Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19

71 views

Published on

Revista escolar do CEIP PLURILINGÜE P. ALBINO NÚÑEZ. OURENSE, CURSO 2018-19

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19

  1. 1. OFO RMI GUE IRO CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ REVISTA ESCOLAR ANUAL Nº 10 CURSO 2018/2019
  2. 2. 2 Excursión, de 3anosA 4 Ciencia e lectura, de 3anosB 6 Libros e avós, de 4anos 8 Horta e xardín, de 5anos 10 Programa SI!, de 1º 16 What do you like on your pizza?. de 1º 18 RAEE cos Bolechas, de 2º 19 Meteogalicia e Santiago, de 4ºA 20 O autismo, de 4ºB 22 Concurso fotográfico 23 Antonio Fraguas e un rap, de 5ºA 26 O recuncho dos escritores, de 5ºB 30 Saída didáctica ás Illas Cíes, de 5º e 6º 34 Educando en igualdade 39 Da horta ao prato 42 Mes da ciencia na Biblioteca 46 Andaina no tempo 48 Día do Libro 50 Festival das Letras Galegas 52 Protexer a natureza 56 Piña Cortada no comedor escolar 59 Actividades complementarias 65 Saímos no xornal REVISTA ESCOLAR 2018/2019 O FORMIGUEIRO
  3. 3. EDITORIAL “O FORMIGUEIRO” Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa colaboración imprescindible de toda a comunidade educativa, recollemos unha parte do traballo realizado ao longo do curso escolar 2018/2019 no noso CEIP nesta revista escolar anual. Este ano mergullámonos no proxecto de centro, desta vez denominado “Entre salgueiras, carballos e bidueiros”, e continuamos participando no Plan Proxecta “Meteoescolas”, nos programas de consumo de froita e leite, no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, na dinamización das TICs e da normalización do uso da lingua galega, no fomento da convivencia e actividade física, na creación dun comedor escolar proveitoso e saudable para todos, etc. Moitas das informacións aquí recollidas reflectirán algunhas das boas experiencias levadas a cabo nas aulas ou fóra delas, nos diferentes equipos de traballo ou globalmente en todo o centro. Animámosvos a ler as seguintes páxinas para redescubrilas. Lembrade que na web do centro atoparedes todas as actividades realizadas, imaxes, enlaces e outros documentos: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalbinonunez Esperamos que a revista, elaborada con esforzo e ilusión, sexa do voso agrado. Grazas a todas as persoas que o fixeron posible. Recibide un cordial e agarimoso saúdo. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 1
  4. 4. OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITAMOS O CENTRO ACOUGO EN VILAMARÍN. FOI UNHA XORNADA CHEA DE ACTIVIDADES DIVERTIDAS EN PLENA NATUREZA. Montamos en barca, nun lago habitado polo crocodilo Crispín. Tirarnos pola tirolina foi moi emocionante. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 2
  5. 5. QUE BEN O PASAMOS!!! INFANTIL 3 ANOS A Tamén lle demos de comer aos animais: cabras, pitas… Moitos acabamos o día así… CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 3
  6. 6. SEMANA DA CIENCIA OS NENOS DE 3 ANOS FIXEMOS UN MONTÓN DE EXPERIMENTOS: CON PLANTAS, AUGA, ESCUMA, COR.. CANTO APRENDIMOS!! Deseñamos papel marmolado con escuma de afeitar e tintes. O mellor foi xogar coa escuma ao rematar!! Tintamos a escuma para facer debuxos en relevo Aprendimos como se obteñen distintas cores a partir doutras Tamén fixemos nubes de cores! Na aula temos o noso recuncho de investigación Observamos insectos no microscopio CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 4
  7. 7. O 23 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA DO LIBRO E NO NOSO COLE OS NEN@S MAIORES APADRIÑAN AOS PEQUENOS E CÓNTANLLES CONTOS APADRIÑAMENTO LECTOR NO DÍA DO LIBRO Otto, Valeria L., Valeria R. e Claudia F. escoitan moi atentos ás súas madriñas Izan, Ángela e Iris non perden detalle dos contos que lles len Como lles gustou a Alex e Valentina o conto! Rodrigo inverteu os papeis e exerceu el de “padriño” Claudia G. gozou moito do conto Que sorte tivo Mael con este padriño tan cariñoso! Que atentos estiveron Antón e Aarón ! CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 5
  8. 8. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 6
  9. 9. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 7
  10. 10. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 8
  11. 11. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 9
  12. 12. PROGRAMA SI Os/as alumnos/as de 1º de Primaria durante todo o curso estivemos realizando diversos retos cun claro obxectivo: demostrar que a adquisición de hábitos saudables dende a infancia reduce os riscos de enfermidades cardiovasculares e mellora a calidade de vida na idade adulta. Grazas a unha visión global de promoción da saúde, o Programa SI incide en catro compoñentes básicos interrelacionados: a adquisición de hábitos de alimentación saudable, o desenvolvemento da actividade física, o coñecemento do corpo e do corazón e a xestión emocional. Comezamos pois traballando un dos retos: CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 10
  13. 13. O descanso A actividade consiste en facerlles reflexionar aos nenos/as sobre o necesario que é o descanso. Proponnos actividades para calcular as horas que dorme cada neno/a e elaborar receitas para conseguir durmir, ademais de realizar uns exercicios de relaxación e traballar para saber relaxarse e aprender rutinas que nos axuden a mellorar o descanso no noso corpo. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 11
  14. 14. Imos ao supermercado Valorar as necesidades alimentarias e escoller entre os alimentos que son necesarios e os que nos axudan a manter unha dieta equilibrada, son uns dos obxectivos a conseguir neste segundo reto. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 12
  15. 15. As emocións Os/as nenos/as de 6-7 años expresan constantemente as emocións, polo tanto é importante recoñecelas ben: ledicia, tristeza, o enfado, a ira, o aburrimento, o medo, o sentirse namorado, emocionado ou celoso. Esta é unha das actividades primeiras que fixemos na clase. A continuación, os alumn@s debuxaron unha situación na que lles provocase unha emoción. Xurdiu a película da “Cinsenta”, en canto ao deporte, o fútbol, a patinaxe, as carreiras, pero tamén as pelexas que fan que o noso corazón se poña a mil. O bo de todo isto é que despois da “ tormenta” por así decilo, chega a calma. Falamos de situacións para calmarnos. Finalmente relacionamos frases feitas con emocións ou sentimentos. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 13
  16. 16. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 14
  17. 17. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 15
  18. 18. WHAT DO YOU LIKE ON YOUR PIZZA?? CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 16
  19. 19. Alumnos/as 1º primaria CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 17
  20. 20. OS BOLECHAS ELECTRECOS O 18 de decembro viñeron ao colexio os mesmísimos Bolechas! Tamén o seu amigo o profesor científico, quen nos explicou que o mellor que podemos facer cun aparello cando deixa de funcionar é... arranxalo! E se non é posible, entón desfacernos del SEMPRE NUN PUNTO DE RECICLAXE AXEITADO. Se os botamos en calquera lugar, ademais de ensuciar o entorno, contamínano. Despois da charla levamos para os nosos fogares uns folletos e cómics onde explicaba moi ben todo o que nos contara o Profesor para que as nosas familias puidesen sabelo tamén. Déronnos un carnet de Electrecos e agora a nosa obriga é cantarlle a todo o mundo o Rap dos RAEE: RECICLA OS RESIDUOS DE APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS! Durante todo o curso aprendemos máis cousas sobre a reciclaxe e intentamos poñelas en marcha na aula e na casa. E en maio presentámonos ao Concurso de Debuxo dos Electrecos! Estamos desexando coñecer os resultados. Que nervios! Podedes acceder a esta e máis información na web dos Bolechas: https://www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechas/index.html CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 18
  21. 21. SANTIAGO DE COMPOSTELA Os nenos e nenas de 4º de primaria fomos este mes de xuño de excursión a Santiago de Compostela. Nada máis chegar, visitamos a sede de METEOGALICIA, onde lanzamos un globo sonda que chegou ata o norte de Lugo e asistimos a unha interesante charla sobre meteoroloxía. Por suposto, non podiamos marchar de Santiago sen visitar a praza do Obradoiro, na que puidemos facer unhas fotos estupendas coa catedral de fondo. Foi nesta praza onde collemos o tren turístico que nos levou de ruta polo centro da cidade. Como o bo tempo non nos acompañou pola tarde, acudimos a un centro comercial. Alí mercamos xeados e xogamos no parque infantil. Á media tarde, ledos e cansos, volviamos de novo a Ourense mentres cantabamos, animados, algunha que outra canción. 4º A CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 19
  22. 22. O AUTISMO O día 2 de abril, os nenos/as de 4º B celebramos o día mundial de concienciación do autismo. Pero… que é o autismo? O autismo é un desarreglo psicolóxico que se caracteriza pola intensa concentración dunha persoa no seu propio mundo interior e a progresiva pérdida de contacto coa realidade exterior. As persoas autistas aínda que teñen características comúns, son moi diferentes entre sí. Falamos do autismo, como son as persoas que o teñen, si coñecemos a alguén e buscamos información para poder axudalos. Que podemos facer para axudar as persoas con autismo? - Utilizar unha linguaxe concisa, clara e literal. - Asegurarnos da atención da persoa antes de dirixirnos a el ou ela. - Utilizar tons baixos: controlar o volume do noso ton de voz e falar de forma individual. De un en un. - Ofrecer apoios visuais: pictos, xestos naturais, debuxos, signos… Tamén coloreamos diferentes símbolos que representan ao autismo. Todos podemos aprender, pero non todos o mesmo día nin da mesma maneira. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 20
  23. 23. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 21
  24. 24. FOTOGRAFÍA A METEOROLOXÍA Un curso máis dende o noso CEIP quixemos participar no Plan Proxecta “Meteoescolas”. Entre as actividades que levamos a cabo houbo cancións sobre o tempo, recollidas de datos, elaboración de gráficos, busca de refráns, saída a Meteogalicia e Santiago de Compostela co seu tempo tan característico, e incluso observación da influenza do tempo meteorolóxico na poesía de Rosalía! Pero unha das actividades que máis éxito tivo foi sen dúbida o Concurso Fotográfico. Nesta ocasión dividiuse en tres fases: outono, inverno e primavera. O número de participantes foi cada vez maior e, como os seus traballos eran moi bos, recibiron un pequeno agasallo. Ademais, as 3 mellores fotografías de cada edición levaron premio! Quedaron encantados cos seus chubasqueiros, paraugas...e mesmo cámaras fotográficas deportivas! 1º PREMIO: “Pícnic na neve” Arón Junco Sánchez 2º EP 1º PREMIO: “A cerdeira dos avós en primavera” Xián Almeida López 1º EP CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 22
  25. 25. LETRAS GALEGAS 2019 ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS Naceu en Loureiro de Cotobade (Pontevedra) o 28 de decembro de 1905. Cando a súa familia ía emigrar a Brasil, os seus pais deixaron, grazas aos consellos do mestre de Antonio, que continuase cos seus estudos e fixo bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde tivo como mestres a Castelao e Losada Diéguez. En Santiago estudou Filosofía e Letras e ingresou no Seminario de Estu- dos Galegos e nas Irmandades da Fala. Alí empeza o seu traballo como defensor da lingua e da cultura galega e tamén o seu labor como docente, unha vez rematada a carreira. Sendo profesor no instituto da Estrada é cesado ao comezar a ditadura franquista polas súas ideas galeguistas e non será ata 1950 cando poda volver a exercer como profesor nun institu- to de Lugo, primeiro, e logo no instituto Rosalía de Castro de Santiago. Ao mesmo tempo desenvolve o seu traballo como investigador, antropólogo, etnógrafo, escritor e conferenciante. Foi nomeado membro da Real Acade- mia Galega ocupando a cadeira de Castelao en 1951. F o i u n d o s fundadores do Museo do Pobo Galego a comezos de 1976, un ano despois da súa xubilación como docente. Será director e presidente de dito museo ao que lega a súa biblioteca persoal. Finou en Santiago de Compostela en 1999 con case 94 anos, despois de recibir numerosos premios e medallas en recoñecemento do seu labor en prol da cultura e da lingua galega. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 23
  26. 26. Froito do seu labor como investigador no eido da historia, da etnografía e do folclore galego escribiu moitos ensaios e artigos que publicou en numerosas revistas. Tamén escribiu varios libros, entre eles: Eu collín a flor da xesta que a primeira que vén, desde que te vin a ti non amei a máis ninguén. Din que che pican as mans, para min son amorosas tamén pican os rosales e deles salen as rosas. Vamos, ao muíño vamos, miña cariña de rosa, vamos ao muíño vamos, que esta semaniña é nosa. CANTIGAS DO CANCIONEIRO DE COTOBADE O cura chamoume rosa, eu tamén lle respondín destas rosas, señor cura, non as ten o seu xardín De Loureiro a Rebordelo todo é camiño chan, todas son rosas e flores postas pola miña man. O lugar de Vilalén de lonxe parece vila, ten un caravel na entrada e unha rosa na salida. (Pequena escolma de cantigas do libro “Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade”) Alumnos e alumnas de 5º EP CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 24
  27. 27. PARA CELEBRAR O DÍAS DAS LETRAS GALEGAS, OS NENOS E NENAS DE 5º CONVERTÉRONSE EN “RAPEIROS” POR UN DÍA, ADAPTANDO ESTA POESÍA DE MANUEL MARÍA Somos os alumnos de 5º curso E imos presentarnos a todo o mundo Os nenos e nenas imos rapear Un novo tema que o vai petar. Con esta poesía de Manuel María Falaremos galego durante todo o día Galicia docemente Está ollando o mar: Ten vales e montañas E terras pra labrar! Ten portos, mariñeiros, Cidades e labregos, Cargados de traballos Cargados de trafegos! Galicia é unha nai velliña, soñadora: Na voz da gaita rise, Na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos A terra, o mar, o vento… Pero hai outra Galicia Que vai no sentimento Galicia somos nós A xente e mais a fala Se buscas a Galicia En ti tes que atopala! CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 25
  28. 28. Estaba eu tan tranquila no meu escritorio pensando na redacción que podía facer. Xa pasara un bo anaco, pensa que te pensa, pero non se me viña nada á cabeza. Non se me ocorre nada! – dixen un pouco desesperada. Decidín ir ao xardín para ver se me inspiraba un pouco o reflexo das montañas no río, que corre cara o seu destino, o mar. Cando me ía levantar da cadeira, de súpeto... Apareceron, no libro que tiña ao meu carón, dous nenos do tamaño do meu dedo maimiño. Axiña viñeron correndo onda min e contáronme quenes eran e que facían no meu fogar. A nena chamábase María, era unha nena co cabelo castaño, cunha mirada xenerosa e viva como un mar cristalino cheo de peixes; cun ánimo e cunha alegría que, cando se encamiña a ti, parece que cho contaxia e que queres brincar con ela. Pero, cando á María se lle mete algo na cabeza, aínda non naceu ninguén que a faga cambiar de decisión. En cambio o seu irmán, Xan, é todo o contrario. Ten ollos verdes e unha mirada fría, o seu pelo tamén é castaño, pero curto, ten uns rizos que se entrelazan uns cos outros asemellándose a un niño dunha cegoña. É moi temerario, sempre lle anda a dicir á súa irmá que teña coidado e que non sexa tan atrevida. El non é un libro aberto, ten moita vergoña! Máis ben parece un libro pechado coa chave, pero que.. Cando consegues abrilo.....Ten cousas interesantísimas que contar! Estes dous irmáns están aquí para axudarme á difícil tarefa de facer unha bonita redacción para a revista do cole, porque eles nisto son especialistas, xa que están sacados dun conto! Primeiro teño que merendar, fun abaixo e collín chourizos e un anaco de pan para compartir con eles. Isto, para eles, era emocionante, xa que estaban limitados a facer o que poñíao conto e, neste conto...Nunca comeran! Despois da merenda, puxémonos mans á obra. Un aportaba unha idea, outro outra e así escribimos esta redacción Xiana Corderí Jardón (5º B) CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 26
  29. 29. A min sempre me gustou vivir na aldea. Haberá xente que diga, hai abúrrome! Iso é mentira, porque na aldea sempre tes que facer. Por exemplo: sachar as patacas, facer a rodriga, abrirlle ás ovellas, sacar as herbas malas da horta, levar as vacas ao monte, coller as verzas, ir buscar auga á fonte, facer picón...E moitas cousas máis. Se che parece pouco....! A que moitos de vós non podedes ter animais na casa? Pois eu teño tres cans, moitos gatos e moitos animais máis que comparto cos meus avós. A quen non lle gusta o cocido quentiño que fai a avoa no inverno? Se non che gusta, para min é un pecado. Hum, que ben cheira! No verán a aldea énchese de xente. Teño uns veciños que veñen de Madrid, outros da cidade de Ourense, e de moitos sitios máis. Todos os nenos lle piden aos seus pais unha piscina, eu non teño que pedírllela porque teño unha natural! Ás veces xuntámonos para dar longos paseos polo monte. Esquecíaseme que teño que marchar á casa da avoa. Ben, tanto me da! Só teño que subir as escaleiras e...xa estou na súa casa! Teño que poñer a mesa. Tedes que convencer aos vosos pais para que veñan vivir á aldea. Clara González García (5ºB) Érase unha vez nun reino moi afastado, unha princesa que tiña o gran desexo de ser un valente cabaleiro. , pero contaba con dous problemas que lle impedían cumprir o desexo: A VIDA NA ALDEA CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 27
  30. 30. - Era unha muller - O rei e a raíña non llo permitían. Un día tivo unha gran idea! Recordou que alguén lle contara unha vez que existía un diamante que cumpría desexos infinitos, así que a princesa percorreu un longo camiño soportando un tsunami, derrotando a un dragón e subindo ao cume do Everest, onde se atopaba o diamante que concedía os desexos. A princesa non era avarenta e quería compartilo co seu pobo, polo que baixou ao seu Reino para contarlle a súa aventura e amosarlle o valioso diamante. Entón algo sorprendente ocorreu, o pobo enteiro pediulle ao Rei que a nomeara Cabaleiro do Reino para que os protexera dos inimigos. O rei e a raíña decidiron, con moito orgullo, nomear a súa filla “Princesa Cabaleiro” sen ter que usar o poder do diamante. Foi o mellor día da súa vida e demostrou que con esforzo os soños convértense en realidade. Bruno Pérez Viadero (5ºB) Nós somos catro persoas humildes e vouvos contar a nosa historia: Eu chámome Xaime, Raúl, o meu irmán, a miña nai Lucía e Roi, o meu pai. Unha vez ao meu pai ocorréuselle facer unha acampada no monte Lucásami. Fomos andando porque non temos coche e, ao chegar, entramos por un camiño moi afastado do contenedor que, sabiamos que existía porque cheiraba moi mal! No monte acendemos o lume, puxemos todo o que necesitaba unha tenda de campaña e preparamos o saco para durmir. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 28
  31. 31. Ao día seguinte.... Queriamos subir ata o cume para ver as paisaxes, puxémonos en marcha pero... Era como se estivésemos bloqueados por algo moi grande. Intentamos subir polo outro camiño , pero... Desta vez...Moveuse algo moi grande, nós só lle vimos un rabo verde e uns ollos xigantes! Estaba moi claro, Iso non podía ser outra cousa que...Un animal invisible! Collemos tanto medo que decidimos irnos correndo ao noso campamento para recoller todo e marchar para a nosa casa. Zaida Giménez Estévez (5ºB) Fun a cama Eu dixen que parara Fun a durmir pero non quixo parar. Como di a miña irmá Eu quería espertar. Vamos a “mimir”· Entón... Eran as doce, Pensei que espertara, era moi tarde, entrara noutro soño, o único que quería iso era o que pasara . era soñar e ir ata Marte. Xa estaba aí, Outra vez pero nesta un neno apunto de durmir, que fora maltratado pechei as mermiñas coma o ogro... e púxenme a soñar. Entón espertei e dixen: Soñei cun ogro, Que sorte teño sen un ollo, de non ser maltratado! sendo maltratado Como maltratan ás mulleres por outro ogro. Ou ao neno, ou ao ogro. Xurxo Vilariño (5ºB) CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 29
  32. 32. A saída máis agardada polos/-as compañeiros/-as de 5º e 6º era a “excursión de fin de curso”. Can- do xa pensábamos que este ano non iamos saír do colexio, leva- mos unha boa sorpresa cando Ma-ría, Eva, e Pepe (titoras de 6º, 5ºA e titor de 5ºB) nos falaron da posi-bilidade de realizar unha viaxe en barco a unha illa. Ao pouco tempo xa soubemos que dende a ANPA, Eva e Lucía, estaban tratando de organizar unha saída ás Illas Cíes. Por fin, o martes, día 21 de maio, ás 8:30 h, puxemos rumbo dirección a Vigo para coller un barco cara ás Cíes. Ás 11:00 h, nun dos peiraos do porto de Vigo, embarcamos nun catamarán da Na- vieira Mar de Ons para facer unha travesía de 50 minutos ata o embarcadeiro de Punta Muxeiro, na illa Norte (ou de Monteagu- do), nas Cíes. A mañá estaba espléndida e puidemos utilizar a cuberta superior do barco para gozar da viaxe (mar en calma, augas transparentes, vistas preciosas, brisa suave). O tempo de travesía fíxose moi curto porque fomos facendo fotos na proa do barco, intentando descubrir algún golfi- ño preto do barco e gozando da paisaxe das dúas beiras da ría: Moaña, Cangas,.. (ao Norte) e Samil, Nigrán,… (ao Sur). As Illas Cíes, protección na- tural da Ría de Vigo, forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Trá- tase de tres illas moi próxi- mas entre si. De feito, dúas delas, Monteagudo (Norte) e Illa do Faro (Medio) están unidas entre si polo conxun- to dunar da Praia de Rodas. Á illa Sur (San Martiño) non é posible acceder. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 30
  33. 33. Fotos cos compañeiros/-as para ter un bonito recordo des- ta saída que estivemos agardando impacientes nas últimas semanas, ... consultando a diario o prognóstico do tempo. Augas “turquesas” nunha das mellores praias do mundo, a de Rodas, que é a praia máis visitada de Galicia a pesares de que, con bo criterio, as Illas Cíes teñen o acceso controlado, con visitas diarias limitadas. Ao organizar a saída acordouse incluír a axuda de Nora e Silvia, dúas guías (especialistas en bio- loxía ) para que nos acompaña- sen nas illas e nos explicasen as características e o por que da protección do espazo que visita- bamos. En dous grupos chega- mos, despois dun longa paseo, ata o lugar chamado “A pedra da campá”. Aproveitamos o intre de xantar para descansar da camiñata e prepararnos para a actividade máis importante e desexada por todos/-as: xogar na praia e bañarse nunha das mellores praias do mundo (A praia de Rodas). Qui- zabes nunca nos paramos a valorar, sen menosprezar a moitas das fabulosas praias de Galicia, que a temos a menos de dúas horas (coche + barco) do lugar no que vivimos. Auga transparente… de cor turquesa e a area branca e fina…para xogar nun lugar privilexiado do noso planeta. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 31
  34. 34. Despois de dúas horas de baño e xogos na praia… que nos pareceron dous minutos… preparámonos para a volta. Como é norma en toda actividade, tocou, antes de coller camino do peirao, facer a foto de grupo, para deixar constancia de ter estado alí e poser lembrar, dentro de moitos anos, os compañeiros/-as que un día do mes de marzo de 2019 estivemos xuntos, gozando no paraíso das Illas Cíes. Con menos ánimo que cando embarcamos á ida, ás 17:00 h tivemos que agardar no peirao o momento de embarcar para iniciar a viaxe de volta. Todos pensaba- mos o mesmo… temos que volver outra vez… (aquela estancia nas Illas Cíes fora moi curta e quedárannos algúns lugares emblemáticos sen visitar: o Faro (Monte Faro), Alto do Príncipe, o Faro do Peito,... CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 32
  35. 35. Xa de volta en Vigo, e antes de subir ao autocar que nos traería a Ourense, quixemos despedirnos, coma en toda boa excursión, re- poñendo forzas para a viaxe de volta. Despois dun día intenso de caminatas, xogos na auga e na Praia, … a forza físicas comeza- ban xa a faltar ...e o cansazo pe- díanos a berros que tiñamos que comer algo para recuperarnos. O mellor nestes casos... ……….UN XEADO XXL……... Como resumo desta saída pode- mos concluír que foi unha activi- dade que nos gustou moito para rematar un curso longo e intenso. Só un pequeno fallo… que cre- mos que ten fácil solución: cando repitamos esta saída, ben ás Illas Cíes, ou a calquera outra illa do Parque Nacional das Illas Atlánti- cas (Ons, Sálvora,..) programar dous días de estancia para poder visitar todos os lugares de inerese que hai en cada unha delas e dis- poner de máis tempo para a Praia. E para despedir esta crónica da nosa viaxe, agradecer á ANPA do Cole- xio Albino Núñez a organización desta saída e ao Colexio a colabo- ración necesaria para que puidese- mos ir. Agradecerlle tamén a Lucía, Eva, María e Pepe que nos acompañasen na viaxe. Embarcados xa para zarpar cara Vigo, contemplamos outra vez a fermosa es- tampa da Praia de Rodas con certa pena. Uxía, Bruno e Xurxo dan boa conta de cadanseu xeado... CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 33
  36. 36. Dende o colexio fomentamos a coeducación, impulsando a igualdade entre homes e mulleres. 1. Prevención da violencia de xénero: educar dende a resolución de conflitos de forma pacífica e non sexista, visibilizando e nomeando aquelas condutas que dalgunha maneira discriminan e atentan contra as mulleres ou as nenas. O 23 de novembro nun acto conxunto escoitamos o manifesto elaborado polos alumnos e alumnas de 6º de primaria onde rexeitaban calquera discriminación por razón de sexo e denunciaban condutas violentas (físicas, verbais, psicolóxicas…) contra as nenas e as mulleres. Logo bailamos e cantamos ao ritmo de dúas cancións de denuncia de condutas sexistas e de defensa da liberdade da muller. “La puerta violeta” de Rozalén “Déjala que baile” de Melendi con Alejandro Sanz e Arkano 2.“ Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia e innovemos para o cambio” foi o lema deste ano para a conmemoración do Día Internacional da Muller. Murais realizados polos alumnos/as de educación infantil CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 34
  37. 37. 8M, o Día da Muller en 2º de primaria. Na aula de 2º de primaria gústanos coñecer e reflexionar sobre o mundo que nos rodea. Moitas veces vemos na televisión, lemos nos xornais ou escoitamos ás nosas amizades ou na radio titulares que nos chaman a atención. Algunhas situacións non as entendemos moi ben, pero outras parécennos inxustas ou moi graves e quixemos saber que poderiamos facer para cambialas. Por todo isto comezamos a falar das semellanzas e diferenzas, dos salarios, das tarefas domésticas, das palabras, das profesións, dos anuncios, dos xoguetes, das cores... do que vemos e do que queremos. Estes vídeos fixéronnos pensar. Animámosvos a que os busquedes e lles botedes unha ollada.  PURL de Disney Pixar: https://www.youtube.com/watch?v=B6uuIHpFkuo CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 35
  38. 38. • #likeagirl: https://www.youtube.com/watch?v=xH-9nWaqpws  Experimento social noruego. Os nenos e a desigualdade salarial entre homes e mulleres. https://www.youtube.com/watch?v=m54ZPkl_HaM Despois de tanto debate decidimos poñernos mans á obra e facer uns carteis para poñer polo colexio para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 36
  39. 39. Todos quedaron xenial! Oxalá moita xente os lese e o mundo vaia sendo un pouco máis xusto cada día! Algúns deles luciron así: CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 37
  40. 40. 3. Medrando en igualdade: os rapaces e rapazas de 6º de primaria realizaron o pasado 7 de maio no centro un obradoiro sobre igualdade promovido polo Concello de Ourense. O obradoiro, moi visual e participativo, foi visto así polo alumnado: “Un martes calquera do mes de maio chegou Paula cun xiz, debuxounos un iceberg no encerado e fíxonos unha pregunta… cando tedes unha comida familiar, quen se levanta e quenes se quedan sentados na mesa despois da sobremesa? . Pensádeo ben!. Vós tamén chegastes a mesma conclusión ca nós? … Sempre son as mulleres as que se erguen… porque? Que vos parece iso? Porque nunca nos detivemos a cavilar? Porque non cambialo? … Así foi como comezamos a decubrir ese iceberg de micromachismos e desigualdades que nos rodean e do que, as veces, os telexornais só dan conta da parte máis visible e dramática: a violencia de xénero. Aquel martes decatámonos de cal era o camiño cara esa violencia e de que non queriamos percorrer nin un metro máis. Paula abriunos os ollos e fíxonos reflexionar sobre os tipos de relacións que queriamos ter no futuro… todos tivemos claro que tiñan que estar basadas na igualdade e no respeto. Dicidenos que opinades o mesmo!” CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 38
  41. 41. DA HORTA AO PRATO A horta do Albino é sensacional, nela sachamos e aprendemos a plantar. Sementamos patacas, allos e cebolas,e ás galiñas da veciña dicímoslle ola!!! Recollemos as leitugas, os repolos e as acelgas, ata descubrimos un caracol, durmindo a sesta! CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 39
  42. 42. A nosa colleita levámola á cociña, para que Ángeles, Alfonso e María, nos fagan unha comida moi rica. Leitugas e repolos gústanos cultivar porque ao noso cardio séntanlle xenial. Retiramos as malas herbas, que moito medran!!! Xuntamos a folla na nosa carballeira, para abonar a nosa horta ao chegar a primavera. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 40
  43. 43. Despois de tanto traballo toca descansar, e zamparnos os cultivos na hora do xantar! Lucía e Tibor están abraiados co que medraron os repolos. Será polo ben que os coidaron ? CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 41
  44. 44. Ao longo do mes de novembro a nosa BIBLIOTECA transformouse nun gran laboratorio. Ao longo deste mes todos fomos científicos e desenvolvemos interesantes e divertidos experimentos: Os nenos e nenas de 4º de Infantil fixeron o experimento da ESCUMA MÁXICA: Primeiro botaron vinagre nun vaso, engadíronlle unhas pingas de deterxente e unhas pingas de colorante. Mesturaron todo. Despois cando botaron o bicarbonato… Produciuse a maxia!!! A escuma medrou e medrou... E DEIXOU A TODOS MARABILLADOS!!! CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 42
  45. 45. Os nenos e nenas de 5º e 6º de infantil comprobaron que as bólas de cristal ou de plastilina afundíanse na auga sen importar nin o peso nin o tamaño. Pero que cando, entre todos, fixeron barcas coa plastilina e botaron nelas as bólas…. Flotaban na auga!! CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 43
  46. 46. Os alumnos de 5º de Primaria empregando auga, aceite, mel, xarope colorantes... Foron capaces de meter ao Arco da Vella nun frasco!! EXPERIMENTO 4º DE PRIMARIA Demostraron que a auga pode ir cara arriba, en contra da gravidade, coa transferencia da auga entre dous vasos. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 44
  47. 47. Comezaron vertendo no centro do frasco, con moito coidado para non tocar os bordes, mel, xarope, colorante, deterxente... formando capas dun centímetro. Remataron botando cun goteiro polas paredes do frasco o alcol coloreado. E este foi o resultado!!! CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 45
  48. 48. Andaina no tempo Un ano máis participamos no proxecto Voz Natura, este ano dedicado aos bosques. Presentada a nosa proposta: “Entre salgueiros, bidueiros e carballos”, quixemos comezar cunha viaxe, capaz de unir arredor do bosque do Falán: o pasado e o presente, os druídas, os avoíños, e as avoíñas do Centro Fogar de San Amaro, as nais e os pais do alumnado de 5º e de 6º, os mestres, un grupo de voluntarios, os nenos e as nenas, e o último prior do Mosteiro de Santa Comba de Naves. Na baixada do pobo de Naves ao Mosteiro aproveitamos para recoller lixo. No medio do camiño esperábanos o historiador Suso Martínez, para interpretar ao último prior deste mosteiro, Antonio de Neira, quen nos guiou cara unha viaxe ao pasado. Con moita ilusión, e gañas de aprender dispuxémonos a escoitalo e a seguilo... CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 46
  49. 49. Antonio de Neira ensinounos que detrás das pedras sempre houbo, e haberá unha historia, e achegounos á deste Mosteiro. Rematada a visita teatralizada con Suso Martínez, cruzamos o bosque da Conchada para chegar ao bosque do Falán, aquí tivemos a oportunidade de descubrir moitas árbores, das que aprendemos os nomes, e observamos as características. Temos que agradecerlle aos avoíños do centro de San Amaro o esforzo que fixeron para acompañarnos, e chegar á meta, así como aos voluntarios que axudaron a que fora posible realizar esta andaina no tempo arredor do bosque. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 47
  50. 50. Para conmemorar o Día do Libro e dos Dereitos de autor no colexio desenvolvéronse diferentes actividades: Na biblioteca r eci biNa mos a vi sita Na Biblioteca tivemos unha visita moi agardada: José Ferreiro, o avó de Sara de 4º de infantil, acompañado da súa dona María Bernárdez, foron recibidos polos nenos e nenas de 4º de infantil e de 3º de primaria, aos que: lles recitou un poema que el lle escribira a un carballo. Tamén lles contou que lle gustaba moito vivir na súa aldea rodeado de paxaros, leitugas, tomates, carballos, e da súa netiña que lle axudaba a sementar, plantar, regar coidar a horta e as árbores. Coa sabedoría que dan os anos e a experiencia foilles contando anécdotas da súa vida, do seu traballo na sega de Castela, as súas experiencias en Alemaña. Faloulles da importancia de coidar os montes que foron fonte de riqueza nos tempos pasados. Para ilustrar o que lles estaba contando quíxolles ler unha proclama que el escribira, e como non tiña lentes Marcos de 3º leu voluntariamente o seu escrito. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 48
  51. 51. Os nenos de 5º e 6º de infantil recibiron a visita de Fátima , a mamá de Teo de 5º de infantil, que lle contou a historia da Bruxa Mala. Folla a folla foi contando e interpretando as accións tan perversas que facía esta bruxa. Tamén lles contou que ela coñecía a bruxas moi boas que facían “apócemas” para axudarlle á xente. Elas prestáronlle o alambique co que fan os perfumes e as herbas coas que fan as menciñas. Tamén se organizou o VI Apadriñamento Lector: un ano máis os padriños e madriñas colleron aos seus afillados e na “hora de ler” léronlles un conto. Cada parella elixiu a zona do patio que máis lle gustou: na carballeira, na zona de xogos ou simplemente sentados na herba do xardín... Gozaron dese momento tan especial no que non só se comparten libros e historias, tamén ledicia, amizade e cariño. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 49
  52. 52. FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2019FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2019FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2019 O xoves día 16 de maio tivo lugar no salón de actos do centro o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS. Ao longo do mesmo estivo presente a obra do autor homenaxeado este ano: ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, que ademais de divulgar e defender a nosa lingua, dedicouse a recoller o noso acervo cultural e etnográfico. Os pequenos de 3 anos-A cantaron e bailaron “Glu, glu, glu” de Mamá Cabra. E os de 3 anos-B fixérono coa canción “Os sentidiños” de María Fumaça. Os nenos/as de 4 anos bailaron e movéronse ao ritmo da cantiga popular “A saia da Carolina” . “Quérote máis” de O Sonoro Maxín foi a peza que cantaron e bailaron os maiores de infantil. O alumnado de 1º de EP recitou cantigas do “Cancioneiro de Cotobade” que recolleu Antonio Fraguas. “Vai saír o tren” cantaron e bailaron os nenos/ as de 2º de EP que recordaron con este tema o traballo no Brasil do pai de Antonio Fraguas e oa seus desexos de ser maquinista. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 50
  53. 53. Os nenos/as de 3º EP bailaron e fixéronos bailar a todos ao ritmo de “Imos bailar” de Mamá Cabra. Primeiro interpretaron a obriña “Farsa” e logo fixeron un teatriño con monicreques “O mago e a folla”, os alumnos e alumnas de 4º-B. A famosa poesía “Galicia” de Manuel María foi “rapeada” polos marchosos alumnos/as de 5º de EP. A continuación Clara, Xurxo, Noa e Diego A. representaron “Os tres preguiceiros”. E como remate, en homenaxe a Antonio Fraguas, os maiores do cole interpretaron a cantiga “O casamento da pulga e o piollo”, peza tamén popular que recolleu Fraguas no famoso “Cancioneiro de Cotobade”. Despois de recitar varios poemas, alumnos de 4º-A representaron a peza teatral “O rato pelado”. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 51
  54. 54. Protexer a natureza é algo que debemos ensinar desde a infancia. Como pais, temos que ser os primeiros en dar exemplo e conseguir que os nosos fillos se convertan en persoas saudables e conscientes dos seus actos. A educación ambiental está dirixida a formar valores, actitudes e comportamentos a favor do medio ambiente, polo que é preciso intentar aplicar esta materia en moitos aspectos da vida do neno. O coidado da contorna é algo fundamental que debe empezar a inculcarse desde idades moi temperás. Non se trata de falarlles do cambio climático ou da extinción de certas especies, pero si de ensinarlles o respecto pola vida animal e vexetal, e de demostrarlles as grandes sorpresas que se agochan nos bosques. É importante saber que o contacto directo coa natureza na infancia é clave para o desenvolvemento da personalidade dos nenos. Para eles, a natureza é un parque de atraccións, unha excelente medicina e aula de aprendizaxe. O contacto con ela mellora a saúde, a capacidade de atención, o desenvolvemento motor e cognitivo, a autonomía, a seguridade, a adquisición de valores... CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 52
  55. 55. Os nenos necesitan estar en contacto co mundo que os rodea para poder desenvolverse de forma integral. A natureza é o espazo perfecto para estimular os sentidos dos máis pequenos. O espazo ideal para que poidan experimentar libremente e entender como funciona o mundo. É o seu laboratorio, o seu lugar para construír soños, para deconstruir problemas e atopar solucións, para redescubrirse libres e ver a maxia que cada pequena cousa alberga. Os nenos necesitan mollarse, tocar aquelo que lles rodea, mancharse e xogar libremente para desenvolver a súa capacidade creativa e o seu desenvolvemento emocional e cognitivo. Subir ás árbores, cheirar as flores, plantar sementes... Todos estes estímulos provocan nos nenos sensacións que serven para construír o coñecemento, porque o que aprendemos vinculado ás emocións grávase máis facilmente na nosa memoria e é máis difícil de esquecer. Nada mellor que aprender como é o mundo que descubríndoo na propia natureza. A natureza: esencial para a aprendizaxe CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 53
  56. 56. Porque toda aprendizaxe debería poder facerse desde a realidade, en directo, e non tanto por fotografías, vídeos ou libros. E porque é de maneira natural, co contacto directo e usando todos os sentidos, como os nenos aprenden mellor. A natureza ofrece unha experiencia sensorial completa: pódese tocar, cheirar, ver, oír, probar… E sempre será mais fácil e mais atractivo aprender estando en contacto directo coa natureza, que non simplemente sabendo que é véndoa só nos libros, nun ordenador ou desde un pupitre do cole. Son mais autónomos: Os pequenos teñen a posibilidade de xogar ou experimentar nun espazo aberto que les aporta a opción de moverse libremente e de observar como funciona aquelo que lles rodea. Este ambiente é ideal para que aprendan a actuar de forma autónoma. Xestionan mellor as emocións: Estar en contacto co ambiente natural é estar en contacto co noso hábitat orixinal, e está demostrado que mergullarse na natureza é unha das mellores medicinas para o corpo e para a mente. Como inflúe a natureza nos nenos? CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 54
  57. 57. Teñen mais facilidade para aprender: Os nenos son aprendices activos, investigadores, e a natureza ofrece unha experiencia sensorial completa: pódese tocar, cheirar, ver, oír, probar…, así que é mais fácil aprender alí que atado a un pupitre. O contacto coa natureza durante a infancia deixa unha pegada indeleble. Podería resumirse nesta frase da pedagoga Maria Montessori: “ningunha descrición, ningunha ilustración de calquera libro pode substituír á contemplación das árbores reais e de toda a vida que os rodea nun bosque real”. Departamento de Orientación Estar ao aire libre, en interacción directa coa natureza debería ser recoñecido coma un dereito fundamental da infancia. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 55
  58. 58. PIÑA CORTADA NO COMEDOR Menuda visita temos na nosa escola! A Pirata Piña cortada acompáñanos todos os luns e os venres, á hora do xantar, para falarnos das súas aventuras, e para propornos retos moi saudables. Vaia sorte que temos ao poder escoitala, e aprender hábitos, normas e valores grazas aos xogos que nos ensina, e a todo o que aprendeu nas súas viaxes polo mundo. Piña cortada é un cofre cheíño de sabedoría que agora poderá compartir con nós. Ata nos aprendeu trucos matemáticos. Contounos que ela e a súa tripulación sentiran moito medo cando tive- ron que estar durante varios meses no barco, e quedaron sen froita. Daquela estiveron moi enfermos, e mesmo lles caeran os dentes. Tamén nos explicou como había que cortar a froita, como usar os panos, a fór- mula dos piratas para pedir e agradecer que nos sirvan, e como facer ximnasia de mandíbula, para que os alimentos non nos fagan dano. E como no noso comedor a saúde importa moito, Piña cortada anímanos a comer moita verdura e moita froita, que os nosos super cociñeiros Alfonso, Masé e Conchi teñen tan ben preparada. Cada vez que un neno fai “bandexa limpa” a nosa súper pirata diríxese a el e di que este neno, ou esta nena, é un auténtico tesouro saudable. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 56
  59. 59. A nosa querida pirata, logo de ollarnos detidamente, como se estivera buscando algo moi valioso, explicoulles aos rapaces e ás rapazas que vai estar moi atenta aos bos hábitos, e que se vai a dedicar a atopar no noso comedor tesouros. Para ela os tesouros son os ne- nos que mastigan moitas veces cada bocado, os que cortan moi ben os alimentos, os que usan os panos, os que teñen as mans limpas, os que lles axudan aos demais, e os que sa- ben dicir grazas e por favor. Mirade cantos tesouriños atopou xa o primeiro día que estivo con nós, e segue buscando con moita ansia.. Explicounos como cepillan os dentes os au- ténticos piratas saudables, como se sentan correctamente, como usan os panos, como mastigan e cortan a comida e ata como se ser- ven uns aos outros, porque os piratas que via- xaban con ela era xente moi ben educada. Animounos para que empreguemos no comedor os lemas dos piratas amiguiños da saúde, que son os seguintes: Non acusar e axudar . Todo esforzo ten recompensa. A autonomía é o eixe da miña vida. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 57
  60. 60. MENUDOS TESOURIÑOS TEMOS NO ALBINO!!! OS QUE SE ESFORZAN COMENDO A FROITA PORQUE SABEN QUE É MOI IMPORTANTE PARA A SÚA SAÚDE. Manuel e Mateo comeron moi ben a sandía OS QUE SEMPRE ESTÁN ATENTOS ÁS NECESIDADES DOS DEMAIS PARA SOLUCIONARLLES OS PROBLEMAS. Candela sempre está disposta a axudarlles aos máis cativos. OS QUE PROBAN OS ALIMENTOS NOVOS PARA MEDRAR FORTES E SÁNS Erea fixo un gran esforzo atrevéndose a probar a froita. CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 58
  61. 61. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Presentamos un resumo das actividades realizadas ao longo deste curso 2018/2019. Comezamos con … Animación á lectura... O MAGO E A FOLLA (teatro de monicreques) Día das bibliotecas escolares Ed. Infantil (24-10-2018) (no salón de actos do centro) ENCONTROS COA AUTORA: IRIA MISA 5º de Ed. Primaria (19-02-2019) (no Liceo de Ourense) CONTACONTOS CON SABELA GAGO Martín e o lapiseiro máxico Ed. Infantil (09-04-2019) (no salón de actos do centro) VI APADRIÑAMENTO LECTOR Día Internacional do Libro Todo o alumnado (29-04-2019) (nos espazos exteriores do centro) ENCONTRO COA AUTORA: LEDICIA COSTAS 5º e 6º de Ed. Primaria ( 02-05-2019) (na bilbioteca do centro) CONTACONTOS CON SABELA GAGO 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria (10-05-2019) (na biblioteca do centro) CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 59
  62. 62. OS ELECTRECOS: superheroes da reciclaxe 2º e 3º de Ed. Primaria (18-12- 2018) (no centro) CHARLA SOBRE INCENDIOS FORESTAIS 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria (07-11-2018) (no centro) PREVENCIÓN INCENDIOS FORESTAIS (SEPRONA) 1º, 2º e 4º de Ed. Primaria (12-02-2019) (no centro) PLANTACIÓN DE BIDUEIROS 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria (22, 23 –03-2019) (no patio do colexio) Actividades relacionadas co medio ambiente e o seu coidado... TI RECICLAS, OURENSE GAÑA 5º e 6º de Ed. Primaria (01-04-2019) (no centro) TALLERES PLAY ENERGY 3º e 4º de Ed. Primaria (12-04-2019) (no centro) REFORESTACIÓN EN PALMÉS 6º de Ed. Infantil e 6º de Ed. Primaria (03-05-2019) (nos montes de Palmés) CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 60
  63. 63. Artes escénicas… TARZÁN 5º e 6º de Ed. Primaria (30-01-2019) (no Auditorio Municipal) BURBUJAS DE PAPEL Ed. Infantil (20-02-2019) (no Auditorio Municipal ) BON APPETIT 3º e 4º de Ed. Primaria (29-03-2019) (no Auditorio Municipal) EU COCIÑO, TI COCIÑAS? 1º e 2º de Ed. Primaria (08--04-2019) (no Auditorio Municipal) OBRADOIROS PAN DE MILLO Ed. Infantil (31-10 e 7-11-2018) (no centro) Actividades relacionadas coas tradicións … OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS 4º de Ed. Primaria (12, 19 -02– 2019) (no centro) CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 61
  64. 64. PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO 6º de Ed. Infantil e 4º de Ed. Primaria (23-05-2019) (no patio do centro) SEGURIDADE EN INTERNET 5º e 6º de Ed. Primaria (27-03-2019) (no centro) Actividades relacionadas coa seguridade… CHARLA CONTRA O ACOSO ESCOLAR 5º e 6º de Ed. Primaria (20-02-2019) (no centro) CHARLA SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL 6º de Ed. Primaria (15-03-2019) (no centro) A FORMULA DAS EMOCIÓNS 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria (12-04-2019) (no centro) MEDRANDO EN IGUALDADE 6º de Ed. Primaria (07-05-2019) (no centro) Educación en valores... CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 62
  65. 65. Actividades relacionadas con hábitos saudables… SAÚDE BUCO-DENTAL Charla Consellería de Sanidade 4º de Ed. Primaria (06-02-2019) e 3º de Ed. Primaira (12-2-2019) (no centro) VISITA DE CARDIO Mascota do programa SI! (Saúde Integral) Ed. Infantil (01-04-2019) (no centro) SAÚDE BUCO-DENTAL Charla do Concello de Ourense 1º e 2º de Ed. Primaria (30-04-2019) (no centro) OBRADOIROS DE LEITE E PRODUTOS LÁCTEOS 1º e 5º de Ed. Primaria (10-05-2019) (no centro, en dúas sesións) VISITA O TEU SUPER 6º de Ed. Primaria (25-02-2019) (no centro e no supermercado Eroski) CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 63
  66. 66. Saídas, excursións … VISITA TEATRALIZADA AO MOSTEIRO DE SANTA COMBA DE NAVES, BOSQUE DE FALÁN, A CONCHADA 5º e 6º de Ed. Primaria (16-10-2018) (na zona de Palmés) VISITA A METEOGALICIA 4º de Ed. Primaria (04-06-2019) (en Santiago de Compostela) VISITA AO CENTRO DE OCIO E ACTIVIDADES NA NATUREZA ACOUGO Ed. Infantil (14-05-2019) (en Vilamarín) VISITA ILLAS CÍES 5º e 6º de Ed. Primaria (21-05-2019) (na ría de Vigo) CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 64
  67. 67. Ao longo deste curso as nosas actividades apareceron na prensa local en numerosas ocasións. Aquí lembramos algunhas delas: CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez O Formigueiro 2018/2019 65
  68. 68. UXÍA CANAL, SOFÍA, ARTURO, DIEGO, UXÍA GARCÍA, ADELA, CHRISTIAN, MIGUEL, IRIS, SARAY, PABLO E LUCÍA. A T A S E M P R E . . . E B O A S O R T E !

×