Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
A GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL
de Monelos
A Coruña, metrópole
agropecuaria
 Hoxe costará imaxinar que a área na que está
situada gran parte da 2ª fase do polígono ...
Granxa
Granxa
Monelos
Situación do polígono de Elviña
Localización aproximada da Granxa
Localización aproximada da Granxa
comparativa co plano
Localización aproximada da Granxa
Localización aproximada da Granxa
Imaxe actual
A orixe
 A Granxa Escola-Experimental de Coruña fúndase
en 1888.
 É o primeiro centro de experimentación e
difusión de n...
Innovación agropecuaria
en Galicia
 Ao contrario do que ocurría en países
como os Países Baixos e Gran Bretaña,
que entre...
A casa do director
O director da granxa,
residía neste chalé
modernista ubicado
Aproximadamente na
intersección entre
a pr...
A Granxa no seu contorno
social e territorial
 A Granxa asentábase nunha zona rural,
entre os concellos de A Coruña e Oza...
Poboación e núcleo
urbano de Monelos.
Principios do século XX
Lavadeiro de Monelos
Principios do século XX
Igrexa de Sta. Mª. de Oza
Centro da vida do núcleo de Monelos
Mediados do século XX
Lavando no río Monelos
Principios do século XX
Mercado de Monelos
Abandonado nos anos cincuenta
Desbordamento do río Monelos
anos cincuenta
Lavadeiro do río Monelos
principios do século XX
Avenida de árbores
nas instalacións de Monelos
Nena con pombas
na sección avícola da Granxa
A granxa pretendeu superar
a agricultura rutineira
Vista das instalacións da Granxa
anos vinte
Labregos e cidadáns
 O interese polo destino do rural ten, na
Galicia de entón, unha pegada claramente
urbana.
 Os anos ...
Labradores cultivados
e elites locais
coinciden en sesións
de divulgación
organizadas
na Granxa
Exposicións de produtos hortícolas
Labregos e cidadáns
 A mellora e reforma do agro galego
condúcese por varios camiños: a loita
contra o foro, defendendo a...
Presentación de
maquinaria nova
na Granxa Agrícola
Exposición avícola
Rof Cordina (no centro)
Influiu na mellora gadeira
acometida na Granxa
Probas de plantado
nas hortas de Santiago
Obxectivos da acción
innovadora
 Dúas liñas de actuación foron
fundamentais:
 A primeira orientada cara a reeducación
fr...
Vista dun dos edificios
dedicados á plantación
Parte das clases cultas
compartían as inquedanzas
innovadoras
Comprobando o crecemento
do millo co uso de adubos
Maquinaria moderna.
Exposta nas instalacións da Granxa
Os logros da Granxa
A creación da rubia galega
 Tratábase de atopar un modelo de vaca
que se axustase as necesidades da n...
Na Granxa creouse a
Coñecida “raza rubia galega”
Os logros da Granxa
Mellora dos cultivos forraxeiros
 O avanzo nos cultivos forraxeiro-
pratense sobre a idea de que “as
...
Traballadores da Granxa
con novos enxeños
Entrega de premios
nun concurso de gado 1907.
Gañado polo gandeiro
da zona de Pontedeume,
Antonio Borrás. Presentou
un tor...
Edificio principal da Granxa
Os logros da Granxa
O combate de andazos. A Estación de
Fitopatoloxía Agraria
 Andazos como o “oído”, o mildew, ou a tint...
Probas con castiñeiros
resistentes ás pragas
Fixéronse grandes esforzos
para salvar as colleitas
de patacas
Os logros da Granxa
O lúpulo nas Mariñas
 Instaurouse o cultivo de lúpulo.
Importado de Gran Bretaña en 1913 por
Hernánde...
Recollendo o lúpulo
nunha plantación de Betanzos
Seleccionando lúpulo
Antes de polo a enxogar
Os logros da Granxa
formación e divulgación das innovacións
 En 1907 comeza a funcionar como escola de
“obreiros agrícola...
Primeiro tractor da Granxa
anos cincuenta
Os logros da Granxa
importancia da divulgación
 O labor formativo alcanza, sobre todo, directamente
aos labregos, a travé...
A Cátedra Ambulante
en acción
Cursos de poda
Memoria da Granxa, 1911.
Describe a historia, organización
e resultados do Centro
Lección práctica en Buño
Os logros da Granxa
contactos internacionais
 O interese polo mundo agrario foi unha
constante nas clases cultas europeas...
Visita ás instalacións da Granxa
nun Congreso Internacional.
Anos sesenta
Guerra civil e ditadura
As últimas décadas de vida da Granxa
 Os proxectos de innovación agropecuaria
quedaron paralizado...
Instalacións da Granxa
Guerra civil e ditadura
A súa desaparición
 Imposto polo Banco Mundial e o FMI o franquismo
terá que mudar, a partir de 1...
Centro de Investigacións Agrarias
de Mabegondo
Leopoldo Hernández Robredo
(Fotografía da esquerda)
Director da Granxa entre 1904 e
1928. Introduce en Galicia a
festa da ...
Juan Rodríguez Sardiña
Un dos mellores especialistas
europeos en bacterioloxía
agrícola. Estivo pensionado pola
Fundación ...
Pedro Urquijo Landaluce
Chega a Galiza no ano 1925, como
enxeñeiro de fitopatoloxía.
Desenvolve a dirección da EFA
entre 1...
A GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL, 1888-1964
Presentación elaborada polo
ENDL do IES Elviña
O material fotográfico e
document...
A granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de Monelos
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

A granxa experimental de Monelos

A granxa agrícola experimental de Monelos situada no actual polígono de Elviña (A Coruña). A súa historia e evolución.

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

A granxa experimental de Monelos

  1. 1. A GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL de Monelos
  2. 2. A Coruña, metrópole agropecuaria  Hoxe costará imaxinar que a área na que está situada gran parte da 2ª fase do polígono de Elviña, a zona da Milagrosa e Monelos acolleu no seu día unha enorme granxa de 16 hectáreas de extensión.  Entre 1888 e 1964, a cidade portuaria, comercial, administrativa... converteuse na capital moderna da agricultura galega.  A Coruña, a través desta granxa, converteuse na vía de entrada de tódalas innovacións no mundo do campo, tanto agrícola como gandeiro.
  3. 3. Granxa
  4. 4. Granxa Monelos
  5. 5. Situación do polígono de Elviña
  6. 6. Localización aproximada da Granxa
  7. 7. Localización aproximada da Granxa comparativa co plano
  8. 8. Localización aproximada da Granxa
  9. 9. Localización aproximada da Granxa Imaxe actual
  10. 10. A orixe  A Granxa Escola-Experimental de Coruña fúndase en 1888.  É o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas creado polo Estado para Galicia e Asturias.  A Deputación coruñesa cedeu ao Ministerio de Fomento os terreos onde se vai ubicar A Granxa. Será na Horta do Xeneral.  A entrega farase en 1899 e a finca contará con 16 hectáreas.  Problemas orzamentarios e políticos condicionarán o seu inicio.
  11. 11. Innovación agropecuaria en Galicia  Ao contrario do que ocurría en países como os Países Baixos e Gran Bretaña, que entre mediados do século XVIII e XIX emprenderan a súa particular revolución agraria, España en xeral, e Galiza en particular presentaban un notable atraso.  A agricultura galega estaba levada por unha serie de prácticas rotinarias nas que faltaba a incorporación da ciencia e tecnoloxía. A Granxa significou isto.
  12. 12. A casa do director O director da granxa, residía neste chalé modernista ubicado Aproximadamente na intersección entre a praza de Casares Quiroga e avenida de Salgado Torres. Contaba cunhas escaleiras de forxa na súa entrada. Perto del situábase o edificio de fitopatoloxía (a altura da fonte das Paxariñas. Este centro foi un dos máis importantes de do Estado. Os dous edificios desapareceron.
  13. 13. A Granxa no seu contorno social e territorial  A Granxa asentábase nunha zona rural, entre os concellos de A Coruña e Oza e pegada ao núcleo urbano.  Monelos apenas tiña 1000 habitantes e un núcleo de casas rurais organizado ao redor da igrexa de Santa María de Oza.  O rural e o urbano misturábanse nun contorno máis próximo.
  14. 14. Poboación e núcleo urbano de Monelos. Principios do século XX
  15. 15. Lavadeiro de Monelos Principios do século XX
  16. 16. Igrexa de Sta. Mª. de Oza Centro da vida do núcleo de Monelos Mediados do século XX
  17. 17. Lavando no río Monelos Principios do século XX
  18. 18. Mercado de Monelos Abandonado nos anos cincuenta
  19. 19. Desbordamento do río Monelos anos cincuenta
  20. 20. Lavadeiro do río Monelos principios do século XX
  21. 21. Avenida de árbores nas instalacións de Monelos
  22. 22. Nena con pombas na sección avícola da Granxa
  23. 23. A granxa pretendeu superar a agricultura rutineira
  24. 24. Vista das instalacións da Granxa anos vinte
  25. 25. Labregos e cidadáns  O interese polo destino do rural ten, na Galicia de entón, unha pegada claramente urbana.  Os anos do inicio da Granxa, dirixida por Hernández Reboredo, coinciden coa maior intensidade do movemento agrarista, e coa celebración das concorridas Asembleas Agrarias iniciadas en Monforte.
  26. 26. Labradores cultivados e elites locais coinciden en sesións de divulgación organizadas na Granxa
  27. 27. Exposicións de produtos hortícolas
  28. 28. Labregos e cidadáns  A mellora e reforma do agro galego condúcese por varios camiños: a loita contra o foro, defendendo a propiedade da terra para os que a traballan, denunciando o sistema caciquil.  Por outro lado foméntase a innovación técnica e a mecanización.  A Granxa Experimental encádrase estreitamente nesta última corrente.
  29. 29. Presentación de maquinaria nova na Granxa Agrícola
  30. 30. Exposición avícola
  31. 31. Rof Cordina (no centro) Influiu na mellora gadeira acometida na Granxa
  32. 32. Probas de plantado nas hortas de Santiago
  33. 33. Obxectivos da acción innovadora  Dúas liñas de actuación foron fundamentais:  A primeira orientada cara a reeducación fronte a rotina, pasividade e desconfianza labregas.  A segunda apostar pola innovación técnica: mecanización, uso de adubos, combate de andazos e mellora xenética do gando. Serán os obxectivos fundamentais.
  34. 34. Vista dun dos edificios dedicados á plantación
  35. 35. Parte das clases cultas compartían as inquedanzas innovadoras
  36. 36. Comprobando o crecemento do millo co uso de adubos
  37. 37. Maquinaria moderna. Exposta nas instalacións da Granxa
  38. 38. Os logros da Granxa A creación da rubia galega  Tratábase de atopar un modelo de vaca que se axustase as necesidades da nosa gandería naquel momento. Estas necesidades pasaban por darlle unha orientación leiteira ao animal, fronte ao que se priorizaba entón que era a a carne.  Fíxose, baixo a dirección de Hernández Reboredo, unha selección do mellor gando existente en Galicia e cruzouse coa raza suiza “simmenthal”
  39. 39. Na Granxa creouse a Coñecida “raza rubia galega”
  40. 40. Os logros da Granxa Mellora dos cultivos forraxeiros  O avanzo nos cultivos forraxeiro- pratense sobre a idea de que “as razas fanse pola boca”.  De maneira máis tímida, a Granxa tamén ensaia curzamentos e melloras de gado ovino, porcino na década dos 20 e inicia tamén a promoción das razas leiteiras.
  41. 41. Traballadores da Granxa con novos enxeños
  42. 42. Entrega de premios nun concurso de gado 1907. Gañado polo gandeiro da zona de Pontedeume, Antonio Borrás. Presentou un toro de 785 quilos chamado “Xitano”. Pouco despois este touro produciulle a morte ao embestilo a traizón.
  43. 43. Edificio principal da Granxa
  44. 44. Os logros da Granxa O combate de andazos. A Estación de Fitopatoloxía Agraria  Andazos como o “oído”, o mildew, ou a tinta do castaño danan seriamente Europa occidentais dende mediados do século XIX.  A Estación de Fitopatoloxía créase en 1928 anexa á Granxa, para facer fronte a este desafío.  Terá unha atención diversificada a todo tipo de pragas, para rematar na posguerra, naquelas que precisaban unha atención máis importante como foi a tinta nos castaños e o escaravello Colorado nas patacas.  A EFA desapareceu no ano 1951.
  45. 45. Probas con castiñeiros resistentes ás pragas Fixéronse grandes esforzos para salvar as colleitas de patacas
  46. 46. Os logros da Granxa O lúpulo nas Mariñas  Instaurouse o cultivo de lúpulo. Importado de Gran Bretaña en 1913 por Hernández Robledo.  Esta planta industrial empezou a darse en Galiza coa axuda da familia Rivera de “Estrella Galicia” e fixo que se tivese que importar a materia prima para a elaboración da cervexa.  En 1935 o seguinte director, Ricardo Escauriaza, escribiu un tratado sobre o cultivo.
  47. 47. Recollendo o lúpulo nunha plantación de Betanzos Seleccionando lúpulo Antes de polo a enxogar
  48. 48. Os logros da Granxa formación e divulgación das innovacións  En 1907 comeza a funcionar como escola de “obreiros agrícolas”. Trabállase nos labores de cultivo, manexo de maquinaria, emprego de adubos e selección de sementes.  En 1919 establécense as Escolas de Peritos en tódalas Granxas do Estado. Supondo unha novedosa descentralización do ensino superior agrícola, ata daquela restrinxido en Madrid. O proxecto fracasa e en 1924 é substituída por unha escola de capacitación agraria que inicialmente estará localizada en Betanzos e posteriormente en Bastiagueiro (actual INEF).
  49. 49. Primeiro tractor da Granxa anos cincuenta
  50. 50. Os logros da Granxa importancia da divulgación  O labor formativo alcanza, sobre todo, directamente aos labregos, a través dos campos de experiencias e domostración da Cátedra Ambulante, das conferencias e publicacións gratuítas.  Creáronse campos de experimentación dirixidos pola Granxa nas comarcas, inicialmente na provincia da Coruña e posteriormente en toda Galicia (once na provincia e dezaseis en Galicia)  Establecéronse consultas técnicas a través dos boletíns da Granxa e o carteo. As cartas recibidas por consultas dos labregos ascenden a máis de 5000 en 1928, cun promedio anual de 200 cartas.
  51. 51. A Cátedra Ambulante en acción
  52. 52. Cursos de poda
  53. 53. Memoria da Granxa, 1911. Describe a historia, organización e resultados do Centro
  54. 54. Lección práctica en Buño
  55. 55. Os logros da Granxa contactos internacionais  O interese polo mundo agrario foi unha constante nas clases cultas europeas.  Nun mercado máis amplo de comercialización de maquinaria, adubos... Foméntanse estas relacións.  Houbo contactos regulares con empresas francesas adicadas a cultivos forraxeiros e de maquinaria alemás, británicas ou norteamericanas.  No intercambio intelectual, mantense diálogo regular con centros de investigación agronómica de Chile, Portugal e Gran Bretaña.
  56. 56. Visita ás instalacións da Granxa nun Congreso Internacional. Anos sesenta
  57. 57. Guerra civil e ditadura As últimas décadas de vida da Granxa  Os proxectos de innovación agropecuaria quedaron paralizados coa guerra.  Baixo as novas autoridades o desenvolvemento rural do país quedará establecido polo Congreso Agrícola de Galicia de 1944.  O conxunto da actividade formativa está condicionada polos trazos que caracterizan o período máis Autárquico da ditadura.  Haberá un forte “apagón tecnolóxico”, ineficacia das medias políticas, debilidade orzamentaria e destrución do entramado asociativo.
  58. 58. Instalacións da Granxa
  59. 59. Guerra civil e ditadura A súa desaparición  Imposto polo Banco Mundial e o FMI o franquismo terá que mudar, a partir de 1959, a súa política autárquica por outra de corte liberal no aspecto económico.  Comeza a fase desenrolista do Réxime na que a construción vinculada á expansión urbana ocupará un papel importantísimo. É un momento cando o espazo rururbano de Monelos sofre unha radical transformacións.  As instalacións da Granxa desaparecerán en 1964 e os edificios modernistas que acolleran a innovación pasan a mellor vida.  As instalacións pasarán inicialmente a Guísamo e posteriormente, en 1967, a Mabegondo (Abegondo) onde se construíra o Centro de Investigacións Agrarias, cunha extensión de 300 hectáreas. No ano 1983 será transferido á Xunta de Galiza.
  60. 60. Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
  61. 61. Leopoldo Hernández Robredo (Fotografía da esquerda) Director da Granxa entre 1904 e 1928. Introduce en Galicia a festa da árbore. Foi iniciador das estancias de formación no estranxeiro. Comprendeu a lóxica produtiva labrega para promover a adopción de innovacións na medida das súas necesidades. Establece con autoridade o modelo de mellora do gado vacún galego. experimenta con trebellos e máquinas e deseña o primeiro modelo de loita anticriptogámica aplicada ás condicións galegas. Persoeiros importantes Maceliano Álvarez Muñiz Primeiro director da Granxa. Dedica a atención á mellora dos Prados, e á maquinaria. Canaliza o labor divulgativo a través do Boletín.
  62. 62. Juan Rodríguez Sardiña Un dos mellores especialistas europeos en bacterioloxía agrícola. Estivo pensionado pola Fundación Rockefeller no Berlín dos anos vinte. Traballou no I.I.A. de Madrid, xulgado por un tribunal franquista, é desterrado a Galiza. Na Coruña, especializase en Viroloxía vexetal e estuda a virose da pataca. Asesora a sociedade Española de Fomento do Lúpulo, e introduce na Galiza o secadoiro vertical
  63. 63. Pedro Urquijo Landaluce Chega a Galiza no ano 1925, como enxeñeiro de fitopatoloxía. Desenvolve a dirección da EFA entre 1933 e 1940. Ocúpase de garantir unha dotación de infraestuturas instalando os laboratorios e a biblioteca. Antes da guerra elaborou un mapa de pragas de Galicia.
  64. 64. A GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL, 1888-1964 Presentación elaborada polo ENDL do IES Elviña O material fotográfico e documentación está tomado da Exposición Sobre A Granxa Agrícola Experimental (1888-1964) das que son comisarios: Lourenzo Fernández Prieto Xosé A. Fraga Vázquez e documentalista: Antón Santos Pérez

    Be the first to comment

A granxa agrícola experimental de Monelos situada no actual polígono de Elviña (A Coruña). A súa historia e evolución.

Views

Total views

11,394

On Slideshare

0

From embeds

0

Number of embeds

9,838

Actions

Downloads

9

Shares

0

Comments

0

Likes

0

×