SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
Introdución
Unha lingua é moito máis que unas cantas
 palabras xuntas. É un aspecto da cultura moi
 importante que une a moitas persoas para
 poder comunicarse. Cada idioma ten unhas
 características, palabras, frases, ditos…moitas
 veces pequenos detalles únicos do lugar que
 fan que sexa moi especial para a xente que
 forma parte del posto que unha
 lingua, ademais de unir , identifica a un grupo
 de xente cunha cultura e cuns costumes
 propios.
Quixen coñecer, de primeira man, as diferentes
  visións que da nosa lingua teñen persoas de
  diferentes idades.
Para acadar este obxectivo realicei unha enquisa
  moi concreta sobre aspectos básicos da nosa
  fala.
Enquisa 1 (rapaza de 14 anos)

• Qué é para ti o galego?
  O galego para min é a nosa lingua propia que se debe
  falar tanto en ambientes familiares        como en
  sociais, que hai que conservalo porque senón se vai
  perde.

• Falas habitualmente galego? Porque?
  Non, porque é máis sinxelo falar castelán e como é
  maioritario por iso o falo. Só falo galego na clase de
  lingua galega e coa xente que me fala galego.
• Que pasaría se desaparecera da túa vida o
  galego?
  Nada.
• Consideras o galego como unha lingua inferior na
  sociedade?
  Non, porque todas as linguas as considero iguais
  aínda que no pasado se consideraba inferior pola
  xente que o empregaba.
• Que cre que deberiamos facer para que o galego
  estivera máis presente nas nosas vidas?
  Facer o esforzo por falalo.
Enquisa 2 (xove de 18 anos)

• Qué é para ti o galego?
  É o símbolo propio da nosa cultura que se vai
  transmitindo dende a antigüidade ata o día de
  hoxe, facéndonos a nós especiais por telo.

• Falas habitualmente galego? Porque?
  Depende do ambiente no que me atope. No ambiente
  familiar faloo a cotío, pois é a lingua na que se dirixen a
  min ao igual que o falo se outra persoa me fala nel.
  Mais no día a día, cos meus amigos e entorno, utilizo o
  castelán pois é a lingua maioritariamente empregada.
• Que pasaría se desaparecera da túa vida o galego?

    Sería como a desaparición dunha parte da miña historia pois se
    miro atrás moitos dos momentos máis especiais para min están
    narrados nesta lingua.

• Consideras o galego como unha lingua inferior na sociedade?

    Lamentando moito a resposta,e nos tempos que estamos a
    vivir, debo responder cun si pois os que formamos a sociedade
    somos quenes o facemos inferior poñendo en superioridade ao
    castelán.

•   Que cre que deberiamos facer para que o galego estivera máis
    presente nas nosas vidas?

    Darlle a importancia que merece na sociedade,que sexa igual de
    utilizada que o castelán sen obter como resposta unha cara de
    desconcerto ao empregalo en público .
Enquisa 3 (adulto de 45 anos)
• Qué é para ti o galego?
  Para min o galego é todo: a miña lingua, a
  miña identidade, o meu existir, os meus
  sentimentos, a miña cultura…é todo.

• Falas habitualmente galego? Porque?
  Faloo sempre porque é a miña lingua nai e
  porque é coa que sei e quero expresarme e
  relacionarme coa xente. Noutra lingua non
  podería facelo de igual maneira.
• Que pasaría se desaparecerá da túa vida o galego?
  Morrería unha parte moi importante de min e non
  quero nin poido imaxinalo.

. Consideras o galego como unha lingua inferior na
  sociedade?
  Eu non a considero pero tristemente hai moita xente
  que así o pensa e a despreza. Hai grande cantidade
  de autoodio os propios galegos desprezamos e
  odiamos o que nos representa e iso é o máis triste
  que lle pode pasar a un pobo.
• Que cre que deberiamos facer para que o
  galego estivera máis presente nas nosas vidas?

  Deberiamos       tentar   falalo   dándolle     a
  importancia que ten como lingua propia do
  noso país e mantendo unha política lingüística
  dende que nacemos orientada a aprender e
  utilizar o galego con normalidade na nosa vida
  cotiá, cos amigos, na rúa, na escola, en todos os
  momentos da nosa vida.
Unha vez realizadas as entrevistas ás diferentes
 persoas cabe destacar o papel tan importante que
 ten a idade cara ao compromiso coa nosa lingua.

Se votamos a vista atrás vemos que os nosos avós
  falaban a meirande parte na nosa lingua galega
  posto que era a mellor para expresarse e a
  única, en moitos casos, que sabían. Polo tanto
  nótase ese agarimo tan profundo que sinten pola
  súa lingua, identificándoa como algo moi
  importante da súa persoa e que superon
  transmitir aos seus fillos e fillas.
A seguinte xeración formada polos nosos pais está
  composta por algunhas persoas que seguen a falala e
  outras que xa decidiron cambiarse ao castelán por
  considerala unha lingua de maior prestixo social.
  Nembergantes, na actualidade, a xeración de xoves e
  dos máis pequenos está formada por persoas que non
  falan case nunca galego porque podemos dicir que hai
  pouco respaldo nos diferentes ámbitos que forman o
  día a día e pouco apoio do goberno actual da Xunta de
  Galiza, producindo un rexeitamento da lingua galega
  co cal, pouco a pouco, estamos acabando con ela.
Pola contra, existen institucións, asociacións e
  organizacións con diferentes finalidades e ideoloxías
  que teñen como bandeira o uso da nosa querida
  lingua galega en todos os ámbitos posibles da nosa
  vida como no teatro, na escola, no xornal, nos libros
  de educación….O seu nivel de compromiso non se
  manifesta en todas por igual pero cada unha aporta o
  seu grao de area na revolución que, día a día, temos
  que manter viva para conseguir frear o descenso de
  galegofalantes e tentar recuperar o uso cotiá do
  galego.
Estes son algúns enlaces que me pareceron interesantes:

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/

http://www.blogoteca.com/cenlf/

http://www.realacademiagalega.org/

http://www.amesanl.org/

http://asociacionmedulio.blogspot.com.es/2012/11/proxim
  as-actividades-programadas.html
“Desengánate, non estás ti so. Falar, escribir e ler na túa lingua galega
   é unha revolución que navega silenciosa nesas historias que están
   na túa mente e saen ao mundo cando te expresas.
Pero veña, atrévete, fai dela estrondo. Abandona o teu
   medo, participa, comparte e deixa de ser invisible porque hai máis
   xente coma ti. Somos milleiros as persoas que amamos a nosa
   lingua. Por iso esta revolución é imparable, non ten fronteiras nin
   límites agás a túa vontade de formar parte dela.
   Veña, anímate, atrévete e compártea.”

Todos xuntos faremos unha revolución imparable como ben dixo a
   xove escritora galega Rosa Aneiros.

    Bule!
Carta para a nosa lingua
Non che falo, é verdade. Pero sinto que algún día o farei
  porque es importante para min e para a miña cultura e porque non quero
  perderte.

Gústame escoitarte nos máis pequenos, nos maiores, nos que che falan perfecto e
  ata nos que poñen todo o seu empeño e esforzo tan só por intentalo.

Tes algo que fai que sexas capaz de transmitir dozura, ledicia e agarimo en cada
   palabra ou son que que ti expresas.

Es único e elegante e ,sobre todo, es moi forte por sobrevivir tantos anos a pesar
   dos malos momentos que pasaches na túa existencia e por resistir todos os
   comentarios dos ignorantes que pensan que es inferior á lingua que eles falan.

Resiste amigo, todo vai a saír ben. Desexo e espero que en breves todos nos
  deamos conta de que es moito máis ca lingua do noso país.

Polo tanto todos unidos e xuntos imos loitar por ti porque aínda que ás veces non
  o pareza, querémoste.
TRABALLO REALIZADO
       POR:
ESPERANZA VÁZQUEZ
      DOPICO

More Related Content

What's hot

21 Días co Galego IES Monte das Moas
21 Días co Galego IES Monte das Moas21 Días co Galego IES Monte das Moas
21 Días co Galego IES Monte das MoasRemoeaLinguaLinguaGa
 
Nº 4 outubro 2006 en galego,..
Nº 4 outubro 2006 en galego,..Nº 4 outubro 2006 en galego,..
Nº 4 outubro 2006 en galego,..ceiprandufe
 
Prexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosPrexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosInma xove
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
21 Días co Galego IES Monte das Moas 2
21 Días co Galego IES Monte das Moas 221 Días co Galego IES Monte das Moas 2
21 Días co Galego IES Monte das Moas 2RemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

What's hot (10)

Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
21 Días co Galego IES Monte das Moas
21 Días co Galego IES Monte das Moas21 Días co Galego IES Monte das Moas
21 Días co Galego IES Monte das Moas
 
Nº 4 outubro 2006 en galego,..
Nº 4 outubro 2006 en galego,..Nº 4 outubro 2006 en galego,..
Nº 4 outubro 2006 en galego,..
 
Prexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosPrexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticos
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
21 Días co Galego IES Monte das Moas 2
21 Días co Galego IES Monte das Moas 221 Días co Galego IES Monte das Moas 2
21 Días co Galego IES Monte das Moas 2
 
21 Dias co Galego nas Moas
21 Dias co Galego nas Moas21 Dias co Galego nas Moas
21 Dias co Galego nas Moas
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11
 

Similar to Galego

As nosas linguas 2011 2012
As nosas linguas 2011 2012As nosas linguas 2011 2012
As nosas linguas 2011 2012teteg662
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Decalogo para ser linguisticamente sostibles
Decalogo para ser linguisticamente sostiblesDecalogo para ser linguisticamente sostibles
Decalogo para ser linguisticamente sostiblesmosteirin
 
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogosManifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogoscenlf
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Aquis Fala
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno VillarGuía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno VillarCoordinadora Galega ENDL
 
A lingua-galega-e-unha-lingua-viva-manifesto-de-anova-polo-dia-das-letras-gal...
A lingua-galega-e-unha-lingua-viva-manifesto-de-anova-polo-dia-das-letras-gal...A lingua-galega-e-unha-lingua-viva-manifesto-de-anova-polo-dia-das-letras-gal...
A lingua-galega-e-unha-lingua-viva-manifesto-de-anova-polo-dia-das-letras-gal...cenlf
 
As funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaAs funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaxenevra
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
A fala na rede
A fala na redeA fala na rede
A fala na redeagatagc
 
Os PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticosOs PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticosecursocig
 
Prexuízos
PrexuízosPrexuízos
PrexuízosMarlou
 
9. amor á terra
9.  amor á terra9.  amor á terra
9. amor á terrasatelite1
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Similar to Galego (20)

As nosas linguas 2011 2012
As nosas linguas 2011 2012As nosas linguas 2011 2012
As nosas linguas 2011 2012
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Decalogo para ser linguisticamente sostibles
Decalogo para ser linguisticamente sostiblesDecalogo para ser linguisticamente sostibles
Decalogo para ser linguisticamente sostibles
 
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogosManifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno VillarGuía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno Villar
 
A lingua-galega-e-unha-lingua-viva-manifesto-de-anova-polo-dia-das-letras-gal...
A lingua-galega-e-unha-lingua-viva-manifesto-de-anova-polo-dia-das-letras-gal...A lingua-galega-e-unha-lingua-viva-manifesto-de-anova-polo-dia-das-letras-gal...
A lingua-galega-e-unha-lingua-viva-manifesto-de-anova-polo-dia-das-letras-gal...
 
As funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaAs funcións sociais da lingua
As funcións sociais da lingua
 
Guia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudoGuia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudo
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
A fala na rede
A fala na redeA fala na rede
A fala na rede
 
Os PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticosOs PrexuíZos LingüíSticos
Os PrexuíZos LingüíSticos
 
Prexuízos
PrexuízosPrexuízos
Prexuízos
 
9. amor á terra
9.  amor á terra9.  amor á terra
9. amor á terra
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 

More from Esperanza Vázquez Dopico (20)

Monográficos de redes
Monográficos de redesMonográficos de redes
Monográficos de redes
 
Presentación valdoviño
Presentación valdoviñoPresentación valdoviño
Presentación valdoviño
 
Presentación de betanzos
Presentación de betanzosPresentación de betanzos
Presentación de betanzos
 
Semana santa ferrolana 2014
Semana santa ferrolana 2014Semana santa ferrolana 2014
Semana santa ferrolana 2014
 
Balcone
BalconeBalcone
Balcone
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Ferrolterra ponse en pé!
Ferrolterra ponse en pé!Ferrolterra ponse en pé!
Ferrolterra ponse en pé!
 
Polvorínpresentación
PolvorínpresentaciónPolvorínpresentación
Polvorínpresentación
 
Polvorínpresentación
PolvorínpresentaciónPolvorínpresentación
Polvorínpresentación
 
Gastronomía galega
Gastronomía galegaGastronomía galega
Gastronomía galega
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Nunca Máis.
 Nunca Máis. Nunca Máis.
Nunca Máis.
 
Viaxe no tempo
Viaxe no tempoViaxe no tempo
Viaxe no tempo
 
Viaxe no tempo
Viaxe no tempoViaxe no tempo
Viaxe no tempo
 
Viaxe no tempo
Viaxe no tempoViaxe no tempo
Viaxe no tempo
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Galiza
GalizaGaliza
Galiza
 
Galiza
GalizaGaliza
Galiza
 

Galego

  • 1.
  • 2. Introdución Unha lingua é moito máis que unas cantas palabras xuntas. É un aspecto da cultura moi importante que une a moitas persoas para poder comunicarse. Cada idioma ten unhas características, palabras, frases, ditos…moitas veces pequenos detalles únicos do lugar que fan que sexa moi especial para a xente que forma parte del posto que unha lingua, ademais de unir , identifica a un grupo de xente cunha cultura e cuns costumes propios.
  • 3. Quixen coñecer, de primeira man, as diferentes visións que da nosa lingua teñen persoas de diferentes idades. Para acadar este obxectivo realicei unha enquisa moi concreta sobre aspectos básicos da nosa fala.
  • 4. Enquisa 1 (rapaza de 14 anos) • Qué é para ti o galego? O galego para min é a nosa lingua propia que se debe falar tanto en ambientes familiares como en sociais, que hai que conservalo porque senón se vai perde. • Falas habitualmente galego? Porque? Non, porque é máis sinxelo falar castelán e como é maioritario por iso o falo. Só falo galego na clase de lingua galega e coa xente que me fala galego.
  • 5. • Que pasaría se desaparecera da túa vida o galego? Nada. • Consideras o galego como unha lingua inferior na sociedade? Non, porque todas as linguas as considero iguais aínda que no pasado se consideraba inferior pola xente que o empregaba. • Que cre que deberiamos facer para que o galego estivera máis presente nas nosas vidas? Facer o esforzo por falalo.
  • 6. Enquisa 2 (xove de 18 anos) • Qué é para ti o galego? É o símbolo propio da nosa cultura que se vai transmitindo dende a antigüidade ata o día de hoxe, facéndonos a nós especiais por telo. • Falas habitualmente galego? Porque? Depende do ambiente no que me atope. No ambiente familiar faloo a cotío, pois é a lingua na que se dirixen a min ao igual que o falo se outra persoa me fala nel. Mais no día a día, cos meus amigos e entorno, utilizo o castelán pois é a lingua maioritariamente empregada.
  • 7. • Que pasaría se desaparecera da túa vida o galego? Sería como a desaparición dunha parte da miña historia pois se miro atrás moitos dos momentos máis especiais para min están narrados nesta lingua. • Consideras o galego como unha lingua inferior na sociedade? Lamentando moito a resposta,e nos tempos que estamos a vivir, debo responder cun si pois os que formamos a sociedade somos quenes o facemos inferior poñendo en superioridade ao castelán. • Que cre que deberiamos facer para que o galego estivera máis presente nas nosas vidas? Darlle a importancia que merece na sociedade,que sexa igual de utilizada que o castelán sen obter como resposta unha cara de desconcerto ao empregalo en público .
  • 8. Enquisa 3 (adulto de 45 anos) • Qué é para ti o galego? Para min o galego é todo: a miña lingua, a miña identidade, o meu existir, os meus sentimentos, a miña cultura…é todo. • Falas habitualmente galego? Porque? Faloo sempre porque é a miña lingua nai e porque é coa que sei e quero expresarme e relacionarme coa xente. Noutra lingua non podería facelo de igual maneira.
  • 9. • Que pasaría se desaparecerá da túa vida o galego? Morrería unha parte moi importante de min e non quero nin poido imaxinalo. . Consideras o galego como unha lingua inferior na sociedade? Eu non a considero pero tristemente hai moita xente que así o pensa e a despreza. Hai grande cantidade de autoodio os propios galegos desprezamos e odiamos o que nos representa e iso é o máis triste que lle pode pasar a un pobo.
  • 10. • Que cre que deberiamos facer para que o galego estivera máis presente nas nosas vidas? Deberiamos tentar falalo dándolle a importancia que ten como lingua propia do noso país e mantendo unha política lingüística dende que nacemos orientada a aprender e utilizar o galego con normalidade na nosa vida cotiá, cos amigos, na rúa, na escola, en todos os momentos da nosa vida.
  • 11. Unha vez realizadas as entrevistas ás diferentes persoas cabe destacar o papel tan importante que ten a idade cara ao compromiso coa nosa lingua. Se votamos a vista atrás vemos que os nosos avós falaban a meirande parte na nosa lingua galega posto que era a mellor para expresarse e a única, en moitos casos, que sabían. Polo tanto nótase ese agarimo tan profundo que sinten pola súa lingua, identificándoa como algo moi importante da súa persoa e que superon transmitir aos seus fillos e fillas.
  • 12. A seguinte xeración formada polos nosos pais está composta por algunhas persoas que seguen a falala e outras que xa decidiron cambiarse ao castelán por considerala unha lingua de maior prestixo social. Nembergantes, na actualidade, a xeración de xoves e dos máis pequenos está formada por persoas que non falan case nunca galego porque podemos dicir que hai pouco respaldo nos diferentes ámbitos que forman o día a día e pouco apoio do goberno actual da Xunta de Galiza, producindo un rexeitamento da lingua galega co cal, pouco a pouco, estamos acabando con ela.
  • 13. Pola contra, existen institucións, asociacións e organizacións con diferentes finalidades e ideoloxías que teñen como bandeira o uso da nosa querida lingua galega en todos os ámbitos posibles da nosa vida como no teatro, na escola, no xornal, nos libros de educación….O seu nivel de compromiso non se manifesta en todas por igual pero cada unha aporta o seu grao de area na revolución que, día a día, temos que manter viva para conseguir frear o descenso de galegofalantes e tentar recuperar o uso cotiá do galego.
  • 14. Estes son algúns enlaces que me pareceron interesantes: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/ http://www.blogoteca.com/cenlf/ http://www.realacademiagalega.org/ http://www.amesanl.org/ http://asociacionmedulio.blogspot.com.es/2012/11/proxim as-actividades-programadas.html
  • 15. “Desengánate, non estás ti so. Falar, escribir e ler na túa lingua galega é unha revolución que navega silenciosa nesas historias que están na túa mente e saen ao mundo cando te expresas. Pero veña, atrévete, fai dela estrondo. Abandona o teu medo, participa, comparte e deixa de ser invisible porque hai máis xente coma ti. Somos milleiros as persoas que amamos a nosa lingua. Por iso esta revolución é imparable, non ten fronteiras nin límites agás a túa vontade de formar parte dela. Veña, anímate, atrévete e compártea.” Todos xuntos faremos unha revolución imparable como ben dixo a xove escritora galega Rosa Aneiros. Bule!
  • 16. Carta para a nosa lingua Non che falo, é verdade. Pero sinto que algún día o farei porque es importante para min e para a miña cultura e porque non quero perderte. Gústame escoitarte nos máis pequenos, nos maiores, nos que che falan perfecto e ata nos que poñen todo o seu empeño e esforzo tan só por intentalo. Tes algo que fai que sexas capaz de transmitir dozura, ledicia e agarimo en cada palabra ou son que que ti expresas. Es único e elegante e ,sobre todo, es moi forte por sobrevivir tantos anos a pesar dos malos momentos que pasaches na túa existencia e por resistir todos os comentarios dos ignorantes que pensan que es inferior á lingua que eles falan. Resiste amigo, todo vai a saír ben. Desexo e espero que en breves todos nos deamos conta de que es moito máis ca lingua do noso país. Polo tanto todos unidos e xuntos imos loitar por ti porque aínda que ás veces non o pareza, querémoste.
  • 17. TRABALLO REALIZADO POR: ESPERANZA VÁZQUEZ DOPICO