SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
“Era a madrugada do martes 22 de xuño do 43, cando a miña
nai nos sacou da cama toda nervosa. Tapounos cunhas
mantas, mandou que calzáramos o primeiro que
atopáramos e saímos todos correndo cara ao monte de
San Pedro de Leixa, que non estaba demasiado lonxe da
nosa casa de San Xoan de Filgueira.
Avisounos a xente que escapaba de Caranza do que estaba
a pasar. Nós escoitabamos os estoupidos pero non
sabiamos a que eran debidos. Houbo varias explosións. A
primeira foi arredor das cinco e media e se escoitou
perfectamente en toda a volta; a segunda, a eso das seis
da mañá foi moito máis forte: explotara o polvorín do
Montón. Chovían pedras por todas partes e a miña irmá e
máis eu, moi asustadas, escondiámonos debaixo das
mantas mentres seguiamos correndo da man dos nosos
maiores.
Cando chegamos a Leixa miramos cara a Caranza e vimos
como ardía o polvorín e como seguía estoupando o que alí
estaba almecenado. Foi un día moi longo. Cara á noitiña
regresamos á nosa casa e, coma nós, a maioría da xente
Amalia, a miña avoa, foi testemuña do
acontecido nos polvoríns de Caranza
no ano 1943, en plena posguerra.
A raíz desta conversa con ela púxenme
a investigar cales poderían ser as
causas deste suceso que, a primeira
vista, parecía un accidente.
Os polvoríns estaban situados no interior da
Ría de Ferrol, onde hoxe se encontra o
Clube de Suboficiais da Armada do
Montón, no barrio de Caranza.
Era unha instalación de aprovisionamento de
pólvora para todo o conxunto de baterías
costeiras. A súa construcción constaba dunha
planta rectangular cun muro exterior de
protección con dobre tabique nas súas
cabeceiras, seis piares internos e longos
muros laterais con grandes contrafortes onde
estaban as ventilacións indirectas. Tiña, polo
lado do mar, outro muro de contención e unha
rampa a modo de embarcadeiro.
Contruírase baixo a dirección de J. Vergel no
ano 1737, quen mandou empregar granito
para os exteriores e madeira para as
instalacións internas.
Parece ser que as medidas de
seguridade do polvorín eran moi
deficientes e pola noite descendían
notablemente. Do recinto, con 600
metros de perímetro, ocupábanse seis
centinelas, dos cales tres
permanecían nas garitas.
Posiblemente algún quedaría durmido
na garda e sería relativamente doado
burlar a seguridade.
Despois de buscar
información en
distintas fontes sobre
este suceso, o
profesor e investigador
Don Enrique Barrera
aclarou moito as miñas
ideas sobre o
acontecido.Leva investigado moito
sobre a memoria histórica
da nosa comarca.
Pertence á directiva da
asociación Memoria
Histórica Democrática de
Ferrolterra e á da
asociación Fuco Buxán.
Nos seus textos descubrín que os ingleses
tiñan interés en destruir as instalacións dos
polvoríns porque nelas se aprovisionaban
regularmente os submarinos alemáns,
aproveitando a oscuridade da noite.
A rede de espionaxe británica “Intelligence
Service” estaría actuando en Ferrol a
través de dous espías que nos primeiros
meses de 1943 visitarían regularmente a
nosa cidade: Lorenzo San Miguel
Martínez e Ángel Monge Antón. Con eles
colaboraba un oficial de artillería co que
contactaba un enlace da guerriña
antifranquista, Sol Bértalo.
A todo esto hai que engadir que no Tercio Norte
de Infantería de Mariña, no Reximento de
Artillería e no Cuartel de Inxenieiros,
funcionaban células do Partido Comunista que
ían prestar axuda á persoa que levara a cabo a
sabotaxe.
Segundo as investigacións de E. Barrera é
probable que o saboteador quedara agochado
nalgunha dependencia dos polvoríns dende o
día anterior no que chegara un cargueiro con
cemento para as obras militares e el, camuflado
como obreiro, realizaría as descargas de sacos
como un traballador máis. Contou coa
cooperación de José Luis Díaz Rodríguez,
soldado encargado de vixiar o interior dos
búnkers, quen lle entregou unha copia das
chaves. Nas semanas anteriores preparou un
croquis dos planos do polvorín e entregoullos a
Ángel Monge Antón para que éste fixera un
Era o único que tiña un ángulo morto no seu
tellado e lle permitiría escapar fácilmente sen
ser visto por ningún dos centinelas.
Logo houbo varias explosións ata chegar á
máis potente, arredor das 6:00 da mañá . Ao
ser unha sabotaxe controlada, houbo tempo
suficiente para evacuar e non houbo mortos.
O 22 de xuño de
1943, ás 5:40
comezou o incendio
no polvorín grande,
onde actualmente
están as piscinas do
Clube do Montón.
Díaz Rodríguez morre o día en que
empezaron os interrogatorios. A acta de
defunción fala dun accidente coa súa arma
mentres a estaba limpando. Non se sabe
se se suicidou pensando que fora
descuberto ou morreu nun tiroteo mentres
tentaba escapar.
O que si é certo e que coa súa morte
protexería ao resto dos integrantes da
organización xa que nun interrogatorio
longo e con tortura podería rematar pon
delatar aos seus compañeiros, sen poder
salvar a vida propia, porque o seu destino
(unha vez descuberto) era o pelotón de
fusilamento.
Tras moitas investigacións, o profesor Barrera
chegou á conclusión de que a explosión dos
polvoríns de Caranza non foi un accidente. A
explicación oficial dada polos mandos militares
determinou que a pólvora era inestable e que o
material explosivo almacenado non estaba ben
aillado e proxectís, pólvora e detonantes, por
estar en mal estado, provocaron o inicio en
cadea das explosións.
Esta conclusión non se sostén xa que no mesmo
expediente hai informes do condestable dos
polvoríns e do laboratorio de Santa Bárbara en
Lugones (Asturias) que certifican a boa calidade
da pólvora.
O goberno de Franco tivo que tragarse a
humillación. Non podía revelar a verdade
porque era un claro “casus belli” e terían
que ter entrado oficialmente na II Guerra
Mundial, xusto cando a derrota de
Stalingrado marcaba o principio do fin para
os seus aliados nazis.
Grazas aos traballos
de investigación e
ás posteriores
publicacións de
Don Enrique
Barrera, a
comarca de
Ferrolterra
recuperou en
grande medida a
súa memoria
histórica, única
maneira de saber
o que aconteceu
no pasado e que
ninguén debe
ignorar.
A realización deste traballo serviume para
coñecer de cerca acontecementos
importantes dos que foron, dalgunha
maneira, partícipes membros da miña
familia e que eu descoñecía por completo.
Pareceume moi interesante achegarme a
eles porque creo que é necesario
comprender o pasado para poder vivir o
presente e sentar as bases do noso futuro.
Polvorínpresentación

More Related Content

More from Esperanza Vázquez Dopico (17)

Presentación de betanzos
Presentación de betanzosPresentación de betanzos
Presentación de betanzos
 
Semana santa ferrolana 2014
Semana santa ferrolana 2014Semana santa ferrolana 2014
Semana santa ferrolana 2014
 
Balcone
BalconeBalcone
Balcone
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Ferrolterra ponse en pé!
Ferrolterra ponse en pé!Ferrolterra ponse en pé!
Ferrolterra ponse en pé!
 
Gastronomía galega
Gastronomía galegaGastronomía galega
Gastronomía galega
 
Galego
GalegoGalego
Galego
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Nunca Máis.
 Nunca Máis. Nunca Máis.
Nunca Máis.
 
Viaxe no tempo
Viaxe no tempoViaxe no tempo
Viaxe no tempo
 
Viaxe no tempo
Viaxe no tempoViaxe no tempo
Viaxe no tempo
 
Viaxe no tempo
Viaxe no tempoViaxe no tempo
Viaxe no tempo
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Galiza
GalizaGaliza
Galiza
 
Galiza
GalizaGaliza
Galiza
 

Polvorínpresentación

  • 1.
  • 2. “Era a madrugada do martes 22 de xuño do 43, cando a miña nai nos sacou da cama toda nervosa. Tapounos cunhas mantas, mandou que calzáramos o primeiro que atopáramos e saímos todos correndo cara ao monte de San Pedro de Leixa, que non estaba demasiado lonxe da nosa casa de San Xoan de Filgueira. Avisounos a xente que escapaba de Caranza do que estaba a pasar. Nós escoitabamos os estoupidos pero non sabiamos a que eran debidos. Houbo varias explosións. A primeira foi arredor das cinco e media e se escoitou perfectamente en toda a volta; a segunda, a eso das seis da mañá foi moito máis forte: explotara o polvorín do Montón. Chovían pedras por todas partes e a miña irmá e máis eu, moi asustadas, escondiámonos debaixo das mantas mentres seguiamos correndo da man dos nosos maiores. Cando chegamos a Leixa miramos cara a Caranza e vimos como ardía o polvorín e como seguía estoupando o que alí estaba almecenado. Foi un día moi longo. Cara á noitiña regresamos á nosa casa e, coma nós, a maioría da xente
  • 3. Amalia, a miña avoa, foi testemuña do acontecido nos polvoríns de Caranza no ano 1943, en plena posguerra. A raíz desta conversa con ela púxenme a investigar cales poderían ser as causas deste suceso que, a primeira vista, parecía un accidente.
  • 4. Os polvoríns estaban situados no interior da Ría de Ferrol, onde hoxe se encontra o Clube de Suboficiais da Armada do Montón, no barrio de Caranza.
  • 5. Era unha instalación de aprovisionamento de pólvora para todo o conxunto de baterías costeiras. A súa construcción constaba dunha planta rectangular cun muro exterior de protección con dobre tabique nas súas cabeceiras, seis piares internos e longos muros laterais con grandes contrafortes onde estaban as ventilacións indirectas. Tiña, polo lado do mar, outro muro de contención e unha rampa a modo de embarcadeiro. Contruírase baixo a dirección de J. Vergel no ano 1737, quen mandou empregar granito para os exteriores e madeira para as instalacións internas.
  • 6. Parece ser que as medidas de seguridade do polvorín eran moi deficientes e pola noite descendían notablemente. Do recinto, con 600 metros de perímetro, ocupábanse seis centinelas, dos cales tres permanecían nas garitas. Posiblemente algún quedaría durmido na garda e sería relativamente doado burlar a seguridade.
  • 7. Despois de buscar información en distintas fontes sobre este suceso, o profesor e investigador Don Enrique Barrera aclarou moito as miñas ideas sobre o acontecido.Leva investigado moito sobre a memoria histórica da nosa comarca. Pertence á directiva da asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrolterra e á da asociación Fuco Buxán.
  • 8. Nos seus textos descubrín que os ingleses tiñan interés en destruir as instalacións dos polvoríns porque nelas se aprovisionaban regularmente os submarinos alemáns, aproveitando a oscuridade da noite.
  • 9. A rede de espionaxe británica “Intelligence Service” estaría actuando en Ferrol a través de dous espías que nos primeiros meses de 1943 visitarían regularmente a nosa cidade: Lorenzo San Miguel Martínez e Ángel Monge Antón. Con eles colaboraba un oficial de artillería co que contactaba un enlace da guerriña antifranquista, Sol Bértalo.
  • 10. A todo esto hai que engadir que no Tercio Norte de Infantería de Mariña, no Reximento de Artillería e no Cuartel de Inxenieiros, funcionaban células do Partido Comunista que ían prestar axuda á persoa que levara a cabo a sabotaxe. Segundo as investigacións de E. Barrera é probable que o saboteador quedara agochado nalgunha dependencia dos polvoríns dende o día anterior no que chegara un cargueiro con cemento para as obras militares e el, camuflado como obreiro, realizaría as descargas de sacos como un traballador máis. Contou coa cooperación de José Luis Díaz Rodríguez, soldado encargado de vixiar o interior dos búnkers, quen lle entregou unha copia das chaves. Nas semanas anteriores preparou un croquis dos planos do polvorín e entregoullos a Ángel Monge Antón para que éste fixera un
  • 11. Era o único que tiña un ángulo morto no seu tellado e lle permitiría escapar fácilmente sen ser visto por ningún dos centinelas. Logo houbo varias explosións ata chegar á máis potente, arredor das 6:00 da mañá . Ao ser unha sabotaxe controlada, houbo tempo suficiente para evacuar e non houbo mortos. O 22 de xuño de 1943, ás 5:40 comezou o incendio no polvorín grande, onde actualmente están as piscinas do Clube do Montón.
  • 12. Díaz Rodríguez morre o día en que empezaron os interrogatorios. A acta de defunción fala dun accidente coa súa arma mentres a estaba limpando. Non se sabe se se suicidou pensando que fora descuberto ou morreu nun tiroteo mentres tentaba escapar. O que si é certo e que coa súa morte protexería ao resto dos integrantes da organización xa que nun interrogatorio longo e con tortura podería rematar pon delatar aos seus compañeiros, sen poder salvar a vida propia, porque o seu destino (unha vez descuberto) era o pelotón de fusilamento.
  • 13. Tras moitas investigacións, o profesor Barrera chegou á conclusión de que a explosión dos polvoríns de Caranza non foi un accidente. A explicación oficial dada polos mandos militares determinou que a pólvora era inestable e que o material explosivo almacenado non estaba ben aillado e proxectís, pólvora e detonantes, por estar en mal estado, provocaron o inicio en cadea das explosións. Esta conclusión non se sostén xa que no mesmo expediente hai informes do condestable dos polvoríns e do laboratorio de Santa Bárbara en Lugones (Asturias) que certifican a boa calidade da pólvora.
  • 14. O goberno de Franco tivo que tragarse a humillación. Non podía revelar a verdade porque era un claro “casus belli” e terían que ter entrado oficialmente na II Guerra Mundial, xusto cando a derrota de Stalingrado marcaba o principio do fin para os seus aliados nazis.
  • 15. Grazas aos traballos de investigación e ás posteriores publicacións de Don Enrique Barrera, a comarca de Ferrolterra recuperou en grande medida a súa memoria histórica, única maneira de saber o que aconteceu no pasado e que ninguén debe ignorar.
  • 16. A realización deste traballo serviume para coñecer de cerca acontecementos importantes dos que foron, dalgunha maneira, partícipes membros da miña familia e que eu descoñecía por completo. Pareceume moi interesante achegarme a eles porque creo que é necesario comprender o pasado para poder vivir o presente e sentar as bases do noso futuro.