SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
Download to read offline
EEI BARRIONOVO
[Versión 1.0_ xuño 2022]
PLA
N D
I X
I TA
L
Índice do Plan Dixital
1. Introdución
1.1. Datos básicos do centro
1.2. Contextualización do plan dixital no centro. Contribución ao Proxecto
Educativo do Centro
1.3. Breve xustificación do mesmo
1.4. Proceso de elaboración
2. Situación de partida
2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais
2.2. Fontes empregadas para a análise DAFO
2.3. Análise DAFO
3. Plan de Acción
3.1. Obxectivos, indicadores e accións
3.2. Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas
4. Avaliación do PD
4.1. Seguimento do Plan de Acción
4.2. Propostas de mellora (revisión)
5. Difusión do PD
Pax 1 de 20
1. Introdución
1.1. Datos básicos do centro
-Denominación Oficial: E.E.I. Barrionovo-Pastoriza
-Enderezo : Avenida de Pastoriza s/n. -C.P.: 15140
-Correo electrónico : eei.barrionovo@edu.xunta.es
-Teléfono: 696 846 412
-Localidade :Pastoriza
-Concello : Arteixo
-Provincia : A Coruña
-Blogue do centro : http://aeeidebarrionovo.blogspot.com.es/
A E.E.I. de Barrionovo é, como o seu nome indica, unha escola na que se imparte o
segundo ciclo da etapa de Educación Infantil que se rexe pola Orde do 25 de xuño de
2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo
ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
O centro conta con tres aulas, unha por cada nivel educativo. No momento de redactar o
PD a matrícula do centro é a seguinte:
• 4º EI: 12 alumnas/os
Pax 2 de 20
• 5º EI: 12 alumnas/os
• 6º EI: 16 alumnas/os
O claustro está formado por sete mestras, seis delas con destino definitivo no mesmo e
unha con destino provisional por comisión de servizos:
• Cinco con especialidade en Educación Infantil, tres en funcións titorial e dúas como
mestras de apoio, unha delas en función directiva.
• Unha especialista en Inglés.
• Unha especialista en Audición e Linguaxe.
Ademáis cóntase cunha mestra de relixión que acude ao centro un día á semana e con
destino no CEIP San Xosé Obreiro.
O centro, ao ser un centro de menos de doce unidades, seguindo o Decreto 120/1998
está adscrito ao Departamento de Orientación do CEIP Galán. Como persoal non docente
conta cunha auxiliar coidadora que está asignada a alumnado con NEAE presente na
escola.
O horario lectivo do centro é de 9:15 a 14:15. Ademáis deste horario lectivo o
profesorado cumpre coas horas de permanencia no centro como se indica: diariamente de
9:00 a 9:15 e de 14:15 a 14:30; e os luns de 16:00 a 19:00 horas.
Dentro do tramo horario de tarde dos luns adícase unha hora ás titorias coas familias e as
demáis horas son destinadas a elaboración de materiais e a reunións dos órganos
colexiados e de dinamización dos diferentes equipos e proxectos existentes no centro.
Ao ser un centro de 3 unidades, seguindo o Decreto 374/1996 conta cun órgano de
goberno unipersonal, onde o director asume as funcións de xefatura de estudos e
Pax 3 de 20
secretaría. Ao tratarse dun órgano de goberno unipersoal imponse a estreita colaboración
co claustro de profesores.
Os órganos colexiados cos que conta o dentro son:
• Consello escolar: formado polo director, dous representantes do profesorado, dous
representantes das Nais e Pais, sendo un deles proposto pola ANPA, e un representante
do concello. Reúnese unha vez ao trimestre e todas aquelas que sexan necesarias
• Claustro: fai reunións preceptivas e, de caracter extraordinario, todas as que sexan
necesarias
Órganos de coordinación docente:
Na actualidade funcionan as seguintes coordinacións onde participa todo o claustro:
• Coordinación de ciclo
• Equipo de Dinamización da Lingua Galega
• Actividades Complementarias e Extraescolares
• Coordinación TIC
• Coordinación Biblioteca
• Coordinación Plurilingüe
• Programa Voz Natura
Pax 4 de 20
1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao
Proxecto Educativo do Centro
Para elaborar o Plan Dixital é preciso ter en conta o contexto sociocultural onde se sitúa a
escola e o contexto metodolóxico da mesma.
No referente ao contexto sociocultural: o nivel sociocultural da poboación arteixá é
medio, adicándose a maior parte dela ao sector servizo, o cal concentra a súa actividade
nos polígonos industriais presentes no concello.
Trátase dun municipio en continúo crecemento, con moita presión urbanística. Nesta área
sitúase unha das áreas industriais máis importantes da nosa comunidade : o polígono de
Sabón e o porto exterior de Punta Langosteira. Tamén é unha importante zona turística,
debido aos seus magníficos areais, que consta cun importante servizo de hostalaría.
Os principias servizos ofertados polo concello concéntranse no núcleo de Arteixo. O
concello desenvolve moitas actividades no eido cultural, deportivo, educativo, etc, en
colaboración cos centros educativos.
Na rede escolar pública, o concello conta con cinco escolas de educación infantil : EEI de
Barrionovo, EEI de Vilarrodís, EEI de Larín, EEI da Lagoa e EEI de Rorís ; con catro
centros de educación infantil e primaria : CEIP de Arteixo, CEIP Ponte dos Brozos, CEIP
de Galán e CEIP San Xosé Obreiro; tres centros de IES : IES de Sabón, IES de Pastoriza
e IES Manuel Murguía ; ademáis conta cunha Escola Infantil Municipal e outra no núcleo
de Pastoriza.
Segundo estudios recentes un 80% da población fala galego, aínda que no tramo de
idade entre 5-30 anos esta porcentaje diminúe. O concello conta cun departamento de
Normalización lingüística moi activo no tocante ás publicacións, actividades e cursos.
No referente ao contexto metodolóxico da escola cabe destacar que no centro
trabállase cunha metodoloxía baseada en proxectos documentais integrados que teñen
como núcleo vertebrador a biblioteca. Este traballo nútrese de diferentes proxectos nos
que participa o centro: Plan LIA.2, Biblioteca Creativa, PLAMBE, Voz Natura, Arteixo
Innovación e Centros Plurilingües. Así, desde a BiblioBN, nace un PDI no que se integran
os diferentes centros de interese ou núcleos de contidos da temática do mesmo, que se
Pax 5 de 20
ven enriquecidos polas diferentes propostas levadas a cabo nos outros proxecos de
centro.
Partindo deste traballo colaborativo entre todo o claustro, o traballo coas TIC/TAC é un
dos eixes fundamentais do traballo diario no centro. Grazas aos diferentes programas da
Consellería e do Concello anteriormente mencionados a escola conta cunha boa
traxectoria no uso das ferramentas dixitais como fonte de información e de fomento da
creatividade. Así durante a nosa andaina nas TIC, os principais obxectivos foron a
innovación educativa, a mellora da competencia dixital do noso alumnado e do
profesorado e a xestión e actualización dos recursos e ferramentas TIC presentes no
centro.
É por isto, que o PD do centro está pensado como un documento para dar continuidade
ao traballo realizado no centro ata actualidade e para mellorar as debilidades detectadas
no proceso de elaboración do mesmo.
Cabe rematar este apartado de contextualización facendo fincapé na importancia do PD
como un elemento que vai a proporcionar ao centro unha visión nova sobre o traballo
coas TIC/TAC, poñendo o foco na importancia de darlle o protagonismo ao alumnado e ás
familias e na avaliación e reflexión conxunta das prácticas levadas a cabo no centro e da
organización do traballo no mesmo. Dito esto, o PD será un punto clave dentro da PXA
22-23.
1.3. Breve xustificación do mesmo
No referente ao contexto lexislativo no que se enmarca o Plan Dixital, temos que ter
en conta as seguintes referencias onde queda reflexada a necesidade de incluír as
TIC/TAC na vida diaria dos centros como una ferramenta maís para acompañar e guiar o
proceso de ensino-aprendizaxe:
● Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
● Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría
Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o
Pax 6 de 20
desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso
académico 2021-2022
● Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría
Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-
2022
● Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e
Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e
implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos
da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
Así, as disposicións legais citadas anteriormente, establecen tamén a necesidade de
elaborar estratexias que regulen e coordinen o uso das Tecnoloxías da Información e a
Comunicación, entre elas o presente Plan Dixital.
1.4. Proceso de elaboración
Tal e como marca a Resolución do 3 de setembro de 2021, para a elaboración do PD
estableceuse un equipo de dinamización do mesmo. Aínda que a escola é un centro con
menos de oito unidades, debido á traxectoria do centro no traballo coas TIC e á
organización para realizar o PFPP ligado á elaboración do Plan Dixital, decidiuse formar
un equipo de dinamización con tres persoas: a dirección, a coordinadora TIC e
unha mestra.
Para seguir as indicacións transmitidas desde a asesoría ADIX o equipo de dinamización
reuniuse os segundos e cuartos luns de cada mes, aproveitando o calendario de reunións
elaborado para as diferentes dinamizacións do centro. Durante as reunións, organizouse
o traballo para poder levar a cabo o teste SELFIE, o test CDD, a formación para elaborar
o DAFO, a realización do DAFO, a formación para realizar o Plan de Acción e por último
elaborar este documento.
Pax 7 de 20
Así, ademáis das reunións do equipo de dinamización do PD, a dirección informou
periodicamente ao claustro dos asuntos onde tiña que colaborar: teste SELFIE, test CDD,
análise DAFO e reflexión sobre os obxectivos e accións a incluír dentro do Plan de
Acción; e os compoñentes do equipo de dinamización do PD levaran a cabo sesións de
traballo individual para a elaboración das tarefas e para asistir ás formacións marcadas
desde a administración.
2. Situación de partida
2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais
A escola conta cunha moi boa infraestrutura dixital grazas aos recursos adquiridos a
través dos diferentes plans e proxectos nos que participa.
A continuación resúmense os materiais e ferramentas dixitais do centro
organizados por espazos e proxectos ou especialidades asociadas.
• Sala de mestras: dous equipos de sobremesa e unha impresora multifunción.
• Dirección: un equipo de sobremesa e unha impresora multifunción.
• Aulas: 1 sobremesa na aula azul, 1 equipo de sobremesa na aula rosa, 3
portátiles repartidos 1/aula, 1 tableta/aula, 1 Ipad/aula, 1 cámara fotográfica/aula,
1 trípode/aula, 1 altavoz portátil/aula, 1 panel de luz A3/aula, 1 EDI/aula e 1
proxector/aula.
• Especialidades: 1 Ipad especialidade Lingua Estranbxeira Inglés, 1 Ipad
especialidade de música, 1 altavoz portátil conxunto especialidades.
• Biblioteca e Espazo Fedelleiro: 3 Ipads, 3 equipos de sobremesa distribuídos da
seguinte maneira: 1 equipo para o traballo de xestión da biblioteca por parte do
profesorado, 1 equipo para o recuncho de impresión 3D do Espazo Fedelleiro, 1
equipo para o recuncho de creación audiovisual do Espazo Fedelleiro,2 mesas de
luz, 2 mesas multitáctis, 2 equipos de croma, un portátil e outro fixo no Espazo
Fedelleiro; 1 monitores táctil no recuncho de impresión 3D, 1 escáner, 1 escáner
3D; 1 impresora de corte, 1 impresora 3D, 1 impresora multifunción, 2 cámaras de
Pax 8 de 20
fotos, 2 trípodes, 1 cámara de vídeo,2 cámaras web, 1 reproductor de CD/DVD, 2
proxectores fixos e un portátil; 1 marco dixital, 2 discos duros, 2 equipos de son
portátil, 1 altavoz de resonancia, material de robótica: 12 escornabots, 1 ozobot, 3
robots sigue-líñas, 3 beebots, 1 bluebot, 1 botley e un kit MAKE-MAKE.
No referente á conexión de datos o centro conta con puntos de rede e wifi en todas as
aulas. Non dispón de línea fixa de teléfono, tendo un número de teléfono móvil a cargo do
Concello.
Como recursos dixitais de divulgación e información usamos principalmente
os blogs da plataforma blogspot. Existe un blog principal do centro onde se enlazan os
demáis: Biblioteca, aulas dinamizacións e especialidades.
Durante o curso 20-21 e 21-22 utilizouse Remind como aplicación de comunicación
instantánea coas familias.
2.2. Fontes empregadas para a análise DAFO
Para a relización da análise DAFO utilizáronse diferentes ferramentas e fontes de
información obtidas tras seguir os pasos para a elaboración do PD, como son o test
SELFIE e o test CDD. A continuación adxúntanse diferentes táboas dos test anteriormente
mencionados onde se recolle información relevante usada na DAFO.
Pax 9 de 20
Resumo das áreas do informe SELFIE
Areas Grupos
Ensinanzas
Infantil ESO
Bacharela
to
FP
Ed. Post
sec.
A -Liderado
Equipo Direct. 4,2
Profesorado 4,3
Alumnado
B- Colaboración e redes
Equipo Direct. 4
Profesorado 4,2
Alumnado
C- Infraestruturas e
Equipos
Equipo Direct. 3,5
Profesorado 4,2
Alumnado
D- Desenvolvemento
profesional continuo
Equipo Direct. 5
Profesorado 4,5
Alumnado
E- Pedagoxía:
Apoio e Recursos
Equipo Direct. 4,6
Profesorado 4,3
Alumnado
F- Pedagoxía:
Implementación na
aula
Equipo Direct. 4,8
Profesorado 4,3
Alumnado
G- Prácticas de
avaliación
Equipo Direct. 3,1
Profesorado 3,3
Alumnado
H- Competencias
dixitais do alumnado
Equipo Direct. 4,2
Profesorado 4,2
Alumnado
Participación segundo perfil do profesorado
N.º profesorado que
participa
N.º profesorado total % participación
DEFINITIVO 4 6 66,7%
PROVISIONAL 1 1 100%
SUBSTITUTO 2 3 66,7%
Puntuación e nivel de competencia do centro
Puntuación media do test
(sobre 192)
Nivel de competencia Puntuación media do test
en Galicia (sobre 192)
Nivel de competencia en
Galicia
86,3 Integradora (B1) 76,4 Integradora (B1)
Pax 10 de 20
Puntuación e nivel de competencia por etapas
Puntuación media do
test (sobre 192)
Nivel de competencia Puntuación media do
test en Galicia (sobre
192)
Nivel de competencia
en Galicia
INFA
NTIL
82,7 % Integradora (B1) 68,2 % Integradora (B1)
Distribución do profesorado por niveis
Total profesorado no nivel de
competencia
% de profesorado participante
neste nivel
A2 1 14,3%
B1 5 71,4%
C1 1 14,3%
TOTAL 7 100,00%
Ademáis de utilizar os datos recollidos no SELFIE e o CDD, o equipo de dinamización do
PD realizou unha reunión conxunta co Claustro de Profesores onde se realizou unha
reflexión conxunta sobre as posibles debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades da
escola.
2.3. Análise DAFO
Como se menciona no apartado anterior, a partir do Informe SELFIE, TCDD e reuniós, o
centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no
eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de
obxectivos e accións a desenvolver.
Pax 11 de 20
Adxúntase a continuación os resultados da mesma:
INTERNOS FORTALEZAS DEBILIDADES
CATEGORÍAS
INFRAESTRUTURA
S- EQUIPAMENTO
O centro conta con bos equipamentos, froito dos
Proxectos Arteixo Innovación, Plan Lía e Biblioteca
Creativa.
PERSOAL
DOCENTE
Todo o profesorado é definitivo, e forma parte de
tódolos proxectos activos no centro.
Falta de tempo para coordinación docente, que
permita levar a cabo o traballo necesario.
PERSOAL NON
DOCENTE
ALUMNADO
O alumnado conta con acceso diario a dispositivos
que permiten a mellora da competencia dixital, ao
tempo que se relacionan coas aprendizaxes do
propio currículum.
FAMILIAS
Falta de motivación e/ou recursos na maioría dos
casos.
OFERTA O centro participa en moitos proxectos que o
benefician de forma directa en canto ao traballo
relacionado con tic/tac.
ORGANIZACIÓN
DO CENTRO
Profesorado moi coordinado.
Pax 12 de 20
EXTERNOS OPORTUNIDADES AMEAZAS
CATEGORÍAS
ADMINISTRACIÓN
EDUCATIVA
1. O centro non conta con persoal non docente
administrativo, polo que existe sobrecarga de
traballo no persoal docente activo no centro.
2. Falta de liberación horaria, que esixen horas de
adicación extra fóra do horario docente.
LEXISLACIÓN
1. A ratio actual de alumnado impide unha
correcta implementación de metodoloxías tic/tac,
así como un correcto desenvolvemento do
currículo escolar.
CONTORNA
O centro vese favorecido pola existencia do
proxecto Arteixo Innovación.
ANPA
OUTRAS
ENTIDADES
3. Plan de Acción
Dentro deste apartado incluímos os obxectivos, indicadores e accións que se
porán en marchar durante o vindeiro curso 2022-2023 e que teñen como temporalización
ata finais de 2024. Hai que ter en conta que este documento ten como finalidade dar
continuidade ao traballo feito no centro ata a actualidade e dar respotas ás necesidades
atopadas no seu proceso de elaboración. Por iso, nas seguintes versións do Plan Dixital,
seguiremos incluíndo obxectivos que partan da análise e avaliación continua do traballo
realizado e as necesidades atopadas, tanto materiais como humanas.
Pax 13 de 20
3.1. Obxectivos, indicadores e accións
Área/s de mellora: Colaboración e redes (B)
OBXECTIVO 1: Achegar ás familias as ferramentas dixitais de maior uso no centro Acadado
Responsable: Dirección e coordinadora TIC do centro
Non
acadado
INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Porcentaxe de familias que coñecen as ferramentas dixitais de uso diario no centro (Instrumento: enquisa)
Valor de partida: Non temos información sobre o estado actual do coñecemento das familias das ferramentas TIC do centro.
Valor previsto e data: 50% das familias coñecen o uso das ferramentas TIC 22/06/2024
ACCIÓNS A DESENVOLVER
DESCRICIÓN RESPONSABLES DATA PREVISTA FIN RECURSOS NECESARIOS
SEGUIMENTO DA ACCIÓN
VALORACIÓN DA ACCIÓN ESTADO
AO1.1:Realizar unha enquisa para obter
datos sobre o coñecemento das
familias sobre o uso das TIC no centro.
Dirección e Coordinadora
TIC
30/11/2022
Software específico para a creación de
cuestionarios.
Realizada
Aprazada
Pendente
AO1.2:Elaborar un informe sobre os
datos recollidos na enquisa
Dirección e Coordinadora
TIC
31/03/2023
Información recollida no cuestionario.
Software de elaboración de textos e
gráficas.
Realizada
Aprazada
Pendente
AO1.3:Expoñer ao claustro o informe
elaborado e debater co mesmo as
necesidades atopadas
Claustro de profesoras 29/04/2023
Informe sobre as necesidades
detectadas.
Acta de reunión.
Realizada
Aprazada
Pendente
ACCIÓNS A DESENVOLVER
DESCRICIÓN RESPONSABLES DATA PREVISTA FIN RECURSOS NECESARIOS
SEGUIMENTO DA ACCIÓN
VALORACIÓN DA ACCIÓN ESTADO
AO1.4: Organizar unha sesión de
formación e os materiais necesarios
para a mesma seguindo as necesidades
recollidas no informe e as modalidades
escollidas polas familias (sesión
formación online, grupos por temáticas,
sesión formación presencial, titorías
individuais)
Dirección e Coordinadora
TIC
22/06/2023
Software para creación audtiovisual.
Dispositivos móbiles
Impresora 3D
Plataforma para realización de
videoconferencias
Material de robótica
Enquisa de valoración
Realizada
Aprazada
Pendente
AO1.5:Valorar a sesión de formación
levada a cabo.
Claustro de profesoras 05/09/2023
Datos de asistencia de familias
Resultados das enquisas de valoración
Realizada
Aprazada
Pendente
AO1.6: Implementar a organización de
formacións na modalidade escollida.
Dirección e coordinadora
TIC.
Unha por trimestre
Software para creación audiovisual.
Dispositivos móbiles
Impresora 3D
Plataforma para realización de
videoconferencias
Material de robótica
Enquisa de valoración
Realizada
Aprazada
Pendente
Área/s de mellora: Colaboración e redes (B)
OBXECTIVO 2: Mellorar a coordinación entre o profesorado no referente ás TIC Acadado
Responsable: Dirección e coordinadora TIC do centro
Non
acadado
INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Porcentaxe de consecución dos obxectivos recollidos no PLAN TIC anual (Instrumento: memoria anual)
Valor de partida: 50% de obxectivos recollinos no PLAN TIC 21-22
Valor previsto e data: 90% de obxectivos recollidos no PLAN TIC ANUAL 22/06/2023
ACCIÓNS A DESENVOLVER
DESCRICIÓN RESPONSABLES DATA PREVISTA FIN RECURSOS NECESARIOS
SEGUIMENTO DA ACCIÓN
VALORACIÓN DA ACCIÓN ESTADO
AO2.1:Elaborar un PLAN TIC anual
priorizando obxectivos SMART.
Coordinadora TIC 30/09/22
Software específico para creación de
textos.
Realizada
Aprazada
Pendente
AO2.2: Difundir o PLAN TIC e o formato
do mesmo (documento aberto e
dinámico subido repositorio de arquivos
online)
Coordinadora TIC 10/10/2022/ Repositorio de arquivos online
Realizada
Aprazada
Pendente
AO2.3: Reorganización dos equipos de
coordinación docente, reducindo os
seus integrantes
Dirección. 20/09/2022 Realizada
ACCIÓNS A DESENVOLVER
DESCRICIÓN RESPONSABLES DATA PREVISTA FIN RECURSOS NECESARIOS
SEGUIMENTO DA ACCIÓN
VALORACIÓN DA ACCIÓN ESTADO
AO2.4: Establecer un calendario de
reunións de equipos para a
coordinación de traballo e seguimento
do mesmo.
Dirección. 30/09/2022
Software específico para creación de
textos.
Enquisa de valoración
Realizada
Aprazada
Pendente
AO2.5:Valorar o grao de consesución
dos obxectivos recollidos no PLAN TIC
anual.
Claustro de profesoras 20/06/2023
Acta de reunión.
Memoria anual
Realizada
Aprazada
Pendente
Área/s de mellora: Liderado (A)
OBXECTIVO 3: Solicitar á administración educativa persoal de apoio docente e/ou non docente para a consecución real deste Plan Dixital Acadado
Responsable: Dirección
Non
acadado
INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Número de persoal de apoio docente e/ou non docente
Valor de partida: 0 persoal de apoio docente e/ou non docente
Valor previsto e data: 1 persoal de apoio docente e/ou non docente
ACCIÓNS A DESENVOLVER
DESCRICIÓN RESPONSABLES DATA PREVISTA FIN RECURSOS NECESARIOS
SEGUIMENTO DA ACCIÓN
VALORACIÓN DA ACCIÓN ESTADO
AO3.1: Realizar a solicitude por escrito
de persoal docente e/ou non docente á
inspección educativa.
Dirección. 20/09/2022
Realizada
Aprazada
Pendente
3.2. Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas
Para poder acadar os obxectivos indicados no apartado anterior, o centro precisaría
mellorar o uso compartido de documentos pola comunidade educativa a través dun
repositorio online de arquivos corporativo.
Ademáis, precisaría contar con persoal docente ou non docente que axude a que
a organización e coordinación entre o profesorado mellore para poder levar a cabo este
PD.
4. Avaliación do plan
Para dar resposta á necesidade de realizar unha avaliación continua do Plan, realizaráse
unha avaliación procesual e unha avaliación final.
• A avaliación procesual levarase a cabo a través de reunións trimestrais do equipo
de dinamización do PD. Nestas reunións valorarase o estado de execución das
accións, os resultados obtidos ata o momento, e recolleranse as posibles
modificacións e propostas de mellora.
• Ao final do curso escolar realizarase unha avaliación final onde se recollerán os
resultados obtidos durante o curso e as propostas de mellora. Todo queda´ra
recollido nunha memoria do PD.
5. Difusión do plan
Para dar a coñecer este Plan Dixital a toda a comunidade educativa, será levado a
Consello Escolar en xuño de 2022 e será difundido a través do blog do centro.

More Related Content

Similar to PLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdf

TEXTOS SELECTIVDADE, inglés
TEXTOS SELECTIVDADE, inglésTEXTOS SELECTIVDADE, inglés
TEXTOS SELECTIVDADE, inglésecursocig
 
Presentacion proxecto abalar
Presentacion proxecto abalarPresentacion proxecto abalar
Presentacion proxecto abalarPATRIEP
 
A competencia dixital e tratamento da información a través da elaboración de ...
A competencia dixital e tratamento da información a través da elaboración de ...A competencia dixital e tratamento da información a través da elaboración de ...
A competencia dixital e tratamento da información a través da elaboración de ...pcuestacefore
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020satelite1
 
Memoriaanua ll2020 21aprobada
Memoriaanua ll2020 21aprobadaMemoriaanua ll2020 21aprobada
Memoriaanua ll2020 21aprobadamarnun58
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfCEIPN1TUI
 
As tics en barrionovo
As tics en barrionovoAs tics en barrionovo
As tics en barrionovomariapousa
 
As tics en barrionovo
As tics en barrionovoAs tics en barrionovo
As tics en barrionovomariapousa
 
Presentación Abalar
Presentación AbalarPresentación Abalar
Presentación Abalareclogita
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresIESVALADARES1
 
Presentación proxecto abalar
Presentación proxecto abalarPresentación proxecto abalar
Presentación proxecto abalarjlopez766
 
Achega das novas_aplicacions_dixitais_a_clase_
Achega das novas_aplicacions_dixitais_a_clase_Achega das novas_aplicacions_dixitais_a_clase_
Achega das novas_aplicacions_dixitais_a_clase_Cudipeich Grijander
 
PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021
PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021
PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021CEIPMaceda
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaEduardo Rodríguez Machado
 
Vagalume tics
Vagalume ticsVagalume tics
Vagalume ticsSoniafp
 
Proxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroProxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroMaria Pato
 

Similar to PLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdf (20)

Tics
TicsTics
Tics
 
TEXTOS SELECTIVDADE, inglés
TEXTOS SELECTIVDADE, inglésTEXTOS SELECTIVDADE, inglés
TEXTOS SELECTIVDADE, inglés
 
Presentacion proxecto abalar
Presentacion proxecto abalarPresentacion proxecto abalar
Presentacion proxecto abalar
 
A competencia dixital e tratamento da información a través da elaboración de ...
A competencia dixital e tratamento da información a través da elaboración de ...A competencia dixital e tratamento da información a través da elaboración de ...
A competencia dixital e tratamento da información a través da elaboración de ...
 
PAT ESCRBCG
PAT ESCRBCGPAT ESCRBCG
PAT ESCRBCG
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020
 
Memoriaanua ll2020 21aprobada
Memoriaanua ll2020 21aprobadaMemoriaanua ll2020 21aprobada
Memoriaanua ll2020 21aprobada
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
As tics en barrionovo
As tics en barrionovoAs tics en barrionovo
As tics en barrionovo
 
As tics en barrionovo
As tics en barrionovoAs tics en barrionovo
As tics en barrionovo
 
Presentación Abalar
Presentación AbalarPresentación Abalar
Presentación Abalar
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
Presentación espazo abalar
Presentación espazo abalarPresentación espazo abalar
Presentación espazo abalar
 
Presentación proxecto abalar
Presentación proxecto abalarPresentación proxecto abalar
Presentación proxecto abalar
 
Achega das novas_aplicacions_dixitais_a_clase_
Achega das novas_aplicacions_dixitais_a_clase_Achega das novas_aplicacions_dixitais_a_clase_
Achega das novas_aplicacions_dixitais_a_clase_
 
PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021
PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021
PROXECTO DE "XORNADA CONTINUA" DO CEIP DE MACEDA 2021
 
O proxecto abalar
O proxecto abalarO proxecto abalar
O proxecto abalar
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
 
Vagalume tics
Vagalume ticsVagalume tics
Vagalume tics
 
Proxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiroProxecto de xornada continua pereiro
Proxecto de xornada continua pereiro
 

More from aidadourado

SECUENCIACIÓN CONTIDOS 22-23 PROXECTO TIC.pdf
SECUENCIACIÓN CONTIDOS 22-23 PROXECTO TIC.pdfSECUENCIACIÓN CONTIDOS 22-23 PROXECTO TIC.pdf
SECUENCIACIÓN CONTIDOS 22-23 PROXECTO TIC.pdfaidadourado
 
Figuras respiracion
Figuras respiracionFiguras respiracion
Figuras respiracionaidadourado
 
Ejercicios respiracion 1
Ejercicios respiracion 1Ejercicios respiracion 1
Ejercicios respiracion 1aidadourado
 
Atopa o intruso 2
Atopa o intruso 2Atopa o intruso 2
Atopa o intruso 2aidadourado
 
As 5 diferencias
As 5 diferenciasAs 5 diferencias
As 5 diferenciasaidadourado
 

More from aidadourado (8)

SECUENCIACIÓN CONTIDOS 22-23 PROXECTO TIC.pdf
SECUENCIACIÓN CONTIDOS 22-23 PROXECTO TIC.pdfSECUENCIACIÓN CONTIDOS 22-23 PROXECTO TIC.pdf
SECUENCIACIÓN CONTIDOS 22-23 PROXECTO TIC.pdf
 
Figuras respiracion
Figuras respiracionFiguras respiracion
Figuras respiracion
 
Ejercicios respiracion 1
Ejercicios respiracion 1Ejercicios respiracion 1
Ejercicios respiracion 1
 
Atopa o intruso 2
Atopa o intruso 2Atopa o intruso 2
Atopa o intruso 2
 
Atopa os iguais
Atopa os iguaisAtopa os iguais
Atopa os iguais
 
As 5 diferencias
As 5 diferenciasAs 5 diferencias
As 5 diferencias
 
ATOPA O INTRUSO
ATOPA O INTRUSOATOPA O INTRUSO
ATOPA O INTRUSO
 
Que cambiou?
Que cambiou?Que cambiou?
Que cambiou?
 

PLAN DIXITAL EEI BARRIONOVO.pdf

  • 1. EEI BARRIONOVO [Versión 1.0_ xuño 2022] PLA N D I X I TA L
  • 2. Índice do Plan Dixital 1. Introdución 1.1. Datos básicos do centro 1.2. Contextualización do plan dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro 1.3. Breve xustificación do mesmo 1.4. Proceso de elaboración 2. Situación de partida 2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais 2.2. Fontes empregadas para a análise DAFO 2.3. Análise DAFO 3. Plan de Acción 3.1. Obxectivos, indicadores e accións 3.2. Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas 4. Avaliación do PD 4.1. Seguimento do Plan de Acción 4.2. Propostas de mellora (revisión) 5. Difusión do PD Pax 1 de 20
  • 3. 1. Introdución 1.1. Datos básicos do centro -Denominación Oficial: E.E.I. Barrionovo-Pastoriza -Enderezo : Avenida de Pastoriza s/n. -C.P.: 15140 -Correo electrónico : eei.barrionovo@edu.xunta.es -Teléfono: 696 846 412 -Localidade :Pastoriza -Concello : Arteixo -Provincia : A Coruña -Blogue do centro : http://aeeidebarrionovo.blogspot.com.es/ A E.E.I. de Barrionovo é, como o seu nome indica, unha escola na que se imparte o segundo ciclo da etapa de Educación Infantil que se rexe pola Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. O centro conta con tres aulas, unha por cada nivel educativo. No momento de redactar o PD a matrícula do centro é a seguinte: • 4º EI: 12 alumnas/os Pax 2 de 20
  • 4. • 5º EI: 12 alumnas/os • 6º EI: 16 alumnas/os O claustro está formado por sete mestras, seis delas con destino definitivo no mesmo e unha con destino provisional por comisión de servizos: • Cinco con especialidade en Educación Infantil, tres en funcións titorial e dúas como mestras de apoio, unha delas en función directiva. • Unha especialista en Inglés. • Unha especialista en Audición e Linguaxe. Ademáis cóntase cunha mestra de relixión que acude ao centro un día á semana e con destino no CEIP San Xosé Obreiro. O centro, ao ser un centro de menos de doce unidades, seguindo o Decreto 120/1998 está adscrito ao Departamento de Orientación do CEIP Galán. Como persoal non docente conta cunha auxiliar coidadora que está asignada a alumnado con NEAE presente na escola. O horario lectivo do centro é de 9:15 a 14:15. Ademáis deste horario lectivo o profesorado cumpre coas horas de permanencia no centro como se indica: diariamente de 9:00 a 9:15 e de 14:15 a 14:30; e os luns de 16:00 a 19:00 horas. Dentro do tramo horario de tarde dos luns adícase unha hora ás titorias coas familias e as demáis horas son destinadas a elaboración de materiais e a reunións dos órganos colexiados e de dinamización dos diferentes equipos e proxectos existentes no centro. Ao ser un centro de 3 unidades, seguindo o Decreto 374/1996 conta cun órgano de goberno unipersonal, onde o director asume as funcións de xefatura de estudos e Pax 3 de 20
  • 5. secretaría. Ao tratarse dun órgano de goberno unipersoal imponse a estreita colaboración co claustro de profesores. Os órganos colexiados cos que conta o dentro son: • Consello escolar: formado polo director, dous representantes do profesorado, dous representantes das Nais e Pais, sendo un deles proposto pola ANPA, e un representante do concello. Reúnese unha vez ao trimestre e todas aquelas que sexan necesarias • Claustro: fai reunións preceptivas e, de caracter extraordinario, todas as que sexan necesarias Órganos de coordinación docente: Na actualidade funcionan as seguintes coordinacións onde participa todo o claustro: • Coordinación de ciclo • Equipo de Dinamización da Lingua Galega • Actividades Complementarias e Extraescolares • Coordinación TIC • Coordinación Biblioteca • Coordinación Plurilingüe • Programa Voz Natura Pax 4 de 20
  • 6. 1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro Para elaborar o Plan Dixital é preciso ter en conta o contexto sociocultural onde se sitúa a escola e o contexto metodolóxico da mesma. No referente ao contexto sociocultural: o nivel sociocultural da poboación arteixá é medio, adicándose a maior parte dela ao sector servizo, o cal concentra a súa actividade nos polígonos industriais presentes no concello. Trátase dun municipio en continúo crecemento, con moita presión urbanística. Nesta área sitúase unha das áreas industriais máis importantes da nosa comunidade : o polígono de Sabón e o porto exterior de Punta Langosteira. Tamén é unha importante zona turística, debido aos seus magníficos areais, que consta cun importante servizo de hostalaría. Os principias servizos ofertados polo concello concéntranse no núcleo de Arteixo. O concello desenvolve moitas actividades no eido cultural, deportivo, educativo, etc, en colaboración cos centros educativos. Na rede escolar pública, o concello conta con cinco escolas de educación infantil : EEI de Barrionovo, EEI de Vilarrodís, EEI de Larín, EEI da Lagoa e EEI de Rorís ; con catro centros de educación infantil e primaria : CEIP de Arteixo, CEIP Ponte dos Brozos, CEIP de Galán e CEIP San Xosé Obreiro; tres centros de IES : IES de Sabón, IES de Pastoriza e IES Manuel Murguía ; ademáis conta cunha Escola Infantil Municipal e outra no núcleo de Pastoriza. Segundo estudios recentes un 80% da población fala galego, aínda que no tramo de idade entre 5-30 anos esta porcentaje diminúe. O concello conta cun departamento de Normalización lingüística moi activo no tocante ás publicacións, actividades e cursos. No referente ao contexto metodolóxico da escola cabe destacar que no centro trabállase cunha metodoloxía baseada en proxectos documentais integrados que teñen como núcleo vertebrador a biblioteca. Este traballo nútrese de diferentes proxectos nos que participa o centro: Plan LIA.2, Biblioteca Creativa, PLAMBE, Voz Natura, Arteixo Innovación e Centros Plurilingües. Así, desde a BiblioBN, nace un PDI no que se integran os diferentes centros de interese ou núcleos de contidos da temática do mesmo, que se Pax 5 de 20
  • 7. ven enriquecidos polas diferentes propostas levadas a cabo nos outros proxecos de centro. Partindo deste traballo colaborativo entre todo o claustro, o traballo coas TIC/TAC é un dos eixes fundamentais do traballo diario no centro. Grazas aos diferentes programas da Consellería e do Concello anteriormente mencionados a escola conta cunha boa traxectoria no uso das ferramentas dixitais como fonte de información e de fomento da creatividade. Así durante a nosa andaina nas TIC, os principais obxectivos foron a innovación educativa, a mellora da competencia dixital do noso alumnado e do profesorado e a xestión e actualización dos recursos e ferramentas TIC presentes no centro. É por isto, que o PD do centro está pensado como un documento para dar continuidade ao traballo realizado no centro ata actualidade e para mellorar as debilidades detectadas no proceso de elaboración do mesmo. Cabe rematar este apartado de contextualización facendo fincapé na importancia do PD como un elemento que vai a proporcionar ao centro unha visión nova sobre o traballo coas TIC/TAC, poñendo o foco na importancia de darlle o protagonismo ao alumnado e ás familias e na avaliación e reflexión conxunta das prácticas levadas a cabo no centro e da organización do traballo no mesmo. Dito esto, o PD será un punto clave dentro da PXA 22-23. 1.3. Breve xustificación do mesmo No referente ao contexto lexislativo no que se enmarca o Plan Dixital, temos que ter en conta as seguintes referencias onde queda reflexada a necesidade de incluír as TIC/TAC na vida diaria dos centros como una ferramenta maís para acompañar e guiar o proceso de ensino-aprendizaxe: ● Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación ● Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o Pax 6 de 20
  • 8. desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 ● Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 ● Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 Así, as disposicións legais citadas anteriormente, establecen tamén a necesidade de elaborar estratexias que regulen e coordinen o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, entre elas o presente Plan Dixital. 1.4. Proceso de elaboración Tal e como marca a Resolución do 3 de setembro de 2021, para a elaboración do PD estableceuse un equipo de dinamización do mesmo. Aínda que a escola é un centro con menos de oito unidades, debido á traxectoria do centro no traballo coas TIC e á organización para realizar o PFPP ligado á elaboración do Plan Dixital, decidiuse formar un equipo de dinamización con tres persoas: a dirección, a coordinadora TIC e unha mestra. Para seguir as indicacións transmitidas desde a asesoría ADIX o equipo de dinamización reuniuse os segundos e cuartos luns de cada mes, aproveitando o calendario de reunións elaborado para as diferentes dinamizacións do centro. Durante as reunións, organizouse o traballo para poder levar a cabo o teste SELFIE, o test CDD, a formación para elaborar o DAFO, a realización do DAFO, a formación para realizar o Plan de Acción e por último elaborar este documento. Pax 7 de 20
  • 9. Así, ademáis das reunións do equipo de dinamización do PD, a dirección informou periodicamente ao claustro dos asuntos onde tiña que colaborar: teste SELFIE, test CDD, análise DAFO e reflexión sobre os obxectivos e accións a incluír dentro do Plan de Acción; e os compoñentes do equipo de dinamización do PD levaran a cabo sesións de traballo individual para a elaboración das tarefas e para asistir ás formacións marcadas desde a administración. 2. Situación de partida 2.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais A escola conta cunha moi boa infraestrutura dixital grazas aos recursos adquiridos a través dos diferentes plans e proxectos nos que participa. A continuación resúmense os materiais e ferramentas dixitais do centro organizados por espazos e proxectos ou especialidades asociadas. • Sala de mestras: dous equipos de sobremesa e unha impresora multifunción. • Dirección: un equipo de sobremesa e unha impresora multifunción. • Aulas: 1 sobremesa na aula azul, 1 equipo de sobremesa na aula rosa, 3 portátiles repartidos 1/aula, 1 tableta/aula, 1 Ipad/aula, 1 cámara fotográfica/aula, 1 trípode/aula, 1 altavoz portátil/aula, 1 panel de luz A3/aula, 1 EDI/aula e 1 proxector/aula. • Especialidades: 1 Ipad especialidade Lingua Estranbxeira Inglés, 1 Ipad especialidade de música, 1 altavoz portátil conxunto especialidades. • Biblioteca e Espazo Fedelleiro: 3 Ipads, 3 equipos de sobremesa distribuídos da seguinte maneira: 1 equipo para o traballo de xestión da biblioteca por parte do profesorado, 1 equipo para o recuncho de impresión 3D do Espazo Fedelleiro, 1 equipo para o recuncho de creación audiovisual do Espazo Fedelleiro,2 mesas de luz, 2 mesas multitáctis, 2 equipos de croma, un portátil e outro fixo no Espazo Fedelleiro; 1 monitores táctil no recuncho de impresión 3D, 1 escáner, 1 escáner 3D; 1 impresora de corte, 1 impresora 3D, 1 impresora multifunción, 2 cámaras de Pax 8 de 20
  • 10. fotos, 2 trípodes, 1 cámara de vídeo,2 cámaras web, 1 reproductor de CD/DVD, 2 proxectores fixos e un portátil; 1 marco dixital, 2 discos duros, 2 equipos de son portátil, 1 altavoz de resonancia, material de robótica: 12 escornabots, 1 ozobot, 3 robots sigue-líñas, 3 beebots, 1 bluebot, 1 botley e un kit MAKE-MAKE. No referente á conexión de datos o centro conta con puntos de rede e wifi en todas as aulas. Non dispón de línea fixa de teléfono, tendo un número de teléfono móvil a cargo do Concello. Como recursos dixitais de divulgación e información usamos principalmente os blogs da plataforma blogspot. Existe un blog principal do centro onde se enlazan os demáis: Biblioteca, aulas dinamizacións e especialidades. Durante o curso 20-21 e 21-22 utilizouse Remind como aplicación de comunicación instantánea coas familias. 2.2. Fontes empregadas para a análise DAFO Para a relización da análise DAFO utilizáronse diferentes ferramentas e fontes de información obtidas tras seguir os pasos para a elaboración do PD, como son o test SELFIE e o test CDD. A continuación adxúntanse diferentes táboas dos test anteriormente mencionados onde se recolle información relevante usada na DAFO. Pax 9 de 20
  • 11. Resumo das áreas do informe SELFIE Areas Grupos Ensinanzas Infantil ESO Bacharela to FP Ed. Post sec. A -Liderado Equipo Direct. 4,2 Profesorado 4,3 Alumnado B- Colaboración e redes Equipo Direct. 4 Profesorado 4,2 Alumnado C- Infraestruturas e Equipos Equipo Direct. 3,5 Profesorado 4,2 Alumnado D- Desenvolvemento profesional continuo Equipo Direct. 5 Profesorado 4,5 Alumnado E- Pedagoxía: Apoio e Recursos Equipo Direct. 4,6 Profesorado 4,3 Alumnado F- Pedagoxía: Implementación na aula Equipo Direct. 4,8 Profesorado 4,3 Alumnado G- Prácticas de avaliación Equipo Direct. 3,1 Profesorado 3,3 Alumnado H- Competencias dixitais do alumnado Equipo Direct. 4,2 Profesorado 4,2 Alumnado Participación segundo perfil do profesorado N.º profesorado que participa N.º profesorado total % participación DEFINITIVO 4 6 66,7% PROVISIONAL 1 1 100% SUBSTITUTO 2 3 66,7% Puntuación e nivel de competencia do centro Puntuación media do test (sobre 192) Nivel de competencia Puntuación media do test en Galicia (sobre 192) Nivel de competencia en Galicia 86,3 Integradora (B1) 76,4 Integradora (B1) Pax 10 de 20
  • 12. Puntuación e nivel de competencia por etapas Puntuación media do test (sobre 192) Nivel de competencia Puntuación media do test en Galicia (sobre 192) Nivel de competencia en Galicia INFA NTIL 82,7 % Integradora (B1) 68,2 % Integradora (B1) Distribución do profesorado por niveis Total profesorado no nivel de competencia % de profesorado participante neste nivel A2 1 14,3% B1 5 71,4% C1 1 14,3% TOTAL 7 100,00% Ademáis de utilizar os datos recollidos no SELFIE e o CDD, o equipo de dinamización do PD realizou unha reunión conxunta co Claustro de Profesores onde se realizou unha reflexión conxunta sobre as posibles debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades da escola. 2.3. Análise DAFO Como se menciona no apartado anterior, a partir do Informe SELFIE, TCDD e reuniós, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. Pax 11 de 20
  • 13. Adxúntase a continuación os resultados da mesma: INTERNOS FORTALEZAS DEBILIDADES CATEGORÍAS INFRAESTRUTURA S- EQUIPAMENTO O centro conta con bos equipamentos, froito dos Proxectos Arteixo Innovación, Plan Lía e Biblioteca Creativa. PERSOAL DOCENTE Todo o profesorado é definitivo, e forma parte de tódolos proxectos activos no centro. Falta de tempo para coordinación docente, que permita levar a cabo o traballo necesario. PERSOAL NON DOCENTE ALUMNADO O alumnado conta con acceso diario a dispositivos que permiten a mellora da competencia dixital, ao tempo que se relacionan coas aprendizaxes do propio currículum. FAMILIAS Falta de motivación e/ou recursos na maioría dos casos. OFERTA O centro participa en moitos proxectos que o benefician de forma directa en canto ao traballo relacionado con tic/tac. ORGANIZACIÓN DO CENTRO Profesorado moi coordinado. Pax 12 de 20
  • 14. EXTERNOS OPORTUNIDADES AMEAZAS CATEGORÍAS ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA 1. O centro non conta con persoal non docente administrativo, polo que existe sobrecarga de traballo no persoal docente activo no centro. 2. Falta de liberación horaria, que esixen horas de adicación extra fóra do horario docente. LEXISLACIÓN 1. A ratio actual de alumnado impide unha correcta implementación de metodoloxías tic/tac, así como un correcto desenvolvemento do currículo escolar. CONTORNA O centro vese favorecido pola existencia do proxecto Arteixo Innovación. ANPA OUTRAS ENTIDADES 3. Plan de Acción Dentro deste apartado incluímos os obxectivos, indicadores e accións que se porán en marchar durante o vindeiro curso 2022-2023 e que teñen como temporalización ata finais de 2024. Hai que ter en conta que este documento ten como finalidade dar continuidade ao traballo feito no centro ata a actualidade e dar respotas ás necesidades atopadas no seu proceso de elaboración. Por iso, nas seguintes versións do Plan Dixital, seguiremos incluíndo obxectivos que partan da análise e avaliación continua do traballo realizado e as necesidades atopadas, tanto materiais como humanas. Pax 13 de 20
  • 15. 3.1. Obxectivos, indicadores e accións Área/s de mellora: Colaboración e redes (B) OBXECTIVO 1: Achegar ás familias as ferramentas dixitais de maior uso no centro Acadado Responsable: Dirección e coordinadora TIC do centro Non acadado INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Porcentaxe de familias que coñecen as ferramentas dixitais de uso diario no centro (Instrumento: enquisa) Valor de partida: Non temos información sobre o estado actual do coñecemento das familias das ferramentas TIC do centro. Valor previsto e data: 50% das familias coñecen o uso das ferramentas TIC 22/06/2024 ACCIÓNS A DESENVOLVER DESCRICIÓN RESPONSABLES DATA PREVISTA FIN RECURSOS NECESARIOS SEGUIMENTO DA ACCIÓN VALORACIÓN DA ACCIÓN ESTADO AO1.1:Realizar unha enquisa para obter datos sobre o coñecemento das familias sobre o uso das TIC no centro. Dirección e Coordinadora TIC 30/11/2022 Software específico para a creación de cuestionarios. Realizada Aprazada Pendente AO1.2:Elaborar un informe sobre os datos recollidos na enquisa Dirección e Coordinadora TIC 31/03/2023 Información recollida no cuestionario. Software de elaboración de textos e gráficas. Realizada Aprazada Pendente AO1.3:Expoñer ao claustro o informe elaborado e debater co mesmo as necesidades atopadas Claustro de profesoras 29/04/2023 Informe sobre as necesidades detectadas. Acta de reunión. Realizada Aprazada Pendente
  • 16. ACCIÓNS A DESENVOLVER DESCRICIÓN RESPONSABLES DATA PREVISTA FIN RECURSOS NECESARIOS SEGUIMENTO DA ACCIÓN VALORACIÓN DA ACCIÓN ESTADO AO1.4: Organizar unha sesión de formación e os materiais necesarios para a mesma seguindo as necesidades recollidas no informe e as modalidades escollidas polas familias (sesión formación online, grupos por temáticas, sesión formación presencial, titorías individuais) Dirección e Coordinadora TIC 22/06/2023 Software para creación audtiovisual. Dispositivos móbiles Impresora 3D Plataforma para realización de videoconferencias Material de robótica Enquisa de valoración Realizada Aprazada Pendente AO1.5:Valorar a sesión de formación levada a cabo. Claustro de profesoras 05/09/2023 Datos de asistencia de familias Resultados das enquisas de valoración Realizada Aprazada Pendente AO1.6: Implementar a organización de formacións na modalidade escollida. Dirección e coordinadora TIC. Unha por trimestre Software para creación audiovisual. Dispositivos móbiles Impresora 3D Plataforma para realización de videoconferencias Material de robótica Enquisa de valoración Realizada Aprazada Pendente
  • 17. Área/s de mellora: Colaboración e redes (B) OBXECTIVO 2: Mellorar a coordinación entre o profesorado no referente ás TIC Acadado Responsable: Dirección e coordinadora TIC do centro Non acadado INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Porcentaxe de consecución dos obxectivos recollidos no PLAN TIC anual (Instrumento: memoria anual) Valor de partida: 50% de obxectivos recollinos no PLAN TIC 21-22 Valor previsto e data: 90% de obxectivos recollidos no PLAN TIC ANUAL 22/06/2023 ACCIÓNS A DESENVOLVER DESCRICIÓN RESPONSABLES DATA PREVISTA FIN RECURSOS NECESARIOS SEGUIMENTO DA ACCIÓN VALORACIÓN DA ACCIÓN ESTADO AO2.1:Elaborar un PLAN TIC anual priorizando obxectivos SMART. Coordinadora TIC 30/09/22 Software específico para creación de textos. Realizada Aprazada Pendente AO2.2: Difundir o PLAN TIC e o formato do mesmo (documento aberto e dinámico subido repositorio de arquivos online) Coordinadora TIC 10/10/2022/ Repositorio de arquivos online Realizada Aprazada Pendente AO2.3: Reorganización dos equipos de coordinación docente, reducindo os seus integrantes Dirección. 20/09/2022 Realizada
  • 18. ACCIÓNS A DESENVOLVER DESCRICIÓN RESPONSABLES DATA PREVISTA FIN RECURSOS NECESARIOS SEGUIMENTO DA ACCIÓN VALORACIÓN DA ACCIÓN ESTADO AO2.4: Establecer un calendario de reunións de equipos para a coordinación de traballo e seguimento do mesmo. Dirección. 30/09/2022 Software específico para creación de textos. Enquisa de valoración Realizada Aprazada Pendente AO2.5:Valorar o grao de consesución dos obxectivos recollidos no PLAN TIC anual. Claustro de profesoras 20/06/2023 Acta de reunión. Memoria anual Realizada Aprazada Pendente
  • 19. Área/s de mellora: Liderado (A) OBXECTIVO 3: Solicitar á administración educativa persoal de apoio docente e/ou non docente para a consecución real deste Plan Dixital Acadado Responsable: Dirección Non acadado INDICADOR/ES DO OBXECTIVO: Número de persoal de apoio docente e/ou non docente Valor de partida: 0 persoal de apoio docente e/ou non docente Valor previsto e data: 1 persoal de apoio docente e/ou non docente ACCIÓNS A DESENVOLVER DESCRICIÓN RESPONSABLES DATA PREVISTA FIN RECURSOS NECESARIOS SEGUIMENTO DA ACCIÓN VALORACIÓN DA ACCIÓN ESTADO AO3.1: Realizar a solicitude por escrito de persoal docente e/ou non docente á inspección educativa. Dirección. 20/09/2022 Realizada Aprazada Pendente
  • 20. 3.2. Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas Para poder acadar os obxectivos indicados no apartado anterior, o centro precisaría mellorar o uso compartido de documentos pola comunidade educativa a través dun repositorio online de arquivos corporativo. Ademáis, precisaría contar con persoal docente ou non docente que axude a que a organización e coordinación entre o profesorado mellore para poder levar a cabo este PD. 4. Avaliación do plan Para dar resposta á necesidade de realizar unha avaliación continua do Plan, realizaráse unha avaliación procesual e unha avaliación final. • A avaliación procesual levarase a cabo a través de reunións trimestrais do equipo de dinamización do PD. Nestas reunións valorarase o estado de execución das accións, os resultados obtidos ata o momento, e recolleranse as posibles modificacións e propostas de mellora. • Ao final do curso escolar realizarase unha avaliación final onde se recollerán os resultados obtidos durante o curso e as propostas de mellora. Todo queda´ra recollido nunha memoria do PD. 5. Difusión do plan Para dar a coñecer este Plan Dixital a toda a comunidade educativa, será levado a Consello Escolar en xuño de 2022 e será difundido a través do blog do centro.