SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa
dos seus deputados, Ramón Vázquez Díaz e Xabier Ron Fernández, e ao abeiro do
disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara do Parlamento de Galicia, presenta
a seguinte Proposición non de Lei, para o seu debate en Comisión, relativa ás
actuacións que necesariamente debe acometer o Goberno da Xunta de Galicia dirixidas
a dotar de profesorado de apoio aos centros CEIP Manuel Masdías, CEIP San Xoán de
Filgueira e CEIP Recimil de Ferrol.
A comarca de Ferrol está a notar de xeito especialmente cruento a crise económica,
acadando unha cifras de paro superiores ao 30%, moi por riba da xa de por si elevada
taxa de Galicia e do conxunto do Estado.
Os colexios públicos de Ferrol, Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Recimil, teñen
entre os seus aspectos diferenciadores posuír unha importante diversidade de
alumnado. Un aspecto enriquecedor que ten favorecido a posta en marcha de
programas educativos innovadores e de vangarda que mesmo teñen acadado
recoñecementos tan importantes como o CEIP San Xoán de Filgueira, finalista nacional
do Premio Acción Maxistral 2013.
Uns centros que implementan programas pedagóxicos inclusivos e de atención á
diversidade dirixidos a dar respostas axeitadas ás necesidades da comunidade na que
se sitúan e que permiten, realizar un servizo educativo publico de calidade. Un esforzo
conxunto e realizado por toda a comunidade educativa que precisa de recursos para
poder ser levado a cabo.
Digitally signed by Rexistro
Entrada
Date: 2013.09.26 14:34:24 +02:00
Reason: 13050
Location: Parlamento de Galicia
Signature Not Verified
A pesar disto, A Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria ven de
eliminar o profesorado de atención a minorías étnicas co que se viña dotando ao CEIP
Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Recimil nos últimos anos, unha supresión de
profesorado, que non se xustifica nun descenso do alumnado con necesidade de apoio
educativo.
Nos tres centros educativos referidos, situados en barrios populares da cidade de
Ferrol, o numero de alumnado doutras etnias, de orixe estranxeiro, en situación de
exclusión social e con necesidades educativas especiais, mantense e mesmo se
incrementou nos últimos anos. Unha diversidade de alumnado que inclúe, mais aló de
etiquetas, un 50% de alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
No caso concreto do CEIP San Xoan de Filgueira, dos 178 alumnos e alumnas
escolarizadas , 65 proceden doutras etnias ou nacionalidades e o 50% se atopan en
situación de exclusión social.
No caso do CEIP Recimil, das 335 matriculas do centro, 90 proceden doutras etnias ou
nacionalidades e o 50% teñen Necesidades Específicas de Apoio Educativo. As cifras,
son semellantes no CEIP Manuel Masdías de Caranza.
A normativa galega e estatal en materia de dotación de profesorado deixa claro que,
naqueles centros ordinarios que integren alumnado con necesidade educativas de
apoio educativo, poderanse incrementar os catálogos en función do número e tipo de
necesidades. Sen dúbida, os centros Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Recimil,
reúnen estes requisitos, polo que necesitan unha dotación de profesorado
especializado que permita realizar unha intervención educativa axeitada ás necesidades
do seu alumnado.
Os centros citados precisan dunha dotación de profesorado estable e con dedicación
completa e non mestres itinerantes que a duras penas poden facer un seguimento e
unha atención educativa acorde ás características do alumnado co que traballan. Son
moitos os recursos que estes centros precisan, moitas veces non só materiais, tamén
organizativos ou simplemente o apoio e a proximidade dunha administración, con
frecuencia afastada e desconectada da realidade. Mais os tres centros de Ferrol,
facendo unha petición sobradamente razoada e de mínimos, aceptarían dispoñer dun
mestre ou dunha mestra de apoio con horario completo no centro para atender ao
alumnado con necesidades de apoio educativo.
A falsa integración educativa sen recursos unicamente conduce a creación de guetos,
condenando á marxinalidade educativa e cultural a determinadas zonas e mesmo a
comarcas enteiras, que precisan dunha discriminación positiva en recursos materiais e
persoais.
Por todo elo, Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte proposición non de
lei para o seu debate en comisión
O parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia
A dotar, como mínimo, dun profesor de apoio no CEIP Manuel Masdias, no CEIP San
Xoán de Filgueira e no CEIP Recimil, cun perfil axeitado e con horario completo nos
centros referidos.
Compostela, 26 de setembro do 2013.
Asdo. Xabier Ron Fernández
Asdo. Ramón Vázquez Díaz
Asinado dixitalmente por:
José Javier Ron Fernández na data 26/09/2013 14:32:14
Ramón Vázquez Díaz na data 26/09/2013 14:32:23

More Related Content

What's hot

Crónica semana da prensa na escola
Crónica semana da prensa na escolaCrónica semana da prensa na escola
Crónica semana da prensa na escolasatelite1
 
A rev6º presentacion confapa
A rev6º presentacion confapaA rev6º presentacion confapa
A rev6º presentacion confapaanpadeares
 
2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728
2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 0900137282013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728
2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728Jorge Suárez
 
NormalizacióN LingüíStica
NormalizacióN LingüíSticaNormalizacióN LingüíStica
NormalizacióN LingüíSticacenlf
 
Prazas de fp
Prazas de fpPrazas de fp
Prazas de fplannister
 

What's hot (7)

A LOMCE resta aínda máis galego
A LOMCE resta aínda máis galegoA LOMCE resta aínda máis galego
A LOMCE resta aínda máis galego
 
Crónica semana da prensa na escola
Crónica semana da prensa na escolaCrónica semana da prensa na escola
Crónica semana da prensa na escola
 
A rev6º presentacion confapa
A rev6º presentacion confapaA rev6º presentacion confapa
A rev6º presentacion confapa
 
2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728
2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 0900137282013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728
2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728
 
Propostaseducación
PropostaseducaciónPropostaseducación
Propostaseducación
 
NormalizacióN LingüíStica
NormalizacióN LingüíSticaNormalizacióN LingüíStica
NormalizacióN LingüíStica
 
Prazas de fp
Prazas de fpPrazas de fp
Prazas de fp
 

Viewers also liked

Телеконференция от 01.04.2015
Телеконференция от 01.04.2015Телеконференция от 01.04.2015
Телеконференция от 01.04.2015Julia Korkina
 
宜昇科技_跨領域舞蹈展演-黃翊 SPIN 2008
宜昇科技_跨領域舞蹈展演-黃翊 SPIN 2008宜昇科技_跨領域舞蹈展演-黃翊 SPIN 2008
宜昇科技_跨領域舞蹈展演-黃翊 SPIN 2008Celia Hsu
 
宜昇科技_2006數位台灣成果展‧科博館 (Ubiquitous - Interactive Exhibition)
宜昇科技_2006數位台灣成果展‧科博館 (Ubiquitous - Interactive Exhibition)宜昇科技_2006數位台灣成果展‧科博館 (Ubiquitous - Interactive Exhibition)
宜昇科技_2006數位台灣成果展‧科博館 (Ubiquitous - Interactive Exhibition)Celia Hsu
 
百万石ワールドカフェ2011.11.17 テーマは「生きがい」
百万石ワールドカフェ2011.11.17 テーマは「生きがい」百万石ワールドカフェ2011.11.17 テーマは「生きがい」
百万石ワールドカフェ2011.11.17 テーマは「生きがい」山崎ジョー吉
 
Video num 4 marlon
Video num 4 marlonVideo num 4 marlon
Video num 4 marlonKaren Mendez
 
Soal ujian praktek
Soal ujian praktekSoal ujian praktek
Soal ujian praktekAgung Mzl
 
El mundial sofia cordoba 1°g
El mundial sofia cordoba 1°gEl mundial sofia cordoba 1°g
El mundial sofia cordoba 1°gCordobaSofi
 
Σχολική Αυλή
Σχολική ΑυλήΣχολική Αυλή
Σχολική ΑυλήDespoina Kyp
 
Servicios del internet
Servicios del internetServicios del internet
Servicios del internetNN2015
 
Bct Terms 1 3 (2)
Bct Terms 1 3 (2)Bct Terms 1 3 (2)
Bct Terms 1 3 (2)erikabonati
 
Trenta Llops Angles
Trenta Llops AnglesTrenta Llops Angles
Trenta Llops Anglesguest259e6b
 

Viewers also liked (20)

Deber 2
Deber 2Deber 2
Deber 2
 
Телеконференция от 01.04.2015
Телеконференция от 01.04.2015Телеконференция от 01.04.2015
Телеконференция от 01.04.2015
 
宜昇科技_跨領域舞蹈展演-黃翊 SPIN 2008
宜昇科技_跨領域舞蹈展演-黃翊 SPIN 2008宜昇科技_跨領域舞蹈展演-黃翊 SPIN 2008
宜昇科技_跨領域舞蹈展演-黃翊 SPIN 2008
 
Informe informática
Informe informáticaInforme informática
Informe informática
 
Beadandó2
Beadandó2Beadandó2
Beadandó2
 
宜昇科技_2006數位台灣成果展‧科博館 (Ubiquitous - Interactive Exhibition)
宜昇科技_2006數位台灣成果展‧科博館 (Ubiquitous - Interactive Exhibition)宜昇科技_2006數位台灣成果展‧科博館 (Ubiquitous - Interactive Exhibition)
宜昇科技_2006數位台灣成果展‧科博館 (Ubiquitous - Interactive Exhibition)
 
百万石ワールドカフェ2011.11.17 テーマは「生きがい」
百万石ワールドカフェ2011.11.17 テーマは「生きがい」百万石ワールドカフェ2011.11.17 テーマは「生きがい」
百万石ワールドカフェ2011.11.17 テーマは「生きがい」
 
Video num 4 marlon
Video num 4 marlonVideo num 4 marlon
Video num 4 marlon
 
Soal ujian praktek
Soal ujian praktekSoal ujian praktek
Soal ujian praktek
 
K12
K12K12
K12
 
Livestream
LivestreamLivestream
Livestream
 
Clase5
Clase5Clase5
Clase5
 
El mundial sofia cordoba 1°g
El mundial sofia cordoba 1°gEl mundial sofia cordoba 1°g
El mundial sofia cordoba 1°g
 
άσκηση
άσκηση άσκηση
άσκηση
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Σχολική Αυλή
Σχολική ΑυλήΣχολική Αυλή
Σχολική Αυλή
 
1
11
1
 
Servicios del internet
Servicios del internetServicios del internet
Servicios del internet
 
Bct Terms 1 3 (2)
Bct Terms 1 3 (2)Bct Terms 1 3 (2)
Bct Terms 1 3 (2)
 
Trenta Llops Angles
Trenta Llops AnglesTrenta Llops Angles
Trenta Llops Angles
 

Similar to 2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050

Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.A Curuxa da Veiga
 
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfssuser42eafa
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Circular glorr campaña recollida de roupa familias 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias 2015Circular glorr campaña recollida de roupa familias 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias 2015satelite1
 
Atenzom diversidade arousa
Atenzom diversidade arousaAtenzom diversidade arousa
Atenzom diversidade arousaSusana Arins
 
Galego consellos escolares
Galego consellos escolaresGalego consellos escolares
Galego consellos escolarescenlf
 
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015satelite1
 
Actividades anpa curso 2010 2011
Actividades anpa curso 2010 2011Actividades anpa curso 2010 2011
Actividades anpa curso 2010 2011anpaleboris
 

Similar to 2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050 (13)

Escrito aos pais do IES As Lagoas
Escrito aos pais do IES As LagoasEscrito aos pais do IES As Lagoas
Escrito aos pais do IES As Lagoas
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Escrito aos pais
Escrito aos paisEscrito aos pais
Escrito aos pais
 
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.
 
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdfconvocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
convocatoria_edurefrentes_2023-24.pdf
 
Unidade Didáctica 2
Unidade Didáctica 2Unidade Didáctica 2
Unidade Didáctica 2
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Circular glorr campaña recollida de roupa familias 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias 2015Circular glorr campaña recollida de roupa familias 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias 2015
 
Atenzom diversidade arousa
Atenzom diversidade arousaAtenzom diversidade arousa
Atenzom diversidade arousa
 
Galego consellos escolares
Galego consellos escolaresGalego consellos escolares
Galego consellos escolares
 
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
 
Actividades anpa curso 2010 2011
Actividades anpa curso 2010 2011Actividades anpa curso 2010 2011
Actividades anpa curso 2010 2011
 

More from Jorge Suárez

Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnJorge Suárez
 
2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)
2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)
2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)Jorge Suárez
 
2013 09-20 int navantia ferrol 090012585
2013 09-20 int navantia ferrol 0900125852013 09-20 int navantia ferrol 090012585
2013 09-20 int navantia ferrol 090012585Jorge Suárez
 
Pnl age incendios ditame comisión 1987
Pnl age incendios ditame comisión 1987Pnl age incendios ditame comisión 1987
Pnl age incendios ditame comisión 1987Jorge Suárez
 
2013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 090011472
2013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 0900114722013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 090011472
2013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 090011472Jorge Suárez
 
Pnl age sobre reganosa
Pnl age sobre reganosaPnl age sobre reganosa
Pnl age sobre reganosaJorge Suárez
 
Abril republicano en ferrol
Abril republicano en ferrolAbril republicano en ferrol
Abril republicano en ferrolJorge Suárez
 
Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1Jorge Suárez
 
Novas da esquerda febreiro
Novas da esquerda   febreiroNovas da esquerda   febreiro
Novas da esquerda febreiroJorge Suárez
 

More from Jorge Suárez (19)

Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en Común
 
Manidesto 25 xullo
Manidesto 25 xulloManidesto 25 xullo
Manidesto 25 xullo
 
2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)
2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)
2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)
 
2013 09-20 int navantia ferrol 090012585
2013 09-20 int navantia ferrol 0900125852013 09-20 int navantia ferrol 090012585
2013 09-20 int navantia ferrol 090012585
 
Pnl age incendios ditame comisión 1987
Pnl age incendios ditame comisión 1987Pnl age incendios ditame comisión 1987
Pnl age incendios ditame comisión 1987
 
2013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 090011472
2013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 0900114722013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 090011472
2013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 090011472
 
Pnl age sobre reganosa
Pnl age sobre reganosaPnl age sobre reganosa
Pnl age sobre reganosa
 
Plat.gal.aborto
Plat.gal.abortoPlat.gal.aborto
Plat.gal.aborto
 
Manifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maioManifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maio
 
Abril republicano en ferrol
Abril republicano en ferrolAbril republicano en ferrol
Abril republicano en ferrol
 
Porto exterior
Porto exteriorPorto exterior
Porto exterior
 
Diptico 0
Diptico 0Diptico 0
Diptico 0
 
Moción vivenda
Moción vivendaMoción vivenda
Moción vivenda
 
Moción navantia
Moción navantiaMoción navantia
Moción navantia
 
Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1
 
Novas de eu marzo
Novas de eu marzoNovas de eu marzo
Novas de eu marzo
 
Novas da esquerda febreiro
Novas da esquerda   febreiroNovas da esquerda   febreiro
Novas da esquerda febreiro
 
Doc1
Doc1Doc1
Doc1
 
Mobiliz santiago
Mobiliz santiagoMobiliz santiago
Mobiliz santiago
 

2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050

  • 1. Á MESA DO PARLAMENTO O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa dos seus deputados, Ramón Vázquez Díaz e Xabier Ron Fernández, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara do Parlamento de Galicia, presenta a seguinte Proposición non de Lei, para o seu debate en Comisión, relativa ás actuacións que necesariamente debe acometer o Goberno da Xunta de Galicia dirixidas a dotar de profesorado de apoio aos centros CEIP Manuel Masdías, CEIP San Xoán de Filgueira e CEIP Recimil de Ferrol. A comarca de Ferrol está a notar de xeito especialmente cruento a crise económica, acadando unha cifras de paro superiores ao 30%, moi por riba da xa de por si elevada taxa de Galicia e do conxunto do Estado. Os colexios públicos de Ferrol, Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Recimil, teñen entre os seus aspectos diferenciadores posuír unha importante diversidade de alumnado. Un aspecto enriquecedor que ten favorecido a posta en marcha de programas educativos innovadores e de vangarda que mesmo teñen acadado recoñecementos tan importantes como o CEIP San Xoán de Filgueira, finalista nacional do Premio Acción Maxistral 2013. Uns centros que implementan programas pedagóxicos inclusivos e de atención á diversidade dirixidos a dar respostas axeitadas ás necesidades da comunidade na que se sitúan e que permiten, realizar un servizo educativo publico de calidade. Un esforzo conxunto e realizado por toda a comunidade educativa que precisa de recursos para poder ser levado a cabo. Digitally signed by Rexistro Entrada Date: 2013.09.26 14:34:24 +02:00 Reason: 13050 Location: Parlamento de Galicia Signature Not Verified
  • 2. A pesar disto, A Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria ven de eliminar o profesorado de atención a minorías étnicas co que se viña dotando ao CEIP Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Recimil nos últimos anos, unha supresión de profesorado, que non se xustifica nun descenso do alumnado con necesidade de apoio educativo. Nos tres centros educativos referidos, situados en barrios populares da cidade de Ferrol, o numero de alumnado doutras etnias, de orixe estranxeiro, en situación de exclusión social e con necesidades educativas especiais, mantense e mesmo se incrementou nos últimos anos. Unha diversidade de alumnado que inclúe, mais aló de etiquetas, un 50% de alumnado con necesidade específica de apoio educativo. No caso concreto do CEIP San Xoan de Filgueira, dos 178 alumnos e alumnas escolarizadas , 65 proceden doutras etnias ou nacionalidades e o 50% se atopan en situación de exclusión social. No caso do CEIP Recimil, das 335 matriculas do centro, 90 proceden doutras etnias ou nacionalidades e o 50% teñen Necesidades Específicas de Apoio Educativo. As cifras, son semellantes no CEIP Manuel Masdías de Caranza. A normativa galega e estatal en materia de dotación de profesorado deixa claro que, naqueles centros ordinarios que integren alumnado con necesidade educativas de apoio educativo, poderanse incrementar os catálogos en función do número e tipo de necesidades. Sen dúbida, os centros Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Recimil, reúnen estes requisitos, polo que necesitan unha dotación de profesorado especializado que permita realizar unha intervención educativa axeitada ás necesidades do seu alumnado. Os centros citados precisan dunha dotación de profesorado estable e con dedicación completa e non mestres itinerantes que a duras penas poden facer un seguimento e unha atención educativa acorde ás características do alumnado co que traballan. Son moitos os recursos que estes centros precisan, moitas veces non só materiais, tamén
  • 3. organizativos ou simplemente o apoio e a proximidade dunha administración, con frecuencia afastada e desconectada da realidade. Mais os tres centros de Ferrol, facendo unha petición sobradamente razoada e de mínimos, aceptarían dispoñer dun mestre ou dunha mestra de apoio con horario completo no centro para atender ao alumnado con necesidades de apoio educativo. A falsa integración educativa sen recursos unicamente conduce a creación de guetos, condenando á marxinalidade educativa e cultural a determinadas zonas e mesmo a comarcas enteiras, que precisan dunha discriminación positiva en recursos materiais e persoais. Por todo elo, Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en comisión O parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia A dotar, como mínimo, dun profesor de apoio no CEIP Manuel Masdias, no CEIP San Xoán de Filgueira e no CEIP Recimil, cun perfil axeitado e con horario completo nos centros referidos. Compostela, 26 de setembro do 2013. Asdo. Xabier Ron Fernández Asdo. Ramón Vázquez Díaz Asinado dixitalmente por: José Javier Ron Fernández na data 26/09/2013 14:32:14 Ramón Vázquez Díaz na data 26/09/2013 14:32:23