SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
DECLARACIÓN DE COMPROMISO COAS ARTES ESCÉNICAS
DÍA DO TEATRO 2015
O teatro galego creou e crea espazos de diálogo entre a sociedade e o público espectador.
Igual que a cultura e a creación, mais dunha forma moito máis directa ao ser, por excelencia, o
xénero da intervención social, o teatro fainos seres máis libres e felices, para alén de ser un
dereito básico por servir de elemento en que depositamos o ser colectivo da nosa cultura, tal e
como recolle a Declaración dos dereitos humanos no seu artigo 27.1: "Toda persoa ten dereito
a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no
progreso científico e no beneficio que xeraren”.
Nos momento en que coñecemos datos tan preocupantes para as artes escénicas na Galiza,
cómpre facer balance da situación do teatro galego, na perspectiva de que a biografía do
teatro galego é a biografía da cultura galega. Os momentos de maior brillantez nas artes
escénicas, con presenza de compañías estábeis e a promoción do teatro amador, coinciden
con períodos de aposta por converter a cultura nunha prioridade e por entender as múltiplas
dimensións que posúe o feito teatral. O dato obxectivo de se desenvolveren cada vez menos
representacións, de existir un estancamento dos espazos de teatro na Galiza e de desaparecen
10 festivas teatrais no noso país nos últimos dous anos -segundo o último informe do Consello
da Cultura Galega- poñen perante os nosos ollos unha evidencia que o sector xa leva sufrindo
estes últimos anos.
Xustamente desde as entidades representativas do sector das artes escénicas veñen dando
conta desta situación e reclamando que os poderes públicos apoien a nosa cultura e defendan
o acceso ao teatro do conxunto do pobo galego. Mais a cultura galega no seu conxunto padece
a ausencia dunha política cultural que a dimensione e a impulse como merece, tamén por ser
un sector económico estratéxico para o noso país. Moi ao contrario, o goberno da Xunta de
Galiza teima en contribuír ao proceso de homoxeneización cultural e dálle as costas á
produción propia mentres aposta, descarada e irresponsabelmente, por manifestacións
artísticas foráneas e polos espectáculos para un día, no canto de potenciar aquelas cuestións
estruturais (potenciación do teatro amador, creación de espazos teatrais de referencia en vilas
e cidades, apoio á produción propia...) que implicasen a mellora da situación dun sector con
tradición e talento. A escusa da crise non existe, como tivemos ocasión de comprobar, cando
se trata de apoiar espectáculos de artistas foráneos, a través da dilapidación de cartos públicos
en cantidades que servirían para frear a desesperación de tantas persoas e grupos que tentan
sobrevivir na Galiza. Así é como asistimos con escándalo á emigración forzosa de persoas do
mundo das artes escénicas pola política cultural do PP. O goberno da Xunta leva practicado
nestes últimos anos uns recortes sen precedentes no mundo da cultura e un dos sectores máis
afectado é, sen ningunha dúbida, o das artes escénicas.
A pesar de todo isto, o teatro galego está vivo. É a imaxe dun pobo que resiste e que se nega
a esmorecer afrontando os ataques que sofre día a día. Vive grazas ao traballo e á implicación
das pequenas asociacións culturais e dos grupos de teatro, tanto desde a vertente amadora
como profesional, que porfían día a día traballando en galego e adaptando pezas teatrais para
que se poidan representar en calquera recuncho, desde grandes teatros até pequenas
cantinas. Do mesmo xeito, fronte a unha política cultural belixerante co sector, foi o labor
continuado dalgúns concellos o que apostou por políticas de apoio e promoción ao teatro,
facilitando locais, espazos, concedendo axudas, procurando lugares de visibilización e
recuperando a dignidade para a produción teatral tanto amador como de compañías galegas.
Os concellos orgullosos da nosa tradición teatral, conscientes da vinculación da nosa
dramaturxia coa recuperación de espazos públicos para a lingua galega, coñecedores da súa
potencialidade, artística e como motor de dinamización económica, e sabedores da necesidade
apoiar e achegar as artes escénicas ao conxunto do pobo galego
COMPROMÉTENSE A:
1. Fomentar as industrias culturais galegas, especialmente nos apartados de edición, artes
escénicas (teatro e danza), música, artes plásticas e investigación.
2. Impulsar as artes escénicas galegas e readaptar os espazos municipais para a súa
representación. Dar apoio e soporte para albergar espazos creativos.
3. Realizar mostras e circuítos de teatro e danza.
4. Apoiar o teatro amador.
5. Colaborar entre diferentes concellos e administracións para xerar redes e desenvolver
circuítos de contratación.
6. Ampliar a cobertura xeográfica da oferta pública de programación de espectáculos de artes
escénicas dentro do concello, promovendo a distribución territorial e achegando o teatro á
veciñanza.
7. Colaborar cos centros de ensino para fomentar a relación do estudantado coas artes
escénicas desde a perspectiva da recepción e a creación. Promover circuitos e mostras de
exhibición do teatro e danza escolar, con intercambio entre centros. Potenciar a formación na
escrita teatral a través de obradoiros, cursos e outras actividades.
8. Apoiar o tecido asociativo cultural na localidade e fomentar a emerxencia de calquera
actividade de promoción e investigación sobre o teatro galego, o seu patrimonio e a súa
historia.
9. Traballar para aumentar os niveis de asistencia a espectáculos de artes escénicas da
poboación, promovendo a fidelización do público.
10. Impulsar a proxección de novas persoas creadoras no sector das artes escénicas.

More Related Content

Viewers also liked (16)

Principios del Derecho Municipal
Principios del Derecho MunicipalPrincipios del Derecho Municipal
Principios del Derecho Municipal
 
Administracion del deporte a nivel nacional
Administracion del deporte a nivel nacionalAdministracion del deporte a nivel nacional
Administracion del deporte a nivel nacional
 
my-bookings.org
my-bookings.org  my-bookings.org
my-bookings.org
 
Statiquification du site While42
Statiquification du site While42Statiquification du site While42
Statiquification du site While42
 
TheSixBasesofPowerperFrenchandRaven1959
TheSixBasesofPowerperFrenchandRaven1959TheSixBasesofPowerperFrenchandRaven1959
TheSixBasesofPowerperFrenchandRaven1959
 
5 Jenis Switch
5 Jenis Switch5 Jenis Switch
5 Jenis Switch
 
Po´rtico de santa mªla guardia a´lava
Po´rtico de santa mªla guardia a´lavaPo´rtico de santa mªla guardia a´lava
Po´rtico de santa mªla guardia a´lava
 
Speech by Ana Botín 2015 in the Annual General Meeting
Speech by Ana Botín 2015 in the Annual General MeetingSpeech by Ana Botín 2015 in the Annual General Meeting
Speech by Ana Botín 2015 in the Annual General Meeting
 
Sudiarjo,s
Sudiarjo,sSudiarjo,s
Sudiarjo,s
 
Marvin F. Lara_CV.2015 (2)
Marvin F. Lara_CV.2015 (2)Marvin F. Lara_CV.2015 (2)
Marvin F. Lara_CV.2015 (2)
 
Turner
TurnerTurner
Turner
 
Rajesh Resume
Rajesh ResumeRajesh Resume
Rajesh Resume
 
3rd 13530445
3rd 135304453rd 13530445
3rd 13530445
 
7 claves para refinar tu mirada jesús
7 claves para refinar tu mirada   jesús7 claves para refinar tu mirada   jesús
7 claves para refinar tu mirada jesús
 
Question 4
Question 4Question 4
Question 4
 
Enrolling More of Your Students
Enrolling More of Your StudentsEnrolling More of Your Students
Enrolling More of Your Students
 
Similar to Declaración de compromiso coas artes escénicas

Anteproxecto de lei de artes escénicas de galicia
Anteproxecto de lei de artes escénicas de galiciaAnteproxecto de lei de artes escénicas de galicia
Anteproxecto de lei de artes escénicas de galiciaAfearte Galicia
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 202320minutos
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfEncarna Lago
 
Programa culturgal 2019
Programa culturgal 2019Programa culturgal 2019
Programa culturgal 2019edinfantil
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaEncarna Lago
 
Artilleria Naval La Carrraca
Artilleria Naval La CarrracaArtilleria Naval La Carrraca
Artilleria Naval La CarrracaEncarna Lago
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015rmplugo
 
A Lingua No áMbito Cultural
A Lingua No áMbito CulturalA Lingua No áMbito Cultural
A Lingua No áMbito Culturalgalegadas
 
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)pepa
 
Similar to Declaración de compromiso coas artes escénicas (20)

Anteproxecto de lei de artes escénicas de galicia
Anteproxecto de lei de artes escénicas de galiciaAnteproxecto de lei de artes escénicas de galicia
Anteproxecto de lei de artes escénicas de galicia
 
Lingua galega e axentes culturais. Luís Bará
Lingua galega e axentes culturais. Luís BaráLingua galega e axentes culturais. Luís Bará
Lingua galega e axentes culturais. Luís Bará
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
 
Programa culturgal 2019
Programa culturgal 2019Programa culturgal 2019
Programa culturgal 2019
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
 
Artilleria Naval La Carrraca
Artilleria Naval La CarrracaArtilleria Naval La Carrraca
Artilleria Naval La Carrraca
 
Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 
A Lingua No áMbito Cultural
A Lingua No áMbito CulturalA Lingua No áMbito Cultural
A Lingua No áMbito Cultural
 
Dia internacional da arte
Dia internacional da arteDia internacional da arte
Dia internacional da arte
 
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
 
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
 
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
 
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
 
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
 
More from BNG - Bloque Nacionalista Galego

Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
More from BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
Queremos tren
 
90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
 
Declaración de compromiso coas artes escénicas

  • 1. DECLARACIÓN DE COMPROMISO COAS ARTES ESCÉNICAS DÍA DO TEATRO 2015 O teatro galego creou e crea espazos de diálogo entre a sociedade e o público espectador. Igual que a cultura e a creación, mais dunha forma moito máis directa ao ser, por excelencia, o xénero da intervención social, o teatro fainos seres máis libres e felices, para alén de ser un dereito básico por servir de elemento en que depositamos o ser colectivo da nosa cultura, tal e como recolle a Declaración dos dereitos humanos no seu artigo 27.1: "Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no progreso científico e no beneficio que xeraren”. Nos momento en que coñecemos datos tan preocupantes para as artes escénicas na Galiza, cómpre facer balance da situación do teatro galego, na perspectiva de que a biografía do teatro galego é a biografía da cultura galega. Os momentos de maior brillantez nas artes escénicas, con presenza de compañías estábeis e a promoción do teatro amador, coinciden con períodos de aposta por converter a cultura nunha prioridade e por entender as múltiplas dimensións que posúe o feito teatral. O dato obxectivo de se desenvolveren cada vez menos representacións, de existir un estancamento dos espazos de teatro na Galiza e de desaparecen 10 festivas teatrais no noso país nos últimos dous anos -segundo o último informe do Consello da Cultura Galega- poñen perante os nosos ollos unha evidencia que o sector xa leva sufrindo estes últimos anos. Xustamente desde as entidades representativas do sector das artes escénicas veñen dando conta desta situación e reclamando que os poderes públicos apoien a nosa cultura e defendan o acceso ao teatro do conxunto do pobo galego. Mais a cultura galega no seu conxunto padece a ausencia dunha política cultural que a dimensione e a impulse como merece, tamén por ser un sector económico estratéxico para o noso país. Moi ao contrario, o goberno da Xunta de Galiza teima en contribuír ao proceso de homoxeneización cultural e dálle as costas á produción propia mentres aposta, descarada e irresponsabelmente, por manifestacións artísticas foráneas e polos espectáculos para un día, no canto de potenciar aquelas cuestións estruturais (potenciación do teatro amador, creación de espazos teatrais de referencia en vilas e cidades, apoio á produción propia...) que implicasen a mellora da situación dun sector con tradición e talento. A escusa da crise non existe, como tivemos ocasión de comprobar, cando se trata de apoiar espectáculos de artistas foráneos, a través da dilapidación de cartos públicos en cantidades que servirían para frear a desesperación de tantas persoas e grupos que tentan sobrevivir na Galiza. Así é como asistimos con escándalo á emigración forzosa de persoas do mundo das artes escénicas pola política cultural do PP. O goberno da Xunta leva practicado nestes últimos anos uns recortes sen precedentes no mundo da cultura e un dos sectores máis afectado é, sen ningunha dúbida, o das artes escénicas. A pesar de todo isto, o teatro galego está vivo. É a imaxe dun pobo que resiste e que se nega a esmorecer afrontando os ataques que sofre día a día. Vive grazas ao traballo e á implicación das pequenas asociacións culturais e dos grupos de teatro, tanto desde a vertente amadora como profesional, que porfían día a día traballando en galego e adaptando pezas teatrais para que se poidan representar en calquera recuncho, desde grandes teatros até pequenas cantinas. Do mesmo xeito, fronte a unha política cultural belixerante co sector, foi o labor continuado dalgúns concellos o que apostou por políticas de apoio e promoción ao teatro, facilitando locais, espazos, concedendo axudas, procurando lugares de visibilización e recuperando a dignidade para a produción teatral tanto amador como de compañías galegas.
  • 2. Os concellos orgullosos da nosa tradición teatral, conscientes da vinculación da nosa dramaturxia coa recuperación de espazos públicos para a lingua galega, coñecedores da súa potencialidade, artística e como motor de dinamización económica, e sabedores da necesidade apoiar e achegar as artes escénicas ao conxunto do pobo galego COMPROMÉTENSE A: 1. Fomentar as industrias culturais galegas, especialmente nos apartados de edición, artes escénicas (teatro e danza), música, artes plásticas e investigación. 2. Impulsar as artes escénicas galegas e readaptar os espazos municipais para a súa representación. Dar apoio e soporte para albergar espazos creativos. 3. Realizar mostras e circuítos de teatro e danza. 4. Apoiar o teatro amador. 5. Colaborar entre diferentes concellos e administracións para xerar redes e desenvolver circuítos de contratación. 6. Ampliar a cobertura xeográfica da oferta pública de programación de espectáculos de artes escénicas dentro do concello, promovendo a distribución territorial e achegando o teatro á veciñanza. 7. Colaborar cos centros de ensino para fomentar a relación do estudantado coas artes escénicas desde a perspectiva da recepción e a creación. Promover circuitos e mostras de exhibición do teatro e danza escolar, con intercambio entre centros. Potenciar a formación na escrita teatral a través de obradoiros, cursos e outras actividades. 8. Apoiar o tecido asociativo cultural na localidade e fomentar a emerxencia de calquera actividade de promoción e investigación sobre o teatro galego, o seu patrimonio e a súa historia. 9. Traballar para aumentar os niveis de asistencia a espectáculos de artes escénicas da poboación, promovendo a fidelización do público. 10. Impulsar a proxección de novas persoas creadoras no sector das artes escénicas.