SlideShare a Scribd company logo
Cinema 
mudo 
soviético
Antes da Revolución
De  maio  de  1896  data  o  primeiro  filme  feito  no 
daquela chamado Imperio Ruso: a coroación do tsar 
Nicolao  II.  Os  pioneiros  do  cinema  viron  ben  o 
potencial  de  negocio  do  país  e  as  produtoras 
francesas ­Pathé, Gaumont­ non tardaron en facerse 
un oco. 
En  outono  de  1907  anúnciase  o  nacemento  do 
primeiro  estudio  cinematográfico,  baixo  a 
supervisión  de  Aleksandr  Drankov,  fotógrafo  na 
Duma.  A  primeira  ficción  xenuinamente  rusa  é 
Stenka Razin (1908).
Malia  a  abundante  presenza  das  producións 
estranxeiras,  a  industria  local  foise  desenvolvendo 
devagar nos anos 10 e medrou moito co comezo da 
I Guerra Mundial e o freo ás importacións que esta 
supuxo.  Na  era  tsarista  destacan  os  nomes  de 
Yevgeni  Bauer  (falecido  en  1917),  Yakob 
Protazanov  e  o  actor  Ivan  Mozzhukhin,  que  nos 
anos 20 triunfaría no cinema francés e foi fichado 
por Hollywood para un filme, Surrender (1927).
1917
O xa magoado imperio do tsar Nicolao II entrou 
en  colapso  coa  I  Guerra  Mundial.  O  elevado 
número de vítimas da guerra e a crise derivada 
da  escaseza  de  recursos  e  a  brutal  inflación 
alentou o desencanto. En vésperas da revolución 
proliferaron  os  comités  e  sindicatos  que 
satisfacían as necesidades populares que o estado 
esquecera  ou  non  era  quen  de  cumprir.  En 
febreiro (marzo polo noso calendario) ten lugar 
unha revolta en San Petersburgo que conduce  á 
abdicación  do  tsar.  O  seu  irmán  renunciou  á 
coroa  e  o  país  quedou  en  mans  dun  goberno 
provisional.  O  crecemento  da  adhesión  popular 
aos postulados bolxeviques alentou a Revolución 
de  Outubro  (novembro  para  nós)  e  a  conquista 
do  poder  polos  revolucionarios,  simbolizada  no 
asalto ao Palacio de Inverno. Foron “dez días que 
sacudiron o mundo”, na expresión do xornalista 
estadounidense John Reed.  
Como  é  obvio,  non  todos os  traballadores  da 
industria  acolleron  con  simpatía  o  final  do 
tsarismo e non foron poucos os que marcharon 
aos  polos  cinematográficos  máis  importantes 
daquel tempo (París, Berlín, Hollywood). Mais 
é  innegábel  que  para  o  cinema  a  Revolución 
de Outubro tivo consecuencias espectaculares. 
En 1922 Lenin chegou a afirmar que “de todas 
as  artes,  o  cinema  é  para  nós  a  máis 
importante”.  Nun  país  onde  o  analfabetismo 
acadaba  cotas  de  vergonza,  os  medios 
audiovisuais (o cinema, a radio) eran os máis 
efectivos  para  lanzar  mensaxes  ás  masas.  O 
cinema  era  unha  ferramenta  eficaz  para  a 
comunicación, a información e (por suposto) o 
adoutrinamento ideolóxico. 
En  agosto  de  1919  promúlgase  o  decreto  de 
nacionalización  da  industria  fílmica  e  pouco 
despois  nace  a  mítica  escola  de  cinema  do 
estado (agora Instituto de Cinema Gerasimov), 
baixo a dirección de Vladimir Gardin.
DECRETO SOBRE A TRANSFERENCIA DO COMERCIO E 
INDUSTRIA FOTOGRÁFICA E CINEMATOGRÁFICA AO 
COMISARIADO DE EDUCACIÓN DO POBO
1)  Todo  o  comercio  e  industria  fotográfica  e  cinematográfica,  a  súa 
organización  así  como  a  provisión  e  distribución  dos  medios  e  materiais 
técnicos  que  lles  pertencen,  en  todo  o  territorio  da  República  Soviética 
Federativa Socialista de Rusia, quedarán baixo a competencia do comisariado 
de Educación do Pobo.
2) Con este obxecto, o comisariado de Educación do Pobo está tamén facultado 
para a) nacionalizar, co acordo do Consello Supremo de Economía Nacional, as 
empresas  particulares  de  foto  e  cinema,  así  como  toda  a  industria  desas 
actividades; b) requisar todos os bens, materiais e equipamentos das mesmas; 
c) fixar prezos estábeis e máximos para todas as materias primas e produtos 
manufacturados  de  foto  e  cinema;  d)  exercer  a  supervisión  e  control  sobre 
todo  o  comercio  e  industria  de  foto  e  cinema  por  medio  de  decisións  que 
estean  relacionadas  con  empresas  ou  persoas  privadas,  así  coma  con 
institucións soviéticas, no que atinxe a asuntos de foto e cinema.
Presidente do Consello dos Comisarios do Pobo, V. Ulianov (Lenin)
Moscova, Kremlin, 17 de agosto de 1919
Lev Kuleshov
N: 13 de xaneiro de 1889, Tambov, Imperio Ruso
M: 29 de marzo de 1970, Moscova (URSS)
Paradigma da enerxía revolucionaria, alimentada 
polas  vangardas  futuristas  entusiastas  das 
máquinas,  tiña  apenas  21  anos  (e  aínda  escasa 
experiencia  como  axudante  de  dirección  e 
escenógrafo)  cando  empezou  a  dar  aulas  na 
Escola  de  Cinema.  É  un  dos  principais  teóricos 
deste  excitante  inicio  dun  tempo  novo  e  en 
particular  un  dos  impulsores  da  teoría  soviética 
da  montaxe,  para  el  a  esencia  do  cinema,  que 
exemplificou  co  famoso  “efecto  Kuleshov”,  a 
xustaposición do rostro inexpresivo do actor Ivan 
Mozzhukhin con tres planos diferentes: un prato 
de sopa, unha nena nun cadaleito e unha muller 
nun diván.
Coma cineasta, o seu filme máis celebrado é As 
aventuras extraordinarias de Mr. West no país dos 
bolxeviques (1924).
Vsevolod Pudovkin
N: 16 de febreiro de 1893, 
Penza, Imperio Ruso
M: 30 de xuño de 1953, J rmala ū
(Letonia, daquela URSS)
Con formación científica e 
técnica,  chegou  ao 
cinema  a  través  de 
Kuleshov.  En  1926  dirixe 
A  nai,  primeira  entrega 
dunha  triloxía  sore  a 
toma  de  conciencia  do 
individuo  perante  a 
inxustiza  que  completan 
O  fin  de  San  Petersburgo 
(1927)  e  Tempestade 
sobre Asia (1928). 
Aleksandr Dovzhenko
N: 10 de setembro de 1894,  Sosnytsia 
(Ucrania, daquela Imperio Ruso)
M: 25 de novembro de 1956, 
Peredelkino (URSS)
Naceu  nunha  familia 
campesiña  numerosa  (aínda 
que poucos fillos sobrevivirían, 
dada  a  elevada  mortaldade 
infantil  da  altura).  Traballou 
coma mestre de escola e coma 
caricaturista antes de dedicarse 
ao cinema, no que nos deixou 
obras  extraordinarias  como  as 
que  forman  a  súa  “triloxía 
ucraína”,  Zvenigora  (1928), 
Arsenal  (1928)  ou  A  terra 
(1930),  que  no  seu  momento 
foron  pouco  valoradas  na 
URSS  e  incluso  cualificadas 
como “contrarrevolucionarias”.
Dziga Vertov
N: 2 de xaneiro de 1896,  Białystok (hoxe Polonia, daquela 
Imperio Ruso)
M: 12 de febreiro de 1954, Moscova (URSS)
Nacido  David  Abelevich  Kaufman,  pasou  á  historia 
co  alcume  “Dziga  Vertov”,  co  que  asinou  os  seus 
(rompedores) filmes documentais. En 1922 funda o 
noticiario  Kino­Pravda  (Cinema­Verdade),  no  que 
empeza a desenvolver as técnicas e os artificios que 
caracterizarán a súa obra maior, O home da cámara 
(1929). 
“O cinema­ollo (Kino­Glaz) é o tempo vencido (a relación visual entre uns feitos afastados no 
tempo).  O  cinema­ollo  é  a  concentración  e  descomposición  do  tempo.  O  cinema­ollo  é  a 
posibilidade de ver os procesos da vida nunha orde temporal inaccesíbel ao ollo humano, 
nunha velocidade temporal inaccesíbel ao ollo humano.
O  cinema­ollo  emprega  todos  os  medios  de  rodaxe  ao  alcance  da  cámara,  isto  é,  tomas 
rápidas, tomas ao revés, tomas de animación, tomas móbiles, tomas dende os ángulos máis 
inesperados,  etc.  Non  se  consideran  trucaxes,  senón  procedementos  normais,  que  se 
empregan amplamente.
O cinema­ollo emprega todos os medios de montaxe posíbeis xustapoñendo e ligando entre 
si calquera punto do universo en calquera orde temporal, violando, se é preciso, todas as leis 
e costumes que presiden a construción do filme”.
Sergei M. Eisenstein
N: 22 de xaneiro de 1898, Riga (Letonia, daquela Imperio 
Ruso)
M: 11 de febreiro de 1948, Moscova (URSS)
Nome  por  excelencia  do  cinema  soviético,  fixo 
estudos  de  enxeñería  e  arquitectura  que 
abandonou  para  unirse  ao  Exército  Vermello  en 
favor  da  Revolución  Bolxevique.  Logo  diso 
achegouse  ao  teatro  de  vangarda  e  axiña  ao 
cinema,  fascinado  á  vez  polo  traballo  de  Dziga 
Vertov  e  D.  W.  Griffith.  Desenvolve  o  concepto 
teórico da “montaxe de atraccións”.
“A atracción (no seu sentido teatral) é todo momento agresivo do espectáculo, é dicir, todo 
elemento que someta o espectador a unha acción sensorial ou psicolóxica, experimentalmente 
verificada  e  matematicamente  calculada  para  obter  determinadas  conmocións  emotivas  do 
observador, que á súa vez o conducen, todas xuntas, á conclusión ideolóxica final.
(...) En lugar de ofrecer unha reprodución estática do acontecemento dado, esixido polo tema, 
e a posibilidade da súa solución soamente a través da acción loxicamente vinculada a aquel 
acontecemento,  proponse  un  novo  procedemento:  a  libre  montaxe  de  accións  (atraccións) 
arbitrariamente elixidas, independentes (incluso fora da composición dada e da vinculación 
narrativa  dos  personaxes)  mais  cunha  orientación  precisa  cara  a  un  determinado  efecto 
temático final. Isto é a montaxe de atraccións”.
O  seu  primeiro  filme  é  A  folga  (1925),  obra  con 
protagonista  colectivo,  a  “masa”  por  riba  do 
individuo,  ao  que  segue  O  acoirazado  Potemkin 
(1925),  universalmente  aclamada  dende  a  súa 
estrea  e  que  fixo  del  o  máis  importante  cineasta 
soviético.
Outubro (1927), celebración do décimo aniversario 
da  Revolución,  tróuxolle  críticas  polo  seu 
formalismo  e  foi  forzado  ademais  a  remontala, 
eliminando  todas  as  referencias  a  Trotski.  O  seu 
estilo comezaba a ser mal visto polas autoridades 
soviéticas, que preferían un rexistro máis “realista”.
En  1930  recibiu  unha  oferta  da  Paramount  para 
facer un filme en Hollywood, mais logo duns meses 
romperon  o  contrato  de  mutuo  acordo.  Viaxa  a 
México co apoio do escritor Upton Sinclair e inicia 
a rodaxe (frustrada) de Que viva México. De volta á 
URSS,  rodará  aínda  O  prado  de  Bezhin  (1935), 
Alexander Nevsky (1938) e as dúas entregas de Iván 
o Terríbel (1944, 1945).

More Related Content

More from filmotecaforum

A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
filmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
filmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
filmotecaforum
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
filmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
filmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
filmotecaforum
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
filmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
filmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
filmotecaforum
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
filmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
filmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
filmotecaforum
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
filmotecaforum
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
filmotecaforum
 
As orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericanoAs orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericano
filmotecaforum
 
John Ford
John FordJohn Ford
John Ford
filmotecaforum
 
Cinema Pre-Code
Cinema Pre-CodeCinema Pre-Code
Cinema Pre-Code
filmotecaforum
 
Hollywood en crise
Hollywood en criseHollywood en crise
Hollywood en crise
filmotecaforum
 

More from filmotecaforum (20)

A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 
As orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericanoAs orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericano
 
John Ford
John FordJohn Ford
John Ford
 
Cinema Pre-Code
Cinema Pre-CodeCinema Pre-Code
Cinema Pre-Code
 
Hollywood en crise
Hollywood en criseHollywood en crise
Hollywood en crise
 

Cinema mudo soviético

  • 2. Antes da Revolución De  maio  de  1896  data  o  primeiro  filme  feito  no  daquela chamado Imperio Ruso: a coroación do tsar  Nicolao  II.  Os  pioneiros  do  cinema  viron  ben  o  potencial  de  negocio  do  país  e  as  produtoras  francesas ­Pathé, Gaumont­ non tardaron en facerse  un oco.  En  outono  de  1907  anúnciase  o  nacemento  do  primeiro  estudio  cinematográfico,  baixo  a  supervisión  de  Aleksandr  Drankov,  fotógrafo  na  Duma.  A  primeira  ficción  xenuinamente  rusa  é  Stenka Razin (1908). Malia  a  abundante  presenza  das  producións  estranxeiras,  a  industria  local  foise  desenvolvendo  devagar nos anos 10 e medrou moito co comezo da  I Guerra Mundial e o freo ás importacións que esta  supuxo.  Na  era  tsarista  destacan  os  nomes  de  Yevgeni  Bauer  (falecido  en  1917),  Yakob  Protazanov  e  o  actor  Ivan  Mozzhukhin,  que  nos  anos 20 triunfaría no cinema francés e foi fichado  por Hollywood para un filme, Surrender (1927).
  • 3. 1917 O xa magoado imperio do tsar Nicolao II entrou  en  colapso  coa  I  Guerra  Mundial.  O  elevado  número de vítimas da guerra e a crise derivada  da  escaseza  de  recursos  e  a  brutal  inflación  alentou o desencanto. En vésperas da revolución  proliferaron  os  comités  e  sindicatos  que  satisfacían as necesidades populares que o estado  esquecera  ou  non  era  quen  de  cumprir.  En  febreiro (marzo polo noso calendario) ten lugar  unha revolta en San Petersburgo que conduce  á  abdicación  do  tsar.  O  seu  irmán  renunciou  á  coroa  e  o  país  quedou  en  mans  dun  goberno  provisional.  O  crecemento  da  adhesión  popular  aos postulados bolxeviques alentou a Revolución  de  Outubro  (novembro  para  nós)  e  a  conquista  do  poder  polos  revolucionarios,  simbolizada  no  asalto ao Palacio de Inverno. Foron “dez días que  sacudiron o mundo”, na expresión do xornalista  estadounidense John Reed.  
  • 4. Como  é  obvio,  non  todos os  traballadores  da  industria  acolleron  con  simpatía  o  final  do  tsarismo e non foron poucos os que marcharon  aos  polos  cinematográficos  máis  importantes  daquel tempo (París, Berlín, Hollywood). Mais  é  innegábel  que  para  o  cinema  a  Revolución  de Outubro tivo consecuencias espectaculares.  En 1922 Lenin chegou a afirmar que “de todas  as  artes,  o  cinema  é  para  nós  a  máis  importante”.  Nun  país  onde  o  analfabetismo  acadaba  cotas  de  vergonza,  os  medios  audiovisuais (o cinema, a radio) eran os máis  efectivos  para  lanzar  mensaxes  ás  masas.  O  cinema  era  unha  ferramenta  eficaz  para  a  comunicación, a información e (por suposto) o  adoutrinamento ideolóxico.  En  agosto  de  1919  promúlgase  o  decreto  de  nacionalización  da  industria  fílmica  e  pouco  despois  nace  a  mítica  escola  de  cinema  do  estado (agora Instituto de Cinema Gerasimov),  baixo a dirección de Vladimir Gardin.
  • 5. DECRETO SOBRE A TRANSFERENCIA DO COMERCIO E  INDUSTRIA FOTOGRÁFICA E CINEMATOGRÁFICA AO  COMISARIADO DE EDUCACIÓN DO POBO 1)  Todo  o  comercio  e  industria  fotográfica  e  cinematográfica,  a  súa  organización  así  como  a  provisión  e  distribución  dos  medios  e  materiais  técnicos  que  lles  pertencen,  en  todo  o  territorio  da  República  Soviética  Federativa Socialista de Rusia, quedarán baixo a competencia do comisariado  de Educación do Pobo. 2) Con este obxecto, o comisariado de Educación do Pobo está tamén facultado  para a) nacionalizar, co acordo do Consello Supremo de Economía Nacional, as  empresas  particulares  de  foto  e  cinema,  así  como  toda  a  industria  desas  actividades; b) requisar todos os bens, materiais e equipamentos das mesmas;  c) fixar prezos estábeis e máximos para todas as materias primas e produtos  manufacturados  de  foto  e  cinema;  d)  exercer  a  supervisión  e  control  sobre  todo  o  comercio  e  industria  de  foto  e  cinema  por  medio  de  decisións  que  estean  relacionadas  con  empresas  ou  persoas  privadas,  así  coma  con  institucións soviéticas, no que atinxe a asuntos de foto e cinema. Presidente do Consello dos Comisarios do Pobo, V. Ulianov (Lenin) Moscova, Kremlin, 17 de agosto de 1919
  • 6. Lev Kuleshov N: 13 de xaneiro de 1889, Tambov, Imperio Ruso M: 29 de marzo de 1970, Moscova (URSS) Paradigma da enerxía revolucionaria, alimentada  polas  vangardas  futuristas  entusiastas  das  máquinas,  tiña  apenas  21  anos  (e  aínda  escasa  experiencia  como  axudante  de  dirección  e  escenógrafo)  cando  empezou  a  dar  aulas  na  Escola  de  Cinema.  É  un  dos  principais  teóricos  deste  excitante  inicio  dun  tempo  novo  e  en  particular  un  dos  impulsores  da  teoría  soviética  da  montaxe,  para  el  a  esencia  do  cinema,  que  exemplificou  co  famoso  “efecto  Kuleshov”,  a  xustaposición do rostro inexpresivo do actor Ivan  Mozzhukhin con tres planos diferentes: un prato  de sopa, unha nena nun cadaleito e unha muller  nun diván. Coma cineasta, o seu filme máis celebrado é As  aventuras extraordinarias de Mr. West no país dos  bolxeviques (1924).
  • 7. Vsevolod Pudovkin N: 16 de febreiro de 1893,  Penza, Imperio Ruso M: 30 de xuño de 1953, J rmala ū (Letonia, daquela URSS) Con formación científica e  técnica,  chegou  ao  cinema  a  través  de  Kuleshov.  En  1926  dirixe  A  nai,  primeira  entrega  dunha  triloxía  sore  a  toma  de  conciencia  do  individuo  perante  a  inxustiza  que  completan  O  fin  de  San  Petersburgo  (1927)  e  Tempestade  sobre Asia (1928). 
  • 8. Aleksandr Dovzhenko N: 10 de setembro de 1894,  Sosnytsia  (Ucrania, daquela Imperio Ruso) M: 25 de novembro de 1956,  Peredelkino (URSS) Naceu  nunha  familia  campesiña  numerosa  (aínda  que poucos fillos sobrevivirían,  dada  a  elevada  mortaldade  infantil  da  altura).  Traballou  coma mestre de escola e coma  caricaturista antes de dedicarse  ao cinema, no que nos deixou  obras  extraordinarias  como  as  que  forman  a  súa  “triloxía  ucraína”,  Zvenigora  (1928),  Arsenal  (1928)  ou  A  terra  (1930),  que  no  seu  momento  foron  pouco  valoradas  na  URSS  e  incluso  cualificadas  como “contrarrevolucionarias”.
  • 9. Dziga Vertov N: 2 de xaneiro de 1896,  Białystok (hoxe Polonia, daquela  Imperio Ruso) M: 12 de febreiro de 1954, Moscova (URSS) Nacido  David  Abelevich  Kaufman,  pasou  á  historia  co  alcume  “Dziga  Vertov”,  co  que  asinou  os  seus  (rompedores) filmes documentais. En 1922 funda o  noticiario  Kino­Pravda  (Cinema­Verdade),  no  que  empeza a desenvolver as técnicas e os artificios que  caracterizarán a súa obra maior, O home da cámara  (1929).  “O cinema­ollo (Kino­Glaz) é o tempo vencido (a relación visual entre uns feitos afastados no  tempo).  O  cinema­ollo  é  a  concentración  e  descomposición  do  tempo.  O  cinema­ollo  é  a  posibilidade de ver os procesos da vida nunha orde temporal inaccesíbel ao ollo humano,  nunha velocidade temporal inaccesíbel ao ollo humano. O  cinema­ollo  emprega  todos  os  medios  de  rodaxe  ao  alcance  da  cámara,  isto  é,  tomas  rápidas, tomas ao revés, tomas de animación, tomas móbiles, tomas dende os ángulos máis  inesperados,  etc.  Non  se  consideran  trucaxes,  senón  procedementos  normais,  que  se  empregan amplamente. O cinema­ollo emprega todos os medios de montaxe posíbeis xustapoñendo e ligando entre  si calquera punto do universo en calquera orde temporal, violando, se é preciso, todas as leis  e costumes que presiden a construción do filme”.
  • 10. Sergei M. Eisenstein N: 22 de xaneiro de 1898, Riga (Letonia, daquela Imperio  Ruso) M: 11 de febreiro de 1948, Moscova (URSS) Nome  por  excelencia  do  cinema  soviético,  fixo  estudos  de  enxeñería  e  arquitectura  que  abandonou  para  unirse  ao  Exército  Vermello  en  favor  da  Revolución  Bolxevique.  Logo  diso  achegouse  ao  teatro  de  vangarda  e  axiña  ao  cinema,  fascinado  á  vez  polo  traballo  de  Dziga  Vertov  e  D.  W.  Griffith.  Desenvolve  o  concepto  teórico da “montaxe de atraccións”. “A atracción (no seu sentido teatral) é todo momento agresivo do espectáculo, é dicir, todo  elemento que someta o espectador a unha acción sensorial ou psicolóxica, experimentalmente  verificada  e  matematicamente  calculada  para  obter  determinadas  conmocións  emotivas  do  observador, que á súa vez o conducen, todas xuntas, á conclusión ideolóxica final. (...) En lugar de ofrecer unha reprodución estática do acontecemento dado, esixido polo tema,  e a posibilidade da súa solución soamente a través da acción loxicamente vinculada a aquel  acontecemento,  proponse  un  novo  procedemento:  a  libre  montaxe  de  accións  (atraccións)  arbitrariamente elixidas, independentes (incluso fora da composición dada e da vinculación  narrativa  dos  personaxes)  mais  cunha  orientación  precisa  cara  a  un  determinado  efecto  temático final. Isto é a montaxe de atraccións”.
  • 11. O  seu  primeiro  filme  é  A  folga  (1925),  obra  con  protagonista  colectivo,  a  “masa”  por  riba  do  individuo,  ao  que  segue  O  acoirazado  Potemkin  (1925),  universalmente  aclamada  dende  a  súa  estrea  e  que  fixo  del  o  máis  importante  cineasta  soviético. Outubro (1927), celebración do décimo aniversario  da  Revolución,  tróuxolle  críticas  polo  seu  formalismo  e  foi  forzado  ademais  a  remontala,  eliminando  todas  as  referencias  a  Trotski.  O  seu  estilo comezaba a ser mal visto polas autoridades  soviéticas, que preferían un rexistro máis “realista”. En  1930  recibiu  unha  oferta  da  Paramount  para  facer un filme en Hollywood, mais logo duns meses  romperon  o  contrato  de  mutuo  acordo.  Viaxa  a  México co apoio do escritor Upton Sinclair e inicia  a rodaxe (frustrada) de Que viva México. De volta á  URSS,  rodará  aínda  O  prado  de  Bezhin  (1935),  Alexander Nevsky (1938) e as dúas entregas de Iván  o Terríbel (1944, 1945).