Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

1. ud si te queres divertir

764 views

Published on

CEIP antonio Pedrosa Latas. Celeiro

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

1. ud si te queres divertir

  1. 1. “ Si te queres divertir” Unha achega ao Antroido de Viveiro
  2. 2. Introdución Estamos a vivir un tempo no que as novas tecnoloxías e os medios de comunicación van impoñendo as súas propias canles de información en detrimento da tradición oral, do boca a boca. Tempos de globalización e de unificación de gustos e prácticas do lecer importadas doutros lugares que fan difuminar as nosas propias, aquilo que nos define, que nos identifica. É polo anteriormente exposto polo que se fai preciso recorrer á escola para garantir a pervivencia das nosas tradicións. A escola, xunto coas familias, son a base da transmisión dos coñecementos da nosa sociedade, da nosa cultura, e debemos traballar xuntos para manter e transmitir a nosa identidade. A presente unidade didáctica ten como fin achegar aos máis pequenos/as a tradición da celebración do Antroido en Viveiro. Pretende ser un recurso en si mesma para que o profesorado poda traballar os contidos referentes ao Antroido viveirense e facer partícipes aos nosos nenos/as desta celebración que conta con máis de un século de tradición. Queremos agradecer a vosa colaboración neste esforzo que sumades ao noso para garantir a celebración do Antroido en Viveiro durante moitos máis anos. Grazas. A Comisión do Antroido de Viveiro 2016.
  3. 3. 1. Obxectivos.  Coñecer a tradición do Antroido en Viveiro.  Secuenciar e identificar as distintas manifestacións culturais que se producen no mesmo.  Achegar a gastronomía típica do Entroido ao alumnado.  Manexar mapas.  Valorar e compartir esta manifestación cultural como algo propio, identitario. 2. Contidos.  Elaboración de disfraces.  Constitución de grupos e comparsas.  Recitado e composición de estrofas e entoación das mesmas, se procede.  Interpretación das cancións de tradición oral propias do Entroido viveirense.  Localización de lugares e percorridos cun mapa. 3. Alumnado Esta unidade didáctica vai dirixida ao alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria. Contén distintas actividades e talleres que poden ser traballados na aula ordinaria ou coa colaboración das familias. 4. Temporalización Esta unidade está pensada para ser traballada antes da celebración do Antroido. 5. Recursos - Ordenador. - Proxector. - Materiais para elaborar disfraces. - Mapa de Viveiro. - Material funxible.
  4. 4. Lectura para Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria (Achégase presentación para proxectar na aula). O Antroido en Viveiro celébrase desde fai moitísimos anos, sendo un dos máis antigos de Galicia. Festéxase durante cinco días. O sábado de Antroido fanse as Alpuxarradas no Teatro Pastor Díaz. O luns é o día no que todos os nenos e nenas poñen os seus disfraces para ir á praza maior a unha gran festa. O martes é o día do desfile dos grupos, das comparsas e incluso das carrozas. O Antroido remata o mércores có Enterro da Sardiña. Lectura para segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria (Achégase presentación para proxectar na aula). O Antroido ou Entroido en Viveiro vense celebrando desde finais do século XIX, sendo un dos máis antigos de Galicia. A conformación de grupos e comparsas tiña a súa orixe nas diferentes parroquias e institucións que existían en Viveiro. A principios do século XX as letras das cancións que empregaban ditas comparsas van perdendo a súa temática romántico amorosa en favor de temas máis satíricos e burlescos coa sociedade do momento. É o humor un dos cualificativos máis representativos do noso Antroido. Proliferaron os autores de coplas ao longo destes anos entre os que podemos destacar a Antonio Noriega Varela, Modesto Grandío, Juan Paraño, Emilio Cajete, Coca, Nistal, Leal Insua, O ANTROIDO EN VIVEIRO O ANTROIDO EN VIVEIRO
  5. 5. Travieso,... Actualmente os festexos do Antroido inícianse o sábado coas Alpuxarradas, nas que os diferentes antroideiros, ben individualmente ou en conxunto, dan renda solta á súa creatividade recitando ou entoando diferentes coplas de creación propia e diversas temáticas, tendo en conta sobre todo a actualidade e sempre cun chisco, se non é un feixe, de humor. Este ano, ademais do sábado, o domingo tamén poderemos ver as alpuxarradas gravadas aqueles que non puideron o sábado e algunha sorpresiña máis. O luns tócalle aos nenos e nenas sacar a súa creatividade e enfundar os seus disfraces para disfrutar dunha gran festa na Praza Maior. O martes de Antroido as rúas de Viveiro veranse ocupadas por unha explosión de cor, creatividade e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben. O desfile chegará pola tardiña facendo gala do humor que nos define a todos e todas as viveirenses. O Mércores de Cinza darémoslle sepultura de fume purificador ao noso Antroido en forma de Sardiña. O velorio comezará pola tarde na Praciña da Herba e sobre as oito partirá o Enterro ata a Praza maior. Acompañando á Sardiña estará a Corporación Municipal do Antroido, as choronas, as almas en pena vestidas de branco entoando as coplas típicas do noso Antroido. Actividades propostas:  Proxectar a presentación e dar lectura ao texto comentando o que coñecen e o que non da nosa tradición.  Implicar ás familias neste traballo achegando as súas vivencias persoais a este respecto: - Como participa a vosa familia do Antroido? - Que vos poden contar os vosos avós e avoas ao respecto? - Disfrazádesvos nestas datas? - Participades nalgún grupo, comparsa, carroza? - Coñecedes a algún personaxe máis do Antroido de Viveiro? - Que coplas/cancións do Antroido se cantan nas vosas casas?
  6. 6. As alpuxarradas son coplas elaboradas no Antroido de Viveiro que abordan a actualidade en ton burlesco. A súa métrica, aínda que pode variar, baséase principalmente en coplas de catro versos na que van soltos os impares e riman en asonancia os pares. Poden ir acompañadas de música ou non. Principalmente existen tres procedementos para facer alpuxarradas: 1. Recitar as coplas sen música. 2. Cantar as coplas sobre unha música creada para tal fin. 3. Cantar as coplas sobre unha música que xa estaba feita. Esta modalidade é a máis empregada e dentro dela podemos tamén facer dúas clasificación: a) As deseñadas como os cantares de cego (música repetitiva e a letra é o que cambia) b) Tomar unha música calquera e cambiarlle a letra. Actividade proposta: Elaborar Alpuxarradas ben en grupo, por aulas ou individualmente, en liña co disfraz elixido na escola e interpretalas en conxunto. O máis pequenos poden crear a súa alpuxarrada no conxunto da clase e os máis maiores individualmente e elixir as mellores. Pódese facer empregando calquera dos procedementos anteriores. Algúns enlaces de interese: https://www.youtube.com/watch?v=XrcxGz024Kg https://www.youtube.com/watch?v=W01LVFJXkJA https://www.youtube.com/watch?v=GugOpvgXi3Y https://www.youtube.com/watch?v=Eb_j6DAI1uQ https://www.youtube.com/watch?v=PX1q4jyCvZU TALLER DE ALPUXARRADAS
  7. 7. Nas escolas de Educación Infantil e Educación Primaria é costume elaborar disfraces no Antroido. Os materiais empregados soen ser os funxibles que se empregan a cotío nas escolas xunto coas bolsas de cores e material de refugallo aportados polas familias. Nalgúns casos as familias tamén se implican na confección dos mesmos. Actividade proposta: Confeccionar disfraces para distintos grupos/comparsas e organizar un desfile por Viveiro como o que se fai o martes de Antroido. Pódense interpretar as alpuxarradas deseñadas por eles tanto ao longo do desfile como á súa chegada á Praza Maior. Algúns enlaces de interese: https://www.youtube.com/watch?v=jW5HOi_Taag https://www.youtube.com/watch?v=_d6Z8xi4lNQ https://www.youtube.com/watch?v=dwv0bKyYdFk https://www.youtube.com/watch?v=iNe7nnniKGU TALLER DE DISFRACES
  8. 8. O Enterro da Sardiña celébrase o Mércores de Cinza, último día dos festexos do Antroido. A sardiña representa o Antroido é o séquito fúnebre, ataviados de branco, os mortos que a acompañan. Sae da Praciña da Herba, sube pola rúa Fernández Victorio, segue pola rúa Juan García Junceda (Dos Ferreiros), ata a rúa Melitón Cortiñas, por onde baixa. Ao chegar á Fontenova xira á esquerda pola rúa Pastor Díaz e sube por Almirante Chicarro (Zapatería) ata a altura da Porta da Vila onde xira á esquerda e segue pola rúa Rosalía de Castro. Sube pola rúa Constanza de Castro e xira á esqueda na rúa Irmáns Vilar Ponte chegando ata a casa de Fermín da Mica na Pontelabrada e retrocedendo para baixar pola rúa Luís Trelles, Díaz Freijoo e xirar por Margarita Pardo de Cela Para rematar na Praza Maior. Durante o percorrido fanse varias paradas nas casas de entroideiros viveirenses que están sinalizadas. Este é o caso de Rosendo, no número 54 de Almirante Chicarro: TALLER DO ENTERRO DA SARDIÑA
  9. 9. Ao longo de todo o percorrido entóanse varias cancións propias do noso Entroido. As máis destacadas son: Ven dueño mío ven que mi alma te adora. Ven bella aurora prenda de mi corazón. Yo te idolatro vuelve a mi pecho la calma que yo por ti daré el alma prenda de mi corazón. Ámame, no me seas ingrata por compasión. Ámame, no desoigas mis quejas. Ámame, no te apartes de la reja vida mía, hermosa niña, tú eres mi ilusión. REPITE Son más dulces que la miel los besos de mi morena. Pero a mí me gustan más si lloran cuando me besa. Besos de amor y cariño, besos que siempre son pocos. Besos los de mi morena, besos de amor, besos locos. Cuando llora mi morena yo me tengo que reír le doy un beso en la boca para endulzar su sufrir. Cuando tengo pena bebo y sí anda mi mal. Paso la vida de broma y el año por Carnaval. (ESTRIBILLO) Carnaval - Carnaval Dios del amor Reinado de la alegría y del alcohol. Quién nos convida a beber papa olvidar. Y besar a nuestras nenas si van a llorar. Si te queres divertir no tes máis que vir o Antroido a Viveiro e a quí terás que levar túnica, antifaz, bigote e pandeiro. E as penas has de deixar có baile e o cantar que a vida é unha broma, danzar, neniños, danzar, pra pena olvidar ¡qué la mar me coma! (ESTRIBILLO) Cantemos, cantemos démoslle o ribeiro que non hai Antroido como o de Viveiro, que aunque hoxe a sardiña vamos a enterrar tiremos da liña pra resucitar, si non é sardiña parrocha será.
  10. 10. Achéganse as gravacións feitas por "Escolma de meus" das cancións citadas. Actividades propostas:  Exposición do que é o Enterro da sardiña e en que consiste.  Traballar a vestimenta dos asistentes ao enterro (Ficha/Debuxo para os máis pequenos).  Debuxar, sobre un plano de Viveiro, o percorrido do Enterro da Sardiña (achégase plano para a tarefa).  Localizar nese mesmo plano as placas dos entroideiros situadas nas fachadas das súa casas. Sirva como exemplo a de Rosendo que se inclúe neste traballo.  Entoar as canción propias do Entroido ou, a lo menos unha. Aconsellamos a última por ser máis próxima ao alumnado Enlace de interese: https://www.youtube.com/watch?v=mVgAXxZOC_8
  11. 11.  Debuxa o percorrido do Enterro da Sardiña.  Localiza as casas dos Entroideiros de Viveiro identificados con placas e sinalaos no mapa.
  12. 12. VESTIMENTA PARA O ENTERRO DA SARDIÑA
  13. 13. Por último achegamos catro receitas de cociña das sobremesas que se consumen nestas datas. Actividades propostas: Son receitas sinxelas polo que os colexios que conten con comedor poderanas elaborar na aula e cocelas no forno do mesmo. En caso de non ter comedor con forno deberán facer as receitas na casa coas súas familias e xuntar as sobremesas na escola. TALLER DE COCIÑA FREIXÓS ou FILLOAS  1/2 litro de auga.  1/2 litro de leite.  4 ovos.  1/4 quilo de fariña.  Un pouco de sal.  Un anaco de touciño para untar. ROSQUIÑAS  1 quilo de fariña.  3 ovos.  9 culleradas de aceite de xirasol.  9 culleradas de azucre.  9 culleradas de anís.  1 limón.  1 sobre de levadura. ORELLAS  1/2 quilo de fariña.  6 ovos.  100 gramos de manteiga.  300 gramos de azucre.  1/2 vaso de anís.  levadura  1 limón  auga e sal CHULAS  1/ quilo de pan gramado.  6 ovos.  Aceite de xirasol.  Canela en rama.  1 limón  Azucre.  1 litro de leite.

×