SlideShare a Scribd company logo
1 of 171
UNIDADE 9. A PREHISTORIA
09
A prehistoria
3. A arte das cavernas
6. A Prehistoria en España e Galicia
4. O Neolítico: a produción de alimentos
5. A Idade dos Metais
2. O Paleolítico: a caza e a recolección
1. Os primeiros seres humanos
Introdución (V.V. PÁX. 154-155)
A Prehistoria abrangue un período de tempo que se inicia coa
orixe da especie humana, hai máis de dous millóns de anos, e que
se estende ata a aparición da escritura (3500 a.C.).
Comprende o 99,8% da historia da humanidade.
Durante milenios, os seres humanos foron cambiando o seu
aspecto físico e aprenderon a fabricar instrumentos, dominar o
lume, comunicarse...
Da actividade humana durante ese longo período de tempo non
existen testemuños escritos, só testemuños arqueolóxicos: pedras
talladas, fósiles humanos, pinturas, instrumentos...
A Historia vén definida pola existencia de textos escritos que nos
dan a coñecelos diferentes procesos e singularidades de cada
época.
En Galicia esta etapa comeza cos romanos, xa que a poboación
indíxena non coñecía a escritura. Temporalmente comprende o
0,2% da historia da humanidade.
Introdución
a Prehistoria
A Prehistoria divídese en tres etapas:
Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.
No Paleolítico (a primeira etapa da Prehistoria),
a humanidade vivía da caza, da recolección e era
nómada.
No Neolítico, aprendeu a domesticar animais e
cultivar a terra, e volveuse sedentaria. Xurdiron
os primeiros poboados e actividades como o
tecido e a cerámica.
Na Idade dos Metais, o ser humano aprendeu a
arte da metalurxia. Isto abriralle paso ás
primeiras civilizacións.
PREHISTORIA
PALEOLÍTICO
3.500.000 /2.500.000 anos
Australopithecus (Homínido)
2.300.000 Homo habilis a.C. (primeiros
utensilios)
1.900.000 a.C. Homo erectus (lume)
150.000 a.C. Homo neanderthalensis
(primeiros enterramentos)
120.000 a.C. Homo sapiens Sapiens
(primeiras mostras de arte)
NEOLÍTICO
8.000 a.C. Agricultura
7.000 a.C. a 5.000 a.C. difusión da
agricultura cara Europa
5.500 a.C. Primeiras culturas neolíticas na
Península Ibérica
IDADE DOS
METAIS
2.500 a.C.-1.800 a.C. Idade de Cobre ou
Calcolítico
1.800 a.C.-1.000 a.C. Idade de Bronce
1.000 a.C. Idade de Ferro
Introdución
ACTIVIDADES
1) Observa a táboa cronolóxica: Que período histórico
representa? Que etapas están sinaladas? Que aspectos se
salientan en cada unha?
2) Observa os seguintes obxectos. En que etapa da
prehistoria os situarías e por que?
1. OS PRIMEIROS SERES HUMANOS
1.1. ADAPTACIÓN E EVOLUCIÓN (V.V. PÁX. 156)
Hai uns seis millóns de anos produciuse un
quecemento do clima que fixo desaparecer
grandes zonas de bosque.
En África, algúns primates iniciaron unha
lenta evolución para adaptárense ás novas
condicións climáticas e sobrevivir nun medio
hostil.
Non posuían grandes calidades físicas
(velocidade, forza...), pero foron capaces de
organizarse en grupos para cazar nas chairas.
Eran os primeiros homínidos, que co paso
do tempo deron lugar á especie humana.
1. OS PRIMEIROS SERES HUMANOS
1.2. O PROCESO DE HOMINIZACIÓN (V.V. PÁX. 156)
Os cambios que converteron aos primates en seres humanos
foron lentos e complexos. Os fósiles atopados permítennos
coñecer a evolución:
O primeiro paso foi a posición vertical e marcha bípede (maior
campo de visión e autonomía da man)
Mantemento da cabeza en equilibrio: aumento da capacidade
cranial e, con iso, desenvolvemento do cerebro.
As mans usáronse para a fabricación de utensilios.
O uso do lume e dos útiles para abrandar e cortar os alimentos
deu lugar á diminución do tamaño das mandíbulas e dos
dentes e á aparición do queixo e da fronte plana.
Incremento da intelixencia e comunicación (linguaxe).
Traslado de coñecemento a outras xeracións.
•AUSTRALOPITHECUS
•(Homínido)
•3.500.000/2.500.000 anos
•Talla: 1,10 m
•Peso 40 kg
•Camiñaba ergueito
•HOMO HABILIS
•2.300.000/1.800.000 anos
•Talla: 1,59 m
•Peso 50 kg
•Primeiros utensilios
•Podía falar
•HOMO ERECTUS
•1.900.000/400.000 anos
•Talla: 1,60 m
•Peso 60 kg
•Descubrimento do lume.
•Cazarías en grupo.
•HOMO NEANDERTHALENSIS
•150.000/35.000 anos
•Talla: 1,65 m
•Peso 80 kg
•Primeiros enterramentos
•Fabricación de útiles especializados
•HOMO SAPIENS SAPIENS
•120.000 anos (40.000 península Ibérica)
•Talla: 1,70 m
•Peso 70 kg
•Primeiras manifestacións de arte
•Fabricación de útiles en óso e de asta
DO AUSTRALOPITHECUS AO SER HUMANO ACTUAL
DOS PRIMATES AO SER HUMANO ACTUAL?
DOS PRIMATES ao Homer Sapien
Pouco volume cranial
Maior volume cranialFronte fuxidía
Fronte plana
Inexistencia
de queixo
Queixo
Columna non vertical
Columna recta
Man liberada
Marcha cuadrúpede
Marcha bípede
COMPARACIÓN DO ESQUELETO DUN GORILA
E UN SER HUMANO
1. A EVOLUCIÓN HUMANA
(V.V. PÁX. 157)
O Australopithecus (3.500.000 anos) era un homínido situado
entre os grandes primates e o ser humano. Xa era bípede e
utlizaba utensilios (paus, pedras) para axudarse nos seus labores,
pero non os fabricaba de forma consciente.
O primeiro que tivo este comportamento e que, xa que logo, se
considera o primeiro humano foi o Homo habilis (2.300.000 anos).
O Homo erectus (1.900.000 anos) tiña xa un cerebro máis
desenvolvido e camiñaba erguido.
Seguidamente atopamos ao Homo neanderthalensis (150.000
anos) e, finalmente, o Homo sapiens sapiens (120.000 anos).
Despois dun período onde conviviron, o Home neanderthalensis
desapareceu pola superioridade do Homo sapiens sapiens, que ten
o aspecto físico, o volume e a complexidade cerebral do ser
humano actual.
HOMÍNIDO/HOMO CRONOLOXÍA CONTINENTE TALLA/PESO CARACTERÍSTICAS
Australopitecus afarensis
Homínido bípedo.
3.500.000 África
Oriental (Rift
Valley)
Macho: 1,40 m. 40 kg
Femia: 1,10 m. 30 kg
450 cm3
Posición bípeda.
Usa instrumentos de
pedra pero non os
fabrica.
Non sabe falar.
Homo Habilis 2.300.000 África Oriental Macho: 1,30 m. 50 kg
Femia: 1 m. 40 kg
800 cm3
Fabrica instrumentos de
pedra (seixo afiado-
chopper)
Homo Erectus 1.600.000 Toda África e Asia Macho: 1,70 m. 70 kg
Femia: 1,30 m. 60 kg
1.000 cm3
Parece que hai un
antecesor africano:
homo ergaster (lago
Turkana).
Pedra de sílex (bifaz).
Cazarías en grupo.
Uso do lume.
Homo Neanderthal 300.000 anos Europa Macho: 1,65 m. 75 kg
Femia: 1,50 m. 65 kg
1.500 cm3
Antecedentes:
Antecessor (800.000
anos) e Heidelbergensis
(600.000)
Especialización de
instrumentos de sílex
(frecha, raspadeira,
perforador...).
Primeiros
enterramentos.
Homo Sapiens 200.000 anos Tódolos
continentes
Europa (hai 40.000
anos)
Macho: 1,75 m. 70 kg
Femia: 1,60 m. 50 kg
1.450 cm3
Apareceu en África
oriental e de aí cara a
todos os continentes.
Europa 40.000 anos.
Útiles de óso e hasta
(propulsor, arpón...).
Primeiras
manifestacións
artísticas.
Pobos cazadores actuais
Apartado 1
ACTIVIDADES
1) Observa os esqueletos. ¿Qué diferenzas podes ver nos brazos e
nas mans? ¿E nos cranios?
2) Explica a diferenza na pelve e mais na columna. Relaciona estes
cambios do bipedismo.
3) Que período de tempo abrangue o eixe sobre o proceso de
hominización?
4) Explica o proceso evolutivo analizando os procesos que se
producen nos diversos fósiles dende o Australopitechus ata o
Homo Sapiens Sapiens.
5) Como xurdiron os primeiros homínidos? ¿Que características
diferencian aos seres humanos do resto dos primates?
6) Como se chama o proceso que levou aos primates a converterse
en seres humanos?
2. O PALEOLÍTICO: A CAZA E A RECOLECCIÓN
(V.V. PÁX. 158)
Coa aparición dos primeiros
seres humanos iniciouse o
primeiro gran período
prehistórico: o Paleolítico, que
significaba pedra vella. Neste
período sucedéronse épocas de
moito frío (glaciacións) con
etapas máis cálidas.
2. O PALEOLÍTICO: A CAZA E A RECOLECCIÓN
2.1. SOCIEDADE DE CAZADORES-COLLEITEROS (V.V. PÁX. 158)
O ser humano apañaba froitos, pescaba e cazaba
para alimentárense. Como non producían
alimentos: eran depredadores.
Cazaban grandes mamíferos (bisontes, mamuts,
renos...) aínda que tamén atrapaban insectos,
réptiles e pequenos mamíferos.
Utilizaban a carne para comer, as peles para
abrigárense, os ósos para os instrumentos e os
tendóns para facer cordas.
Vivían ao abeiro de covas e abrigos ou en
cabanas construídas con paus, peles e barro.
Eran nómedes.
2. O PALEOLÍTICO: A CAZA E A RECOLECCIÓN
2.2. UTILIZACIÓN DO LUME (V.V. PÁX. 158)
Hai 400.000 de anos, o Homo erectus debeu
descubrir o lume. Decatouse da súa utilidade e
esforzouse para mantelo vivo.
Posteriormente os neandertais aprenderon a
prender o lume, batendo dúas pedras (pedernal e
pirita de ferro) ou por rotación e fricción dun pau
sobre un tronco.
O lume serviu para quentarse, iluminar, cociñar,
asustar as feras...
2. O PALEOLÍTICO: A CAZA E A RECOLECCIÓN
2.3. FABRICACIÓN DE INSTRUMENTOS (V.V. PÁX. 158)
É un dos signos de diferencia entre a especie
humana e o resto dos animais. Inicialmente
utilizaron pedras talladas (seixos, croios) para
conseguir gume cortante.
Logo utilizaron o sílex rocha dura que ao golpeala
rompe en láminas e produce unha aresta moi
afiada. Con ela fabricaban bifaces (ferramentes
cortadas por dúas caras).
Co tempo especializaron o tipo de ferramentas de
pedra: raspadeiras, puntas de lanza,
perforadores. Tamén utilizaron ósos e hasta de
animais para facer anzois, arpóns, agullas, arcos
ou propulsores.
2. O PALEOLÍTICO: ELABORACIÓN DU
BIFACE (V.V. PÁX. 158)
Apartado 2
ACTIVIDADES
1)Que é o Paleolítico? Que significa que os
seres humanos eran depredadores e
nómades?
2)Que importancia tiña o dominio e
utilización do lume?
3)Explica como evolucionou a talla de
pedra durante o Paleólitico.
3. O PALEOLÍTICO: ARTE DAS CAVERNAS
3.1. As primeiras crenzas relixiosas
As crenzas relixiosas nacen da
necesidade de dar unha explicación
aos misterios da vida, a morte, o
crecemento das plantas, a chuvia, o
sol.
Tentaron influír mediante cerimonias
rituais.
Ritos funerarios.
Sepultura de Dolni Vestonice (R. Checa)
Paleolítico Superior
Venus de Willendorf
MANGO DE PROPULSOR
COVA DA MAGDALENA (FRANCIA)
Bisonte de Altamira
COVA DE LASCOUX-FRANCIA
Silueta de mans. Cova de El Castillo
(Cantabria)
Recolección de mel
Cova da Araña (Valencia)
Cova de Cogul (Lleida)
6.000 a.C.
Na arte rupestre utilizábanse
técnicas moi variadas. Moitas
pinturas son monocromas,
dunha cor, pero tamén as hai
policromas, de cores vermella,
ocre ou negra. Algunhas están
delimitadas por un trazo externo
groso e outras aproveitan os
saíntes das rochas para dar a
sensación de volume.
Apartado 3
ACTIVIDADES
1)Cando e como os seres humanos
comezaron a soterrar aos mortos?
2)Que técnicas se utilizaron nas pinturas
rupestres? ¿Que cores predominan?
Explica o significado que se lles dá a
estas pinturas.
3)Que tipo de obras conforman a arte
mobiliar prehistórica? Explica as súas
características e o que representan.
4. O NEOLÍTICO: A PRODUCIÓN DE ALIMENTOS
4.1. Introdución (V.V. PÁX. 160)
Hai uns 10.000 anos, nunha
zona do Oriente Próximo
regada polos ríos Tigris e
Eúfrates, coñecida como a
Crecente Fértil, iniciouse a
produción de alimentos. Esta
nova etapa da historia da
humanidade coñécese co nome
de Neolítico, que significa pedra
nova.
4. O NEOLÍTICO: A PRODUCIÓN DE ALIMENTOS
4.1. Agricultura e gandaría (V.V. PÁX. 160)
Aprenderon a cultivar cereais
(trigo, orxo, centeo...) e legumes
(lentellas, garavanzos,
chícharos).
Aprenderon a domesticar (can,
ovella, cabra, porco, aves...)
4. O NEOLÍTICO: A PRODUCIÓN DE ALIMENTOS
4.2. Novos útiles e técnicas (V.V. PÁX. 160)
Apareceron novos instrumentos como a
fouce, a aixada, a machada, o muíño.
Unha técnica nova: a pedra puída.
A cerámica.
Tecidos: fuso e tear.
Xoias: minaría de pedras semipreciosas.
4. O NEOLÍTICO: A PRODUCIÓN DE ALIMENTOS
4.3. Difusión do Neolítico (V.V. PÁX. 160)
Dende a Crecente Fértil a través do Mediterráneo e
seguindo os cursos dos ríos centroeuropeos produciuse,
a partir do VII milenio a.C., a difusión por Europa das
novas técnicas, útiles e modos de vida propios do
período Neolítico.
Ademais da Crecente Fértil, tamén xurdíu en:
O val do Indo (India)
O val do Huang He (China)
Altiplanos de Centroamérica (México)
Cordilleira dos Andes (Perú)
Animal Ano
a.C.
Lugar Animal Ano a.C. Lugar
Ovella 8.500 Iraq Asno 3.000 Exipto
Can 8.400 EEUU Camelo 3.000 Sur de
Rusia
Porco 7.000 Turquía Cabalo 3.000 Ucraína
Vaca 6.500 Turquía e
Grecia
Galiña 2.000 Paquistán
Verme
de seda
3.500 China Gato 1.600 Exipto
Apartado 4
ACTIVIDADES
1)Como se orixinaron a agricultura e
gandería?
2)Que cambios nos utensilios e nas
técnicas se experimentaron a partir do
Neolítico?
4. O NEOLÍTICO: A VIDA NUNHA ALDEA
4.3. Çatal Hüyuk
Situada en Turquía, é unha das aldeas neolíticas máis
antigas do mundo (9.000 anos atrás). Abranguía máis
de 1.000 vivendas e cunha poboación entre 5.000 e
10.000 habitantes.
As casas estaban pegadas unhas a outras, sen rúas,
accedíase pola azotea. Estaban formadas por unha sala
que contiña o fogar e rodeada de habitacións máis
pequenas destinadas a almacéns.
Algunhas casas presentan habitacións moi decoradas
(pinturas e relevos de touro) asociadas a santuarios.
Nestes santuarios atopáronse unhas estatuíñas
elaboradas a miúdo con barro, que se semellan ás Venus
paleolíticas. Asócianse coa fertilidade.
5. A IDADE DOS METAIS
5.1. Utilización dos metais (V.V. PÁX. 162)
A metalurxia iniciouse no
Oriente Próximo contra o V
milenio a.C.
O primeiro mineral coñecido foi o
cobre (5.000 a.C.), pero era moi
brando e os utensilios
deformábanse moi rapidamente.
5. A IDADE DOS METAIS
5.1. Utilización dos metais (V.V. PÁX. 162)
Séculos máis tarde, algúns artesáns
comezaron a mesturar o cobre co estaño e
obtiveron o bronce (3.000 a.C.), un metal
duro e cortante que podía substituír á
pedra. Fabricáronse obxectos e armas
para os máis poderosos.
Cara o II milenio a.C. comezouse a
traballar o ferro, un metal excelente para
as armas e os utensilios agrícolas.
METALURXIA CRONOLOXÍA
Cobre 5.000 a.C. (Península Ibérica 3.000-
1.700 a.C.)
Bronce 3.000 a.C. (Península Ibérica 1.700-
1.000 a.C.)
Ferro 2.000 a.C. (Península Ibérica a partir
do 1.000 a.C.)
Obxectos de ouro atopados en enxovais funerarios
5. A IDADE DOS METAIS
5.2. Elaboración dos metais (V.V. PÁX. 162)
Os primeiros útiles fixéronse golpeando os metais
(cobre) en frío. Pero a verdadeira metalurxia
aparece cando se empeza a utilizar a forxa. Ao
bater no metal aplicábaselle lume e calor o que
permitía modelalo mellor.
Unha nova fase comeza coa fundición
consistente en fundir o metal (bronce) e darlle a
forma desexada verténdoo en moldes.
Finalmente coa siderurxia (ferro) a tecnoloxía
fíxose máis complexa precisando de altas
temperaturas.
5. A IDADE DOS METAIS
5.3. Artesáns e comerciantes (V.V. PÁX. 162)
A metalurxia era un traballo duro. Precisaba
de especialización. Foi, quizais, o primeiro
oficio polo que os artesáns recibían
alimentos a cambio dos seus produtos.
Foron aparecendo outros oficios (xoieiros,
ferreiros, ceramistas...).
A produción estimulou o comercio que
mellorou coa mellora nas técnicas de
navegación e o uso da roda.
Novidades no
transporte
durante a Idade dos
Metais
5. A IDADE DOS METAIS
5.4. Primeiras cidades (V.V. PÁX. 162)
As antigas aldeas neolíticas do Oriente Próximo
medraron considerablemente. Tiñan moitos edificios
e murallas para defenderse, convertéronse en
verdadeiras cidades.
Co desenvolvemento dos oficios especializados
aparecen os grupos sociais diferenciados e
determinadas persoas comezaron a acumular riqueza
e poder.
A existencia de terras cultivadas, rabaños ou obxectos
que podían ser roubados implicou a necesidade de
defensa fronte a pillaxe. Entre os guerreiros que
defenden as cidades nace un caudillo ou rei que
goberna a cidade.
5. A IDADE DOS METAIS
5.5. O megalitismo (V.V. PÁX. 166)
En Europa a partir do V milenio a.C., nas sociedades
agrícolas máis avanzadas, os seres humanos erixiron
uns monumentos construídos con grandes lousas de
pedra que se denominan megalitos.
Grandes monumentos megalíticos atopanse
diseminados por Europa, pero os focos máis
importantes están na costa atlántica (onde destaca
Galicia) e no norte de África. Un dos monumentos
megalíticos máis importantes é o de Stonehenge, en
Gran Bretaña.
Existen diferentes tipos de megalitos: menhir,
dolmen e crómlech.
Difusión do megalitismo
Por Europa e norte de
África
Construción
de
megálitos
5.5. MEGALITISMO
Menhir ou pedrafita (V.V. PÁX. 166)
Consiste nunha
gran pedra
cravada
verticalmente
sobre o chan.
Crese que
podían ser
conmemorativos
ou unha marca
territorial.
Lapa de Gargantáns (Pontevedra)
5.5. MEGALITISMO
Dolmen ou mámoa (V.V. PÁX. 166)
É unha cámara
formada por
grandes pedras
verticais que
sosteñen unhas
lousas de
cobertura. Servía
de sepultura
funeraria
colectiva.
5.5. MEGALITISMO
Crómlech (V.V. PÁX. 166)
Formado por un
conxunto de
pedras verticais e
lousas horizontais
dispostas
formando un
círculo. A súa
función podería
estar relacionada
con algún culto
agrario ou solar.
Reprodución do
Crómlech de Stonehenge
(Reino Unido)
Apartado 5
ACTIVIDADES
1) Que metais se comezan a usar a partir da idade dos
Metais?
2) Que cambios se produciron nas sociedades do Oriente
Próximo durante a idade dos Metais?
3) Que novas actividades se desenvolveron nas cidades de
Oriente Próximo?
4) Que inventos ou avances permitiron o crecemento do
comercio?
5) Onde e cando se erixiron as construcións megalíticas?
Explica que tipos existen e describe as funcións que
tiña.
6. PREHISTORIA NA P. IBÉRICA
6.1. Paleolítico (V.V. PÁX. 170)
Presenza moi antiga. En Atapuerca (Burgos) atópanse os
restos humanos máis antigos de Europa. Estes poboadores
vivían en campamentos ao aire libre que se situaban sobre
todo nos socalcos dos ríos; as súas ferramentas era moi
toscas. Atópanse restos humanos de aproximadamente
800.000 anos de antigüidade, pertencentes a unha nova
especie o Homo antecessor.
Máis tarde a península estivo poboada por neandertais
que vivían en covas e abrigos, e comezaron a fabricar
ferramentas máis especializadas.
Na etapa final do Paleolítico, xa co Homo sapiens
sapiens, incorporáronse materiais como o óso ou a hasta,
máis doadamente manexables. Deste período son as
primeiras mostras de arte.
Cronoloxía da prehistoria na Península Ibérica
Paleolítico 800.000-VII milenio a.C.
Neolítico VII milenio a.C.-3.000 a.C.
Idade de Cobre 3.000 a.C.-1.700 a.C.
Idade de Bronce 1.700 a.C.-1.000 a.C.
Idade de Ferro I milenio a.C.
6. PREHISTORIA NA P. IBÉRICA
6.2. As pinturas rupestres (V.V. PÁX. 170)
A península Ibérica foi rica en arte rupestre.
Destacan dúas zonas: cantábrica e mediterránea ou
levantina.
Na zona cantábrica predomina a representación
naturalista de animais, normalmente illados e de
cores vivas. Salienta a cova de Altamira
(Cantabria), considerada unha das mellores do
mundo en pintura rupestre.
A zona mediterránea ou levantina aparecen escenas
de grupo cunha técnica máis esquemática, que
adoitan representar a vida cotiá (caza,
recolección...) e están pintadas cunha soa cor.
Bisonte de Altamira
Reprodución sala dos bisontes
de Altamira
ABRIC DELS CAVALLS
BARRANC DE LA VALLTORTA CASTELLÓN
Cova de Cogul (Lleida)
6.000 a.C.
Aspectos Cantábrica Levantina
Cronoloxía A partir do 30.000
a.C.
A partir do 6.000
a.C.
Características
xerais
Naturalista Esquemática
Cores Policromada con
cores vivas
Monocromática
Exemplos de covas
e abrigos
Altamira, Tito
Bustillo, El Castillo
Valtorta, Cova da
Araña, Cogul
Temas Animais illados. Non
aparece a figura
humana
Escenas grupais
(danza, caza,
recolección).
Aparece a figura
humana
6. PREHISTORIA NA P. IBÉRICA
6.3. O Neolítico. O Megalitismo (V.V. PÁX. 171)
As primeiras comunidades neolíticas apareceron na
península Ibérica cara o VI milenio a.C. Os
depósitos arqueolóxicos máis antigos deste período
localízanse na costa mediterránea e caracterízanse
pola presenza da chamada cerámica cardial.
O desenvolvemento do megalitismo na península
Ibérica comezou a finais do Neolítico e mantívose
durante boa parte da Idade dos Metais.
Estremadura, Galicia, País Vasco, Catalunya e
Andalucía son ricas neste tipo de monumentos.
Neolítico na
Península
Ibérica
Cerámica
Cardial l’Or Alcoy (Valencia)
Cerámica almagra
Zuheros (Córdoba)
Menga, Antequera (Málaga)
Dolmen do Romeral
Antequera (Málaga)
6. PREHISTORIA NA P. IBÉRICA
6.4. A Idade dos Metais (V.V. PÁX. 171)
Cara o III milenio a.C. estendeuse a metalurxia do
cobre. Salienta a cultura dos Millares (2.300 a.C.),
que se orixinou en Almería.
II milenio a.C., culturas coñecedoras da metalurxia
de bronce, como a do Argar (Almería) con
enterramentos individuais e casas de pedra e
adobe.
A idade de Ferro (I milenio a.C.) iniciouse coa
chegada de pobos colonizadores do Mediterráneo
(fenicios, gregos e cartaxineses) e celtas de
Centroeuropa.
Cronoloxía Culturas Localización
Idade de cobre (3.000-1.700 a.C.)
Difusión do megalitismo Galicia e Andalucía
Cultura do vaso campaniforme Centro, sur e
Mediterráneo
Os Millares Almería
Idade de bronce (1.700-1.000 a.C.) Cultura do Argar
Cultura Talaiótica (Taula, Naveta e
Talaiot)
Murcia, Granada e
Almería, costa de Málaga
Baleares (Mallorca e
Menorca)
Idade de Ferro (I milenio a.C.) Cultura do campo de urnas
Colonizacións mediterráneas e
Indoeuropeas (protohistoria):
Fenicios, Gregos, Cataxineses,
Íberos
Cultura castrexa
Toda a Península e
Mediterráneo
Noroeste peninsular
Idade de Cobre
Los Millares (Almería)
Idade de Bronce
El Argar (Almería)
Reprodución
Apartado 6
ACTIVIDADES
1) Que antigüidade teñen os restos
humanos atopados en Atapuerca?
2) Cando chegou o Neolítico á Península
Ibérica? Que tipo de monumentos se
construíron?
3) Que culturas se desenvolveron durante
a Idade dos Metais? Onde xurdiron e
que características teñen?
7. GALICIA NA PREHISTORIA
7.1. OS PRIMEIROS POBOADORES (V.V. PÁX. 172)
No Paleolítico atopamos restos arqueolóxicos en
antigos campamentos ao aire libre como en Toén
(Ourense), desembocadura do río Miño e nas
gándaras de Budiño (O Porriño-Pontevedra).
Tamén en Vilalba (Lugo) atopáronse ocupacións
máis recentes deste período con instrumentos de
sílex, cristal de rocha e outras pedras.
Os derradeiros grupos paleolíticos diversificaron os
seus recursos económicos e incorporaron á súa
dieta a inxestión de moluscos en grandes
cantidades. A acumulación das cunhas producen un
tipo de cimento arqueolóxico os cuncheiros.
Cova de Eirós
(Triacastela)
Bifaz da Piteira
Toén (Ourense)
Palmés
(Ourense)
Colgante de
Férvedes II (Xermade-Lugo)
7. GALICIA NA PREHISTORIA
7.2. O NEOLÍTICO (V.V. PÁX. 173)
Ao principio do V milenio a.C. apareceu a
agricultura e máis a gandería.
Cultivábanse cereais como o trigo e o
millo miudo. Coidábanase animais como
o porco, a ovella e a cabra.
Durante o neolítico desenvolvéronse
dúas das manifestacións máis coñecidas
en Galicia: os petróglifos e os megalitos.
Ambas mantivéronse na Idade dos
Metais.
7. GALICIA NA PREHISTORIA
7.2. OS PETRÓGLIFOS (V.V. PÁX. 173)
Constitúen a expresión máis característica da arte
rupestre galega. O petróglifo é un gravado feito
sobre as rochas de granito ao aire libre. Teñen
formas moi variadas. Predominan os temas
xeométricos como espirais e círculos
concéntricos, mais tamén aparecen motivos
zoomorfos ou antropomorfos sempre moi
esquematizados.
A maior parte concéntranse nas Rías Baixas
principalmente na de Pontevedra e Vigo, e, sobre
todo, en Campo Lameiro.
Na Coruña destaca a parroquia de Louro en
Muros.
Petroglifos
Louro (Muros)
Petroglifos
A Pedra da Boullosa
Campo Lameiro
(Pontevedra)
Coto das Sombriñas
Tourón-Ponte Caldelas
(Pontevedra)
7. GALICIA NA PREHISTORIA
7.2. MEGALITISMO (V.V. PÁX. 172)
A cultura megalítica coñecese sobre
todo pola súa arquitectura. Aos
menhires en Galicia chamámoslles
“pedras fitas” mentres que aos
sepulcros ou dolmens lles chamamos
“mámoas”. Os máis frecuentes
constan dunha cámara (“anta”) que
se recubría cun túmulo circular
formado por terras e pedras.
Mapa megalitismo
Galicia
Dolmen Pedra da Arca
Cerqueda (Malpica)
Dolmen Dombate
Borneiro (Cabana)
Dolmen Dombate
Borneiro (Cabana)
Dolmen Axeitos
(Ribeira)
Lapa de Gargantáns
(Pontevedra)
7. GALICIA NA PREHISTORIA
7.3. A METALURXIA EN GALICIA (V.V. PÁX. 172)
A partir do II milenio a.C. desenvólvese a Idade
de Bronce. A riqueza mineral de Galicia,
principalmente en estaño, favorece a chegada de
buscadores de metais que difundiron a
metalurxia.
Xurdiron moitos focos mineiros e fabricaron
moitas ferramentas de metal e inícianse trocos
comerciais con Bretaña (Francia), Cornualles
(Inglaterra), Portugal e outras civilizacións do
Mediterráneo.
Aparecen moitas alfaias destacando o Tesouro de
Caldas de Reis con numerosas pezas de ouro.
Machados de bronce
Saiáns (Vigo)
Tesouro de Caldas
Museo Provincial (Pontevedra)
Caso de Leiro (Rianxo)
Museo Aqueolóxico Provincial
Castelo de San Antón (A Coruña)
Apartado 7
ACTIVIDADES
1)Cales son os principais tipos de
megálitos galaicos? Cal é o
significado da palabra
petróglifo?
2)Que sucedeu durante a Idade
do Bronce en Galicia?
Ondadas migratorias
e formación dos
pobos prerromanos
I milenio a.C.
Estatuiña fenicia
dun sacerdote
VIII-VII a.C.
Estatuiñas femininas
procedentes da
necrópole cartaxinesa
de Puig de Molins (Ibiza)
Reprodución dunha
colonia grega
Pobos iberos
Cerámica ibérica
A dama de Elche (V-IV a.C.)
Estatuiña feminina
Castillar de Santiesteban (Xaén)
Porcuna (Xaén)
V a.C.
Pobos celtas
e celtíberos
Expansión dos Celtas
Verróns chamados Touros de Guisando
(Ávila) IV-I a.C.
Fibelas para o cinto
Fíbulas para unir a vestimenta
Torques para o pescozo
e brazos
8. GALICIA ENTRA NA HISTORIA
8.1. A CHEGADA DOS CELTAS (V.V. PÁX. 220)
As primeiras novas escritas sobre a historia de Galicia
proceden dos historiadores gregos e romanos.
Sinálannos que os habitantes da nosa terra se chamaban
oestrimnios. Escriben, así mesmos, que despois
chegaron os saefes ou homes serpes.
Os primeiros (oestrimnios) serían os pobos indíxenas
que habitaban Galicia a comezos do primeiro milenio
a.C.
Os segundos (saefes), os pobos centroeuropeos, polo
xeral chamados celtas, asentáronse no noroeste
peninsular ao redor do século VI a.C. O contacto
entrambos os dous pobos deu orixe á cultura castrexa.
POBO LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA APROXIMADA
ALBIÓNS val do Navia-Eo
ARRÓNS Ortegal-Viveiro
ÁRTABROS (ou Arrotrebas) ría de Ferrol-Betanzos-A Coruña
BAEDIOS Betanzos
BÍBALOS val do Búbal-O Bolo
BRIGANTINOS Bergantiños
CAPOBOS (ou Coporos) entre Padrón e Lugo
CÉLTICOS entre Tambre e Begantiños
CIBARCOS (ou Cabarcos) vales do Masma e o Eo
CILENOS Caldas de Reis-Cuntis
COELERNOS val de Arnoia-Celanova
EGOVARROS-NAMARINOS val do Masma-serra de Meira?
GROVIOS Tui-Baiona
IADONES (ou Iadobes) Ortegal-Bares-Fazouro
LAPATIENCOS ría de Ferrol-Ortigueira
LEMAVOS Terra de Lemos
LÍMICOS Limia
NERIOS Fisterra-Terra de Soneira
POEMANOS Lugo?
PRAESTAMARCOS Barbanza
SEURROS TRANSMINIENSES Alto Ulla-Sarria-Becerreá
SUPERTAMARCOS val do Tambre-Noia
SUSARROS Courel-Cebreiro
TAMAGANOS Monterrei-Val do Támega
POBOS CASTREXOS
LOCALIZACIÓN
APROXIMADA
POBOS CASTREXOS
LOCALIZACIÓN
APROXIMADA
8. GALICIA ENTRA NA HISTORIA
8.2. OS CASTROS GALAICOS (V.V. PÁX. 222-225)
A manifestación máis enxebre da cultura castrexa é o
castro. Os castros celtas son poboados situados en
montes e cantís qu normalmente teñen un acceso
complicado. Están trazados con escaso sentido
urbanístico e adoitan estar defendidos por foxos e
sólidas murallas.
Consérvanse restos de moitos castros en toda Galicia:
Sta. Tegra (A Guarda), Viladonga (Castro de Rei),
Baroña (Porto do Son), Borneiro (Cabana), Fazouro
(Foz) ou Elviña (A Coruña).
As súas casas son de estrutura circular ou
rectangular, construíanse con pedra e tiñan teito
cónico de palla e porta de madeira. Fóra dispoñína de
almacén, forno e muíño de auga; o gando atábase ás
paredes da casa.
STA. TEGRA
(A GUARDA)
VILADONGA
(CASTRO DE REI)
http://fisterraelvina.blogspot.com/2011/02/o-castro-de-viladonga-castro-de-rei.html
BAROÑA
(PORTO DO SON)
BAROÑA
(PORTO DO SON)
http://fisterraelvina.blogspot.com/2011/02/castro-de-barona.html
http://www.youtube.com/watch?v=wTANbqlJ2bM
BORNEIRO
(CABANA)
FAZOURO
(FOZ)
CASTRO
DE ELVIÑA
Reprodución
de vivenda
castrexa
8. GALICIA ENTRA NA HISTORIA
8.3. AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS (V.V. PÁX. 222-225)
A economía castrexa era fundamentalmente agrícola e gandeira:
cultivaban cereais, como o paínzo, o centeo, o trigo, e
leguminosas como fabas e chícharos. Coidaban de animais como a
ovella, o porco, a cabra, a vaca e o cabalo.
Complementaban estas actividades coa caza, pesca e o marisqueo
nas rexións costeiras
A actividade mineira era moi importante. Ademais do tradicional
estaño e chumbo extraían ferro, unha das principais contribucións
celtas, e metais preciosos coma o ouro.
A riqueza mineira alentou o comercio con fenicios e cartaxineses,
no sur da Península Ibérica e con outros pobos célticos das costas
atlánticas de Francia e Inglaterra. Os intercambios realizáronse
empregando o sistema de troco.
8. GALICIA ENTRA NA HISTORIA
8.4. ARTE E CRENZAS RELIXIOSAS (V.V. PÁX. 225)
A destreza no traballo dos metais permitiu a
elaboración de xoias, como torques,
diademas, brazaletes que forman parte da
ourivaría castrexa.
As crenzas relixiosas eran moi
diversificadas. Dábaselles culto ás
divinidades protectoras dos animais e
outras relacionadas coa guerra, os montes,
a auga, os bosques e as encrucilladas de
camiños. Os pobos galaicos non coñecían a
escritura, aínda que deles temos novas a
través de historiadores clásicos.
Torque de Xanceda (Oroso)
Estatua sedente
(Xinzo de Limia)Diadema de Ribadeo
Arracada de Berdoia
(Vimianzo) III a.C.
Guerreiro de Lesenho
(Portugal)
Cabeza
(Rubiás-Bande)
Apartado 8
ACTIVIDADES
1) Cales é a orixe dos pobos galaicos?
2) De onde procede o nome co que se
coñece a súa cultura?
3) Como era a súa economía?
4) Cal é a súa manifestación artística
máis coñecida?

More Related Content

What's hot

What's hot (20)

A evolución humana
A evolución humanaA evolución humana
A evolución humana
 
Paleolítico e Neolítico
Paleolítico e NeolíticoPaleolítico e Neolítico
Paleolítico e Neolítico
 
El paleolitico
El paleoliticoEl paleolitico
El paleolitico
 
Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria
 
Prehistoria
PrehistoriaPrehistoria
Prehistoria
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)
 
Neolítico e idade dos metais
Neolítico e idade dos metaisNeolítico e idade dos metais
Neolítico e idade dos metais
 
Evolucion Humana
Evolucion HumanaEvolucion Humana
Evolucion Humana
 
Tema 3 2011-a galicia prerromana
Tema 3  2011-a galicia prerromanaTema 3  2011-a galicia prerromana
Tema 3 2011-a galicia prerromana
 
I. A Prehistoria
I. A PrehistoriaI. A Prehistoria
I. A Prehistoria
 
Tetón
TetónTetón
Tetón
 
Xenealoxia humana
Xenealoxia humanaXenealoxia humana
Xenealoxia humana
 
Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?Unidade 5 Por que comemos de máis?
Unidade 5 Por que comemos de máis?
 
CCSS 1ºESO Unidade 6 A Prehistoria
CCSS 1ºESO Unidade 6  A PrehistoriaCCSS 1ºESO Unidade 6  A Prehistoria
CCSS 1ºESO Unidade 6 A Prehistoria
 
Homo heidelbergensis
Homo heidelbergensisHomo heidelbergensis
Homo heidelbergensis
 
Unidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a culturaUnidade 8 Que é a cultura
Unidade 8 Que é a cultura
 
Evolución humana nova
Evolución humana novaEvolución humana nova
Evolución humana nova
 
Lucy Copia
Lucy   CopiaLucy   Copia
Lucy Copia
 

Similar to PREHISTORIA

Similar to PREHISTORIA (20)

A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
Unidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoriaUnidade 9. a prehistoria
Unidade 9. a prehistoria
 
Tema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoriaTema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoria
 
Tema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaTema IX: A Prehistoria
Tema IX: A Prehistoria
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
Temas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º esoTemas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º eso
 
El paleolitico
El paleoliticoEl paleolitico
El paleolitico
 
A prehistoria víctor
A prehistoria víctorA prehistoria víctor
A prehistoria víctor
 
Prehistoria
PrehistoriaPrehistoria
Prehistoria
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
A vida na prehistoria
A vida na prehistoriaA vida na prehistoria
A vida na prehistoria
 
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular ColonizadoresTema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
Presentacion 1 historia
Presentacion 1 historiaPresentacion 1 historia
Presentacion 1 historia
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
A PREHISTORIA
A PREHISTORIAA PREHISTORIA
A PREHISTORIA
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

PREHISTORIA

  • 1. UNIDADE 9. A PREHISTORIA
  • 2. 09 A prehistoria 3. A arte das cavernas 6. A Prehistoria en España e Galicia 4. O Neolítico: a produción de alimentos 5. A Idade dos Metais 2. O Paleolítico: a caza e a recolección 1. Os primeiros seres humanos
  • 3. Introdución (V.V. PÁX. 154-155) A Prehistoria abrangue un período de tempo que se inicia coa orixe da especie humana, hai máis de dous millóns de anos, e que se estende ata a aparición da escritura (3500 a.C.). Comprende o 99,8% da historia da humanidade. Durante milenios, os seres humanos foron cambiando o seu aspecto físico e aprenderon a fabricar instrumentos, dominar o lume, comunicarse... Da actividade humana durante ese longo período de tempo non existen testemuños escritos, só testemuños arqueolóxicos: pedras talladas, fósiles humanos, pinturas, instrumentos... A Historia vén definida pola existencia de textos escritos que nos dan a coñecelos diferentes procesos e singularidades de cada época. En Galicia esta etapa comeza cos romanos, xa que a poboación indíxena non coñecía a escritura. Temporalmente comprende o 0,2% da historia da humanidade.
  • 4.
  • 5.
  • 6. Introdución a Prehistoria A Prehistoria divídese en tres etapas: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. No Paleolítico (a primeira etapa da Prehistoria), a humanidade vivía da caza, da recolección e era nómada. No Neolítico, aprendeu a domesticar animais e cultivar a terra, e volveuse sedentaria. Xurdiron os primeiros poboados e actividades como o tecido e a cerámica. Na Idade dos Metais, o ser humano aprendeu a arte da metalurxia. Isto abriralle paso ás primeiras civilizacións.
  • 7. PREHISTORIA PALEOLÍTICO 3.500.000 /2.500.000 anos Australopithecus (Homínido) 2.300.000 Homo habilis a.C. (primeiros utensilios) 1.900.000 a.C. Homo erectus (lume) 150.000 a.C. Homo neanderthalensis (primeiros enterramentos) 120.000 a.C. Homo sapiens Sapiens (primeiras mostras de arte) NEOLÍTICO 8.000 a.C. Agricultura 7.000 a.C. a 5.000 a.C. difusión da agricultura cara Europa 5.500 a.C. Primeiras culturas neolíticas na Península Ibérica IDADE DOS METAIS 2.500 a.C.-1.800 a.C. Idade de Cobre ou Calcolítico 1.800 a.C.-1.000 a.C. Idade de Bronce 1.000 a.C. Idade de Ferro
  • 8.
  • 9.
  • 10. Introdución ACTIVIDADES 1) Observa a táboa cronolóxica: Que período histórico representa? Que etapas están sinaladas? Que aspectos se salientan en cada unha? 2) Observa os seguintes obxectos. En que etapa da prehistoria os situarías e por que?
  • 11. 1. OS PRIMEIROS SERES HUMANOS 1.1. ADAPTACIÓN E EVOLUCIÓN (V.V. PÁX. 156) Hai uns seis millóns de anos produciuse un quecemento do clima que fixo desaparecer grandes zonas de bosque. En África, algúns primates iniciaron unha lenta evolución para adaptárense ás novas condicións climáticas e sobrevivir nun medio hostil. Non posuían grandes calidades físicas (velocidade, forza...), pero foron capaces de organizarse en grupos para cazar nas chairas. Eran os primeiros homínidos, que co paso do tempo deron lugar á especie humana.
  • 12.
  • 13.
  • 14. 1. OS PRIMEIROS SERES HUMANOS 1.2. O PROCESO DE HOMINIZACIÓN (V.V. PÁX. 156) Os cambios que converteron aos primates en seres humanos foron lentos e complexos. Os fósiles atopados permítennos coñecer a evolución: O primeiro paso foi a posición vertical e marcha bípede (maior campo de visión e autonomía da man) Mantemento da cabeza en equilibrio: aumento da capacidade cranial e, con iso, desenvolvemento do cerebro. As mans usáronse para a fabricación de utensilios. O uso do lume e dos útiles para abrandar e cortar os alimentos deu lugar á diminución do tamaño das mandíbulas e dos dentes e á aparición do queixo e da fronte plana. Incremento da intelixencia e comunicación (linguaxe). Traslado de coñecemento a outras xeracións.
  • 15.
  • 16. •AUSTRALOPITHECUS •(Homínido) •3.500.000/2.500.000 anos •Talla: 1,10 m •Peso 40 kg •Camiñaba ergueito •HOMO HABILIS •2.300.000/1.800.000 anos •Talla: 1,59 m •Peso 50 kg •Primeiros utensilios •Podía falar •HOMO ERECTUS •1.900.000/400.000 anos •Talla: 1,60 m •Peso 60 kg •Descubrimento do lume. •Cazarías en grupo. •HOMO NEANDERTHALENSIS •150.000/35.000 anos •Talla: 1,65 m •Peso 80 kg •Primeiros enterramentos •Fabricación de útiles especializados •HOMO SAPIENS SAPIENS •120.000 anos (40.000 península Ibérica) •Talla: 1,70 m •Peso 70 kg •Primeiras manifestacións de arte •Fabricación de útiles en óso e de asta DO AUSTRALOPITHECUS AO SER HUMANO ACTUAL
  • 17. DOS PRIMATES AO SER HUMANO ACTUAL?
  • 18. DOS PRIMATES ao Homer Sapien
  • 19. Pouco volume cranial Maior volume cranialFronte fuxidía Fronte plana Inexistencia de queixo Queixo Columna non vertical Columna recta Man liberada Marcha cuadrúpede Marcha bípede COMPARACIÓN DO ESQUELETO DUN GORILA E UN SER HUMANO
  • 20. 1. A EVOLUCIÓN HUMANA (V.V. PÁX. 157) O Australopithecus (3.500.000 anos) era un homínido situado entre os grandes primates e o ser humano. Xa era bípede e utlizaba utensilios (paus, pedras) para axudarse nos seus labores, pero non os fabricaba de forma consciente. O primeiro que tivo este comportamento e que, xa que logo, se considera o primeiro humano foi o Homo habilis (2.300.000 anos). O Homo erectus (1.900.000 anos) tiña xa un cerebro máis desenvolvido e camiñaba erguido. Seguidamente atopamos ao Homo neanderthalensis (150.000 anos) e, finalmente, o Homo sapiens sapiens (120.000 anos). Despois dun período onde conviviron, o Home neanderthalensis desapareceu pola superioridade do Homo sapiens sapiens, que ten o aspecto físico, o volume e a complexidade cerebral do ser humano actual.
  • 21.
  • 22.
  • 23.
  • 24.
  • 25.
  • 26.
  • 27. HOMÍNIDO/HOMO CRONOLOXÍA CONTINENTE TALLA/PESO CARACTERÍSTICAS Australopitecus afarensis Homínido bípedo. 3.500.000 África Oriental (Rift Valley) Macho: 1,40 m. 40 kg Femia: 1,10 m. 30 kg 450 cm3 Posición bípeda. Usa instrumentos de pedra pero non os fabrica. Non sabe falar. Homo Habilis 2.300.000 África Oriental Macho: 1,30 m. 50 kg Femia: 1 m. 40 kg 800 cm3 Fabrica instrumentos de pedra (seixo afiado- chopper) Homo Erectus 1.600.000 Toda África e Asia Macho: 1,70 m. 70 kg Femia: 1,30 m. 60 kg 1.000 cm3 Parece que hai un antecesor africano: homo ergaster (lago Turkana). Pedra de sílex (bifaz). Cazarías en grupo. Uso do lume. Homo Neanderthal 300.000 anos Europa Macho: 1,65 m. 75 kg Femia: 1,50 m. 65 kg 1.500 cm3 Antecedentes: Antecessor (800.000 anos) e Heidelbergensis (600.000) Especialización de instrumentos de sílex (frecha, raspadeira, perforador...). Primeiros enterramentos. Homo Sapiens 200.000 anos Tódolos continentes Europa (hai 40.000 anos) Macho: 1,75 m. 70 kg Femia: 1,60 m. 50 kg 1.450 cm3 Apareceu en África oriental e de aí cara a todos os continentes. Europa 40.000 anos. Útiles de óso e hasta (propulsor, arpón...). Primeiras manifestacións artísticas.
  • 28.
  • 30. Apartado 1 ACTIVIDADES 1) Observa os esqueletos. ¿Qué diferenzas podes ver nos brazos e nas mans? ¿E nos cranios? 2) Explica a diferenza na pelve e mais na columna. Relaciona estes cambios do bipedismo. 3) Que período de tempo abrangue o eixe sobre o proceso de hominización? 4) Explica o proceso evolutivo analizando os procesos que se producen nos diversos fósiles dende o Australopitechus ata o Homo Sapiens Sapiens. 5) Como xurdiron os primeiros homínidos? ¿Que características diferencian aos seres humanos do resto dos primates? 6) Como se chama o proceso que levou aos primates a converterse en seres humanos?
  • 31. 2. O PALEOLÍTICO: A CAZA E A RECOLECCIÓN (V.V. PÁX. 158) Coa aparición dos primeiros seres humanos iniciouse o primeiro gran período prehistórico: o Paleolítico, que significaba pedra vella. Neste período sucedéronse épocas de moito frío (glaciacións) con etapas máis cálidas.
  • 32. 2. O PALEOLÍTICO: A CAZA E A RECOLECCIÓN 2.1. SOCIEDADE DE CAZADORES-COLLEITEROS (V.V. PÁX. 158) O ser humano apañaba froitos, pescaba e cazaba para alimentárense. Como non producían alimentos: eran depredadores. Cazaban grandes mamíferos (bisontes, mamuts, renos...) aínda que tamén atrapaban insectos, réptiles e pequenos mamíferos. Utilizaban a carne para comer, as peles para abrigárense, os ósos para os instrumentos e os tendóns para facer cordas. Vivían ao abeiro de covas e abrigos ou en cabanas construídas con paus, peles e barro. Eran nómedes.
  • 33. 2. O PALEOLÍTICO: A CAZA E A RECOLECCIÓN 2.2. UTILIZACIÓN DO LUME (V.V. PÁX. 158) Hai 400.000 de anos, o Homo erectus debeu descubrir o lume. Decatouse da súa utilidade e esforzouse para mantelo vivo. Posteriormente os neandertais aprenderon a prender o lume, batendo dúas pedras (pedernal e pirita de ferro) ou por rotación e fricción dun pau sobre un tronco. O lume serviu para quentarse, iluminar, cociñar, asustar as feras...
  • 34. 2. O PALEOLÍTICO: A CAZA E A RECOLECCIÓN 2.3. FABRICACIÓN DE INSTRUMENTOS (V.V. PÁX. 158) É un dos signos de diferencia entre a especie humana e o resto dos animais. Inicialmente utilizaron pedras talladas (seixos, croios) para conseguir gume cortante. Logo utilizaron o sílex rocha dura que ao golpeala rompe en láminas e produce unha aresta moi afiada. Con ela fabricaban bifaces (ferramentes cortadas por dúas caras). Co tempo especializaron o tipo de ferramentas de pedra: raspadeiras, puntas de lanza, perforadores. Tamén utilizaron ósos e hasta de animais para facer anzois, arpóns, agullas, arcos ou propulsores.
  • 35. 2. O PALEOLÍTICO: ELABORACIÓN DU BIFACE (V.V. PÁX. 158)
  • 36.
  • 37.
  • 38. Apartado 2 ACTIVIDADES 1)Que é o Paleolítico? Que significa que os seres humanos eran depredadores e nómades? 2)Que importancia tiña o dominio e utilización do lume? 3)Explica como evolucionou a talla de pedra durante o Paleólitico.
  • 39. 3. O PALEOLÍTICO: ARTE DAS CAVERNAS 3.1. As primeiras crenzas relixiosas As crenzas relixiosas nacen da necesidade de dar unha explicación aos misterios da vida, a morte, o crecemento das plantas, a chuvia, o sol. Tentaron influír mediante cerimonias rituais. Ritos funerarios.
  • 40. Sepultura de Dolni Vestonice (R. Checa) Paleolítico Superior
  • 42. MANGO DE PROPULSOR COVA DA MAGDALENA (FRANCIA)
  • 45. Silueta de mans. Cova de El Castillo (Cantabria)
  • 46. Recolección de mel Cova da Araña (Valencia)
  • 47. Cova de Cogul (Lleida) 6.000 a.C.
  • 48. Na arte rupestre utilizábanse técnicas moi variadas. Moitas pinturas son monocromas, dunha cor, pero tamén as hai policromas, de cores vermella, ocre ou negra. Algunhas están delimitadas por un trazo externo groso e outras aproveitan os saíntes das rochas para dar a sensación de volume.
  • 49.
  • 50.
  • 51. Apartado 3 ACTIVIDADES 1)Cando e como os seres humanos comezaron a soterrar aos mortos? 2)Que técnicas se utilizaron nas pinturas rupestres? ¿Que cores predominan? Explica o significado que se lles dá a estas pinturas. 3)Que tipo de obras conforman a arte mobiliar prehistórica? Explica as súas características e o que representan.
  • 52. 4. O NEOLÍTICO: A PRODUCIÓN DE ALIMENTOS 4.1. Introdución (V.V. PÁX. 160) Hai uns 10.000 anos, nunha zona do Oriente Próximo regada polos ríos Tigris e Eúfrates, coñecida como a Crecente Fértil, iniciouse a produción de alimentos. Esta nova etapa da historia da humanidade coñécese co nome de Neolítico, que significa pedra nova.
  • 53.
  • 54. 4. O NEOLÍTICO: A PRODUCIÓN DE ALIMENTOS 4.1. Agricultura e gandaría (V.V. PÁX. 160) Aprenderon a cultivar cereais (trigo, orxo, centeo...) e legumes (lentellas, garavanzos, chícharos). Aprenderon a domesticar (can, ovella, cabra, porco, aves...)
  • 55. 4. O NEOLÍTICO: A PRODUCIÓN DE ALIMENTOS 4.2. Novos útiles e técnicas (V.V. PÁX. 160) Apareceron novos instrumentos como a fouce, a aixada, a machada, o muíño. Unha técnica nova: a pedra puída. A cerámica. Tecidos: fuso e tear. Xoias: minaría de pedras semipreciosas.
  • 56.
  • 57.
  • 58.
  • 59. 4. O NEOLÍTICO: A PRODUCIÓN DE ALIMENTOS 4.3. Difusión do Neolítico (V.V. PÁX. 160) Dende a Crecente Fértil a través do Mediterráneo e seguindo os cursos dos ríos centroeuropeos produciuse, a partir do VII milenio a.C., a difusión por Europa das novas técnicas, útiles e modos de vida propios do período Neolítico. Ademais da Crecente Fértil, tamén xurdíu en: O val do Indo (India) O val do Huang He (China) Altiplanos de Centroamérica (México) Cordilleira dos Andes (Perú)
  • 60.
  • 61.
  • 62.
  • 63.
  • 64.
  • 65. Animal Ano a.C. Lugar Animal Ano a.C. Lugar Ovella 8.500 Iraq Asno 3.000 Exipto Can 8.400 EEUU Camelo 3.000 Sur de Rusia Porco 7.000 Turquía Cabalo 3.000 Ucraína Vaca 6.500 Turquía e Grecia Galiña 2.000 Paquistán Verme de seda 3.500 China Gato 1.600 Exipto
  • 66. Apartado 4 ACTIVIDADES 1)Como se orixinaron a agricultura e gandería? 2)Que cambios nos utensilios e nas técnicas se experimentaron a partir do Neolítico?
  • 67. 4. O NEOLÍTICO: A VIDA NUNHA ALDEA 4.3. Çatal Hüyuk Situada en Turquía, é unha das aldeas neolíticas máis antigas do mundo (9.000 anos atrás). Abranguía máis de 1.000 vivendas e cunha poboación entre 5.000 e 10.000 habitantes. As casas estaban pegadas unhas a outras, sen rúas, accedíase pola azotea. Estaban formadas por unha sala que contiña o fogar e rodeada de habitacións máis pequenas destinadas a almacéns. Algunhas casas presentan habitacións moi decoradas (pinturas e relevos de touro) asociadas a santuarios. Nestes santuarios atopáronse unhas estatuíñas elaboradas a miúdo con barro, que se semellan ás Venus paleolíticas. Asócianse coa fertilidade.
  • 68.
  • 69.
  • 70. 5. A IDADE DOS METAIS 5.1. Utilización dos metais (V.V. PÁX. 162) A metalurxia iniciouse no Oriente Próximo contra o V milenio a.C. O primeiro mineral coñecido foi o cobre (5.000 a.C.), pero era moi brando e os utensilios deformábanse moi rapidamente.
  • 71. 5. A IDADE DOS METAIS 5.1. Utilización dos metais (V.V. PÁX. 162) Séculos máis tarde, algúns artesáns comezaron a mesturar o cobre co estaño e obtiveron o bronce (3.000 a.C.), un metal duro e cortante que podía substituír á pedra. Fabricáronse obxectos e armas para os máis poderosos. Cara o II milenio a.C. comezouse a traballar o ferro, un metal excelente para as armas e os utensilios agrícolas.
  • 72. METALURXIA CRONOLOXÍA Cobre 5.000 a.C. (Península Ibérica 3.000- 1.700 a.C.) Bronce 3.000 a.C. (Península Ibérica 1.700- 1.000 a.C.) Ferro 2.000 a.C. (Península Ibérica a partir do 1.000 a.C.)
  • 73.
  • 74.
  • 75.
  • 76. Obxectos de ouro atopados en enxovais funerarios
  • 77. 5. A IDADE DOS METAIS 5.2. Elaboración dos metais (V.V. PÁX. 162) Os primeiros útiles fixéronse golpeando os metais (cobre) en frío. Pero a verdadeira metalurxia aparece cando se empeza a utilizar a forxa. Ao bater no metal aplicábaselle lume e calor o que permitía modelalo mellor. Unha nova fase comeza coa fundición consistente en fundir o metal (bronce) e darlle a forma desexada verténdoo en moldes. Finalmente coa siderurxia (ferro) a tecnoloxía fíxose máis complexa precisando de altas temperaturas.
  • 78. 5. A IDADE DOS METAIS 5.3. Artesáns e comerciantes (V.V. PÁX. 162) A metalurxia era un traballo duro. Precisaba de especialización. Foi, quizais, o primeiro oficio polo que os artesáns recibían alimentos a cambio dos seus produtos. Foron aparecendo outros oficios (xoieiros, ferreiros, ceramistas...). A produción estimulou o comercio que mellorou coa mellora nas técnicas de navegación e o uso da roda.
  • 80. 5. A IDADE DOS METAIS 5.4. Primeiras cidades (V.V. PÁX. 162) As antigas aldeas neolíticas do Oriente Próximo medraron considerablemente. Tiñan moitos edificios e murallas para defenderse, convertéronse en verdadeiras cidades. Co desenvolvemento dos oficios especializados aparecen os grupos sociais diferenciados e determinadas persoas comezaron a acumular riqueza e poder. A existencia de terras cultivadas, rabaños ou obxectos que podían ser roubados implicou a necesidade de defensa fronte a pillaxe. Entre os guerreiros que defenden as cidades nace un caudillo ou rei que goberna a cidade.
  • 81. 5. A IDADE DOS METAIS 5.5. O megalitismo (V.V. PÁX. 166) En Europa a partir do V milenio a.C., nas sociedades agrícolas máis avanzadas, os seres humanos erixiron uns monumentos construídos con grandes lousas de pedra que se denominan megalitos. Grandes monumentos megalíticos atopanse diseminados por Europa, pero os focos máis importantes están na costa atlántica (onde destaca Galicia) e no norte de África. Un dos monumentos megalíticos máis importantes é o de Stonehenge, en Gran Bretaña. Existen diferentes tipos de megalitos: menhir, dolmen e crómlech.
  • 82. Difusión do megalitismo Por Europa e norte de África
  • 83.
  • 85. 5.5. MEGALITISMO Menhir ou pedrafita (V.V. PÁX. 166) Consiste nunha gran pedra cravada verticalmente sobre o chan. Crese que podían ser conmemorativos ou unha marca territorial. Lapa de Gargantáns (Pontevedra)
  • 86.
  • 87. 5.5. MEGALITISMO Dolmen ou mámoa (V.V. PÁX. 166) É unha cámara formada por grandes pedras verticais que sosteñen unhas lousas de cobertura. Servía de sepultura funeraria colectiva.
  • 88. 5.5. MEGALITISMO Crómlech (V.V. PÁX. 166) Formado por un conxunto de pedras verticais e lousas horizontais dispostas formando un círculo. A súa función podería estar relacionada con algún culto agrario ou solar.
  • 89. Reprodución do Crómlech de Stonehenge (Reino Unido)
  • 90. Apartado 5 ACTIVIDADES 1) Que metais se comezan a usar a partir da idade dos Metais? 2) Que cambios se produciron nas sociedades do Oriente Próximo durante a idade dos Metais? 3) Que novas actividades se desenvolveron nas cidades de Oriente Próximo? 4) Que inventos ou avances permitiron o crecemento do comercio? 5) Onde e cando se erixiron as construcións megalíticas? Explica que tipos existen e describe as funcións que tiña.
  • 91. 6. PREHISTORIA NA P. IBÉRICA 6.1. Paleolítico (V.V. PÁX. 170) Presenza moi antiga. En Atapuerca (Burgos) atópanse os restos humanos máis antigos de Europa. Estes poboadores vivían en campamentos ao aire libre que se situaban sobre todo nos socalcos dos ríos; as súas ferramentas era moi toscas. Atópanse restos humanos de aproximadamente 800.000 anos de antigüidade, pertencentes a unha nova especie o Homo antecessor. Máis tarde a península estivo poboada por neandertais que vivían en covas e abrigos, e comezaron a fabricar ferramentas máis especializadas. Na etapa final do Paleolítico, xa co Homo sapiens sapiens, incorporáronse materiais como o óso ou a hasta, máis doadamente manexables. Deste período son as primeiras mostras de arte.
  • 92.
  • 93. Cronoloxía da prehistoria na Península Ibérica Paleolítico 800.000-VII milenio a.C. Neolítico VII milenio a.C.-3.000 a.C. Idade de Cobre 3.000 a.C.-1.700 a.C. Idade de Bronce 1.700 a.C.-1.000 a.C. Idade de Ferro I milenio a.C.
  • 94.
  • 95.
  • 96. 6. PREHISTORIA NA P. IBÉRICA 6.2. As pinturas rupestres (V.V. PÁX. 170) A península Ibérica foi rica en arte rupestre. Destacan dúas zonas: cantábrica e mediterránea ou levantina. Na zona cantábrica predomina a representación naturalista de animais, normalmente illados e de cores vivas. Salienta a cova de Altamira (Cantabria), considerada unha das mellores do mundo en pintura rupestre. A zona mediterránea ou levantina aparecen escenas de grupo cunha técnica máis esquemática, que adoitan representar a vida cotiá (caza, recolección...) e están pintadas cunha soa cor.
  • 97.
  • 99. Reprodución sala dos bisontes de Altamira
  • 100. ABRIC DELS CAVALLS BARRANC DE LA VALLTORTA CASTELLÓN
  • 101. Cova de Cogul (Lleida) 6.000 a.C.
  • 102. Aspectos Cantábrica Levantina Cronoloxía A partir do 30.000 a.C. A partir do 6.000 a.C. Características xerais Naturalista Esquemática Cores Policromada con cores vivas Monocromática Exemplos de covas e abrigos Altamira, Tito Bustillo, El Castillo Valtorta, Cova da Araña, Cogul Temas Animais illados. Non aparece a figura humana Escenas grupais (danza, caza, recolección). Aparece a figura humana
  • 103. 6. PREHISTORIA NA P. IBÉRICA 6.3. O Neolítico. O Megalitismo (V.V. PÁX. 171) As primeiras comunidades neolíticas apareceron na península Ibérica cara o VI milenio a.C. Os depósitos arqueolóxicos máis antigos deste período localízanse na costa mediterránea e caracterízanse pola presenza da chamada cerámica cardial. O desenvolvemento do megalitismo na península Ibérica comezou a finais do Neolítico e mantívose durante boa parte da Idade dos Metais. Estremadura, Galicia, País Vasco, Catalunya e Andalucía son ricas neste tipo de monumentos.
  • 105. Cerámica Cardial l’Or Alcoy (Valencia) Cerámica almagra Zuheros (Córdoba)
  • 108. 6. PREHISTORIA NA P. IBÉRICA 6.4. A Idade dos Metais (V.V. PÁX. 171) Cara o III milenio a.C. estendeuse a metalurxia do cobre. Salienta a cultura dos Millares (2.300 a.C.), que se orixinou en Almería. II milenio a.C., culturas coñecedoras da metalurxia de bronce, como a do Argar (Almería) con enterramentos individuais e casas de pedra e adobe. A idade de Ferro (I milenio a.C.) iniciouse coa chegada de pobos colonizadores do Mediterráneo (fenicios, gregos e cartaxineses) e celtas de Centroeuropa.
  • 109. Cronoloxía Culturas Localización Idade de cobre (3.000-1.700 a.C.) Difusión do megalitismo Galicia e Andalucía Cultura do vaso campaniforme Centro, sur e Mediterráneo Os Millares Almería Idade de bronce (1.700-1.000 a.C.) Cultura do Argar Cultura Talaiótica (Taula, Naveta e Talaiot) Murcia, Granada e Almería, costa de Málaga Baleares (Mallorca e Menorca) Idade de Ferro (I milenio a.C.) Cultura do campo de urnas Colonizacións mediterráneas e Indoeuropeas (protohistoria): Fenicios, Gregos, Cataxineses, Íberos Cultura castrexa Toda a Península e Mediterráneo Noroeste peninsular
  • 110. Idade de Cobre Los Millares (Almería)
  • 111. Idade de Bronce El Argar (Almería) Reprodución
  • 112. Apartado 6 ACTIVIDADES 1) Que antigüidade teñen os restos humanos atopados en Atapuerca? 2) Cando chegou o Neolítico á Península Ibérica? Que tipo de monumentos se construíron? 3) Que culturas se desenvolveron durante a Idade dos Metais? Onde xurdiron e que características teñen?
  • 113. 7. GALICIA NA PREHISTORIA 7.1. OS PRIMEIROS POBOADORES (V.V. PÁX. 172) No Paleolítico atopamos restos arqueolóxicos en antigos campamentos ao aire libre como en Toén (Ourense), desembocadura do río Miño e nas gándaras de Budiño (O Porriño-Pontevedra). Tamén en Vilalba (Lugo) atopáronse ocupacións máis recentes deste período con instrumentos de sílex, cristal de rocha e outras pedras. Os derradeiros grupos paleolíticos diversificaron os seus recursos económicos e incorporaron á súa dieta a inxestión de moluscos en grandes cantidades. A acumulación das cunhas producen un tipo de cimento arqueolóxico os cuncheiros.
  • 117. 7. GALICIA NA PREHISTORIA 7.2. O NEOLÍTICO (V.V. PÁX. 173) Ao principio do V milenio a.C. apareceu a agricultura e máis a gandería. Cultivábanse cereais como o trigo e o millo miudo. Coidábanase animais como o porco, a ovella e a cabra. Durante o neolítico desenvolvéronse dúas das manifestacións máis coñecidas en Galicia: os petróglifos e os megalitos. Ambas mantivéronse na Idade dos Metais.
  • 118. 7. GALICIA NA PREHISTORIA 7.2. OS PETRÓGLIFOS (V.V. PÁX. 173) Constitúen a expresión máis característica da arte rupestre galega. O petróglifo é un gravado feito sobre as rochas de granito ao aire libre. Teñen formas moi variadas. Predominan os temas xeométricos como espirais e círculos concéntricos, mais tamén aparecen motivos zoomorfos ou antropomorfos sempre moi esquematizados. A maior parte concéntranse nas Rías Baixas principalmente na de Pontevedra e Vigo, e, sobre todo, en Campo Lameiro. Na Coruña destaca a parroquia de Louro en Muros.
  • 120. Petroglifos A Pedra da Boullosa Campo Lameiro (Pontevedra) Coto das Sombriñas Tourón-Ponte Caldelas (Pontevedra)
  • 121. 7. GALICIA NA PREHISTORIA 7.2. MEGALITISMO (V.V. PÁX. 172) A cultura megalítica coñecese sobre todo pola súa arquitectura. Aos menhires en Galicia chamámoslles “pedras fitas” mentres que aos sepulcros ou dolmens lles chamamos “mámoas”. Os máis frecuentes constan dunha cámara (“anta”) que se recubría cun túmulo circular formado por terras e pedras.
  • 123. Dolmen Pedra da Arca Cerqueda (Malpica)
  • 126. Dolmen Axeitos (Ribeira) Lapa de Gargantáns (Pontevedra)
  • 127. 7. GALICIA NA PREHISTORIA 7.3. A METALURXIA EN GALICIA (V.V. PÁX. 172) A partir do II milenio a.C. desenvólvese a Idade de Bronce. A riqueza mineral de Galicia, principalmente en estaño, favorece a chegada de buscadores de metais que difundiron a metalurxia. Xurdiron moitos focos mineiros e fabricaron moitas ferramentas de metal e inícianse trocos comerciais con Bretaña (Francia), Cornualles (Inglaterra), Portugal e outras civilizacións do Mediterráneo. Aparecen moitas alfaias destacando o Tesouro de Caldas de Reis con numerosas pezas de ouro.
  • 128. Machados de bronce Saiáns (Vigo) Tesouro de Caldas Museo Provincial (Pontevedra)
  • 129. Caso de Leiro (Rianxo) Museo Aqueolóxico Provincial Castelo de San Antón (A Coruña)
  • 130. Apartado 7 ACTIVIDADES 1)Cales son os principais tipos de megálitos galaicos? Cal é o significado da palabra petróglifo? 2)Que sucedeu durante a Idade do Bronce en Galicia?
  • 131. Ondadas migratorias e formación dos pobos prerromanos I milenio a.C.
  • 132.
  • 133.
  • 134. Estatuiña fenicia dun sacerdote VIII-VII a.C. Estatuiñas femininas procedentes da necrópole cartaxinesa de Puig de Molins (Ibiza)
  • 135.
  • 138.
  • 140.
  • 141.
  • 142. A dama de Elche (V-IV a.C.) Estatuiña feminina Castillar de Santiesteban (Xaén)
  • 146. Verróns chamados Touros de Guisando (Ávila) IV-I a.C.
  • 147. Fibelas para o cinto Fíbulas para unir a vestimenta Torques para o pescozo e brazos
  • 148. 8. GALICIA ENTRA NA HISTORIA 8.1. A CHEGADA DOS CELTAS (V.V. PÁX. 220) As primeiras novas escritas sobre a historia de Galicia proceden dos historiadores gregos e romanos. Sinálannos que os habitantes da nosa terra se chamaban oestrimnios. Escriben, así mesmos, que despois chegaron os saefes ou homes serpes. Os primeiros (oestrimnios) serían os pobos indíxenas que habitaban Galicia a comezos do primeiro milenio a.C. Os segundos (saefes), os pobos centroeuropeos, polo xeral chamados celtas, asentáronse no noroeste peninsular ao redor do século VI a.C. O contacto entrambos os dous pobos deu orixe á cultura castrexa.
  • 149. POBO LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA APROXIMADA ALBIÓNS val do Navia-Eo ARRÓNS Ortegal-Viveiro ÁRTABROS (ou Arrotrebas) ría de Ferrol-Betanzos-A Coruña BAEDIOS Betanzos BÍBALOS val do Búbal-O Bolo BRIGANTINOS Bergantiños CAPOBOS (ou Coporos) entre Padrón e Lugo CÉLTICOS entre Tambre e Begantiños CIBARCOS (ou Cabarcos) vales do Masma e o Eo CILENOS Caldas de Reis-Cuntis COELERNOS val de Arnoia-Celanova EGOVARROS-NAMARINOS val do Masma-serra de Meira? GROVIOS Tui-Baiona IADONES (ou Iadobes) Ortegal-Bares-Fazouro LAPATIENCOS ría de Ferrol-Ortigueira LEMAVOS Terra de Lemos LÍMICOS Limia NERIOS Fisterra-Terra de Soneira POEMANOS Lugo? PRAESTAMARCOS Barbanza SEURROS TRANSMINIENSES Alto Ulla-Sarria-Becerreá SUPERTAMARCOS val do Tambre-Noia SUSARROS Courel-Cebreiro TAMAGANOS Monterrei-Val do Támega POBOS CASTREXOS LOCALIZACIÓN APROXIMADA
  • 151. 8. GALICIA ENTRA NA HISTORIA 8.2. OS CASTROS GALAICOS (V.V. PÁX. 222-225) A manifestación máis enxebre da cultura castrexa é o castro. Os castros celtas son poboados situados en montes e cantís qu normalmente teñen un acceso complicado. Están trazados con escaso sentido urbanístico e adoitan estar defendidos por foxos e sólidas murallas. Consérvanse restos de moitos castros en toda Galicia: Sta. Tegra (A Guarda), Viladonga (Castro de Rei), Baroña (Porto do Son), Borneiro (Cabana), Fazouro (Foz) ou Elviña (A Coruña). As súas casas son de estrutura circular ou rectangular, construíanse con pedra e tiñan teito cónico de palla e porta de madeira. Fóra dispoñína de almacén, forno e muíño de auga; o gando atábase ás paredes da casa.
  • 152.
  • 154.
  • 162.
  • 163.
  • 164.
  • 165.
  • 167. 8. GALICIA ENTRA NA HISTORIA 8.3. AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS (V.V. PÁX. 222-225) A economía castrexa era fundamentalmente agrícola e gandeira: cultivaban cereais, como o paínzo, o centeo, o trigo, e leguminosas como fabas e chícharos. Coidaban de animais como a ovella, o porco, a cabra, a vaca e o cabalo. Complementaban estas actividades coa caza, pesca e o marisqueo nas rexións costeiras A actividade mineira era moi importante. Ademais do tradicional estaño e chumbo extraían ferro, unha das principais contribucións celtas, e metais preciosos coma o ouro. A riqueza mineira alentou o comercio con fenicios e cartaxineses, no sur da Península Ibérica e con outros pobos célticos das costas atlánticas de Francia e Inglaterra. Os intercambios realizáronse empregando o sistema de troco.
  • 168. 8. GALICIA ENTRA NA HISTORIA 8.4. ARTE E CRENZAS RELIXIOSAS (V.V. PÁX. 225) A destreza no traballo dos metais permitiu a elaboración de xoias, como torques, diademas, brazaletes que forman parte da ourivaría castrexa. As crenzas relixiosas eran moi diversificadas. Dábaselles culto ás divinidades protectoras dos animais e outras relacionadas coa guerra, os montes, a auga, os bosques e as encrucilladas de camiños. Os pobos galaicos non coñecían a escritura, aínda que deles temos novas a través de historiadores clásicos.
  • 169. Torque de Xanceda (Oroso) Estatua sedente (Xinzo de Limia)Diadema de Ribadeo
  • 170. Arracada de Berdoia (Vimianzo) III a.C. Guerreiro de Lesenho (Portugal) Cabeza (Rubiás-Bande)
  • 171. Apartado 8 ACTIVIDADES 1) Cales é a orixe dos pobos galaicos? 2) De onde procede o nome co que se coñece a súa cultura? 3) Como era a súa economía? 4) Cal é a súa manifestación artística máis coñecida?