SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
1
Vasalos e señores: uso alternativo do poder da
xustiza na Galicia baixomedieval*
Carlos Barros
Universidade de Santiago de Compostela
Na Idade Media, o exercicio da xustiza e o goberno dos homes,
eran unha mesma cousa1
. De maneira que os alcaldes dos concellos,
por exemplo, anexaban ó seu papel principal de xuíces outros labores
de tipo administrativo, económico, fiscal e militar2
, que facían deles
os cargos institucionais máis importantes no goberno local. Dende o
rei para abaixo: gobernar era facer xustiza.
A centralidade da xustiza no sistema político medieval vén a ser
consecuencia directa da fragmentación do poder no feudalismo3
. A
ausencia dunha administración pública forte, a privatización da
*
Carlos BARROS, “Vasallos y señores: uso alternativo del poder de la justicia en la Galicia
bajomedieval”, Arqueologia do Estado. Iª Jornadas sobre formas de organiçâo e exercício dos poderes
na Europa do Sul, séculos XIII- XVIII, Lisboa, Historia & Crítica, 1988, pp. 345-354; “Xustiza
alternativa”, ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996, pp. 171-186 (https://h-debate.com/wp-
content/uploads/2016/07/viva_rei.pdf).
1
Walter ULLMANN, Principios de gobierno y política en la Edad Media, Madrid, 1971, p. 23; a
fins da Idade Media a función militar e a función facendística, comezan a se separar de vagar da función
xudicial, sen embargo, a comezos da Idade Moderna, a xustaposición de cargos de goberno e xustiza
nunhas mesmas persoas, seguía en vigor; a nova monarquía xustificaba o seu poderío absoluto coa
necesidade de implantar a xustiza, facía desta o principal atributo do poder do rei, Manuel EIRAS
ROEL, «Prólogo», La Real Audiencia de Galicia, órgano de gobierno en el Antiguo Régimen (1480-
1808), I, A Coruña, 1982, p. 30.
2
María del Carmen CARLÉ, Del concejo medieval castellano-leonés, Buenos Aires, 1968, pp.
112-116; Luis G. de VALDEAVELLANO, Curso de Historia de las Instituciones españolas, Madrid,
1977 (5ª ed.), p. 545.
3
Perry ANDERSON, Transiciones de la Antigüedad al feudalismo, Madrid, 1979, pp. 153-154.
2
soberanía, concentrou nos señores diversas funcións estatais. Eran
quen xeralmente tiñan, por delegación do rei, a función de exerceren
a xusticia, entendida como a aplicación das leis tradicionais; en rigor,
o mecanismo da creación de novas leis, un poder «lexislativo»: é un
fenómeno moderno. Atribución anexa da principal función xudicial
era a función militar, derivada polo demais do sistema mental das tres
ordes, que facía dos cabaleiros os defensores da sociedade, os
encargados de garantir a xustiza, a paz e a seguridade de todos.
No medievo, conseguintemente, a xustiza abranguía un abano
significativamente máis amplo de competencias que na época
moderna; a xustiza era o nome ordinario do poder4
, na vida social en
xeral e na mentalidade colectiva en particular. Transmíteno
claramente as testemuñas do pleito Tabera-Fonseca cando falan dos
dirixentes da revolta irmandiña de 1467:
vido que los dichos alcaldes e diputados de la dicha
hermandad azian justiça de los malfechores e
gobernaban y mandaban e se posieran
contra los caballeros y señores que al dicho
tiempo abia que tenian fortalezas por los dichos
males que dellas hazian5
A crencia popular na xustizacomo un valor moral, e a presencia
deste valor colectivo na revolución irmandiña como un resorte
mobilizador e lexitimador6
, pon ó descuberto dúas dimensións da
xustizamedieval que a miúdo pasan desapercibidas: 1º) A xustiza é
4
Ibidem.
5
Angel RODRIGUEZ GONZALEZ, ed., Las fortalezas de la mitra compostelana y los
«irmandiños». Pleito Tabera-Fonseca, II, Potevedra, 1984, p. 443.
6
Cuestión que xa investigado en A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo, 1988.
3
unha mentalidade. 2º) O poder mental da xustiza é empregado tamén
polos vasalos e pola monarquía contra os señores feudais. O cal é
particularmente importante cando estudiamos como o Estado
moderno subtraeu aspectos cruciais da función xudicial á sociedade
civil baixomedieval. En suma, é a nosa intención esculcar no entorno
mental e social da xustiza, institución política clave, no ámbito do
reino de Galicia, integrado na coroa de Castela e León, no momento
do tránsito á modernidade; para isto cómpre deternos algo máis na
dimensión institucional da xustiza medieval.
O término que mellor ilustra o concepto da xustiza como poder
social, como relación de dominación, é o de xurisdición: autoridade
que ten a entidade-xuíz sobre unhas persoas, ou sobre os que viven
en determinado lugar, como consecuencia da súa obrigación de ditar
xustiza e facer cumprir leis e costumes en determinado ámbito
espacial e social. O señorío e mailas rendas xurisdicionais derivan, en
e consecuencia, do exercicio da función xudicial. Extremo do maior
interese posto que, na Baixa Idade Media, coincide a denuncia
popular xusticeira contra os señores-xuíces7
co acrecentamento da
importancia dos ingresos señoriais de tipo xurisdicional8
; razón pola
cal na psicoloxía popular aparecen unidos, inseparables,
confundíndose ás veces, agravios e trabucos, abusos e usos señoriais.
A identificación xustiza-xurisdición-señorío era percibida con
claridade por parte dos rebeldes irmandiños de Ourense que, en
agosto de 1467, se dispoñen a rexeitar militarmente ós cabaleiros
contrarios:
7
Salustiano MORETA, Malhechores-feudales. Violencia, antagonismo y alianza de clases en
Castilla, siglos XIII-XIV, Madrid, 1978; véxase a nota anterior.
8
Salvador BERNAL MARTIN, La administración de la justicia en la Segovia medieval, Segovia,
1979, p. 36.
4
por quanto algúus cabaleiros e fidalgos se quiseran e
querían entrometer de entrar ena dita çibdade e tomar a
justiça e señorío dela e a dita justiça e se apoderar en ela9
E tamén por parte de quen, anos despois, dende posicións
contrarias, decían que Diego de Andrade forzara os seus vasalos a
reedificar castelos, derrocado en 1467, como señor y persona que
tenia jurisdiçion sobre ellos, engadindo que tan poderoso hera el
dicho señor Patriarca para hacer lo mismo10
.
En ámbalas dúas citas queda claro, tanto para un bando como
para outro, que te-la xustiza e a xurisdición era ter o señorío e o poder.
Esta idea consciente forma parte da mentalidade xusticeira
irmandiña, ante todo determinada por un potente sentimento
colectivo de agravio. A loita pola xustiza significaba a aspiración
colectiva a poñer fin á actividade delituosa reinante, pero tamén era
unha loita polo poder, porque a fonte dos agravios estaba na clase
dirixente e porque, como é sabido, a resposta definitiva á anarquía,
tócante á administración de xustiza e á orde pública, foi o
fortalecemento do Estado, trasladándose o centro de gravidade do
poder, e da xustiza, da sociedade civil á sociedade política.
A fins da Idade Media os conflitos polo poder e as rendas
xurisdicionais abundan. As guerras e os preitos entre señores tiñan a
miúdo como motivo o control dos señoríos xurisdicionais. Vasalos e
señores enfróntanse polo pagamento -en especie, diñeiro ou traballo-
dos los dereitos xurisdicionais, asemade, moi a miúdo11
, cando non
9
Xesús FERRO COUSELO, ed., A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en
galego dos séculos XIII ao XVI, II, Vigo, 1967, p. 378.
10
Angel RODRIGUEZ, op. cit., p. 144.
11
Carlos BARROS, Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña: favorables y contrarios, tese
de doutoramento inédita, Universidade de Santiago, 1988, pp. 389-390, 399.
5
disputaban directamente polo señorío e os seus símbolos, queimando,
por exemplo, o señor, a forca, signo da xustiza, e reconstruíndoa
despois os veciños12
. En terceiro lugar, témo-la pugna entre as
xurisdicións señoriais e a xurisdición pública, real, que se superpón
ós dous tipos conflitivos anteriores. O feito é que a administración
pública da xustiza se implanta establemente no reino de Galicia, por
medio do apoio da monarquía e os seus representantes -ás veces
practicando unha dobre política- ós mosteiros e a outros señores
eclesiásticos contra a rapacidade da nobreza laica, e a cidadáns e
campesiños contra a clase señorial. Os dous grandes momento desta
fundamental confluencia de intereses, que non está exenta de
contradicións, son: a autorización do levantamento xusticeiro
antiseñorial de 1467 por parte de Enrique IV, e o envío do gobernador
Acuña en 1480 a Galicia por parte dos Reis Católicos.
A crise irreversible da xustiza señorial é, sobre todo, perceptible
na mentalidade popular. Sen un consenso xeneralizado entre os
gobernados, virtuais reos, querelantes e pagadores de tributos, é
imposible mante-la cesión inicial que fixo o rei da soberanía
xurisdicional ós señores, ó menos nos termos medievais clásicos. Na
Galicia irmandiña o pobo, e sectores da clase dirixente,
transformáronse en xuíces dos cabaleiros-xuíces, inculpándose
colectivamente como malfeitores e, o que é máis grave para o sistema
político medieval, levando á práctica, con certo éxito, os ideais
xusticeiros ó derrocaren por vía insurreccional case tódalas fortalezas
señoriais do reino de Galicia. Esta inxente inversión de valores,
provocada pola necesidade señorial de acudir arreo á detracción
ilegal do excedente económico, veu a facer do rei o deus ex máchina
da situación.
12
Trátase dun conflito que tivo lugar, en 1469, entre Estevo de Xunqueiras e os veciños de Pobra
do Deán, AHN, Diversos, Colección diplomática, leg. 1, nº 52.
6
O rei pasa de se-la instancia superior de apelación, o grande
árbitro, o garante supremo da xustiza terreal, a intervir
permanentemente nas cousas da xustiza do goberno da sociedade
civil: a título persoal, por razóns simbólicas13
; e, fundamentalmente,
por delegación a través dunha sólida e enérxica rede de funcionarios
letrados e de institucións xudiciais estables e públicas. O apoio ás
irmandades populares xusticeiras en conxunturas determinadas, que
algunhas veces se excedían no seu labor orixinal14
coma no caso
galego, é precisamente unha medida parcial, provisional, da
monarquía baixomedieval no camiño da construción dun Estado
moderno sobre unha base popular. A monarquía absoluta vai
reformular no sucesivo a figura arbitral do rei, alonxando a súa persoa
do contacto popular, artellando no medio unha mesta capa
administrativa, que dará pé a numerosos conflitos e problemas polo
seu custe económico, pero a administración real ofrecerá tamén as
súas contrapartidas. A nova administración gañará credibilidade
popular en función da súa eficacia, que a fins do século XV se medirá
en relación coa situación anárquica anterior, causada pola crise de
hexemonía da nobreza medieval15
.
No escenario da Galicia baixomedieval, ademais da xustiza
señorial e da xustiza real, está presente unha xustiza popular que se
13
Os Reis Católicos fixéronse unha imaxe xusticeira retomando a tradición anterior de impartir
xustiza de forma persoal e exemplar, Fernando de PULGAR, Crónica de los Reyes Católicos, BAE nº
70, pp. 323-324.
14
Pulgar puxo por boca de Alonso de Quintanilla, futuro ministro real de facenda, na Junta de
Dueñas de 1476, as seguintes palabras: si las otras hermandades pasadas no permanecieron en su
fuerza, aquello fué porque se entremetieron á entender en muchas cosas mas de lo que les
pertenecia, ídem, p. 302.
15
Logo da revolta irmandiña o concello de Ourense dá instrucións ós seus procuradores, un dos
cales fora dirixente da irmandade de 1467, para que sobre os trabucos da nova irmandade dos Reis
Católicos, digan a estes que se despoys de la Hirmandad non fosemos administrados en justiçia, que
no sejamos obligados aos pagar, X. FERRO COUSELO ed., op. cit., p. 479.
7
expresa sinaladamente na revolta irmandiña; no seo da cal é preciso
diferenciar dous compoñentes, un urbano e o outro rural. Agás
Betanzos, A Coruña e algún outro lugar, que estaban baixo a
xurisdición do rei: a grande maioría dos galegos baixomedievais eran
vasalos dos agresivos señores das fortalezas, mesmo aqueles que
dependían de abadías e igrexas episcopais, xa que estas, a mediados
do século XV, estaban en mans da nobreza laica pola vía da
encomenda ou da simple ocupación. Fronte a dito estado de cousas
as cidades dispuñan de mellores condicións có campo para se
defender da ofensiva señorial: o recinto amurallado e o concello
urbano.
Para os campesiños as fortalezas eran o inimigo externo, a fonte
dos agravios señoriais; para os vasalos urbanos ídem, pero menos
porque vivían xuntos e protexidos dentro da fortaleza-cidade.
Os centros urbanos galegos pertencían na súa maioría ó señorío
do arcebispo de Santiago e dos bispos de Ourense, Lugo, Tui e
Mondoñedo, e obtiveran o dereito a ter concello e xustiza da cidade.
Este poder cidadán, limitado pero experimentado, en pé de loita
cando as circunstancias o precisaban, vén a darlle a razón a Fossier
cando afirma que a Idade Media sempre segregou contra calquera
poder demasiado grande un contrapoder que limitaba a súa tiranía16
.
O contrapoder dos campesiños, a maioría da poboación e a
principal clase produtora da sociedade medieval (xa o di a teoría das
tres ordes), ten outras características. No mundo rural galego mandan
os señores laicos e as súas fortalezas, escasean as experiencias dos
concellos, e os únicos xuíces existentes, na inmensa maioría dos
territorios, son os meiriños e/ou os alcaldes das fortalezas, designados
polos señores, perante os que se tiñan que presenta-los procuradores
campesiños para preitear e mesmo paga-los trabucos.
Cando os xuíces non só son xuíz e parte senón que son, ademais,
16
Robert FOSSIER, Historia del campesinado en el Occidente medival, Barcelona, 1985, p. 161.
8
os grandes inculpados: estala unha xustiza campesiña violentamente
derrubadora. Os campesiños vasalos que expresan e levan á práctica
a súa propia representación colectiva da xustiza, na primavera de
1467, organizados como Santa Irmandade -demandada y
promovida orixinariamente dende as cidades- teñen tras de si unha
forza de masa pero non as institucións e os coñecementos prácticos e
teóricos sobre a xustiza e a legalidade, que acumulara a burguesía das
cidades, asistida polos relativamente abundantes veciños letrados; o
cal contribúe a explicar os excesos de 1467.
En resume, que os campesiños, e demais veciños das aldeas,
parte substancial da cultura oral e popular baixomedieval, ó careceren
de poder institucional e político17
, empregan o poder mental da
xustiza para impoñer, pola forza, o seu modelo xusticeiro á
impugnada clase señorial galega, en alianza conxuntural coas cidades
e con significados sectores da Igrexa e o Estado monárquico.
A historia social das mentalidades descubre a existencia dunha
dimensión da xustiza medieval como poder moi pouco estudiada e
coñecida: a dimensión mental colectiva. A mentalidade xusticeira da
xente común18
do campo, e da cidade, é unha forza social que non
dispón dun reflexo institucional estable -e, polo tanto, está menos
suxeita ós condicionamentos específicos da cultura escrita e legal-
pero actúa diariamente, podémolo observar analizando os múltiples
pleitos e pregos de querelas conservados. En momentos de crise
social pódese mesmo redobrar a capacidade de intervención histórica
eficaz da xustiza como mentalidade popular: as duradeiras
consecuencias mentais, sociais e económicas do pulo xusticeiro
17
Non esquezamos que os labregos non estaban representados como tales no esquema político
baixomedieval; a delegación do terceiro estado nas Cortes, por exemplo, detiñan os cidadáns.
18
Unha cousa é a lei escrita e outro ben distinta a mentalidade popular, puidémolo comprobar ó
pescudar na tipoloxía e a xerarquía delitiva, segundo os casos de Corte, as querelas populares e os casos
de irmandade, véxase A mentalidade xusticieira dos irmandiños, pp. 131 ss.
9
irmandiño, son un excelente paradigma disto.
Así, o resultado da nosa investigación sobre mentalidade e
revolta nos prolegómenos da Galicia moderna, vén a confirmar, en
liñas xerais, a teoría do dobre uso histórico do dereito19
, por parte das
clases dominantes e das clases subalternas, e mais da teoría da
supervivencia, na Idade Media, dunha concepción ascendente,
populista, do dereito e do poder en pugna coa concepción
dominante, descendente, teocrática e monarquista 20
. O carácter
contractual do feudalismo favorece a manifestación de dito
dualismo21
. Agora ben, para situar ó dereito e á xustiza no centro do
movemento, sempre tempestuoso, da historia concreta é preciso
considerar, xunto coa dialéctica xeral das clases e das culturas, que a
historia a fan os homes, e que estes se moven, interveñen en cada
coxuntura (froito dunha combinación irrepetible de elementos que
escapa a calquera tentativa reductora), en función da representación
social que teñan da xustiza -e doutros ideais-; representación que
abrangue a idea consciente da xustiza, os sentimentos que xera e o
imaxinario colectivo que a envolve22
.
Foucault nunha entrevista sobre a xustiza popular reiteraba, en
1972, o carácter señorial, coactivo, baseado na forza armada, da
xustiza medieval, medio institucionalizado de apropiación do
excedente económico; e o carácter antixudicial da protesta popular:
Nas grandes sedicións a partir do século XIV combátese
regularmente ós axentes da xustiza polas mesmas razóns cós axentes
19
Véxase José María LASO PRIETO, «Sobre la teoría del uso alternativo del derecho», II
Congreso de teoría y metodología de las ciencias, II, Oviedo, 1984, pp. 559-566.
20
Walter ULLMANN, op. cit., pp. 23-28.
21
Idem, pp. 27, 156.
22
Cornelius CASTORIADIS, L'intitution imaginaire de la société, París, 1975, pp. 162 ss.
10
da fiscalidade e de forma xeral ós axentes do poder23
. Na nosa
opinión trátase dunha visión restrictiva de máis das revoltas e da
conflictividade social baixomedieval. Na revolta irmandiña, por
exemplo, pódese decir que os axentes reais da xustiza estaban coa
rebelión, e os axentes do poder señorial eran máis ben o adversario.
Realmente, ¿é posible un levantamento colectivo sen que os
seus protagonistas se sintan empurrados por unha lexitimación
xusticeira? A hora de estudiar, en cada caso concreto, a vertente
xusticeira da mentalidade de revolta non abonda con perfila-la toma
de conciencia a partir da praxe social e da tradición oral, cómpre
considerar, e moito, a reutilización popular da idea dominante da
xustiza, procedente da cultura escrita, sobre todo cando as ideas
dominantes están en crise, en proceso de recomposición. En relación
á xustiza, como noutros temas, a interpretación da cultura popular e
subalterna coa cultura erudita e hexemónica, é un feito indubidable.
E convinte teimar nas diferencias entre o uso da xustiza como
factor de conservación e como factor de cambio. O primeiro
predomina mentres o sistema medieval permanece estable, e é quen
de garanti-lo exercicio da xustiza en condicións que á xente común
lles parecen normais; ten un contido de clase señorial, que Foucault
recolle ben, e entraña unha xustiza institucionalizada. O segundo
emerxe dende a base popular da sociedade segundo a concepción
descendente, que puxera nas mans dos señores feudais o poder da
xustiza, fracasa; é un fenómeno menos episódico, perifericamente ou
nada institucionalizado, que asume no momento da ascensión,
contidos de clase populares e antiseñoriais, e que basea a súa forza
impulsora na mentalidade social. Iso é posible porque na Idade Media
o dereito e a xustiza non eran concibidos como algo alleo á sociedade
civil, como unha tarefa do Estado e dunha vontade racionalizadora
23
Michel FOUCAULT, Microfísica del poder, Madrid, 1978, pp. 48-50.
11
exterior, senón que se confundía coa defensa da existencia da
comunidade ou do honor da persoa24
; estas, ó se sentiren ameazadas,
fan vale-la alternativa de intervención que o dereito consuetudinario,
e mesmo legal, medieval lles ofrece. O caso é que sen esta
participación da comunidade civil a xustiza pública non se imporía
doadamente (alomenos en Galicia) a unha xustiza señorial decadente
que se negaba a deixar sitio libre a novas realidades, a novas
necesidades.
Jean Froissart inxuria ós rebeldes da jacquerie e da cidade de
París, acusándoos de todo tipo de crimes e delitos 25
. Actitude
descualificadora dos cronistas, e aínda da cultura escrita, bastante
habitual, que sen embargo pasa a ser un fenómeno marxinal26
cando
estudiámo-las testemuñas que aportan as fontes posteriores arredor
da revolta irmandiña e das irmandades en xeral. O normal é
encontrarnos con louvanzas ó labor xusticeiro das irmandades do
tempo de Enrique IV; así, cara a 1592, Juan de Mariana escribiu:
Veíanse robos, agravios y muertes sin temor alguno del
castigo, por estar muy enflaquecida la autoridad y fuerza
de los magistrados. Forzadas por esto las ciudades
y pueblos, se hermanaron para efecto que las insolencias
y maldades fuesen castigadas. A las hermandades, con
consentimiento y la autoridad del Rey, se pusieron
muy buenas leyes para que no usasen mal
24
Manuel GARCIA-PELAYO, La idea medieval del derecho, Caracas, 1962, p. 3.
25
Jean FROISSART, Crónicas, Madrid, 1988, pp. 177 ss.
26
En 1622, Malaquías de la Vega, posto de parte do conde de Lemos, escribe sobre a irmandade
galega de 1467: porque aviendosse instituido para librar a los agraviados, ellos haçian mayores
agravios a los pobres, y flacos, y a los poderosos que querian destruir), y contraraçon y justiçia,
tomaron al Conde de Lemos todas sus tierras, destruyendole las fortalezas, y robandole sus bienes,
y los de sus vasallos, Chronologia de los jueces de Castilla, BN, ms. 19418, fol. 341.
12
del poder que se les daba y se estragasen27
En xeral, as actitudes colectivas adversas ós feitos de 1467 no
reino de Galicia, eluden a cuestión da situación da xustiza antes do
levantamento popular e, por tanto, a lexitimación deste como unha
masiva posta en práctica do dereito medieval de resistencia; silencio
que, no contexto da polémica que seguiu á revolta, equivale a unha
confesión tácita.
A visión popular e a visión cortesá da xusticia, que converxeron
en posibilita-la revolta galega, veñen de lugares diferentes e apuntan
a obxectivos distintos. O padre Mariana reflexa esta distinción cando,
na cita precedente, explica que o rei autorizou as irmandades...,
dándolles leis para que non se extralimitasen no seu poder. De feito,
o mesmo Enrique IV, dende 1458 deica 1460, remite varias cartas ós
cabaleiros e ós cidadáns e demais vasalos do arcebispo de Santiago,
Rodrigo de Luna, emprazándoos para que deixasen de agraviar ó
arcebispo, a quen deben, de dereito, obedecelo e pagarlle as rendas28
.
Uns anos antes da revolta antiseñorial de 1467, Enrique IV aparece a
carón do señor arcebispo contra os vasalos, e tenta botar o peso da
xustiza real sobre os rebeldes: proba evidente da maleabilidade do
concepto medieval do dereito, e de que o modelo popular de xustiza
se impón na conxuntura de 1467 superando, ademais do obstáculo da
oposición señorial, as resistencias previas dos que sostiñan unha
visión progresiva pero descendente da xustiza.
Ouro exemplo das dificultades que tivo que atravesar a xustiza
popular no seu camiño emerxente son as resistencias proviñentes da
mesma irmandade. O 24 de febreiro de 1468, a Junta de Madrigal de
la Santa Hermandad de los Regnos de Castilla e Leon e Toledo, a
27
«Historia de España», Obras del padre Juan de Mariana, BAE, II, Madrid, 1854, p. 163.
28
Arquivo Histórico Diocesano de Santiago, Fondo Xeral, leg. 21, fol. 104, 108, 130 v.
13
petición do conde de Lemos, escribe á irmandade de León e do Bierzo
para que cesen os levantamientos contra el dicho conde e suyos,
incluíndo os máximos dirixentes irmandiños estes levantamentos e os
cercos ás fortalezas, entre os males, e dapnos, e robos, e fuerças, xa
que o conde e os seus eran e son nuestros hermanos29
; é dicir, un
sector da irmandade, en Castela-León pero tamén dentro do reino de
Galicia, non estaba de acordo en fundi-la idea da xustiza coa
conciencia antiseñorial, perseguindo ós cabaleiros como malfeitores,
cuestionando, en definitiva, o uso alternativo e popular do poder da
xustiza que se estaba a facer en Galicia e mailas súas zonas limítrofes.
A fins da Idade Media, os termos inxusta30
e inxustamente31
eran de utilización corrente na cultura escrita. Sen embargo, na
cultura oral, significativamente, non consta o seu emprego. As ideas
dominantes reutilizadas, a Xustiza, o Rei e Deus, expresábanse
sempre en positivo; os protagonistas da revolta ubicaban eses grandes
conceptos no conxunto mental favorable32
, sen concibiren unha
situación permanente de non-xustiza, o que seguramente non
facilitaba o emprego cotián e popular da palabra inxustiza.
A paradigmática revolución irmandiña pon en evidencia as
raigañas populares do Estado moderno, que só puido impoñer ós
señores galegos a xustiza pública, peza clave do novo poder, logo de
29
Arquivo de E.J. Pardo de Guevara, Madrid.
30
e suplico mandasemos revocar e dar por ninguna la dicha sentençia, como ynjusta e muy
agraviada, 1497, carta executoria da Chancillería de Valladolid sobre 0 preito mosteiro Vilar de
Donas/conde de Monterrey, publica José Luis NOVO CAZÓN, El priorato santiaguista de Vilar de
Donas en la Edad Media (1194-1500), A Coruña, 1986, p. 473.
31
sin tener para ello cabsa alguna que justa fuesse salvo la malicia de tener á la dicha su parte
sin hacienda ynjustamente y pidio ser enmendada la dicha sentencia, 1515, carta executoria do preito
Sancha de Lobera/García Sarmiento(copia), Archivo del Museo de Pontevedra, Colección Sampedro,
caja 11.
32
A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo, 1988, pp. 69-83.
14
que os populares derrubasen durante un tempo as bases éticas e físicas
(fortalezas) da xustiza señorial. Non é a feudalidade senón o pobo
quen busca e acada apoio no poder centralizado na conxuntura de
revolta de 1467 en Galicia. O paso na Baixa Idade Media do rei-
xuíz ó rei-lexislador33
, ¿sería posible sen entrar na escena a xente
común?. Dificilmente. A monarquía absoluta vén a se-la solución
sintética que dá resposta ás demandas propostas polas clases
populares, se ben de maneira parcial e xerárquica, e ós problemas
graves de inadaptación e falta de consenso social que tiña a nobreza
que dirixía a sociedade civil baixomedieval, se ben sacrificando
intereses inmediatos dos señores feudais a prol de intereses máis
xerais da poboación e de intereses máis a longo prazo da clase
señorial. No tema fundamental da xustiza, coma noutros, o uso
alternativo e popular qué é senón un mecanismo regulador da
sociedade medieval, que, coa súa posta en práctica permite saír da
crise baixomedieval e poñe-los cimentos da modernidade da única
maneira realmente posible: contando con tódalas clases sociais en
presencia.
A intervención popular no proceso de transición Idade
Media/Idade Moderna resúmese bastante ben se dicimos que foi unha
loita pola xustiza, isto é, unha loita de mentalidades, política e social,
unha loita por un obxecto ideal e polo poder, e polas rendas e o
señorío xurisdicionais, todo o cal estaba naquel momento en curso de
reestruturación, en estado provisional.
33
Manuel GARCíA-PELAYO, La idea medieval del derecho, Caracas, 1962, p. 46.

More Related Content

Similar to Vasalos e señores: uso alternativo do poder da xustiza na Galicia baixomedieval

A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austriaslogargola
 
3 A IlustrtracióN
3 A IlustrtracióN3 A IlustrtracióN
3 A IlustrtracióNFhistoria
 
A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)xosea
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democráticolorenaamarelle
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicoslolaen
 
Tema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteTema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteSanti Pazos
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
O antigo reximen
O antigo reximenO antigo reximen
O antigo reximenyrda
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
O feudalismo (traballo)
O feudalismo (traballo)O feudalismo (traballo)
O feudalismo (traballo)pmariia
 
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.LourdesErea4
 
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.LourdesErea4
 

Similar to Vasalos e señores: uso alternativo do poder da xustiza na Galicia baixomedieval (20)

Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
Sabela Ii
Sabela IiSabela Ii
Sabela Ii
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
 
RestauracióN
RestauracióNRestauracióN
RestauracióN
 
Restauración
RestauraciónRestauración
Restauración
 
3 A IlustrtracióN
3 A IlustrtracióN3 A IlustrtracióN
3 A IlustrtracióN
 
ColeccióN 5
ColeccióN 5ColeccióN 5
ColeccióN 5
 
Rito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade Media
Rito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade MediaRito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade Media
Rito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade Media
 
A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)A España liberal (1833-1874)
A España liberal (1833-1874)
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democrático
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicos
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Tema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteTema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parte
 
Antigo Réxime Diego e Miguel
Antigo Réxime Diego e MiguelAntigo Réxime Diego e Miguel
Antigo Réxime Diego e Miguel
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
O antigo reximen
O antigo reximenO antigo reximen
O antigo reximen
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
O feudalismo (traballo)
O feudalismo (traballo)O feudalismo (traballo)
O feudalismo (traballo)
 
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
 
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
Trabajo sociales tema 1 lourdes erea. 4º eso.
 

More from Red Académica Internacional Historia a Debate

More from Red Académica Internacional Historia a Debate (20)

The Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval Galicia
The Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval GaliciaThe Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval Galicia
The Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval Galicia
 
Historia inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXI
Historia inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXIHistoria inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXI
Historia inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXI
 
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galegaO outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
 
El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallega
El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallegaEl otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallega
El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallega
 
Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...
Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...
Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...
 
Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?
Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?
Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?
 
Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)
Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)
Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)
 
Mitos da historiografía galeguista (1994)
Mitos da historiografía galeguista (1994)Mitos da historiografía galeguista (1994)
Mitos da historiografía galeguista (1994)
 
Mitos de la historiografía galleguista (1994)
Mitos de la historiografía galleguista (1994)Mitos de la historiografía galleguista (1994)
Mitos de la historiografía galleguista (1994)
 
La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...
La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...
La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...
 
Rito y violación: derecho de pernada en la Edad Media
Rito y violación: derecho de pernada en la Edad MediaRito y violación: derecho de pernada en la Edad Media
Rito y violación: derecho de pernada en la Edad Media
 
Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)
Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)
Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)
 
Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)
Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)
Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)
 
Galiza: mortos que querem vida (franquismo)
Galiza: mortos que querem vida (franquismo)Galiza: mortos que querem vida (franquismo)
Galiza: mortos que querem vida (franquismo)
 
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
 
XXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicaciones
XXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicacionesXXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicaciones
XXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicaciones
 
Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024
Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024
Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024
 
Menéndez Pidal, Castilla y las identidades medievales
Menéndez Pidal, Castilla y las identidades medievalesMenéndez Pidal, Castilla y las identidades medievales
Menéndez Pidal, Castilla y las identidades medievales
 
Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?
Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?
Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?
 
Historiografía de valores
Historiografía de valoresHistoriografía de valores
Historiografía de valores
 

Recently uploaded

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Vasalos e señores: uso alternativo do poder da xustiza na Galicia baixomedieval

  • 1. 1 Vasalos e señores: uso alternativo do poder da xustiza na Galicia baixomedieval* Carlos Barros Universidade de Santiago de Compostela Na Idade Media, o exercicio da xustiza e o goberno dos homes, eran unha mesma cousa1 . De maneira que os alcaldes dos concellos, por exemplo, anexaban ó seu papel principal de xuíces outros labores de tipo administrativo, económico, fiscal e militar2 , que facían deles os cargos institucionais máis importantes no goberno local. Dende o rei para abaixo: gobernar era facer xustiza. A centralidade da xustiza no sistema político medieval vén a ser consecuencia directa da fragmentación do poder no feudalismo3 . A ausencia dunha administración pública forte, a privatización da * Carlos BARROS, “Vasallos y señores: uso alternativo del poder de la justicia en la Galicia bajomedieval”, Arqueologia do Estado. Iª Jornadas sobre formas de organiçâo e exercício dos poderes na Europa do Sul, séculos XIII- XVIII, Lisboa, Historia & Crítica, 1988, pp. 345-354; “Xustiza alternativa”, ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996, pp. 171-186 (https://h-debate.com/wp- content/uploads/2016/07/viva_rei.pdf). 1 Walter ULLMANN, Principios de gobierno y política en la Edad Media, Madrid, 1971, p. 23; a fins da Idade Media a función militar e a función facendística, comezan a se separar de vagar da función xudicial, sen embargo, a comezos da Idade Moderna, a xustaposición de cargos de goberno e xustiza nunhas mesmas persoas, seguía en vigor; a nova monarquía xustificaba o seu poderío absoluto coa necesidade de implantar a xustiza, facía desta o principal atributo do poder do rei, Manuel EIRAS ROEL, «Prólogo», La Real Audiencia de Galicia, órgano de gobierno en el Antiguo Régimen (1480- 1808), I, A Coruña, 1982, p. 30. 2 María del Carmen CARLÉ, Del concejo medieval castellano-leonés, Buenos Aires, 1968, pp. 112-116; Luis G. de VALDEAVELLANO, Curso de Historia de las Instituciones españolas, Madrid, 1977 (5ª ed.), p. 545. 3 Perry ANDERSON, Transiciones de la Antigüedad al feudalismo, Madrid, 1979, pp. 153-154.
  • 2. 2 soberanía, concentrou nos señores diversas funcións estatais. Eran quen xeralmente tiñan, por delegación do rei, a función de exerceren a xusticia, entendida como a aplicación das leis tradicionais; en rigor, o mecanismo da creación de novas leis, un poder «lexislativo»: é un fenómeno moderno. Atribución anexa da principal función xudicial era a función militar, derivada polo demais do sistema mental das tres ordes, que facía dos cabaleiros os defensores da sociedade, os encargados de garantir a xustiza, a paz e a seguridade de todos. No medievo, conseguintemente, a xustiza abranguía un abano significativamente máis amplo de competencias que na época moderna; a xustiza era o nome ordinario do poder4 , na vida social en xeral e na mentalidade colectiva en particular. Transmíteno claramente as testemuñas do pleito Tabera-Fonseca cando falan dos dirixentes da revolta irmandiña de 1467: vido que los dichos alcaldes e diputados de la dicha hermandad azian justiça de los malfechores e gobernaban y mandaban e se posieran contra los caballeros y señores que al dicho tiempo abia que tenian fortalezas por los dichos males que dellas hazian5 A crencia popular na xustizacomo un valor moral, e a presencia deste valor colectivo na revolución irmandiña como un resorte mobilizador e lexitimador6 , pon ó descuberto dúas dimensións da xustizamedieval que a miúdo pasan desapercibidas: 1º) A xustiza é 4 Ibidem. 5 Angel RODRIGUEZ GONZALEZ, ed., Las fortalezas de la mitra compostelana y los «irmandiños». Pleito Tabera-Fonseca, II, Potevedra, 1984, p. 443. 6 Cuestión que xa investigado en A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo, 1988.
  • 3. 3 unha mentalidade. 2º) O poder mental da xustiza é empregado tamén polos vasalos e pola monarquía contra os señores feudais. O cal é particularmente importante cando estudiamos como o Estado moderno subtraeu aspectos cruciais da función xudicial á sociedade civil baixomedieval. En suma, é a nosa intención esculcar no entorno mental e social da xustiza, institución política clave, no ámbito do reino de Galicia, integrado na coroa de Castela e León, no momento do tránsito á modernidade; para isto cómpre deternos algo máis na dimensión institucional da xustiza medieval. O término que mellor ilustra o concepto da xustiza como poder social, como relación de dominación, é o de xurisdición: autoridade que ten a entidade-xuíz sobre unhas persoas, ou sobre os que viven en determinado lugar, como consecuencia da súa obrigación de ditar xustiza e facer cumprir leis e costumes en determinado ámbito espacial e social. O señorío e mailas rendas xurisdicionais derivan, en e consecuencia, do exercicio da función xudicial. Extremo do maior interese posto que, na Baixa Idade Media, coincide a denuncia popular xusticeira contra os señores-xuíces7 co acrecentamento da importancia dos ingresos señoriais de tipo xurisdicional8 ; razón pola cal na psicoloxía popular aparecen unidos, inseparables, confundíndose ás veces, agravios e trabucos, abusos e usos señoriais. A identificación xustiza-xurisdición-señorío era percibida con claridade por parte dos rebeldes irmandiños de Ourense que, en agosto de 1467, se dispoñen a rexeitar militarmente ós cabaleiros contrarios: 7 Salustiano MORETA, Malhechores-feudales. Violencia, antagonismo y alianza de clases en Castilla, siglos XIII-XIV, Madrid, 1978; véxase a nota anterior. 8 Salvador BERNAL MARTIN, La administración de la justicia en la Segovia medieval, Segovia, 1979, p. 36.
  • 4. 4 por quanto algúus cabaleiros e fidalgos se quiseran e querían entrometer de entrar ena dita çibdade e tomar a justiça e señorío dela e a dita justiça e se apoderar en ela9 E tamén por parte de quen, anos despois, dende posicións contrarias, decían que Diego de Andrade forzara os seus vasalos a reedificar castelos, derrocado en 1467, como señor y persona que tenia jurisdiçion sobre ellos, engadindo que tan poderoso hera el dicho señor Patriarca para hacer lo mismo10 . En ámbalas dúas citas queda claro, tanto para un bando como para outro, que te-la xustiza e a xurisdición era ter o señorío e o poder. Esta idea consciente forma parte da mentalidade xusticeira irmandiña, ante todo determinada por un potente sentimento colectivo de agravio. A loita pola xustiza significaba a aspiración colectiva a poñer fin á actividade delituosa reinante, pero tamén era unha loita polo poder, porque a fonte dos agravios estaba na clase dirixente e porque, como é sabido, a resposta definitiva á anarquía, tócante á administración de xustiza e á orde pública, foi o fortalecemento do Estado, trasladándose o centro de gravidade do poder, e da xustiza, da sociedade civil á sociedade política. A fins da Idade Media os conflitos polo poder e as rendas xurisdicionais abundan. As guerras e os preitos entre señores tiñan a miúdo como motivo o control dos señoríos xurisdicionais. Vasalos e señores enfróntanse polo pagamento -en especie, diñeiro ou traballo- dos los dereitos xurisdicionais, asemade, moi a miúdo11 , cando non 9 Xesús FERRO COUSELO, ed., A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, II, Vigo, 1967, p. 378. 10 Angel RODRIGUEZ, op. cit., p. 144. 11 Carlos BARROS, Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña: favorables y contrarios, tese de doutoramento inédita, Universidade de Santiago, 1988, pp. 389-390, 399.
  • 5. 5 disputaban directamente polo señorío e os seus símbolos, queimando, por exemplo, o señor, a forca, signo da xustiza, e reconstruíndoa despois os veciños12 . En terceiro lugar, témo-la pugna entre as xurisdicións señoriais e a xurisdición pública, real, que se superpón ós dous tipos conflitivos anteriores. O feito é que a administración pública da xustiza se implanta establemente no reino de Galicia, por medio do apoio da monarquía e os seus representantes -ás veces practicando unha dobre política- ós mosteiros e a outros señores eclesiásticos contra a rapacidade da nobreza laica, e a cidadáns e campesiños contra a clase señorial. Os dous grandes momento desta fundamental confluencia de intereses, que non está exenta de contradicións, son: a autorización do levantamento xusticeiro antiseñorial de 1467 por parte de Enrique IV, e o envío do gobernador Acuña en 1480 a Galicia por parte dos Reis Católicos. A crise irreversible da xustiza señorial é, sobre todo, perceptible na mentalidade popular. Sen un consenso xeneralizado entre os gobernados, virtuais reos, querelantes e pagadores de tributos, é imposible mante-la cesión inicial que fixo o rei da soberanía xurisdicional ós señores, ó menos nos termos medievais clásicos. Na Galicia irmandiña o pobo, e sectores da clase dirixente, transformáronse en xuíces dos cabaleiros-xuíces, inculpándose colectivamente como malfeitores e, o que é máis grave para o sistema político medieval, levando á práctica, con certo éxito, os ideais xusticeiros ó derrocaren por vía insurreccional case tódalas fortalezas señoriais do reino de Galicia. Esta inxente inversión de valores, provocada pola necesidade señorial de acudir arreo á detracción ilegal do excedente económico, veu a facer do rei o deus ex máchina da situación. 12 Trátase dun conflito que tivo lugar, en 1469, entre Estevo de Xunqueiras e os veciños de Pobra do Deán, AHN, Diversos, Colección diplomática, leg. 1, nº 52.
  • 6. 6 O rei pasa de se-la instancia superior de apelación, o grande árbitro, o garante supremo da xustiza terreal, a intervir permanentemente nas cousas da xustiza do goberno da sociedade civil: a título persoal, por razóns simbólicas13 ; e, fundamentalmente, por delegación a través dunha sólida e enérxica rede de funcionarios letrados e de institucións xudiciais estables e públicas. O apoio ás irmandades populares xusticeiras en conxunturas determinadas, que algunhas veces se excedían no seu labor orixinal14 coma no caso galego, é precisamente unha medida parcial, provisional, da monarquía baixomedieval no camiño da construción dun Estado moderno sobre unha base popular. A monarquía absoluta vai reformular no sucesivo a figura arbitral do rei, alonxando a súa persoa do contacto popular, artellando no medio unha mesta capa administrativa, que dará pé a numerosos conflitos e problemas polo seu custe económico, pero a administración real ofrecerá tamén as súas contrapartidas. A nova administración gañará credibilidade popular en función da súa eficacia, que a fins do século XV se medirá en relación coa situación anárquica anterior, causada pola crise de hexemonía da nobreza medieval15 . No escenario da Galicia baixomedieval, ademais da xustiza señorial e da xustiza real, está presente unha xustiza popular que se 13 Os Reis Católicos fixéronse unha imaxe xusticeira retomando a tradición anterior de impartir xustiza de forma persoal e exemplar, Fernando de PULGAR, Crónica de los Reyes Católicos, BAE nº 70, pp. 323-324. 14 Pulgar puxo por boca de Alonso de Quintanilla, futuro ministro real de facenda, na Junta de Dueñas de 1476, as seguintes palabras: si las otras hermandades pasadas no permanecieron en su fuerza, aquello fué porque se entremetieron á entender en muchas cosas mas de lo que les pertenecia, ídem, p. 302. 15 Logo da revolta irmandiña o concello de Ourense dá instrucións ós seus procuradores, un dos cales fora dirixente da irmandade de 1467, para que sobre os trabucos da nova irmandade dos Reis Católicos, digan a estes que se despoys de la Hirmandad non fosemos administrados en justiçia, que no sejamos obligados aos pagar, X. FERRO COUSELO ed., op. cit., p. 479.
  • 7. 7 expresa sinaladamente na revolta irmandiña; no seo da cal é preciso diferenciar dous compoñentes, un urbano e o outro rural. Agás Betanzos, A Coruña e algún outro lugar, que estaban baixo a xurisdición do rei: a grande maioría dos galegos baixomedievais eran vasalos dos agresivos señores das fortalezas, mesmo aqueles que dependían de abadías e igrexas episcopais, xa que estas, a mediados do século XV, estaban en mans da nobreza laica pola vía da encomenda ou da simple ocupación. Fronte a dito estado de cousas as cidades dispuñan de mellores condicións có campo para se defender da ofensiva señorial: o recinto amurallado e o concello urbano. Para os campesiños as fortalezas eran o inimigo externo, a fonte dos agravios señoriais; para os vasalos urbanos ídem, pero menos porque vivían xuntos e protexidos dentro da fortaleza-cidade. Os centros urbanos galegos pertencían na súa maioría ó señorío do arcebispo de Santiago e dos bispos de Ourense, Lugo, Tui e Mondoñedo, e obtiveran o dereito a ter concello e xustiza da cidade. Este poder cidadán, limitado pero experimentado, en pé de loita cando as circunstancias o precisaban, vén a darlle a razón a Fossier cando afirma que a Idade Media sempre segregou contra calquera poder demasiado grande un contrapoder que limitaba a súa tiranía16 . O contrapoder dos campesiños, a maioría da poboación e a principal clase produtora da sociedade medieval (xa o di a teoría das tres ordes), ten outras características. No mundo rural galego mandan os señores laicos e as súas fortalezas, escasean as experiencias dos concellos, e os únicos xuíces existentes, na inmensa maioría dos territorios, son os meiriños e/ou os alcaldes das fortalezas, designados polos señores, perante os que se tiñan que presenta-los procuradores campesiños para preitear e mesmo paga-los trabucos. Cando os xuíces non só son xuíz e parte senón que son, ademais, 16 Robert FOSSIER, Historia del campesinado en el Occidente medival, Barcelona, 1985, p. 161.
  • 8. 8 os grandes inculpados: estala unha xustiza campesiña violentamente derrubadora. Os campesiños vasalos que expresan e levan á práctica a súa propia representación colectiva da xustiza, na primavera de 1467, organizados como Santa Irmandade -demandada y promovida orixinariamente dende as cidades- teñen tras de si unha forza de masa pero non as institucións e os coñecementos prácticos e teóricos sobre a xustiza e a legalidade, que acumulara a burguesía das cidades, asistida polos relativamente abundantes veciños letrados; o cal contribúe a explicar os excesos de 1467. En resume, que os campesiños, e demais veciños das aldeas, parte substancial da cultura oral e popular baixomedieval, ó careceren de poder institucional e político17 , empregan o poder mental da xustiza para impoñer, pola forza, o seu modelo xusticeiro á impugnada clase señorial galega, en alianza conxuntural coas cidades e con significados sectores da Igrexa e o Estado monárquico. A historia social das mentalidades descubre a existencia dunha dimensión da xustiza medieval como poder moi pouco estudiada e coñecida: a dimensión mental colectiva. A mentalidade xusticeira da xente común18 do campo, e da cidade, é unha forza social que non dispón dun reflexo institucional estable -e, polo tanto, está menos suxeita ós condicionamentos específicos da cultura escrita e legal- pero actúa diariamente, podémolo observar analizando os múltiples pleitos e pregos de querelas conservados. En momentos de crise social pódese mesmo redobrar a capacidade de intervención histórica eficaz da xustiza como mentalidade popular: as duradeiras consecuencias mentais, sociais e económicas do pulo xusticeiro 17 Non esquezamos que os labregos non estaban representados como tales no esquema político baixomedieval; a delegación do terceiro estado nas Cortes, por exemplo, detiñan os cidadáns. 18 Unha cousa é a lei escrita e outro ben distinta a mentalidade popular, puidémolo comprobar ó pescudar na tipoloxía e a xerarquía delitiva, segundo os casos de Corte, as querelas populares e os casos de irmandade, véxase A mentalidade xusticieira dos irmandiños, pp. 131 ss.
  • 9. 9 irmandiño, son un excelente paradigma disto. Así, o resultado da nosa investigación sobre mentalidade e revolta nos prolegómenos da Galicia moderna, vén a confirmar, en liñas xerais, a teoría do dobre uso histórico do dereito19 , por parte das clases dominantes e das clases subalternas, e mais da teoría da supervivencia, na Idade Media, dunha concepción ascendente, populista, do dereito e do poder en pugna coa concepción dominante, descendente, teocrática e monarquista 20 . O carácter contractual do feudalismo favorece a manifestación de dito dualismo21 . Agora ben, para situar ó dereito e á xustiza no centro do movemento, sempre tempestuoso, da historia concreta é preciso considerar, xunto coa dialéctica xeral das clases e das culturas, que a historia a fan os homes, e que estes se moven, interveñen en cada coxuntura (froito dunha combinación irrepetible de elementos que escapa a calquera tentativa reductora), en función da representación social que teñan da xustiza -e doutros ideais-; representación que abrangue a idea consciente da xustiza, os sentimentos que xera e o imaxinario colectivo que a envolve22 . Foucault nunha entrevista sobre a xustiza popular reiteraba, en 1972, o carácter señorial, coactivo, baseado na forza armada, da xustiza medieval, medio institucionalizado de apropiación do excedente económico; e o carácter antixudicial da protesta popular: Nas grandes sedicións a partir do século XIV combátese regularmente ós axentes da xustiza polas mesmas razóns cós axentes 19 Véxase José María LASO PRIETO, «Sobre la teoría del uso alternativo del derecho», II Congreso de teoría y metodología de las ciencias, II, Oviedo, 1984, pp. 559-566. 20 Walter ULLMANN, op. cit., pp. 23-28. 21 Idem, pp. 27, 156. 22 Cornelius CASTORIADIS, L'intitution imaginaire de la société, París, 1975, pp. 162 ss.
  • 10. 10 da fiscalidade e de forma xeral ós axentes do poder23 . Na nosa opinión trátase dunha visión restrictiva de máis das revoltas e da conflictividade social baixomedieval. Na revolta irmandiña, por exemplo, pódese decir que os axentes reais da xustiza estaban coa rebelión, e os axentes do poder señorial eran máis ben o adversario. Realmente, ¿é posible un levantamento colectivo sen que os seus protagonistas se sintan empurrados por unha lexitimación xusticeira? A hora de estudiar, en cada caso concreto, a vertente xusticeira da mentalidade de revolta non abonda con perfila-la toma de conciencia a partir da praxe social e da tradición oral, cómpre considerar, e moito, a reutilización popular da idea dominante da xustiza, procedente da cultura escrita, sobre todo cando as ideas dominantes están en crise, en proceso de recomposición. En relación á xustiza, como noutros temas, a interpretación da cultura popular e subalterna coa cultura erudita e hexemónica, é un feito indubidable. E convinte teimar nas diferencias entre o uso da xustiza como factor de conservación e como factor de cambio. O primeiro predomina mentres o sistema medieval permanece estable, e é quen de garanti-lo exercicio da xustiza en condicións que á xente común lles parecen normais; ten un contido de clase señorial, que Foucault recolle ben, e entraña unha xustiza institucionalizada. O segundo emerxe dende a base popular da sociedade segundo a concepción descendente, que puxera nas mans dos señores feudais o poder da xustiza, fracasa; é un fenómeno menos episódico, perifericamente ou nada institucionalizado, que asume no momento da ascensión, contidos de clase populares e antiseñoriais, e que basea a súa forza impulsora na mentalidade social. Iso é posible porque na Idade Media o dereito e a xustiza non eran concibidos como algo alleo á sociedade civil, como unha tarefa do Estado e dunha vontade racionalizadora 23 Michel FOUCAULT, Microfísica del poder, Madrid, 1978, pp. 48-50.
  • 11. 11 exterior, senón que se confundía coa defensa da existencia da comunidade ou do honor da persoa24 ; estas, ó se sentiren ameazadas, fan vale-la alternativa de intervención que o dereito consuetudinario, e mesmo legal, medieval lles ofrece. O caso é que sen esta participación da comunidade civil a xustiza pública non se imporía doadamente (alomenos en Galicia) a unha xustiza señorial decadente que se negaba a deixar sitio libre a novas realidades, a novas necesidades. Jean Froissart inxuria ós rebeldes da jacquerie e da cidade de París, acusándoos de todo tipo de crimes e delitos 25 . Actitude descualificadora dos cronistas, e aínda da cultura escrita, bastante habitual, que sen embargo pasa a ser un fenómeno marxinal26 cando estudiámo-las testemuñas que aportan as fontes posteriores arredor da revolta irmandiña e das irmandades en xeral. O normal é encontrarnos con louvanzas ó labor xusticeiro das irmandades do tempo de Enrique IV; así, cara a 1592, Juan de Mariana escribiu: Veíanse robos, agravios y muertes sin temor alguno del castigo, por estar muy enflaquecida la autoridad y fuerza de los magistrados. Forzadas por esto las ciudades y pueblos, se hermanaron para efecto que las insolencias y maldades fuesen castigadas. A las hermandades, con consentimiento y la autoridad del Rey, se pusieron muy buenas leyes para que no usasen mal 24 Manuel GARCIA-PELAYO, La idea medieval del derecho, Caracas, 1962, p. 3. 25 Jean FROISSART, Crónicas, Madrid, 1988, pp. 177 ss. 26 En 1622, Malaquías de la Vega, posto de parte do conde de Lemos, escribe sobre a irmandade galega de 1467: porque aviendosse instituido para librar a los agraviados, ellos haçian mayores agravios a los pobres, y flacos, y a los poderosos que querian destruir), y contraraçon y justiçia, tomaron al Conde de Lemos todas sus tierras, destruyendole las fortalezas, y robandole sus bienes, y los de sus vasallos, Chronologia de los jueces de Castilla, BN, ms. 19418, fol. 341.
  • 12. 12 del poder que se les daba y se estragasen27 En xeral, as actitudes colectivas adversas ós feitos de 1467 no reino de Galicia, eluden a cuestión da situación da xustiza antes do levantamento popular e, por tanto, a lexitimación deste como unha masiva posta en práctica do dereito medieval de resistencia; silencio que, no contexto da polémica que seguiu á revolta, equivale a unha confesión tácita. A visión popular e a visión cortesá da xusticia, que converxeron en posibilita-la revolta galega, veñen de lugares diferentes e apuntan a obxectivos distintos. O padre Mariana reflexa esta distinción cando, na cita precedente, explica que o rei autorizou as irmandades..., dándolles leis para que non se extralimitasen no seu poder. De feito, o mesmo Enrique IV, dende 1458 deica 1460, remite varias cartas ós cabaleiros e ós cidadáns e demais vasalos do arcebispo de Santiago, Rodrigo de Luna, emprazándoos para que deixasen de agraviar ó arcebispo, a quen deben, de dereito, obedecelo e pagarlle as rendas28 . Uns anos antes da revolta antiseñorial de 1467, Enrique IV aparece a carón do señor arcebispo contra os vasalos, e tenta botar o peso da xustiza real sobre os rebeldes: proba evidente da maleabilidade do concepto medieval do dereito, e de que o modelo popular de xustiza se impón na conxuntura de 1467 superando, ademais do obstáculo da oposición señorial, as resistencias previas dos que sostiñan unha visión progresiva pero descendente da xustiza. Ouro exemplo das dificultades que tivo que atravesar a xustiza popular no seu camiño emerxente son as resistencias proviñentes da mesma irmandade. O 24 de febreiro de 1468, a Junta de Madrigal de la Santa Hermandad de los Regnos de Castilla e Leon e Toledo, a 27 «Historia de España», Obras del padre Juan de Mariana, BAE, II, Madrid, 1854, p. 163. 28 Arquivo Histórico Diocesano de Santiago, Fondo Xeral, leg. 21, fol. 104, 108, 130 v.
  • 13. 13 petición do conde de Lemos, escribe á irmandade de León e do Bierzo para que cesen os levantamientos contra el dicho conde e suyos, incluíndo os máximos dirixentes irmandiños estes levantamentos e os cercos ás fortalezas, entre os males, e dapnos, e robos, e fuerças, xa que o conde e os seus eran e son nuestros hermanos29 ; é dicir, un sector da irmandade, en Castela-León pero tamén dentro do reino de Galicia, non estaba de acordo en fundi-la idea da xustiza coa conciencia antiseñorial, perseguindo ós cabaleiros como malfeitores, cuestionando, en definitiva, o uso alternativo e popular do poder da xustiza que se estaba a facer en Galicia e mailas súas zonas limítrofes. A fins da Idade Media, os termos inxusta30 e inxustamente31 eran de utilización corrente na cultura escrita. Sen embargo, na cultura oral, significativamente, non consta o seu emprego. As ideas dominantes reutilizadas, a Xustiza, o Rei e Deus, expresábanse sempre en positivo; os protagonistas da revolta ubicaban eses grandes conceptos no conxunto mental favorable32 , sen concibiren unha situación permanente de non-xustiza, o que seguramente non facilitaba o emprego cotián e popular da palabra inxustiza. A paradigmática revolución irmandiña pon en evidencia as raigañas populares do Estado moderno, que só puido impoñer ós señores galegos a xustiza pública, peza clave do novo poder, logo de 29 Arquivo de E.J. Pardo de Guevara, Madrid. 30 e suplico mandasemos revocar e dar por ninguna la dicha sentençia, como ynjusta e muy agraviada, 1497, carta executoria da Chancillería de Valladolid sobre 0 preito mosteiro Vilar de Donas/conde de Monterrey, publica José Luis NOVO CAZÓN, El priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media (1194-1500), A Coruña, 1986, p. 473. 31 sin tener para ello cabsa alguna que justa fuesse salvo la malicia de tener á la dicha su parte sin hacienda ynjustamente y pidio ser enmendada la dicha sentencia, 1515, carta executoria do preito Sancha de Lobera/García Sarmiento(copia), Archivo del Museo de Pontevedra, Colección Sampedro, caja 11. 32 A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo, 1988, pp. 69-83.
  • 14. 14 que os populares derrubasen durante un tempo as bases éticas e físicas (fortalezas) da xustiza señorial. Non é a feudalidade senón o pobo quen busca e acada apoio no poder centralizado na conxuntura de revolta de 1467 en Galicia. O paso na Baixa Idade Media do rei- xuíz ó rei-lexislador33 , ¿sería posible sen entrar na escena a xente común?. Dificilmente. A monarquía absoluta vén a se-la solución sintética que dá resposta ás demandas propostas polas clases populares, se ben de maneira parcial e xerárquica, e ós problemas graves de inadaptación e falta de consenso social que tiña a nobreza que dirixía a sociedade civil baixomedieval, se ben sacrificando intereses inmediatos dos señores feudais a prol de intereses máis xerais da poboación e de intereses máis a longo prazo da clase señorial. No tema fundamental da xustiza, coma noutros, o uso alternativo e popular qué é senón un mecanismo regulador da sociedade medieval, que, coa súa posta en práctica permite saír da crise baixomedieval e poñe-los cimentos da modernidade da única maneira realmente posible: contando con tódalas clases sociais en presencia. A intervención popular no proceso de transición Idade Media/Idade Moderna resúmese bastante ben se dicimos que foi unha loita pola xustiza, isto é, unha loita de mentalidades, política e social, unha loita por un obxecto ideal e polo poder, e polas rendas e o señorío xurisdicionais, todo o cal estaba naquel momento en curso de reestruturación, en estado provisional. 33 Manuel GARCíA-PELAYO, La idea medieval del derecho, Caracas, 1962, p. 46.