SlideShare a Scribd company logo
1 of 42
¡Ola amiguiños e amiguiñas…!
Como seguramente deduciriades pola miña
vestimenta, eu son un home prehistórico (ou
sexa, que vivín na Prehistoria, no tempo das
cavernas).
Non sei se saberedes moi ben que é iso da
PREHISTORIA… Pois eu vóuvolo explicar
con moito gusto.
A Prehistoria é o periodo de tempo que vai
dende a aparición dos seres humanos (hai
máis de dous millóns de anos) ata a invención
da escritura -arredor do 3.000 a.C- (momento
no que da comezo a HISTORIA).
Debedes de saber que na
Prehistoria distínguense dúas
etapas principais:
O Paleolítico (periodo que
abrangue dende a aparición do
home -hai 2.500.000 anos- ata
o descubrimento da agricultura
e a gandería –arredor do ano
10.000 a.C-).
O Neolítico (que vai dende o
descubrimento da agricultura e
da gandería -10.000 a.C- ata a
invención da escritura -3.000
a.C-).

De
Seguro que vos preguntaredes cando apareceron na
Terra os primeiros humanos.
Hai 4.000.000 de anos apareceu en África o
“Australopithecus” (que camiñaba erguido sobre
dúas extremidades).
Hai 2.500.000 anos apareceu -tamén en África- o
“Homo hábilis” (que -cun cerebro máis grande- foi
quen de fabricar e usar ferramentas).
Máis tarde aparecemos os humanos modernos (“Homo sapiens-sapiens”).
Fabricabamos mellores ferramentas, construiamos cabanas e sabiamos usar o lume.
A evolución humana foi
impresionante ¿verdade?
Os primeiros seres humanos viviamos do
que a natureza nos ofrecía (cazabamos,
pescabamos, e tamén recolectabamos
ovos, sementes, froitos, bagas…).
Por iso non podiamos ter unha vivenda
fixa; eramos nómades (xa que debiamos
de desprazarnos -dun lugar a outro- na
procura de alimentos).
Perseguiamos rabaños de animais grandes como bisontes,
mamuts, cervos…

Pero tamén cazabamos animais máis pequenos, coma por
exemplo lebres, paxaros…
Cazabamos en grupo, e para atrapar as presas, tendiamoslles trampas e utilizabamos
armas de pedra e de madeira.
As armas utilizadas polos primeiros
homes foron simples pedras e estacas de
madeira.
Despois aprendemos a tallar o sílex e
outras pedras duras, para facer machados
e temibles puntas de azagaia.

Logo inventamos o propulsor, empregando un anaco
de corno de reno curvado cara arriba. O cazador
colocaba a súa azagaia apoiada sobre esa parte
curva. Cando lanzaba o propulsor cara adiante, a
azagaia soltábase con forza.
Unha azagaia lanzada coa man alcanzaba un branco
situado a cincuenta metros, pero lanzada coa axuda
dun propulsor, ¡a distancia conseguida podía ser o
dobre…!
Dos animais que cazabamos obtiñamos:
carne para comer, peles para vestirnos e
ósos e cornamentas para fabricar
ferramentas.
Respecto do proceso seguido para aproveitar as peles dos animais que cazabamos para facer as
nosas vestimentas, direivos que…
Os cazadores esfolaban o animal con habilidade. Os retallos (fixados ó chan con estacas)
tendíanse ó sol e sacábaselles os restos de carne e graxa para evitar que a pel se estragase.
Unha vez que as peles estaban limpas, poñiamolas a secar na caverna. Cando estaban secas,
confeccionabamos as prendas de vestir.
No proceso de tratado e confección das peles empregabamos raspadores (para sacar os restos
de carne e graxa) perforadores e agullas. Como fío utilizabamos tendóns de reno ou crinas de
cabalo.
A graxa utilizabamola para impregnar as mechas das nosas lámpadas.
A pesca era outro dos recursos que empregabamos para a obtención de alimentos.
Pescabamos en augas pouco fondas, empregando arpóns e anzois que faciamos con
ósos e hastas de animais.
Os homes prehistóricos viviamos en
tribos (colaborando nas actividades
de caza e recolección).
Procurabamos acubillo entre as
rochas e no interior das covas.
Cando nos desprazabamos, seguindo aos animais,
instalabamonos en campamentos ao aire libre, preto
dos ríos (construíndo cabanas con troncos de madeira
e peles de animais).
Co tempo chegamos a
dominar o lume…

Co lume podiamos
quentarnos, iluminar o
interior da cova, cociñar
alimentos e protexernos dos
animais salvaxes.
A domesticación do lume foi o
progreso máis importante da historia
da humanidade (cousa que ocorreu
hai 400.000 anos).
Os homes prehistóricos fabricabamos armas e ferramentas
que nos axudaban na realización das nosas actividades
diarias.
Ao principio, os instrumentos que fabricabamos os
homes prehistóricos eran de pedra de sílex tallada (fabricabamolos golpeando unhas pedras con
outras).
Os fragmentos máis pequenos e afiados, utilizabamolos coma coitelos; as pezas maiores usábanse como martelos e machadas.
As principais armas eran as lanzas e as frechas.
Había homes que eran auténticos expertos no
tallado da pedra.
Esta habilidade transmitíase de pais a fillos… En
cada xeración aparecía un pequeno progreso
que melloraba a técnica do tallado do sílex…
Dunha mesma pedra, podíanse obter ferramentas diferentes: rascadores, raspadores, punzóns,
bureles…
No proceso de tallado:
1º) Había que comprobar que o sílex non estivera rachado nin agrietado.
2º) Despois -cunha pedra laxa do río, moi dura- golpeábase o bloque de sílex do que se desprendía unha gran lámina (isto había que facelo con habilidade para evitar que o bloque de pedra partise en anacos inservibles).
3º) Cun anaco de corno de reno traballábanse os bordes da lámina desprendida… E coma un miragre, aparecía unha punta delgada, fina, de bordes casi transparentes parecida a unha folla de
loureiro…¡Unha auténtica obra de arte…!
Os homes prehistóricos usabamos tamén
os ósos e o marfil para facer instumentos
(agullas, arpóns, anzois, puntas de
azagaia, pas…).
Fixádevos por exemplo no proceso de confección dunha agulla.
Sobre unha tibia de reno trazábase -cun buril de sílex- a forma dunha agulla; practicabase unha
incisión penetrando con exactitude, e logo -cunha presión do pulgar- sacábase a astilla ósea que
se pulía contra unha rocha.
Logo, cun punzón de sílex practicábaselle un burato, obtendo así unha agulla moi útil para o cosido
das peles.
Tamén confeccionabamos obxectos artísticos (esculpindo
cabezas de cabalos ou corpos de mulleres…) e de adorno
(coma por exemplo colares que se facían perforando -cun
punzón- cunchas e dentes de animais que logo se enfiaban
nunha tira de coiro).
Os homes prehistóricos realizabamos pinturas nas paredes das covas; son as chamadas
PINTURAS RUPESTRES.
Os artistas da Prehistoria decoraban as cavernas coa finalidade de facer delas santuarios, lugares
onde se levaba a cabo a iniciación dos xóvenes cazadores…
Estas pinturas tiñan un sentido
máxico e propiciatorio da caza
(pintabamos os animais que desexabamos cazar).
Pintabamos coas mans, con plumas de aves ou con
pinceis feitos de pelos de animal.
Utilizabamos cores vivas que extraiamos dos minerais e
que mesturabamos con graxa de animais.
As cores máis utilizadas eran o vermello, o negro e o
ocre (a cor negra, por exemplo, conseguíase gracias ao
carbón de madeira).
Bisontes, cabalos, cervos, renos… eran
os animais que debuxabamos no teito
e nas paredes das covas…
Algunhas das covas más representativas da arte
rupestre son:
A Cova de Altamira (situada na zona cantábrica da
península Ibérica) na que predominan os animais
aillados (bisontes).
As covas da zona levantina da Península Ibérica
na que se introduce a figura humana moi estilizada (en
escenas de caza, danza ou recolección).
A Cova de Lascaux en Francia.
Paleolítico
Paleolítico
Paleolítico
Paleolítico
Paleolítico
Paleolítico
Paleolítico
Paleolítico
Paleolítico
Paleolítico

More Related Content

What's hot

What's hot (20)

Petroglifos
PetroglifosPetroglifos
Petroglifos
 
Tema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaTema IX: A Prehistoria
Tema IX: A Prehistoria
 
Unidade 01. Prehistoria na Península Ibérica
Unidade 01. Prehistoria na Península IbéricaUnidade 01. Prehistoria na Península Ibérica
Unidade 01. Prehistoria na Península Ibérica
 
I. A Prehistoria
I. A PrehistoriaI. A Prehistoria
I. A Prehistoria
 
PREHISTORIA
PREHISTORIAPREHISTORIA
PREHISTORIA
 
Prehistoria 1
Prehistoria 1Prehistoria 1
Prehistoria 1
 
Outeiro dos lameiros
Outeiro dos lameirosOuteiro dos lameiros
Outeiro dos lameiros
 
Unidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticoUnidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolítico
 
A prehistoria.
A prehistoria.A prehistoria.
A prehistoria.
 
Paleolítico e Neolítico
Paleolítico e NeolíticoPaleolítico e Neolítico
Paleolítico e Neolítico
 
Tema 3 2011-a galicia prerromana
Tema 3  2011-a galicia prerromanaTema 3  2011-a galicia prerromana
Tema 3 2011-a galicia prerromana
 
Julia y jessica neolitico
Julia y jessica neoliticoJulia y jessica neolitico
Julia y jessica neolitico
 
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZA PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
 
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular ColonizadoresTema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
 
Prehistoria ale
Prehistoria alePrehistoria ale
Prehistoria ale
 
09 a prehistoria
09 a prehistoria 09 a prehistoria
09 a prehistoria
 
Tema 9. prehistoria
Tema 9. prehistoriaTema 9. prehistoria
Tema 9. prehistoria
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
A prehistoriatemaesa
A prehistoriatemaesaA prehistoriatemaesa
A prehistoriatemaesa
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 

Viewers also liked (8)

Unidade didáctica tetón
Unidade didáctica tetónUnidade didáctica tetón
Unidade didáctica tetón
 
Serra da groba
Serra da grobaSerra da groba
Serra da groba
 
Teatro prehistórico
Teatro prehistóricoTeatro prehistórico
Teatro prehistórico
 
A nosa historia a3 1
A nosa historia a3 1A nosa historia a3 1
A nosa historia a3 1
 
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
 
Outros petróglifos de nigrán
Outros petróglifos de nigránOutros petróglifos de nigrán
Outros petróglifos de nigrán
 
▶ Cooperarte 2013 14 pptx
▶ Cooperarte 2013 14 pptx▶ Cooperarte 2013 14 pptx
▶ Cooperarte 2013 14 pptx
 
Agua da laxe
Agua da laxeAgua da laxe
Agua da laxe
 

Similar to Paleolítico

09c a prehistoria
09c a prehistoria09c a prehistoria
09c a prehistoriaroberto
 
A prehistoria víctor
A prehistoria víctorA prehistoria víctor
A prehistoria víctoroblogdeasun
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoriamasinisa
 
Tema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoriaTema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoriarubempaul
 
A prehistoria en galicia.lucia sanchez
A prehistoria en galicia.lucia sanchezA prehistoria en galicia.lucia sanchez
A prehistoria en galicia.lucia sanchezBegoña Codesal
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoriaxmgomba
 
Unidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticoUnidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticocamposseijo
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoriajcvpaz
 
R7 sociais 6
R7 sociais 6R7 sociais 6
R7 sociais 6Fiz
 
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexaPobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexaSerxio Folgueira Arias
 

Similar to Paleolítico (18)

Temas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º esoTemas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º eso
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
Prehistoria
PrehistoriaPrehistoria
Prehistoria
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
09c a prehistoria
09c a prehistoria09c a prehistoria
09c a prehistoria
 
A prehistoria víctor
A prehistoria víctorA prehistoria víctor
A prehistoria víctor
 
Prehistoria
PrehistoriaPrehistoria
Prehistoria
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
Tema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoriaTema 9 A prehistoria
Tema 9 A prehistoria
 
A prehistoria en galicia.lucia sanchez
A prehistoria en galicia.lucia sanchezA prehistoria en galicia.lucia sanchez
A prehistoria en galicia.lucia sanchez
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
Unidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticoUnidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolítico
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
R7 sociais 6
R7 sociais 6R7 sociais 6
R7 sociais 6
 
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexaPobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
 

More from Maria Lemos Cerqueira

More from Maria Lemos Cerqueira (8)

FOLIO LUCES CINE.pdf
FOLIO LUCES  CINE.pdfFOLIO LUCES  CINE.pdf
FOLIO LUCES CINE.pdf
 
FOLIO CÁMARA.pdf
FOLIO CÁMARA.pdfFOLIO CÁMARA.pdf
FOLIO CÁMARA.pdf
 
CUQUI PIÑEIRO
CUQUI PIÑEIROCUQUI PIÑEIRO
CUQUI PIÑEIRO
 
MIGUEL SANTAMARÍA
MIGUEL SANTAMARÍAMIGUEL SANTAMARÍA
MIGUEL SANTAMARÍA
 
Petroglyphs petróglifos iem
Petroglyphs petróglifos iem Petroglyphs petróglifos iem
Petroglyphs petróglifos iem
 
2014 juegos reglas
2014 juegos reglas2014 juegos reglas
2014 juegos reglas
 
2014 as pedras e os xogos
2014 as pedras e os xogos2014 as pedras e os xogos
2014 as pedras e os xogos
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 

Paleolítico

  • 1.
  • 2. ¡Ola amiguiños e amiguiñas…! Como seguramente deduciriades pola miña vestimenta, eu son un home prehistórico (ou sexa, que vivín na Prehistoria, no tempo das cavernas). Non sei se saberedes moi ben que é iso da PREHISTORIA… Pois eu vóuvolo explicar con moito gusto. A Prehistoria é o periodo de tempo que vai dende a aparición dos seres humanos (hai máis de dous millóns de anos) ata a invención da escritura -arredor do 3.000 a.C- (momento no que da comezo a HISTORIA).
  • 3. Debedes de saber que na Prehistoria distínguense dúas etapas principais: O Paleolítico (periodo que abrangue dende a aparición do home -hai 2.500.000 anos- ata o descubrimento da agricultura e a gandería –arredor do ano 10.000 a.C-). O Neolítico (que vai dende o descubrimento da agricultura e da gandería -10.000 a.C- ata a invención da escritura -3.000 a.C-). De
  • 4. Seguro que vos preguntaredes cando apareceron na Terra os primeiros humanos. Hai 4.000.000 de anos apareceu en África o “Australopithecus” (que camiñaba erguido sobre dúas extremidades). Hai 2.500.000 anos apareceu -tamén en África- o “Homo hábilis” (que -cun cerebro máis grande- foi quen de fabricar e usar ferramentas).
  • 5. Máis tarde aparecemos os humanos modernos (“Homo sapiens-sapiens”). Fabricabamos mellores ferramentas, construiamos cabanas e sabiamos usar o lume.
  • 6. A evolución humana foi impresionante ¿verdade?
  • 7. Os primeiros seres humanos viviamos do que a natureza nos ofrecía (cazabamos, pescabamos, e tamén recolectabamos ovos, sementes, froitos, bagas…). Por iso non podiamos ter unha vivenda fixa; eramos nómades (xa que debiamos de desprazarnos -dun lugar a outro- na procura de alimentos).
  • 8. Perseguiamos rabaños de animais grandes como bisontes, mamuts, cervos… Pero tamén cazabamos animais máis pequenos, coma por exemplo lebres, paxaros…
  • 9. Cazabamos en grupo, e para atrapar as presas, tendiamoslles trampas e utilizabamos armas de pedra e de madeira.
  • 10. As armas utilizadas polos primeiros homes foron simples pedras e estacas de madeira. Despois aprendemos a tallar o sílex e outras pedras duras, para facer machados e temibles puntas de azagaia. Logo inventamos o propulsor, empregando un anaco de corno de reno curvado cara arriba. O cazador colocaba a súa azagaia apoiada sobre esa parte curva. Cando lanzaba o propulsor cara adiante, a azagaia soltábase con forza. Unha azagaia lanzada coa man alcanzaba un branco situado a cincuenta metros, pero lanzada coa axuda dun propulsor, ¡a distancia conseguida podía ser o dobre…!
  • 11. Dos animais que cazabamos obtiñamos: carne para comer, peles para vestirnos e ósos e cornamentas para fabricar ferramentas.
  • 12. Respecto do proceso seguido para aproveitar as peles dos animais que cazabamos para facer as nosas vestimentas, direivos que… Os cazadores esfolaban o animal con habilidade. Os retallos (fixados ó chan con estacas) tendíanse ó sol e sacábaselles os restos de carne e graxa para evitar que a pel se estragase.
  • 13.
  • 14. Unha vez que as peles estaban limpas, poñiamolas a secar na caverna. Cando estaban secas, confeccionabamos as prendas de vestir. No proceso de tratado e confección das peles empregabamos raspadores (para sacar os restos de carne e graxa) perforadores e agullas. Como fío utilizabamos tendóns de reno ou crinas de cabalo. A graxa utilizabamola para impregnar as mechas das nosas lámpadas.
  • 15. A pesca era outro dos recursos que empregabamos para a obtención de alimentos. Pescabamos en augas pouco fondas, empregando arpóns e anzois que faciamos con ósos e hastas de animais.
  • 16. Os homes prehistóricos viviamos en tribos (colaborando nas actividades de caza e recolección). Procurabamos acubillo entre as rochas e no interior das covas.
  • 17. Cando nos desprazabamos, seguindo aos animais, instalabamonos en campamentos ao aire libre, preto dos ríos (construíndo cabanas con troncos de madeira e peles de animais).
  • 18. Co tempo chegamos a dominar o lume… Co lume podiamos quentarnos, iluminar o interior da cova, cociñar alimentos e protexernos dos animais salvaxes.
  • 19. A domesticación do lume foi o progreso máis importante da historia da humanidade (cousa que ocorreu hai 400.000 anos).
  • 20.
  • 21. Os homes prehistóricos fabricabamos armas e ferramentas que nos axudaban na realización das nosas actividades diarias.
  • 22. Ao principio, os instrumentos que fabricabamos os homes prehistóricos eran de pedra de sílex tallada (fabricabamolos golpeando unhas pedras con outras). Os fragmentos máis pequenos e afiados, utilizabamolos coma coitelos; as pezas maiores usábanse como martelos e machadas. As principais armas eran as lanzas e as frechas.
  • 23. Había homes que eran auténticos expertos no tallado da pedra. Esta habilidade transmitíase de pais a fillos… En cada xeración aparecía un pequeno progreso que melloraba a técnica do tallado do sílex… Dunha mesma pedra, podíanse obter ferramentas diferentes: rascadores, raspadores, punzóns, bureles…
  • 24. No proceso de tallado: 1º) Había que comprobar que o sílex non estivera rachado nin agrietado. 2º) Despois -cunha pedra laxa do río, moi dura- golpeábase o bloque de sílex do que se desprendía unha gran lámina (isto había que facelo con habilidade para evitar que o bloque de pedra partise en anacos inservibles). 3º) Cun anaco de corno de reno traballábanse os bordes da lámina desprendida… E coma un miragre, aparecía unha punta delgada, fina, de bordes casi transparentes parecida a unha folla de loureiro…¡Unha auténtica obra de arte…!
  • 25. Os homes prehistóricos usabamos tamén os ósos e o marfil para facer instumentos (agullas, arpóns, anzois, puntas de azagaia, pas…).
  • 26. Fixádevos por exemplo no proceso de confección dunha agulla. Sobre unha tibia de reno trazábase -cun buril de sílex- a forma dunha agulla; practicabase unha incisión penetrando con exactitude, e logo -cunha presión do pulgar- sacábase a astilla ósea que se pulía contra unha rocha. Logo, cun punzón de sílex practicábaselle un burato, obtendo así unha agulla moi útil para o cosido das peles.
  • 27. Tamén confeccionabamos obxectos artísticos (esculpindo cabezas de cabalos ou corpos de mulleres…) e de adorno (coma por exemplo colares que se facían perforando -cun punzón- cunchas e dentes de animais que logo se enfiaban nunha tira de coiro).
  • 28. Os homes prehistóricos realizabamos pinturas nas paredes das covas; son as chamadas PINTURAS RUPESTRES. Os artistas da Prehistoria decoraban as cavernas coa finalidade de facer delas santuarios, lugares onde se levaba a cabo a iniciación dos xóvenes cazadores…
  • 29. Estas pinturas tiñan un sentido máxico e propiciatorio da caza (pintabamos os animais que desexabamos cazar).
  • 30. Pintabamos coas mans, con plumas de aves ou con pinceis feitos de pelos de animal. Utilizabamos cores vivas que extraiamos dos minerais e que mesturabamos con graxa de animais. As cores máis utilizadas eran o vermello, o negro e o ocre (a cor negra, por exemplo, conseguíase gracias ao carbón de madeira).
  • 31. Bisontes, cabalos, cervos, renos… eran os animais que debuxabamos no teito e nas paredes das covas…
  • 32. Algunhas das covas más representativas da arte rupestre son: A Cova de Altamira (situada na zona cantábrica da península Ibérica) na que predominan os animais aillados (bisontes). As covas da zona levantina da Península Ibérica na que se introduce a figura humana moi estilizada (en escenas de caza, danza ou recolección). A Cova de Lascaux en Francia.