SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Programa electoral
PROGRAMA PP RIBADEO 2023
Economía e emprego
Facilitaremos a implantación de novas empresas no polígono industrial (con rebaixas fiscais e do
solo)
Crearemos un viveiro de empresas, espazos coworking e espazos de aluguer para teletraballo
(zonas de wifi, servizos de impresión, sala de reunións…).
Simplificaremos e axilizaremos os trámites para facilitar a creación de empresas a través dun
portal de emprendemento dixital e de apoio técnico.
Elaboraremos un Plan integral para a Praza de Abastos, que incluirá a rehabilitación do espazo a
súa dinamización e a posta en valor dos produtos de proximidade.
Impulsaremos novos ciclos formativos para o Centro ClFP Porta da Auga e para o CFEA Pedro
Murias.
Potenciaremos e dinamizaremos o Mercado dos Domingos.
Apoiaremos a posta en marcha de novos proxectos empresariais innovadores promovendo
Iniciativas Locais de Emprego (ILes)
Saúde e coidados
Faremos realidade o novo Centro de Saúde que traerá novos servizos, mellor accesibilidade e
incluirá o 061 nas mesmas instalacións.
Reformaremos integralmente o Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro.
Melloraremos o Servizo de Asistencia no Fogar e solicitaremos un aumento de horas á Xunta de
Galicia.
Reforzaremos as actividades do Centro de Día e do centro social e dotarémolo de transporte
desde as parroquias.
Implantaremos o programa Preto de ti (Coidados porta a porta, actividades de mellora da
psicomotricidade e a memoria, actividades de lecer…).
Promoveremos accións de asociacionismo e voluntariado para persoas maiores cara a un
envellecemento activo.
Institucionalizaremos o día do xubilado.
Xestionaremos a inclusión de Ribadeo na Rede Galega de Atención Temperá.
Reforzaremos as axudas a familias vulnerables.
Medio Ambiente
Elaboraremos e poñeremos en marcha un novo Plan Municipal de Residuos.
Dinamizaremos a Casa da Ría.
Implantaremos un Plan de sensibilización medioambiental: xornadas, celebracións… en
colaboración cos centros escolares e as asociacións.
Recuperaremos as áreas recreativas da vila e do rural, parques biosaudables e outras áreas de
lecer.
Potenciaremos as rutas de sendeirismo existentes e crearemos novos itinerarios.
Impulsaremos o proxecto Senda Verde do Tren Mineiro Ribadeo-Vilaodrid.
Dotaremos ás parroquias de depósitos de auga para a extinción de incendios.
Promoveremos o aproveitamento de residuos orgánicos (céspede, podas…) tanto municipais
como privados.
Implementaremos as actuacións recollidas no Plan de Especial de Protección de As Catedrais
Solicitaremos ó goberno central o desmantelamento total da leitería de Reme para crear un
espazo de lecer.
Habilitaremos unha zona de recreo para mascotas.
Infraestruturas e urbanismo
Construiremos novos aparcadoiros públicos para turismos e un para camións.
Construiremos un centro multiusos para albergar distintas actividades e eventos (feiras,
exposicións…)
Xestionaremos a construción dun segundo acceso dende a A8 a Ribadeo e doutro acceso á estrada
de circunvalación desde a estrada de Vilela.
Melloraremos a iluminación nas parroquias e na vila (pasos de peóns, estrada do Faro…).
Levaremos a cabo unha mellora integral do Parque Infantil Municipal.
Melloraremos os equipamentos de todos os barrios da vila, renovando o mobiliario urbano e
garantindo o mantemento do existente.
Redactaremos un novo plan de tráfico e seguridade viaria que poña especial atención nas zonas
escolares e naquelas de alta afluencia de peóns.
Revisaremos a taxa de terrazas e crearemos unha nova normativa consensuada co sector da
hostalería sen prexuízo para os viandantes.
Promoveremos un pacto entre administracións que garanta a renovación da tubaxe e novas
captacións para o abastecemento de auga potable.
Desenvolveremos o Plan Rexurbe poñendo en valor o casco histórico.
Rural
Crearemos unha brigada municipal de atención ó rural.
Construiremos aparcadoiros públicos nas parroquias.
Melloraremos a rede viaria con aglomerado asfáltico e cunetas de formigón.
Avanzaremos no saneamento das parroquias.
Acondicionaremos zonas de carga e descarga de madeira, así como as pistas forestais,
Apoiaremos o sector forestal, a agricultura, a gandaría, as enerxías renovables e o turismo como
eixos dinamizadores do noso rural.
Incrementaremos a colaboración institucional do concello coas asociacións de veciños do rural.
Seguiremos rehabilitando o patrimonio natural, cultural e histórico das nosas parroquias.
Favoreceremos o asentamento de poboación no rural coa redución de taxas municipais.
Impulsaremos a implantación de novas empresas no rural e fomentaremos a creación de
Iniciativas de Emprego Rural (IER).
Traballaremos pola mellora da xestión forestal do concello, en colaboración coas comunidades de
montes.
Bo goberno
Reduciremos impostos e taxas municipais, como por exemplo para a rehabilitación de vivendas
no rural e na vila.
Melloraremos a páxina web do concello converténdoa nun portal amigable, funcional e de
comunicación coa cidadanía.
Potenciaremos a administración electrónica e faremos campañas de información e formación para
a cidadanía sobre o seu uso.
Melloraremos o aproveitamento das fonte de financiamento (fondos europeos, plans estatais,
autonómicos e provinciais…)
Eliminaremos o imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (plusvalía
municipal).
Aboaremos en tempo e forma as subvencións ós clubs deportivos, ás asociacións veciñais e
demais entidades.
Implementaremos a Oficina de Xustiza do Concello (para tramitacións, en base a nova
normativa)
Fraccionaremos o pago do IBI.
Impulsaremos o equipo de Protección Civil Municipal con campañas de voluntariado, accións
formativas e dotacións materiais.
Crearemos unha Comisión Municipal de Participación Cidadá na que o goberno municipal
escoitará periodicamente as aportacións da veciñanza.
Turismo e sector servizos
Impulsaremos o comercio local e ampliaremos a colaboración co centro comercial aberto e
ACISA.
Elaboraremos e executaremos un Plan estratéxico de desenvolvemento turístico xestionado por
un ente público-privado.
Apostaremos polo turismo cultural e de congresos como creador de emprego e riqueza.
Poñeremos en marcha a comercialización de paquetes turísticos e reforzaremos a fidelización dos
nosos visitantes.
Incrementaremos a colaboración coas festas e eventos locais, en especial aquelas que contan o
recoñecemento de Festa Interese Turístico Galego.
Coordinaremos os servizos municipais, os sectores hostaleiro e de servizos e as entidades
implicadas para o deseño, información e difusión das programacións e actos culturais e turísticos.
Xestionaremos o nomeamento de Ribadeo como inicio de etapa do Camiño Norte.
Construiremos un albergue de peregrinos en A Ponte de Arante.
Reabriremos a Oficina do Peregrino para potenciar o Camiño Norte.
Crearemos unha área de servizo sustentable para caravanas.
Fomentaremos un foro turístico como xerme de novos proxectos.
Promocionaremos as festas e eventos municipais (Xira, Indianos…) no propio concello, pero
sobre todo fóra del con campañas de presentación e difusión en localizacións estratéxicas.
Implementaremos unha taxa turística para a visita á Praia das Catedrais que se convertirá nun
bono desconto no sector servizos de Ribadeo.
Cultura e educación
Rehabilitaremos o vello colexio das monxas para convertelo na Casa da Música.
Crearemos un padroado cultural e de festas que dinamice estas actividades.
Apoiaremos os festivais musicais existentes na actualidade e fomentaremos novas iniciativas.
Dinamizaremos e poñeremos en valor o Cine Teatro e acondicionaremos o Auditorio Municipal.
Fomentaremos as habilidades de oratoria e liderado así como o coñecemento da administración
local do alumnado dos centros escolares.
Colaboraremos cos centros educativos en actividades diversas (coeducación, igualdade,
animación á lectura…)
Acondicionaremos os accesos á escola infantil.
Asinaremos convenios ou acordos de colaboración con Universidades para a realización de
actividades de formación, xornadas e foros en Ribadeo.
Habilitaremos un espazo municipal para a realización de actividades formativas ou de
divulgación dos colectivos e asociacións local.
Crearemos no Forte de San Damián un centro de interpretación relacionado coa súa localización
e historia.
Habilitaremos diferentes espazos para salas de exposicións.
Mar
Seguiremos impulsando os dragados periódicos para garantir o futuro do Porto de Mirasol.
Crearemos o salón Náutico de Ribadeo.
Xestionaremos a ampliación das instalacións do Porto deportivo.
Faremos de Ribadeo Sede de congresos e xornadas naúticas.
Desenvolveremos, en colaboración cos centros escolares actividades de divulgación das
actividades que se levan a cabo na zona portuaria (Centro de cultivos marinos, lonxa, porto
deportivo…).
Promoveremos a alimentación saudable baseada nos produtos do mar (peixes, algas…)
Mocidade e deporte
Construiremos un campo de herba artificial e unha pista de atletismo.
Impulsaremos a celebración de cursos, xornadas… e institucionalizaremos o Día do Deporte
Ribadense coa participación de todos os clubs.
Manteremos e repararemos as instalacións deportivas (pavillón municipal, Campo do Outeiro…).
Dotaremos de bedel ás instalacións deportivas para fomentar e axilizar o seu uso.
Apostaremos polo deporte no rural mellorando as instalacións e potenciaremos os deportes
tradicionais.
Crearemos espazos de ocio para adolescentes.
Potenciaremos as actividades interxeracionais así como o voluntariado xove.
Organizaremos actividades específicas para os xoves, xestionando tamén o uso das dependencias
municipais para grupos (pavillóns, salas de reunións…).
Potenciaremos as noites alternativas adscribíndoas a temáticas diversas (moda, teatro, libro,
grafitti…)
Coa igualdade
Daremos visibilidade no ámbito cultural ás autoras, artistas e creadoras.
Impulsaremos o desenvolvemento dos talentos STEM, porque as mulleres tamén somos de
ciencias.
Reforzaremos e ampliaremos os servizos tanto na vila como no rural dos centros de información
a muller.
Favoreceremos unha maior coordinación das administracións en canto a protección e
asesoramento da muller e os seus fillos nos casos de violencia de xénero.
Potenciaremos o deporte feminino con medidas concretas para impulsar os seus éxitos tanto a
nivel nacional como internacional e para alcanzar a paridade na práctica e na xestión do deporte.
Impulsaremos o emprendemento, formación e asistencia para as mulleres que faciliten a súa
incorporación ao mercado laboral, tanto por conta allea como por conta propia.

More Related Content

Similar to programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023

Programa Electoral 2011.
Programa Electoral 2011.Programa Electoral 2011.
Programa Electoral 2011.mariaramallo
 
Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Vane Siso Calvo
 
Programa PSOE bergondo
Programa PSOE bergondoPrograma PSOE bergondo
Programa PSOE bergondopsdegbergondo
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019burelao
 
Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023psdegbergondo
 
Ejemplos de contratación pública en Riveira
Ejemplos de contratación pública en RiveiraEjemplos de contratación pública en Riveira
Ejemplos de contratación pública en Riveirajose_galicia_18
 
040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancaresDolcevitacoruna
 
Presentacion comuni-sopa14
Presentacion comuni-sopa14Presentacion comuni-sopa14
Presentacion comuni-sopa14abrazapedras
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa VilaPlanBPontedeume
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo psdegbergondo
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIGADI
 
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024luarodalegre97
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015Mortadelo007
 
Programa PSOE de Bergondo 2019
Programa PSOE de Bergondo 2019Programa PSOE de Bergondo 2019
Programa PSOE de Bergondo 2019psdegbergondo
 

Similar to programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023 (20)

Programa Electoral 2011.
Programa Electoral 2011.Programa Electoral 2011.
Programa Electoral 2011.
 
Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019Programa electoral completo - Vilalba 2019
Programa electoral completo - Vilalba 2019
 
programa bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdfprograma bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdf
 
Programa PSOE bergondo
Programa PSOE bergondoPrograma PSOE bergondo
Programa PSOE bergondo
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019
 
Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
Ejemplos de contratación pública en Riveira
Ejemplos de contratación pública en RiveiraEjemplos de contratación pública en Riveira
Ejemplos de contratación pública en Riveira
 
040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares
 
Presentacion comuni-sopa14
Presentacion comuni-sopa14Presentacion comuni-sopa14
Presentacion comuni-sopa14
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
 
Os castrosa cubelacatrocamiños
Os castrosa cubelacatrocamiñosOs castrosa cubelacatrocamiños
Os castrosa cubelacatrocamiños
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixital
 
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
 
Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
 
Programa PSOE de Bergondo 2019
Programa PSOE de Bergondo 2019Programa PSOE de Bergondo 2019
Programa PSOE de Bergondo 2019
 
Programa electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do PorriñoPrograma electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do Porriño
 

More from Antonio Gregorio Montes

Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Antonio Gregorio Montes
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoA Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoAntonio Gregorio Montes
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntonio Gregorio Montes
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoAntonio Gregorio Montes
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAntonio Gregorio Montes
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfAntonio Gregorio Montes
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...Antonio Gregorio Montes
 
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfCarnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfAntonio Gregorio Montes
 
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdfLa problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdfAntonio Gregorio Montes
 

More from Antonio Gregorio Montes (20)

Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
 
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoA Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
 
Presentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdfPresentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdf
 
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdfPrograma Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
 
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdfDiscurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
 
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdfPROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
 
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfCarnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
 
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdfLa problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
 
Estudio sobre toponimia de Ribadeo
Estudio sobre toponimia de RibadeoEstudio sobre toponimia de Ribadeo
Estudio sobre toponimia de Ribadeo
 
Manifesto AELG Rosalía 2023.pdf
Manifesto AELG Rosalía 2023.pdfManifesto AELG Rosalía 2023.pdf
Manifesto AELG Rosalía 2023.pdf
 
Adeus as armas
Adeus as armasAdeus as armas
Adeus as armas
 

programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023

  • 1. Programa electoral PROGRAMA PP RIBADEO 2023 Economía e emprego Facilitaremos a implantación de novas empresas no polígono industrial (con rebaixas fiscais e do solo) Crearemos un viveiro de empresas, espazos coworking e espazos de aluguer para teletraballo (zonas de wifi, servizos de impresión, sala de reunións…). Simplificaremos e axilizaremos os trámites para facilitar a creación de empresas a través dun portal de emprendemento dixital e de apoio técnico. Elaboraremos un Plan integral para a Praza de Abastos, que incluirá a rehabilitación do espazo a súa dinamización e a posta en valor dos produtos de proximidade. Impulsaremos novos ciclos formativos para o Centro ClFP Porta da Auga e para o CFEA Pedro Murias. Potenciaremos e dinamizaremos o Mercado dos Domingos. Apoiaremos a posta en marcha de novos proxectos empresariais innovadores promovendo Iniciativas Locais de Emprego (ILes) Saúde e coidados Faremos realidade o novo Centro de Saúde que traerá novos servizos, mellor accesibilidade e incluirá o 061 nas mesmas instalacións. Reformaremos integralmente o Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro. Melloraremos o Servizo de Asistencia no Fogar e solicitaremos un aumento de horas á Xunta de Galicia. Reforzaremos as actividades do Centro de Día e do centro social e dotarémolo de transporte desde as parroquias. Implantaremos o programa Preto de ti (Coidados porta a porta, actividades de mellora da psicomotricidade e a memoria, actividades de lecer…). Promoveremos accións de asociacionismo e voluntariado para persoas maiores cara a un envellecemento activo. Institucionalizaremos o día do xubilado. Xestionaremos a inclusión de Ribadeo na Rede Galega de Atención Temperá. Reforzaremos as axudas a familias vulnerables. Medio Ambiente Elaboraremos e poñeremos en marcha un novo Plan Municipal de Residuos. Dinamizaremos a Casa da Ría. Implantaremos un Plan de sensibilización medioambiental: xornadas, celebracións… en colaboración cos centros escolares e as asociacións. Recuperaremos as áreas recreativas da vila e do rural, parques biosaudables e outras áreas de lecer. Potenciaremos as rutas de sendeirismo existentes e crearemos novos itinerarios. Impulsaremos o proxecto Senda Verde do Tren Mineiro Ribadeo-Vilaodrid. Dotaremos ás parroquias de depósitos de auga para a extinción de incendios. Promoveremos o aproveitamento de residuos orgánicos (céspede, podas…) tanto municipais como privados. Implementaremos as actuacións recollidas no Plan de Especial de Protección de As Catedrais
  • 2. Solicitaremos ó goberno central o desmantelamento total da leitería de Reme para crear un espazo de lecer. Habilitaremos unha zona de recreo para mascotas. Infraestruturas e urbanismo Construiremos novos aparcadoiros públicos para turismos e un para camións. Construiremos un centro multiusos para albergar distintas actividades e eventos (feiras, exposicións…) Xestionaremos a construción dun segundo acceso dende a A8 a Ribadeo e doutro acceso á estrada de circunvalación desde a estrada de Vilela. Melloraremos a iluminación nas parroquias e na vila (pasos de peóns, estrada do Faro…). Levaremos a cabo unha mellora integral do Parque Infantil Municipal. Melloraremos os equipamentos de todos os barrios da vila, renovando o mobiliario urbano e garantindo o mantemento do existente. Redactaremos un novo plan de tráfico e seguridade viaria que poña especial atención nas zonas escolares e naquelas de alta afluencia de peóns. Revisaremos a taxa de terrazas e crearemos unha nova normativa consensuada co sector da hostalería sen prexuízo para os viandantes. Promoveremos un pacto entre administracións que garanta a renovación da tubaxe e novas captacións para o abastecemento de auga potable. Desenvolveremos o Plan Rexurbe poñendo en valor o casco histórico. Rural Crearemos unha brigada municipal de atención ó rural. Construiremos aparcadoiros públicos nas parroquias. Melloraremos a rede viaria con aglomerado asfáltico e cunetas de formigón. Avanzaremos no saneamento das parroquias. Acondicionaremos zonas de carga e descarga de madeira, así como as pistas forestais, Apoiaremos o sector forestal, a agricultura, a gandaría, as enerxías renovables e o turismo como eixos dinamizadores do noso rural. Incrementaremos a colaboración institucional do concello coas asociacións de veciños do rural. Seguiremos rehabilitando o patrimonio natural, cultural e histórico das nosas parroquias. Favoreceremos o asentamento de poboación no rural coa redución de taxas municipais. Impulsaremos a implantación de novas empresas no rural e fomentaremos a creación de Iniciativas de Emprego Rural (IER). Traballaremos pola mellora da xestión forestal do concello, en colaboración coas comunidades de montes. Bo goberno Reduciremos impostos e taxas municipais, como por exemplo para a rehabilitación de vivendas no rural e na vila. Melloraremos a páxina web do concello converténdoa nun portal amigable, funcional e de comunicación coa cidadanía. Potenciaremos a administración electrónica e faremos campañas de información e formación para a cidadanía sobre o seu uso. Melloraremos o aproveitamento das fonte de financiamento (fondos europeos, plans estatais, autonómicos e provinciais…) Eliminaremos o imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (plusvalía municipal).
  • 3. Aboaremos en tempo e forma as subvencións ós clubs deportivos, ás asociacións veciñais e demais entidades. Implementaremos a Oficina de Xustiza do Concello (para tramitacións, en base a nova normativa) Fraccionaremos o pago do IBI. Impulsaremos o equipo de Protección Civil Municipal con campañas de voluntariado, accións formativas e dotacións materiais. Crearemos unha Comisión Municipal de Participación Cidadá na que o goberno municipal escoitará periodicamente as aportacións da veciñanza. Turismo e sector servizos Impulsaremos o comercio local e ampliaremos a colaboración co centro comercial aberto e ACISA. Elaboraremos e executaremos un Plan estratéxico de desenvolvemento turístico xestionado por un ente público-privado. Apostaremos polo turismo cultural e de congresos como creador de emprego e riqueza. Poñeremos en marcha a comercialización de paquetes turísticos e reforzaremos a fidelización dos nosos visitantes. Incrementaremos a colaboración coas festas e eventos locais, en especial aquelas que contan o recoñecemento de Festa Interese Turístico Galego. Coordinaremos os servizos municipais, os sectores hostaleiro e de servizos e as entidades implicadas para o deseño, información e difusión das programacións e actos culturais e turísticos. Xestionaremos o nomeamento de Ribadeo como inicio de etapa do Camiño Norte. Construiremos un albergue de peregrinos en A Ponte de Arante. Reabriremos a Oficina do Peregrino para potenciar o Camiño Norte. Crearemos unha área de servizo sustentable para caravanas. Fomentaremos un foro turístico como xerme de novos proxectos. Promocionaremos as festas e eventos municipais (Xira, Indianos…) no propio concello, pero sobre todo fóra del con campañas de presentación e difusión en localizacións estratéxicas. Implementaremos unha taxa turística para a visita á Praia das Catedrais que se convertirá nun bono desconto no sector servizos de Ribadeo. Cultura e educación Rehabilitaremos o vello colexio das monxas para convertelo na Casa da Música. Crearemos un padroado cultural e de festas que dinamice estas actividades. Apoiaremos os festivais musicais existentes na actualidade e fomentaremos novas iniciativas. Dinamizaremos e poñeremos en valor o Cine Teatro e acondicionaremos o Auditorio Municipal. Fomentaremos as habilidades de oratoria e liderado así como o coñecemento da administración local do alumnado dos centros escolares. Colaboraremos cos centros educativos en actividades diversas (coeducación, igualdade, animación á lectura…) Acondicionaremos os accesos á escola infantil. Asinaremos convenios ou acordos de colaboración con Universidades para a realización de actividades de formación, xornadas e foros en Ribadeo. Habilitaremos un espazo municipal para a realización de actividades formativas ou de divulgación dos colectivos e asociacións local. Crearemos no Forte de San Damián un centro de interpretación relacionado coa súa localización e historia. Habilitaremos diferentes espazos para salas de exposicións.
  • 4. Mar Seguiremos impulsando os dragados periódicos para garantir o futuro do Porto de Mirasol. Crearemos o salón Náutico de Ribadeo. Xestionaremos a ampliación das instalacións do Porto deportivo. Faremos de Ribadeo Sede de congresos e xornadas naúticas. Desenvolveremos, en colaboración cos centros escolares actividades de divulgación das actividades que se levan a cabo na zona portuaria (Centro de cultivos marinos, lonxa, porto deportivo…). Promoveremos a alimentación saudable baseada nos produtos do mar (peixes, algas…) Mocidade e deporte Construiremos un campo de herba artificial e unha pista de atletismo. Impulsaremos a celebración de cursos, xornadas… e institucionalizaremos o Día do Deporte Ribadense coa participación de todos os clubs. Manteremos e repararemos as instalacións deportivas (pavillón municipal, Campo do Outeiro…). Dotaremos de bedel ás instalacións deportivas para fomentar e axilizar o seu uso. Apostaremos polo deporte no rural mellorando as instalacións e potenciaremos os deportes tradicionais. Crearemos espazos de ocio para adolescentes. Potenciaremos as actividades interxeracionais así como o voluntariado xove. Organizaremos actividades específicas para os xoves, xestionando tamén o uso das dependencias municipais para grupos (pavillóns, salas de reunións…). Potenciaremos as noites alternativas adscribíndoas a temáticas diversas (moda, teatro, libro, grafitti…) Coa igualdade Daremos visibilidade no ámbito cultural ás autoras, artistas e creadoras. Impulsaremos o desenvolvemento dos talentos STEM, porque as mulleres tamén somos de ciencias. Reforzaremos e ampliaremos os servizos tanto na vila como no rural dos centros de información a muller. Favoreceremos unha maior coordinación das administracións en canto a protección e asesoramento da muller e os seus fillos nos casos de violencia de xénero. Potenciaremos o deporte feminino con medidas concretas para impulsar os seus éxitos tanto a nivel nacional como internacional e para alcanzar a paridade na práctica e na xestión do deporte. Impulsaremos o emprendemento, formación e asistencia para as mulleres que faciliten a súa incorporación ao mercado laboral, tanto por conta allea como por conta propia.