1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 43 novembro de 2013
2. XA CHE DIXEN QUE OS ÁTONOS TAMÉN SE POÑEN DIANTE DO VERBO
COLOCACIÓN DOS PRONOMES (2)
Os pronomes átonos, e as súas contraccións, van colocados diante dos verbos nalgúns casos:
Como diciamos no anterior En galego,... máis e mellor Cando van introducidos por formas
negativas: non, nunca, nin, xamais. Nunca nolo aprenderon. Non os saudei.
Nin me fales.
Con bastantes adverbios, que tamén arrastran os pronomes.
Entre estes adverbios están os de dúbida: quizais, talvez, seica, disque.
Quizais as inviten. Talvez cho deixe.
Seica llelo trouxeron.
Disque o alugaron barato.
Outros adverbios: xa, ben, mal, axiña, sempre, aínda, só, aquí, aí, alí, mesmo, máis, menos, todo,
ninguén, alguén, pouco, velaquí, velaí, incluso, tamén, unicamente, ata, sempre, deseguida, moito,
pouco, bastante, demasiado,...
Moito te quere a túa nai.
Aínda o aturo demasiado.
Xa nos aceptaron o proxecto.
Só mas prestaron.
Sempre se mete en leas.
Pouco lle axudou.
Máis vos vale!
Menos me tocou a min.
Aquí chas deixo.
Quen tamén arrastra dos átonos son os interrogativos: onde, cando, canto, como, que, quen.
Onde che deixo as chaves?
Cando llas deches?
Canto vos cobraron?
Que me dis?
O pronome irá tamén diante do verbo nas oracións subordinadas. Dixo que te chamaría.
Os que non arrastran do pronome son os adverbios de tempo, polo tanto, correcto: despois aténdote
ou mañá vémonos.
incorrecto:
despois te atendo ou mañá nos vemos.
No próximo En galego,... máis e
mellor falaremos doutros casos
de colocación dos pronomes átonos, mesmo algúns nos que poden
ir diante ou detrás dos verbos.
Pode parecer complicado pero é moi importante
colocar ben os pronomes.