SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
 
 
Durante a festa da súa coroación,  Uter Pendragon  namórase de  Igraine , muller de  Gorlois, duque de Cornubia . O duque adiviña as intencións do rei e, tras romper as hostilidades, abandona a corte.
Uter sabe que Igraine está encerrada no castelo de Tintagel e pide axuda a Merlín para conseguila. O profeta dálle ó monarca o aspecto do duque, co que Uter pode entrar na fortaleza e xacer con Igerna. Esa noite, mentres morría Gorlois, Uter enxendraba a  Artur .
Concertouse a paz entre os dous exércitos e  Uther  solicitou a  Igraine  en matrimonio. Guiada polos seus conselleiros, aceptouno, e casaron pouco despois en medio de grandes festexos.
Fíxose evidente desde moi pronto que Igraine ía ter un neno, e unha noite, estando xuntos na cama, o rei Uther preguntoulle de quen era aquel fillo. Demasiado avergonzada para contestar, Igraine non dixo nada. "Non temas", díxolle Uther. "Se me di-la verdade heiche querer máis ca nunca". Entón Igraine contoulle todo o que sucedera a noite que morrera o seu marido, e Uther explicoulle que fora el o seu misterioso visitante e, xa que logo, era o pai do seu fillo.
Contoulle o pacto feito con Merlín, e que dispuxeran que o neno seria educado por un cabaleiro chamado Héctor, que o coidaría coma se fose seu. No seu debido tempo Igraine deu a luz un neno. Merlín deixara instrucións a Uther sobre o que había que facer cando o neno nacera. Emburullaron o meniño coidadosamente con teas douradas e entregáronllo a Merlín, que chegara ás portas do castelo disfrazado de novo coma un mendigo. Merlín deulle o neno a Sir Héctor e a súa muller; alí bautizárono co nome de Artur e criárono coma se fose o seu propio fillo.
 
Todo este tempo Artur estivera vivindo co cabaleiro Héctor, así que aínda que Uther o nomeara herdeiro do seu reino, ninguén o coñecía nin sabía onde estaba. Tralo pasamento do rei Uther, varios señores poderosos pensaron que debían seren os reis. e a guerra civil parecía inevitable. Para impedila Merlín aconsellou o Arcebispo de Canterbury que invitase a todos os nobres e cabaleiros do reino a que fosen a Londres no Nadal. Un milagre, anunciou, revelaría o lexitimo rei.
Os homes mais importantes do reino acudiron á chamada do arcebispo, e na mañá do Nadal foron todos á igrexa a rezar. Ó saíren do templo despois da cerimonia, viron que aparecera unha gran pedra de mármore no cemiterio. No medio e medio da pedra había unha zafra de aceiro, na que estaba chantada ata a empuñadura unha espada espida. Ao redor da espada estaban escritas as palabras:  “Quenqueira que consiga arrincar esta espada desta pedra e da zafra, será o lexítimo rei de toda Inglaterra“.
Os máis fortes cabaleiros tentaron mover a espada, pero por moito que apuxasen e turrasen dela seguía fincada de firme. "O rei verdadeiro non está aquí", dixo o arcebispo, "pero Deus fará que o coñezamos. Que dez homes bos garden esta espada ata que chegue”.  Despois de deliberar, decidiuse que a diario os señores e os seus cabaleiros do reino terían cadansúa quenda para intentar liberar a espada. Para asegurar que todos os nobres permanecerían xuntos ata que o verdadeiro rei aparecese, organizouse un gran torneo de xustas para o día de Aninovo.
 
As novas da espada milagreira e do torneo espalláronse por todas partes, e un dos cabaleiros que acudiu a Londres para participar nel foi sir Héctor. Canda el ían Arturo e mailo seu verdadeiro fillo, Kei. Kei fora investido cabaleiro só había dous meses, o día de tódolos santos, e Artur era o seu escudeiro. Este sería o primeiro torneo de Kei, pero cando cabalgaban cara ó campo de xustas, decatouse de que deixara a súa espada na pousada. Ao chegar encontrouse con que estaba pechada, xa que todos marcharan ver o torneo. “ Kei non pode estar xusto hoxe sen espada. Irei á igrexa e levareille a espada da pedra”.
O cemiterio estaba deserto cando chegou. Asindo a espada pola empuñadura arrincouna tan doadamente coma un coitelo esvara pola manteiga, e volveu onde seu irmán.
Kei recoñeceu a espada de contado e levoulla ao pai, explicando nun primeiro momento que fora el quen a arrincara. Máis tarde recoñeceu que a Artur conseguira a espada. Artur amosou como fixera. Entón Héctor máis Kei axeonlláronse diante súa para renderlle homenaxe. Por que ti, meu propio pai, e ti, meu irmán, vos axeonllades ante min??
Entón, por primeira vez, Sir Héctor contoulle a Artur todo o que sabía do seu nacemento, da súa chegada en segredo e do papel que merlín xogara no asunto.
Antes ca nada foron onda o arcebispo para explicarlle o que pasara, e este dispuxo que ao cabo de doce días todos os cabaleiros se debían reunir unha vez máis ao redor da pedra para demostrar a afirmación de Artur diante deles. Outra vez, cada un deles terzou sacar a espada pero unicamente Artur puido conseguilo. Sen embargo, os cabaleiros, envexosos, non quedaron convencidos e pediron outra demostración e logo outra máis, ofendidos porque un mozo descoñecido viñese a mandar sobre todos eles. Trala terceira proba, a xente proclamou a berros o seu apoio, a Artur e ao final, tanto ricos coma pobres se axeonllaron perante el e recoñecérono como o seu rei. Só naquel momento Merlín revelou á multitude reunida que o verdadeiro pai de Artur fora o seu amado rei, o finado Uther Pendragon.

More Related Content

More from xenevra

Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estadoxenevra
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguasxenevra
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaxenevra
 
Conceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaConceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaxenevra
 

More from xenevra (20)

Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguas
 
Apéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxíaApéndice e exercicios lexicoloxía
Apéndice e exercicios lexicoloxía
 
Conceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxíaConceptos xerais lexicoloxía
Conceptos xerais lexicoloxía
 

lenda_artur

  • 1.  
  • 2.  
  • 3. Durante a festa da súa coroación, Uter Pendragon namórase de Igraine , muller de Gorlois, duque de Cornubia . O duque adiviña as intencións do rei e, tras romper as hostilidades, abandona a corte.
  • 4. Uter sabe que Igraine está encerrada no castelo de Tintagel e pide axuda a Merlín para conseguila. O profeta dálle ó monarca o aspecto do duque, co que Uter pode entrar na fortaleza e xacer con Igerna. Esa noite, mentres morría Gorlois, Uter enxendraba a Artur .
  • 5. Concertouse a paz entre os dous exércitos e Uther solicitou a Igraine en matrimonio. Guiada polos seus conselleiros, aceptouno, e casaron pouco despois en medio de grandes festexos.
  • 6. Fíxose evidente desde moi pronto que Igraine ía ter un neno, e unha noite, estando xuntos na cama, o rei Uther preguntoulle de quen era aquel fillo. Demasiado avergonzada para contestar, Igraine non dixo nada. "Non temas", díxolle Uther. "Se me di-la verdade heiche querer máis ca nunca". Entón Igraine contoulle todo o que sucedera a noite que morrera o seu marido, e Uther explicoulle que fora el o seu misterioso visitante e, xa que logo, era o pai do seu fillo.
  • 7. Contoulle o pacto feito con Merlín, e que dispuxeran que o neno seria educado por un cabaleiro chamado Héctor, que o coidaría coma se fose seu. No seu debido tempo Igraine deu a luz un neno. Merlín deixara instrucións a Uther sobre o que había que facer cando o neno nacera. Emburullaron o meniño coidadosamente con teas douradas e entregáronllo a Merlín, que chegara ás portas do castelo disfrazado de novo coma un mendigo. Merlín deulle o neno a Sir Héctor e a súa muller; alí bautizárono co nome de Artur e criárono coma se fose o seu propio fillo.
  • 8.  
  • 9. Todo este tempo Artur estivera vivindo co cabaleiro Héctor, así que aínda que Uther o nomeara herdeiro do seu reino, ninguén o coñecía nin sabía onde estaba. Tralo pasamento do rei Uther, varios señores poderosos pensaron que debían seren os reis. e a guerra civil parecía inevitable. Para impedila Merlín aconsellou o Arcebispo de Canterbury que invitase a todos os nobres e cabaleiros do reino a que fosen a Londres no Nadal. Un milagre, anunciou, revelaría o lexitimo rei.
  • 10. Os homes mais importantes do reino acudiron á chamada do arcebispo, e na mañá do Nadal foron todos á igrexa a rezar. Ó saíren do templo despois da cerimonia, viron que aparecera unha gran pedra de mármore no cemiterio. No medio e medio da pedra había unha zafra de aceiro, na que estaba chantada ata a empuñadura unha espada espida. Ao redor da espada estaban escritas as palabras: “Quenqueira que consiga arrincar esta espada desta pedra e da zafra, será o lexítimo rei de toda Inglaterra“.
  • 11. Os máis fortes cabaleiros tentaron mover a espada, pero por moito que apuxasen e turrasen dela seguía fincada de firme. "O rei verdadeiro non está aquí", dixo o arcebispo, "pero Deus fará que o coñezamos. Que dez homes bos garden esta espada ata que chegue”. Despois de deliberar, decidiuse que a diario os señores e os seus cabaleiros do reino terían cadansúa quenda para intentar liberar a espada. Para asegurar que todos os nobres permanecerían xuntos ata que o verdadeiro rei aparecese, organizouse un gran torneo de xustas para o día de Aninovo.
  • 12.  
  • 13. As novas da espada milagreira e do torneo espalláronse por todas partes, e un dos cabaleiros que acudiu a Londres para participar nel foi sir Héctor. Canda el ían Arturo e mailo seu verdadeiro fillo, Kei. Kei fora investido cabaleiro só había dous meses, o día de tódolos santos, e Artur era o seu escudeiro. Este sería o primeiro torneo de Kei, pero cando cabalgaban cara ó campo de xustas, decatouse de que deixara a súa espada na pousada. Ao chegar encontrouse con que estaba pechada, xa que todos marcharan ver o torneo. “ Kei non pode estar xusto hoxe sen espada. Irei á igrexa e levareille a espada da pedra”.
  • 14. O cemiterio estaba deserto cando chegou. Asindo a espada pola empuñadura arrincouna tan doadamente coma un coitelo esvara pola manteiga, e volveu onde seu irmán.
  • 15. Kei recoñeceu a espada de contado e levoulla ao pai, explicando nun primeiro momento que fora el quen a arrincara. Máis tarde recoñeceu que a Artur conseguira a espada. Artur amosou como fixera. Entón Héctor máis Kei axeonlláronse diante súa para renderlle homenaxe. Por que ti, meu propio pai, e ti, meu irmán, vos axeonllades ante min??
  • 16. Entón, por primeira vez, Sir Héctor contoulle a Artur todo o que sabía do seu nacemento, da súa chegada en segredo e do papel que merlín xogara no asunto.
  • 17. Antes ca nada foron onda o arcebispo para explicarlle o que pasara, e este dispuxo que ao cabo de doce días todos os cabaleiros se debían reunir unha vez máis ao redor da pedra para demostrar a afirmación de Artur diante deles. Outra vez, cada un deles terzou sacar a espada pero unicamente Artur puido conseguilo. Sen embargo, os cabaleiros, envexosos, non quedaron convencidos e pediron outra demostración e logo outra máis, ofendidos porque un mozo descoñecido viñese a mandar sobre todos eles. Trala terceira proba, a xente proclamou a berros o seu apoio, a Artur e ao final, tanto ricos coma pobres se axeonllaron perante el e recoñecérono como o seu rei. Só naquel momento Merlín revelou á multitude reunida que o verdadeiro pai de Artur fora o seu amado rei, o finado Uther Pendragon.