Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Memoria 2017 ASCM

1,204 views

Published on

Resumen de actividades e iniciativas llevadas a cabo por la Asociación Sociocultural ASCM

Published in: Health & Medicine
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Memoria 2017 ASCM

  1. 1. ASOCIACIÓNSOCIOCULTURAL“ASCM” MEMORIA2017-EIVANº35
  2. 2. 2
  3. 3. 3 ÍNDICE Quen somos Saúda do presidente da ASCM Xunta directiva Onde estamos Información e asesoramento Emprego e formación Muller Deporte adaptado Ámbito psicosocial Voluntariado Cena 30º Aniversario Transporte adaptado Lecer e tempo libre Infancia e xuventude Accesibilidade Maiores Axuda a domicilio Convenios de colaboración Empresas Amigas Divulgación e sensibilización Gala 30º Aniversario Financiación Xeitos de colaborar 5 6 7 8 10 12 14 16 18 20 22 24 26 28 30 32 34 35 36 38 40 46 47
  4. 4. 5 A Asociación Sociocultural “ASCM” naceu en Ferrol en 1987 cunha marcada misión: lograr a plena integración das persoas con discapacidade de xeito transversal, mellorando a súa calidade de vida. Dende aquela, a ASCM segue cun traballo incansable coa visión de: ser un axente innovador na integración laboral das persoas con divesidade funcional; ser un referente como punto de encontro e participación inclusiva; aplicar enfoques novidosos, prácticos e sustentables que acaden cambios sociais; avanzar na sustentabilidade financieira e xerar unha actitude comprometida. A nosa traxectoria social, aválanos coma unha das entidades pioneiras na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade en Galicia. Ademais, a ASCM é Entidade de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia dende o ano 2002; entidade sen ánimo de lucro declarada de Utilidade Pública no ano 2010; insignia de Ouro Cidade de Ferrol 2013 e impulsora de Centros Especiais de Emprego dende 1988. OtraballonaASCMréxesesemprepolos valoresde:empatía,igualdade, integración, solidariedade, tolerancia, implicación e traballo en equipo. Con esta memoria anual, a Asociación non só pretende manter informados aos socios/as dos eventos organizados ano tras ano, senón que trata tamén de expoñer á cidadanía en xeral as áreas sociais nas que cómpre seguir traballando. Todas e todos somos persoas con algún tipo de discapacidade nalgún momento da nosa vida, xa sexa temporal ou permanente, e é unha realidade que pode cambiar a vida nun segundo. ¡Se te pos nese lugar, quererás apoiar e participar!
  5. 5. 6 Este 2017 foi un ano moi significativo para nós, un ano no que celebramos 30 anos de traballo incansable por acadar a plena integración das persoas con diversidade funcional. Ó longo deste ano fixemos un repaso ós nosos logros acadados, ás iniciativas promovidas e ás actividades que organizamos desde o ano de nacemento da asociación, 1987. Esta vista atrás axúdanos a seguir coa nosa loita e danos forzas suficientes para poder continuar. Para conmemorar esta celebración, deseñamos un calendario baixo o eslogan “Seguimos... no camiño” no que adicamos cada mes a unha das nosas áreas de actuación máis representativas. Deste xeito, organizamos actividades relacionadas coas diferentes temáticas, cun gran éxito de participación e colaboración. Todo semellaría máis complicado sen o noso grupo de voluntariado, socias e socios, usuarios, institucións públicas e empresas amigas, proque sen o seu apoio o noso éxito sería moito máis difícil de conquerir. Por iso, e por acompañarnos 30 anos, quero agradecervos o voso apoio, solidariedadeecolaboracióncoaASCM. Sen a axuda de todas e todos vós a nosa meta estaría máis lonxe. Desexando que sigamos xuntos recorrendo este camiño, despídome agradecéndo unha vez máis que sempre estedes ahí. SAÚDA PRESIDENTE ASCM
  6. 6. Presidente Ángel Gárate Roca Vicepresidenta Yeyé Castro Brea Tesoureiro Álvaro Illobre Saavedra Secretaria VogalVogal Vogal Vogal Vogal Vogal Vogal Eva Losada Fonticoba Carmen Marta Marta Basilio Durán Cupeiro Antonio Orosa Guizán Esther Martínez Bouza Lino Amado Cebreiro Abelardo Teijido Lage Rosa López Losada XUNTA DIRECTIVA 7
  7. 7. 8 ONDE ESTAMOS R/San Roque e Ánimas Blq 2 Baixos 18-19 Tlf: 981 35 14 30 Fax: 981 35 14 50 Email: ascm.ferrol@ascmferrol.com FERROL Estrada de Castela 256, Baixo Tlf: 981 38 53 66 Fax: 981 38 67 22 Email: ascmnaron@ascmferrol.com NARÓN
  8. 8. 9 Programas e Actividades
  9. 9. 10 Este departamento ten como obxectivo principal ofrecer información e asesoramento ás socias e socios sobre as vantaxes e outras medidas de apoio existentes para persoas con discapacidade, como son: * * Información xeral. * * Recoñecemento, declaración e calificación do grao de discapacidade. * * Beneficios fiscais. * * Prestacións tanto económicas e sociais como sanitarias, ás que poden acceder as persoas con mobilidade reducida. * * Adaptacións no fogar. * * Información sobre subvencións e axudas dos organismos públicos, así como a súa realización, xestións e entrega ante as administracións públicas. * * Información sobre aspectos xurídicos (presentación de denuncias, recursos, dereitos das persoas con discapacidade). * * Información sobre trámites administrativos (cómo solicitar os certificados de minusvalía ou dependencia, tarxetas de estacionamento, compra de vehículos, etc). Cada un dos departamentos que conforman este servizo encárgase despois de resolver as dúbidas, de facer os trámites ou solucionar os problemas que teñan os nosos usuarios. O noso Servizo de Información, Asesoramento e Orientación recibiu no 2017 miles de consultas relacionadas con temas de discapacidade en todos os seus ámbitos. INFORMACIÓN E ASESORAMENTO
  10. 10. 11 Persoal programa Orientación Xunta Directiva Persoal programa Cooperación
  11. 11. 12 A ASCM xestiona unha bolsa de emprego propia na que se realizan tarefas de orientación, procura e seguimento de emprego; análise do perfil laboral e orientación hacia metas realistas; intermediación entre as necesidades de persoal das empresas e os perfís laborais dos que dispoñemos e cobertura de carencias formativas. A nosa entidade ofrece tamén ás organizacións empresariais, cámaras de comercio e diversas empresas da nosa área, servizos de: asesoramento gratuíto, promoción da nosa bolsa de traballo e asesoramento sobre subvencións, incentivos e bonificacións á contratación das persoas con discapacidade. Febreiro foi o mes adicado ó emprego e a formación, co eslogan “Seguimos traballando pola integración sociolaboral”, impartíronse diversos obradoiros relacionados con esta temática: • Xornada sobre emprego “30 anos traballando pola integración sociolaboral” na que se trataron temas relacionados coa bolsa de emprego ASCM e o servizo de orientación e intermediación laboral. • Talleres de “Formación para o Emprego” nos que as/os asistentes puideron coñecer as mellores ferramentas para atopar emprego. A ASCM, como Centro Dinamizador Sociocomunitario homologado pola Xunta de Galicia, segue co seu compromiso de mellorar a formación e aumentar a empregabilidade, sobre todo das persoas con diversidade funcional, por iso, un ano máis, apostouse por impartir novos cursos, obradoiros e conferencias, tales coma: • O alumnado da Escola de Deseño EUDI mostrou proxectos da súa titulación e recadaron información clave sobre a importancia da acesibilidade para aplicar no seu traballo. • Participación no “Curso de Xestión e Dirección de Proxectos de Participación Xuvenil” organizado pola Xunta de Galicia. • Taller de mediación de conflictos. Impartido por Teresa Allegue, del Centro Psimed. • Colaboración co CPR Santiago Apóstol formando ós seus alumnos nas prácticas de Formación en Centros de Traballo (FCT). • Charla sobre cooperativismo a cargo de Dolores Regueiro • Mostra cooperativismo EMPREGO E FORMACIÓN
  12. 12. 13¡LEMBRA comunicarnos calquera variación no teu currículo! Xornada sobre emprego Formación para o emprego Charla EUDI Curso Xestión Proxectos Charla Cooperativismo Taller Mediación de Conflictos Mostra Cooperativismo
  13. 13. 14 A ASCM forma parte da Comisión da Muller de COAMIFICOA, desde a que se pretende informar e intermediar coas mulleres con discapacidade no ámbito dos seus dereitos específicos. Como non podía ser doutro xeito, o mes de marzo, adicámolo á muller. Baixo o eslogan “Seguimos reivindicando os dereitos da muller con discapacidade” potenciouse a actividade da área da muller ASCM. Programáronse numerosas actividades de lecer e formativas, deseñadas por e para as nosas socias, voluntarias e usuarias. ASCM asistiu ó acto conmemorativo organizado polo Concello de Ferrol (8 de marzo) no que se plantaron rosas no parque Raiña Sofía e pola tarde no Jofre a produtora ferrolana Chelo Loureiro recibiu unha homenaxe. Tamén ASCM estivo presente na cea promovida polo Concello de Narón (10 de marzo) na que se rendiu unha nova homenaxe, neste caso pública, á Muller do Ano 2017 de Narón, a actriz e directora da Escola de Teatro de Narón, Flor Maceiras. As actividades realizadas pola ASCM foron as seguintes: • Exposición “Muller e discapacidade” no centro Pai Menni (Betanzos) e no Carvalho Calero, de fotografías de mulleres con discapacidade pertencentes a “O que o ollo sente” realizadas polo artista Manuel Patinha. • Organización do acto de visibilización das mulleres con discapacidade (13 de marzo), co lema “XMUJER=”, no que se fixo visible unha das principais reivindicacións da ASCM: igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en tódolos ámbitos da vida. • Mesa redonda “Perspectiva 30 anos da muller con discapacidade” (17 de marzo) na que un grupo de mulleres falou sobre os temas que máiis lles preocupan e dos cambios que viviron ó longo destes 30 anos. • No Karaoke “Muller de nota” (24 de marzo) varias mulleres da ASCM demostraron as súas dotes musicais con cancións con letras cargadas de significado para elas. MULLER
  14. 14. 15 Acto visibilización Día da Muller Karaoke “Muller de nota”Inauguración exposición “Muller e discapacidade” Cea da Muller Narón“Muller e discapacidade”- Pai Menni Perspectiva 30 anos da muller e discapacidade
  15. 15. 16 A ASCM desenvolveu, ó longo deste ano, un gran número de actividades, tanto formativas e de sensibilización como deportivas, que van dende o deporte base ata as competicións locais, autonómicas e nacionais. Abril foi o mes destinado ó deporte adaptado, xunto ó eslogan “Seguimos practicando”, desde a ASCM organizáronse múltiples actividades unidas a esta temática. Estas deron comezo con dúas charlas sobre psicoloxía deportiva, nas que Teresa Allegue, do Centro PSIMED explicaron os beneficios de practicar deporte adaptado e diferentes técnicas de respiración. No referente á boccia, o día 4 de abril, a ASCM formou un grupo de voluntarios do programa “Pasaporte solidario” do colexio “La Salle” ensinando ao alumnado en qué consiste a boccia e o club ADM. Tamén participou na Liga Autonómica, tendo como rival ó APAMP Vigo. Outras actividades relacionadas co deporte adaptado foron: • Tenis • Boccia • Tiro con arco • Surf • Baloncesto Os días 20 e 21 de maio tivo lugar a XXIX edición do Open de Rutas Turística ADM, na que os participantes da ASCM acadaron os mellores postos na clasificación de categoría adaptada. Os nosos clubs e deportistas seguen sumando logros un ano máis, tanto a nivel de equipo como individual, destacando as actuacións de Álvaro Illobre en atletismo (Campión de España por autonomías) e de Willy Rodríguez e Braje, que foron homenaxeados como deportistas paralímpicos. DEPORTE ADAPTADO
  16. 16. Charla sobre psicoloxía deportiva Tenis de mesa Slalom Tiro con arco Club Boccia Homenaxe Open Rutas Turísticas 17 Parapente
  17. 17. A ASCM crea un tecido social máis solidarioatravésdacolaboraciónentre socios, voluntarios e traballadores. Anosaprogramaciónestáplanificada para favorecer a interacción entre os socios e fomentar a autonomía. A cultura foi protagonista no mes de maio, coa organización de actividades culturaisquepermitirondarvisibilidade ás persoas con discapacidade; ademais de outorgarlles protagonismo e motivalos a aprender e interpretar a arte en igualdade de oportunidades. Programáronse accións orientadas ó fomento da: Autonomía persoal e vida independente As habilidades grupais: As actividades artístico-creativas No marco deste tipo de actividades, destacamos a actividade desenvolta por: O Grupo de Teatro ASCM e a Comparsa “Os Colludos. O primeiro inscrito nos programas de Ferrol a Escena e na Rede Cultural, foi premiado cunha mención especial polo seu esforzo, mellora e adicación no certame de Teatro Candilejas de Don Bosco da Coruña pola súa obra “SuperPanchita” Este ano tamén se fixo entrega do premio por parte da DGT pola súa participación no Concurso de Proxectos de Educación Vial. Polo que respecta á Comparsa “Os Colludos”,esta é hoxe un instrumento esencial da ASCM. Naceu en 2010 cun claro obxectivo reivindicativo e de concienciación en favor da inclusión social das persoas con diversidade funcional e foi incrementando a súa presenza en festivais de Entroido ata desenvolver hoxe unha intensísima actividade, colleitando numerosos éxitos. No 2017, continuouse tamén coa difusión do conxunto de fotografías de Manuel Patinha “O que o ollo sente”. Este ano, centradas nas mulleres con discapacidade. 18 ÁMBITO PSICOSOCIAL
  18. 18. Rutas Sendeirismo Comparsa Os Colludos Danzaterapia 19 Pintura Masaxe Enerxético Grupo de teatro ASCM
  19. 19. 20 Un dos piares fundamentais da ASCM dende os seus comezos é o grupo de voluntarias e voluntarios. Desde a ASCM foméntase o voluntariado inclusivo e os voluntarios/ as resultan vitais na organización e desenvolvemento de actividades de dinamización que promoven a participación de persoas con discapacidade. O grupo celebra reunións mensuais para valorar as actividades realizadas e propoñer novas iniciativas que levar a cabo. Moitas das actividades realizadas ó longo do ano contan co soporte, que para nós é vital, das voluntarias e voluntarios. Pensar en facelas sen eles, semella para nós unha tarefa caseque imposible. O mes de xuño centrouse nesta gran área da ASCM co lema “Seguimos... fomentando o voluntariado inclusivo” . Neste mes o grupo de voluntariado ASCM foi o encargado de darlle unha nova apariencia á fachada da sede da asociación en Ferrol cun mural que transmite diversidade e solidariedade. A ASCM participa tamén, en colaboración coa Xunta de Galicia, no programa de Voluntariado Dixital e forma parte do grupo de “Aliados Dixitais” que desenvolve a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Por todo isto, só queda dar as grazas a este colectivo, xa que sen o seu esforzo e dedicación nada disto sería posible, para nós, todos e cada un son o voluntario do ano, aínda que este ano, o recoñecemento recaera en Adrián García. ¡¡¡GRAZAS A TODAS E TODOS!!! VOLUNTARIADO
  20. 20. 21 Xornada Boccia Voluntarios en Emotraxe Os Colludos en Geriatros Narón Mercadiño Encontro Interxeracional Marcha sobre rodas 21 Mercadiño Geriatros
  21. 21. 22
  22. 22. 23
  23. 23. 24 A ASCM conta cun transporte adaptado para cubrir as necesidades das persoas con mobilidade reducida. A financiación para poder desenvolver este servizo provén das administracións públicas: * * Realizamos o servizo de transporte adaptado dos centros educativos, a través do Centro Especial de Emprego. * * Co Concello de Ferrol e Narón atendemos as necesidades da súa veciñanza, derivados de Servizos Sociais. * * Coa colaboración da Deputación da Coruña levamos a cabo os servizos de transporte que non están cubertos por outros recursos. Durante o ano 2017, moitos dos nosos usuarios foron os beneficiarios finais dun servizo que conta con diferentes utilidades tales como: desprazamentos para facer trámites administrativos, asistenciaaconsultasmédicas,traslado a centros especializados, asistencia a actividades tanto deportivas como de formación ou de lecer. Obxectivos do servizo: * * Fomentar a independencia e autonomía das persoas con mobilidade reducida. * * Garantir a escolarización das persoas con mobilidade reducida. * * Cubrir un servizo que a día de hoxe o transporte público non cubre. * * Atender as necesidades sociais das persoas que teñen dificultade para desprazarse. TRANSPORTE ADAPTADO
  24. 24. 25
  25. 25. 26 Durante o 2017, a ASCM segue apostando por un carácter lúdico dentro das súas actividades. ASCM organizou multitude de visitas culturais e didácticas a museos e lugares de interese da comarca de Ferrol. Estas actividades inclusivas están dirixidas desde os máis pequenos ós máis maiores. Entre outros lugares, este ano visitamos: * * Exposición “Semana Santa 2017” * * Exposición de videoxogos no Carvalho Calero. * * Aula de Ecoloxía Urbana, “Obradoiro de mural otoñal” * * Exposición “Irmandades da fala” * * Exposicións Historia do Teatro Jofre - Centro Torrente Ballester. * * Ademais disto, a ASCM segue a potenciar a área de lecer, que se encarga de programar saídas lúdicas e excursións para tódolos usuarios, como foron: * * Partido do Deportivo convidados polo Centro Comercial Marineda City. * * Excursión Illa de Ons * * Arde Lucus * * Actividades temáticas: * * Celebración do Día das Letras Galegas * * Celebración do Samaín LECER E TEMPO LIBRE
  26. 26. 27 Samaín Exposición Semana Santa Exposición Videoxogos Excursión As Pontes Exposición Irmandades da Fala Excursión Illa Ons Arde Lucus
  27. 27. 28 A infancia e a xuventude tivo especial relevancia no mes de setembro con eventos relacionados co eslogan “Seguimos...sensibilizando á infancia e a xuventude.” No referente á Área de Infancia, este ano a ASCM continuou facendo actividades en diversos institutos e colexios da comarca, que foron desde exhibicións de deportes adaptados a charlas máis sensibilizadoras e de concienciación. Ademais, coa premisa de sensibilizar e visibilizar a discapacidade no entorno infantil, creouse o programa “+CAPAZ” Este animou ós nenos e nenas a transmitirasúavisióndadiscapacidade a través de pezas audiovisuais. Os colexios que resultaron gañadores foron o “CEIP A Gándara”, en categoría de baile e teatro, e o colexio “La Salle”, en categoría de canto. Na Área de Xuventude cabe destacar os talleres pertencentes ó programa “Xovin”, financiado por Iniciativa Xove da Xunta de Galicia. “Xovin” fomentou a inclusión das mulleres novas con e sen discapacidade, promoveu hábitos saudables e informou sobre diferentes aspectos como: emprego, accesibilidade, voluntariado, entrevistas… Entre as actividades deste programa atopáronse: expresión corporal, baile , hixiene postural, interpretación, música e canto. Ademais da creación dunha canle virtual en Youtube chamado “XOVIN”. INFANCIA E XUVENTUDE
  28. 28. Alumnado do colexio “La Salle” Cabalgata Solidaria Narón 29Baile (Programa XOVIN) Obra de teatro CEIP A Gándara (+CAPAZ) Circo Taller de verán Interxeracional
  29. 29. 30 A ASCM leva loitando pola plena accesibilidade desde o preciso intre en que se fundou e, pese a que se avanzou moito neste aspecto, aínda queda traballo que facer e moitas conciencias que remover porque todos, nalgún momento da nosa vida, podemos precisar dun entorno completamente accesible. É por iso que esta área de traballo da ASCM está orientada, principalmente, a servir como medio de denuncia da falta de accesibilidade, pero tamén a informar e asesorar en materia de axudas técnicas e supresión de barreiras arquitectónicas, non soamente no campo urbanístico, senón tamén nas barreiras sociais que debemos superar, realizando campañas de sensibilización e concienciación. Para continuar con estas reivindicacións dedicouse outubro á accesibilidade, baixo o lema “Seguimos...derribando barreiras arquitectónicas”, organizouse o ciclo de conferencias “Martes de accesibilidade”. Estas cinco charlas informaron e sensibilizaron sobre as dificultades coas que se atopa unha persoa con diversidade funcional, a través de intervencións de personalidades relevantes en temática de accesibilidade. Outra das accións que se elevou a cabo foi a “Marcha pola accesibilidade” que tivo como principal obxectivo que os representantes políticos do Concello de Ferrol se enfrentaran, en primeira persoa, ós problemas de accesibilidade que presenta esta cidade. Tamén tivo lugar “Xente! Senta e sente” , unha iniciativa que invitou a quen o desexara a probar unha cadeira de rodas para porse na pel dunha persoa nesta situación. Desde a ASCM expúxose un estudo sobre a accesibilidade das paradas do transporte público de Ferrol, Narón e Neda, con gran repercusión nos medios de comunicación. Ademais, este ano presentouse ante a Valedora do Pobo unha denuncia a RENFE por non cumprir as condicións básicas de accesibilidade e non permitir a optima utilización dos medios de transporte ás persoas con discapacidade, conseguindo que esta denuncia fora admitida a trámite. ACCESIBILIDADE A ASCM conta co blogue accesibilidadascm.blogspot.com, onde se publican tanto novas como fotografías-denuncia da nosa comarca en materia de accesibilidade. Animámosvos a que colaboredes connosco facéndonos chegar as vosas imaxes ó correo: voluntariadoascm@gmail.com
  30. 30. Xente! Senta e sente Presentación estudo paradas de bus Marcha pola accesibilidade Martes de accesibilidade 31 Barreiras Arquitectónicas
  31. 31. 32 MAIORES En canto a Área de Maiores, a ASCM continúa a participar en numerosas actividades lúdicas como son exhibicións de deportes adaptados, representacións teatrais, actuacións e a troula da comparsa da ASCM. Así, ó longo deste ano, realizáronse diversas exhibicións e actuacións en diferentescentrosdemaioresdacomarca. Ditas actividades estiveron a cargo dos voluntarios da ASCM que colaboran co equipo de boccia, do grupo a comparsa “Os Colludos” e o Grupo de Teatro da ASCM. Tales actividades foron: • O Encontro Interxeracional no Concello de Narón • Representación da obra de teatro Super Panchita en Geriatros Ferrol e no DomusVi, de Narón. • Actuación dos “Colludos” en Geriatros. • Representación da obra de teatro “El Secreto de la Cueva” no Centro de Día Ferrol-Esteiro.
  32. 32. 33 Encontro Interxeracional Narón Obra de teatro en Geriatros Ferrol
  33. 33. 34 A ASCM, dende hai varios anos, atende a usuarias e usuarios con gran discapacidade grazas ó “Convenio-programa suscrito entre la Federación de Coordinadoras y Asociaciones de personas con discapacidad física de las comunidades autónomas de España (Federación COAMIFICOA) e a Asociación Sociocultural (ASCM)” para la realización de programas de cooperación e voluntariado social con cargo á asignación tributaria do imposto sobre a renda das persoas físicas. O servizo de axuda no fogar consiste en coidar das persoas con discapacidade no seu propio domicilio. As tarefas que abrangue son as de: - Asistencia domiciliaria. - Tarefas domésticas. - Axudas a levantarse e deitarse - Axuda no aseo persoal AXUDA A DOMICILIO
  34. 34. 35 A Asociación Sociocultural ASCM ten asinados diversos convenios de colaboración con diferentes entidades que representan un fluxo de ingresos moi importante no día a día da entidade. Este ano firmouse un convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF), co obxectivo de lograr a integración das persoas con discapacidade no ámbito sociolaboral, traballando na contratación de personal con discapacidade en diferentes empresas. A ASCM participa activamente en moitas das actividades do Concello de Narón e forma parte do Consello Sectorial da Muller e do Consello Territorial do Alto. Tamén mantén unha relación constante cos representantes dos concellos da comarca e a Deputación da Coruña, tendo convenio asinado cos Concellos de Ferrol e Narón. Do mesmo xeito, a Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao, colabora coa ASCM tanto coa cesión da sala de exposicións para as iniciativas culturais da asociación como outorgando os permisos necesarios para poder poñer o “Stand de benvida” nas chegadas dos cruceiros. Ademais, a ASCM participa activamente, en colaboración coa Xunta de Galicia, no Programa de Voluntariado Dixital dende xuño de 2012, o que lle permitirá, neste ano, integrarse coma “Aliado Dixital” de forma automática, e por en valor as novas tecnoloxías entre as persoas con discapacidade.Así, a Asociación Sociocultural ASCM poderá sumar capacidades, recursos e iniciativas e conseguir un efecto multiplicador das actuacións levadas a cabo. CONVENIOS DE COLABORACIÓN
  35. 35. Co obxectivo de premiar a fidelidade das nosas socias e socios, a ASCM puxo en marcha no 2014 a campaña “Empresas Amigas da ASCM”, consistente na sinatura de acordos de colaboración con diferentes empresas da comarca de Ferrolterra nas que as asociadas e asociados da ASCM gozan de determinados descontos, privilexios ou promocións á hora de facer as súas compras. LISTADO DE EMPRESAS: podedes consultar todos os descontos nos locais da ASCM ou no blogue de empresas amigas: empresasamigasascm.blogspot.com.es »»Abogados Díaz & Carneiro »»Agenjo Ortopedia S.C.I. »»A tenda de Sara »»Alain Afflelou (C.C Parque Ferrol) »»Alain Afflelou (Narón) »»Alain Afflelou (C.C. Alcampo Ferrol) »»Aquativos »»Bermejo Blanco Seguros »»Bio-Zen Narón »»Buceo Ferrol »»Calzados Mara »»Calzados Tojeiro »»Cande Interiorismo »»Central Librera »»Centro de Masajes y Fisioterapia Tosi »»Centro Dental San Pablo »»Centro de Masaje Paula Mayobre »»Cine Dúplex »»Clínica Dental Alejandro Casas Manso »»Clínica Dental Dr. Aullón »»Clínica Dental María Soto »»Clínica Médica As Pontes »»Clínica Médica Betanzos 60 »»Clínica Médica El Puente »»Clínica Podológica Juan Luis Carballo »»Clínica Podológica María Pita Graña »»Clínica Podológica Serantes »»Darío Javier Fisioterapia »»Daro Papelería »»Electrónica Gato »»Error Ferrol »»Espejo Mágico »»Exclusivas Iglesias - Ortopedia »»Farmacia Isabel Campo »»Ferretería SAR »»Fersay Grupo ETCO »»Fisioterapia Jorge Montero »»Floristería Sedes »»Fotografía Noelia Soto »»Genio Regalos Personalizados »»Gran Hotel de Ferrol 36
  36. 36. »»Grupo EMS »»Jofil Fotografía »»Joyería Narón »»Koke´s Ropa Infantil »»La Florista del Castillo »»La Guagua - Servicios Socioculturales »»La tienda de Emma »»Mesón - Sidrería Mandeo »»Neumáticos Soledad, Confort Auto »»Opticalia Callao »»Óptica Novalux »»Óptica Valero »»Ortopedia Layme »»Parque Infantil Marinolandia »»Peluquería de Caballeros Luar »»Peluquería Raiola »»Peluquería Choly »»Perfumería Ana »»Políclina Psicotécnico Carmen Carballo »»Policlínica Sol »»Psicóloga Sofía Bellón Yáñez »»Psicotécnico Abeiro »»Psicotécnico Abrente »»Psicotécnico Chamorro »»Psicoterapia y Trauma Natalia Seijo »»Seguros Cascudo »»Serma Dependencia »»Talleres Pena »»TEAVI »»Telepizza Ferrol (Calle Venezuela) »»Telepizza Narón (Calle San Andrés) »»Termas de Cuntis »»Viajes Ecuador »»Viajes Paco »»Viveros Florgalicia »»Zapatería y Cerrajería 24 horas »»Zoom Psicólogos 37
  37. 37. 38 Dende a ASCM faise un gran esforzo por ter presenza nos medios, coa finalidade de que a realidade das persoas con discapacidade non sexa algo descoñecido para a cidadanía. No que levamos de ano, os medios están a dar cobertura das nosas accións e así, realizamos numerosas aparicións tanto en prensa (escrita e dixital), radio, televisión...Isto compleméntase coa presenza en Internet e material publicitario variado. Enderezos web: - PÁXINA WEB: www.ascmferrol.com - BLOGUES: Blogue de noticias: noticias-ascm.blogspot.com.es Blogue de voluntariado: voluntariadoascm.blogspot.com.es Blogue de accesibilidade: accesibilidadascm.blogspot.com.es Blogue de orientación laboral: orientacion-laboral-ascm.blogspot. com.es Blogue de empresas amigas: empresasamigasascm.blogspot.com.es - REDES SOCIAIS: Páxina de Facebook: Asociación Sociocultural ASCM Twitter: twitter.com/ASCM_Ferrol Do mesmo xeito, a ASCM desenvolve un labor fundamental na organización e/ou participación en xornadas e congresos sobre discapacidade. Tamén se traballa de xeito presencial nos colexios co obxectivo de sensibilizar aos máis novos sobre a problemática das persoas discapacitadas no seu entorno habitual. Ademais disto, organízanse e colabórase na organización de eventos solidarios coma os actos conmemorativos do Día da Diversidade Funcional. DIVULGACIÓN E SENSIBILIZACIÓN
  38. 38. 39
  39. 39. 40 Celebramos o noso 30º Aniversario cunha gala que tivo lugar o 26 de novembro de 2017 no Auditorio de Ferrol. O acto serviu para agradecer o traballo e a axuda recibida durante todos estes anos por parte de socios, amigos, colaboradores e entidades públicas e privadas. Gala 30ºAniversario Intervencións José Manuel Rey-Conselleiro Política SocialÁngel Gárate-Presidente ASCM Jorge Suárez-Alcalde de Ferrol Manuel Patinha
  40. 40. 41 Actuacións Voluntario do ano Carro de Prata Grupo de baile TEDAGA CPAP Bergondo C.E.I.P A Gándara Coral Madrigalia Adrián García Colexio La Salle Colexio La Salle Gañadores +CAPAZ C.E.I.P A Gándara
  41. 41. Recoñecementos Juan Martínez Zoe Vale Javier Grueiro Alejandra Varela Loli Sandá Pilar Panceiras Empresas e entidades galardoadas
  42. 42. Sorpresas Momentos de encontro Lipdub Lipdub Agasallos Regalos
  43. 43. 44
  44. 44. 45 Moitas grazas por acompañarnos!
  45. 45. 46 FINANCIAMENTO A Asociación Sociocultural ASCM realiza anualmente auditorías externas nas que unha empresa supervisa os estados financeiros da entidade, así como o cumprimento das leis e normas específicas. Neste ano, a ASCM recibiu, para o seu financiamento, achegas de administracións e organismos públicos, que representan o 68,13% do total, privados (23,61%), aportacións das socias/os (3,25%) e donativos (4,99%). Donativos e outras aportacións privadas Huchas Solidarias ASCM
  46. 46. 47

×