SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
DIARIO DE 21 DÍAS FALANDO GALEGO
Olga Fernández Marta 1ºBach A
REFLEXIÓN
Mudar de lingua, un elemento tan definitorio e importante nas nosas vidas
cotiás, non é tarefa fácil sobre todo porque resulta habitual atoparte na
situación de ter que explicar por que o fas. Non me malinterpretedes, se esa
pregunta saíse da mera curiosidade da persoa sería fantástico, pero é que
esta pregunta e soamente é a fina película na que se agocha a xente para
xusto despois comezar a criticar a “moralidade” de cambiar de idioma.
Aínda así, tamén quero destacar que houbo moitas cousas boas, é unha
experiencia de crecemento persoal incrible porque dáche a seguridade de
que falas a lingua que falas por convicción e non porque sexas froito dunha
diglosia tremendamente arraigada na nosas terras.
É un proceso complexo pero apaixoante. Os comezos sempre son algo
atravesados, tanto pola dificultade que entraña cambiar de idioma como polas
reaccións que poida suscitar no teu entorno. O maior problema en términos
lingüísticos que sufrín e que me avergoñaba non falar o galego perfecto é
dicir, ter castelanismos e moitos erros na miña fala. Ademais, teño que
recoñecer que son algo orgullosa e cando sinto que non fago algo perfecto,
prefiro non facelo e non sempre recibía con boa actitude os consellos de
galegofalantes. Mais todas esas dificultades son parte do proceso de
aprendizaxe. O importante e botarse a falar sexa como sexa, sen medo nin
vergoña, pouco a pouco acostúmaste e falas con fluidez e sen tantos erros.
Cambiar ao galego no ámbito familiar foi o máis difícil porque cando estás
triste ou enfadada a túa lingua materna é a primeira que aflora, e o que
menos che apetece é esforzarte aínda por riba en estar traducindo na cabeza
todo o que pensas. Cos meus avós foi case imposible, eles como moitas
outras persoas da súa xeración mudaron a unha corta idade da aldea cara á
cidade. Ao facer isto sufriron a aldeofobia ambiental, que tiña na lingua unha
das súas dianas favoritas. Despois de ser a burla dos seus compañeiros na
xuventude e de sufrir os castigos dos profesores, abandonaron totalmente o
galego e aínda continúan eles mesmos mantendo estes prexuízos. Non
podían entender como era posible que cambiara por gusto ao galego ou que
no instituto promoveran isto. Evidentemente, o cambio na clase foi moito máis
sinxelo xa que a maioría da clase estaban na mesma situación e incluso foi
divertido facer unha tarefa colectiva con case todo o grupo. Tamén recibín
apoio de moita xente, tanto de neofalantes que comezaran a súa viaxe xa fai
anos, como de castelanfalantes como a miña nai que lle parecía unha moi
boa idea.
Unha situación que por desgraza sí que vin foi que en ambientes algo máis
conservadores como por exemplo no club no que xogo ao tenis, que vendo
que de repente falaba galego, pensaban que era un ataque ás súas ideas
políticas. Aínda que non xulgaban de forma directa, sí que facían algúns
comentarios nos que se reflexa a súa idea da superioridade do castelán.
En conclusión, para vivir esta experiencia neofalante hai que se mergullar nos
aspectos positivos e negativos. Desde a propia lingua galega é como mellor
se ve a actitude dos galegos hacia ela e cales son os aspectos nos que
poderíamos axudala a recuperarse. Aínda que por agora volvo á miña lingua
materna, volvo con moitas máis expresións en galego e coa esperanza de
retomar este camiño máis adiante.

More Related Content

Similar to 21 Dias co Galego nas Moas

Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 
As nosas linguas 2011 2012
As nosas linguas 2011 2012As nosas linguas 2011 2012
As nosas linguas 2011 2012teteg662
 
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...Agrela Elvixeo
 
Presentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blogPresentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blogportocabeiroinfantil
 
Enquisa infantil 14 15 virxedacela
Enquisa infantil 14 15 virxedacelaEnquisa infantil 14 15 virxedacela
Enquisa infantil 14 15 virxedacelasatelite1
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Similar to 21 Dias co Galego nas Moas (10)

Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
As nosas linguas 2011 2012
As nosas linguas 2011 2012As nosas linguas 2011 2012
As nosas linguas 2011 2012
 
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...
Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega. Elaborado polo EDLG do I...
 
Presentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blogPresentación periodo adaptación blog
Presentación periodo adaptación blog
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Enquisa infantil 14 15 virxedacela
Enquisa infantil 14 15 virxedacelaEnquisa infantil 14 15 virxedacela
Enquisa infantil 14 15 virxedacela
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 5
Ollos de aula. nº 5Ollos de aula. nº 5
Ollos de aula. nº 5
 

More from RemoeaLinguaLinguaGa

GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASGOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASRemoeaLinguaLinguaGa
 
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no InstagramRESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no InstagramRemoeaLinguaLinguaGa
 
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasFeminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasRemoeaLinguaLinguaGa
 
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARemoeaLinguaLinguaGa
 
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfOs santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdfPresentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdfAstrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfO DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdfAtranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...RemoeaLinguaLinguaGa
 
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfA pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

More from RemoeaLinguaLinguaGa (20)

GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOASGOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
GOA DAMAO DIU PDI DAS VIAGENS IES MONTE DAS MOAS
 
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no InstagramRESISTENCIA.  Personaxes e o seu perfil no Instagram
RESISTENCIA. Personaxes e o seu perfil no Instagram
 
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedorasFeminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
Feminismos. Libro de A historia cóntana as vencedoras
 
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELARESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
RESISTENCIA_ROSA ANEIROS_CONTAS DE INSTAGRAM DAS PERSONAXES DA NOVELA
 
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdfOs santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
Os santos nunca dormen-Iván Villar Amado.pdf
 
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdfO NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS.pdf
 
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdfRECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
RECENSIÓN O CEMITERIO DE BARCOS_ELBA ORBÁN (1).pdf
 
lego.pdf
lego.pdflego.pdf
lego.pdf
 
ciencia en galego (1).pdf
ciencia en galego (1).pdfciencia en galego (1).pdf
ciencia en galego (1).pdf
 
CIENCIA EN GALEGO.pdf
CIENCIA EN GALEGO.pdfCIENCIA EN GALEGO.pdf
CIENCIA EN GALEGO.pdf
 
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdfPresentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
 
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdfAstrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
Astrid Daniela Molina Guerra (Margarita Salas).pdf
 
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdfLibro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
 
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfO DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
 
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdfAtranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
 
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
 
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfA pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
 
reseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdfreseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdf
 
O club da calceta.pdf
O club da calceta.pdfO club da calceta.pdf
O club da calceta.pdf
 
Recensión galego 3 trimestre.pdf
Recensión galego 3 trimestre.pdfRecensión galego 3 trimestre.pdf
Recensión galego 3 trimestre.pdf
 

21 Dias co Galego nas Moas

  • 1. DIARIO DE 21 DÍAS FALANDO GALEGO Olga Fernández Marta 1ºBach A REFLEXIÓN Mudar de lingua, un elemento tan definitorio e importante nas nosas vidas cotiás, non é tarefa fácil sobre todo porque resulta habitual atoparte na situación de ter que explicar por que o fas. Non me malinterpretedes, se esa pregunta saíse da mera curiosidade da persoa sería fantástico, pero é que esta pregunta e soamente é a fina película na que se agocha a xente para xusto despois comezar a criticar a “moralidade” de cambiar de idioma. Aínda así, tamén quero destacar que houbo moitas cousas boas, é unha experiencia de crecemento persoal incrible porque dáche a seguridade de que falas a lingua que falas por convicción e non porque sexas froito dunha diglosia tremendamente arraigada na nosas terras. É un proceso complexo pero apaixoante. Os comezos sempre son algo atravesados, tanto pola dificultade que entraña cambiar de idioma como polas reaccións que poida suscitar no teu entorno. O maior problema en términos lingüísticos que sufrín e que me avergoñaba non falar o galego perfecto é dicir, ter castelanismos e moitos erros na miña fala. Ademais, teño que recoñecer que son algo orgullosa e cando sinto que non fago algo perfecto, prefiro non facelo e non sempre recibía con boa actitude os consellos de galegofalantes. Mais todas esas dificultades son parte do proceso de aprendizaxe. O importante e botarse a falar sexa como sexa, sen medo nin vergoña, pouco a pouco acostúmaste e falas con fluidez e sen tantos erros. Cambiar ao galego no ámbito familiar foi o máis difícil porque cando estás triste ou enfadada a túa lingua materna é a primeira que aflora, e o que menos che apetece é esforzarte aínda por riba en estar traducindo na cabeza todo o que pensas. Cos meus avós foi case imposible, eles como moitas outras persoas da súa xeración mudaron a unha corta idade da aldea cara á cidade. Ao facer isto sufriron a aldeofobia ambiental, que tiña na lingua unha das súas dianas favoritas. Despois de ser a burla dos seus compañeiros na xuventude e de sufrir os castigos dos profesores, abandonaron totalmente o galego e aínda continúan eles mesmos mantendo estes prexuízos. Non podían entender como era posible que cambiara por gusto ao galego ou que no instituto promoveran isto. Evidentemente, o cambio na clase foi moito máis sinxelo xa que a maioría da clase estaban na mesma situación e incluso foi
  • 2. divertido facer unha tarefa colectiva con case todo o grupo. Tamén recibín apoio de moita xente, tanto de neofalantes que comezaran a súa viaxe xa fai anos, como de castelanfalantes como a miña nai que lle parecía unha moi boa idea. Unha situación que por desgraza sí que vin foi que en ambientes algo máis conservadores como por exemplo no club no que xogo ao tenis, que vendo que de repente falaba galego, pensaban que era un ataque ás súas ideas políticas. Aínda que non xulgaban de forma directa, sí que facían algúns comentarios nos que se reflexa a súa idea da superioridade do castelán. En conclusión, para vivir esta experiencia neofalante hai que se mergullar nos aspectos positivos e negativos. Desde a propia lingua galega é como mellor se ve a actitude dos galegos hacia ela e cales son os aspectos nos que poderíamos axudala a recuperarse. Aínda que por agora volvo á miña lingua materna, volvo con moitas máis expresións en galego e coa esperanza de retomar este camiño máis adiante.