Promoción do libro-disco "Once máis 15", editado por Edicións do Cumio (http://www.cumio.com/). É unha produción dirixida por Miguel Alonso, na que participan 15 dos músicos máis representativos da actual música galega, musicando a 11 poetas galegos distintos.
1. Once máis 15
Poemas musicados
Con este título a medio camiño entre a palabra e o número,
Edicións do Cumio presenta un traballo que conxuga a poetas
e músicos. Trátase dun libro con CD froito da unión entre once
poetas galegos de todos os tempos e quince grupos da escena
musical actual. Nesta suma, versos que van dende Rosalía
e Curros ata Antón Lopo e Daniel Salgado convértense en
cancións por virtude dun elenco variado de músicos no que
conviven a electrónica, o pop, o rock de diversa inspiración e
case todos os estilos imaxinables.
A iniciativa parte da asociación MusicARTE, e está coordinada
polo músico Miguel Alonso. Nace coa intención de ser unha
mostra do fecundo panorama musical que nos rodea e que,
nesta ocasión -que non é a primeira para moitos destes
músicos-, toma da man o xénero máis prolífico das nosas
letras para recuperar ou recoñecer as súas palabras como unha
parte fundamental da nosa bagaxe.
11 poetas
Alfonso Pexegueiro, Álvaro Cunqueiro, Antón Lopo,
Celso Emilio Ferreiro, Daniel Salgado, Darío Xohán
Cabana, Grupo Rompente, Luis Pimentel, Manuel Curros
Enríquez, Manuel María, e Rosalía de Castro
unha suma perfecta
15 músicos
zimmer103, Miguel Alonso, Ataque Escampe, Miguel
A Suárez, Xurxo Mares, Fanny e Alexander, Anxo Rei,
Roberto Sobrado e banda, Snail, Meiga do Norte, Julian
Ross, David Taboada, Elanor, Fucoxabier, Nao
Miguel Alonso, David Taboada, Ataque Escampe, Fanny
e Alexander
2. O libro recolle as versións orixinais dos poemas, aquelas que
serviron como punto de partida para as composicións dos músicos,
así como pequenas biografías dos autores. Por parte dos músicos,
a edición aporta imaxes das bandas e textos que os presentan.
Once máis 15 abre unha nova colección en Edicións do Cumio,
na que se dará cabida a obras literarias que conxuguen ambos
soportes, libro e CD, e na que terán cabida tanto poesía como
narrativa; literatura para ler e escoitar.
En breve, poderá descarregarse un avance deste libro de balde
dende a páxina web de Edicións do Cumio: www.cumio.com
CONTIDO DO CD
Se has de chorar de Alfonso Pexegueiro por zimmer103
Nos teus ollos de Álvaro Cunqueiro por Miguel Alonso
Ningún lugar seguro de Antón Lopo por Ataque Escampe
Longa noite de pedra de Celso Emilio por Miguel A.Suárez
Non de Celso Emilio Ferreiro por Xurxo Mares
Autopoética in progress de Daniel Salgado por Fanny e Alexander
Cantarche hei amiga de Darío Xohán Cabana por Anxo Rei
A dama que fala de Rompente por Roberto Sobrado e banda
Cunetas de Luís Pimentel por Snail
Ai! de Manuel Curros Enríquez por Meiga do Norte
A Rosalía de Castro de Manuel Curros Enríquez por Julian Ross
Outono de Manuel María por David Taboada
Canción para cantar tódolos días de Manuel María por Elanor
Cantan os galos pro día de Rosalía de Castro por Fucoxabier
DATOS DA PUBLICACIÓN
Título: Once máis 15
ISBN: 978-84-8289-270-2
Formato: 145 mmx 200 mm
Encadernación: Cuberta dura
Prezo: 15 €
A Ramalleira, 5. 36140 Vilaboa (PO)
986 679 035 cumio@cumio.com
Xurxo Mares, Roberto Sobrado, e Anxo Rei.