como Autónomo/a e a alta como administrador da Sociedade estarase sen a cobertura da Seguridade Social. 10.1 Tipoloxía e constitución da sociedade mercantil Á hora de elixir a forma societaria existen varias alternativas, entre as cales se poden destacar as GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO que figuran no seguinte cadro. FORMA XURÍDICA Número de socios Capital social mínimo Responsa-bilidade Réxime fiscal Formalidades de constitución Seguridade social Empresario/a individual 1 Non existe legalmente Ilimitada IRPF Ningunha Formalidade Autónomos Sociedade de responsabilidade limitada Mínimo 1 3,005,06€ desembolso 100% Limitada ao capital achegado Imposto Sociedades Escritura Pública Réxime Xeral ou Autónomos Sociedade limitada Nova Empresa Mínimo 1 Máximo 5 no momento de constitución (técnicas telemáticas) 3,012€ máximo 120,202€ Limitada ao capital achegado Imposto Sociedades Escritura Pública(técnicas telemáticas) Réxime Xeral ou Autónomos Sociedade anónima Mínimo 1 60,101,21€ desembolso mínimo 25% Limitada ao capital achegado Imposto Sociedades Escritura Pública (con estatutos) Réxime Xeral ou Autónomos Sociedade limitada laboral Mínimo 3 3,005,06€ desembolso 100% Limitada ao capital achegado Imposto Sociedades Escritura Pública Réxime Xeral Sociedade cooperativa De 1º grao: mín. 3 De 2º grao: mín. 2 Fixado nos estatutos Limitada ao capital achegado Imposto Sociedades Escritura Pública Réxime Xeral ou Autónomos
  • 89. 87 Aínda que poden existir pequenas diferenzas nalgúns trámites dependendo do tipo de sociedade que se vaia constituír, por norma xeral os pasos a seguir son os seguintes: GUÍA BÁSICA DO AUTÓNOMO TRÁMITES ENTIDADE Certificación negativa do nome Rexistro Mercantil central www.rmc.es Escritura pública de constitución Notaría Impostos de TPO e AXD Dirección Xeral de tributos Alta da sociedade en facenda Delegación provincial de Facenda Inscrición no Rexistro Mercantil Rexistro Mercantil Alta na Seguridade Social Tesouraría Xeral da Seguridade Social Comunicación de apertura do centro de traballo Inspección de traballo Licenza de obras Concello Licenza de apertura Concello Descrición dos trámites: 1 .Certificación negativa do nome ou denominación social. Este é o primeiro trámite que se ten que levar a cabo. Mediante a súa realización, acredítase que non existe ningunha outra sociedade cun nome igual ou parecido á que se pretende crear. 2. Escritura pública de Constitución. Este é o trámite de constitución dunha Sociedade Mercantil e debe realizarse mediante unha escritura notarial na que se debe facer constar: - A identidade da persoa ou persoas promotoras. - A vontade de constituír a Sociedade - A achega que realiza cada socio/a - Sistema de administración que vai rexer a Sociedade