SlideShare a Scribd company logo
1 of 76
O Ecoparque Arqueolóxico
do Monte Tetón está situado
no concello de Tomiño
(parroquia de Tebra).
Tomiño pertence á comarca de O Baixo Miño (situada ao
sur da provincia de Pontevedra, xusto na desembocadura
do Miño -tal e como o seu nome indica-).
A comarca de O Baixo Miño
está formada polos concellos
de: O Rosal, Tomiño, Tui, Oia
e A Guarda.
Esta rica comarca está repleta de lugares de interese paisaxístico e cultural (localidades
de Tui e a Guarda, mosteiro de Oia, estuario e desembocadura do Miño, Monte Santa
Tegra e Monte Aloia, entorno natural de Mougás, muíños de Folón-Picón…).
•
Ademais, nesta comarca, hai lugares con restos
arqueolóxicos moi destacables, como por exemplo:
- O Castro do Monte Santa Tegra.
- O Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón (espazo onde se pode disfrutar de espléndidas manifestacións de arte rupestre e dun entorno paisaxístico
de gran beleza).
Este Ecoparque, ofrece mostras de arte rupestre -petróglifosde gran relevancia (xa que nel atopamos as máis grandes e
espectaculares combinacións de círculos concéntricos do continente europeo).
Pero… ¿Tedes claro o que son os petróglifos?
Seguramente saberedes que son gravados feitos sobre rochas
ao aire libre; manifestacións artísticas dos homes e mulleres
prehistóricos…
Estas insculturas (xunto coas mámoas e os castros) son os
elementos materiais que mellor identifican a nosa Prehistoria.
Galicia alberga un dos máis importantes conxuntos de arte rupestre ao aire libre de Europa.
A maior concentración destas manifestacións
atopámola na provincia de Pontevedra (ao longo
do curso do río Lérez e nas marxes das Rías Baixas -con escasa difusión polo norte e interior do
país-).
As rochas de granito -tan abundantes en
Galicia-foron os soportes sobre os que os homes
daquela época gravamos os petróglifos
(circunstancia que permitiu a súa conservación
durante tanto tempo).
Teño que dicirvos que nós (os gravadores de petróglifos) diferenciabamos moi ben os tipos de
gra-nito existentes, coñeciamos as súas
propiedades, eramos quen de avaliar a súa
dureza…
Para realizar os gravados empregabamos lascas e percutores
extraídos de rochas de cuarzo (seleccionadas pola súa dureza
e resistencia) que recolliamos nas proximidades das laxes que
iamos gravar.
• Coas lascas delineabamos as figuras (fase de deseño).
• Abriamos os sucos sobre o duro soporte con percutores grandes e puntiagudos (fase de piqueteado).
• Ampliabamos os sucos con percutores máis pequenos e romos (fase de rebaixe e debastamento).
• Empregabamos pequenos cantos de cuarcita para regularizar
os sucos cun sinxelo traballo de abrasión (fase de puído).
Nos petróglifos galegos podemos observar unha variada tipoloxía de motivos abstractos:
coviñas, combinacións circulares e círculos concéntricos, labirintos, espirais, cadrados e
reticulados, esváticas, paletas, zigs- zágs…
Ademais, aparecen motivos figurativos -ou sexa naturalistas- como por exemplo: antropomorfos, animais, armas, pegadas, embarcacións…

-
As coviñas -motivo máis sinxelo- son puntos gravados que aparecen nas máis variadas posicións: ciscadas de xeito aparentemente anárquico pola rocha; agrupadas dentro dun circo ou dun
cadrado; no centro dun circo ou dunha combinación circular; entre os aneis destas combinacións…
Outro motivo, que aparece case sempre caracterizando a arte
rupestre galega, son os círculos (hai fermosos exemplos nos
petróglifos de Mogor, na Laxe das Rodas en Cotobade ou na
Laxe de Rodas en Muros…).
Poden aparecer sós (con sucos radiais, con liñas que parten
desde o anel exterior…) ou en combinacións circulares que
percorren a laxe gravada.
Outro motivo abstracto (de execución técnica máis
complexa e gravados en escasas ocasións) eran os
labirintos.
Tedes magníficos exemplos na Pedra do Labirinto
de Mogor; na de Valongo -en Cortegada-; na Laxe
Cruzada…
Outro motivo que gravabamos nos
petróglifos eran as espirais.
Tedes un precioso exemplo na Laxe
de Rodas, no concello de Muros.
Para completar o apartado abstracto hai figuras (menos numerosas) como esvásticas, cadrados, reticulados, formas en phi,
ferraduras, alfabetiformes…
Laxe Cruzada

Portela das Laxes Cotobade

Outeiro dos Lameiros
Outeiro dos Lameiros

Como xa vos dixen, ademais de motivos abstractos, tamén gravabamos nos petróglifos figuras que podedes identificar con modelos reais (xa sexan naturais ou
obxectos inanimados): homes, animais, armas…
As especies de animais que adoitabamos gravar nos petróglifos eran: cabalos,
cans, e sobre todo, cervos.
As escenas de caza son frecuentes nos petróglifos
galegos. Nuns vinte paneis hai presenza dun xinete dacabalo (que pode soster as bridas, portar
unha arma…).
Os cabalos representados distínguense facilmente
dos cervos, pola súa longa e espesa cola.
Ás veces, as súas patas apóianse sobre unha greta ou fisura que simula a liña do solo e dispóñense
coma se foran a galope.
Habitualmente, o animal cazado é un cérvido macho adulto
(ao que se recoñece facilmente polas súas grandes cornas e
por ser a figura de maior tamaño dentro do panel -ocupando
unha posición visualmente privilexiada na escena-).
Os nosos artistas gravadores amosaban un gran coñecemento do comportamento destes animais, representando: mandas de cérvidos alineados, escenas de cópula ou loita, cervos bramando ou olfacteando xenitais…
Tamén podedes observar nos petróglifos, escenas de
caza de grandes cervos lanceados e con feridas; con
lazos ou con colares ao redor do pescozo e incluso
montados polo home…
A caza de grandes cervos era, sobre todo, unha actividade de prestixio e de relevancia social.
Outro dos motivos naturalistas que adoitabamos
representar nos petróglifos eran as armas (puñais,
espadas, alabardas, escutiformes…).
Nos petróglifos de Agua da Laxe en Vincios (na
Pedra da Procesións) podedes admirar o principal
conxunto de armas prehistóricas gravadas en pedra de toda Europa .
Na Pedra das Ferraduras -Fentáns- aparecen representados os
chamados “ídolos-cilindro” (valiosos elementos para a datación
xa que se coñecen modelos reais).
Outro dos motivos figurativos que aparecen nos petrógligos (aínda que con escasa frecuencia) son as embarcacións.
Temos por exemplo o caso dos petróglifos de Pedornes en Oia
-no entorno do río Vilar- que, segundo os expertos-, “representan
embarcacións con máis de tres mil anos” (establecéndose para
algunha delas unha clara similitude cos modelos do antigo
Exipto).
Estou seguro de que teredes moita curiosidade por
saber o significado dos petróglifos.
Os historiadores e os arqueólogos teñen investigado
moito, facéndose moitas preguntas ao respecto (fonte:
Centro Arqueolóxico de Campo Lameiro)
• ¿Que son estas figuras? ¿Quen as faría?
• Hainas por todo o mundo… ¿Trátase dunha linguaxe
universal? ¿Comunican sen palabras? ¿Transcriben
as mesmas narracións ou son coincidencias?
• ¿Que sentido encerran…? ¿Serán visións máxicas?
¿Estarán relacionadas co mundo dos astros? ¿Pretenderían facer propicia a caza ou a vida máis doada?
¿Representarían o poder do guerreiro…?
Mmmm… Hipóteses todas elas interesantes…!
Parece evidente a súa función simbólico-relixiosa .
A través deles, os homes prehistóricos deixaron
plasmadas (en rochas que para eles tiñan unhas
connotacións especiais) unhas crenzas e mensaxes
que pretendían perpetuar no tempo…
O mundo dos petróglifos e tan apaixoante que paga a
pena seguir investigando, non si…?
Imos agora analizar os petróglifos que aparecen no Monte Tetón:
PETRÓGLIFO DE AS PORTAXES E PETRÓGLIFO DE REAL SECO.
Este petróglifo (gravado sobre
unha pedra de máis de cen metros cadrados) -con sucos anchos
e profundos moi ben conservadosé o que amosa unhas mellores
condicións de visibilidade.

PETRÓGLIFO DE AS PORTAXES

Este afloramento granítico é o que conserva unha
maior cantidade de grabados de temática abstracta e
naturalista (utilizándose as irregularidades da laxe
para realzar o deseño).
Fonte: foto de TeresalaLoba
Entre os motivos abstractos destacariamos: numerosas coviñas, cuadrangulares e unha gran concentración de combinacións circulares.
Completan o repertorio diferentes motivos naturalistas: figuras de cérvidos; unha escena de monta
e algunhas figuras antropomorfas esquemáticas (unha figura humana aparece portando algún tipo
de arma ou instrumentos chamánicos...).
Aparecen tamén muíños naviculares.
Pero o que máis chama a atención é a impresionante combinación
de 18 círculos concéntricos -de 2 metros de diámetro- que xunto ao
Petróglifo de Real Seco -ao pé da caseta forestal- son as máis espectaculares do conxunto de petróglifos galaicos e as máis grandes
de Europa -polo menos atopadas ata o momento-) .
PETRÓGLIFO DE REAL SECO

No petróglifo de Real Seco (máis desgastado, e visible unicamente con boas condicións de luz) destaca
a impresionante combinación de 16 círculos concéntricos de 3 metros de diámetro.
No Ecoparque aparecen indicacións para axudar a coidar este
patrimonio cultural tan valioso.
Esta colaboración é moi necesaria porque son moitos os factores que poñen en perigo a conservación da arte rupestre.
Analizaremos algúns deles.
Os petróglifos son fráxiles e vulnerables. Foron
gravados ao aire libre hai 4.000 anos, e co paso
do tempo, foron sufrindo un lento proceso de degradación natural (colonizados por diversos organismos -bacterias, fungos, algas, liques…-).
Pero o máis triste é pensar que na actualidade
o principal inimigo dos petróglifos é a man do
propio home.
Pedra de Santiago (Praia do Prado -Parroquia
de Corrubedo-) destruído por unhas obras de
canalización.

Os cambios de uso do solo, o urbanismo, as
actividades de reforestación, as canteiras, os
incendios e distintos actos de vandalismo,
aceleraron o dano e ocasionaron a perda de
moitos deles .

Xacemento rupestre de Boaventura na parroquia de Burgueira,
no concello de Oia (completamente destruído polas obras que
se levaron a cabo para facer unha xigantesca plantación de
kiwi).
Este é o estado de abandono no que se
atopa o petróglifo de Pedra Moura -Coruxo(igual que pasa con outros moitos petróglifos galegos).
Nos últimos anos intensificáronse os labores para recuperar os
nosos petróglifos. Equipos de especialistas esfórzanse por limpar
e consolidar os gravados rupestres e por recuperaren a paisaxe
nas que estes encontran sentido).
Observade, por exemplo, os traballos para acometer a
musealiza-ción de Outeiro dos Lameiros (no concello de Baiona).
A protección dos petróglifos comeza pola adecuada documentación e rexistro (calcos dos motivos
gravados; obtención de modelos tridimensionais
dos gravados e do seu soporte -efectuados con
escaner láser…-).
Para limpar o soporte úsanse brochas, cepillos,
pinzas, bisturís…
Para calcar os gravados empregan lenzos de papel ou plástico, papel carbón, rotuladores especiais e focos de luz que realzan as figuras.
(Fotos de paneis do Centro Arqueolóxico de Campo Lameiro)
Todas estas tarefas teñen que estar realizadas por
expertos.
As persoas que visiten -intencionada ou casualmenteos petróglifos, deben ser extremadamente respectuosas con eles (evitando pisalos e raialos ou pintalos
para poder velos mellor -danando así a súa pátina orixinaria-).
Os petróglifos coinciden coa aparición das primeiras comunidades campesiñas e co descubrimento da metalurxia do cobre e do bronce.
Ao longo dos milenios III e II a.C foi cando se
fixo o principal conxunto de petróglifos galegos
(3.000-2.000 a.C)

NOTA:
Esta contextualización está recollida (os
textos e gran parte das imaxes) do Centro
Arqueolóxico de Campo Lameiro.
Vou intentar explicarvos como era a nosa vida durante a
Idade do Bronce.
Daquela, no territorio no que vos vivides agora, a temperatura era algo máis fresca e o nivel de chuvia similar ao
actual.
No relevo, destacaban cristas rochosas graníticas, valgadas e pequenas cuncas. Os solos situábanse nas ladeiras cubrindo boa parte dos afloramentos rochosos.
A queima e corta dos bosques, aumentou a erosión alterando a paisaxe orixinaria; entón afloraron as pedras e
laxes utilizadas para gravar os petróglifos.
Carballos, bidueiros, toxos, xestas, pastos, freixos e fentos completaban o escenario.
Os antigos habitantes do Bronce levantamos os
nosos poboados nas zonas altas das serras ou en
pequenas chairas situadas a media ladeira.
Procurabamos a proximidade das cuncas húmidas (fontes de pastos frescos).
Estes espazos (de solos lixeiros e ben drenados)
facilitábanos a práctica da agricultura (cultivo dos
campos con arado, tiro animal e fertilizados) e a
explotación gandeira (ao ter acceso a pastos frescos durante todo o ano).
Unha vez practicada a agricultura, xurdiu a necesidade de moer os cereais para convertelos en
fariña e continuar coa súa panificación. Foi así como apareceron os muíños rupestres.
Dúas eran as pezas que compoñían os muíños rupestres:
• O “durminte” (no que se depositaba o gran).
• A “man” -pétrea- coa que se relaba (nunha operación continuada de vaivén sobre a superficie do
muíño -superficie que se ía desgastando pouco a pouco-).
Ás veces, o durminte e a man, eran pezas móbiles que se podían trasladar de lugar; pero tamén
había muíños naviculares de soporte fixo (co durminte excavado na rocha nai, e que, polo tanto,
non eran móbiles).
Da actividade gandeira (bóvidos, ovellas, cabras, porcos…) obtiñamos: carne (compoñente básico da nosa
dieta); leite (co que se elaboraban produtos como o
queixo); coiro e la (para confeccionar prendas de abrigo e elementos de uso cotiá…); graxa natural…

A caza de cervos, corzos, xabarís, coellos, perdices…
complementaban as reservas.

Tamén consumiamos peixes e mariscos.

Os cans resultábannos moi útiles para axudar na caza,
nos labores de pastoreo e na defensa do grupo e dos
poboados. Os cabalos (ademais de formar parte da
nosa dieta) estaban considerados animais de prestixio
e de gran importancia social.

Os bóvidos proporcionaban forza para
Os arqueólogos saben (polos restos de vexetación
aparecidos nas escavacións e os estudos do pole
efectuados), que -ademais de carne e peixe- consumiamos tamén, alimentos de orixe vexetal:
Diversas especies cultivadas (fabas, chícharos,
cebada, avea, centeo, trigo, verzas grelos…).

Froitos silvestres recolectados (coma por exemplo
landras e abelás).
As nosas vivendas eran bastante confortables:
As cabanas (que construiamos con materiais
perecedoiros) tiñan forma oval ou circular.
Apoiábanse en robustos postes de carballo sobre os que se urdía un entramado de varas de
abeleira (revocado en palla e en barro para illalas do frío e da auga).
Empregabamos xestas para o teitume e o chan
era de terra batida.
O interior contaba con espazos de uso diferenciado:
• Unha zona para durmir (ocupada con camas de fentos e
de peles).
• O resto da cabana distribuíase como zona de traballo
(para tratar as peles, tecer a la…) e de almacenamento
(empregando recipientes cerámicos e de cestería).
Nós, a xente do Bronce, dominabamos o traballo da pel:
Despois de esfolar o animal, obtiñamos unha
pel suave e manexable usando raspadeiras.
Despois de secar as peles, iniciabamos un novo proceso de raspado con graxa e mineral moído.
Empregabamos perforadores e punzóns para
esburacalas e poder introducir a agulla que (enfiada con fibras vexetais ou animais) permitía o
cosido das peles e a confección de vestimentas.
Durante a Idade do Bronce, seguiamos utilizando a
pedra -cuarzo, cuarcita e sílex- para fabricar algúns
útiles.
Os experimentados artesáns realizaban unha variada
gama de ferramentas adaptadas ás máis diversas funcións: puntas de frecha para cazar, raspadores para
rascar, machadas e aixolas para cortar, fouciños para
segar e muíños para triturar.
A produción de cerámica era unha das actividades máis
importantes das comunidades da Idade do Bronce.
Fabricabamos os recipientes con arxila que
moldeabamos a man, unindo tiras de barro ata conseguir
a forma dese-xada (formas campaniformes lisas e
algunha decoración incisa).
Logo, cociamos ao lume as vasillas para darlles a dureza
e consistencia necesaria.
Almacenar os excedentes procedentes do campo e cociñar e consumir os alimentos era posible grazas á existencia dunha completa vaixela doméstica adaptada aos
diferentes usos e funcións.
Na Idade do Bronce dedicabamos moito tempo a fabricar
recipientes e utensilios con fibras vexetais (palla de cereais, vimbios, pólas de abeleira, salgueiro, xesta ou silva):
pequenos cestos, grandes colectores con ou sen asas,
tapadeiras e peches…
Estes recipientes, ademais de servir para transportar e
recolleitar (leña, landras, bagas, cogumelos…) permitían
almacenar excedentes agrícolas (legumes, cereais…).
Dominabamos a metalurxia.
En cobre ou bronce faciamos abundantes armas:
espadas, puñais, machadas, puntas palmela e
alabardas.
Utilizabamos o ouro e maila prata para realizar
obxectos de adorno persoal: colares, diademas e
espirais.
Os produtos realizados en metal, ademais da súa
funcionalidade práctica, eran un claro símbolo de
status e prestixio social.
Durante o Bronce, realizabamos distintos ritos funerarios,
enterrando aos nosos mortos en túmulos de pequeno
tamaño, foxas, covas….
O tipo de enterramento máis habitual era a cista: os corpos
inhumábanse -individualmente- en foxas escavadas no chan
rodeadas por laxes de pedra.
O defunto colocábámolo en posición fetal -decúbito lateralacompañado de ofrendas compostas por vasillas cerámicas
cheas de alimento e de bebidas -como a cervexa- e por elementos persoais.
Durante o Neolítico Final e a Idade do Bronce a
organización social baseada en estruturas comunais dá paso a unha sociedade desigual controlada por grupos de poder masculino.
Esta reorganización reflíctese en motivos representados nos petróglifos: o cervo coma icona natural e sobrenatural; o home como domesticador
do salvaxe e as armas como instrumento de poder.
E, finalmente, unha última cousa…
Xa vos dixen que os petróglifos son unha das
mostras máis representativas do patrimonio
cultural galego, e que é moi importante conservalos para que poidan disfrutar deles as xeracións futuras.
¡Non esquezades nunca que en Galicia tedes
auténticas xoias desta arte rupestre e que
debedes aprender a aprecialas e respectalas…!
Eu estou seguro de que vai ser así… Non si…?

More Related Content

What's hot

Tema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaTema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaSanti Pazos
 
Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria begoxin 1
 
Unidade 01. Prehistoria na Península Ibérica
Unidade 01. Prehistoria na Península IbéricaUnidade 01. Prehistoria na Península Ibérica
Unidade 01. Prehistoria na Península IbéricaAgrela Elvixeo
 
Tema 3 2011-a galicia prerromana
Tema 3  2011-a galicia prerromanaTema 3  2011-a galicia prerromana
Tema 3 2011-a galicia prerromanabienesgalicia
 
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZA PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZBegoña Codesal
 
Julia y jessica neolitico
Julia y jessica neoliticoJulia y jessica neolitico
Julia y jessica neoliticoprofexabier
 
Paleolítico e Neolítico
Paleolítico e NeolíticoPaleolítico e Neolítico
Paleolítico e NeolíticoJosé Ramón
 
Unidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticoUnidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticocamposseijo
 
09 a prehistoria
09 a prehistoria 09 a prehistoria
09 a prehistoria roberto
 
A Cultura Castrexa
A Cultura Castrexa A Cultura Castrexa
A Cultura Castrexa Guestfdc0c8
 

What's hot (18)

I. A Prehistoria
I. A PrehistoriaI. A Prehistoria
I. A Prehistoria
 
Tema IX: A Prehistoria
Tema IX: A PrehistoriaTema IX: A Prehistoria
Tema IX: A Prehistoria
 
Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria Flipbook 6 prehistoria
Flipbook 6 prehistoria
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
Prehistoria 1
Prehistoria 1Prehistoria 1
Prehistoria 1
 
Unidade 01. Prehistoria na Península Ibérica
Unidade 01. Prehistoria na Península IbéricaUnidade 01. Prehistoria na Península Ibérica
Unidade 01. Prehistoria na Península Ibérica
 
Paleolítico
PaleolíticoPaleolítico
Paleolítico
 
PREHISTORIA
PREHISTORIAPREHISTORIA
PREHISTORIA
 
Tema 3 2011-a galicia prerromana
Tema 3  2011-a galicia prerromanaTema 3  2011-a galicia prerromana
Tema 3 2011-a galicia prerromana
 
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZA PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
A PREHISTORIA. LUCÍA SÁNCHEZ
 
Julia y jessica neolitico
Julia y jessica neoliticoJulia y jessica neolitico
Julia y jessica neolitico
 
Paleolítico e Neolítico
Paleolítico e NeolíticoPaleolítico e Neolítico
Paleolítico e Neolítico
 
El paleolitico
El paleoliticoEl paleolitico
El paleolitico
 
Unidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolíticoUnidade 6 paleolítico
Unidade 6 paleolítico
 
09 a prehistoria
09 a prehistoria 09 a prehistoria
09 a prehistoria
 
Prehistoria ale
Prehistoria alePrehistoria ale
Prehistoria ale
 
Tema 9. prehistoria
Tema 9. prehistoriaTema 9. prehistoria
Tema 9. prehistoria
 
A Cultura Castrexa
A Cultura Castrexa A Cultura Castrexa
A Cultura Castrexa
 

Viewers also liked (8)

Teatro prehistórico
Teatro prehistóricoTeatro prehistórico
Teatro prehistórico
 
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
Elisa Pereira - A arte rupestre e a súa aplicación na aula
 
A nosa historia a3 1
A nosa historia a3 1A nosa historia a3 1
A nosa historia a3 1
 
Agua da laxe
Agua da laxeAgua da laxe
Agua da laxe
 
Unidade didáctica tetón
Unidade didáctica tetónUnidade didáctica tetón
Unidade didáctica tetón
 
▶ Cooperarte 2013 14 pptx
▶ Cooperarte 2013 14 pptx▶ Cooperarte 2013 14 pptx
▶ Cooperarte 2013 14 pptx
 
Outros petróglifos de nigrán
Outros petróglifos de nigránOutros petróglifos de nigrán
Outros petróglifos de nigrán
 
Serra da groba
Serra da grobaSerra da groba
Serra da groba
 

Similar to Tetón

Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular ColonizadoresTema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadoresdudashistoria
 
Trabajo paleolitico rocio y tomas
Trabajo paleolitico rocio y tomasTrabajo paleolitico rocio y tomas
Trabajo paleolitico rocio y tomasprofexabier
 
Por que hackear os museos ? Jose Urbano Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano  CuevasPor que hackear os museos ? Jose Urbano  Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano CuevasEncarna Lago
 
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)feli555
 
A cultura-castrexa-power-point-1198023990599645-5
A cultura-castrexa-power-point-1198023990599645-5A cultura-castrexa-power-point-1198023990599645-5
A cultura-castrexa-power-point-1198023990599645-5anagagon
 
09c a prehistoria
09c a prehistoria09c a prehistoria
09c a prehistoriaroberto
 
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexaPobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexaSerxio Folgueira Arias
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costamonadela
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoriamasinisa
 
LIC Río Lérez
LIC Río LérezLIC Río Lérez
LIC Río Lérezmonadela
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A CostaMonContos
 
Lagoa de Sobrado
Lagoa de SobradoLagoa de Sobrado
Lagoa de Sobradomonadela
 
O Monte Do Facho
O Monte Do FachoO Monte Do Facho
O Monte Do Fachoxmartins
 
Tema 2. A arte prehistórica
Tema 2.  A arte prehistóricaTema 2.  A arte prehistórica
Tema 2. A arte prehistóricamairequejo
 

Similar to Tetón (20)

Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular ColonizadoresTema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
Tema 1.Lecciones 1 2. Prehistoria Peninsular Colonizadores
 
Trabajo paleolitico rocio y tomas
Trabajo paleolitico rocio y tomasTrabajo paleolitico rocio y tomas
Trabajo paleolitico rocio y tomas
 
Por que hackear os museos ? Jose Urbano Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano  CuevasPor que hackear os museos ? Jose Urbano  Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano Cuevas
 
Boletin 6º 2017
Boletin 6º 2017Boletin 6º 2017
Boletin 6º 2017
 
El paleolitico
El paleoliticoEl paleolitico
El paleolitico
 
Prehistoria
PrehistoriaPrehistoria
Prehistoria
 
Boletin 6º 2016
Boletin 6º 2016Boletin 6º 2016
Boletin 6º 2016
 
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)
 
Temas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º esoTemas 9 y 10. 1º eso
Temas 9 y 10. 1º eso
 
A cultura-castrexa-power-point-1198023990599645-5
A cultura-castrexa-power-point-1198023990599645-5A cultura-castrexa-power-point-1198023990599645-5
A cultura-castrexa-power-point-1198023990599645-5
 
09c a prehistoria
09c a prehistoria09c a prehistoria
09c a prehistoria
 
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexaPobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
Pobos prerromanos da Península Ibérica. A cultura castrexa
 
Cedeira, A Costa
Cedeira, A CostaCedeira, A Costa
Cedeira, A Costa
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
LIC Río Lérez
LIC Río LérezLIC Río Lérez
LIC Río Lérez
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A Costa
 
Lagoa de Sobrado
Lagoa de SobradoLagoa de Sobrado
Lagoa de Sobrado
 
O Monte Do Facho
O Monte Do FachoO Monte Do Facho
O Monte Do Facho
 
Castro de Viladonga
Castro de ViladongaCastro de Viladonga
Castro de Viladonga
 
Tema 2. A arte prehistórica
Tema 2.  A arte prehistóricaTema 2.  A arte prehistórica
Tema 2. A arte prehistórica
 

More from Maria Lemos Cerqueira

More from Maria Lemos Cerqueira (8)

FOLIO LUCES CINE.pdf
FOLIO LUCES  CINE.pdfFOLIO LUCES  CINE.pdf
FOLIO LUCES CINE.pdf
 
FOLIO CÁMARA.pdf
FOLIO CÁMARA.pdfFOLIO CÁMARA.pdf
FOLIO CÁMARA.pdf
 
CUQUI PIÑEIRO
CUQUI PIÑEIROCUQUI PIÑEIRO
CUQUI PIÑEIRO
 
MIGUEL SANTAMARÍA
MIGUEL SANTAMARÍAMIGUEL SANTAMARÍA
MIGUEL SANTAMARÍA
 
Petroglyphs petróglifos iem
Petroglyphs petróglifos iem Petroglyphs petróglifos iem
Petroglyphs petróglifos iem
 
2014 juegos reglas
2014 juegos reglas2014 juegos reglas
2014 juegos reglas
 
2014 as pedras e os xogos
2014 as pedras e os xogos2014 as pedras e os xogos
2014 as pedras e os xogos
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 

Tetón

  • 1. O Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón está situado no concello de Tomiño (parroquia de Tebra).
  • 2. Tomiño pertence á comarca de O Baixo Miño (situada ao sur da provincia de Pontevedra, xusto na desembocadura do Miño -tal e como o seu nome indica-).
  • 3. A comarca de O Baixo Miño está formada polos concellos de: O Rosal, Tomiño, Tui, Oia e A Guarda.
  • 4. Esta rica comarca está repleta de lugares de interese paisaxístico e cultural (localidades de Tui e a Guarda, mosteiro de Oia, estuario e desembocadura do Miño, Monte Santa Tegra e Monte Aloia, entorno natural de Mougás, muíños de Folón-Picón…). •
  • 5. Ademais, nesta comarca, hai lugares con restos arqueolóxicos moi destacables, como por exemplo: - O Castro do Monte Santa Tegra. - O Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón (espazo onde se pode disfrutar de espléndidas manifestacións de arte rupestre e dun entorno paisaxístico de gran beleza).
  • 6.
  • 7. Este Ecoparque, ofrece mostras de arte rupestre -petróglifosde gran relevancia (xa que nel atopamos as máis grandes e espectaculares combinacións de círculos concéntricos do continente europeo). Pero… ¿Tedes claro o que son os petróglifos? Seguramente saberedes que son gravados feitos sobre rochas ao aire libre; manifestacións artísticas dos homes e mulleres prehistóricos… Estas insculturas (xunto coas mámoas e os castros) son os elementos materiais que mellor identifican a nosa Prehistoria.
  • 8. Galicia alberga un dos máis importantes conxuntos de arte rupestre ao aire libre de Europa. A maior concentración destas manifestacións atopámola na provincia de Pontevedra (ao longo do curso do río Lérez e nas marxes das Rías Baixas -con escasa difusión polo norte e interior do país-).
  • 9. As rochas de granito -tan abundantes en Galicia-foron os soportes sobre os que os homes daquela época gravamos os petróglifos (circunstancia que permitiu a súa conservación durante tanto tempo). Teño que dicirvos que nós (os gravadores de petróglifos) diferenciabamos moi ben os tipos de gra-nito existentes, coñeciamos as súas propiedades, eramos quen de avaliar a súa dureza…
  • 10. Para realizar os gravados empregabamos lascas e percutores extraídos de rochas de cuarzo (seleccionadas pola súa dureza e resistencia) que recolliamos nas proximidades das laxes que iamos gravar. • Coas lascas delineabamos as figuras (fase de deseño). • Abriamos os sucos sobre o duro soporte con percutores grandes e puntiagudos (fase de piqueteado). • Ampliabamos os sucos con percutores máis pequenos e romos (fase de rebaixe e debastamento). • Empregabamos pequenos cantos de cuarcita para regularizar os sucos cun sinxelo traballo de abrasión (fase de puído).
  • 11.
  • 12. Nos petróglifos galegos podemos observar unha variada tipoloxía de motivos abstractos: coviñas, combinacións circulares e círculos concéntricos, labirintos, espirais, cadrados e reticulados, esváticas, paletas, zigs- zágs… Ademais, aparecen motivos figurativos -ou sexa naturalistas- como por exemplo: antropomorfos, animais, armas, pegadas, embarcacións… -
  • 13. As coviñas -motivo máis sinxelo- son puntos gravados que aparecen nas máis variadas posicións: ciscadas de xeito aparentemente anárquico pola rocha; agrupadas dentro dun circo ou dun cadrado; no centro dun circo ou dunha combinación circular; entre os aneis destas combinacións…
  • 14. Outro motivo, que aparece case sempre caracterizando a arte rupestre galega, son os círculos (hai fermosos exemplos nos petróglifos de Mogor, na Laxe das Rodas en Cotobade ou na Laxe de Rodas en Muros…). Poden aparecer sós (con sucos radiais, con liñas que parten desde o anel exterior…) ou en combinacións circulares que percorren a laxe gravada.
  • 15. Outro motivo abstracto (de execución técnica máis complexa e gravados en escasas ocasións) eran os labirintos. Tedes magníficos exemplos na Pedra do Labirinto de Mogor; na de Valongo -en Cortegada-; na Laxe Cruzada…
  • 16. Outro motivo que gravabamos nos petróglifos eran as espirais. Tedes un precioso exemplo na Laxe de Rodas, no concello de Muros.
  • 17. Para completar o apartado abstracto hai figuras (menos numerosas) como esvásticas, cadrados, reticulados, formas en phi, ferraduras, alfabetiformes… Laxe Cruzada Portela das Laxes Cotobade Outeiro dos Lameiros
  • 18. Outeiro dos Lameiros Como xa vos dixen, ademais de motivos abstractos, tamén gravabamos nos petróglifos figuras que podedes identificar con modelos reais (xa sexan naturais ou obxectos inanimados): homes, animais, armas… As especies de animais que adoitabamos gravar nos petróglifos eran: cabalos, cans, e sobre todo, cervos.
  • 19. As escenas de caza son frecuentes nos petróglifos galegos. Nuns vinte paneis hai presenza dun xinete dacabalo (que pode soster as bridas, portar unha arma…). Os cabalos representados distínguense facilmente dos cervos, pola súa longa e espesa cola. Ás veces, as súas patas apóianse sobre unha greta ou fisura que simula a liña do solo e dispóñense coma se foran a galope.
  • 20. Habitualmente, o animal cazado é un cérvido macho adulto (ao que se recoñece facilmente polas súas grandes cornas e por ser a figura de maior tamaño dentro do panel -ocupando unha posición visualmente privilexiada na escena-).
  • 21. Os nosos artistas gravadores amosaban un gran coñecemento do comportamento destes animais, representando: mandas de cérvidos alineados, escenas de cópula ou loita, cervos bramando ou olfacteando xenitais… Tamén podedes observar nos petróglifos, escenas de caza de grandes cervos lanceados e con feridas; con lazos ou con colares ao redor do pescozo e incluso montados polo home… A caza de grandes cervos era, sobre todo, unha actividade de prestixio e de relevancia social.
  • 22. Outro dos motivos naturalistas que adoitabamos representar nos petróglifos eran as armas (puñais, espadas, alabardas, escutiformes…). Nos petróglifos de Agua da Laxe en Vincios (na Pedra da Procesións) podedes admirar o principal conxunto de armas prehistóricas gravadas en pedra de toda Europa .
  • 23. Na Pedra das Ferraduras -Fentáns- aparecen representados os chamados “ídolos-cilindro” (valiosos elementos para a datación xa que se coñecen modelos reais).
  • 24. Outro dos motivos figurativos que aparecen nos petrógligos (aínda que con escasa frecuencia) son as embarcacións. Temos por exemplo o caso dos petróglifos de Pedornes en Oia -no entorno do río Vilar- que, segundo os expertos-, “representan embarcacións con máis de tres mil anos” (establecéndose para algunha delas unha clara similitude cos modelos do antigo Exipto).
  • 25. Estou seguro de que teredes moita curiosidade por saber o significado dos petróglifos. Os historiadores e os arqueólogos teñen investigado moito, facéndose moitas preguntas ao respecto (fonte: Centro Arqueolóxico de Campo Lameiro) • ¿Que son estas figuras? ¿Quen as faría? • Hainas por todo o mundo… ¿Trátase dunha linguaxe universal? ¿Comunican sen palabras? ¿Transcriben as mesmas narracións ou son coincidencias? • ¿Que sentido encerran…? ¿Serán visións máxicas? ¿Estarán relacionadas co mundo dos astros? ¿Pretenderían facer propicia a caza ou a vida máis doada? ¿Representarían o poder do guerreiro…? Mmmm… Hipóteses todas elas interesantes…! Parece evidente a súa función simbólico-relixiosa . A través deles, os homes prehistóricos deixaron plasmadas (en rochas que para eles tiñan unhas connotacións especiais) unhas crenzas e mensaxes que pretendían perpetuar no tempo… O mundo dos petróglifos e tan apaixoante que paga a pena seguir investigando, non si…?
  • 26.
  • 27. Imos agora analizar os petróglifos que aparecen no Monte Tetón: PETRÓGLIFO DE AS PORTAXES E PETRÓGLIFO DE REAL SECO.
  • 28. Este petróglifo (gravado sobre unha pedra de máis de cen metros cadrados) -con sucos anchos e profundos moi ben conservadosé o que amosa unhas mellores condicións de visibilidade. PETRÓGLIFO DE AS PORTAXES Este afloramento granítico é o que conserva unha maior cantidade de grabados de temática abstracta e naturalista (utilizándose as irregularidades da laxe para realzar o deseño).
  • 29. Fonte: foto de TeresalaLoba
  • 30. Entre os motivos abstractos destacariamos: numerosas coviñas, cuadrangulares e unha gran concentración de combinacións circulares. Completan o repertorio diferentes motivos naturalistas: figuras de cérvidos; unha escena de monta e algunhas figuras antropomorfas esquemáticas (unha figura humana aparece portando algún tipo de arma ou instrumentos chamánicos...). Aparecen tamén muíños naviculares.
  • 31.
  • 32. Pero o que máis chama a atención é a impresionante combinación de 18 círculos concéntricos -de 2 metros de diámetro- que xunto ao Petróglifo de Real Seco -ao pé da caseta forestal- son as máis espectaculares do conxunto de petróglifos galaicos e as máis grandes de Europa -polo menos atopadas ata o momento-) .
  • 33.
  • 34.
  • 35.
  • 36.
  • 37.
  • 38.
  • 39. PETRÓGLIFO DE REAL SECO No petróglifo de Real Seco (máis desgastado, e visible unicamente con boas condicións de luz) destaca a impresionante combinación de 16 círculos concéntricos de 3 metros de diámetro.
  • 40. No Ecoparque aparecen indicacións para axudar a coidar este patrimonio cultural tan valioso. Esta colaboración é moi necesaria porque son moitos os factores que poñen en perigo a conservación da arte rupestre. Analizaremos algúns deles.
  • 41. Os petróglifos son fráxiles e vulnerables. Foron gravados ao aire libre hai 4.000 anos, e co paso do tempo, foron sufrindo un lento proceso de degradación natural (colonizados por diversos organismos -bacterias, fungos, algas, liques…-).
  • 42. Pero o máis triste é pensar que na actualidade o principal inimigo dos petróglifos é a man do propio home. Pedra de Santiago (Praia do Prado -Parroquia de Corrubedo-) destruído por unhas obras de canalización. Os cambios de uso do solo, o urbanismo, as actividades de reforestación, as canteiras, os incendios e distintos actos de vandalismo, aceleraron o dano e ocasionaron a perda de moitos deles . Xacemento rupestre de Boaventura na parroquia de Burgueira, no concello de Oia (completamente destruído polas obras que se levaron a cabo para facer unha xigantesca plantación de kiwi).
  • 43. Este é o estado de abandono no que se atopa o petróglifo de Pedra Moura -Coruxo(igual que pasa con outros moitos petróglifos galegos).
  • 44. Nos últimos anos intensificáronse os labores para recuperar os nosos petróglifos. Equipos de especialistas esfórzanse por limpar e consolidar os gravados rupestres e por recuperaren a paisaxe nas que estes encontran sentido). Observade, por exemplo, os traballos para acometer a musealiza-ción de Outeiro dos Lameiros (no concello de Baiona).
  • 45. A protección dos petróglifos comeza pola adecuada documentación e rexistro (calcos dos motivos gravados; obtención de modelos tridimensionais dos gravados e do seu soporte -efectuados con escaner láser…-). Para limpar o soporte úsanse brochas, cepillos, pinzas, bisturís… Para calcar os gravados empregan lenzos de papel ou plástico, papel carbón, rotuladores especiais e focos de luz que realzan as figuras.
  • 46.
  • 47. (Fotos de paneis do Centro Arqueolóxico de Campo Lameiro)
  • 48.
  • 49.
  • 50. Todas estas tarefas teñen que estar realizadas por expertos. As persoas que visiten -intencionada ou casualmenteos petróglifos, deben ser extremadamente respectuosas con eles (evitando pisalos e raialos ou pintalos para poder velos mellor -danando así a súa pátina orixinaria-).
  • 51. Os petróglifos coinciden coa aparición das primeiras comunidades campesiñas e co descubrimento da metalurxia do cobre e do bronce. Ao longo dos milenios III e II a.C foi cando se fixo o principal conxunto de petróglifos galegos (3.000-2.000 a.C) NOTA: Esta contextualización está recollida (os textos e gran parte das imaxes) do Centro Arqueolóxico de Campo Lameiro.
  • 52. Vou intentar explicarvos como era a nosa vida durante a Idade do Bronce. Daquela, no territorio no que vos vivides agora, a temperatura era algo máis fresca e o nivel de chuvia similar ao actual. No relevo, destacaban cristas rochosas graníticas, valgadas e pequenas cuncas. Os solos situábanse nas ladeiras cubrindo boa parte dos afloramentos rochosos. A queima e corta dos bosques, aumentou a erosión alterando a paisaxe orixinaria; entón afloraron as pedras e laxes utilizadas para gravar os petróglifos. Carballos, bidueiros, toxos, xestas, pastos, freixos e fentos completaban o escenario.
  • 53. Os antigos habitantes do Bronce levantamos os nosos poboados nas zonas altas das serras ou en pequenas chairas situadas a media ladeira. Procurabamos a proximidade das cuncas húmidas (fontes de pastos frescos). Estes espazos (de solos lixeiros e ben drenados) facilitábanos a práctica da agricultura (cultivo dos campos con arado, tiro animal e fertilizados) e a explotación gandeira (ao ter acceso a pastos frescos durante todo o ano).
  • 54.
  • 55. Unha vez practicada a agricultura, xurdiu a necesidade de moer os cereais para convertelos en fariña e continuar coa súa panificación. Foi así como apareceron os muíños rupestres. Dúas eran as pezas que compoñían os muíños rupestres: • O “durminte” (no que se depositaba o gran). • A “man” -pétrea- coa que se relaba (nunha operación continuada de vaivén sobre a superficie do muíño -superficie que se ía desgastando pouco a pouco-). Ás veces, o durminte e a man, eran pezas móbiles que se podían trasladar de lugar; pero tamén había muíños naviculares de soporte fixo (co durminte excavado na rocha nai, e que, polo tanto, non eran móbiles).
  • 56. Da actividade gandeira (bóvidos, ovellas, cabras, porcos…) obtiñamos: carne (compoñente básico da nosa dieta); leite (co que se elaboraban produtos como o queixo); coiro e la (para confeccionar prendas de abrigo e elementos de uso cotiá…); graxa natural… A caza de cervos, corzos, xabarís, coellos, perdices… complementaban as reservas. Tamén consumiamos peixes e mariscos. Os cans resultábannos moi útiles para axudar na caza, nos labores de pastoreo e na defensa do grupo e dos poboados. Os cabalos (ademais de formar parte da nosa dieta) estaban considerados animais de prestixio e de gran importancia social. Os bóvidos proporcionaban forza para
  • 57. Os arqueólogos saben (polos restos de vexetación aparecidos nas escavacións e os estudos do pole efectuados), que -ademais de carne e peixe- consumiamos tamén, alimentos de orixe vexetal: Diversas especies cultivadas (fabas, chícharos, cebada, avea, centeo, trigo, verzas grelos…). Froitos silvestres recolectados (coma por exemplo landras e abelás).
  • 58. As nosas vivendas eran bastante confortables: As cabanas (que construiamos con materiais perecedoiros) tiñan forma oval ou circular. Apoiábanse en robustos postes de carballo sobre os que se urdía un entramado de varas de abeleira (revocado en palla e en barro para illalas do frío e da auga). Empregabamos xestas para o teitume e o chan era de terra batida.
  • 59.
  • 60. O interior contaba con espazos de uso diferenciado: • Unha zona para durmir (ocupada con camas de fentos e de peles). • O resto da cabana distribuíase como zona de traballo (para tratar as peles, tecer a la…) e de almacenamento (empregando recipientes cerámicos e de cestería).
  • 61.
  • 62. Nós, a xente do Bronce, dominabamos o traballo da pel: Despois de esfolar o animal, obtiñamos unha pel suave e manexable usando raspadeiras. Despois de secar as peles, iniciabamos un novo proceso de raspado con graxa e mineral moído. Empregabamos perforadores e punzóns para esburacalas e poder introducir a agulla que (enfiada con fibras vexetais ou animais) permitía o cosido das peles e a confección de vestimentas.
  • 63. Durante a Idade do Bronce, seguiamos utilizando a pedra -cuarzo, cuarcita e sílex- para fabricar algúns útiles. Os experimentados artesáns realizaban unha variada gama de ferramentas adaptadas ás máis diversas funcións: puntas de frecha para cazar, raspadores para rascar, machadas e aixolas para cortar, fouciños para segar e muíños para triturar.
  • 64.
  • 65.
  • 66. A produción de cerámica era unha das actividades máis importantes das comunidades da Idade do Bronce. Fabricabamos os recipientes con arxila que moldeabamos a man, unindo tiras de barro ata conseguir a forma dese-xada (formas campaniformes lisas e algunha decoración incisa). Logo, cociamos ao lume as vasillas para darlles a dureza e consistencia necesaria. Almacenar os excedentes procedentes do campo e cociñar e consumir os alimentos era posible grazas á existencia dunha completa vaixela doméstica adaptada aos diferentes usos e funcións.
  • 67.
  • 68. Na Idade do Bronce dedicabamos moito tempo a fabricar recipientes e utensilios con fibras vexetais (palla de cereais, vimbios, pólas de abeleira, salgueiro, xesta ou silva): pequenos cestos, grandes colectores con ou sen asas, tapadeiras e peches… Estes recipientes, ademais de servir para transportar e recolleitar (leña, landras, bagas, cogumelos…) permitían almacenar excedentes agrícolas (legumes, cereais…).
  • 69. Dominabamos a metalurxia. En cobre ou bronce faciamos abundantes armas: espadas, puñais, machadas, puntas palmela e alabardas. Utilizabamos o ouro e maila prata para realizar obxectos de adorno persoal: colares, diademas e espirais. Os produtos realizados en metal, ademais da súa funcionalidade práctica, eran un claro símbolo de status e prestixio social.
  • 70.
  • 71.
  • 72. Durante o Bronce, realizabamos distintos ritos funerarios, enterrando aos nosos mortos en túmulos de pequeno tamaño, foxas, covas…. O tipo de enterramento máis habitual era a cista: os corpos inhumábanse -individualmente- en foxas escavadas no chan rodeadas por laxes de pedra. O defunto colocábámolo en posición fetal -decúbito lateralacompañado de ofrendas compostas por vasillas cerámicas cheas de alimento e de bebidas -como a cervexa- e por elementos persoais.
  • 73.
  • 74.
  • 75. Durante o Neolítico Final e a Idade do Bronce a organización social baseada en estruturas comunais dá paso a unha sociedade desigual controlada por grupos de poder masculino. Esta reorganización reflíctese en motivos representados nos petróglifos: o cervo coma icona natural e sobrenatural; o home como domesticador do salvaxe e as armas como instrumento de poder.
  • 76. E, finalmente, unha última cousa… Xa vos dixen que os petróglifos son unha das mostras máis representativas do patrimonio cultural galego, e que é moi importante conservalos para que poidan disfrutar deles as xeracións futuras. ¡Non esquezades nunca que en Galicia tedes auténticas xoias desta arte rupestre e que debedes aprender a aprecialas e respectalas…! Eu estou seguro de que vai ser así… Non si…?