A PAISAXE A paisaxe é a forma na que se nos presenta a superficie da Terra. de montaña de interior de chairas Tipos de paisaxes praias de costa cantís
2.
3.
PAISAXES DE INTERIORPaisaxes de montaña Nas paisaxes de montaña hai montañas e vales. As montañas son terreos elevados e en pendente. As partes dunha montaña son: Cima ou cume : é a parte máis alta da montaña. Pé : é a parte máis baixa da montaña. Faldra, aba ou ladeira : é o terreo entre o pé e a cume. As montañas se están agrupadas forman unha serra .E se xuntamos varias serras unha cordilleira . Os vales son terreos chans entre montañas.
4.
PAISAXES DE INTERIORPaisaxes de chaira Hai extensos terreos chans con pequenas elevacións chamadas outeiros . Nas paisaxes de chaira podemos distinguir: Chairas : Son extensións planas de terreo con suaves ondulacións. Ex: a Terra Chá. Depresións : son zonas afundidas respecto aos terreos de arredor. Veigas : Son terreos chans á beira dun río.
5.
ELEMENTOS DUNHA PAISAXEOs elementos dunha paisaxe poden ser: naturais ( feitos pola natureza ) ou artificiais ( feitos polo home ). Exemplos de naturais son: os montes, os ríos, as chairas... Exemplos de artificiais son: as construcións (casas, estradas, pontes...), campos de cultivo, minas e canteiras.
6.
PAISAXES DE COSTAAs paisaxes de costa son as bañadas polo mar. Nela podemos distinguir: Cantís ou acantilados : Son terreos altos e rochosos. Praias : son terreos chas con area ou pedras.
7.
8.
FORMAS DE RELEVOAs formas de relevo dunha costa teñen formas distintas: Cabo : Parte da terra que entra no mar. Península : rexión de terra rodeada de auga por todas partes menos por unha, chamada istmo . Illa : Porción de terra rodea de auga por todas partes. Ría : Val fluvial inundado polo mar. Baia : é unha entrada de mar na terra. Se é moi grande chámase golfo . O home modificou as paisaxes de costa construíndo hoteis, apartamentos, estradas, portos...
9.
RÍOS, LAGOS EENCOROS Os ríos son correntes de auga continua, que descenden das zonas altas cara as baixas e desembocan no mar. Se desembocan noutro río chámanse afluentes . O lugar por onde discorre o río chámase canle ou leito . A cantidade de auga que leva chámase caudal .
RÍOS, LAGOS EENCOROS O percorrido dun río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura chámase curso. No curso diferéncianse 3 zonas: curso alto, curso medio e curso baixo. Curso alto : o río é estreito e discorre pola montaña. Leva pouca auga que se move a moita velocidade.Predomina a erosión. Curso medio : O río anchea e recorre a chaira. Leva máis auga e vai máis lento.Predomina o transporte. Curso baixo : o río móvese lentamente cara a desembocadura. Predomina a sedimentación.
12.
RÍOS, LAGOS EENCOROS A vexetación da beira dos ríos arbores como ameneiros e freixos, arbustos, coma as silvas e herbas coma os xuncos e espadanas. A esta vexetación chámaselle vexetación de ribeira . Pero en moitas ocasións como as beiras dos ríos son moi útiles para a agricultura o home substituíunas polos campos de cultivo .
13.
RÍOS, LAGOS EENCOROS Ademais de nos mares e nos ríos a auga tamén a atopamos nos lagos e encoros. Lagos : Son grandes extensións de auga doce no interior dos continentes. Se son pequenas chámanse lagoas. Encoros : Son lagos artificiais feitos polo home facendo unha presa no curso dun río