SlideShare a Scribd company logo
1 of 72
Download to read offline
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 3
EDICIÓN: Equipo de Dinamización da Lingua Galega
COORDINACIÓN: Diana, Bea e Arosa
COLABORACIÓN: Equipo docente e Alumn@s do CPI
Ponte Carreira
MAQUETADO: Fran López
DEBUXO PORTADA: Laura (4º EP) e Xoel (2º ESO)
IMPRESIÓN: Artes Gráficas LUGAMI (Betanzos)
Caras novas
Resumo do curso
Robótica
Xornada de benvida
Festas do outono
Carreira Solidaria
Nadal
EDLG
Día da Paz
Visitounos...
Vagalumes
Taller literario
Entroido
Cartas de amor
ANPA
O cole na rede
Deportes
Banda Deseñada
Estes somos nós
Saídas
Letras Galegas
Troitas en verso
Humor
Dende a biblio
Novas
Música
Ata sempre
Os nosos avós
Os que nos deixan
4
5
6
7
8
10
11
13
15
16
17
22
27
29
30
31
32
34
36
39
43
47
51
52
56
59
63
67
70
XA CHEGOU!!
XA ESTÁ AQUÍ!!
Un número máis da nosa revista!!
Con ela pechamos outro curso e ofre-
cémosvos una mostra representativa
do traballo que, día a día, conseguimos
facer entre todos: alumn@s, mestres,
profesores, familias e persoal do centro.
Agardo que saboreedes con calma e
con gusto estas páxinas, onde latexan
momentos inesquecibles do curso que xa
se nos vai. Están cheas de ilusións, crea-
tividade, traballo, risas, colaboración,
respecto,… E por elas camiñan os homes
e mulleres do futuro - o alumnado-, que
son, en definitiva, o que dá sentido ao
noso traballo. Eles fan que cada día che-
guemos ao colexio e entremos na aula
cheosdeproxectoseilusiónsequeonoso
empeño por mellorar siga medrando.
Non podo rematar sen facer especial
lembranza de varios compañeiros que
se nos van; Charo Iglesias e Rosalía
agradecémosvos o voso traballo e adi-
cación ao centro durante tantos anos
e desexámosvos moita sorte na futu-
ra singladura. Laura, Kika, Rubén e
Sergio, non esqueceremos as pegadas
que deixades no centro. Por suposto,
tamén do alumnado que nos deixa; a
eles enviámoslles os nosos mellores
desexos para a nova viaxe que em-
prenden. A todos eles… “deica loguiño”.
O VERÁN AGÁRDANOS;
NON O DEIXEDES ESCAPAR!!!
BOAS VACACIÓNS!!
Diana
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/20184
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 5
RESUMO DO CURSO
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/20186
Este curso @s alumn@s de 3º e 4º de Prima-
ria embarcámonos nun novo proxecto que nos
achega ao futuro máis inmediato: a robótica. A
consellería dotounos de 6 robots modelo Mbot
cos que traballamos na sesión de TICs.
Andar cos robots non é tan
doado! Temos que progra-
gramalos no computador,
montalos dende cero e ás
veces acoplarlles estructuras
e diversos sensores e acce-
sorios.
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 7
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/20188
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 9
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201810
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 11
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201812
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 13
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201814
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 15
DÍA DA PAZ
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201816
ANXO CARRACEDO
O pasado 19 de Febreiro, os alumnos, familiares e o persoal
do centro, tivemos o pracer de recibir no noso colexio,
ao D. Anxo Carracedo, un dos nomes máis destacados da
ciencia en Galicia. Este, exerce a docencia na Universidade
de Compostela, e é catedrático e director do Instituto de
Medicina Legal de Santiago e da Fundación Galega de
Medicina Xenómica.
AnxoCarracedo,apartedepolassúasgrandesinvestigacións,
destaca tamén pola súa humildade e sencillez, ao mesmo
tempo que por ser unha persoa aberta e preocupada polo
futuro dos máis novos.
Dende o comezo, cando os alumnos de 4º de ESO decidimos
contactar con el mediante correos electrónicos para
propoñerlle a invitación ao centro, facilitounos e puxo todos
os medios posibles para poder visitarnos; a pesar de ter
unha axenda impresionante, principalmente ocupada por
viaxes de traballo, conferencias e reunións, intentou buscar
un oco para poder vir a Ponte Carreira; o que demostra
que Anxo Carracedo é unha persoa comprometida co seu
traballo, e que cre na xuventude.
En definitiva, un día interesante no que aprendemos, rimos
e intentamos entender algo do noso libro (como Carracedo
se refire ao ADN). Un día que pasará á historia do centro.
4º ESO
                                                                                                   
Ningúen se suicidou desde a altura dun soño.
Ansia en alma atenta sulcas o ribosoma do outono
e na adenosina do futuro
entreves, da  humanidade ,a primavera.
Nau núa, en océanos incertos,con norte claro
buceas os fondos e habitas o inédito.
Xen es en ADN de xunco fecundo,
Oase de luz no país dos faros negados,
Cantas as bases e nas encrucilladas sinápticas
Atravesas o eco da alquimia da historia,
Ronseis de incógnitas persegues,inquerindo,teimoso
As pegadas lizgairas que achegan distancias,
Cerne das túas horas o imperio da verdade
Espellea a embriaguez do autoexilio,
Druída anacrónico en tempos desdibuxados
Outeas o ruído e escancias en ouro
as verdades que en  íntima cadencia 
para a humanidade desgranas.
            
       Desde a aula de cuarto,coordenada noreste,
       en sintonía, para sempre.
FINA
VISITOUNOS...
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 17
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201818
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 19
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201820
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 21
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201822
ALUMN@S DE 1º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 23
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201824
A VIDA
Desaparece
a xente en luz de inverno,
incapaz
de traspasar a gasa do calor azul.
Eu non sei saír do vidro
derretido de agosto, cando
setembro chega ao mundo
por debaixo do mar.
O mar é unha parede de luz negra,
un vidro visceral aberto á noite
das fronteiras sen fondo.
Eu non regreso
non sei regresar a aquelas dunas.
Aquelas dunas que rodeaban
o meu corpo no verán.
Non quero esquecer nunca
aquel que foi meu corpo e non consigo
reconstruír.
Eu non regreso.
Hai bocas ocultas
por onde se accede á outra historia dos días,
vidas arredor que non nos tocan nunca.
Eu non regreso.
Parece que foi onte,
será sempre.
LORENA 3º ESO
SEMPRE CORPO E COSMO
Esa marea en acción,
que crea terra nova,
co compás nos pasos
e o equilibrio en danza que todas somos.
As mans xuntas
da unidade formada,
con pasos acompasados
sen máis mortes levadas no sangue.
Segredo da vida que temos
nas mans,
na memoria,
na alma.
Xa non máis inxustizas,
xa lexislamos nós,
xa escoitamos nós,
xa plantamos cara nós.
Creamos poder e unión,
ilusión e soños,
podemos e debemos,
por nós, por ti.
NURIA 3º ESO
SÍSANNOS
Róubannos,
o futuro e as oportunidades.
Róubannos todo.
Os soños incumpridos, as inxustizas.
TODO!
Todo desaparece,
ata a luz do serán.
Xente que emigra ás cidades.
Pobos desertos,
onde a negra luz escoa
e deixa un silencio de palla seca.
Onte é e onte será.
MARÍA 3º ESO
ALMOFADA
Soñámoste na pulsión contrariada
na estulticia programada dos adultos
na vixía impenitente dos incultos
añoramoste en primavera negada.
Refugamoste no San Miguel
na cacharela meiga do San Xoán
na festa do Carme en pleno verán.
Monólogo silente de horas sen luz
que aloumiñas o rostro derrotado
e no orballo do mencer doras a uz.
Compañeira que mudas coa idade
repouso ou desacougo que es
estasiandos ou insomnes de realidade.
PAULA 2º ESO
Tou, tou
Tou, tou
o noso futuro
só un urro
un monólogo
oscuro, torto
morto, con futuro.
Os golfiños 2º ESO
Galiza
Illa nai
arxila inicial
aínda masa alba
araña altiva
bailarina na mañá sin silvas
calamar na liña
imán na danza
irmanada na dita
alma amiga na man antiga.
Os golfiños 2º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 25
Dende o cimo imposible, soñando a esperanza, queremos:
I. Un único mundo nas proximidades do ecuador.
II. Nin norte nin sur , unha aldea pizza.
III. Un nó grande de vinbio para atar a vida.
IV. Un ser human@ nov@.
V. Un mundo donde non nos afoguen as miñocas.
VI. Un mundo de persoas interconectadas sin fronteiras.
VII. Un mundo donde o female and male sea igual de importante.
VIII. Só un consumo necesario e natural.
IX. Uso moderado de enerxía.
X. Valor individual para asumir obstáculos.
1º ESO
Néboa(Anxo)
Nube caída
Que tapa a visión
Nubla os ollos
Haiku(Matías)
Un haiku blanco
O meu non empezado
Só perfección
Árbore nun precipicio(Anxo)
Ramas torcidas
Núa árbore caída
Ten moitas dores
kx2(A duas mans:Anxo,Matías)
A liberación
A expulsión humana
Algo natural
Neve(Cristina)
Neve nos campos
Auga cruzando ríos
Sábese moi fría
Atletismo(Enma)
Pista dos soños
Gáñase ou pérdese
Feliz sairás
A praia(Alejandro)
Aquela praia
Tranquilidade do sol
Amor pa´sempre.
Semáforo(Diana)
Un semáforo
Onde só con tres cores
Vixián a vida
Carballo(Alejandro)
Este carballo
Fixo sangue en nome
Alex Carballo
Verán(Alejandro)
Calor de verán
Ilusión de tempo lento
Falsa ilusión
Barquiño(Diana)
Nese barquiño
De papel está feito
Ando viaxando
1º ESO
NOELIA 1º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201826
HIMNO  A FRADES
Que acala o vetusto Tambre
no pasmo dos pescadores
luminoso mundo que foi
hoxe tamén ameazado
xa sen deslices prateado
desdicindo o riseiro abril
no crepúsculo calado
do que son ben sabedores?
Quen dos túrbidos escuadróns 
de eucaliptos nestes eidos
aínda non se espanta
vendo minguar a auga
do caudal que eles obstrúen
o legado destruíndo 
erosión das cicatrices
das terras do mañá prestadas?
Quen sabe do eco deixado
no rumorosos estalido
da pátina  do faiado
que  garda remorsos de amor
segredos-luz-familia
danza dourada de pó
nos recunchos das estancias
do derradeiro adeus?
Quen añora   nas meniñas
aquela ledicia incauta
aquela natural confianza
aquela axilidade esquiva
da hoxe extinta lebre
moradora no pasado
das ágoras-corredoiras
ignorando o seu sino?
Que empuxa e agoira
este éxodo  masivo
de  mocidade excelsa
que o inmobilismo afoga
que en folgos  arde
mans  núas en matria sitiada
e talento ignorado
desta páxina  roubada?
Que escuro enigma agochan
quen en garrida viaxe
a súa terra regresa
que inconfeso olor os guia
que voces,sabores,imaxes
ferven no tiro da cociña
rescoldos da   memoria
que ao regreso obrigan?
Que fatal lei do canto
bard@s airad@s levanta
contra o illamento forzoso
contra o baleiro social
con camiños sen xentes
con xentes sen  saúde
coa esperanza exiliada
desta terra de fartura?
Que estro urxente nos xungue
cada quen  súa  dor esconde
fixo cama de seu a derrota
mentiras foron berce
da vida postergada
do valioso degradado
escándalo  dos antergos 
e nos seus fillos rebeldía? 
-A impotencia dos ben nados
a codicia dos covardes
a comunidade vencida
a ignorancia inducida
o exterminio programado
a ruda que resiste
a urxencia do presente
a impronta da nai sempre.
-Son todas esas respostas
que marcan  un novo mapa
sacan do tiro as voces
desoen paraísos fatuos
levan saberes nas mans
levan na alma candeas
queren  a unión de todos
xuntos  son quen de avanzar.
-Cómpre nas mans a historia
decencia traballo verdade
só apostas seguras
só o saber dos mellores
áncoras sementando
soñemos  itinerarios
no norte , a especie
e os nosos soños humanos.
País-vida-imán
a incerteza has sulcar!
A troita desova cara arriba,
cara arriba?
3º ESO
NON QUERO ALMORZAR
	 Xa sei que cando tiñas 14 anos coma min eras moi espelida, cumplidora, responsable eficaz, que ías coas
vacas que tiñas, que ías as fresas, que facías as camas, que ías sachar á horta, que facías a comida…
	
	 O que tí non sabes é que estou farta de ter o cu pegado á cadeira 12 horas, de ser 12 horas ouvidos atentos
boca calada, ollos que non poden mirar, pés quietos, brazos obedientes, lingua negada, corazón contido, cabeza es-
bourada, ilusións apagadas, plans non verbalizados, soños inconfesos, mensaxes que doen, problemas que non che
vou contar. Xa sei que son un pouco estúpida, que fago dramas dun gran de area, que me podo preocupar máis do
meu pelo graso ao teu dor de cadrís, o meu gran da fronte que as túas horas de traballo. Has disculparme porque non
me enteiro dos teus cambios porque me sobran os meus, que non provoco, non xestiono e que non entendo e que o
sufro as 24 horas.
	 Son 24 horas de cambio sen cambio. Neste cambio sen cambio teñen que coller a maiores programas de 12
asinaturas onde os programas non contemplan o meu cambio. Son lento, torpe, cabezota porque medro cada día, por-
que extraño este corpo no que desperto cada día, porque teño que desoír as miñas apetencias de liberdade que son
clamor, tamen postergado e detrás do que non pode correr.
	 Tí tes presa porque estás no teu proxecto, ti corres detrás das túas cousas, das cousas que ti elixiches. Claro
que amin non me escolliches. Xa sei que non son como túas sobriñas, como as fillas das veciñas. A túa filla que son
“eu” e din que se che parece, has saber que ten algo que non é coma ti e está nacendo.
	 Non teño nin idea quen serei, pero sei que non sei moi ben quen son. Non vou deixar o móbil, ofrécem conver-
sacións tops, faime sentir que hai outros e outras coma min. Tamén están no móbil os deberes, as conferencias Ted,
a Biblioteca virtual galega. Miro a televisión para disimular, para pensar no que me a gaña sin contestarche mentres
pensa que escoito. Eu non teño culpa de ter tan pouco apetitio, tan poucas ganas de incorporarme á rutina. Non teño
fame e non vou almorzar!
2º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 27
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201828
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 29
ELENA 4º EP
XOÁN 4º ESO
LUCÍA 4º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201830
MATÍAS 4º EP
ANTÍA 5º EP
LAURA 4º EP
NOELIA 1º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 31
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201832
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 33
O departamento de Educación Física, segue a colaborar co Proxecto Deportivo de Centro desde varios
ámbitos:
-	 Inscribindo e acompañando ao alumnado na actividade deportiva Campo a través celebrado en Pré-
saras. Debemos destacar que varios equipos e atletas individuais quedaron clasificados para a seguin-
te fase que se celebrou en Santiago de Compostela. Tres nenos posteriormente chegaron o campio-
nato provincial ACEA DA MA en Culleredo e ademais, a nosa alumna Enma (5º Primaria) clasificouse
para o campionato galego da Pobra do Caramiñal. A todos os que participaron os nosos parabéns!!!
-	 Incentivando a participación do noso alumnado en probas, competicións e campionatos como a V
CARREIRA POPULAR DE FRADES na que moitos dos nosos alumnos e alumnas tamén tiveron uns re-
sultados moi bos.
-	 Promocionando e divulgando xogos populares, tradicionais e autóctonos, con actividades vinculadas
con este tipo de xogos nos tempos de lecer e ofrecendo materiais variados ao alumnado para a súa
práctica.
-	 Organizando campionatos deportivos nos recreos en distintos deportes, como bádminton, fútbol,
baloncesto, atletismo e floorball.
-	 Participando na Carreira Solidaria e no Día do Peón.
-	 Promovendo a participación do alumnado en actividades físicas e deportivas extraescolares, organi-
zadas pola ANPA ou polos Concellos.
-	 Informando ao alumnado de novas da actualidade relacionadas coa actividade física, co fin de dar a
coñecer os valores que se promoven coa práctica física e deportiva.
-	 Este ano participamos tamén en DAFIS e valoramos a saúde de todo o alumnado do centro de 8 anos
ou máis.
Parabéns pola vosa participación en todas estas actividades e continuade practicando moito deporte!!!!!
SEGUÍDENOS NO BLOGUE DEPORTE NA PONTE!!!
http://deportenaponte.blogspot.com.es
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201834
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 35
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201836
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 37
3º/4º Ed. Primaria
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201838
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 39
SAÍDAS CULTURAIS
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201840
SAÍDAS CULTURAIS
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 41
SAÍDAS CULTURAIS
Destino Madrid
O día 20 de abril embarcámonos nunha viaxe que todos nós, os alumnos de 3º de E.S.O. deste centro salvo
Pablo Uzal, que por ter vivido una experiencia similar prefireu non acompañarnos, sabíamos como comezaba
pero non como ía rematar.
Xunto con máis escolas acordamos reunirnos dito día ás 8 da maña no IES de Melide, dende onde partimos en
dirección a Madrid. Durante as dúas primeiras horas o autobús inundouse por completo de risas, conversas
e cancións que nos uniron nun mesmo ritmo.
A primeira parada foi en Lugo, onde almorzamos e esperamos aos nosos acompañantes nados nese lugar
que, tras 45 minutos, chegaron a nós.Tras un par de horas volvimos a retrasar a nosa viiaxe para comer en
Castela. Feito isto, arredor das tres da tarde continuamos pola carretera.Por fin, ás 4 alcanzamos o noso
destino, recollemos a una guía e, sobre rodas, contemplamos os lugares máis emblemáticos da cidade.
Chegou a hora de pisar terra e percorrer Madrid comezando pola Catedral da Almudena. Observamos una
vez tras outra a fermosura da capital e imaxinamos as historias das xentes e de como serían as súas vidas nesa
zona.Tras visitar ao padre Ángel poidemos desfrutar dun pouco de liberdade, fomos ao Starbucks,a tenda do
Real Madrid e ao McDonalds.Despois de cear e correr ata máis non poder por medo a non chegar a tempo
ao lugar de reunión cos demais, fómonos para o hotel.Alí as ganas de dormir eran escasas e dedicámonos a
conversar con persoas de diferentes lugares ata que o sono nos venceu.
Ao día seguinte, 21 de abril, tras almorzar encamiñámonos ao parque Warner onde tuvemos una xornada
completa de alegría, ilusión e maxia. As seis da tarde tocaba volver, despedímonos de Madrid xa cansos da
nosa estreada liberdade temporal e dixemos ata pronto, pois un adeus era moi rotundo e forte xa que non
queríamos cerrar este capítulo das nosas vidas.
EXCURSIÓN A MALLORCA
Os alumnos e alumnas de 4º ESO escollemos Mallorca como destino da nosa excursión de fin de curso. Alí
pasamos seis días irrepetibles, cheos de risas, ilusións, paseos,... Os momentos que vivirmos compensaron
a longa espera antes da excursións, e aquí contámosvos algúns deles.
Por suposto, o primeiro foi a viaxe en avións, para algúns unha experiencias que nunca viviran. Levemos
unha pequena decepcións ao ver que alí o tempo non era especialmente bo, así que decidimos empregar
ese día para instalarnos no hotel e coñecer a zona. E despois desa tarde involvidable, chegou o segundo
día.
Esperábanos un tour por toda a illa, cheo de sorpresas. Visitamos Inca, a Serra de Tramontana, e formos en
barco dende A Calobra ata o Porte de Sóller. As vistas eran inmellorables, pero a viaxe no tranvía e no Tren
de Soller ofrecéronnos panormámicas aínda máis impresionantes. Chegamos cansos ao hotel, pero non
faltaron os baños na piscina, que continuarían o próximo día no Aqualanda.
Alí pasamos momentos de risa, tamén un pouco de medo, de adrenalina,... Non nos quedou unha soa
atracción pola que pasar, nin tampouco desaproveitamos o calor que ansiabamos con tantas ganas. E o
cansazo non poido con nós, que seguimos desfrutanto ata o próximo día, onde visitamos as Covas do Drach.
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201842
SAÍDAS CULTURAIS
Non nos impresionaron soamente as propias covas, senón
tamén o concerto ao que asistimos nun lugar tan peculiar.
Logo desta visita, a nosa galería estaba chea de fotos que
puidemos completar ao día seguinte, con máis panorámicas
do Palacio da Almudaina ou do Castillo de Bellver.
A parte de todas estas visitar, non faltaron as partidas de villar,
os paseos pola praia, as rutas en bicicleta, os chapuzóns
inigualables, as risas esgotadoras, as comidas e picnic
peculiares, a xente coa que mellorar o noso inglés,...
En resumo, momentos que fixeron que as expectativas que
tiñamos con esta excursión a Mallorca se cumpriran, e moito.
VISITAMOS LAXE
Foí o día 18, un venres, agardabamos ilusos unha temperatura  adecuada para achegármonos á Cos-
ta Da Morte, pero, incautos de nós, non contabamos coa cita do Nordés. Saímos puntuais ás 8’40,
o autobús era pequeno e incómodo, batiamos cos xeonllos no respaldo dos asentos. Non nos to-
cara ese día gozar das últimas adquisicións dos Grabanxa. Collemos a nacional e cruzamos Bergan-
tiños polo interior, os rumorosos ese día non nos dixeron gran cousa. Somos do interior e case nos ma-
reamos. En Laxe recibíronnos dous traballadores de protección civil e conducíronnos a Traba, porque
malia ser rede natura este topónimo non figura en ningún indicador.
Desde Traba iniciarmos o paseo a Soesto guiados por un deles (Paco, o Fuxulo) ,pescador tamén de corazón e
oficio. Foinos explicando en cada cala os segredos que só os lugareños coñecen, ao tempo que nos mostraba
a riqueza desta costa. Falounos do valor das algas non só como alimento, senón tamén como base de medi-
camentos en laboratorio. No percorrido tamén nos fixo o retrato do pescador, un home que sabe ler a hora,
o día e as correntes para ir coller ao lugar exacto to peixe preciso. Non hai marxe para a dúbida. O seu é un
saber basado na observación, riguroso, case matemático. Explicounos como se recollían as chalanas cando
había temporal, o alto custo dunha embarcación.....Fixo historia falándonos de si e da súa adolescencia. Seica
aos nosos anos, as súas mans eran un único calo de tanto remar , non sendo quen de pechalas.
Tamén nos mostrou un lugar idílico, un lugar que invita á intimidade e ao es-
quezo do mundo. Non te ven desde ningures. Trátase da praia dos namorados.
Mostrouse preocupado por ese seu saber que se perdía e que xa non coñe-
cía nin a mocidade de Laxe. Fixemos o tramo Traba - Soesto como unha in-
mersión na eternidade,como un paseo mar adentro cos pés en terra. A bei-
ra, sempre o inquedante alento atlántico. Ás dúas tocou baño , só os máis
destemidos se animaron,o Nordés disuadia. Veu logo a comida fraternal ,a
convivencia exemplar,os xogos. A xerarquía funcionou. Ali estaba Gonzalo
cortando pan, Xan separando as lonxas de xamón, Andrea troceando a
empanada, Lucía cuidando de que tod@s comesen. Saberiamos sobrevivir
xuntos. Fóra da casa somos familia. Somos os nenos da Ponte,que dirían
os profes de Primaria. Non faltou o paseo polo pobo, a visita ao museo e á
igrexa e, xa, o retorno. Álex,co mareo na memoria , Maria cos pés desfeitos.
Sen a memoria do baño, non costou tanto volver ao interior. Incluso soñamos
unha excursión ao Caurel, a Allariz, as Médulas. As Cíes seguen a ser reclamo.
O día vivido todos xuntos, pese ao Nordés, foi perfecto.
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 43
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201844
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 45
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201846
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 47
ELBA 1º EP
LORENA 3º ESO
XOEL 4º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201848
MIRA COMO O FAGO!
Ou donde estiveches, para estar tan triste, filla
miña?
Ou donde estiveches, querida miña?
Tropecei coa necidade programada
Souben pisar a broma insulsa
Rompín a estructura hermética para respirar aire
puro
Andei descalza no medio de 7 fragas trasvesti-
das en eucalipto
Perdinme na aurela do océano sanguento
Alceime por riba das estrelas para saberme
como elas pó estrelar
E ten coraxe, ten coraxe, ten coraxe
Ten coraxe sempre o meu paso
Ou que viches, para ter a madeira de deportista,
filla miña?
Ou que viches, filla miña?
Vin aquel home arremangado mollándose por
min
Vin unha muller coa columna eivada dobrarse
por min
Vin un neno dándome bicos chorando por min
Vinte avoa tirándote á piscina sen saber nadar
por min
Vin aquel avó saltar na corredoira por min
Vin os abrazos da miña veciña aupándome no
aire, sorrindome a min
Vinvos padriños vermellos do cansancio e co-
rrendo polo prado trás nós, por min
E ten coraxe, ten coraxe, ten coraxe
Ten coraxe sempre o meu paso
Ou que oiches para ser tan segura, filla miña?
Ou que oiches, querida miña?
Oín o susurro do río que sabe para donde vai
Oín as follas dos carballos sabéndose despedir
Oín  a caída da choiva cada inverno ao lado do
lume
Oín o rumor dos paxaros cada primavera
Oín voces dándome conforto para seguir adiante
Oín pasos firmes cambiando o futuro
Oín aos meus profes decir:”podedes con isto e
con mais “
E ten coraxe, ten coraxe, ten coraxe
Ten coraxe sempre o meu paso
Ou a quen encontraches para ser resistente, filla
miña?
Ou a quen encontraches, querida miña?
Encontrei aquel home con callos nas mans em-
puxándome para diante
Encontrei aquela muller alzandome nos brazos
decíndome que non pasaba nada
Encontrei camiños con pisadas rexas falando do
traballo
Encontrei tardes de sol roubadas sen poder
desfrutar
Encontrei a miña nai dando ovos, pero as mans
eran súas
Encontrei a unha avoa levantando a copa por un
ano novo
E ten coraxe, ten coraxe, ten coraxe
Ten coraxe sempre o meu paso
Que farás ahora filla miña?
Que farás querida miña?
Insistirei na man que na acción ferve
Persistirei no trazado que eu soñei
Resistirei as pedras no camiño con ollos caídos
Desistirei ante alguén que me empide apartar do
camiño escollido.
                                 SONIA 2º ESO
PAULA 2º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 49
OPORTUNIDADES CON ARTISTAS
Cal é o segredo que empuxa do teu santo?
Cal é o segredo que empuxa do teu santo?
Mantime calada de pe estuven  de pé fronte ao non dos camiños.
Andei descalza no medio de un laberinto verde
Transistei co camiñar das nubes cos ventos amigos
Por eso sei que aristas se cruzan
Por eso sei das arista, aristas se cruzan
Que viches ti para querer loitar?
Vin aquela muller dando todo por min.
Vin ese home mollado para quentarme.
Vin aquela meniña agasallandome sorisas.
Vin esa irmá estudando ao meu lado.
Vin ese irmán marchando para traballar por min.
Vin a esa nena dando o primer paso.
Vin a unha familia loitando por min.
Que oiches para ser tan loitadora?
Oín:”ti podes ser o que queiras”
Oín as follas dos castaños chamando por min.
Oín a caída da choiva no inverno
Oín  o rumor de cada primavera
Oín a xente  decindo que se podia con todo
Oín as voces confiadas
Oín a xente falando de  que non habia oportunidades.
A quen encontraches para ser loitadora?
Encontrei a unha muller axudándome
Encontrei a ese home bailando cos amigos
Encontrei a ese home e a esa muller xogando ao meu lado
Encontrei a esa meniña despertándome  pa xogar
Encontrei a esa irmá alzándome no colo
Encontrei a unha avoa dándome de comer
Encontrei a unha muller  con oportunidades
Por eso sei que aristas se cruzan
Por eso sei das arista, aristas se cruzan
Que farás ti para loitar?
Que faras ti, miña loitadora?
Vou xunto esa familia
Irei polo mundo enteiro estudando
Donde hai xente  com dificultades
Donde hai nenos con oportunidades
Donde está esa familia feliz por min
Donde está  esa meniña por min. SILVIA 2º ESO
A MIÑA AVOA
Son os teus brazos que me acollen,
son os teus cálidos abrazos que me envolven,
son eles os que me din,
que son madeira que resiste.
 
Son os teus ollos e a túa cara de felicidade
os que amosan anos de experiencia
e miles de momentos,
momentos cheos de eperiencias.
 
É a túa doce voz espertándome pola mañá
a que resoa na miña cabeza,
é o arrecendo do chocolate que me facías
o que aínda perdura na miña memoria.
 
As tardes de choiva
diante da lareira, observando,
como a leña se consumía,
quedando só cinzas.
 
Tardes cheas de risos
pero tamén de anécdotas,
anécdotas cheas de vivenzas,
de vivenzas, e de recordos.
 
Encántanme as túas mans,
esas mans tan traballadoras
que nunca pararon,
para sacar á diante ós seus.
 
Foron os teus ollos
os que me viron medrar,
pero fuches ti
quen me axudaches a facelo.
CARLA 3º ESO
ICÍA 1º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201850
Onde aniña o teu estiticismo?
Oh, onde estiveches, filla miña?
Caín máis dunha vez na mesma pedra
Levanteime arrastrándome por un pobo sen xente
Loitei polo que quero e polo que me sinto orgullosa de
querer
Perdínme máis dunha vez no meu mundo
Subín un camiño de escalóns ata chegar as nubes
Vin un neno chorar sen razóns para facelo
Oh, onde aniña o teu esteticismo?
Que viches para defender os pilares do posible?
Vin un mundo de xente loitadora
Vin un neno loitando por sobrevivir
Vin un pai e un fillo na cidade sen teito
Vin unha muller coas mans baleiras que coñecía todas
as menciñas
Vin a aquel veciño saudándome cun sorriso todos os
días
Que oiches para estar tan segura?
Oín o susurro do río que sabe para onde vai
Oín o canto dos paxaros cada primaveira
Oín cantar aos nenos panxoliñas do nadal
Oín as multitudes reclamando esperanza
Oín nenos e nenas berrando por ser libres
Oh, a quen encontraches?
Encontrei a unha muller con callos nas mans loitando
por min
Encontrei pobos sen xente e con esperanza
Encontrei cidades con xente e sen esperanza
Encontrei ríos sen auga onde antes estaba cheo
Encontrei corredoiras que me susurran, sen saber que
dicir
Encontrei unha muller razoable e optimista
Insistirei no xesto que me anticipa
Persistirei no camiño do exemplo dos que me coidaron
Resistirei subindo o muro de pedra da vida
Desaparecerei se me apartan do meu camiño
Limparei aos que ensuxan o mundo
Loitarei polo que quero de verdade
ALBA 2º ESO
POSIBILIDADE SOLIDARIA
Porque segues coa bandeira da confianza?
Tropecei coa solidariedade sen fronteiras.
Berrei en silencio o que quería dicir.
Andei descalzo no medio de oito fragas
Perdinme na ourela do labirinto da xustiza.
Interroguei a luz da lúa chea para facer
visibles os destellos máis tenues.
E existe, e existe, e existe.
Existe a posibilidade solidaria.
Que viches para sentirte o outro?
Vin unha muller solidaria.
Vin un home suando para vivir.
Vin un neno fuxindo da guerra dos outros.
Vin unha nena tirada no chán sen vontade.
Vin un can fuxindo fuxindo do lume.
Vin unha casa arrasada polas lapas.
Vin unha persoa loitando polos demais.
E existe, e existe, e existe.
Existe a posibilidade solidaria.
Oín un home pedindo a liberdade.
Oín un neno chorando desconsolado.
Oín unha nena chamando pola nai.
Oín unha persoa berrándolle á inxustiza.
Oín unha canción chea de desigualdade.
Oín un berro dicíndolle non á guerra.
E existe, e existe, e existe.
Existe a posibilidade solidaria.
Que encontraches, para estar tan incrédulo?
Encontrei unha fraga chea de eucaliptos.
Encontrei un mundo cheo de guerras.
Encontrei desigualdades que non deben existir.
Encontrei unha Galicia case sen carballos.
Encontrei unha terra case sen auga.
Encontrei unha Galicia que parece Australia.
E existe, e existe, e existe.
Existe a posibilidade solidaria.
Que farás agora?
Insistirei ata conseguir a liberdade.
Persistirei no camiño da vida.
Resistirei ante a invasión do eucalipto.
Nunca desistirei a conseguir o meu soño.
XOEL 2º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 51
JONATAN 4º EP
BRAIS S. 4º EP
HUGO 4º EP
MATÍAS 4º EP
ESTELA 4º EPÓLIVER 3º EP
PABLO 3º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201852
HUMOR E ADIVIÑAS
ALUMN@S DE 3º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 53
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201854
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 55
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201856
ALUMN@S DE 4º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 57
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201858
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 59
Ao longo do curso @s alumn@s de Ed. Infantil probamos moitos instrumentos novos e ás veces
temos nas nosas mans algúns non tan habituais, como é o caso do hawaiano...
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201860
En música, ademais doutras moitas cousas, aprendemos a reciclar e respectar o medio ambiente:
facemos instrumentos con cousas que normalmente botamos ao lixo... e tocamos con eles!!
1º
2º
6º
4º
5º
6º INF.
3º
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 61
Ao longo deste curso tivemos unhas actuacións
musicais no cole de moi alto nivel!
O 6 de novembro de 2017 contamos coa pre-
senza do mestre Xavi Lozano, coñecido e reco-
ñecido en todo o mundo.
Cos seus “instrumentos” de vento con obxectos
cotiás sorprendeunos a todos. “Todo o que ten
un burato, soa”, di el.
E vaia si soaba: un ladrillo, unha escada, unha
roda dunha silla, todo tipo de tubos reciclados,
unha regadeira, ... en fin, un sinfín de marabi-
llas. Ademais do seu saber tamén nos deleitou
coa súa agradable compaña.
Volve pronto, Xavi!!
O 14 de decembro rimos a esgalla con Fran Rei e
Pedro Brandariz. Co seu espectáculo dos Sete Mag-
níficos baseado na música pasámolo pipa; non tiña-
mos tempo a descansar da risa.
LOLA 1º EP
O 16 de marzo e o 16
de abril, coma todos os
anos, asistimos a varios
concertos no Auditorio
de Galicia. Neste caso
a Banda Municipal de
Música de Santiago in-
terpretou un conto mu-
sical, lido polo autor e
proxectado nunha pan-
talla.
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201862
ICÍA 1º EP
O 27 de abril veu tocar Paco Nogueiras o seu Brin-
ca vai! A brincadeira foi considerable, Paco sempre
nolo fai pasar moi ben! Cantamos e bailamos duran-
te todo o concerto.
O 21 de maio Pakolas púxonos a todos en
pé e tamén nos fixo cantar as súas can-
cións. Un luxo de concertos!
O 1 de xuño as rapazas de O son que
me arroupa ensináronnos como é a rou-
pa tradicional, cantáronnos e fixéronnos
rir. Á dereita podedes ver as ovellas que
fixemos con piñas e algodón.
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 63
ATA SEMPRE!
Rosario Iglesias Méndez, mestra no centro dende o ano 2011
muda de destino. Non lle decimos adeus, senón ata logo, porque
aínda dende a distancia sempre estará connosco e sabemos que
sempre teremos un oco no seu “corazonciño”.
GRAZAS POR TODO E POR TANTO, COMPAÑEIRA. DESEXÁ-
MOSCHE O MELLOR PORQUE TI... MERÉCELO.
@s alumn@s de 5º e 6º fanlle unha entrevista.
1.	 Como te sentiches cando che deron no concurso?
Por unha parte, contenta porque xa non tiña que viaxar todos os días, pero por outra, triste porque
deixo aquí a todos os alumnos, ás familias e aos compañeiros cos que compartín durante sete anos
moi bos momentos.
2.	 A que xogabas de pequeña?
Naquela época gustábame saltar á corda, á goma, xogar á mariola, ás canicas, ao pano, ao marro,
ás escondidas, a ser mestra,…Eran todos xogos ao aire libre. E cando estaba mal tempo xogabamos
na casa ao parchís, á oca, ás cartas,…
3.	 Cando eras adolescente xa sabías o que querías estudar?
Sí, xa comecei a ter claro que quería ser mestra.
4.	 Volverías a escoller esta profesión?
Por suposto. É una profesión moi bonita que implica unha profunda vocación e unha enorme
responsabilidade xa que formamos a nenos e nenas coma vós, Tamén é moi gratificante porque
imos vendo como vos facedes máis autónomos, como ides superando obstáculos e progresando
nos diferentes ámbitos da vida.
5.	 Sabemos que vas para un cole de cidade. Botarás de menos a forma de ser dos rapaces
da aldea?
Moito. Na aldea a relación cos rapaces é máis estreita e cercana e a ensinanza moito máis
individualizada xa que hai menos alumnos por aula. Levo moitos anos aquí e pouco a pouco fun
colléndovos un cariño moi especial.
6. Ata agora. Cal foi a mellor etapa da túa vida?
Todas as etapas da vida teñen o seu encanto. Non podo decantarme por ningunha porque en cada
unha vivín momentos moi doces.
7. Cal é a tarefa que máis che aburre?
No que se refire ao meu labor profesional, o que menos me gusta son as tarefas burocráticas como
facer os informes ou as programacións.
8. Que acostumas facer no teu tempo libre?
Durante o meu tempo libre acostumo a pasear, ler, ir ao cine,…E como son moi familiar o que máis
me gusta é estar o maior tempo posible coa miña familia.
9. En qué lugar transcurrirían as túas vacacións preferidas?
Encántame viaxar e fai tempo que teño ganas de coñecer algún país do sudeste asiático como
Vietnam, Camboia ouTailandia.
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201864
ATA SEMPRE!
Son países cunha historia, unha cultura, unha gastronomía e unhas paisaxes moi diferentes as
nosas e por iso me apetece coñecelos.
10. Que cousas aprecias máis dunha persoa?
Sobre todo valoro moito a sinceridade, a honestidade e a responsabilidade.
11. Cal é a túa comida preferida?
Gústame comer de todo: carne, peixe, verduras, froitas, pasta, pizza… Non hai nada que non me
guste ou que diga isto non o como, pero se hai que escoller unha comida creo que sería a paella
mixta, feita con polo e marisco. Está riquísima!!
12. Poderías recomendarnos un libro?
Hai moitos libros interesantes pero gustaríame recomendarvos “O Quixote” de Miguel de Cervantes,
non o orixinal porque de momento non o entenderiades, pero sí que hai algunha adaptación moi
boa para a vosa idade. Creo que é un gran libro, nel aparecen reflictidos moitos valores importantes
para a vida como a defensa do débil, a amizade, que non sempre nos entenden os que nos rodean
pero que hai que perseguir os nosos soños e caer mil veces para erguernos outras mil.
13. Que valores botas de menos na actualidade que existían antes?
O respecto aos demais é un dos valores máis importantes na vida. Implica aprecio, recoñecemento,
tolerancia hacia outras ideas, opinións e maneiras de ser. Mellorar neste ámbito é algo indispensable
para unha convivencia sana dentro da sociedade.
14. Tes algunha persoa da que che coste especialmente despedirte?
Non podo escoller a ninguén en concreto, con todos teño moi boa relación, tanto cos alumnos como
cos compañeiros. Téñolles un gran aprecio e respecto e vou botalos a todos moito de menos.
15. Danos un último consello.
O mellor consello que vos podo dar é que estudedes. Na vida hai tempo para xogar e para divertirse,
pero tamén hai que dedicar un tempo a estudar porque ese é o voso traballo agora e a vosa
obligación. Despois chegan as vacacións e o tempo libre no que podedes disfrutar e pasalo xenial
cos vosos amigos.
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 65
ATA SEMPRE!
DESPEDIDA - 4º ESO
Aínda que nos parecía que este momento non ía chegar, aquí estamos, despois de 13 anos en Ponte Carreira,
tócanos despedirnos. Nós queremos introducir unha nota distinta de cor a esta despedida; igual que Ferrín,
incluímos a toda a comunidade, por iso imos dar unas pinceladas dos principais recordos desta viaxe.
A Suso, recordarémolo por ese cheiro a herba recén cortada cando saímos ao recreo, por traernos moreas de
pan día tras día ou por aguantar o “Suso feliz ano “ todos os días; a Eugenia por axudarnos dende o punto
de enviar un poema a un concurso ata a aconsellarnos polo noso ben ; a María e a Maruja por facernos
13 anos unha comida boísima ; a Rosalía, por meternos na cabeza que hai oito clases de palabras, por non
entendernos cando falamos galego nas clases de castelán ou por arruinar a María comprando mazáns; a
Laurence, por preguntarlle milleiros de veces polo cantante de “Papaute” ; a David, por esas risas de cando
nos queimamos coa silicona ou por aguantar obsesións de algúns co número “ 7 “; a Anxo , polo seu humor
e por predecir mortes de millóns de chinos nos últimos minutos de clase; a Salomé, pola súa paciencia ao
deixarnos ir pola chaqueta á clase e por traducirnos as letras de milleiros de cancións ; a Gema, por esas
liñas perfectas da circunferencia e por todos os vídeos e contas de Pinterest que vimos no seu Ipad; a Jorge,
por ese olor a café, polas camisetas da festa da Carixa e polas súas palabras de Merza entre as que destaca
“ xuegho “; a Fefa , pola frase de “repetiréivolo as veces que faga falta“; a Luísa Calvo por todas as leis de
Mendel, a súa admiración á natureza, aos seus cabalos e por todas ass excursións pola costa que fixemos con
ela; a Pepa, polas súas risas inesperadas e a entrega das autorizacións a tempo; a Arosa, por todas as gardas
que nos acompañou e todos os “axúdovos cando queirades” ; a Loló por inculcarnos a historia a través de
presentacións de SlideShare; a Fina por aconsellarnos en todo o que puido, por darnos valor aos rapaces
da aldea e pola paixón á literatura galega; a Chus, por eses comentarios de gañáns ao acabar de ver unha
película de medo ; a Rubén polo “ venga a calentar … “ e polos seus pasos de baile que practicaremos moitos
veráns nas festas do pobo; e a Luísa Losada por axudarnos a decidir ou orientarnos no noso futuro laboral.
Queremos recordar tamén a aqueles profesores que xa non están, entre aos que destacamos a “ Don”
Antonio, e o seu afán por que todo nos vaia ben e a María por ese “ A ducharvos “.
Ademáis, queremos das as gracias aos profes de primaria que foros os que nos inculcaron as bases principais
e nos fixeron disfrutar tanto en clases, anos atrás ou actualmente en tantos festivais e actividades que nos
organizaron.
Pero sen dúbida, o mellor destes 13 anos foi a relación con todos os compañeiros que nos acompañaron ao
longo desta etapa. Esta, foi a principal causa para levantarnos día a día con forza para enfrontar un novo día.
Gracias a todos os que algún día vos cruzastes con nós neste camiño , e ata sempre Ponte Carreira.
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201866
ATA SEMPRE!
TODO TAMBALEA
Encantados de cantar
tócalle á boca falar
os ollos han de sorrir
os xeonllos han bailar.
Non toca laio de ausencias
celébranse hoxe presenzas
que mañá serán fulgor
no sendeiro do futuro.
Foi como un soño do Tambre
somos ilusión de seguir
oímos cantar o grilo
resistiremos o porvir.
Foi este tempo aqui
un abrioiar de abril
ao ar abrímoslle os brazos
con azos de adolescencia.
Na ledicia fixemos niño
no camiño fixemos día 
sexa a tarde testemuña 
de noites sen covardía. 
Foi como un soño  do Tambre
somos ilusión de seguir
oímos cantar o grilo
resistiremos o porvir.
Das aulas salvamos a maxia
rompeu a fiestra a poesía
botellas foron cohetes
inocentes cambadelas
esguinces traicioeiras
uchas-moscas en anacos
azares do día do bico
florecemos na xeira
onde todo tambalea.
Foi como un soño do Tambre
somos ilusión de seguir
oímos cantar o grilo
resistiremos o porvir.
Somos oito,somos grupo
somos golpe de carneiro
somos flecha de centauras
somos ternura de fraga
somos ánades de río
somos dos cíngaros lume
festexarannos en vida
como gol de Enhiesta en porfía .
4º ESO: Lucía, Alba, Nerea, Judith, Andrea,
Gonzalo, Xoán, Manuel
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 67
OS NOSOS AVÓS
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201868
OS NOSOS AVÓS
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 69
OS NOSOS AVÓS
CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201870
A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018

More Related Content

What's hot

Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)monadela
 
XVI certame de poesía e imaxe - poemas
XVI certame de poesía e imaxe -  poemasXVI certame de poesía e imaxe -  poemas
XVI certame de poesía e imaxe - poemascenlf
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obramonadela
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Manuel Busto
 
Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011marisadc2
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaReme Rbm
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Valentin Paz Andrade
Valentin Paz AndradeValentin Paz Andrade
Valentin Paz Andradepepebrasil
 

What's hot (15)

Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
 
XVI certame de poesía e imaxe - poemas
XVI certame de poesía e imaxe -  poemasXVI certame de poesía e imaxe -  poemas
XVI certame de poesía e imaxe - poemas
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Literatura medieval
Literatura medievalLiteratura medieval
Literatura medieval
 
Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011Lois pereiro. letras galegas 2011
Lois pereiro. letras galegas 2011
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Valentin Paz Andrade
Valentin Paz AndradeValentin Paz Andrade
Valentin Paz Andrade
 

Similar to A voz da escola. Curso 2017 2018

Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfDiana Sánchez
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016Diana Sánchez
 
A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017Diana Sánchez
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013trasnoparoleiro
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Diana Sánchez
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40xurxobou
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 39
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 39xurxobou
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015radiorasca
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)satelite1
 
Programa Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 Pontevedra
Programa Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 PontevedraPrograma Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 Pontevedra
Programa Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 PontevedraStf
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010Jose García
 

Similar to A voz da escola. Curso 2017 2018 (20)

Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016
 
A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Lagartiño nº14 2014
Lagartiño nº14 2014Lagartiño nº14 2014
Lagartiño nº14 2014
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 39
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 39
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
 
Programa Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 Pontevedra
Programa Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 PontevedraPrograma Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 Pontevedra
Programa Salón Libro Infantil e Xuvenil 2017 Pontevedra
 
Quero agradecer
Quero agradecerQuero agradecer
Quero agradecer
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010Boletín Nadal 2010
Boletín Nadal 2010
 

More from Diana Sánchez

PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfDiana Sánchez
 
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdfBENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdfDiana Sánchez
 
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021Diana Sánchez
 
A voz da escola. Curso 2011 2012
A voz da escola. Curso  2011 2012A voz da escola. Curso  2011 2012
A voz da escola. Curso 2011 2012Diana Sánchez
 
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADESRECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADESDiana Sánchez
 
CATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSOCATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSODiana Sánchez
 
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019Diana Sánchez
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015Diana Sánchez
 
Proxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anosProxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anosDiana Sánchez
 
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?Diana Sánchez
 

More from Diana Sánchez (11)

PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
 
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdfBENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
 
Benvidos á escola.
Benvidos á escola.Benvidos á escola.
Benvidos á escola.
 
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
 
A voz da escola. Curso 2011 2012
A voz da escola. Curso  2011 2012A voz da escola. Curso  2011 2012
A voz da escola. Curso 2011 2012
 
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADESRECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
 
CATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSOCATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSO
 
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
Proxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anosProxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anos
 
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
 

A voz da escola. Curso 2017 2018

  • 1.
  • 2.
  • 3. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 3 EDICIÓN: Equipo de Dinamización da Lingua Galega COORDINACIÓN: Diana, Bea e Arosa COLABORACIÓN: Equipo docente e Alumn@s do CPI Ponte Carreira MAQUETADO: Fran López DEBUXO PORTADA: Laura (4º EP) e Xoel (2º ESO) IMPRESIÓN: Artes Gráficas LUGAMI (Betanzos) Caras novas Resumo do curso Robótica Xornada de benvida Festas do outono Carreira Solidaria Nadal EDLG Día da Paz Visitounos... Vagalumes Taller literario Entroido Cartas de amor ANPA O cole na rede Deportes Banda Deseñada Estes somos nós Saídas Letras Galegas Troitas en verso Humor Dende a biblio Novas Música Ata sempre Os nosos avós Os que nos deixan 4 5 6 7 8 10 11 13 15 16 17 22 27 29 30 31 32 34 36 39 43 47 51 52 56 59 63 67 70 XA CHEGOU!! XA ESTÁ AQUÍ!! Un número máis da nosa revista!! Con ela pechamos outro curso e ofre- cémosvos una mostra representativa do traballo que, día a día, conseguimos facer entre todos: alumn@s, mestres, profesores, familias e persoal do centro. Agardo que saboreedes con calma e con gusto estas páxinas, onde latexan momentos inesquecibles do curso que xa se nos vai. Están cheas de ilusións, crea- tividade, traballo, risas, colaboración, respecto,… E por elas camiñan os homes e mulleres do futuro - o alumnado-, que son, en definitiva, o que dá sentido ao noso traballo. Eles fan que cada día che- guemos ao colexio e entremos na aula cheosdeproxectoseilusiónsequeonoso empeño por mellorar siga medrando. Non podo rematar sen facer especial lembranza de varios compañeiros que se nos van; Charo Iglesias e Rosalía agradecémosvos o voso traballo e adi- cación ao centro durante tantos anos e desexámosvos moita sorte na futu- ra singladura. Laura, Kika, Rubén e Sergio, non esqueceremos as pegadas que deixades no centro. Por suposto, tamén do alumnado que nos deixa; a eles enviámoslles os nosos mellores desexos para a nova viaxe que em- prenden. A todos eles… “deica loguiño”. O VERÁN AGÁRDANOS; NON O DEIXEDES ESCAPAR!!! BOAS VACACIÓNS!! Diana
  • 4. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/20184
  • 5. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 5 RESUMO DO CURSO
  • 6. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/20186 Este curso @s alumn@s de 3º e 4º de Prima- ria embarcámonos nun novo proxecto que nos achega ao futuro máis inmediato: a robótica. A consellería dotounos de 6 robots modelo Mbot cos que traballamos na sesión de TICs. Andar cos robots non é tan doado! Temos que progra- gramalos no computador, montalos dende cero e ás veces acoplarlles estructuras e diversos sensores e acce- sorios.
  • 7. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 7
  • 8. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/20188
  • 9. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 9
  • 10. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201810
  • 11. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 11
  • 12. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201812
  • 13. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 13
  • 14. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201814
  • 15. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 15 DÍA DA PAZ
  • 16. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201816 ANXO CARRACEDO O pasado 19 de Febreiro, os alumnos, familiares e o persoal do centro, tivemos o pracer de recibir no noso colexio, ao D. Anxo Carracedo, un dos nomes máis destacados da ciencia en Galicia. Este, exerce a docencia na Universidade de Compostela, e é catedrático e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago e da Fundación Galega de Medicina Xenómica. AnxoCarracedo,apartedepolassúasgrandesinvestigacións, destaca tamén pola súa humildade e sencillez, ao mesmo tempo que por ser unha persoa aberta e preocupada polo futuro dos máis novos. Dende o comezo, cando os alumnos de 4º de ESO decidimos contactar con el mediante correos electrónicos para propoñerlle a invitación ao centro, facilitounos e puxo todos os medios posibles para poder visitarnos; a pesar de ter unha axenda impresionante, principalmente ocupada por viaxes de traballo, conferencias e reunións, intentou buscar un oco para poder vir a Ponte Carreira; o que demostra que Anxo Carracedo é unha persoa comprometida co seu traballo, e que cre na xuventude. En definitiva, un día interesante no que aprendemos, rimos e intentamos entender algo do noso libro (como Carracedo se refire ao ADN). Un día que pasará á historia do centro. 4º ESO                                                                                                     Ningúen se suicidou desde a altura dun soño. Ansia en alma atenta sulcas o ribosoma do outono e na adenosina do futuro entreves, da  humanidade ,a primavera. Nau núa, en océanos incertos,con norte claro buceas os fondos e habitas o inédito. Xen es en ADN de xunco fecundo, Oase de luz no país dos faros negados, Cantas as bases e nas encrucilladas sinápticas Atravesas o eco da alquimia da historia, Ronseis de incógnitas persegues,inquerindo,teimoso As pegadas lizgairas que achegan distancias, Cerne das túas horas o imperio da verdade Espellea a embriaguez do autoexilio, Druída anacrónico en tempos desdibuxados Outeas o ruído e escancias en ouro as verdades que en  íntima cadencia  para a humanidade desgranas.                     Desde a aula de cuarto,coordenada noreste,        en sintonía, para sempre. FINA VISITOUNOS...
  • 17. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 17
  • 18. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201818
  • 19. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 19
  • 20. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201820
  • 21. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 21
  • 22. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201822 ALUMN@S DE 1º EP
  • 23. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 23
  • 24. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201824 A VIDA Desaparece a xente en luz de inverno, incapaz de traspasar a gasa do calor azul. Eu non sei saír do vidro derretido de agosto, cando setembro chega ao mundo por debaixo do mar. O mar é unha parede de luz negra, un vidro visceral aberto á noite das fronteiras sen fondo. Eu non regreso non sei regresar a aquelas dunas. Aquelas dunas que rodeaban o meu corpo no verán. Non quero esquecer nunca aquel que foi meu corpo e non consigo reconstruír. Eu non regreso. Hai bocas ocultas por onde se accede á outra historia dos días, vidas arredor que non nos tocan nunca. Eu non regreso. Parece que foi onte, será sempre. LORENA 3º ESO SEMPRE CORPO E COSMO Esa marea en acción, que crea terra nova, co compás nos pasos e o equilibrio en danza que todas somos. As mans xuntas da unidade formada, con pasos acompasados sen máis mortes levadas no sangue. Segredo da vida que temos nas mans, na memoria, na alma. Xa non máis inxustizas, xa lexislamos nós, xa escoitamos nós, xa plantamos cara nós. Creamos poder e unión, ilusión e soños, podemos e debemos, por nós, por ti. NURIA 3º ESO SÍSANNOS Róubannos, o futuro e as oportunidades. Róubannos todo. Os soños incumpridos, as inxustizas. TODO! Todo desaparece, ata a luz do serán. Xente que emigra ás cidades. Pobos desertos, onde a negra luz escoa e deixa un silencio de palla seca. Onte é e onte será. MARÍA 3º ESO ALMOFADA Soñámoste na pulsión contrariada na estulticia programada dos adultos na vixía impenitente dos incultos añoramoste en primavera negada. Refugamoste no San Miguel na cacharela meiga do San Xoán na festa do Carme en pleno verán. Monólogo silente de horas sen luz que aloumiñas o rostro derrotado e no orballo do mencer doras a uz. Compañeira que mudas coa idade repouso ou desacougo que es estasiandos ou insomnes de realidade. PAULA 2º ESO Tou, tou Tou, tou o noso futuro só un urro un monólogo oscuro, torto morto, con futuro. Os golfiños 2º ESO Galiza Illa nai arxila inicial aínda masa alba araña altiva bailarina na mañá sin silvas calamar na liña imán na danza irmanada na dita alma amiga na man antiga. Os golfiños 2º ESO
  • 25. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 25 Dende o cimo imposible, soñando a esperanza, queremos: I. Un único mundo nas proximidades do ecuador. II. Nin norte nin sur , unha aldea pizza. III. Un nó grande de vinbio para atar a vida. IV. Un ser human@ nov@. V. Un mundo donde non nos afoguen as miñocas. VI. Un mundo de persoas interconectadas sin fronteiras. VII. Un mundo donde o female and male sea igual de importante. VIII. Só un consumo necesario e natural. IX. Uso moderado de enerxía. X. Valor individual para asumir obstáculos. 1º ESO Néboa(Anxo) Nube caída Que tapa a visión Nubla os ollos Haiku(Matías) Un haiku blanco O meu non empezado Só perfección Árbore nun precipicio(Anxo) Ramas torcidas Núa árbore caída Ten moitas dores kx2(A duas mans:Anxo,Matías) A liberación A expulsión humana Algo natural Neve(Cristina) Neve nos campos Auga cruzando ríos Sábese moi fría Atletismo(Enma) Pista dos soños Gáñase ou pérdese Feliz sairás A praia(Alejandro) Aquela praia Tranquilidade do sol Amor pa´sempre. Semáforo(Diana) Un semáforo Onde só con tres cores Vixián a vida Carballo(Alejandro) Este carballo Fixo sangue en nome Alex Carballo Verán(Alejandro) Calor de verán Ilusión de tempo lento Falsa ilusión Barquiño(Diana) Nese barquiño De papel está feito Ando viaxando 1º ESO NOELIA 1º EP
  • 26. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201826 HIMNO  A FRADES Que acala o vetusto Tambre no pasmo dos pescadores luminoso mundo que foi hoxe tamén ameazado xa sen deslices prateado desdicindo o riseiro abril no crepúsculo calado do que son ben sabedores? Quen dos túrbidos escuadróns  de eucaliptos nestes eidos aínda non se espanta vendo minguar a auga do caudal que eles obstrúen o legado destruíndo  erosión das cicatrices das terras do mañá prestadas? Quen sabe do eco deixado no rumorosos estalido da pátina  do faiado que  garda remorsos de amor segredos-luz-familia danza dourada de pó nos recunchos das estancias do derradeiro adeus? Quen añora   nas meniñas aquela ledicia incauta aquela natural confianza aquela axilidade esquiva da hoxe extinta lebre moradora no pasado das ágoras-corredoiras ignorando o seu sino? Que empuxa e agoira este éxodo  masivo de  mocidade excelsa que o inmobilismo afoga que en folgos  arde mans  núas en matria sitiada e talento ignorado desta páxina  roubada? Que escuro enigma agochan quen en garrida viaxe a súa terra regresa que inconfeso olor os guia que voces,sabores,imaxes ferven no tiro da cociña rescoldos da   memoria que ao regreso obrigan? Que fatal lei do canto bard@s airad@s levanta contra o illamento forzoso contra o baleiro social con camiños sen xentes con xentes sen  saúde coa esperanza exiliada desta terra de fartura? Que estro urxente nos xungue cada quen  súa  dor esconde fixo cama de seu a derrota mentiras foron berce da vida postergada do valioso degradado escándalo  dos antergos  e nos seus fillos rebeldía?  -A impotencia dos ben nados a codicia dos covardes a comunidade vencida a ignorancia inducida o exterminio programado a ruda que resiste a urxencia do presente a impronta da nai sempre. -Son todas esas respostas que marcan  un novo mapa sacan do tiro as voces desoen paraísos fatuos levan saberes nas mans levan na alma candeas queren  a unión de todos xuntos  son quen de avanzar. -Cómpre nas mans a historia decencia traballo verdade só apostas seguras só o saber dos mellores áncoras sementando soñemos  itinerarios no norte , a especie e os nosos soños humanos. País-vida-imán a incerteza has sulcar! A troita desova cara arriba, cara arriba? 3º ESO NON QUERO ALMORZAR Xa sei que cando tiñas 14 anos coma min eras moi espelida, cumplidora, responsable eficaz, que ías coas vacas que tiñas, que ías as fresas, que facías as camas, que ías sachar á horta, que facías a comida… O que tí non sabes é que estou farta de ter o cu pegado á cadeira 12 horas, de ser 12 horas ouvidos atentos boca calada, ollos que non poden mirar, pés quietos, brazos obedientes, lingua negada, corazón contido, cabeza es- bourada, ilusións apagadas, plans non verbalizados, soños inconfesos, mensaxes que doen, problemas que non che vou contar. Xa sei que son un pouco estúpida, que fago dramas dun gran de area, que me podo preocupar máis do meu pelo graso ao teu dor de cadrís, o meu gran da fronte que as túas horas de traballo. Has disculparme porque non me enteiro dos teus cambios porque me sobran os meus, que non provoco, non xestiono e que non entendo e que o sufro as 24 horas. Son 24 horas de cambio sen cambio. Neste cambio sen cambio teñen que coller a maiores programas de 12 asinaturas onde os programas non contemplan o meu cambio. Son lento, torpe, cabezota porque medro cada día, por- que extraño este corpo no que desperto cada día, porque teño que desoír as miñas apetencias de liberdade que son clamor, tamen postergado e detrás do que non pode correr. Tí tes presa porque estás no teu proxecto, ti corres detrás das túas cousas, das cousas que ti elixiches. Claro que amin non me escolliches. Xa sei que non son como túas sobriñas, como as fillas das veciñas. A túa filla que son “eu” e din que se che parece, has saber que ten algo que non é coma ti e está nacendo. Non teño nin idea quen serei, pero sei que non sei moi ben quen son. Non vou deixar o móbil, ofrécem conver- sacións tops, faime sentir que hai outros e outras coma min. Tamén están no móbil os deberes, as conferencias Ted, a Biblioteca virtual galega. Miro a televisión para disimular, para pensar no que me a gaña sin contestarche mentres pensa que escoito. Eu non teño culpa de ter tan pouco apetitio, tan poucas ganas de incorporarme á rutina. Non teño fame e non vou almorzar! 2º ESO
  • 27. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 27
  • 28. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201828
  • 29. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 29 ELENA 4º EP XOÁN 4º ESO LUCÍA 4º ESO
  • 30. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201830 MATÍAS 4º EP ANTÍA 5º EP LAURA 4º EP NOELIA 1º EP
  • 31. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 31
  • 32. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201832
  • 33. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 33 O departamento de Educación Física, segue a colaborar co Proxecto Deportivo de Centro desde varios ámbitos: - Inscribindo e acompañando ao alumnado na actividade deportiva Campo a través celebrado en Pré- saras. Debemos destacar que varios equipos e atletas individuais quedaron clasificados para a seguin- te fase que se celebrou en Santiago de Compostela. Tres nenos posteriormente chegaron o campio- nato provincial ACEA DA MA en Culleredo e ademais, a nosa alumna Enma (5º Primaria) clasificouse para o campionato galego da Pobra do Caramiñal. A todos os que participaron os nosos parabéns!!! - Incentivando a participación do noso alumnado en probas, competicións e campionatos como a V CARREIRA POPULAR DE FRADES na que moitos dos nosos alumnos e alumnas tamén tiveron uns re- sultados moi bos. - Promocionando e divulgando xogos populares, tradicionais e autóctonos, con actividades vinculadas con este tipo de xogos nos tempos de lecer e ofrecendo materiais variados ao alumnado para a súa práctica. - Organizando campionatos deportivos nos recreos en distintos deportes, como bádminton, fútbol, baloncesto, atletismo e floorball. - Participando na Carreira Solidaria e no Día do Peón. - Promovendo a participación do alumnado en actividades físicas e deportivas extraescolares, organi- zadas pola ANPA ou polos Concellos. - Informando ao alumnado de novas da actualidade relacionadas coa actividade física, co fin de dar a coñecer os valores que se promoven coa práctica física e deportiva. - Este ano participamos tamén en DAFIS e valoramos a saúde de todo o alumnado do centro de 8 anos ou máis. Parabéns pola vosa participación en todas estas actividades e continuade practicando moito deporte!!!!! SEGUÍDENOS NO BLOGUE DEPORTE NA PONTE!!! http://deportenaponte.blogspot.com.es
  • 34. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201834
  • 35. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 35
  • 36. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201836
  • 37. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 37 3º/4º Ed. Primaria
  • 38. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201838
  • 39. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 39 SAÍDAS CULTURAIS
  • 40. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201840 SAÍDAS CULTURAIS
  • 41. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 41 SAÍDAS CULTURAIS Destino Madrid O día 20 de abril embarcámonos nunha viaxe que todos nós, os alumnos de 3º de E.S.O. deste centro salvo Pablo Uzal, que por ter vivido una experiencia similar prefireu non acompañarnos, sabíamos como comezaba pero non como ía rematar. Xunto con máis escolas acordamos reunirnos dito día ás 8 da maña no IES de Melide, dende onde partimos en dirección a Madrid. Durante as dúas primeiras horas o autobús inundouse por completo de risas, conversas e cancións que nos uniron nun mesmo ritmo. A primeira parada foi en Lugo, onde almorzamos e esperamos aos nosos acompañantes nados nese lugar que, tras 45 minutos, chegaron a nós.Tras un par de horas volvimos a retrasar a nosa viiaxe para comer en Castela. Feito isto, arredor das tres da tarde continuamos pola carretera.Por fin, ás 4 alcanzamos o noso destino, recollemos a una guía e, sobre rodas, contemplamos os lugares máis emblemáticos da cidade. Chegou a hora de pisar terra e percorrer Madrid comezando pola Catedral da Almudena. Observamos una vez tras outra a fermosura da capital e imaxinamos as historias das xentes e de como serían as súas vidas nesa zona.Tras visitar ao padre Ángel poidemos desfrutar dun pouco de liberdade, fomos ao Starbucks,a tenda do Real Madrid e ao McDonalds.Despois de cear e correr ata máis non poder por medo a non chegar a tempo ao lugar de reunión cos demais, fómonos para o hotel.Alí as ganas de dormir eran escasas e dedicámonos a conversar con persoas de diferentes lugares ata que o sono nos venceu. Ao día seguinte, 21 de abril, tras almorzar encamiñámonos ao parque Warner onde tuvemos una xornada completa de alegría, ilusión e maxia. As seis da tarde tocaba volver, despedímonos de Madrid xa cansos da nosa estreada liberdade temporal e dixemos ata pronto, pois un adeus era moi rotundo e forte xa que non queríamos cerrar este capítulo das nosas vidas. EXCURSIÓN A MALLORCA Os alumnos e alumnas de 4º ESO escollemos Mallorca como destino da nosa excursión de fin de curso. Alí pasamos seis días irrepetibles, cheos de risas, ilusións, paseos,... Os momentos que vivirmos compensaron a longa espera antes da excursións, e aquí contámosvos algúns deles. Por suposto, o primeiro foi a viaxe en avións, para algúns unha experiencias que nunca viviran. Levemos unha pequena decepcións ao ver que alí o tempo non era especialmente bo, así que decidimos empregar ese día para instalarnos no hotel e coñecer a zona. E despois desa tarde involvidable, chegou o segundo día. Esperábanos un tour por toda a illa, cheo de sorpresas. Visitamos Inca, a Serra de Tramontana, e formos en barco dende A Calobra ata o Porte de Sóller. As vistas eran inmellorables, pero a viaxe no tranvía e no Tren de Soller ofrecéronnos panormámicas aínda máis impresionantes. Chegamos cansos ao hotel, pero non faltaron os baños na piscina, que continuarían o próximo día no Aqualanda. Alí pasamos momentos de risa, tamén un pouco de medo, de adrenalina,... Non nos quedou unha soa atracción pola que pasar, nin tampouco desaproveitamos o calor que ansiabamos con tantas ganas. E o cansazo non poido con nós, que seguimos desfrutanto ata o próximo día, onde visitamos as Covas do Drach.
  • 42. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201842 SAÍDAS CULTURAIS Non nos impresionaron soamente as propias covas, senón tamén o concerto ao que asistimos nun lugar tan peculiar. Logo desta visita, a nosa galería estaba chea de fotos que puidemos completar ao día seguinte, con máis panorámicas do Palacio da Almudaina ou do Castillo de Bellver. A parte de todas estas visitar, non faltaron as partidas de villar, os paseos pola praia, as rutas en bicicleta, os chapuzóns inigualables, as risas esgotadoras, as comidas e picnic peculiares, a xente coa que mellorar o noso inglés,... En resumo, momentos que fixeron que as expectativas que tiñamos con esta excursión a Mallorca se cumpriran, e moito. VISITAMOS LAXE Foí o día 18, un venres, agardabamos ilusos unha temperatura  adecuada para achegármonos á Cos- ta Da Morte, pero, incautos de nós, non contabamos coa cita do Nordés. Saímos puntuais ás 8’40, o autobús era pequeno e incómodo, batiamos cos xeonllos no respaldo dos asentos. Non nos to- cara ese día gozar das últimas adquisicións dos Grabanxa. Collemos a nacional e cruzamos Bergan- tiños polo interior, os rumorosos ese día non nos dixeron gran cousa. Somos do interior e case nos ma- reamos. En Laxe recibíronnos dous traballadores de protección civil e conducíronnos a Traba, porque malia ser rede natura este topónimo non figura en ningún indicador. Desde Traba iniciarmos o paseo a Soesto guiados por un deles (Paco, o Fuxulo) ,pescador tamén de corazón e oficio. Foinos explicando en cada cala os segredos que só os lugareños coñecen, ao tempo que nos mostraba a riqueza desta costa. Falounos do valor das algas non só como alimento, senón tamén como base de medi- camentos en laboratorio. No percorrido tamén nos fixo o retrato do pescador, un home que sabe ler a hora, o día e as correntes para ir coller ao lugar exacto to peixe preciso. Non hai marxe para a dúbida. O seu é un saber basado na observación, riguroso, case matemático. Explicounos como se recollían as chalanas cando había temporal, o alto custo dunha embarcación.....Fixo historia falándonos de si e da súa adolescencia. Seica aos nosos anos, as súas mans eran un único calo de tanto remar , non sendo quen de pechalas. Tamén nos mostrou un lugar idílico, un lugar que invita á intimidade e ao es- quezo do mundo. Non te ven desde ningures. Trátase da praia dos namorados. Mostrouse preocupado por ese seu saber que se perdía e que xa non coñe- cía nin a mocidade de Laxe. Fixemos o tramo Traba - Soesto como unha in- mersión na eternidade,como un paseo mar adentro cos pés en terra. A bei- ra, sempre o inquedante alento atlántico. Ás dúas tocou baño , só os máis destemidos se animaron,o Nordés disuadia. Veu logo a comida fraternal ,a convivencia exemplar,os xogos. A xerarquía funcionou. Ali estaba Gonzalo cortando pan, Xan separando as lonxas de xamón, Andrea troceando a empanada, Lucía cuidando de que tod@s comesen. Saberiamos sobrevivir xuntos. Fóra da casa somos familia. Somos os nenos da Ponte,que dirían os profes de Primaria. Non faltou o paseo polo pobo, a visita ao museo e á igrexa e, xa, o retorno. Álex,co mareo na memoria , Maria cos pés desfeitos. Sen a memoria do baño, non costou tanto volver ao interior. Incluso soñamos unha excursión ao Caurel, a Allariz, as Médulas. As Cíes seguen a ser reclamo. O día vivido todos xuntos, pese ao Nordés, foi perfecto.
  • 43. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 43
  • 44. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201844
  • 45. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 45
  • 46. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201846
  • 47. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 47 ELBA 1º EP LORENA 3º ESO XOEL 4º EP
  • 48. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201848 MIRA COMO O FAGO! Ou donde estiveches, para estar tan triste, filla miña? Ou donde estiveches, querida miña? Tropecei coa necidade programada Souben pisar a broma insulsa Rompín a estructura hermética para respirar aire puro Andei descalza no medio de 7 fragas trasvesti- das en eucalipto Perdinme na aurela do océano sanguento Alceime por riba das estrelas para saberme como elas pó estrelar E ten coraxe, ten coraxe, ten coraxe Ten coraxe sempre o meu paso Ou que viches, para ter a madeira de deportista, filla miña? Ou que viches, filla miña? Vin aquel home arremangado mollándose por min Vin unha muller coa columna eivada dobrarse por min Vin un neno dándome bicos chorando por min Vinte avoa tirándote á piscina sen saber nadar por min Vin aquel avó saltar na corredoira por min Vin os abrazos da miña veciña aupándome no aire, sorrindome a min Vinvos padriños vermellos do cansancio e co- rrendo polo prado trás nós, por min E ten coraxe, ten coraxe, ten coraxe Ten coraxe sempre o meu paso Ou que oiches para ser tan segura, filla miña? Ou que oiches, querida miña? Oín o susurro do río que sabe para donde vai Oín as follas dos carballos sabéndose despedir Oín  a caída da choiva cada inverno ao lado do lume Oín o rumor dos paxaros cada primavera Oín voces dándome conforto para seguir adiante Oín pasos firmes cambiando o futuro Oín aos meus profes decir:”podedes con isto e con mais “ E ten coraxe, ten coraxe, ten coraxe Ten coraxe sempre o meu paso Ou a quen encontraches para ser resistente, filla miña? Ou a quen encontraches, querida miña? Encontrei aquel home con callos nas mans em- puxándome para diante Encontrei aquela muller alzandome nos brazos decíndome que non pasaba nada Encontrei camiños con pisadas rexas falando do traballo Encontrei tardes de sol roubadas sen poder desfrutar Encontrei a miña nai dando ovos, pero as mans eran súas Encontrei a unha avoa levantando a copa por un ano novo E ten coraxe, ten coraxe, ten coraxe Ten coraxe sempre o meu paso Que farás ahora filla miña? Que farás querida miña? Insistirei na man que na acción ferve Persistirei no trazado que eu soñei Resistirei as pedras no camiño con ollos caídos Desistirei ante alguén que me empide apartar do camiño escollido.                                  SONIA 2º ESO PAULA 2º ESO
  • 49. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 49 OPORTUNIDADES CON ARTISTAS Cal é o segredo que empuxa do teu santo? Cal é o segredo que empuxa do teu santo? Mantime calada de pe estuven  de pé fronte ao non dos camiños. Andei descalza no medio de un laberinto verde Transistei co camiñar das nubes cos ventos amigos Por eso sei que aristas se cruzan Por eso sei das arista, aristas se cruzan Que viches ti para querer loitar? Vin aquela muller dando todo por min. Vin ese home mollado para quentarme. Vin aquela meniña agasallandome sorisas. Vin esa irmá estudando ao meu lado. Vin ese irmán marchando para traballar por min. Vin a esa nena dando o primer paso. Vin a unha familia loitando por min. Que oiches para ser tan loitadora? Oín:”ti podes ser o que queiras” Oín as follas dos castaños chamando por min. Oín a caída da choiva no inverno Oín  o rumor de cada primavera Oín a xente  decindo que se podia con todo Oín as voces confiadas Oín a xente falando de  que non habia oportunidades. A quen encontraches para ser loitadora? Encontrei a unha muller axudándome Encontrei a ese home bailando cos amigos Encontrei a ese home e a esa muller xogando ao meu lado Encontrei a esa meniña despertándome  pa xogar Encontrei a esa irmá alzándome no colo Encontrei a unha avoa dándome de comer Encontrei a unha muller  con oportunidades Por eso sei que aristas se cruzan Por eso sei das arista, aristas se cruzan Que farás ti para loitar? Que faras ti, miña loitadora? Vou xunto esa familia Irei polo mundo enteiro estudando Donde hai xente  com dificultades Donde hai nenos con oportunidades Donde está esa familia feliz por min Donde está  esa meniña por min. SILVIA 2º ESO A MIÑA AVOA Son os teus brazos que me acollen, son os teus cálidos abrazos que me envolven, son eles os que me din, que son madeira que resiste.   Son os teus ollos e a túa cara de felicidade os que amosan anos de experiencia e miles de momentos, momentos cheos de eperiencias.   É a túa doce voz espertándome pola mañá a que resoa na miña cabeza, é o arrecendo do chocolate que me facías o que aínda perdura na miña memoria.   As tardes de choiva diante da lareira, observando, como a leña se consumía, quedando só cinzas.   Tardes cheas de risos pero tamén de anécdotas, anécdotas cheas de vivenzas, de vivenzas, e de recordos.   Encántanme as túas mans, esas mans tan traballadoras que nunca pararon, para sacar á diante ós seus.   Foron os teus ollos os que me viron medrar, pero fuches ti quen me axudaches a facelo. CARLA 3º ESO ICÍA 1º EP
  • 50. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201850 Onde aniña o teu estiticismo? Oh, onde estiveches, filla miña? Caín máis dunha vez na mesma pedra Levanteime arrastrándome por un pobo sen xente Loitei polo que quero e polo que me sinto orgullosa de querer Perdínme máis dunha vez no meu mundo Subín un camiño de escalóns ata chegar as nubes Vin un neno chorar sen razóns para facelo Oh, onde aniña o teu esteticismo? Que viches para defender os pilares do posible? Vin un mundo de xente loitadora Vin un neno loitando por sobrevivir Vin un pai e un fillo na cidade sen teito Vin unha muller coas mans baleiras que coñecía todas as menciñas Vin a aquel veciño saudándome cun sorriso todos os días Que oiches para estar tan segura? Oín o susurro do río que sabe para onde vai Oín o canto dos paxaros cada primaveira Oín cantar aos nenos panxoliñas do nadal Oín as multitudes reclamando esperanza Oín nenos e nenas berrando por ser libres Oh, a quen encontraches? Encontrei a unha muller con callos nas mans loitando por min Encontrei pobos sen xente e con esperanza Encontrei cidades con xente e sen esperanza Encontrei ríos sen auga onde antes estaba cheo Encontrei corredoiras que me susurran, sen saber que dicir Encontrei unha muller razoable e optimista Insistirei no xesto que me anticipa Persistirei no camiño do exemplo dos que me coidaron Resistirei subindo o muro de pedra da vida Desaparecerei se me apartan do meu camiño Limparei aos que ensuxan o mundo Loitarei polo que quero de verdade ALBA 2º ESO POSIBILIDADE SOLIDARIA Porque segues coa bandeira da confianza? Tropecei coa solidariedade sen fronteiras. Berrei en silencio o que quería dicir. Andei descalzo no medio de oito fragas Perdinme na ourela do labirinto da xustiza. Interroguei a luz da lúa chea para facer visibles os destellos máis tenues. E existe, e existe, e existe. Existe a posibilidade solidaria. Que viches para sentirte o outro? Vin unha muller solidaria. Vin un home suando para vivir. Vin un neno fuxindo da guerra dos outros. Vin unha nena tirada no chán sen vontade. Vin un can fuxindo fuxindo do lume. Vin unha casa arrasada polas lapas. Vin unha persoa loitando polos demais. E existe, e existe, e existe. Existe a posibilidade solidaria. Oín un home pedindo a liberdade. Oín un neno chorando desconsolado. Oín unha nena chamando pola nai. Oín unha persoa berrándolle á inxustiza. Oín unha canción chea de desigualdade. Oín un berro dicíndolle non á guerra. E existe, e existe, e existe. Existe a posibilidade solidaria. Que encontraches, para estar tan incrédulo? Encontrei unha fraga chea de eucaliptos. Encontrei un mundo cheo de guerras. Encontrei desigualdades que non deben existir. Encontrei unha Galicia case sen carballos. Encontrei unha terra case sen auga. Encontrei unha Galicia que parece Australia. E existe, e existe, e existe. Existe a posibilidade solidaria. Que farás agora? Insistirei ata conseguir a liberdade. Persistirei no camiño da vida. Resistirei ante a invasión do eucalipto. Nunca desistirei a conseguir o meu soño. XOEL 2º ESO
  • 51. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 51 JONATAN 4º EP BRAIS S. 4º EP HUGO 4º EP MATÍAS 4º EP ESTELA 4º EPÓLIVER 3º EP PABLO 3º EP
  • 52. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201852 HUMOR E ADIVIÑAS ALUMN@S DE 3º EP
  • 53. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 53
  • 54. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201854
  • 55. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 55
  • 56. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201856 ALUMN@S DE 4º EP
  • 57. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 57
  • 58. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201858
  • 59. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 59 Ao longo do curso @s alumn@s de Ed. Infantil probamos moitos instrumentos novos e ás veces temos nas nosas mans algúns non tan habituais, como é o caso do hawaiano...
  • 60. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201860 En música, ademais doutras moitas cousas, aprendemos a reciclar e respectar o medio ambiente: facemos instrumentos con cousas que normalmente botamos ao lixo... e tocamos con eles!! 1º 2º 6º 4º 5º 6º INF. 3º
  • 61. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 61 Ao longo deste curso tivemos unhas actuacións musicais no cole de moi alto nivel! O 6 de novembro de 2017 contamos coa pre- senza do mestre Xavi Lozano, coñecido e reco- ñecido en todo o mundo. Cos seus “instrumentos” de vento con obxectos cotiás sorprendeunos a todos. “Todo o que ten un burato, soa”, di el. E vaia si soaba: un ladrillo, unha escada, unha roda dunha silla, todo tipo de tubos reciclados, unha regadeira, ... en fin, un sinfín de marabi- llas. Ademais do seu saber tamén nos deleitou coa súa agradable compaña. Volve pronto, Xavi!! O 14 de decembro rimos a esgalla con Fran Rei e Pedro Brandariz. Co seu espectáculo dos Sete Mag- níficos baseado na música pasámolo pipa; non tiña- mos tempo a descansar da risa. LOLA 1º EP O 16 de marzo e o 16 de abril, coma todos os anos, asistimos a varios concertos no Auditorio de Galicia. Neste caso a Banda Municipal de Música de Santiago in- terpretou un conto mu- sical, lido polo autor e proxectado nunha pan- talla.
  • 62. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201862 ICÍA 1º EP O 27 de abril veu tocar Paco Nogueiras o seu Brin- ca vai! A brincadeira foi considerable, Paco sempre nolo fai pasar moi ben! Cantamos e bailamos duran- te todo o concerto. O 21 de maio Pakolas púxonos a todos en pé e tamén nos fixo cantar as súas can- cións. Un luxo de concertos! O 1 de xuño as rapazas de O son que me arroupa ensináronnos como é a rou- pa tradicional, cantáronnos e fixéronnos rir. Á dereita podedes ver as ovellas que fixemos con piñas e algodón.
  • 63. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 63 ATA SEMPRE! Rosario Iglesias Méndez, mestra no centro dende o ano 2011 muda de destino. Non lle decimos adeus, senón ata logo, porque aínda dende a distancia sempre estará connosco e sabemos que sempre teremos un oco no seu “corazonciño”. GRAZAS POR TODO E POR TANTO, COMPAÑEIRA. DESEXÁ- MOSCHE O MELLOR PORQUE TI... MERÉCELO. @s alumn@s de 5º e 6º fanlle unha entrevista. 1. Como te sentiches cando che deron no concurso? Por unha parte, contenta porque xa non tiña que viaxar todos os días, pero por outra, triste porque deixo aquí a todos os alumnos, ás familias e aos compañeiros cos que compartín durante sete anos moi bos momentos. 2. A que xogabas de pequeña? Naquela época gustábame saltar á corda, á goma, xogar á mariola, ás canicas, ao pano, ao marro, ás escondidas, a ser mestra,…Eran todos xogos ao aire libre. E cando estaba mal tempo xogabamos na casa ao parchís, á oca, ás cartas,… 3. Cando eras adolescente xa sabías o que querías estudar? Sí, xa comecei a ter claro que quería ser mestra. 4. Volverías a escoller esta profesión? Por suposto. É una profesión moi bonita que implica unha profunda vocación e unha enorme responsabilidade xa que formamos a nenos e nenas coma vós, Tamén é moi gratificante porque imos vendo como vos facedes máis autónomos, como ides superando obstáculos e progresando nos diferentes ámbitos da vida. 5. Sabemos que vas para un cole de cidade. Botarás de menos a forma de ser dos rapaces da aldea? Moito. Na aldea a relación cos rapaces é máis estreita e cercana e a ensinanza moito máis individualizada xa que hai menos alumnos por aula. Levo moitos anos aquí e pouco a pouco fun colléndovos un cariño moi especial. 6. Ata agora. Cal foi a mellor etapa da túa vida? Todas as etapas da vida teñen o seu encanto. Non podo decantarme por ningunha porque en cada unha vivín momentos moi doces. 7. Cal é a tarefa que máis che aburre? No que se refire ao meu labor profesional, o que menos me gusta son as tarefas burocráticas como facer os informes ou as programacións. 8. Que acostumas facer no teu tempo libre? Durante o meu tempo libre acostumo a pasear, ler, ir ao cine,…E como son moi familiar o que máis me gusta é estar o maior tempo posible coa miña familia. 9. En qué lugar transcurrirían as túas vacacións preferidas? Encántame viaxar e fai tempo que teño ganas de coñecer algún país do sudeste asiático como Vietnam, Camboia ouTailandia.
  • 64. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201864 ATA SEMPRE! Son países cunha historia, unha cultura, unha gastronomía e unhas paisaxes moi diferentes as nosas e por iso me apetece coñecelos. 10. Que cousas aprecias máis dunha persoa? Sobre todo valoro moito a sinceridade, a honestidade e a responsabilidade. 11. Cal é a túa comida preferida? Gústame comer de todo: carne, peixe, verduras, froitas, pasta, pizza… Non hai nada que non me guste ou que diga isto non o como, pero se hai que escoller unha comida creo que sería a paella mixta, feita con polo e marisco. Está riquísima!! 12. Poderías recomendarnos un libro? Hai moitos libros interesantes pero gustaríame recomendarvos “O Quixote” de Miguel de Cervantes, non o orixinal porque de momento non o entenderiades, pero sí que hai algunha adaptación moi boa para a vosa idade. Creo que é un gran libro, nel aparecen reflictidos moitos valores importantes para a vida como a defensa do débil, a amizade, que non sempre nos entenden os que nos rodean pero que hai que perseguir os nosos soños e caer mil veces para erguernos outras mil. 13. Que valores botas de menos na actualidade que existían antes? O respecto aos demais é un dos valores máis importantes na vida. Implica aprecio, recoñecemento, tolerancia hacia outras ideas, opinións e maneiras de ser. Mellorar neste ámbito é algo indispensable para unha convivencia sana dentro da sociedade. 14. Tes algunha persoa da que che coste especialmente despedirte? Non podo escoller a ninguén en concreto, con todos teño moi boa relación, tanto cos alumnos como cos compañeiros. Téñolles un gran aprecio e respecto e vou botalos a todos moito de menos. 15. Danos un último consello. O mellor consello que vos podo dar é que estudedes. Na vida hai tempo para xogar e para divertirse, pero tamén hai que dedicar un tempo a estudar porque ese é o voso traballo agora e a vosa obligación. Despois chegan as vacacións e o tempo libre no que podedes disfrutar e pasalo xenial cos vosos amigos.
  • 65. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 65 ATA SEMPRE! DESPEDIDA - 4º ESO Aínda que nos parecía que este momento non ía chegar, aquí estamos, despois de 13 anos en Ponte Carreira, tócanos despedirnos. Nós queremos introducir unha nota distinta de cor a esta despedida; igual que Ferrín, incluímos a toda a comunidade, por iso imos dar unas pinceladas dos principais recordos desta viaxe. A Suso, recordarémolo por ese cheiro a herba recén cortada cando saímos ao recreo, por traernos moreas de pan día tras día ou por aguantar o “Suso feliz ano “ todos os días; a Eugenia por axudarnos dende o punto de enviar un poema a un concurso ata a aconsellarnos polo noso ben ; a María e a Maruja por facernos 13 anos unha comida boísima ; a Rosalía, por meternos na cabeza que hai oito clases de palabras, por non entendernos cando falamos galego nas clases de castelán ou por arruinar a María comprando mazáns; a Laurence, por preguntarlle milleiros de veces polo cantante de “Papaute” ; a David, por esas risas de cando nos queimamos coa silicona ou por aguantar obsesións de algúns co número “ 7 “; a Anxo , polo seu humor e por predecir mortes de millóns de chinos nos últimos minutos de clase; a Salomé, pola súa paciencia ao deixarnos ir pola chaqueta á clase e por traducirnos as letras de milleiros de cancións ; a Gema, por esas liñas perfectas da circunferencia e por todos os vídeos e contas de Pinterest que vimos no seu Ipad; a Jorge, por ese olor a café, polas camisetas da festa da Carixa e polas súas palabras de Merza entre as que destaca “ xuegho “; a Fefa , pola frase de “repetiréivolo as veces que faga falta“; a Luísa Calvo por todas as leis de Mendel, a súa admiración á natureza, aos seus cabalos e por todas ass excursións pola costa que fixemos con ela; a Pepa, polas súas risas inesperadas e a entrega das autorizacións a tempo; a Arosa, por todas as gardas que nos acompañou e todos os “axúdovos cando queirades” ; a Loló por inculcarnos a historia a través de presentacións de SlideShare; a Fina por aconsellarnos en todo o que puido, por darnos valor aos rapaces da aldea e pola paixón á literatura galega; a Chus, por eses comentarios de gañáns ao acabar de ver unha película de medo ; a Rubén polo “ venga a calentar … “ e polos seus pasos de baile que practicaremos moitos veráns nas festas do pobo; e a Luísa Losada por axudarnos a decidir ou orientarnos no noso futuro laboral. Queremos recordar tamén a aqueles profesores que xa non están, entre aos que destacamos a “ Don” Antonio, e o seu afán por que todo nos vaia ben e a María por ese “ A ducharvos “. Ademáis, queremos das as gracias aos profes de primaria que foros os que nos inculcaron as bases principais e nos fixeron disfrutar tanto en clases, anos atrás ou actualmente en tantos festivais e actividades que nos organizaron. Pero sen dúbida, o mellor destes 13 anos foi a relación con todos os compañeiros que nos acompañaron ao longo desta etapa. Esta, foi a principal causa para levantarnos día a día con forza para enfrontar un novo día. Gracias a todos os que algún día vos cruzastes con nós neste camiño , e ata sempre Ponte Carreira.
  • 66. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201866 ATA SEMPRE! TODO TAMBALEA Encantados de cantar tócalle á boca falar os ollos han de sorrir os xeonllos han bailar. Non toca laio de ausencias celébranse hoxe presenzas que mañá serán fulgor no sendeiro do futuro. Foi como un soño do Tambre somos ilusión de seguir oímos cantar o grilo resistiremos o porvir. Foi este tempo aqui un abrioiar de abril ao ar abrímoslle os brazos con azos de adolescencia. Na ledicia fixemos niño no camiño fixemos día  sexa a tarde testemuña  de noites sen covardía.  Foi como un soño  do Tambre somos ilusión de seguir oímos cantar o grilo resistiremos o porvir. Das aulas salvamos a maxia rompeu a fiestra a poesía botellas foron cohetes inocentes cambadelas esguinces traicioeiras uchas-moscas en anacos azares do día do bico florecemos na xeira onde todo tambalea. Foi como un soño do Tambre somos ilusión de seguir oímos cantar o grilo resistiremos o porvir. Somos oito,somos grupo somos golpe de carneiro somos flecha de centauras somos ternura de fraga somos ánades de río somos dos cíngaros lume festexarannos en vida como gol de Enhiesta en porfía . 4º ESO: Lucía, Alba, Nerea, Judith, Andrea, Gonzalo, Xoán, Manuel
  • 67. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 67 OS NOSOS AVÓS
  • 68. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201868 OS NOSOS AVÓS
  • 69. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/2018 69 OS NOSOS AVÓS
  • 70. CPI Ponte Carreira - Curso 2017/201870