SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
Literatura Galega
                                  do Século XX e da Actualidade

                                 Xosé Neira Vilas
(Realizada polas alumnas do IES Manuel García
 Barros MARTA RODRÍGUEZ CASTRO e HELENA
 VILAR REBOLO, alumnas de 1ºBACHARELATO
     (16 anos)- Curso académico 2009-10)



                                               Entrevista
                                        IES Manuel García Barros
                                               A Estrada


                                                                      Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                              Fotos: © Todos os dereitos reservados
Xosé Neira Vilas

1.     Que feito o motivou para comezar a escribir?

É algo que vén en min dende a infancia, dende os oito ou nove anos. Unha inclinación natural, o asombro de que o que eran palabras
podían ser tamén signos. A esto cómpre engadir unha disposición, un afán para fabular, para inventar historias. Na orixe da miña
escrita hai moito que provén da narración oral e a poesía, dos vellos romances que me cantaba miña avoa.

2.      Que diferenzas cre Vostede que hai entre a infancia que vostede
        pasou e a que calquera neno galego poida ter na actualidade?


Gran diferenza. Visten mellor os de agora, teñen mellores escolas,
comen mellor, etc. Nós eramos moi vitais, camiñabamos coma se nada
dez ou quince quilómetros. Tiñamos xoguetes que faciamos nós
mesmos. Cantabamos. Participabamos nas festas do entroido, pero
eramos en xeral pobres, coas limitacións que apuntei. Pasabamos frío,
camiñabamos sobre a lama, porque non había as estradas que hai hoxe.

3.      Séntese identificado con algunha das súas obras? Cal pode ser a
        súa favorita?

Identifícome con todas as miñas obras. Hai libros de ficción (novelas,
contos) e de investigación e ensaio. Lévome con todas. Poida que teña
certa preferencia pola novela Querido Tomás, e polo libro de contos
Relatos mariñeiros. Nos outros, gústame Castelao en Cuba.

4.      Cal das súas obras cre Vostede que tivo máis aceptación entre os
        lectores?                                                                           Xosé Neira Vilas no IES García Barros.

Memorias dun neno labrego, da que se fixeron unhas trinta edicións en
galego e foi traducido a moitas linguas.
Xosé Neira Vilas

5.         Moitas das súas obras teñen que ver coa cultura tradicional galega. Que provocou que Vostede se basease nesa temática?

A cultura tradicional é básica. Bebemos nas fontes que nos veñen dadas. Os contos que se contaban a carón do lume nas lareiras nas
noites de inverno acenderon a miña imaxinación narradora.

6.         Memorias dun neno labrego acadou un gran éxito. Esperaba este éxito? A que cre que foi debido?

Non. Eu non esperaba nada cando escribín esa primeira obra narrativa. Non podía supoñer que trascendese tanto. Asustaríame. Pero o
escritor escribe e de alí en diante a obra non é del, é dos lectores, e eles deciden. Creo que foi debido a que moitos viviron a mesma
peripecia ca min, e que conta, pola boca dun neno unha difícil existencia, como era en Galicia hai cincuenta ou sesenta anos. Esa
narración é sinxela pero dou fe da súa autenticidade.

                                         7.     En Memorias dun neno labrego Balbino comeza dicindo que é un rapaz da aldea, un ninguén. Cre
                                                que este pensamento está presente nos rapaces da aldea actualmente?
                                         Depende da modestia que sintan ou que lles inculcase a familia e os mestres. Uns máis e outros menos
                                         (Balbino era pobre e foi humillado ademais) todos somos “ninguéns”, rapaces e adultos. Depende de
                                         como nos midamos. Tampouco, salvo casos como o de Balbino, hai que sentirse esmagados, pero
                                         debemos ter en conta o que dixo un gran poeta: “Toda a gloria do mundo cabe nun gran de millo”. Hai
                                         que desbotar a soberbia, o orgullo, a vaidade.

                                         8.     Na anterior obra fálase da discriminación que se fai cara aos nenos da aldea. Por que cre que se
                                                produce esta situación? Cre que segue ocorrendo?

                                         De certa maneira, si, pero nótase pouco. Antes si porque tiñamos roupas con remendos, calzabamos zocos
                                         e sobre todo falamos a nosa lingua e os señoritos marxinábannos e ata nos desprezaban. Agora dáse moi
                                         pouco, ata onde eu sei.
                                         9.     Cre que a súa obra pode perder parte do “sentido” que Vostede lle quixo dar se é traducida a
Xosé Neira Vilas no IES García Barros.          outra lingua que non sexa o galego?
Toda obra literaria, inda que sexa traducida a unha lingua irmá, veciña, sempre perde algo. É inevitable. Hai matices, xiros, expresións
que non se poden traducir exactamente.
Xosé Neira Vilas

10.    Para Vostede irse para a Arxentina foi un exilio ou unha emigración?
Foi unha emigración. Exiliados eran os que foron para salvar a vida, porque tiveran actividades políticas diferentes dos novos
gobernantes; pero no meu caso hai outro matiz: quería estudar, e aquí non tiña medios nin atopei traballo nas cidades galegas para
traballar polo día e estudar pola noite. Eso foi o que fixen na Arxentina. Alí, ademais descubrín Galicia, a miña patria, da que case
nada sabía, e convertinme dende entón nun activista da cultura galega de por vida.

11.    Vostede realizou un gran labor a prol da lingua galega durante a súa
       estadía en América. Sempre se sentiu tan identificado coa nosa lingua
       ou foi froito da súa estadía no estranxeiro?
Sempre me sentín identificado coa singularidade de Galicia e en primeiro lugar,
como signo de identidade, utilicei e defendín a súa lingua. En 43 anos de
emigrante, todos os meus libros e artigos escribinos en idioma galego.

12.     Por que cre que durante a súa estadía en América, e a de outros moitos
        intelectuais galegos, se levou a cabo un labor tan importante para a
        difusión da nosa lingua?

Dígoo máis arriba: porque a lingua é o signo principal da nosa identidade. “Se
inda somos galegos é por obra e gracia do noso idioma”, dixo Castelao. Esto
síntese máis no fondo cando estamos fóra.
                                                                                               Xosé Neira Vilas no IES García Barros.


13.    Vostede estivo na Arxentina e en Cuba. Cal dos dous países o marcou máis?

Arxentina (12 anos) foi a etapa da miña formación. Alí publiquei os meus primeiros traballos, centos de traballos na prensa galega, e os
meus dous primeiros libros; adquirín unha cultura xeral e unha cultura galega. En Cuba estiven 31 anos. Anos de madurez, de vivir a
experiencia dunha revolución popular, cóbado a cóbado cun pobo entusiasta, xeneroso, solidario. Marcáronme os dous países. Cando un
vive noutra terra por anos, xa non é nunca máis dun só país. Eu son algo arxentino, teño moito de cubano e son rotundamente galego,
dende sempre.
Xosé Neira Vilas

14.    A pesar de que non chegou a coñecelo, que influencia tivo sobre Vostede Castelao?

Castelao influíu en toda unha xeración, e segue influíndo. Polo seu exemplo, a súa
galeguidade, a súa conduta cidadá, e polas leccións que nos deixou sobre todo a
través do libro Sempre en Galiza, que todos debemos ler.
15.     Como ve Vostede o futuro da lingua galega no ensino?
Todo está neste momento moi encerellado. Non depende só das institucións; depende
de nós. Se a falamos acabará impoñéndose no ensino. E en canto ós nenos e nenas
pequenos depende en boa medida dos pais, pois moitos, non sei por que vello e
ridículo complexo de inferioridade, fálanlles castelán ós cativos. O castelán é unha
lingua irmá da nosa, e debemos sabela, naturalmente, pero a deste país é o galego. É
un luxo que un país de 30.000 quilómetros cadrados e menos de tres millóns de
habitantes fale unha lingua de seu. No ensino debe prevalecer o galego.

16.    De todos os premios e recoñecementos que recibiu, cal foi para Vostede o
       máis representativo?
Todos son estimulantes e axúdanme para seguir traballando, escribindo, pero a min
eso non me marea. Non sabería diferenciar. Todos teñen un gran valor polo xesto de
que mos concederan. E eu agradézoo.
                                                                                                As entrevistadoras con Neira Vilas e Anisia Miranda.

17.    Que é máis satisfactorio para Vostede, que o feliciten pola rúa ou recibir un premio?
Son dous valores distintos, pero o trato humano, de que me saúden pola rúa, ou nun colexio, ou nun acto cultural, é moi reconfortante.
Son dúas cousas distintas pero compleméntanse.

18.    Cal é o público para o que máis lle gusta escribir?

 O público en xeral, pero encántame escribir para nenos e nenas, e para eles dei a coñecer varios libros.
Xosé Neira Vilas

19.     Cal foi o sentimento que o invadiu no momento que tivo nas súas mans o seu primeiro libro?

Sentín emoción. Algo así como a de ter o primeiro fillo.

20.    Sabería sobrevivir sen un lapis e un papel nas mans?

Custaríame afacerme, pero na derradeira a todo nos afacemos.

21.    Que o empurrou a crear a súa Fundación?


Doei a miña casa natal. Pedín que se restaurase e se puxese nela unha biblioteca
pública. O da Fundación non foi idea miña senón das institucións, pois cando eu
non estea esto pode seguir porque hai un Patronato que se ocupa de que continúe.


22.     E finalmente, sabemos que Vostede tivo un contacto epistolar co gran
        escritor e galeguista estradense que lle dá o nome ao noso instituto, D.
        Manuel García Barros. Como foi a súa relación?

                                                                                                 Xosé Neira Vilas no IES García Barros.
    Escribinm
              e
   galego de co amigo Ken Keir
              le                   ad
   se chama i, un loitador gale es dende Buenos A
               A                  gu                     ir
  contido a venturas de Alber ista, un gran narra es e dende A Haba
             nt                    te Quiñoi            d                      na. Era u
  narración ropolóxico, de tra              , modelo or, sobre todo nes                      n
            s orixinais           dicións e            de narrac            a novela q
                        manuscrit           c                     ió                      ue
                                 as e contá ostumes que xa n n popular polo s
                                           ba me da s           o                         e
                                                     úa vida al n existen. Mandou u
                                                               á en Pous                 me
                                                                        a da ( Ca l l o
                                                                                       bre).
A R IO
      IO N
  ES T
CU
ita ?Eo
                              avor
                     a   ria f                         Cal é a súa película favorita?
            ra liter
      súa ob autor?
                            cionar
   léa                                                   Tamén moitas. Recordo
Ca                      men
                    odo
                on p ha.                                   entre as máis vellas
       oit as. N só un                                   Casablanca e Lo que el
    M                                                   viento se llevó. Mais, acá

                                        ?                                             l
                                 cr ibir                                      te atr
                                                                                     a
                            es                                                    a
                         ou                                                   obr
                   le  r                                                  nha se?
         pre
            fi re,
                        as n
                                                                        u
                                                                     alg iona          sen
     Qu
       e
                     us . U                                       nos pres
                                                               cir im               tos tre
                                                                                  or n
                   co se                                     i
                                                          a d ue o
                 as an           (e                 der
                                                        í
                                                                   p       lo M , e
                                                                           tre
             mb ént
                                                               q
                             ito                 Po
                                                                xem e Sar
          A               mo                                or e a d
             p lem be ler                              i, p tur          as.
        com or de                                    S
                                                           pu l    o utr
            rit                                        s e
        esc

More Related Content

What's hot

Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturatudense
 
Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Marlou
 
Filgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literariaFilgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literariarevoltadafreixa
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaXenza
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16Xenza
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezRomán Landín
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezRomán Landín
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMarlou
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 

What's hot (20)

Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da escultura
 
Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)
 
Filgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literariaFilgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literaria
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Poesia social
Poesia socialPoesia social
Poesia social
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania Pose
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 

Viewers also liked

Literatura no século xix
Literatura no século xixLiteratura no século xix
Literatura no século xixmati2011
 
A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75Dores Fdez López
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Narrativa De Postguerra
Narrativa De PostguerraNarrativa De Postguerra
Narrativa De Postguerradorneiro
 
Narrativa de Postguerra
Narrativa de PostguerraNarrativa de Postguerra
Narrativa de Postguerraguest202c88
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira VilasLourenço Alvarez Ruiz
 

Viewers also liked (11)

Literatura no século xix
Literatura no século xixLiteratura no século xix
Literatura no século xix
 
A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75A narrativa galega de posguera 1950 75
A narrativa galega de posguera 1950 75
 
Lingua Galega Posguerra
Lingua Galega PosguerraLingua Galega Posguerra
Lingua Galega Posguerra
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
 
Novela después del 36
Novela después del 36Novela después del 36
Novela después del 36
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Narrativa De Postguerra
Narrativa De PostguerraNarrativa De Postguerra
Narrativa De Postguerra
 
Narrativa de Postguerra
Narrativa de PostguerraNarrativa de Postguerra
Narrativa de Postguerra
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
 

Similar to Xosé neira vilas

don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeAsnosasletras
 

Similar to Xosé neira vilas (20)

don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Xosé ignacio taibo
Xosé ignacio taiboXosé ignacio taibo
Xosé ignacio taibo
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Marilar aleixandre
Marilar aleixandreMarilar aleixandre
Marilar aleixandre
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 

More from Asnosasletras

More from Asnosasletras (20)

Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 

Xosé neira vilas

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Xosé Neira Vilas (Realizada polas alumnas do IES Manuel García Barros MARTA RODRÍGUEZ CASTRO e HELENA VILAR REBOLO, alumnas de 1ºBACHARELATO (16 anos)- Curso académico 2009-10) Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados
  • 2. Xosé Neira Vilas 1. Que feito o motivou para comezar a escribir? É algo que vén en min dende a infancia, dende os oito ou nove anos. Unha inclinación natural, o asombro de que o que eran palabras podían ser tamén signos. A esto cómpre engadir unha disposición, un afán para fabular, para inventar historias. Na orixe da miña escrita hai moito que provén da narración oral e a poesía, dos vellos romances que me cantaba miña avoa. 2. Que diferenzas cre Vostede que hai entre a infancia que vostede pasou e a que calquera neno galego poida ter na actualidade? Gran diferenza. Visten mellor os de agora, teñen mellores escolas, comen mellor, etc. Nós eramos moi vitais, camiñabamos coma se nada dez ou quince quilómetros. Tiñamos xoguetes que faciamos nós mesmos. Cantabamos. Participabamos nas festas do entroido, pero eramos en xeral pobres, coas limitacións que apuntei. Pasabamos frío, camiñabamos sobre a lama, porque non había as estradas que hai hoxe. 3. Séntese identificado con algunha das súas obras? Cal pode ser a súa favorita? Identifícome con todas as miñas obras. Hai libros de ficción (novelas, contos) e de investigación e ensaio. Lévome con todas. Poida que teña certa preferencia pola novela Querido Tomás, e polo libro de contos Relatos mariñeiros. Nos outros, gústame Castelao en Cuba. 4. Cal das súas obras cre Vostede que tivo máis aceptación entre os lectores? Xosé Neira Vilas no IES García Barros. Memorias dun neno labrego, da que se fixeron unhas trinta edicións en galego e foi traducido a moitas linguas.
  • 3. Xosé Neira Vilas 5. Moitas das súas obras teñen que ver coa cultura tradicional galega. Que provocou que Vostede se basease nesa temática? A cultura tradicional é básica. Bebemos nas fontes que nos veñen dadas. Os contos que se contaban a carón do lume nas lareiras nas noites de inverno acenderon a miña imaxinación narradora. 6. Memorias dun neno labrego acadou un gran éxito. Esperaba este éxito? A que cre que foi debido? Non. Eu non esperaba nada cando escribín esa primeira obra narrativa. Non podía supoñer que trascendese tanto. Asustaríame. Pero o escritor escribe e de alí en diante a obra non é del, é dos lectores, e eles deciden. Creo que foi debido a que moitos viviron a mesma peripecia ca min, e que conta, pola boca dun neno unha difícil existencia, como era en Galicia hai cincuenta ou sesenta anos. Esa narración é sinxela pero dou fe da súa autenticidade. 7. En Memorias dun neno labrego Balbino comeza dicindo que é un rapaz da aldea, un ninguén. Cre que este pensamento está presente nos rapaces da aldea actualmente? Depende da modestia que sintan ou que lles inculcase a familia e os mestres. Uns máis e outros menos (Balbino era pobre e foi humillado ademais) todos somos “ninguéns”, rapaces e adultos. Depende de como nos midamos. Tampouco, salvo casos como o de Balbino, hai que sentirse esmagados, pero debemos ter en conta o que dixo un gran poeta: “Toda a gloria do mundo cabe nun gran de millo”. Hai que desbotar a soberbia, o orgullo, a vaidade. 8. Na anterior obra fálase da discriminación que se fai cara aos nenos da aldea. Por que cre que se produce esta situación? Cre que segue ocorrendo? De certa maneira, si, pero nótase pouco. Antes si porque tiñamos roupas con remendos, calzabamos zocos e sobre todo falamos a nosa lingua e os señoritos marxinábannos e ata nos desprezaban. Agora dáse moi pouco, ata onde eu sei. 9. Cre que a súa obra pode perder parte do “sentido” que Vostede lle quixo dar se é traducida a Xosé Neira Vilas no IES García Barros. outra lingua que non sexa o galego? Toda obra literaria, inda que sexa traducida a unha lingua irmá, veciña, sempre perde algo. É inevitable. Hai matices, xiros, expresións que non se poden traducir exactamente.
  • 4. Xosé Neira Vilas 10. Para Vostede irse para a Arxentina foi un exilio ou unha emigración? Foi unha emigración. Exiliados eran os que foron para salvar a vida, porque tiveran actividades políticas diferentes dos novos gobernantes; pero no meu caso hai outro matiz: quería estudar, e aquí non tiña medios nin atopei traballo nas cidades galegas para traballar polo día e estudar pola noite. Eso foi o que fixen na Arxentina. Alí, ademais descubrín Galicia, a miña patria, da que case nada sabía, e convertinme dende entón nun activista da cultura galega de por vida. 11. Vostede realizou un gran labor a prol da lingua galega durante a súa estadía en América. Sempre se sentiu tan identificado coa nosa lingua ou foi froito da súa estadía no estranxeiro? Sempre me sentín identificado coa singularidade de Galicia e en primeiro lugar, como signo de identidade, utilicei e defendín a súa lingua. En 43 anos de emigrante, todos os meus libros e artigos escribinos en idioma galego. 12. Por que cre que durante a súa estadía en América, e a de outros moitos intelectuais galegos, se levou a cabo un labor tan importante para a difusión da nosa lingua? Dígoo máis arriba: porque a lingua é o signo principal da nosa identidade. “Se inda somos galegos é por obra e gracia do noso idioma”, dixo Castelao. Esto síntese máis no fondo cando estamos fóra. Xosé Neira Vilas no IES García Barros. 13. Vostede estivo na Arxentina e en Cuba. Cal dos dous países o marcou máis? Arxentina (12 anos) foi a etapa da miña formación. Alí publiquei os meus primeiros traballos, centos de traballos na prensa galega, e os meus dous primeiros libros; adquirín unha cultura xeral e unha cultura galega. En Cuba estiven 31 anos. Anos de madurez, de vivir a experiencia dunha revolución popular, cóbado a cóbado cun pobo entusiasta, xeneroso, solidario. Marcáronme os dous países. Cando un vive noutra terra por anos, xa non é nunca máis dun só país. Eu son algo arxentino, teño moito de cubano e son rotundamente galego, dende sempre.
  • 5. Xosé Neira Vilas 14. A pesar de que non chegou a coñecelo, que influencia tivo sobre Vostede Castelao? Castelao influíu en toda unha xeración, e segue influíndo. Polo seu exemplo, a súa galeguidade, a súa conduta cidadá, e polas leccións que nos deixou sobre todo a través do libro Sempre en Galiza, que todos debemos ler. 15. Como ve Vostede o futuro da lingua galega no ensino? Todo está neste momento moi encerellado. Non depende só das institucións; depende de nós. Se a falamos acabará impoñéndose no ensino. E en canto ós nenos e nenas pequenos depende en boa medida dos pais, pois moitos, non sei por que vello e ridículo complexo de inferioridade, fálanlles castelán ós cativos. O castelán é unha lingua irmá da nosa, e debemos sabela, naturalmente, pero a deste país é o galego. É un luxo que un país de 30.000 quilómetros cadrados e menos de tres millóns de habitantes fale unha lingua de seu. No ensino debe prevalecer o galego. 16. De todos os premios e recoñecementos que recibiu, cal foi para Vostede o máis representativo? Todos son estimulantes e axúdanme para seguir traballando, escribindo, pero a min eso non me marea. Non sabería diferenciar. Todos teñen un gran valor polo xesto de que mos concederan. E eu agradézoo. As entrevistadoras con Neira Vilas e Anisia Miranda. 17. Que é máis satisfactorio para Vostede, que o feliciten pola rúa ou recibir un premio? Son dous valores distintos, pero o trato humano, de que me saúden pola rúa, ou nun colexio, ou nun acto cultural, é moi reconfortante. Son dúas cousas distintas pero compleméntanse. 18. Cal é o público para o que máis lle gusta escribir? O público en xeral, pero encántame escribir para nenos e nenas, e para eles dei a coñecer varios libros.
  • 6. Xosé Neira Vilas 19. Cal foi o sentimento que o invadiu no momento que tivo nas súas mans o seu primeiro libro? Sentín emoción. Algo así como a de ter o primeiro fillo. 20. Sabería sobrevivir sen un lapis e un papel nas mans? Custaríame afacerme, pero na derradeira a todo nos afacemos. 21. Que o empurrou a crear a súa Fundación? Doei a miña casa natal. Pedín que se restaurase e se puxese nela unha biblioteca pública. O da Fundación non foi idea miña senón das institucións, pois cando eu non estea esto pode seguir porque hai un Patronato que se ocupa de que continúe. 22. E finalmente, sabemos que Vostede tivo un contacto epistolar co gran escritor e galeguista estradense que lle dá o nome ao noso instituto, D. Manuel García Barros. Como foi a súa relación? Xosé Neira Vilas no IES García Barros. Escribinm e galego de co amigo Ken Keir le ad se chama i, un loitador gale es dende Buenos A A gu ir contido a venturas de Alber ista, un gran narra es e dende A Haba nt te Quiñoi d na. Era u narración ropolóxico, de tra , modelo or, sobre todo nes n s orixinais dicións e de narrac a novela q manuscrit c ió ue as e contá ostumes que xa n n popular polo s ba me da s o e úa vida al n existen. Mandou u á en Pous me a da ( Ca l l o bre).
  • 7. A R IO IO N ES T CU
  • 8. ita ?Eo avor a ria f Cal é a súa película favorita? ra liter súa ob autor? cionar léa Tamén moitas. Recordo Ca men odo on p ha. entre as máis vellas oit as. N só un Casablanca e Lo que el M viento se llevó. Mais, acá ? l cr ibir te atr a es a ou obr le r nha se? pre fi re, as n u alg iona sen Qu e us . U nos pres cir im tos tre or n co se i a d ue o as an (e der í p lo M , e tre mb ént q ito Po xem e Sar A mo or e a d p lem be ler i, p tur as. com or de S pu l o utr rit s e esc