Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Os pronomes persoais

2,608 views

Published on

presentación para o alumnado de BACH nocturno IES Santa Irene, con teoría e actividades para traballar o pronome persoal.

Published in: Education
  • Be the first to comment

Os pronomes persoais

  1. 1. Son palabras gramaticais que mostran a identidade doselementos do proceso comunicativo. Ex: Os rapaces son pequenos > Eles son pequenosAmosan variación de xénero, número e persoa e desempeñanas mesmas funcións que os substantivos e adxectivos.Diferenciamos:Pr. Tónicos, teñen acento e poden situarse en calquera lugarda oración. Funcionan como suxeito, atributo oucomplementos con preposición.Pr. Átonos, sen acento, polo que dependen doutras palabrasao redor das cales se sitúan, verbo ou pronome. Funcionan deCD ou CI.
  2. 2. 1. Subliña os pronomes persoais das seguintesoracións e clasifica en tónicos e átonos.a) Ela xa che sabe aínda que non cho diga que eu a quero comigona casa.b) Roubároncheme o coche.c) Nin nós llelo sabiamos. corrector
  3. 3. As formas do pr. tónico son:
  4. 4. As contraccións do pr. tónico coa preposición: EL ELA ELES ELAS EN nel nela neles Nelas DE del dela deles delas
  5. 5. Os pronomes oblicuos son aqueles que aparecenprecedidos por unha preposición e, xa que logo,desenvolven a función de termo do sintagma preposicional,non podendo nunca ser suxeito. •min: Estiveron falando de min •ti: Este xersei é para ti •el, ela: Estás todo o día mirando para ela •nós: Elas trouxeron ese agasallo para nós •vós: Non esperaba iso de vós •eles, elas: Podes ir xogar con el.
  6. 6. Os pronomes oblicuos ligados chámanse así por formarparte do seu corpo fónico a preposición "con". Actúan comocomplementos circunstanciais de compañía. • comigo: Carme bailou comigo • contigo: Túa nai quería falar contigo • consigo (con el/ela): Carlos estivo pelexando con el • connosco: Ven xantar connosco • convosco: Vou xogar convosco • consigo (con eles/elas): Vou ao mercado con elas
  7. 7. Nosoutros / VosoutrosNon son o mesmo ca "nós" e "vós“(nós ou vós, o/ospresente/s, e mailos outros). "Nosoutros" e "vosoutros"refírense a un grupo pechado de individuos coñecido polofalante e polo oínte, polo que quedan excluídos deles tódolosindividuos que non pertenzan a ese grupo: EX: Saberás que o Director díxonos a nós (a case tódolos alumnos do instituto) no Salón de actos que nosoutros (os presentes e o mailos demais alumnos de 4ºESO A) quedabamos castigados sen ir de excursión.
  8. 8. As formas do pr. átono son.
  9. 9. Concorrencia do pronome de CI e CD.
  10. 10. P2 : te / che Viute o outro día / Vinche o embigo.Cando ao poñer a frase en terceira persoa o pronome resultantesexa o (lo, no), en segunda persoa será te: vino o outro día -> vinte o outro díaCando ó poñer a frase en terceira persoa o pronome resultante sexalle, en segunda persoa será che: vinlle o embigo -> vinche o embigo
  11. 11. En case toda Galicia encontramos o pronome "che"empregado no caso dativo (CI) e o pronome "te" empregadono caso acusativo (CD) ou como reflexivo, sistema estecoincidente co presente na normativa da lingua galega.Agora ben, na área lingüística fisterrá (Santiago, Bembibre,Fisterra, Tambre, Barbanza) emprégase "che" tanto comodativo como acusativo, hai logo cheísmo.Mentres que na zona do Baixo Miño e en falas zamoranasempregan "te" tanto para acusativo como para dativo,producíndose teísmo
  12. 12. Caso Forma estándar Formas do cheísmo Formas do teísmo Acusativo te che te Dativo che che te Reflexivo te te teNas zonas de teísmo dirán: Chameite (CD) onte Merqueite (CI) um xersei.Nas zonas de cheísmo dirán: Chameiche (CD) onte. Mercheiche (CI) um xersei.
  13. 13. 2. Poñede che ou te segundo corresponda: 1. Fun á praza pero non ______ dixen nada 2. Non ______ deas tanta importancia, rapaz 3. Non ______ envexo o choio que tes 4. Cantou_____unha habanera moi bonita 5. Fíxo______ unha boa trasnada 6. Collin______ a saia amarela do armario 7. Cachei______ rillando nas rosquillas 8. Agardei____ toda a tarde para dar______ o regalo 9. Lava ben o pelo para que ____ poidas peitear ben 10. Quería______ moito, pero non dixen nada
  14. 14. + actividades3. Poñede che ou te segundo corresponda: corrector 1. Lembro que ... ollou... fixamente. 2. Esa luz non é boa para ... proxectar... a imaxe. 3. Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa. 4. Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito. 5. Nunca ... convencerá... de marchar. 6. E eu que ... coidaba... máis esperto! 7. Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba. 8. Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida. 9. Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día. 10. Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.
  15. 15. É un trazo expresivo de frecuente uso na lingua galegaenpregado coa intención de que o implicar o interlocutornaquilo que o predicado expresa, pretendendo a súasolidariedade, a complicidade ou unha aproximación afectivaque o inste a implicarse. P2 P5 P2 (cortesía) P5 (cortesía) FORMAS CHE VOS LLE LLES
  16. 16. Exemplos de uso: Sen pronome de solidariedade Con pronome de solidariedade Roubáronme o coche Roubároncheme o coche Non me roubaron o coche Non che me roubaron o coche Roubáronme o coche Roubáronmevos o coche Non me roubaron o coche Non me lles roubaron o cocheObsérvese que o pronome de solidariedade singular colócase antes do persoalde obxecto indirecto, mentres que os pronomes de solidariedade de segundapersoa do plural colócanse despois do obxecto indirecto.
  17. 17. É un pronome que indica a persoa que intervén na acciónporque dela recibe proveito ou dano. As súas formas son me(P1) e nos (P4). Exemplos de uso: Sen dativo de interese Con dativo de interese Meu fillo aproboume moitas Meu fillo aprobou moitas asignaturas asignaturas Meu fillo non aprobou moitas Meu fillo non nos aprobou moitas asign asignaturas
  18. 18. Para o complemento indirecto de terceira persoa as formasmáis frecuentes no Bloque Central e Oriental de Galicia, asícomo as normativas na escrita e determinados usospúblicos, son "lle" (terceira persoa de singular) e "lles"(terceira persoa de plural): •Díxenlle o agasallo a el (ou a ela) •Díxenlles o agasallo a eles (ou a elas).
  19. 19. Oración Obxecto directo dirixida a ResultadoDíxenlle iso a el ou a ela DíxenlloDíxenlle a nova a el ou a ela DíxenllaDíxenlle os erros a el ou a ela DíxenllosDíxenlle as novas a el ou a ela DíxenllasDíxenlles iso a eles ou a elas DíxenlleloDíxenlles a nova a eles ou a elas DíxenllelaDíxenlles os erros a eles ou a elas DíxenllelosDíxenlles as novas a eles ou a elas Díxenllelas
  20. 20. No Bloque Occidental, en cambio, non distinguimos esesdous complementos e temos, polo tanto, unha únicopronome para a terceira persoa do singular e do plural dopronome persoal átono de complemento indirecto. Estaforma é "lle": •Díxenlle iso a el (ou a ela). •*Díxenlle iso a eles (ou a elas).
  21. 21. No Bloque Occidental, e por non empregarmos "lles"nunca, tampouco faremos as contraccións "llelo", "llela","llelos", "llelas". É obrigatorio na escrita o uso de "lles" edas súas contraccións ("llelo", "llela", "llelos", "llelas"),sendo un trazo dialectal na fala a súa ausencia. *Deille o agasallo aos cativos > deillo O correcto sería: Deilles o agasallo aos cativos > déillelo
  22. 22. 4. Transformar as mesmas frases utilizando agora ospronomes átonos de terceira persoa1. Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa.2. Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito.3. Nunca ... convencerá... de marchar.4. Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.5. E eu que ... coidaba... máis esperto!6. Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día. +7. Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba. actividades8. Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida. corrector9. Moito ... quere... aínda que non o recoñezas.10. Non fagas caso cando ... sorría... así.11. Coidado coa praia, ... pode... torrar... o sol.12. Foi un veciño quen ... axudou... a subir á maceira.13. Hoxe ... gañou... o Pedro, tes que xogar mellor.14. Bateu tan forte que ... fendeu... a porta.15. A cámara ... enfocou... perfectamente esta vez.
  23. 23. 5. Engade á oración o persoal de obxecto directo + actividadescorrespondente corrector Oración Obxecto directo dirixida a Resultado Díxenlle iso a el ou a ela Díxenlle_________________ Díxenlle a nova a el ou a ela Díxenlle_________________ Díxenlle os erros a el ou a ela Díxenlle________________ Díxen as novas a el ou a ela Díxenlle_________________ Díxen iso a eles ou a elas Díxen_________________ Díxen a nova a eles ou a elas Díxen_________________ Díxen os erros a eles ou a elas Díxen_________________ Díxen as novas a eles ou a elas Díxen_________________
  24. 24. 6. Cambia por un pronome persoal de 3ª persoa o CI.Coloca o pronome átono no lugar adecuado + actividades1. Contamos aos nosos pais o que nos pasara na festa.2. Non dixo toda a verdade á filla.3. Iso trouxo a el problemas.4. Terás que levar ao oculista os lentes vellos.5. Has entregar ao profesor o traballo en limpo.6. Non deas a eles o que non che deron a ti.7. Deu un bico aos pais pola mañá.8. Amosei ós visitantes os museos da cidade.9. Sempre lles traio ese cuestionario.10. Deu un premio aos fillos. corrector
  25. 25. Por regra xeral, o pronome vai colocado sempredetrás do verbo e pegado a el. Pronome ben colocado Pronome mal colocado Gustoume a película A película me gustou Onte vinte pola rúa Onte te vin pola rúa
  26. 26. Hai determinadas palabras que, precedendo ao pronome,fan que o pr. se coloque diante do verbo. Neste caso nonvai pegado ao verbo. Son palabras que marcansubordinación: que (aínda que, sempre que, posto que, xaque, ...) se ... Pronome ben colocado Pronome mal colocado Dixo que te vira onte Dixo que vírate onte Se llo regalas, terás un premio Se regálasllo, terás un premio
  27. 27. Os adverbios de negación e afirmación, sempre que actúensobre o verbo en cuestión (non, nunca, xamais, si, tamén) Pronome ben colocado Pronome mal colocado Non o vin Non vino Si o vin Si vino Non1, vino Non1, o vin Si1, vino Si1, o vin
  28. 28. Os adverbios de dúbida (quizais, tal vez, seica, disque) Pronome ben colocado Pronome mal colocadoQuizais che pregunte mañá a lección Quizais pregúnteche mañá a lección Seica te veu ver teu pai Seica veute ver teu pai
  29. 29. Algúns outros adverbios: xa, só, ben, mal, axiña, aínda,máis, menos, velaquí, velaí, en seguida, de seguida,sempre, algures, cedo, igual (do mesmo xeito),peor, mellor, tarde, entre outros. Pronome ben colocado Pronome mal colocado Xa cho dixo aquela rapaza Xa díxocho aquela rapaza Só llo contei á miña sogra Só conteillo á miña sogra Sempre te estás a meter comigo Sempre estaste a meter comigo Aínda cho pedín o outro día Aínda pedincho o outro día Máis nos valería marchar Máis valeríanos marchar Aquí o tes Aquí telo
  30. 30. Con algúns adverbios é posible tanto a anteposición como aposposición. A escolla dunha ou doutra depende dasecuencia. Son estes adverbios: aquí, alí, ai, alá, acá, aló,acó, acolá, así, logo, agora, sequera.... Anteposición Posposición Aquí o tes Aquí haiche moita froita Así pásao mellor Así cho dixo? Agora cho dou Agora chámanlle a marquesiña
  31. 31. Os pronomes interrogativos: onde, cando, canto, comotamén producen a anteposición. Pronome ben colocado Pronome mal colocado Canto lle deches ... ? Canto décheslle ... ?
  32. 32. Anteposición tamén con algúns indefinidos: ninguén, nada,ningún, algo, alguén, ambos, bastante, calquera,entrambos, mesmo, todo.Outros indefinidos, a anteposición, depende do contexto:algún,outro, un, os mais, os demais, moi, pouco, tal, tanto, tan.Hai tres indefinidos que nunca provocan a anteposición dopronome:cada, varios, certo Pronome ben colocado Pronome mal colocado Ninguén mo dixo Ninguén díxomo Nada che debo Nada déboche
  33. 33. Tamén hai anteposición nas oracións desiderativas Pronome ben colocado Pronome mal colocado O demo te leve! O demo lévete! Mal raio te parta! Mal raio pártate!
  34. 34. Cando o precede unha preposición pode ir diante ou detrás. Para dicirlle iso cómpre valor. Para lle dicir iso cómpre valor. Nas perífrases verbais pode ir a carón do verbo principal despois da conxunción ou preposición ou detrás do infinitivo Pronome ben colocado Pronome mal colocado Teñoche que dar unha boa noticia Teño que che dar unha boa noticia Che teño que dar unha boa noticia Teño que darche unha boa noticia
  35. 35. 7. Coloca correctamente o pr. que vai nas parénteses. 1. Colleu moi a modiño (o). 2. Pediu polas boas (a). 3. Desta forma ves mellor (as). 4. Axiña vou contar (os). + actividade 5. Recitaba con moito aquel (as). corrector 6. Dixo el mesmo (o). 7. Quixo recoller cedo (as). 8. Pedía sempre sen azucre (as). 9. Trouxeron en tren (o). 10. Escoitou con moita atención (os). 11. Traes xa acabadas? (as). 12. Decidiu de súpeto (o). 13. Sempre deixan igual (a). 14. Eloxiei abondo aquel día (os). 15. Iguais a ese hai en calquera sitio (os).
  36. 36. + actividad eColoca correctamente o pr. Para que teña sentido. corrector 2. ...dixen ...(te ou che), ...dígo... (te ou che) e ...direi... (te ou che) que ... amo... (te ouche), que ... amei... (te ou che) e ... amarei ... (te ou che) para o resto dos meus días,miña parruliña!3. ... contaron... (me) que ... puxeras... moi leda (te ou che) cando ... dixeron... (te ouche) que ... tocara... a lotaría do Nadal (te ou che), ... tocou... pouco (te ou che), maisalgo ... tocou... (te ou che).4. Mi madriña, ... saíu... a burra capada (te ou che) ... dixo...(lle) a nai ao fillo cando ...entregou... o boletín de notas falsificado (lle).5. As redes sociais ... son... moito máis bonitas (te ou che) se ... pos... na nosa lingua(as).6. Non ... vaias... (te ou che), rianxeira, que ... vas... marear (te ou che). Di a cantiga quetanto ... gusta ... (te ou che).7. ... vou... comer... a bicos (te ou che), ... díxo... o pai ao seu bebeciño (lle)8. A profesora ... mandou ... saír da clase (a) para que ... calmase... (se). Ela... fixo... (o)e ...calmou... axiña (se)9. ... vexo ... moi ben de saúde (a), María, ...nóta... ben (selle) que ... coida... decote(se).10. A nós ... gustan... as películas (nos) nas que non ... hai ... malos malísimos (che oute)
  37. 37. BIBLIOGRAFÍA.http://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/O_persoal/%C3%81tono/Colocaci%C3%B3nhttp://www.staki.com/matuquin/index.htmMÁIS EXERCICIOS.http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htmhttp://www.linguagalega.org/lingua/clasesdepalabras/pronomes/pronomes.htmlhttp://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/gal/exercicios.htm

×