SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
ENBLOQUEPORFORCAREI
ALTERNATIVAS PARA FORCAREI
Desde o BNG-FORO FORCAREI consideramos que é fundamental que a
veciñanza saiba cales son as nosas propostas e como vemos o futuro da nosa
vila.  Queremos compartir con vós as nosas PROPOSTAS para a política
laboral, e enerxética, para o fomento da poboación, para a educación, para a 
sanidade, para os impostos, para os servizos sociais, para as obras públicas,
para a política agraria, para a conciliación e, en definitiva, para todos os
ámbitos.
Nós cremos que hai que cambiar un concello que non é pobre, senón que
está mal xestionado.
Por que Forcarei, un concello cun gran potencial, presenta peores datos cós
demais concellos? A resposta é clara: MALA XESTIÓN.
Precísanse novas ideas, apostar polos sectores produtivos, investir en crear
emprego, atraer poboación, evitar que a xente con fillos teña que marchar.
Queremos un Forcarei para TRABALLAR E VIVIR. Non é imposible. É cuestión
de PRIORIDADES E COMPROMISOS.
PROGRAMA ELECTORAL
FORCAREI 2019-2023
#moitoquecambiar
ENBLOQUEPORFORCAREI
UN CONCELLO PARA TRABALLAR
Xerar emprego e loitar por atraer empresas é fundamental. O
Concello ten que favorecer que as empresas se asenten e crean
no noso. Empresas que creen emprego estábel e de calidade,
que aproveiten os recursos de Forcarei e que lle ofrezan unha
saída laboral  á xente desempregada do noso concello.
1.- Promoveremos o solo industrial libre, e crearemos máis en función da demanda real.
Abarataremos o seu prezo, hoxe en día por riba dos 30€/m2, fronte aos 6€/m2 de
mandatos anteriores. Diminuiremos os custos de implantación para as empresas.
2.- Anularemos os impostos durante 2 anos para as pequenas empresas que se creen e
para aquelas que traspasen a propiedade por xubilación.
3.- Crearemos un viveiro de empresas con capacidade para catro emprendedores.
Apoiaremos novas ideas cunha oficina gratuíta durante un ano, potenciando sobre todo o
emprego feminino e xuvenil.
4.- Poñeremos en marcha unha lonxa forestal que xere dous postos de traballo por
parroquia. Vinte e seis empregos indirectos coa venda de produtos, hoxe
desaproveitados, das nosas 46 comunidades de montes.
7.- Apostaremos pola comercialización en circuítos curtos para favorecer o
abastecemento das nosas tendas con produtos locais, facilitando os contactos e as
canles de comercialización.
6.- Promoveremos o uso de baixos baleiros, a través da Axencia municipal de vivenda.
5.- Impulsaremos un plan de fomento de negocios deficitarios ou inexistentes segundo os
núcleos urbanos do concello.
8.- Fomentaremos o pequeno comercio con campañas de animación nas principais
épocas festivas.
9.- Impulsaremos a creación dun Grupo de Emerxencias Supramunicipal con 12
bombeiros, que lles dea seguridade ás empresas e aos particulares que se instalen no
noso concello, reducindo a menos de 20 minutos o tempo de reacción no noso concello.
10.- Demandaremos á Xunta de Galiza maior atención dos Servizos de extensión agraria
para que Forcarei dispoña da oficina que nunca debeu perder.
11.- Impulsaremos as feiras do Cachafeiro, Forcarei e Soutelo, coa volta de gando e
antigos costumes, promovéndoas nas principais vilas de arredor.
12.- Poñeremos en valor o Camiño dos Arrieiros, con axudas aos propietarios para a súa
limpeza, e aos hostaleiros para a mellora da súa oferta aos camiñantes. Apoiaremos o
ordenamento de construcións e do agro no seu percorrido.
ENBLOQUEPORFORCAREI
UN CONCELLO PARA VIVIR
Xunto co emprego, a necesidade básica de calquera persoa é
unha vivenda accesíbel a prezos axeitados. A actividade
construtiva é unha importante fonte de emprego local.
13- Elaboraremos un Plan turístico municipal, no que se difundan as actividades do
concello, coa mellora da oferta de espazos de ocio enfocados ao turismo verde.
14.- Promoveremos a hostalería local co impulso das Festas da croca, da Richada, dos
Cogomelos e dos produtos locais de Forcarei.
1.- Crearemos a Axencia urbanística municipal. Elaboraremos un catálogo de edificacións
en venda ou alugueiro, que incorpore aquelas edificacións que ameacen ruína nos nosos
núcleos. Disporemos medidas sancionadoras para aqueles inmobles con risco para a
seguridade seguindo a Lei de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana que se
está a tramitar.
2.- Axilizaremos os trámites, eliminaremos trabas burocráticas e melloraremos a
prestación para que a parte administrativa se converta no menor obstáculo posible para
calquera iniciativa de rehabilitación.
4.- Promoveremos a colaboración entre as pequenas empresas construtoras locais, os
propietarios, os compradores e os técnicos residentes no noso concello para elaboración
de proxectos de rehabilitación.
3.- Promoveremos a rehabilitación, especialmente naqueles núcleos que aínda manteñan
a tipoloxía tradicional, favorecendo a recuperación de vivendas e usos.
Solicitaremos de Catastro a revisión de parcelas para que aquelas que pagan como
urbanas e non teñen servizos, pasen a considerarse como rústicas sen gravar de xeito
inxusto os propietarios.
5.- Crearemos a figura da “Aldea singular”. Dotación de 5.000 euros anuais para o
proxecto ganador entre todos os que presenten aqueles lugares do noso concello que o
desexen, destinados á rehabilitación, decoro e prestación de servizos integrados e
integrais.
6.- Asinaremos un convenio de cesión co organismo estatal SAREB das máis de 20
vivendas das que dispón o concello de Forcarei, para alugueiro social ou para a mocidade
a prezos non superiores aos 250€/mes.
7.- Redactaremos o Plan de Emerxencias municipal, no que se recollen todos os perigos,
recursos e infraestruturas do termo municipal, e así ter unha resposta máis áxil ante
calquera emerxencia, mellorando a protección das empresas e da poboación.
ENBLOQUEPORFORCAREI
UN CONCELLO COMPROMETIDO
Forcarei ten que ser un concello que coide e defenda o seu
territorio desde a sustentabilidade, cun forte compromiso
medioambiental.
1.- Redactaremos o Plan de Protección contra incendios forestais, delimitando a franxa de
protección de 50 metros obrigatoria arredor dos nosas parroquias, así como as medidas
de autoprotección dos núcleos.
2.- Impulsaremos a limpeza das franxas de protección arredor dos lugares do noso
concello coa súa posta en valor a través de gandeiros e agricultores locais.
3.- Cambiaremos a iluminación pública do concello pasando á tecnoloxía LED mediante
convenios con Deputación e IDAE da Xunta de Galiza. Aforraremos un 70% dos máis de
200.000€ anuais de gasto, destinando ese aforro ás medidas de autoprotección dos
núcleos.
4.- Impulsaremos a participación en programas europeos FEDER, destinados ao
crecemento sostíbel, para reducir as emisións de dióxido de carbono.
5.- Diminuiremos o gasto en recollida do lixo actuando sobre a fracción orgánica, que
supón o 40% do peso do lixo que se recolle nos concellos. Fomentaremos a reciclaxe con
programas de formación, acadando así unha redución extra da factura, que penaliza
aqueles concellos que non separan ben.
6.- Demandaremos que o concello teña participación directa co 10% da porcentaxe dos
beneficios que calquera parque eólico estableza no temo municipal.
8.- Impulsaremos a actividade deportiva entre a mocidade. Dotaremos de herba sintética,
iluminación e vestiarios adaptados para ambos sexos o campo municipal de Forcarei,
apoiando o labor da Escola de fútbol base.
9.- Fomentaremos a actividade musical con locais axeitados ás agrupacións musicais do
noso concello. Acondicionaremos as instalacións municipais en desuso para habilitalos
como lugares de ensaio e almacéns.
7.- Subvencionaremos e apoiaremos a plantación de cereais con cultivos respectuosos co
medio cerca dos ríos para favorecer a caza e pesca ordenadas en colaboración co
TECOR de Forcarei.
8. Recuperaremos dúas presas de muíños ou de rega en cada parroquia, para favorecer
a recuperación da troita e mellora ambiental.
ENBLOQUEPORFORCAREI
UN CONCELLO PARA VISITAR
O noso concello é rico tanto en espazos naturais e patrimoniais,
como en gastronomía cun enorme atractivo turístico que están
desaproveitados e infravalorados. Avelino Cachafeiro, Barreiro,
Muras ou Virxilio son o expoñentes claro da nosa cultura dos
que sentirse orgullosos.
1. Poñeremos en valor os espazos naturais da Rede natura 2000 do concello: Serra do
Candán, Serra do Cando e Brañas de Xestoso. Estableceremos unha ruta que as una coa
gastronomía dos locais hostaleiros do concello.
2.- Estableceremos un plan turístico co eixe do turismo verde, artellando medidas de
difusión destes espazos e da gastronomía.
Promoveremos nas vilas veciñas, o turismo de outono/primavera no noso concello, para
atraer visitantes nesa época, na que Forcarei presenta o seu maior potencial.
Fomentaremos as Escapadas de fin de semana a Forcarei para apoiar os negocios rurais.
3.- Poremos en valor os importantes restos arqueolóxicos e os monumentos ruinosos do
noso concello, especialmente a capela de San Amaro en Meavía, o Pazo de Hermosende
en Millarada, a Torre Fortaleza do Castro de Presqueiras e a Torre da alarma de Barciela.
Catalogaremos o vasto patrimonio do concello.
4.- Abriremos ao público a Oficina de información turística existente en Soutelo de
Montes, en colaboración cos locais hostaleiros da vila.
5.- Reclamaremos da Deputación un servizo de autobús que traia xente ao noso concello
para excursións de natureza e gastronomía.
12.- Fomentaremos a ordenación forestal compaxinando o uso agrario das terras, a
conservación da superficie útil e o fomento da foresta.
11.- Promoveremos a fruticultura, apostando por aquelas variedades autóctonas de
froiteiras nas que o concello ten un grande potencial, como pode ser a mazá da sidra, os
froitos vermellos ou a noz e a castaña.
9.- Redactaremos unha ordenanza municipal para a saca da madeira. Definiremos as
responsabilidades e garantías para un bo uso das vías por parte das empresas
madeireiras, establecendo a necesidade de restauración en caso de danos ao común.
10.- Traballaremos na conservación das nosas carballeiras e na súa expansión, cun plan
para a ampliación radial das mesmas en colaboración cos propietarios e coas
comunidades de montes veciñais en man común.
6. Recuperaremos dúas presas de muíños ou de rega en cada parroquia para favorecer a
recuperación da troita e da mellora ambiental.
ENBLOQUEPORFORCAREI
UN CONCELLO CON SERVICIOS
Bos servizos públicos á veciñanza e garantía de equidade no
acceso así como unha ferramenta para favorecer o asentamento
poboacional no concello.
1.- Esixiremos a recuperación do médico de atención primaria eliminado do Centro de
saúde de Soutelo de Montes, encabezando as demandas veciñais que se están a
producir para esta recuperación.
2.- Esixiremos a cobertura das baixas e vacantes do persoal sanitario do Centro de saúde
de Forcarei.
3.- Esixiremos a adecuada prestación horaria do servizo de pediatría en Forcarei con
xornada completa.
4.- Prestaremos de xeito inmediato, o servizo de axuda no fogar aos 69 dependentes que
o viñan recibindo. Axilizaremos a concesión de novas horas de dependencia a aqueles
casos en emerxencia social.
5.- Impulsaremos a creación dun Centro de día para os nosos maiores nos edificios
municipais infrautilizados, coa mellora das infraestruturas e facilitándolles a atención ás
persoas con dificultades durante a ausencia dos familiares.
10.- Estableceremos un horario de visitas concertadas ao Mosteiro de Aciveiro coa actual
concesionaria hostaleira.
9.- Impulsaremos a cesión da casa da que dispón a consellería de Medio Ambiente na
Serra do Candán en Aciveiro, actualmente en mal estado, para restaurala e adicala a
albergue con capacidade para 6 persoas. Promoveremos a ruta a Grobas en Millarada, a
Vilariño e Trasdomonte.
7.- Promoveremos a declaración da Muiñeira de Chantada como Ben de interese cultural
inmaterial. Crearemos a Ruta Avelino Cachafeiro, que complemente a oferta do Camiño
dos Arrieiros en Soutelo de Montes. Promoveremos a Festa do Gaiteiro.
6. Recuperaremos dúas presas de muíños ou de rega en cada parroquia para favorecer a
recuperación da troita e da mellora ambiental.
8.- Impulsaremos, no 2020, a dedicación do Día das letras galegas ao cineasta Chano
Piñeiro, emblema da cultura forcaricense.
7.- Demandaremos a construción da autovía Pontevedra – Lalín que vertebra a provincia,
para que lle dea servizo á Galiza interior, baleira e esquecida durante moitos anos.
8.- Poñeremos en marcha o Plan Madruga municipal, para que os pais/nais con horarios
de traballo máis extensos cá actividade escolar poidan deixar os nenos no colexio e ir
traballar.
ENBLOQUEPORFORCAREI
13.- Estableceremos unha rede municipal de hidrantes e tomas de auga en todas as
parroquias. Incluiranse dentro do Plan de Emerxencias Municipal e facilitarase o labor dos
bombeiros do GES a crear, mellorando a protección das vivendas.
12.- Melloraremos a traída de auga no Polígono industrial David Raposeiras, corrixindo os
problemas de sobrepresión.
11.- Renovaremos a traída de augas municipal en Forcarei, acolléndonos a fondos
FEDER para a redución de efectos do cambio climático, minorando gasto para o
orzamento municipal.
9.- Crearemos un campamento de verán/ludoteca para facilitar a conciliación da vida
familiar e laboral.
10.- Colaboraremos coas asociacións de nais e pais, por medio de subvencións
económicas para a mellora no funcionamento dos centros educativos.
Con estas medidas
encamiñamos a Forcarei na
senda do crecemento.
Rematamos coas incertezas do
pasado na prestación de
servizos e comprometémonos a
crear emprego e a fixar
poboación, necesidades
urxentes para cambiar o rumbo
do noso concello con decisión e
firmeza.
#moitoquecambiar

More Related Content

Similar to Programa Forcarei 2019

programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023Antonio Gregorio Montes
 
Programa Electoral
Programa ElectoralPrograma Electoral
Programa Electoralmariaramallo
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIGADI
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019burelao
 
Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023psdegbergondo
 
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa VilaPlanBPontedeume
 
040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancaresDolcevitacoruna
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo psdegbergondo
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015Mortadelo007
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019psdegbergondo
 
Boletin do PSOE Bergondo
Boletin do PSOE BergondoBoletin do PSOE Bergondo
Boletin do PSOE Bergondopsdegbergondo
 
Crónica visita á cociña económica de ferrol
Crónica visita á cociña económica de ferrolCrónica visita á cociña económica de ferrol
Crónica visita á cociña económica de ferrolsatelite1
 

Similar to Programa Forcarei 2019 (20)

Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
 
Programa Electoral
Programa ElectoralPrograma Electoral
Programa Electoral
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
programa bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdfprograma bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdf
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixital
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019
 
Programa electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do PorriñoPrograma electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do Porriño
 
Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023
 
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
 
040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en Común
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo
 
Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018
 
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015CxG Vigo - Programa Municipais 2015
CxG Vigo - Programa Municipais 2015
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
 
Boletin do PSOE Bergondo
Boletin do PSOE BergondoBoletin do PSOE Bergondo
Boletin do PSOE Bergondo
 
Crónica visita á cociña económica de ferrol
Crónica visita á cociña económica de ferrolCrónica visita á cociña económica de ferrol
Crónica visita á cociña económica de ferrol
 

Programa Forcarei 2019

  • 1. ENBLOQUEPORFORCAREI ALTERNATIVAS PARA FORCAREI Desde o BNG-FORO FORCAREI consideramos que é fundamental que a veciñanza saiba cales son as nosas propostas e como vemos o futuro da nosa vila.  Queremos compartir con vós as nosas PROPOSTAS para a política laboral, e enerxética, para o fomento da poboación, para a educación, para a  sanidade, para os impostos, para os servizos sociais, para as obras públicas, para a política agraria, para a conciliación e, en definitiva, para todos os ámbitos. Nós cremos que hai que cambiar un concello que non é pobre, senón que está mal xestionado. Por que Forcarei, un concello cun gran potencial, presenta peores datos cós demais concellos? A resposta é clara: MALA XESTIÓN. Precísanse novas ideas, apostar polos sectores produtivos, investir en crear emprego, atraer poboación, evitar que a xente con fillos teña que marchar. Queremos un Forcarei para TRABALLAR E VIVIR. Non é imposible. É cuestión de PRIORIDADES E COMPROMISOS. PROGRAMA ELECTORAL FORCAREI 2019-2023 #moitoquecambiar
  • 2. ENBLOQUEPORFORCAREI UN CONCELLO PARA TRABALLAR Xerar emprego e loitar por atraer empresas é fundamental. O Concello ten que favorecer que as empresas se asenten e crean no noso. Empresas que creen emprego estábel e de calidade, que aproveiten os recursos de Forcarei e que lle ofrezan unha saída laboral  á xente desempregada do noso concello. 1.- Promoveremos o solo industrial libre, e crearemos máis en función da demanda real. Abarataremos o seu prezo, hoxe en día por riba dos 30€/m2, fronte aos 6€/m2 de mandatos anteriores. Diminuiremos os custos de implantación para as empresas. 2.- Anularemos os impostos durante 2 anos para as pequenas empresas que se creen e para aquelas que traspasen a propiedade por xubilación. 3.- Crearemos un viveiro de empresas con capacidade para catro emprendedores. Apoiaremos novas ideas cunha oficina gratuíta durante un ano, potenciando sobre todo o emprego feminino e xuvenil. 4.- Poñeremos en marcha unha lonxa forestal que xere dous postos de traballo por parroquia. Vinte e seis empregos indirectos coa venda de produtos, hoxe desaproveitados, das nosas 46 comunidades de montes. 7.- Apostaremos pola comercialización en circuítos curtos para favorecer o abastecemento das nosas tendas con produtos locais, facilitando os contactos e as canles de comercialización. 6.- Promoveremos o uso de baixos baleiros, a través da Axencia municipal de vivenda. 5.- Impulsaremos un plan de fomento de negocios deficitarios ou inexistentes segundo os núcleos urbanos do concello. 8.- Fomentaremos o pequeno comercio con campañas de animación nas principais épocas festivas. 9.- Impulsaremos a creación dun Grupo de Emerxencias Supramunicipal con 12 bombeiros, que lles dea seguridade ás empresas e aos particulares que se instalen no noso concello, reducindo a menos de 20 minutos o tempo de reacción no noso concello. 10.- Demandaremos á Xunta de Galiza maior atención dos Servizos de extensión agraria para que Forcarei dispoña da oficina que nunca debeu perder. 11.- Impulsaremos as feiras do Cachafeiro, Forcarei e Soutelo, coa volta de gando e antigos costumes, promovéndoas nas principais vilas de arredor. 12.- Poñeremos en valor o Camiño dos Arrieiros, con axudas aos propietarios para a súa limpeza, e aos hostaleiros para a mellora da súa oferta aos camiñantes. Apoiaremos o ordenamento de construcións e do agro no seu percorrido.
  • 3. ENBLOQUEPORFORCAREI UN CONCELLO PARA VIVIR Xunto co emprego, a necesidade básica de calquera persoa é unha vivenda accesíbel a prezos axeitados. A actividade construtiva é unha importante fonte de emprego local. 13- Elaboraremos un Plan turístico municipal, no que se difundan as actividades do concello, coa mellora da oferta de espazos de ocio enfocados ao turismo verde. 14.- Promoveremos a hostalería local co impulso das Festas da croca, da Richada, dos Cogomelos e dos produtos locais de Forcarei. 1.- Crearemos a Axencia urbanística municipal. Elaboraremos un catálogo de edificacións en venda ou alugueiro, que incorpore aquelas edificacións que ameacen ruína nos nosos núcleos. Disporemos medidas sancionadoras para aqueles inmobles con risco para a seguridade seguindo a Lei de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana que se está a tramitar. 2.- Axilizaremos os trámites, eliminaremos trabas burocráticas e melloraremos a prestación para que a parte administrativa se converta no menor obstáculo posible para calquera iniciativa de rehabilitación. 4.- Promoveremos a colaboración entre as pequenas empresas construtoras locais, os propietarios, os compradores e os técnicos residentes no noso concello para elaboración de proxectos de rehabilitación. 3.- Promoveremos a rehabilitación, especialmente naqueles núcleos que aínda manteñan a tipoloxía tradicional, favorecendo a recuperación de vivendas e usos. Solicitaremos de Catastro a revisión de parcelas para que aquelas que pagan como urbanas e non teñen servizos, pasen a considerarse como rústicas sen gravar de xeito inxusto os propietarios. 5.- Crearemos a figura da “Aldea singular”. Dotación de 5.000 euros anuais para o proxecto ganador entre todos os que presenten aqueles lugares do noso concello que o desexen, destinados á rehabilitación, decoro e prestación de servizos integrados e integrais. 6.- Asinaremos un convenio de cesión co organismo estatal SAREB das máis de 20 vivendas das que dispón o concello de Forcarei, para alugueiro social ou para a mocidade a prezos non superiores aos 250€/mes. 7.- Redactaremos o Plan de Emerxencias municipal, no que se recollen todos os perigos, recursos e infraestruturas do termo municipal, e así ter unha resposta máis áxil ante calquera emerxencia, mellorando a protección das empresas e da poboación.
  • 4. ENBLOQUEPORFORCAREI UN CONCELLO COMPROMETIDO Forcarei ten que ser un concello que coide e defenda o seu territorio desde a sustentabilidade, cun forte compromiso medioambiental. 1.- Redactaremos o Plan de Protección contra incendios forestais, delimitando a franxa de protección de 50 metros obrigatoria arredor dos nosas parroquias, así como as medidas de autoprotección dos núcleos. 2.- Impulsaremos a limpeza das franxas de protección arredor dos lugares do noso concello coa súa posta en valor a través de gandeiros e agricultores locais. 3.- Cambiaremos a iluminación pública do concello pasando á tecnoloxía LED mediante convenios con Deputación e IDAE da Xunta de Galiza. Aforraremos un 70% dos máis de 200.000€ anuais de gasto, destinando ese aforro ás medidas de autoprotección dos núcleos. 4.- Impulsaremos a participación en programas europeos FEDER, destinados ao crecemento sostíbel, para reducir as emisións de dióxido de carbono. 5.- Diminuiremos o gasto en recollida do lixo actuando sobre a fracción orgánica, que supón o 40% do peso do lixo que se recolle nos concellos. Fomentaremos a reciclaxe con programas de formación, acadando así unha redución extra da factura, que penaliza aqueles concellos que non separan ben. 6.- Demandaremos que o concello teña participación directa co 10% da porcentaxe dos beneficios que calquera parque eólico estableza no temo municipal. 8.- Impulsaremos a actividade deportiva entre a mocidade. Dotaremos de herba sintética, iluminación e vestiarios adaptados para ambos sexos o campo municipal de Forcarei, apoiando o labor da Escola de fútbol base. 9.- Fomentaremos a actividade musical con locais axeitados ás agrupacións musicais do noso concello. Acondicionaremos as instalacións municipais en desuso para habilitalos como lugares de ensaio e almacéns. 7.- Subvencionaremos e apoiaremos a plantación de cereais con cultivos respectuosos co medio cerca dos ríos para favorecer a caza e pesca ordenadas en colaboración co TECOR de Forcarei. 8. Recuperaremos dúas presas de muíños ou de rega en cada parroquia, para favorecer a recuperación da troita e mellora ambiental.
  • 5. ENBLOQUEPORFORCAREI UN CONCELLO PARA VISITAR O noso concello é rico tanto en espazos naturais e patrimoniais, como en gastronomía cun enorme atractivo turístico que están desaproveitados e infravalorados. Avelino Cachafeiro, Barreiro, Muras ou Virxilio son o expoñentes claro da nosa cultura dos que sentirse orgullosos. 1. Poñeremos en valor os espazos naturais da Rede natura 2000 do concello: Serra do Candán, Serra do Cando e Brañas de Xestoso. Estableceremos unha ruta que as una coa gastronomía dos locais hostaleiros do concello. 2.- Estableceremos un plan turístico co eixe do turismo verde, artellando medidas de difusión destes espazos e da gastronomía. Promoveremos nas vilas veciñas, o turismo de outono/primavera no noso concello, para atraer visitantes nesa época, na que Forcarei presenta o seu maior potencial. Fomentaremos as Escapadas de fin de semana a Forcarei para apoiar os negocios rurais. 3.- Poremos en valor os importantes restos arqueolóxicos e os monumentos ruinosos do noso concello, especialmente a capela de San Amaro en Meavía, o Pazo de Hermosende en Millarada, a Torre Fortaleza do Castro de Presqueiras e a Torre da alarma de Barciela. Catalogaremos o vasto patrimonio do concello. 4.- Abriremos ao público a Oficina de información turística existente en Soutelo de Montes, en colaboración cos locais hostaleiros da vila. 5.- Reclamaremos da Deputación un servizo de autobús que traia xente ao noso concello para excursións de natureza e gastronomía. 12.- Fomentaremos a ordenación forestal compaxinando o uso agrario das terras, a conservación da superficie útil e o fomento da foresta. 11.- Promoveremos a fruticultura, apostando por aquelas variedades autóctonas de froiteiras nas que o concello ten un grande potencial, como pode ser a mazá da sidra, os froitos vermellos ou a noz e a castaña. 9.- Redactaremos unha ordenanza municipal para a saca da madeira. Definiremos as responsabilidades e garantías para un bo uso das vías por parte das empresas madeireiras, establecendo a necesidade de restauración en caso de danos ao común. 10.- Traballaremos na conservación das nosas carballeiras e na súa expansión, cun plan para a ampliación radial das mesmas en colaboración cos propietarios e coas comunidades de montes veciñais en man común. 6. Recuperaremos dúas presas de muíños ou de rega en cada parroquia para favorecer a recuperación da troita e da mellora ambiental.
  • 6. ENBLOQUEPORFORCAREI UN CONCELLO CON SERVICIOS Bos servizos públicos á veciñanza e garantía de equidade no acceso así como unha ferramenta para favorecer o asentamento poboacional no concello. 1.- Esixiremos a recuperación do médico de atención primaria eliminado do Centro de saúde de Soutelo de Montes, encabezando as demandas veciñais que se están a producir para esta recuperación. 2.- Esixiremos a cobertura das baixas e vacantes do persoal sanitario do Centro de saúde de Forcarei. 3.- Esixiremos a adecuada prestación horaria do servizo de pediatría en Forcarei con xornada completa. 4.- Prestaremos de xeito inmediato, o servizo de axuda no fogar aos 69 dependentes que o viñan recibindo. Axilizaremos a concesión de novas horas de dependencia a aqueles casos en emerxencia social. 5.- Impulsaremos a creación dun Centro de día para os nosos maiores nos edificios municipais infrautilizados, coa mellora das infraestruturas e facilitándolles a atención ás persoas con dificultades durante a ausencia dos familiares. 10.- Estableceremos un horario de visitas concertadas ao Mosteiro de Aciveiro coa actual concesionaria hostaleira. 9.- Impulsaremos a cesión da casa da que dispón a consellería de Medio Ambiente na Serra do Candán en Aciveiro, actualmente en mal estado, para restaurala e adicala a albergue con capacidade para 6 persoas. Promoveremos a ruta a Grobas en Millarada, a Vilariño e Trasdomonte. 7.- Promoveremos a declaración da Muiñeira de Chantada como Ben de interese cultural inmaterial. Crearemos a Ruta Avelino Cachafeiro, que complemente a oferta do Camiño dos Arrieiros en Soutelo de Montes. Promoveremos a Festa do Gaiteiro. 6. Recuperaremos dúas presas de muíños ou de rega en cada parroquia para favorecer a recuperación da troita e da mellora ambiental. 8.- Impulsaremos, no 2020, a dedicación do Día das letras galegas ao cineasta Chano Piñeiro, emblema da cultura forcaricense. 7.- Demandaremos a construción da autovía Pontevedra – Lalín que vertebra a provincia, para que lle dea servizo á Galiza interior, baleira e esquecida durante moitos anos. 8.- Poñeremos en marcha o Plan Madruga municipal, para que os pais/nais con horarios de traballo máis extensos cá actividade escolar poidan deixar os nenos no colexio e ir traballar.
  • 7. ENBLOQUEPORFORCAREI 13.- Estableceremos unha rede municipal de hidrantes e tomas de auga en todas as parroquias. Incluiranse dentro do Plan de Emerxencias Municipal e facilitarase o labor dos bombeiros do GES a crear, mellorando a protección das vivendas. 12.- Melloraremos a traída de auga no Polígono industrial David Raposeiras, corrixindo os problemas de sobrepresión. 11.- Renovaremos a traída de augas municipal en Forcarei, acolléndonos a fondos FEDER para a redución de efectos do cambio climático, minorando gasto para o orzamento municipal. 9.- Crearemos un campamento de verán/ludoteca para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. 10.- Colaboraremos coas asociacións de nais e pais, por medio de subvencións económicas para a mellora no funcionamento dos centros educativos. Con estas medidas encamiñamos a Forcarei na senda do crecemento. Rematamos coas incertezas do pasado na prestación de servizos e comprometémonos a crear emprego e a fixar poboación, necesidades urxentes para cambiar o rumbo do noso concello con decisión e firmeza. #moitoquecambiar