SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
Download to read offline
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao
abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, apresenta a
seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Pleno, relativa ao Dictame
emitido pola Comisión non permanente para estudio da problemática dos
incendios forestais no ano 1987.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Durante a II Lexislatura do Parlamento de Galicia (1985-89), baixo a
presidencia do Excmo. Sr. D. Tomás Pérez Vidal, constitúese nesta Cámara unha
'Comisión non permanente para estudio da problemática dos incendios forestais'.
Presidida por D. Aurelio Domingo Miras Portugal, con D. Ramón Félix Blanco
Gómez na vicepresidencia e D. Xosé Enrique Rodríguez Peña como secretario, e
integrada asimesmo polos deputados D. Xosé Manuel Beiras Torrado, D. Manuel
Blanco Suárez, D. Fernando Carlos Rodríguez Pérez, D. José Romero Becerra e
D. Celestino Torres Rodríguez, e asistida ademáis por un comité asesor
científico-técnico designado por ela mesma, a comisión desenvolve ao longo de
varios meses o seu labor, que desemboca nunhas xornadas de estudio celebradas
en San Caetano coa participación de especialistas e expertos procedentes de
diversos países, e conclue na redacción dun Dictame que se publica no nº 164,
Ano VI, do B.O. desta Cámara con data do 13 de xullo de 1987. Finalmente, ese
Dictame será aprobado polo Pleno do Parlamento en sesión celebrada o 24 de
novembro dese mesmo ano 1987 (B.O.P.G. nº 204 do 23 de decembro).
O referido Dictame estrutúrase en 5 seccións: 1. Exposición de Motivos;
2. Obxectivos básicos; 3. Competencias en materia de incendios da Comunidade
Autónoma Galega; 4. Resolucións; e 5. Plan de accións inmediatas.
Digitally signed by Rexistro
Entrada
Date: 2013.09.16 18:19:57 +02:00
Reason: 12357
Location: Parlamento de Galicia
Signature Not Verified
Sen perxuizo de adxuntarmos en Anexo a esta PNL a reprodución íntegra
do texto do Dictame publicado no BOPG do 13-07-1987, parécenos útil facer
referencia a algúns dos aspectos e elementos máis salientábeis do seu contido.
O primeiro consiste, ao noso ver, en que a Exposición de Motivos do
Dictame contextualiza a grave problemática dos incendios forestais, convertida
xa daquela nunha sorte de pandemia, cunha rigorosa análise e diagnose do medio
natural galego, da estrutura do monte e das masas forestais, da sua interrelación
co sector agrario e os ecosistemas, e máis das políticas forestais daquela
imperantes, a organización e acción da Administración, e a sua negativa
incidencia na praga dos incendios, de xeito que se elucidan as causas primas da
pandemia e séntanse os fundamentos dos criterios básicos para unha estratexia de
erradicación dos factores que combinadamente determinan a fatalidade dos
incendios forestais como lacra persistente. A leitura dalgúns anacos dese texto
resultarálles singularmente elocuente:
"A diversidade climática, fisiográfica e edáfica, e a súa posición
xeográfica, fan que se dea orixinalmente en Galicia unha grande diversidade
ecolóxica, na que a mistura e o carácter de encrucillada de dominios florais son
as súas condicións naturais máis xenuínas, polo que calquera intento de varia-lo
carácter case monoespecífico que ten a actual cuberta forestal, producto da
política forestal levada a cabo ata hoxe, debe camiñar no mesmo senso que as
tendencias de adaptación da vexetación ó mosaico de hábitats que se poden
definir no espacio natural galego.
Así mesmo, unha vexetación variada permitiría tamén que a súa fauna
acompañante atopase nela os seus biotopos específicos e que a diversificación se
espallase ó mundo animal.”
(...)
"Segundo o Inventario Forestal do ano 1972, en Galicia había 698.500
has. (61,8% de monte arborado) de coníferas, 343.621 has. (30% do monte
arborado) de frondosas e 87.240 has. (7,7% de monte arborado) de eucaliptos.
Pero hai que ter en conta que os últimos anos contemplaron unha ampliación
acelerada de superficie ocupada polos eucaliptos, ata case duplica-las cifras
anteriores, e unha reducción da superficie ocupada polas frondosas autóctonas.
Os precarios coidados na selección das sementes usadas en repoboación e
a falta de atención técnica das masas preséntannos un panorama forestal
conformado por árbores de moi baixa calidade tecnolóxica, sendo máis grave nas
frondosas e os piñeiros ca nos eucaliptos, non só polo seu estado senón tamén
polas súas posibles aplicacións.
As causas que levaron ó anterior son, entre outras: fracción de cabida
cuberta defectiva, ausencia de tratamentos selvícolas e culturais, selección
negativa das árbores nais destinadas á rexeneración das masas, ausencia de
calquera criterio para defini-los turnos da corta e escasa ou nula atención ós
problemas fitosanitarios, entre outros.
É conveniente resaltar que as masas de frondosas, polo xeral, presentan un
estado lamentable, debido fundamentalmente á presión humana á que estiveron
sometidas historicamente, sendo exemplo palpable de selección xenética
negativa.”
(...)
"Dende 1961 ata 1986, ámbolos dous inclusive, lévanse producido en
Galicia numerosos incendios forestais que custaron vidas humanas e nos que
practicamente se queimaron 1 millón de has., case a metade do terreo forestal,
que perderon rentabilidade, fertilidade e capacidade productiva e máis
protectora.”
(...)
"A política forestal incidiu, en moitos casos negativamente, sobre os
incendios, baseándose unicamente en repoboacións con especies de turno curto,
dirixidas a obter unha rápida rentabilidade, pero esquecendo a súa adaptación ás
condicións ecolóxicas, a súa combustibilidade e a aplicación de técnicas
selvícolas axeitadas, e foi aplicada con cambios bruscos nos usos do monte e en
contra da vontade dos propietarios e da sociedade.”
(...)
"A extensión forestal, a calquera nivel, está practicamente ausente de
Galicia no medio rural, debido á falta de técnicos con coñecementos forestais no
seo dos Servicios de Extensión Agraria e á dedicación da Gardería Forestal a
outras funcións. A nivel técnico non se produciu unha relación institucionalizada
e efectiva entre os xestores e mailos investigadores.
Non existen canles formais que permitan a intercomunicación efectiva
entre os componentes do sector, desde a Administración ata os industriais,
pasando por comuneiros, propietarios, técnicos, gardería, persoas interesadas no
medio ambiente, uso recreativo do monte ou calquera outra actividade.”
(...)
"A loita contra os incendios debe partir dunha estratexia integrada na que
os propietarios, en primeiro lugar, e as Administracións implicadas (local,
provincial, autonómica e estatal) teñan ben claras as súas competencias e as
actuacións se fagan dun xeito organizado e coordenado.
A realidade é que en Galicia esta organización e coordenación ten fallos
moi graves, e mesmo a interpretación que se lle dá á delimitación de
competencias é en moitos casos confusa e diverxente. Esta falta de entendemento
e integración agrávase a partir do ano 1983 coas transferencias, decatándose
hoxe un desalento nos propietarios, que deixan o monte á súa sorte, unha falta de
organización dos recursos e unha inaxeitada asignación e distribución dos
mesmos.”
O segundo aspecto máis salientábel do Dictame é que, no enunciado dos
obxectivos básicos, faise fincapé nos tres seguintes:
"1) Unha máis axeitada organización, coordenación, asignación e
distribución dos recursos que fagan máis eficaces as accións de institucións e
asociacións implicadas na loita contra os incendios.
2) Conseguir que as accións preventivas teñan progresivamente máis
importancia dentro dos plans xerais de loita contra os incendios forestais.
3) Que se considere que os efectos dos incendios forestais afectan a todo o
ecosistema con repercusións que transcenden o propio ámbito territorial da zona
afectadas, e que se poden manter durante longos períodos de tempo.”
En terceiro lugar, e congruentemente co devandito, o conxunto de 47
directrices enunciadas na sección "4. Resolucións", distribuense en catro frontes
temáticas de actuacións: A) Economía e Política Forestal (resolucións 1 a 22); B)
Prevención e extinción (res. 23 a 37); C) Impactos ecolóxicos (res. 38 a 45); e D)
Lexislación (res. 46 e 47).
Finalmente, o ambicioso "Plan de accións imediatas" co que remata o
Dictame propón un novo "corpo lexislativo" ad-hoc e un repertorio de directrices
concretas de imediata posta en prática (para o que nos remitimos ao Anexo
adxunto).
Van aló 26 anos de sucesivos gobernos na Xunta de Galiza -todo un cuarto
de século, nada menos. A simples leitura do Dictame pon de manifesto que a
imensa maioría das liñas de acción que propuña, aprobadas polo Pleno desta
Cámara, fican sen seren aínda levadas á práctica. É máis: o contido dos plans e
políticas forestais postas en prática dende aquela até hoxe van mesmamente en
direición contraria ás resolucións do Dictame no apartado de "Economía e
Política Forestal". Consecuentemente, a pandemia dos incendios forestais
continúa, os montes seguen a arder cada ano, e a dimensión da praga depende só
das condicións climatolóxicas: só os 'bombeiros celestiais' que fan chover cando
lles cadra dan remate cada ano á catástrofe, mentras o poder executivo leva un
cuarto de século a facer caso omiso das directrices elaboradas e aprobadas en
sede parlamentar en 1987.
Por todo o devandito, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de
Esquerda, apresenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar e programar de
imediato as decisións e medidas político-administrativas, técnicas e loxísticas
necesarias para pór en aplicación as resolucións e directrices propostas polo
“Dictame da Comisión non permanente para estudio da problemática dos
incendios forestais” e aprobadas en sesión plenaria do Parlamento de Galicia con
data do 24 de novembro de 1987.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013.
Asinado dixitalmente por:
Xosé Manuel Beiras Torrado na data 16/09/2013 17:59:44
David Fernández Calviño na data 16/09/2013 18:00:07
María Consuelo Martínez García na data 16/09/2013 18:00:12
Antón Sánchez García na data 16/09/2013 18:00:16
Eva Solla Fernández na data 16/09/2013 18:00:20
Ramón Vázquez Díaz na data 16/09/2013 18:00:23
José Javier Ron Fernández na data 16/09/2013 18:00:25
Juán Manuel Fajardo Recouso na data 16/09/2013 18:00:27
Yolanda Díaz Pérez na data 16/09/2013 18:00:30

More Related Content

Viewers also liked

Amateria e os seus cambios
Amateria e os seus cambiosAmateria e os seus cambios
Amateria e os seus cambiosLOPEZMOURENZA
 
Concrete Staining Kansas City
Concrete Staining Kansas CityConcrete Staining Kansas City
Concrete Staining Kansas CityKansasCity00
 
Móvil Decorativo. Amanecer en la montaña, 1916. Dr.ATL.
Móvil Decorativo. Amanecer en la montaña, 1916. Dr.ATL. Móvil Decorativo. Amanecer en la montaña, 1916. Dr.ATL.
Móvil Decorativo. Amanecer en la montaña, 1916. Dr.ATL. MillieBi
 
M+學校官方帳號
M+學校官方帳號M+學校官方帳號
M+學校官方帳號Soone Lin
 
Programa da xornada de fi do plan proxecta 30.11.2013
Programa da xornada de fi do plan proxecta 30.11.2013Programa da xornada de fi do plan proxecta 30.11.2013
Programa da xornada de fi do plan proxecta 30.11.2013satelite1
 
Our Favorites Films
Our Favorites FilmsOur Favorites Films
Our Favorites Filmsainoa2
 
Niunbesitocon picto
Niunbesitocon pictoNiunbesitocon picto
Niunbesitocon pictomairena12
 

Viewers also liked (17)

Tics
TicsTics
Tics
 
Amateria e os seus cambios
Amateria e os seus cambiosAmateria e os seus cambios
Amateria e os seus cambios
 
Modelos administrativos
Modelos administrativosModelos administrativos
Modelos administrativos
 
Gastronomic Quarter Downtown Budapest
Gastronomic Quarter Downtown BudapestGastronomic Quarter Downtown Budapest
Gastronomic Quarter Downtown Budapest
 
Concrete Staining Kansas City
Concrete Staining Kansas CityConcrete Staining Kansas City
Concrete Staining Kansas City
 
Como crear usb winpe
Como crear usb winpeComo crear usb winpe
Como crear usb winpe
 
шумилова
шумиловашумилова
шумилова
 
Sa Mmffdf
Sa MmffdfSa Mmffdf
Sa Mmffdf
 
Móvil Decorativo. Amanecer en la montaña, 1916. Dr.ATL.
Móvil Decorativo. Amanecer en la montaña, 1916. Dr.ATL. Móvil Decorativo. Amanecer en la montaña, 1916. Dr.ATL.
Móvil Decorativo. Amanecer en la montaña, 1916. Dr.ATL.
 
Mgme gestor
Mgme gestorMgme gestor
Mgme gestor
 
M+學校官方帳號
M+學校官方帳號M+學校官方帳號
M+學校官方帳號
 
Programa da xornada de fi do plan proxecta 30.11.2013
Programa da xornada de fi do plan proxecta 30.11.2013Programa da xornada de fi do plan proxecta 30.11.2013
Programa da xornada de fi do plan proxecta 30.11.2013
 
Solución de la actividad # 1
Solución de la actividad # 1Solución de la actividad # 1
Solución de la actividad # 1
 
Our Favorites Films
Our Favorites FilmsOur Favorites Films
Our Favorites Films
 
Niunbesitocon picto
Niunbesitocon pictoNiunbesitocon picto
Niunbesitocon picto
 
Proyecto secundaria 23
Proyecto secundaria 23 Proyecto secundaria 23
Proyecto secundaria 23
 
El teclado
El tecladoEl teclado
El teclado
 

More from Jorge Suárez

Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnJorge Suárez
 
2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728
2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 0900137282013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728
2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728Jorge Suárez
 
2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050
2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 0900130502013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050
2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050Jorge Suárez
 
2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)
2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)
2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)Jorge Suárez
 
2013 09-20 int navantia ferrol 090012585
2013 09-20 int navantia ferrol 0900125852013 09-20 int navantia ferrol 090012585
2013 09-20 int navantia ferrol 090012585Jorge Suárez
 
2013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 090011472
2013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 0900114722013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 090011472
2013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 090011472Jorge Suárez
 
Pnl age sobre reganosa
Pnl age sobre reganosaPnl age sobre reganosa
Pnl age sobre reganosaJorge Suárez
 
Abril republicano en ferrol
Abril republicano en ferrolAbril republicano en ferrol
Abril republicano en ferrolJorge Suárez
 
Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1Jorge Suárez
 
Novas da esquerda febreiro
Novas da esquerda   febreiroNovas da esquerda   febreiro
Novas da esquerda febreiroJorge Suárez
 

More from Jorge Suárez (20)

Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en Común
 
Manidesto 25 xullo
Manidesto 25 xulloManidesto 25 xullo
Manidesto 25 xullo
 
2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728
2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 0900137282013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728
2013 10-10 pnp taxas náutico-pesqueiras 090013728
 
2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050
2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 0900130502013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050
2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050
 
2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)
2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)
2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)
 
2013 09-20 int navantia ferrol 090012585
2013 09-20 int navantia ferrol 0900125852013 09-20 int navantia ferrol 090012585
2013 09-20 int navantia ferrol 090012585
 
2013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 090011472
2013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 0900114722013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 090011472
2013 08-30 pnp propiedades igrexa católica 090011472
 
Pnl age sobre reganosa
Pnl age sobre reganosaPnl age sobre reganosa
Pnl age sobre reganosa
 
Plat.gal.aborto
Plat.gal.abortoPlat.gal.aborto
Plat.gal.aborto
 
Manifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maioManifesto 1 de maio
Manifesto 1 de maio
 
Abril republicano en ferrol
Abril republicano en ferrolAbril republicano en ferrol
Abril republicano en ferrol
 
Porto exterior
Porto exteriorPorto exterior
Porto exterior
 
Diptico 0
Diptico 0Diptico 0
Diptico 0
 
Moción vivenda
Moción vivendaMoción vivenda
Moción vivenda
 
Moción navantia
Moción navantiaMoción navantia
Moción navantia
 
Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1
 
Novas de eu marzo
Novas de eu marzoNovas de eu marzo
Novas de eu marzo
 
Novas da esquerda febreiro
Novas da esquerda   febreiroNovas da esquerda   febreiro
Novas da esquerda febreiro
 
Doc1
Doc1Doc1
Doc1
 
Mobiliz santiago
Mobiliz santiagoMobiliz santiago
Mobiliz santiago
 

Pnl age incendios ditame comisión 1987

  • 1. Á MESA DO PARLAMENTO O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Pleno, relativa ao Dictame emitido pola Comisión non permanente para estudio da problemática dos incendios forestais no ano 1987. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: Durante a II Lexislatura do Parlamento de Galicia (1985-89), baixo a presidencia do Excmo. Sr. D. Tomás Pérez Vidal, constitúese nesta Cámara unha 'Comisión non permanente para estudio da problemática dos incendios forestais'. Presidida por D. Aurelio Domingo Miras Portugal, con D. Ramón Félix Blanco Gómez na vicepresidencia e D. Xosé Enrique Rodríguez Peña como secretario, e integrada asimesmo polos deputados D. Xosé Manuel Beiras Torrado, D. Manuel Blanco Suárez, D. Fernando Carlos Rodríguez Pérez, D. José Romero Becerra e D. Celestino Torres Rodríguez, e asistida ademáis por un comité asesor científico-técnico designado por ela mesma, a comisión desenvolve ao longo de varios meses o seu labor, que desemboca nunhas xornadas de estudio celebradas en San Caetano coa participación de especialistas e expertos procedentes de diversos países, e conclue na redacción dun Dictame que se publica no nº 164, Ano VI, do B.O. desta Cámara con data do 13 de xullo de 1987. Finalmente, ese Dictame será aprobado polo Pleno do Parlamento en sesión celebrada o 24 de novembro dese mesmo ano 1987 (B.O.P.G. nº 204 do 23 de decembro). O referido Dictame estrutúrase en 5 seccións: 1. Exposición de Motivos; 2. Obxectivos básicos; 3. Competencias en materia de incendios da Comunidade Autónoma Galega; 4. Resolucións; e 5. Plan de accións inmediatas. Digitally signed by Rexistro Entrada Date: 2013.09.16 18:19:57 +02:00 Reason: 12357 Location: Parlamento de Galicia Signature Not Verified
  • 2. Sen perxuizo de adxuntarmos en Anexo a esta PNL a reprodución íntegra do texto do Dictame publicado no BOPG do 13-07-1987, parécenos útil facer referencia a algúns dos aspectos e elementos máis salientábeis do seu contido. O primeiro consiste, ao noso ver, en que a Exposición de Motivos do Dictame contextualiza a grave problemática dos incendios forestais, convertida xa daquela nunha sorte de pandemia, cunha rigorosa análise e diagnose do medio natural galego, da estrutura do monte e das masas forestais, da sua interrelación co sector agrario e os ecosistemas, e máis das políticas forestais daquela imperantes, a organización e acción da Administración, e a sua negativa incidencia na praga dos incendios, de xeito que se elucidan as causas primas da pandemia e séntanse os fundamentos dos criterios básicos para unha estratexia de erradicación dos factores que combinadamente determinan a fatalidade dos incendios forestais como lacra persistente. A leitura dalgúns anacos dese texto resultarálles singularmente elocuente: "A diversidade climática, fisiográfica e edáfica, e a súa posición xeográfica, fan que se dea orixinalmente en Galicia unha grande diversidade ecolóxica, na que a mistura e o carácter de encrucillada de dominios florais son as súas condicións naturais máis xenuínas, polo que calquera intento de varia-lo carácter case monoespecífico que ten a actual cuberta forestal, producto da política forestal levada a cabo ata hoxe, debe camiñar no mesmo senso que as tendencias de adaptación da vexetación ó mosaico de hábitats que se poden definir no espacio natural galego. Así mesmo, unha vexetación variada permitiría tamén que a súa fauna acompañante atopase nela os seus biotopos específicos e que a diversificación se espallase ó mundo animal.” (...)
  • 3. "Segundo o Inventario Forestal do ano 1972, en Galicia había 698.500 has. (61,8% de monte arborado) de coníferas, 343.621 has. (30% do monte arborado) de frondosas e 87.240 has. (7,7% de monte arborado) de eucaliptos. Pero hai que ter en conta que os últimos anos contemplaron unha ampliación acelerada de superficie ocupada polos eucaliptos, ata case duplica-las cifras anteriores, e unha reducción da superficie ocupada polas frondosas autóctonas. Os precarios coidados na selección das sementes usadas en repoboación e a falta de atención técnica das masas preséntannos un panorama forestal conformado por árbores de moi baixa calidade tecnolóxica, sendo máis grave nas frondosas e os piñeiros ca nos eucaliptos, non só polo seu estado senón tamén polas súas posibles aplicacións. As causas que levaron ó anterior son, entre outras: fracción de cabida cuberta defectiva, ausencia de tratamentos selvícolas e culturais, selección negativa das árbores nais destinadas á rexeneración das masas, ausencia de calquera criterio para defini-los turnos da corta e escasa ou nula atención ós problemas fitosanitarios, entre outros. É conveniente resaltar que as masas de frondosas, polo xeral, presentan un estado lamentable, debido fundamentalmente á presión humana á que estiveron sometidas historicamente, sendo exemplo palpable de selección xenética negativa.” (...) "Dende 1961 ata 1986, ámbolos dous inclusive, lévanse producido en Galicia numerosos incendios forestais que custaron vidas humanas e nos que practicamente se queimaron 1 millón de has., case a metade do terreo forestal, que perderon rentabilidade, fertilidade e capacidade productiva e máis protectora.” (...)
  • 4. "A política forestal incidiu, en moitos casos negativamente, sobre os incendios, baseándose unicamente en repoboacións con especies de turno curto, dirixidas a obter unha rápida rentabilidade, pero esquecendo a súa adaptación ás condicións ecolóxicas, a súa combustibilidade e a aplicación de técnicas selvícolas axeitadas, e foi aplicada con cambios bruscos nos usos do monte e en contra da vontade dos propietarios e da sociedade.” (...) "A extensión forestal, a calquera nivel, está practicamente ausente de Galicia no medio rural, debido á falta de técnicos con coñecementos forestais no seo dos Servicios de Extensión Agraria e á dedicación da Gardería Forestal a outras funcións. A nivel técnico non se produciu unha relación institucionalizada e efectiva entre os xestores e mailos investigadores. Non existen canles formais que permitan a intercomunicación efectiva entre os componentes do sector, desde a Administración ata os industriais, pasando por comuneiros, propietarios, técnicos, gardería, persoas interesadas no medio ambiente, uso recreativo do monte ou calquera outra actividade.” (...) "A loita contra os incendios debe partir dunha estratexia integrada na que os propietarios, en primeiro lugar, e as Administracións implicadas (local, provincial, autonómica e estatal) teñan ben claras as súas competencias e as actuacións se fagan dun xeito organizado e coordenado. A realidade é que en Galicia esta organización e coordenación ten fallos moi graves, e mesmo a interpretación que se lle dá á delimitación de competencias é en moitos casos confusa e diverxente. Esta falta de entendemento e integración agrávase a partir do ano 1983 coas transferencias, decatándose hoxe un desalento nos propietarios, que deixan o monte á súa sorte, unha falta de organización dos recursos e unha inaxeitada asignación e distribución dos mesmos.”
  • 5. O segundo aspecto máis salientábel do Dictame é que, no enunciado dos obxectivos básicos, faise fincapé nos tres seguintes: "1) Unha máis axeitada organización, coordenación, asignación e distribución dos recursos que fagan máis eficaces as accións de institucións e asociacións implicadas na loita contra os incendios. 2) Conseguir que as accións preventivas teñan progresivamente máis importancia dentro dos plans xerais de loita contra os incendios forestais. 3) Que se considere que os efectos dos incendios forestais afectan a todo o ecosistema con repercusións que transcenden o propio ámbito territorial da zona afectadas, e que se poden manter durante longos períodos de tempo.” En terceiro lugar, e congruentemente co devandito, o conxunto de 47 directrices enunciadas na sección "4. Resolucións", distribuense en catro frontes temáticas de actuacións: A) Economía e Política Forestal (resolucións 1 a 22); B) Prevención e extinción (res. 23 a 37); C) Impactos ecolóxicos (res. 38 a 45); e D) Lexislación (res. 46 e 47). Finalmente, o ambicioso "Plan de accións imediatas" co que remata o Dictame propón un novo "corpo lexislativo" ad-hoc e un repertorio de directrices concretas de imediata posta en prática (para o que nos remitimos ao Anexo adxunto). Van aló 26 anos de sucesivos gobernos na Xunta de Galiza -todo un cuarto de século, nada menos. A simples leitura do Dictame pon de manifesto que a imensa maioría das liñas de acción que propuña, aprobadas polo Pleno desta Cámara, fican sen seren aínda levadas á práctica. É máis: o contido dos plans e políticas forestais postas en prática dende aquela até hoxe van mesmamente en direición contraria ás resolucións do Dictame no apartado de "Economía e Política Forestal". Consecuentemente, a pandemia dos incendios forestais continúa, os montes seguen a arder cada ano, e a dimensión da praga depende só
  • 6. das condicións climatolóxicas: só os 'bombeiros celestiais' que fan chover cando lles cadra dan remate cada ano á catástrofe, mentras o poder executivo leva un cuarto de século a facer caso omiso das directrices elaboradas e aprobadas en sede parlamentar en 1987. Por todo o devandito, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, apresenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno. O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar e programar de imediato as decisións e medidas político-administrativas, técnicas e loxísticas necesarias para pór en aplicación as resolucións e directrices propostas polo “Dictame da Comisión non permanente para estudio da problemática dos incendios forestais” e aprobadas en sesión plenaria do Parlamento de Galicia con data do 24 de novembro de 1987. Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013.
  • 7.
  • 8.
  • 9.
  • 10.
  • 11.
  • 12.
  • 13.
  • 14.
  • 15.
  • 16.
  • 17.
  • 18.
  • 20. Xosé Manuel Beiras Torrado na data 16/09/2013 17:59:44 David Fernández Calviño na data 16/09/2013 18:00:07 María Consuelo Martínez García na data 16/09/2013 18:00:12 Antón Sánchez García na data 16/09/2013 18:00:16 Eva Solla Fernández na data 16/09/2013 18:00:20 Ramón Vázquez Díaz na data 16/09/2013 18:00:23 José Javier Ron Fernández na data 16/09/2013 18:00:25 Juán Manuel Fajardo Recouso na data 16/09/2013 18:00:27 Yolanda Díaz Pérez na data 16/09/2013 18:00:30