SlideShare a Scribd company logo
1 of 32
Ascenso e caída de Pedro Pardo de
Cela*
Carlos Barros
Universidade de Santiago de Compostela
Se hai un feito histórico onde o mito e a realidade
coñecida se distancian tanto na historiografía nacionalista é
o caso do Mariscal Pedro Pardo de Cela, cuxa morte
violenta creou as condicións para a invención no século
XIX dunha biografía que o converteu no mártir por
excelencia da literatura galeguista, como máximo
representante desa nobreza galega que “tiña que ter sido” e
non foi. O estudo do proceso de mitificación de Pardo de
Cela, pode ser paradigmático para comprendermos os
mecanismos ideolóxicos que transmutan un feito histórico
nunha lenda culta e politicamente interesada, partindo
dunha tradición de principio popular. Comecemos polos
datos sabidos a través das fontes escritas.
Cando Vicetto recoñece que non ten fundamentos
documentais que xustifiquen a súa versión imaxinaria de
Pardo de Cela, bota as culpas a Aponte, Molina e Gándara
que case non falan do mariscal, non entende como estes
ilustres cronistas dos séculos XVI e XVII non o situaron
*
Publicada unha primeira versión máis reducida en “Ascenso e caída de Pardo de Cela”,
Antón Losada Diéguez. 10 anos dun premio, Poio, Concello de Carballiño, 1995, pp. 85-
89.
entre os grandes nobres galegos do século XV1
. O caso é
que Pardo de Cela non foi máis que un nobre mediano,
estrela dun ascenso fulgurante que lle granxeou grandes
oposicións populares, eclesiásticas e reais a causa da
violencia empregada, procedemento habitual na Galicia
trastamarista, como vimos no apartado “A guerra dos
cabaleiros”, no contexto violento de toda a Idade Media2
.
Non chamaría a atención se non fora porque a principios
dos anos 80 do século XV as circunstancias fixeron del un
“chibo expiatorio” da acción antinobiliaria do Estado
moderno. Nin con esas os xenealoxistas do Reino de Galicia
lle deron nos séculos XVI-XVIII importancia á súa morte,
que pasou a historia por causa dun romance que lle
dedicaron os seus criados ò pouco de ser degolado.
Cabaleiro malfeitor
Antes do “martirio”, Pedro Pardo de Cela era xa que
logo un cabaleiro malfeitor3
, parecido a Pedro Álvarez de
Soutomaior, chamado Pedro Madruga, que si aparece
destacado, e moito, no nobiliario de Aponte. Diferenciábaos
a pertenza de Madruga a unha liñaxe de maior soleira e
1
Benito VICETTO, Historia de Galicia, 1872, VI, pp. 188-189.
2
Exemplos de violencia contra clérigos para quedarse cos seus cartos en José GARCÍA
ORO, Galicia en la Baja Edad Media, Santiago, 1977, p. 158; tamén contra fidalgos
adversarios en Vasco de APONTE, Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia
[c. 1530], Santiago, 1986, p. 133.
3
Practicaba persoalmente o secuestro (rescate), como cando prendeu ó clérigo de
Bundián, Gonzalo García, que deixou libre previo pago de 4.000 marabedís, que “estuvo
fuydo por miedo del [Mariscal]tres años fuera del Reyno de Galizia, fasta que el dicho
Pero Pardo murió”; en 1483, no seu testamento pediu perdón e devolveulle 2.000
marabedís, José GARCÍA ORO, op. cit., p. 158; nas copias do testamento recentemente
recuperadas aparece como Gonçalo Garçía, “bachiller de la gramatyca”, pediulle perdón
e a devolución dos 2.000 marabedís, pero nada di do secuestro, El testamento del
Mariscal Pardo de Cela, p. 200.
patrimonio, por tanto unha maior capacidade de
intervención política. En xeral os señores laicos galegos do
século XV, eran vistos como malfeitores tanto na maior
parte de Galicia (agás entre os seus criados e seguidores)
coma na Corte de Castela. De aí a representatividade do
Mariscal asasinado polo novo Estado para escarmentar a
outros4
.
Aponte conta como Pedro Pardo de Cela era un simple
cabaleiro a soldo dos Andrade “asta que fue gran señor”,
poido entón reunir -coa axuda do seu xenro Pedro Bolaño-
ata 100 escudeiros e 5.000 peóns, grazas a que “comía todo
el obispado de Mondoñedo”5
. Despois da revolta
irmandiña, aparece, en 1477, entre os grandes señores
confederados -o derradeiro da lista- para resistir ó intento
real de resucitar as irmandades6
, o ano seguinte podemos
considerar que comezan os enfrontamentos que cinco anos
despois causarán a súa ruína.
Para García Oro, Pedro Pardo de Cela non fora máis
que “un infortunado caballero del siglo XV”, e cre que as
causas do seu infortunio estaban no enfraquecemento do
seu señorío, en que non soubo rodearse de aliados e na
determinación do gobernador Fernando Acuña (“cavallero
mancebo muy noble e mucho esforçado”7
) por facer valer a
4
“cortaron la cabeça a Pedro Pardo o mariscal. Y todos los señores se reçelaban”, Vasco
de APONTE, Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia, Santiago, 1986, p.
253.
5
ídem, pp. 132, 142, 167, 170.
6
José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 255-258.
7
Diego de VALERA, Crónica de los Reyes Católicos, Juan Carriazo edit., Madrid, 1927,
p. 103.
autoridade real8
. Habería que engadir a conxuntura política
de 1483, cando os Reis Católicos ordenan, por medio de
cartas asinadas en León o 31 de marzo, aAcuña e Chinchilla
a volver de novo a Galicia con poderes plenos, e obter
resultados inmediatos, para restablecer a paz e a orde,
forzando ós cabaleiros a ir á Corte e devolvendo os señoríos
eclesiásticos á Igrexa9
.
Da súa familia herda Pardo de Cela algúns castelos e
case máis nada10
. Chegará a ser un gran señor de fortalezas,
o que lle confire gran poder coercitivo mais poucos medios
económicos directos. Unha astuta política matrimonial
emparéntao con importantes familias nobres: casa con
Isabel de Castro, filla do Conde de Lemos e sobriña do
bispo de Mondoñedo. Tamén casa ás súas fillas con
cabaleiros das casas señoriais de Saavedra (que vén na
listaxe do nobiliario de Aponte) e de Ribadeneira (á súa vez
emparentado coas casas de Miranda, Bolaño e Ron)11
. En
1461 é xa encomendeiro do bispado de Mondoñedo (xa fora
seu pai Xoán Núñez Pardo). En 1465 será confirmado por
Henrique IV alcalde de Viveiro polo Rei ó pasar a vila á
Coroa12
. Os seus ingresos compleméntanse coas alcabalas
8
José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 170-171.
9
“no les consistáis entrar ni estar en el dicho reino sin mi liçencia y especial mandado”,
Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, III, A Coruña, 1982, pp. 12-
17.
10
Eduardo PARDO DE GUEVARA, El Mariscal Pardo de Cela y la Galicia de fines del
siglo XV, Lugo, 1981, p. 111.
11
Vasco de APONTE, op. cit., p. 142; Eduardo PARDO DE GUEVARA, op. cit., pp.
110-111; José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 157-158.
12
Amparo RUBIO, “Los primeros vizcondes de Altamira en la villa de Viveiro:
adquisición y pérdida de un señorío en el Reino de Galicia”, Cuadernos de Estudios
Gallegos, nº 125, 2012, p. 99; Viveiro foi vila de reguengo dende 1346, logo varios nobres
de gran parte do bispado de Mondoñedo13
, ben porque lle
correspondía ben por simple usurpación14
.
Esta dependencia dos ingresos alleos (xerados pola
Igrexa de Mondoñedo, os veciños de Viveiro e as rendas do
Rei) para manter o anelado status de gran señor foi o “talón
de Aquiles” do Mariscal Pardo de Cela15
, sendo nisto tamén
representativo da nobreza galega do século XV que
refeudaliza o país institucionalizando o agravio como parte
cuantiosa da renda feudal16
. Polas fontes orais sabemos que
foron as rendas do bispado de Mondoñedo as que
desencadearon o conflito que o levará ó cadafalso. E polas
fontes xudiciais posteriores que co roubo das rendas reais
xustificouse a confiscación post-mortem dos seus bens.
trastamaristas a ocuparon, ou tentaron ocupala: Fernán Pérez de Andrade, Gómez Pérez
das Mariñas, Alonso Pérez de Viveiro e Pedro Pardo de Cela, José GARCÍA ORO,
Historia de las diócesis españolas. Lugo-Mondoñedo-Ferrol-Orense, Madrid, 2002, p.
234.
13
Eduardo PARDO DE GUEVARA, El Mariscal Pardo de Cela y la Galicia de fines del
siglo XV, pp. 110-111.
14
A usurpación do bispado polo Mariscal, faise completa despois da revolta irmandiña,
coa complicidade forzada, ou interesada do bispo e dun novo cabido; vese claramente nun
documento do 15 de maio de 1473 en que o Mariscal xulga e sentencia en favor da Igrexa,
sobre a posesión de varios termos, contra o alfaiate Pedro Martínez, publica José
GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, pp. 252-253; Enrique CAL PARDO,
Catálogo de los documentos medievales, escritos en pergamino, del Archivo de la
Catedral de Mondoñedo, Lugo, 1990, p. 601.
15
Pegerto SAAVEDRA, Economía, Política y Sociedad en Galicia: la provincia de
Mondoñedo, 1480-1830, Madrid, 1985, p. 34; "Da Idade Media a Idade Moderna: As
bases do Antigo Réxime Galego", III Xornadas de Historia Galega, Ourense, 1986, p.
26.
16
Carlos BARROS, "Vivir sin señores. La conciencia antiseñorial en la Baja Edad Media
gallega", Señorío y feudalismo en la Península Ibérica (siglos XII-XIX), Zaragoza, 11-14
de decembro de 1989, pp. 628-630; Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV,
Madrid, 1990, p. 242; ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996, pp. 236-237.
A falla de sentido económico desta nobreza cobizosa e
violenta de orixe trastámara, que ben encarna Pardo de
Cela, vese naquilo tan sonado que declara unha testemuña
do Preito Tabera-Fonseca: “Pedro Pardo, Mariscal dixera al
dicho Conde [de Lemos] que ynchiese los carballos de los
dichos basallos e quel dicho Conde [dixo] que no queria que
no se abia de mantener de los carballos”17
. Este diálogo tivo
lugar no 1469, cando o mariscal volta do exilio
(probablemente leonés), baixo as ordes do Conde de
Lemos, seu sogro, para recuperar as súas posesións e
encomendas tomadas polos irmandiños. Os vasalos
rebeldes da Santa Irmandade derrocaran a fortaleza A
Frouxeira18
, deixándoo con vida malia a súa fama de
bandoleiro, cousa que dezaseis anos despois non farán os
oficiais da Raíña Isabel. Pardo de Cela non foi, por
conseguinte, o dirixente dos irmandiños que maxinou o
novelista Vicetto19
, senón un dos seus inimigos máis
recalcitrantes.
Cobizoso
Pedro Pardo quixo emular ós grandes señores
aproveitando as oportunidades que ofrecía o turbulento
17
Testemuño oral de Pedro Paxariño, veciño de Monforte, Ángel RODRÍGUEZ
GONZÁLEZ, Las fortalezas de la Mitra compostelana y los "irmandiños", I, Pontevedra,
1984, p. 162.
18
Licenciado MOLINA, Descripción del Reyno de Galicia [1550, Mondoñedo], Madrid,
1675, p. 107; logo foi reedificada polo Mariscal e derribada de novo por Fernando de
Acuña en 1482, Las fortalezas de la Mitra, pp. 137, 148, 245; Bartolomé MOLINA,
Descripción del Reyno de Galicia [Mondoñedo, 1550], 3ª edición, Madrid, 1675, p. 107;
"asimismo le derrocaron los irmandiños las restantes fortalezas de su propiedad",
Memorial de la Casa de Saavedra, Granada, 1674, p. 139.
19
Carlos BARROS, "Cómo construye su objeto la historiografía: los irmandiños de
Galicia", Hispania, nº 175, 1990, pp. 861-862.
século XV. Non obstante, Alonso de Lanzós que serviu
como el a Fernán Pérez de Andrade (o Mozo), seguiu o
camiño contrario: elixiu o bando dos vasalos, onde chegou
ser un dos capitáns (tamén no bispado de Lugo20
) máis
coñecidos dos irmandiños, despois de sufrir persoalmente
os agravios e asaltos de Andrade, Pardo de Cela e outros
señores21
. Á súa vez Alonso de Lanzós é culpable da morte
do irmán de Pedro Pardo de Cela22
. Vidas diverxentes. É
coñecida así mesmo a inimizade do mariscal co fidalgo
Fernando Díaz Teixeiro, dirixente militar irmandiño en
Mondoñedo23
.
Tampouco é certo que Pardo de Cela militara no bando
da Beltraneja e de Portugal contra Isabel a Católica na
guerra de sucesión 1476-147924
. Todo o contrario, aliñouse
20
“Irmandiños, guerra e paz”, conferencia de Carlos Barros no curso "Guerra e paz en
Galicia", organizado pola Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018 (https://youtu.be/9UrklqDaNDw).
21
Carlos BARROS, Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV, Madrid, 1990, p.
229; a data de referencia desta agresión de Fernán Pérez de Andrade, Gómez Pérez das
Mariñas, Pedro Pardo de Cela e outros cabaleiros que derribaron os castelos herdados por
Alonso de Lanzós (Serantes, hoxe no concello de Ferrol; As Mestas, hoxe no concello
das Somozas na comarca de Ferrol; e Ortigueira) é circa 1446: cando Xoán II ordena a
Pedro Álvarez Osorio, futuro Conde de Lemos, que faga o posible que lle sexa devoltos
a Alonso de Lanzós, “mi vasallo... ciertos bienes muebles e rayses e casas fuertes e
posesiones e otras heredades”, pois sendo “menor de hedat, algunas personas poderosas...
se apoderaron de los bienes e posesiones que el dicho su padre dexó e pertenescen a él e
que ge lo tienen tomado e ocupado por fuerça e contra su voluntad”, Eduardo PARDO
DE GUEVARA, Los señores de Galicia. Tenentes y Condes de Lemos en la Edad Media,
A Coruña, 2000, tomo II, pp. 88-89.
22
Eduardo PARDO DE GUEVARA, op. cit., p. 111, n. 43.
23
Francisco MAYÁN FERNÁNDEZ, El Mariscal Pardo de Cela y la Iglesia de
Mondoñedo a la luz de nueva documentación histórica, Viveiro, 1962, p. 38.
24
“Es completamente falso [que] haya militado jamás entre los secuaces de La
Beltraneja”, Francisco MAYÁN FERNÁNDEZ, op. cit., pp. 43-45, 78; Eduardo PARDO
DE GUEVARA, op. cit., pp. 133-138.
co bando isabelino que encabezaba o arcebispo Fonseca e
que comprendía a case que toda a nobreza galega (aínda que
o entusiasmo despregado foi moi desigual), de tradición
integracionista logo da separación de Portugal como
sabemos, coa notoria excepción de Pedro Álvarez de
Soutomaior que defendeu a opción portuguesa. En 1476,
estivo o mariscal “con todos los otros Pardos y
Rivadeneyras” no gran cerco a Pedro Madruga en
Pontevedra25
. En 1477 -segundo xa dixemos- participa
nunha confederación señorial que sendo isabelina,
“guardando servicio del rey e reina nuestros señores”, está
pensada para resistir a orde real de recrear a Santa
Hermandad26
: os intereses de clase por riba de calquera
fidelidade política. A partir de aí sucédense unha serie de
problemas puntuais do Mariscal cos oficiais dos Reis
Católicos sen que iso supoña, claramente, un cambio de
bando.
Nobres contra Reis
Os teimosos enfrontamentos de Pardo de Cela cos
oficiais reais (sucesivamente) Ladrón de Guevara,
Fernando Cerón e Fernando de Acuña, serían marxinais
para a historia da Galicia, no tránsito da Idade Media á
Idade Moderna, senón fora polo desenlace mortal deste
conflito enquistado. Polo regular, os señores feudais de
Galicia gobernaban os seus estados proclamando lealdade
cara un afastado Rei de Castela, ó tempo que se apropiaban
das súas rendas. Cando a Raíña Isabel quere facer efectiva
25
Vasco de APONTE, op. cit., p. 232.
26
José GARCÍA ORO, op. cit, p. 258.
a autoridade real no Reino de Galicia, resucitando
irmandades27
e procurando o sostén das cidades, xorden
grandes conflitos de poder e xurisdición entre os
representantes directos dos Reis e cada un dos grandes
señores de fortalezas, incluíndo os que foran partidarios de
Isabel entre 1476 e 1479.
O arcebispo Fonseca foi o primeiro que se encastelou,
en 1480, na catedral de Santiago para resistir ó Gobernador
Acuña que pretendía o control das fortalezas arcebispais
que quedaran. O contencioso resolveuse levando os Reis ó
fiel Fonseca á Corte como Presidente do Consello Real, e
deixando claro está que Acuña e Chinchilla continuaran en
Galicia coa súa “campaña depuradora”28
. Polo mesmo
motivo, isto é, o control das fortalezas episcopais
sobreviventes ou reconstruídas, o tamén isabelino Conde de
Lemos “el mayor señor de aquel Reyno de Galicia”, asedia,
en 1483, o castelo de Lugo, que fora tomado por Acuña,
considerando o Conde que dita intromisión constituía un
agravio cara o seu irmán Alonso Enríquez de Lemos o bispo
de Lugo29
. Don Pedro non obedece as ordes directas dos
27
O decreto de formación das novas irmandades é do 18 de febreiro de 1480, sendo
encomendada a súa organización a Antonio de Paz, arcediago de Camaces (Salamanca),
e ó licenciado Fernando Gómez de Tordehumos: o longo dese ano participan xa na guerra
contra Pedro Madruga e toman fortalezas de Sueiro Gómez de Soutomaior e Fernán Pérez
Parragués, Galicia en la Baja Edad Media, pp. 139-140, 154; a partir da chegada de
Acuña e Chinchilla constitúen o canle principal para articular o apoio popular á súas
accións militares contra Pardo de Cela, o Conde de Lemos e outros nobres galegos,
inimigos históricos dos populares e rebeldes ós Reis Católicos; entre 1486 e 1496, resolto
o problema dos nobres malfeitores, se suceden in crescendo os conflitos entres os pobos
e a nova Hermandad polos seus tributos, ídem, pp. 142-143.
28
José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 145-149.
29
A posesión da Mitra lucense simbolizara a vitoria de Pedro Álvarez Osorio, en 1469,
sobre o cabido e a Santa Irmandade da cidade e diocese de Lugo.
Reis Católicos para que alzase o sitio, polo que o propio Rei
Fernando “partió para el Reyno de Galicia á punir al Conde
por aquella osadía que cometió”, de nada valeu que o Conde
de Lemos levantara entón o cerco, o exército real continuou
cara a Lugo coa intención de poñer no seu sitio ó maior
señor de Galicia. En Astorga decatouse o Rei consorte que
o vello Conde -tiña xa 80 anos de idade- morrera (febreiro
de 1483) e suspendeu a operación militar. En 1486, o
conflito renovouse co novo Conde de Lemos, Rodrigo
Álvarez Osorio30
.
Neste contexto de loita xeneralizada polo poder entre
a alta nobreza, derrotada trece anos antes polos irmandiños
co apoio do Rei Henrique, e a monarquía unificada castelo-
aragonesa de signo renacentista, teñen lugar os incidentes
que learon ó oportunista Pardo de Cela ó patíbulo como
cabeza de turco. Salvo no caso do portuguesista Pedro
Madruga, ningún dos nobres que tiveron problemas cos
homes do Rei presentaron problemas de disidencia político-
ideolóxica co novo Estado, máis ben ó contrario: o que
estaba en cuestión era o poder social no Reino de Galicia.
Para a implantación da autoridade real en Galicia foi
necesaria pero non suficiente a superación dos desacordos
con Fonseca, dono do maior señorío feudal de Galicia, e co
Conde Pedro Álvarez Osorio, decano da nobreza galega do
século XV. Ata Pedro Madruga, reconvertido ó isabelismo
triunfante, buscou abrigo co Conde de Lemos fronte Acuña,
porque “aunque este disimulaba de allá [Lemos] les venía
30
Fernando PULGAR, Crónica de los Reyes Católicos, BAE nº 70, pp. 380-381, 432.
el consejo a todos porque lo tenían por padre”31
. A cuestión
para todos é que Pedro Álvarez Osorio morre de xeito
natural en febreiro32
de 1483 e s seu xenro Pardo de Cela
morre meses despois por Acuña, e os seus, a modo de
escarmento.
A orfandade nobiliaria que entraña a perda do Conde
vello de Lemos é percibida polo resto da nobreza como un
golpe tanto ou máis importante que a posterior decapitación
exemplar de Mondoñedo: “Ansi que, viendo los señores
falleçido al conde de Lemos y muerto a Pedro Pardo,
acordaron todos de ser a una”. A nova confederación
nobiliaria está formada por Ulloa, Andrade, Moscoso,
Suero Gómez e Pedro Madruga, ten como fin obedecer ó
Rei -pola boca pequena- pero “no consentir a los
governadores todo lo que quisiesen façer”33
. Os enviados
dos Reis fixéranse case que tan perigosos que as pasadas
irmandades revolucionarias dos vasalos. Neutralizado o
rebelde Fonseca, cabeza do partido isabelino e xefe da
Igrexa galega; desaparecido o rebelde Conde de Lemos,
xefe natural dos señores laicos galegos, o golpe de efecto
de Acuña degolando a un cabaleiro de segunda orde como
Pardo de Cela, axudou non pouco a meter en cintura ós
señores feudais galegos -quedaba claro que esta vez ía en
serio- que, en 1486, visitando os Reis Católicos Santiago de
Compostela son compelidos de novo a marchar cara a
Corte, deixando Galicia en mans da anovada autoridade
31
Vasco de APONTE, op. cit., p. 253.
32
José GARCÍA ORO, La nobleza gallega en la Baja Edad Media, Santiago de
Compostela, 1981, p. 304
33
Vasco de APONTE, op. cit., p. 254.
real, en alianza coas cidades e o pobo irmandiño, que obtén
así “dende arriba” a paz, a seguridade e a xustiza que,
“dende abaixo” conquistara polas armas en 1467 con sostén
político -non exento de contradicións- do anterior Rei irmán
de Dona Isabel.
Certamente, co tempo a integración plena de Galicia
no novo Estado moderno leva consigo a centralización, a
dependencia e a marxinación paseniña do idioma galego,
mais este problema nacional, exposto no século XIX polo
Rexurdimento, nin existía nin formaba parte das
reivindicacións sociais dos galegos do século XV34
, e
menos aínda ós nobres feudais. Cando os feudais galegos -
comezando por Pardo de Cela- defendían nos anos 70 e 80
do século XV as súas parcelas de poder, fronte ós
corrixidores e gobernadores dos Reis de Castela e Aragón,
non quer dicir que sustentaran un proxecto político para o
Reino de Galicia distinto do secular integracionismo na
Coroa de Castela e Aragón. Nin sequera no caso de Pedro
Madruga. Pedro Álvarez de Soutomaior, nobre fronteirizo
que servía a dous Reis, á vez Vizconde de Tui e Conde de
Camiña, casado cunha nobre portuguesa e con moitos
intereses e amigos en Portugal (de alí trouxo, en 1469, as
súas tropas para combater ós irmandiños), non quería máis
que gañaran a Coroa de Castela, Juana la Beltraneja e o seu
home Afonso V, Rei de Portugal para, deste xeito, chegaren
34
As cidades mesmas, teoricamente interesadas en conseguir representación directa (a
tiñan a través de Zamora) nas Cortes de Castela, non a reivindicaban porque o
aproveitaban para negaren o pago dos pedidos reais: cara 1465 o Concello de Ourense
dille a Henrique IV que non está obrigado a pagar os tributos do Rei xa non tiveron
ocasión de decidilo por non estar o Reino de Galicia representado directamente nas
Cortes, publica José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media. Iglesia, Señorío y
Nobleza, Santiago de Compostela, 1977, p. 247.
á unificación de Castela e Portugal (fronte á alternativa
axiña triunfadora da confederación de Castela e Aragón).
A dinámica histórica pedía, no limiar da Idade
Moderna, avanzar cara grandes Estados. Cumpría superar
na Península Ibérica a fragmentación política medieval de
Reinos e Coroas. Así e todo, obxectivamente, a unión de
Castela e Portugal implicaría o reencontro, no cadro dunha
entidade política peninsular máis ampla, da Galicia
bracarense e da Galicia lucense, nada máis e nada menos O
que sería unha alternativa moito máis beneficiosa para a
nacionalidade plenomedieval galego-portuguesa. Daquela a
lingua galega (galego-portuguesa, en rigor) sería
hexemónica tanto na sociedade e a cultura como na
administración do novo Estado portugués-castelán, pola vía
(im) positiva de non confrontación con Castela.
A guerra de Cela
Digamos máis agora sobre a guerra particular de Pardo
de Cela cos oficiais reais, á que fixemos referencia. En
1476, Ladrón de Guevara, cunha carta dos Reis Católicos
para pedir axuda contra o bando portugués, chega a Viveiro,
en mans de Pardo de Cela, que resistíuselle: “halló a Pardo
Pardo con todo su vando muy poderoso... le hizo dejar la
villa”35
. Non obstante, o Mariscal estará ese mesmo ano,
igual que Ladrón de Guevara, no gran cerco organizado por
Fonseca en Pontevedra a Pedro Madruga36
. Este primeiro
conflito de Pardo de Cela cun oficial dos Reis Católicos,
non afectou -como nos demais casos xa citados: Fonseca e
35
Vasco de APONTE, op. cit., p. 148.
36
ídem, pp. 230, 232.
Conde de Lemos- á súa fidelidade á Raíña Isabel. A verdade
é que transformar estes enfrontamentos locais nun
problema político global viría agravar a situación dos
cabaleiros implicados. Un luxo que non se podían permitir,
cando os novos Reis estaban consolidando a ollos vistas o
seu poder, por iso buscaban unha e outra vez o sostén dos
Reis Católicos contra as decisións que consideraban
inxustas dos seus representantes en Galicia. A única
posibilidade que tiñan era crear contradicións entre estes e
os Reis, afeitos polo demais a actuar como árbitros... Pardo
de Cela demandou e obtivo mesmo reparación dos Reis
polo comportamento agraviante de Ladrón de Guevara en
Viveiro37
. O que estaba enriba da mesa en todas estas
confrontacións entre os señores e a monarquía unificada é
que poder ía predominar sobre tal fortaleza, cidade ou
xurisdición: ¿os oficiais do Rei ou o señor local? A maiores
os homes do Rei defendían a xurisdición eclesiástica fronte
ás xeneralizadas usurpacións nobiliarias laicas. A política
de aliados da monarquía en Galicia illou a unha nobreza
montaraz que xa fora derrotada estrepitosamente polo pobo
en 1467.
A particularidade da guerra de Pardo de Cela, respecto
doutros señores, é que non pugnaba cos outros cabaleiros
polas terras e as rendas38
, se non contra a Igrexa (bispado
de Mondoñedo) e o Estado (impostos e cidades de
reguengo). Entidades máis vulnerables, e polo tanto menos
37
Documento que nos ofrece unha versión dos feitos distinta ó que di Aponte, Francisco
MAYÁN, op. cit., p. 44.
38
O que non é óbice para intenten, sen éxito, os seus descendentes argumentar que o
Mariscal perdera o favor dos Reis pola “envidia” dos outros cabaleiros.
riscos que enfrontarse a exércitos privados das grandes
casas, sobre todo en Lugo onde mandaba o seu sogro.
Os problemas de Pardo de Cela cos homes do Rei
estaban dende, o punto de vista económico e de poder, na
cidade de Viveiro, na Igrexa episcopal de Mondoñedo e nas
rendas reais recadadas no bispado39
; socialmente, os
campesiños do bispado e os cidadáns das vilas, que levaban
sempre a peor parte. Dende o punto de vista militar a clave
estaba en quen controlaba as fortalezas do bispado que
foran máis ou menos reedificadas despois da revolta
irmandiña. Varios documentos do Registro General del
Sello -empregados xa por Francisco Mayán a principios dos
anos 60- de 1477 a 1480 permítenos coñecer os puntos de
desacordo entre os Reis Católicos e Pardo de Cela, parte do
proceso de desmitificación da figura do Mariscal, que
buscaba exclusivamente beneficios persoais. Dúas cartas de
1477 ilustran a vontade dos Reis de manter a Viveiro como
seu, en situación de reguengo40
, e defender á Igrexa de
Mondoñedo fronte a cabaleiros malfeitores41
.
39
O 10 de xuño de 1478 os Reis esixen a Pardo de Cela que pague, sen excusas nin
pretextos, o que debía o fisco real en “pedidos, monedas, alcabalas, diesmos e alfolís”,
José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media. Iglesia, señorío y nobleza, Santiago
de Compostela,1977, p. 161.
40
Sobre o interese directo dos Reis no axustizamento de Pardo de Cela, insiste Bernardo
Herbella na importancia da Viveiro, vila real: “el Processso, i Sentencia contra el Mariscal
Pedro Pardo, que havia preocupado al Rei [por] la villa de Vivero, condenándole a la
muerte de Garrote [ó fin o degolaron como cabaleiro], que sufrió; i penando
extraordinariamente a otros cómplices, para que, sirviendoles de ejemplo el espectáculo,
se consiguiesee el fin de la Justicia”, Derecho práctico i estilos de la Real Audiencia de
Galicia, Santiago de Compostela, 1768, cap. I, nº 8, p. 8.
41
José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, p. 160.
Pronunciamentos xenéricos que se concretan, en 147842
, en
varias requisitorias do Rei Fernando contra Pardo de Cela,
encomendándose o seu cumprimento ó corrixidor de
Viveiro, Francisco Cerón: que desocupe lugares, coutos e
freguesías en Viveiro; que devolva as alcabalas e outras
rendas reais usurpadas; que cese de edificar fortalezas en
Viveiro e a súa terra; que non constrúa portos propios en
competencia con Viveiro, etc. A mediados de ano, o Rei
Católico desterra a Pardo de Cela de Viveiro e convoca a
todo o bispado a pechar filas en torno ó corrixidor Cerón.
Todo isto cinco anos antes da decapitación do Mariscal:
chovía sobre mollado.
A través de influencias na secretaría real, Pardo de
Cela fai valer a súa fidelidade política e consigue
paradoxalmente cartas de seguro dos Reis nas seguintes
datas: 27 de agosto de 1478 (contra cabaleiros e outras
persoas)43
, 11 de setembro de 1480 (contra o propio
Francisco Cerón)44
, 4 de novembro de 1480 (contra
cabaleiros e outras persoas)45
. Cartas de amparo que se
entrelazan e alternan coas de abandono e represión, e son
xa incapaces de frear (neste e nos demais casos de nobres
galegos en corentena) o enfrontamento creado pola
incompatibilidade de fondo entre o poder do Mariscal e o
novo poder real nas terras de Mondoñedo. Demóstranse con
42
José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 161-163; Francisco MAYÁN FERNÁNDEZ, op. cit.,
p. 49-51.
43
Cédula do 27 de agosto de 1478, Archivo General de Simancas, Registro General del
Sello, fol. 67.
44
Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, II, A Coruña, 1982, p. 249,
nº 2.
45
Publica Francisco MAYÁN, op. cit., pp. 54-55.
todo dúas cousas: que os oficiais reais de cada xurisdición
ou Reino actúan con certa autonomía respecto da Corte, e
que os Reis daban con frecuencia unha de cal e outra de
area, sobre todo á hora de expedir cartas (obxecto incluso
de corrupción), non tanto cando estaba en xogo en verdade
a autoridade real.
No verán de 1480, o corrixidor Cerón desenvolve unha
violenta campaña contra Pardo de Cela que leva a este a se
laiar perante os Reis, porque Cerón “le ha husurpado e
husurpa la juridición del obispado de Mondoñedo”46
, o que
dá lugar á xa mencionada carta de seguro de setembro de
1480, a pesar da cal a confrontación vai in crescendo por
unha simple razón: Pardo de Cela non cedía diante o poder
real e as cartas conseguidas na Corte pouco valían, ademais
contradicirse entre si. A contenda pasa pronto ó terreo
militar porque nesta ocasión os homes do Rei están
dispostos -tiñan as ordes para iso- a se quedar en Galicia ata
establecer a nova orde.
O 3 de agosto de 1480 os Reis Católicos mandan a
Galicia con poderes de excepción ó cabaleiro Fernando de
Acuña e ó xurista López de Chinchilla. A carta de seguro do
4 de novembro coa sinatura da Raíña Isabel vai dirixida
precisamente ó gobernador Acuña a fin de que protexa a
Pardo de Cela dos seus inimigos, pero quen protexe a Pardo
de Cela do novo e expeditivo gobernador?
Un ano e medio despois da súa chegada a Galicia,
temos a Fernando de Acuña, e ó seu capitán Mudarra,
46
José GARCÍA ORO, op. cit., p. 163.
cercando Pena Frouxeira47
, coa axuda dos ex-irmandiños.
O asedio é sanguento48
-segundo Diego Valera, cronista dos
Reis Católicos- dura oito meses e remata coa rendición da
fortaleza baixo “çiertas condiçiones”. O Mariscal non
estaba presente49
; os seus fican libres, pese o sangue
perdido, grazas á entrega da fortaleza. De seguido Acuña
derrócaa de todo50
. Os problemas económico-sociais que
enfrontan ó gobernador real con Pardo de Cela en 1480-
1483 non son distintos dos que aparecen nos citados
documentos de 1477-1480, só que agora, en canto a
adversarios locais, a cidade de Viveiro cede o seu
protagonismo ó bispo de Mondoñedo51
, centrándose a loita
47
APONTE, op. cit., p. 123; José VILLAMIL y CASTRO, “El Mariscal Pardo de Cela”,
Galicia Histórica, 1901, nº 2-3, p. 155; cando o “conde viejo de Lemos, ... aun era vivo
[morre en febreiro de 1483]... Don Fernando de Acuña arto tenía que haçer, porque tenía
çercado a Pedro Pardo en Peña Frouxeira”, APONTE, op. cit., p. 253.
48
A Acuña “le mataron muchos hombres e fueron asaz muertos de los que en ella
estavan”, Diego VALERA, op. cit., p. 103.
49
José VILLAMIL Y CASTRO, op. cit., p. 156; Pedro Pardo tiña moitos frontes que
atender como para ficar oito meses varado na Frouxeira, ademais da mala experiencia
pasada, en 1467, cando os irmandiños toman a Frouxeira e o prenden.
50
Diego VALERA, op. cit., p. 103; a derruba tamén está confirmada na versión C (1752)
do romance do Mariscal: “El castillo de la Frouseira fue del todo derrivado pues ahora
nibestixios deel seencuentran en el rreferido monte”, pub. Eduardo PARDO DE
GUEVARA, op. cit., p. 193; nas coplas da versión B xa se dicía que fora derribada a
Frouxeira, o novo agora é o testemuño de vista do século XVIII.
51
Fernando Saavedra explica, tirando da tradición oral, o brutal e persoal enfrontamento
entre a xente do bispo e Pardo de Cela entre o fin da revolta irmandiña e a chegada de
Acuña a Galicia: escribe (falsamente) que un descoñecido bispo de Mondoñedo “doulle
en dote [a Isabel de Castro, filla do Conde de Lemos] a renta do seo Obispado por días
da sua vida”, a fin de casar con Pedro Pardo de Cela: “co esso andaban à mal facer…
donde se encontravan as suas gentes avan as maos”, os do bispo e os do Mariscal, de
xeito que éste “por defender à dote, pegava nos cregos, è segrares, è os matava, è podia
mais co Bispo, è outros Cavaleyros”, avisaron ós Reis que o chamaron á Corte,
desobedecendo Pedro Pardo e refuxiandose na Frouseira co argumento que tiña “pavor o
queyrian matar, ou desterar dos Reinos de Spana”, Memorial de Saavedra, fol. 138.
no control das fortalezas do bispado. O carácter netamente
militar desta fase, encetada en 1481, contribúe a entender o
xuízo sumarísimo e posterior axustizamento.
Despois da caída de A Frouxeira vén a revolta en Lugo
contra Acuña do sogro do mariscal, o Conde de Lemos,
“lumbre y luz de los caballeros de Galicia” segundo Aponte,
que pon en evidencia un estado latexante de rebelión dos
señores galegos, cada un pola súa banda defendendo as súas
fortalezas. Semella complicada unha confederación
señorial en toda regra contraria ós representantes dos Reis
Católicos podería contradicir a lealdade unha e outra vez
proclamada de todos e cada un deles cara Isabel. Alianza
que será realidade despois da decapitación de Mondoñedo.
Incluso Pedro Madruga, que cando a xente de Acuña asedia
A Frouxeira no norte de Galicia está tomando el no sur o
castelo de Fornelos52
, manda á súa muller á Corte para
gañar a simpatía da Raíña Isabel53
.
Axustizamento
Ós seis meses de morrer o Conde de Lemos, comenta
Aponte: “cortaron a cabeça a Pedro Pardo o mariscal. Y
todos los señores reçelaban”54
. O sentido da oportunidade
de Acuña impúlsao a marchar de presa55
, dende Sarria,
52
O Gobernador non pode estar en todas partes, vai tomando as fortalezas rebeldes unha
tras outra coa axuda das milicias populares, encadradas nas novas irmandades que
ordenaron facer os Reis Católicos, convocadas por eles para prestar “favor e ayuda” ós
seus enviados contra os cabaleiros e as fortalezas “dañosas”, Laura FERNÁNDEZ
VEGA, La Real Audiencia de Galicia, III, pp. 8 (1480), 15 (1483).
53
Vasco APONTE, op. cit., pp. 253-254.
54
Vasco de APONTE, op. cit., p. 253.
55
Diego VALERA, Crónica de los Reyes Católicos, p. 103.
contra o castelo de Castro Douro onde se refuxia Pedro
Pardo de Cela, moito despois de que botaran ós seus da
Frouxeira. Os motivos xerais son as súas violencias contra
a Igrexa de Mondoñedo, máis a urxencia de Acuña en
rematar, despois da súa segunda vinda a Galicia en abril de
1483, co problema enquistado do Mariscal. Detido en
Castro Douro e levado preso a Mondoñedo, e xulgado e
condenado, fai testamento e é axustizado xunto con varios
dos seus. O cronista Pulgar engade (dato tamén
probablemente de orixe oral) que os presos pretenderon
comprar as súas vidas, e que os oficiais reais non aceptaron
as “grandes sumas de oro para la guerra de los moros”
ofrecidas polo Mariscal56
, quen temía pola súa vida logo da
violencia cruzada e as xenreiras amonteadas.
Diego Valera da os nomes dos que foron degolados co
Mariscal: Pero de Miranda, casado cunha neta de Pardo de
Cela57
, García Rodríguez de Bordel, Bartolomé de
Bahamonde e “un fijo del mariscal, e a otro hijo de Pedro
de Miranda, los quales todos por su mandado58
fueron
degollados, los quales eran hombres de estado e linaje”, é
dicir, cabaleiros59
. De seguido veñen as louvanzas a
56
Fernando PULGAR, Crónica de los Reyes Católicos, BAE, nº 70, p. 357.
57
Vasco de APONTE, op. cit., p. 123.
58
Insiste Valera, igual que fará despois Aponte, en que a decisión de axustizar a Cela, e
os seus, é exclusivamente cousa do Xustiza Maior e Gobernador Fernando de Acuña, moi
felicitado por iso na Corte real.
59
Na versión C, falando da detención de Pardo de Cela en Castrodouro, dise:
“yjuntamente prendieron muchos hidalgos y Labradores onrados quesehallaban allí sin
sersavedores delatraizión” (pub. Eduardo PARDO op. cit., p. 188); en referencia á
condición social do grupo de cabaleiros, escudeiros e peóns que acompañaban ó Mariscal
na defensa do Castro Douro, entre eles puido ben saír a parte máis primitiva do romance;
iso de que non sabían da traizón da Frouxeira abunda na presenza simultánea na tradición
Fernando, que “fizo restituyr a los obispos en sus cibdades
e iglesias e fortalezas”60
, así como os premios: “En galardón
de lo qual fué ordenado que en las dichas iglesias se ficiese
perpetua comemoración por don Fernando de Acuña, por
aver dél recebido tan gran benefiçio”61
. Cousa que cando
menos o arcebispo Fonseca non debeu facer, polos
enfrontamentos que tivo con Acuña e outros oficiais reais
enviados a Galicia por Isabel e Fernando para impoñer a
nova autoridade real.
Neste contexto a execución de Pardo de Cela e os seus
homes necesita de máis explicacións que a simples negativa
a aceptar a autoridade do gobernador real, e renunciar por
tanto ás fontes extraordinarias de ingresos baseadas na
coacción, porque o resto da alta nobreza galega estaba
nunha parecida actitude. Hai que pensar nunha resposta ó
sangue derramado por Pardo de Cela (Pedro Madruga, sen
dúbida o superaba, pero tiña máis respaldo) e, sobre todo,
nun escarmento politicamente consciente para a
recalcitrante nobreza galega (pensemos, ademais, na
resistencia á organización das novas irmandades62
),
oral dos dous feitos militares separados no tempo, 1482 (caída da Frouxeira) e 1483
(caída de Castro Douro).
60
Diego de VALERA, op. cit., p. 104; no se refire só a Mondoñedo, senón a toda Galicia,
onde os bispos poucas fortalezas lles quedaban en pé despois da revolución irmandiña
primeiro e das 46 que foron feitas novamente e tirou abaixo o propio Acuña.
61
Ibidem; en 1493 témolo de Virrei en Sicilia por orde dos Reis Católicos.
62
Non debería pasar desapercibida a presenza de Camaces, o organizador das novas
irmandades, xunto con Acuña e Chinchilla, nas loita contra á nobreza recalcitrante e as
súas fortalezas reedificadas: “bio despues de pasadas las dichas hermandades [revolta
irmandiña] venir a este dicho Reino de Galizia al dicho arçediano de Camazes e
Liçençiado de Chinchilla e don Fernando de Acuña por Gobernador y los otros justiçias
del Rey y que despues de benidos dize dicho testigo aquellos derrocaran a Castro Doiro
atacándoa por un flanco feble e nunha conxuntura axeitada:
desaparecido en xuño o vello Conde de Lemos e
compelidos Acuña e Chinchilla polos Reis, mediante as
cartas que logo veremos do 31 de marzo de 1483, a
conseguir como fose a pacificación do Reino.
A tradición oral favorable a Pardo de Cela, cativa pero
bulideira, infórmanos do conflito violento (négao primeiro
e acéptao despois) do Mariscal coa Igrexa de Mondoñedo
(paralelo ó que tiña Pedro Madruga co bispo de Tui) como
explicación directa das intervencións armadas de Acuña
contra el e indirectamente da propia sentencia de morte.
Habería que engadir a resistencia pertinaz á autoridade dos
oficiais do Reis e a negativa a acudir á Corte a renderlles
contas.
Acabamento da nobreza medieval
Non cabe subestimar a intencionalidade preventiva das
degolacións dos cabaleiros Pedro Pardo de Cela e algún dos
seus próximos, nin os seus efectos positivos para impoñer a
xustiza pública en Galicia63
, mais hai que dicir que non se
trata de feitos illados, segundo vimos no apartado da morte
do señor no primeiro capítulo deste libro. En 1452 Juan II
de Castela executara a Álvaro de Luna, no mesmo ano de
1453, o 20 de xuño, Joaô II de Portugal decapita ó Duque
de Braganza. A traizón e a desobediencia xustificaban
que hera de Pedro Pardo e le cortaran la cabeça en Mondoñedo”, Las fortalezas de la
Mitra compostelana y los "irmandiños", p. 417.
63
Pola que tanto loitaron os irmandiños, que non axustizaron a ningún señor, como xa
vimos.
plenamente dende o punto de vista do dereito en vigor, e da
mentalidade da época, as sumarias execucións reais.
Aínda seguiron un tempo as rebeldías particulares dos
Condes de Camiña, Altamira e Monterrei, Diego de
Andrade e Suero Gómez de Soutomaior, tamén dos
familiares de Pedro Pardo. Mais en outubro de 1483
producírase en Mondoñedo un punto de inflexión, sen
retorno, nas relacións entre a nobreza galega e a monarquía
castelán-aragonesa. Os Reis Católicos, en 1486, teñen aínda
que brandir ante o Conde de Altamira a ameaza de morte
para obrigalo a marchar á Corte64
. En xaneiro de 1486 Pedro
Madruga fai testamento e despois, non moito despois de
dita data, morre en Alba de Tormes cando por medio do
Duque de Alba pretendía, sen éxito, obter o favor dos Reis
Católicos na vergoñosa pelexa que tiña co seu fillo pola
fortaleza e o señorío de Soutomaior65
. Entre o ano 1483 e o
ano 1486, por medio da morte, provocada ou non provocada
(Pedro Pardo de Cela, Pedro Álvarez Osorio, Pedro Álvarez
de Soutomaior), mailo exilio cortesán, decídese a
desaparición da nobreza medieval como clase dirixente en
Galicia. Os vasalos non choraron polo regular a “perda” dos
seus señores, a diferencia da primeira historiografía
galeguista, máis ben aledáronse, principalmente porque veu
precedida ou acompañada da derruba -seguindo o método
irmandiño- da maioría das fortalezas reedificadas na década
reaccionaria que seguiu á Santa Irmandade revolucionaria.
Todo un cambio de réxime social.
64
Fernando PULGAR, op. cit., p. 134.
65
Vasco de APONTE, op. cit., p. 260.
Denantes de penetrar nos limbos tan reais da lenda e
do mito, deixemos claro o que sentían os contemporáneos,
aproveitando de testemuños posteriores a 1483, sobre a
morte da nobreza feudal galega, simbolizada na
decapitación de Mondoñedo. Daquela se falaba pouco ou
nada da esencia económica -describilo é tarefa de
historiador- da loita polo poder que enfrontou inevitable a
Pardo de Cela cos oficiais dos Reis Católicos. As fontes
insisten maiormente en explicacións moralistas,
xustificativas, que relacionan a mentalidade xusticeira da
época coa morte violenta do nobre de Mondoñedo. Tamén
evitan vencellar de xeito directo a decapitación de Pardo de
Cela cos Reis Católicos, facendo responsables ós seus
enviados Acuña e Chinchilla. Sobre o Gobernador e o
Xustiza Maior de Galicia recaen -en parte, con razón- tanto
o mérito como a culpa pola execución, segundo a actitude
sexa contraria ou favorable cara o Mariscal e os seus. En
calquera caso, nun documento de 1487, catro anos despois,
os Reis Católicos proban que asumen a xusteza da
execución e subseguinte incautación de propiedades:
“sepades que al tiempo que fue hecha justicia del Mariscal
Pedro Pardo de Cela fueron confiscados y aplicados todos
sus bienes...”66
.
A verdade é que os Reis estiveran urxindo ós seus
representantes unha solución inmediata á insubordinación
da nobreza galega, impacientes porque en tres anos non se
resolvera moito67
. O 28 de xuño de 1482, escriben a Acuña
66
José GARCÍA ORO, op. cit., p. 167.
67
Non é certo, derrubaran ducias de fortalezas reedificadas logo da gran revolta de 1467-
1469.
para que “proçedades contra los delinquientes e contra sus
bienes, faziendo para ello los ayuntamientos e llamamientos
de gentes” (antigos irmandiños na meirande parte), citando
concretamente os bispados de Lugo e Mondoñedo68
. O 31
de marzo de 1483, comunican a Acuña e Chinchilla (que
volveran á Corte) que “agora nuebamente an suçedido
algunos escándalos e ynvonvenientes” no Reino de Galicia,
ordenándolles que “tornedes a él con los mismos cargos e
con los poderes... que de nos llebastes”69
. Noutras dúas
cartas do mesmo día 31 de marzo70
, mándanlles que quiten
as encomendas de bispados e mosteiros ós nobres laicos, e
que desterren de Galicia ó Conde de Monterrei, ó Conde de
Altamira, a Diego de Andrade, a Fernando de Castro e a
Pedro Bolaño. Significativamente non se nomea nin a Pardo
de Cela nin a Pedro Madruga (nin ó falecido Conde de
Lemos): non os consideraban xa recuperables como
cortesáns. Tal é o contexto oficial no que ten lugar o
enfrontamento que leva á execución e o nacemento das
tradicións contraria e favorable sobre Pardo de Cela, “chibo
expiatorio” dos pecados da nobreza galega.
O cronista Pulgar -home clave de apoio de Henrique
IV ós irmandiños en 1467- reflexa ben a tradición culta,
próxima á monarquía, cando avalía como xustiza exemplar
a que exerceron Acuña e Chinchilla ó facer pagar caro os
seus crimes ós cabaleiros Pedro Miranda e Pedro Pardo, que
pola súa condición social “no creían que podía venir tiempo
68
Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, III, pp. 10-11.
69
ídem, p. 14.
70
ídem, pp. 12-13, 16-17.
en que la justicia los osase prender”71
. Por contra Vasco de
Aponte, admirador dos violentos nobres galegos do século
XV, non pode admitir que os axustizados foran malfeitores,
deixando sen explicación as razóns deAcuña para mandalos
matar, cousa que non fai a tradición oral.
A tradición popular representada polos testemuños do
Preito Tabera-Fonseca di de Pedro Pardo, á vez que recorda
como aconsellou en 1469 ó vello Conde de Lemos colgar
ós vasalos irmandiños dos carballos, que foi degolado polo
gobernador Acuña porque desde A Frouxeira “robaba e
hazia males”72
. Dos doce testemuñas que falan sobre do
tema, once reiteran o argumento xusticeiro e antifortaleza,
calquera que foran os seus oficios, veciñanzas (3 de Lugo,
3 de Betanzos, 1 de Monforte, 1 de Padrón e 4 de aldeas do
arcebispado) ou posicións ideolóxicas73
. Só unha das
testemuñas de posicións contrarias ós irmandiños (próxima
á nobreza), cala o axustizamento do mariscal, soamente fai
referencia ó derrocamento da Frouxeira74
, afirmando que
iso fora porque “se llebantaran contra el rey”75
. Antes
admitían a súa rebeldía fronte a monarquía que as súas
malfeitorías cara á xente. Á maioría das testemuñas que
consideran relevante o caso, non lles parecía a
71
Fernando PULGAR, op. cit., p. 357.
72
Acusación que estendían a toda a nobreza galega daquel entón, todo hai que dicilo,
¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, pp. 224-225.
73
Ángel RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Las fortalezas de la Mitra compostelana y los
"irmandiños", 2 vol., Pontevedra, 1984, pp. 134, 137, 176, 188, 245, 417, 420, 425, 428,
489, 565.
74
Sobre o peso da Frouxeira nos acontecementos que levan á morto do Maríscal hai máis
unidade de criterio.
75
Las fortalezas de la Mitra compostelana, p. 215; o mesmo di APONTE, op. cit., p. 123.
desobediencia ós Reis tan importante para explicar a
punición do Mariscal como o seu comportamento delituoso
como cabaleiro malfeitor76
. Nisto a tradición galeguista
orixinaria se afastará logo da antiga tradición popular
contraria a Pardo de Cela77
.
En fin, podemos dicir sen temor a nos trabucar que
para a opinión pública galega de fins do século XV e de
comezos do século XVI, o Mariscal Pardo de Cela non fora
máis que un malfeitor feudal con quen, felizmente, a
xustiza publica e real arranxou contas. Tamén que non hai
fonte algunha que relacione claramente ó Mariscal, e menos
a súa morte legal, co bando da Beltraneja, tampouco cunha
estratexia de “defensa de Galicia” fronte ó “centralismo”
dos Reis Católicos, os nobres galegos non estaban niso,
outra cousa o que se poida interpretar hoxe
“obxectivamente”.
Francisco Mayán asevera que “durante el siglo XVI estaba
muy difundida la creencia en toda clase de atentados
cometidos por parte del Mariscal y sus seguidores”,
presentando como proba a carta executoria dun preito, entre
1549 e 1554 (non remata ata 1624), onde o neto dun criado
de Pardo de Cela do infortunio do seu avó que “andava en
compañia e servicio cometiendo muchos delitos e fuerzas
como era publico e notorio en el dicho nuestro Reyno de
76
Di unha testemuña: “lo degollaran porque dicho Pedro Pardo dezian que robaba y hazia
males”, Las fortalezas de la Mitra compostelana, p. 565.
77
Situación que non se debería corresponder coa realidade actual do nacionalismo galego,
reconstruído en democracia sobre unha base popular se cadra máis clara que o
nacionalismo histórico.
Galicia”78
. Ratificando o carácter da tradición oral contraria
a Pardo de Cela no século XVI, como xa vimos no Preito
Tabera-Fonseca.
Agora ben, non todo o mundo miraban mal ó Mariscal,
no círculo dos seus familiares e criados fieis desenvólvese
unha conmovedora tradición no seu favor79
, que catro
séculos despois pasa á novela histórica e á ideoloxía
galeguista (no sentido marxista de falsa conciencia), que
presenta no Rexurdimento como maioritaria unha tradición
oral que foi marxinal no seu tempo. A morte por
decapitación do cabaleiro de Mondoñedo préstase abondo
ó romance romántico, fagamos pois o camiño
historiográfico, secular e descontinuo, do mito da tradición
oral e popular (entre séculos XV-XVI) ó mito da tradición
escrita, intelectual e política (séculos XIX-XX). A súa
importancia non se debe minusvalorar (motiva este
apartado), porque as mentalidades e actitudes, crenzas e
ideoloxías son feitos salientables que repercuten na historia
dun país, outrosí cando se trata das tradicións orais
próximas ós feitos sanguentos tratados pola memoria
histórica do século XX.
Os Reis Católicos retiran do Reino de Galicia ó
gobernador Acuña pero volven a envialo, ante as
dificultades existentes, con poderes se cabe máis
78
Francisco Mayán, El Mariscal Pardo de Cela y la iglesia de Mondoñedo a la luz de la
nueva documentación histórica, Viveiro, 1952, pp. 75-76
79
Probablemente os primeiros redactores e difusores estaban entre os que acompañaban
ó Mariscal na defensa de Castro Douro, moitos deles aprehendidos logo -xunto co seu
señor- en outubro de 1483.
excepcionais, meses antes da execución de Mondoñedo80
.
Logo de cumprir a súa misión81
será substituído -aínda que
non deixa de botar unha man- por Diego López de Haro,
home ó parecer máis sutil82
. Pese a todo ten que organizar
de inmediato o sitio da fortaleza de Vilaxoán onde se
atrincheirara, despois de morrer Pardo de Cela, Fernando
Arias de Saavedra (sogro do Pedro Miranda tamén
executado) que estaba casado coa súa filla menor Costanza
de Castro, que morre neste cerco por beber auga
contaminada83
. O xenro do mariscal salva a vida porque o
novo gobernador traía novos aires e Diego de Andrade
intercede no seu favor84
. O 12 de marzo de 1484, aínda
Acuña, que contribúe a difícil transición, transferira o novo
gobernador as fortalezas de Lugo e Mondoñedo85
. O 16 de
agosto de 1484, Diego López de Haro ten xa no seu poder
a fortaleza de Vilaxoán. O control das fortalezas foi clave
para o éxito do cometido pacificador da alianza renovada
entre o Estado e o pobo galego, que durou na súa parte máis
dura case tres anos. Segundo as crónicas derrocáronse
unhas corenta e seis fortalezas, reedificadas despois da
revolución irmandiña. En 1526-1527, as testemuñas
80
Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, I, p. 108.
81
Fernando de Acuña será despois ben recompensado polo seu papel pacificador en
Galicia: en 1493, témolo de Virrei en Sicilia en nome dos Reis Católicos, RAH,
Colección Salazar y Castro, tomo I, fol. 217-218.
82
Antonio LÓPEZ FERREIRO, Galicia en el último tercio del siglo XV, Vigo, 1968, p.
111.
83
Vasco de APONTE, op. cit., p. 123.
84
"... y el rey le aseguró la vida porque le sirvió en la de Málaga, mas nunca le quiso ver",
Vasco de APONTE, op. cit., pp. 123-124; a relación amigable de López de Haro e Diego
de Andrade evidencia os cambios ocorridos a partir da parcial substitución de Acuña.
85
José GARCÍA ORO, op. cit., p. 174.
sentiron os feitos antinobiliarios 1480-1483, incluso a
morte de Cela86
, como una segunda rolda da revolta popular
de 1467-147987
.
A viúva de Pardo de Cela, Isabel de Castro, tenta
recuperar, no mesmo ano de 1484, os bens do Mariscal
confiscados polo Gobernador Acuña, sen resultados de
primeiras, pois os Reis Católicos avalaban a expropiación
ilegal porque “dicho mariscal en su vida tovo ocupados e
detenidos muchos bienes nuestros”88
. Polo demais
testamenteiro, acredores e outros puxeran man tamén en
ditos bens, o cal complicou tremendamente o proceso legal.
En 1489, o Rei Fernando concede á filla e ós seus criados
carta de seguro contra algúns cabaleiros89
. En 1494, esta
filla maior de Pedro Pardo, Beatriz de Castro, reclama o seu
dereito como herdeira universal perante o Consello Real e
consegue a “devolución” de Carballo de Galdo, fronte ás
pretensións do testamentario Roi Gonçalez de Ribadeneira,
que “so color de complir el dicho testamento del Mariscal...
entro e tomo el logar de Carballo de Galdo”90
. Non se fixo
86
Cumpre distinguir o pacifismo irmandiño entre 1467 e 1469 que respectaba a vida dos
cabaleiros derrotados -conforme vimos no primeiro capítulo- e o asañamento da nova
monarquía contra o nobre malfeitor Pardo de Cela no intre histórico da recuperación do
monopolio da violencia por parte do Estado moderno.
87
“Vencedores e vencidos na revolta irmandiña”, conferencia de Carlos Barros no espazo
cultural Portas Ártabras, organizada pola Asociaçom Cultural O Facho. A Coruña, 24 de
abril de 2018 (https://youtu.be/vKAhzBkJzIc).
88
AGS, RGS, V-1484, fol. 83.
89
Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, IX, pp. 33-34.
90
José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 165-169; dez anos despois o padre Oro inclúe este
texto noutra obra borrando o parágrafo onde dicía, sen xustificación, que “Las hijas del
Mariscal parecen haber conseguido su intento reivindicador”, Galicia en los siglos XIV y
XV, tomo I, Pontevedra, 1987, p. 364.
tal. O de Ribadeneira quedouse co lugar91
, a pesar de ser un
ben propio de Pedro Pardo (“que conpre a Pedro de
Pumarinno, vezino de Santa Marta”92
). A filla do Mariscal
logrou sentencias favorables sobre Galdo na Audiencia de
Galicia, a Chancelería de Valladolid e tamén no Consello
Real. O caso de Galdo é único e estará vivo durante un
século, entre recursos e cambios de instancia, dende 1494
ata 1598 (sentencia definitiva)93.
É por iso que esta relativa
devolución tivo un grande certo impacto nos ambientes
fidalgos pro-Mariscal94
, impulsando en xeral a tradición
popular favorable, pero non semella que houbera outras
devolucións95
. Pese a que, cara 1494, Dona Beatriz se
querelara ante os Reis contra a negativa de veciños de
91
O truco foi véndelo en pública poxa, co obxecto de cumprir coas mandas testamentarias
do Mariscal, e adquirilo el mesmo, José GARCÍA ORO, op. cit., p. 169; dubidamos que
Ribadeneira entregara ós beneficiados as cantidades que lles viñan atribuídas no
testamento.
92
El testamento del Mariscal Pedro Pardo de Cela, p. 201.
93
José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, p. 169; véxase tamén José
GARCÍA ORO, María José PORTELA SILVA, “Osorios, Bolaños, Pardos y
Ribadeneiras: Las casas nobles lucenses, camino de la Modernidad”, Anuario
brigantino, nº 25, 2002, p. 160
94
O interpretaban como unha demostración da súa inocencia: "se o mataran por cousa má
quel overa feyto, non lle bolveran seuos bes, ni as netas casaran tan nobremente ",
Memorial de Saavedra, fol. 137 v.
95
“No queda evidencia documental de que estos bienes significativos reclamados a
primera hora fuesen devueltos”, José GARCÍA ORO, María José PORTELA SILVA, op.
cit., p. 159; veremos ademais supra ó falar do testamento do Mariscal como, en 1542,
outros descendentes perden outro preito contra a Igrexa de Mondoñedo, foi o normal; na
versión da Relazón reivindicando a Pardo de Cela dise claramente, falando de Beatriz de
Castro, filla e herdeira principal do Mariscal, e as súas fillas: “non lle bolveran seuos bes,
ni as netas casaran tan nobremente”, Memorial de Saavedra, fol. 137 v.
Viveiro a devolverlle “muchos bienes muebles e rayzes, que
ella pertenescen” como filla de Pardo de Cela96
.
Os escudeiros de Pardo de Cela, despois da súa morte,
capitaneados polo seu sobriño Pedro Pardo de Cabarcos,
van á guerra de Granada para se congraciar cos Reis.
Buscando manter legalmente a súa condición de fidalgos,
obtida de feito como todo o que facía o Mariscal, fronte á
opinión da nova irmandade popular organizada polos Reis
Católicos que non os consideraba como tales e os
empadroa. En 1515-1517 e 1528, os representantes reais
actúan contra as cartas e testemuños falsos fabricados co fin
facer fidalgos ós escudeiros do Mariscal97
.
96
José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, p. 169.
97
Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, VII, pp. 77-79.

More Related Content

Similar to Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)

Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacAlbaBenRivas_1BAC-A
 
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)Beatriz GM
 
O reino de galiza
O reino de galizaO reino de galiza
O reino de galizaMarlou
 
A Idade Media
A Idade MediaA Idade Media
A Idade MediaMarlou
 
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDiego Lallana
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galiciarubempaul
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade MediaDo esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade MediaMarlou
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquistaicoico1
 
Do esplendor aos sec
Do esplendor aos secDo esplendor aos sec
Do esplendor aos secanagagon
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2voarcoslibros
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2voarcoslibros
 
Presentación san simón
Presentación san simónPresentación san simón
Presentación san simóntirarrollas
 
España en tempos dos Reis Católicos
España en tempos dos Reis CatólicosEspaña en tempos dos Reis Católicos
España en tempos dos Reis Católicosxosea
 
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigoTema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigoSanti Pazos
 

Similar to Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV) (20)

Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
 
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
Os Séculos Escuros. Literatura galega (presentación)
 
O reino de galiza
O reino de galizaO reino de galiza
O reino de galiza
 
A Idade Media
A Idade MediaA Idade Media
A Idade Media
 
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
O MARISCAL
O MARISCALO MARISCAL
O MARISCAL
 
Como vive o modelo cabaleiresco a fidalguia medieval galega baixomedieval: os...
Como vive o modelo cabaleiresco a fidalguia medieval galega baixomedieval: os...Como vive o modelo cabaleiresco a fidalguia medieval galega baixomedieval: os...
Como vive o modelo cabaleiresco a fidalguia medieval galega baixomedieval: os...
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade MediaDo esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquista
 
Do esplendor aos sec
Do esplendor aos secDo esplendor aos sec
Do esplendor aos sec
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
 
Presentación san simón
Presentación san simónPresentación san simón
Presentación san simón
 
España en tempos dos Reis Católicos
España en tempos dos Reis CatólicosEspaña en tempos dos Reis Católicos
España en tempos dos Reis Católicos
 
O cerre da fronteira medieval entre Galicia e Portugal
O cerre da fronteira medieval entre Galicia e PortugalO cerre da fronteira medieval entre Galicia e Portugal
O cerre da fronteira medieval entre Galicia e Portugal
 
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigoTema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medieval
 
A historia de Caldelas
A historia de CaldelasA historia de Caldelas
A historia de Caldelas
 

More from Red Académica Internacional Historia a Debate

More from Red Académica Internacional Historia a Debate (20)

The Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval Galicia
The Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval GaliciaThe Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval Galicia
The Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval Galicia
 
Historia inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXI
Historia inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXIHistoria inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXI
Historia inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXI
 
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galegaO outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
 
El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallega
El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallegaEl otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallega
El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallega
 
Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...
Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...
Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...
 
Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?
Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?
Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?
 
Mitos da historiografía galeguista (1994)
Mitos da historiografía galeguista (1994)Mitos da historiografía galeguista (1994)
Mitos da historiografía galeguista (1994)
 
Mitos de la historiografía galleguista (1994)
Mitos de la historiografía galleguista (1994)Mitos de la historiografía galleguista (1994)
Mitos de la historiografía galleguista (1994)
 
La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...
La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...
La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...
 
Rito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade Media
Rito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade MediaRito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade Media
Rito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade Media
 
Rito y violación: derecho de pernada en la Edad Media
Rito y violación: derecho de pernada en la Edad MediaRito y violación: derecho de pernada en la Edad Media
Rito y violación: derecho de pernada en la Edad Media
 
Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)
Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)
Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)
 
Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)
Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)
Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)
 
Galiza: mortos que querem vida (franquismo)
Galiza: mortos que querem vida (franquismo)Galiza: mortos que querem vida (franquismo)
Galiza: mortos que querem vida (franquismo)
 
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
 
XXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicaciones
XXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicacionesXXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicaciones
XXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicaciones
 
Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024
Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024
Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024
 
Menéndez Pidal, Castilla y las identidades medievales
Menéndez Pidal, Castilla y las identidades medievalesMenéndez Pidal, Castilla y las identidades medievales
Menéndez Pidal, Castilla y las identidades medievales
 
Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?
Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?
Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?
 
Historiografía de valores
Historiografía de valoresHistoriografía de valores
Historiografía de valores
 

Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)

  • 1. Ascenso e caída de Pedro Pardo de Cela* Carlos Barros Universidade de Santiago de Compostela Se hai un feito histórico onde o mito e a realidade coñecida se distancian tanto na historiografía nacionalista é o caso do Mariscal Pedro Pardo de Cela, cuxa morte violenta creou as condicións para a invención no século XIX dunha biografía que o converteu no mártir por excelencia da literatura galeguista, como máximo representante desa nobreza galega que “tiña que ter sido” e non foi. O estudo do proceso de mitificación de Pardo de Cela, pode ser paradigmático para comprendermos os mecanismos ideolóxicos que transmutan un feito histórico nunha lenda culta e politicamente interesada, partindo dunha tradición de principio popular. Comecemos polos datos sabidos a través das fontes escritas. Cando Vicetto recoñece que non ten fundamentos documentais que xustifiquen a súa versión imaxinaria de Pardo de Cela, bota as culpas a Aponte, Molina e Gándara que case non falan do mariscal, non entende como estes ilustres cronistas dos séculos XVI e XVII non o situaron * Publicada unha primeira versión máis reducida en “Ascenso e caída de Pardo de Cela”, Antón Losada Diéguez. 10 anos dun premio, Poio, Concello de Carballiño, 1995, pp. 85- 89.
  • 2. entre os grandes nobres galegos do século XV1 . O caso é que Pardo de Cela non foi máis que un nobre mediano, estrela dun ascenso fulgurante que lle granxeou grandes oposicións populares, eclesiásticas e reais a causa da violencia empregada, procedemento habitual na Galicia trastamarista, como vimos no apartado “A guerra dos cabaleiros”, no contexto violento de toda a Idade Media2 . Non chamaría a atención se non fora porque a principios dos anos 80 do século XV as circunstancias fixeron del un “chibo expiatorio” da acción antinobiliaria do Estado moderno. Nin con esas os xenealoxistas do Reino de Galicia lle deron nos séculos XVI-XVIII importancia á súa morte, que pasou a historia por causa dun romance que lle dedicaron os seus criados ò pouco de ser degolado. Cabaleiro malfeitor Antes do “martirio”, Pedro Pardo de Cela era xa que logo un cabaleiro malfeitor3 , parecido a Pedro Álvarez de Soutomaior, chamado Pedro Madruga, que si aparece destacado, e moito, no nobiliario de Aponte. Diferenciábaos a pertenza de Madruga a unha liñaxe de maior soleira e 1 Benito VICETTO, Historia de Galicia, 1872, VI, pp. 188-189. 2 Exemplos de violencia contra clérigos para quedarse cos seus cartos en José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, Santiago, 1977, p. 158; tamén contra fidalgos adversarios en Vasco de APONTE, Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia [c. 1530], Santiago, 1986, p. 133. 3 Practicaba persoalmente o secuestro (rescate), como cando prendeu ó clérigo de Bundián, Gonzalo García, que deixou libre previo pago de 4.000 marabedís, que “estuvo fuydo por miedo del [Mariscal]tres años fuera del Reyno de Galizia, fasta que el dicho Pero Pardo murió”; en 1483, no seu testamento pediu perdón e devolveulle 2.000 marabedís, José GARCÍA ORO, op. cit., p. 158; nas copias do testamento recentemente recuperadas aparece como Gonçalo Garçía, “bachiller de la gramatyca”, pediulle perdón e a devolución dos 2.000 marabedís, pero nada di do secuestro, El testamento del Mariscal Pardo de Cela, p. 200.
  • 3. patrimonio, por tanto unha maior capacidade de intervención política. En xeral os señores laicos galegos do século XV, eran vistos como malfeitores tanto na maior parte de Galicia (agás entre os seus criados e seguidores) coma na Corte de Castela. De aí a representatividade do Mariscal asasinado polo novo Estado para escarmentar a outros4 . Aponte conta como Pedro Pardo de Cela era un simple cabaleiro a soldo dos Andrade “asta que fue gran señor”, poido entón reunir -coa axuda do seu xenro Pedro Bolaño- ata 100 escudeiros e 5.000 peóns, grazas a que “comía todo el obispado de Mondoñedo”5 . Despois da revolta irmandiña, aparece, en 1477, entre os grandes señores confederados -o derradeiro da lista- para resistir ó intento real de resucitar as irmandades6 , o ano seguinte podemos considerar que comezan os enfrontamentos que cinco anos despois causarán a súa ruína. Para García Oro, Pedro Pardo de Cela non fora máis que “un infortunado caballero del siglo XV”, e cre que as causas do seu infortunio estaban no enfraquecemento do seu señorío, en que non soubo rodearse de aliados e na determinación do gobernador Fernando Acuña (“cavallero mancebo muy noble e mucho esforçado”7 ) por facer valer a 4 “cortaron la cabeça a Pedro Pardo o mariscal. Y todos los señores se reçelaban”, Vasco de APONTE, Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia, Santiago, 1986, p. 253. 5 ídem, pp. 132, 142, 167, 170. 6 José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 255-258. 7 Diego de VALERA, Crónica de los Reyes Católicos, Juan Carriazo edit., Madrid, 1927, p. 103.
  • 4. autoridade real8 . Habería que engadir a conxuntura política de 1483, cando os Reis Católicos ordenan, por medio de cartas asinadas en León o 31 de marzo, aAcuña e Chinchilla a volver de novo a Galicia con poderes plenos, e obter resultados inmediatos, para restablecer a paz e a orde, forzando ós cabaleiros a ir á Corte e devolvendo os señoríos eclesiásticos á Igrexa9 . Da súa familia herda Pardo de Cela algúns castelos e case máis nada10 . Chegará a ser un gran señor de fortalezas, o que lle confire gran poder coercitivo mais poucos medios económicos directos. Unha astuta política matrimonial emparéntao con importantes familias nobres: casa con Isabel de Castro, filla do Conde de Lemos e sobriña do bispo de Mondoñedo. Tamén casa ás súas fillas con cabaleiros das casas señoriais de Saavedra (que vén na listaxe do nobiliario de Aponte) e de Ribadeneira (á súa vez emparentado coas casas de Miranda, Bolaño e Ron)11 . En 1461 é xa encomendeiro do bispado de Mondoñedo (xa fora seu pai Xoán Núñez Pardo). En 1465 será confirmado por Henrique IV alcalde de Viveiro polo Rei ó pasar a vila á Coroa12 . Os seus ingresos compleméntanse coas alcabalas 8 José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 170-171. 9 “no les consistáis entrar ni estar en el dicho reino sin mi liçencia y especial mandado”, Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, III, A Coruña, 1982, pp. 12- 17. 10 Eduardo PARDO DE GUEVARA, El Mariscal Pardo de Cela y la Galicia de fines del siglo XV, Lugo, 1981, p. 111. 11 Vasco de APONTE, op. cit., p. 142; Eduardo PARDO DE GUEVARA, op. cit., pp. 110-111; José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 157-158. 12 Amparo RUBIO, “Los primeros vizcondes de Altamira en la villa de Viveiro: adquisición y pérdida de un señorío en el Reino de Galicia”, Cuadernos de Estudios Gallegos, nº 125, 2012, p. 99; Viveiro foi vila de reguengo dende 1346, logo varios nobres
  • 5. de gran parte do bispado de Mondoñedo13 , ben porque lle correspondía ben por simple usurpación14 . Esta dependencia dos ingresos alleos (xerados pola Igrexa de Mondoñedo, os veciños de Viveiro e as rendas do Rei) para manter o anelado status de gran señor foi o “talón de Aquiles” do Mariscal Pardo de Cela15 , sendo nisto tamén representativo da nobreza galega do século XV que refeudaliza o país institucionalizando o agravio como parte cuantiosa da renda feudal16 . Polas fontes orais sabemos que foron as rendas do bispado de Mondoñedo as que desencadearon o conflito que o levará ó cadafalso. E polas fontes xudiciais posteriores que co roubo das rendas reais xustificouse a confiscación post-mortem dos seus bens. trastamaristas a ocuparon, ou tentaron ocupala: Fernán Pérez de Andrade, Gómez Pérez das Mariñas, Alonso Pérez de Viveiro e Pedro Pardo de Cela, José GARCÍA ORO, Historia de las diócesis españolas. Lugo-Mondoñedo-Ferrol-Orense, Madrid, 2002, p. 234. 13 Eduardo PARDO DE GUEVARA, El Mariscal Pardo de Cela y la Galicia de fines del siglo XV, pp. 110-111. 14 A usurpación do bispado polo Mariscal, faise completa despois da revolta irmandiña, coa complicidade forzada, ou interesada do bispo e dun novo cabido; vese claramente nun documento do 15 de maio de 1473 en que o Mariscal xulga e sentencia en favor da Igrexa, sobre a posesión de varios termos, contra o alfaiate Pedro Martínez, publica José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, pp. 252-253; Enrique CAL PARDO, Catálogo de los documentos medievales, escritos en pergamino, del Archivo de la Catedral de Mondoñedo, Lugo, 1990, p. 601. 15 Pegerto SAAVEDRA, Economía, Política y Sociedad en Galicia: la provincia de Mondoñedo, 1480-1830, Madrid, 1985, p. 34; "Da Idade Media a Idade Moderna: As bases do Antigo Réxime Galego", III Xornadas de Historia Galega, Ourense, 1986, p. 26. 16 Carlos BARROS, "Vivir sin señores. La conciencia antiseñorial en la Baja Edad Media gallega", Señorío y feudalismo en la Península Ibérica (siglos XII-XIX), Zaragoza, 11-14 de decembro de 1989, pp. 628-630; Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV, Madrid, 1990, p. 242; ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996, pp. 236-237.
  • 6. A falla de sentido económico desta nobreza cobizosa e violenta de orixe trastámara, que ben encarna Pardo de Cela, vese naquilo tan sonado que declara unha testemuña do Preito Tabera-Fonseca: “Pedro Pardo, Mariscal dixera al dicho Conde [de Lemos] que ynchiese los carballos de los dichos basallos e quel dicho Conde [dixo] que no queria que no se abia de mantener de los carballos”17 . Este diálogo tivo lugar no 1469, cando o mariscal volta do exilio (probablemente leonés), baixo as ordes do Conde de Lemos, seu sogro, para recuperar as súas posesións e encomendas tomadas polos irmandiños. Os vasalos rebeldes da Santa Irmandade derrocaran a fortaleza A Frouxeira18 , deixándoo con vida malia a súa fama de bandoleiro, cousa que dezaseis anos despois non farán os oficiais da Raíña Isabel. Pardo de Cela non foi, por conseguinte, o dirixente dos irmandiños que maxinou o novelista Vicetto19 , senón un dos seus inimigos máis recalcitrantes. Cobizoso Pedro Pardo quixo emular ós grandes señores aproveitando as oportunidades que ofrecía o turbulento 17 Testemuño oral de Pedro Paxariño, veciño de Monforte, Ángel RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Las fortalezas de la Mitra compostelana y los "irmandiños", I, Pontevedra, 1984, p. 162. 18 Licenciado MOLINA, Descripción del Reyno de Galicia [1550, Mondoñedo], Madrid, 1675, p. 107; logo foi reedificada polo Mariscal e derribada de novo por Fernando de Acuña en 1482, Las fortalezas de la Mitra, pp. 137, 148, 245; Bartolomé MOLINA, Descripción del Reyno de Galicia [Mondoñedo, 1550], 3ª edición, Madrid, 1675, p. 107; "asimismo le derrocaron los irmandiños las restantes fortalezas de su propiedad", Memorial de la Casa de Saavedra, Granada, 1674, p. 139. 19 Carlos BARROS, "Cómo construye su objeto la historiografía: los irmandiños de Galicia", Hispania, nº 175, 1990, pp. 861-862.
  • 7. século XV. Non obstante, Alonso de Lanzós que serviu como el a Fernán Pérez de Andrade (o Mozo), seguiu o camiño contrario: elixiu o bando dos vasalos, onde chegou ser un dos capitáns (tamén no bispado de Lugo20 ) máis coñecidos dos irmandiños, despois de sufrir persoalmente os agravios e asaltos de Andrade, Pardo de Cela e outros señores21 . Á súa vez Alonso de Lanzós é culpable da morte do irmán de Pedro Pardo de Cela22 . Vidas diverxentes. É coñecida así mesmo a inimizade do mariscal co fidalgo Fernando Díaz Teixeiro, dirixente militar irmandiño en Mondoñedo23 . Tampouco é certo que Pardo de Cela militara no bando da Beltraneja e de Portugal contra Isabel a Católica na guerra de sucesión 1476-147924 . Todo o contrario, aliñouse 20 “Irmandiños, guerra e paz”, conferencia de Carlos Barros no curso "Guerra e paz en Galicia", organizado pola Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia. Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2018 (https://youtu.be/9UrklqDaNDw). 21 Carlos BARROS, Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV, Madrid, 1990, p. 229; a data de referencia desta agresión de Fernán Pérez de Andrade, Gómez Pérez das Mariñas, Pedro Pardo de Cela e outros cabaleiros que derribaron os castelos herdados por Alonso de Lanzós (Serantes, hoxe no concello de Ferrol; As Mestas, hoxe no concello das Somozas na comarca de Ferrol; e Ortigueira) é circa 1446: cando Xoán II ordena a Pedro Álvarez Osorio, futuro Conde de Lemos, que faga o posible que lle sexa devoltos a Alonso de Lanzós, “mi vasallo... ciertos bienes muebles e rayses e casas fuertes e posesiones e otras heredades”, pois sendo “menor de hedat, algunas personas poderosas... se apoderaron de los bienes e posesiones que el dicho su padre dexó e pertenescen a él e que ge lo tienen tomado e ocupado por fuerça e contra su voluntad”, Eduardo PARDO DE GUEVARA, Los señores de Galicia. Tenentes y Condes de Lemos en la Edad Media, A Coruña, 2000, tomo II, pp. 88-89. 22 Eduardo PARDO DE GUEVARA, op. cit., p. 111, n. 43. 23 Francisco MAYÁN FERNÁNDEZ, El Mariscal Pardo de Cela y la Iglesia de Mondoñedo a la luz de nueva documentación histórica, Viveiro, 1962, p. 38. 24 “Es completamente falso [que] haya militado jamás entre los secuaces de La Beltraneja”, Francisco MAYÁN FERNÁNDEZ, op. cit., pp. 43-45, 78; Eduardo PARDO DE GUEVARA, op. cit., pp. 133-138.
  • 8. co bando isabelino que encabezaba o arcebispo Fonseca e que comprendía a case que toda a nobreza galega (aínda que o entusiasmo despregado foi moi desigual), de tradición integracionista logo da separación de Portugal como sabemos, coa notoria excepción de Pedro Álvarez de Soutomaior que defendeu a opción portuguesa. En 1476, estivo o mariscal “con todos los otros Pardos y Rivadeneyras” no gran cerco a Pedro Madruga en Pontevedra25 . En 1477 -segundo xa dixemos- participa nunha confederación señorial que sendo isabelina, “guardando servicio del rey e reina nuestros señores”, está pensada para resistir a orde real de recrear a Santa Hermandad26 : os intereses de clase por riba de calquera fidelidade política. A partir de aí sucédense unha serie de problemas puntuais do Mariscal cos oficiais dos Reis Católicos sen que iso supoña, claramente, un cambio de bando. Nobres contra Reis Os teimosos enfrontamentos de Pardo de Cela cos oficiais reais (sucesivamente) Ladrón de Guevara, Fernando Cerón e Fernando de Acuña, serían marxinais para a historia da Galicia, no tránsito da Idade Media á Idade Moderna, senón fora polo desenlace mortal deste conflito enquistado. Polo regular, os señores feudais de Galicia gobernaban os seus estados proclamando lealdade cara un afastado Rei de Castela, ó tempo que se apropiaban das súas rendas. Cando a Raíña Isabel quere facer efectiva 25 Vasco de APONTE, op. cit., p. 232. 26 José GARCÍA ORO, op. cit, p. 258.
  • 9. a autoridade real no Reino de Galicia, resucitando irmandades27 e procurando o sostén das cidades, xorden grandes conflitos de poder e xurisdición entre os representantes directos dos Reis e cada un dos grandes señores de fortalezas, incluíndo os que foran partidarios de Isabel entre 1476 e 1479. O arcebispo Fonseca foi o primeiro que se encastelou, en 1480, na catedral de Santiago para resistir ó Gobernador Acuña que pretendía o control das fortalezas arcebispais que quedaran. O contencioso resolveuse levando os Reis ó fiel Fonseca á Corte como Presidente do Consello Real, e deixando claro está que Acuña e Chinchilla continuaran en Galicia coa súa “campaña depuradora”28 . Polo mesmo motivo, isto é, o control das fortalezas episcopais sobreviventes ou reconstruídas, o tamén isabelino Conde de Lemos “el mayor señor de aquel Reyno de Galicia”, asedia, en 1483, o castelo de Lugo, que fora tomado por Acuña, considerando o Conde que dita intromisión constituía un agravio cara o seu irmán Alonso Enríquez de Lemos o bispo de Lugo29 . Don Pedro non obedece as ordes directas dos 27 O decreto de formación das novas irmandades é do 18 de febreiro de 1480, sendo encomendada a súa organización a Antonio de Paz, arcediago de Camaces (Salamanca), e ó licenciado Fernando Gómez de Tordehumos: o longo dese ano participan xa na guerra contra Pedro Madruga e toman fortalezas de Sueiro Gómez de Soutomaior e Fernán Pérez Parragués, Galicia en la Baja Edad Media, pp. 139-140, 154; a partir da chegada de Acuña e Chinchilla constitúen o canle principal para articular o apoio popular á súas accións militares contra Pardo de Cela, o Conde de Lemos e outros nobres galegos, inimigos históricos dos populares e rebeldes ós Reis Católicos; entre 1486 e 1496, resolto o problema dos nobres malfeitores, se suceden in crescendo os conflitos entres os pobos e a nova Hermandad polos seus tributos, ídem, pp. 142-143. 28 José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 145-149. 29 A posesión da Mitra lucense simbolizara a vitoria de Pedro Álvarez Osorio, en 1469, sobre o cabido e a Santa Irmandade da cidade e diocese de Lugo.
  • 10. Reis Católicos para que alzase o sitio, polo que o propio Rei Fernando “partió para el Reyno de Galicia á punir al Conde por aquella osadía que cometió”, de nada valeu que o Conde de Lemos levantara entón o cerco, o exército real continuou cara a Lugo coa intención de poñer no seu sitio ó maior señor de Galicia. En Astorga decatouse o Rei consorte que o vello Conde -tiña xa 80 anos de idade- morrera (febreiro de 1483) e suspendeu a operación militar. En 1486, o conflito renovouse co novo Conde de Lemos, Rodrigo Álvarez Osorio30 . Neste contexto de loita xeneralizada polo poder entre a alta nobreza, derrotada trece anos antes polos irmandiños co apoio do Rei Henrique, e a monarquía unificada castelo- aragonesa de signo renacentista, teñen lugar os incidentes que learon ó oportunista Pardo de Cela ó patíbulo como cabeza de turco. Salvo no caso do portuguesista Pedro Madruga, ningún dos nobres que tiveron problemas cos homes do Rei presentaron problemas de disidencia político- ideolóxica co novo Estado, máis ben ó contrario: o que estaba en cuestión era o poder social no Reino de Galicia. Para a implantación da autoridade real en Galicia foi necesaria pero non suficiente a superación dos desacordos con Fonseca, dono do maior señorío feudal de Galicia, e co Conde Pedro Álvarez Osorio, decano da nobreza galega do século XV. Ata Pedro Madruga, reconvertido ó isabelismo triunfante, buscou abrigo co Conde de Lemos fronte Acuña, porque “aunque este disimulaba de allá [Lemos] les venía 30 Fernando PULGAR, Crónica de los Reyes Católicos, BAE nº 70, pp. 380-381, 432.
  • 11. el consejo a todos porque lo tenían por padre”31 . A cuestión para todos é que Pedro Álvarez Osorio morre de xeito natural en febreiro32 de 1483 e s seu xenro Pardo de Cela morre meses despois por Acuña, e os seus, a modo de escarmento. A orfandade nobiliaria que entraña a perda do Conde vello de Lemos é percibida polo resto da nobreza como un golpe tanto ou máis importante que a posterior decapitación exemplar de Mondoñedo: “Ansi que, viendo los señores falleçido al conde de Lemos y muerto a Pedro Pardo, acordaron todos de ser a una”. A nova confederación nobiliaria está formada por Ulloa, Andrade, Moscoso, Suero Gómez e Pedro Madruga, ten como fin obedecer ó Rei -pola boca pequena- pero “no consentir a los governadores todo lo que quisiesen façer”33 . Os enviados dos Reis fixéranse case que tan perigosos que as pasadas irmandades revolucionarias dos vasalos. Neutralizado o rebelde Fonseca, cabeza do partido isabelino e xefe da Igrexa galega; desaparecido o rebelde Conde de Lemos, xefe natural dos señores laicos galegos, o golpe de efecto de Acuña degolando a un cabaleiro de segunda orde como Pardo de Cela, axudou non pouco a meter en cintura ós señores feudais galegos -quedaba claro que esta vez ía en serio- que, en 1486, visitando os Reis Católicos Santiago de Compostela son compelidos de novo a marchar cara a Corte, deixando Galicia en mans da anovada autoridade 31 Vasco de APONTE, op. cit., p. 253. 32 José GARCÍA ORO, La nobleza gallega en la Baja Edad Media, Santiago de Compostela, 1981, p. 304 33 Vasco de APONTE, op. cit., p. 254.
  • 12. real, en alianza coas cidades e o pobo irmandiño, que obtén así “dende arriba” a paz, a seguridade e a xustiza que, “dende abaixo” conquistara polas armas en 1467 con sostén político -non exento de contradicións- do anterior Rei irmán de Dona Isabel. Certamente, co tempo a integración plena de Galicia no novo Estado moderno leva consigo a centralización, a dependencia e a marxinación paseniña do idioma galego, mais este problema nacional, exposto no século XIX polo Rexurdimento, nin existía nin formaba parte das reivindicacións sociais dos galegos do século XV34 , e menos aínda ós nobres feudais. Cando os feudais galegos - comezando por Pardo de Cela- defendían nos anos 70 e 80 do século XV as súas parcelas de poder, fronte ós corrixidores e gobernadores dos Reis de Castela e Aragón, non quer dicir que sustentaran un proxecto político para o Reino de Galicia distinto do secular integracionismo na Coroa de Castela e Aragón. Nin sequera no caso de Pedro Madruga. Pedro Álvarez de Soutomaior, nobre fronteirizo que servía a dous Reis, á vez Vizconde de Tui e Conde de Camiña, casado cunha nobre portuguesa e con moitos intereses e amigos en Portugal (de alí trouxo, en 1469, as súas tropas para combater ós irmandiños), non quería máis que gañaran a Coroa de Castela, Juana la Beltraneja e o seu home Afonso V, Rei de Portugal para, deste xeito, chegaren 34 As cidades mesmas, teoricamente interesadas en conseguir representación directa (a tiñan a través de Zamora) nas Cortes de Castela, non a reivindicaban porque o aproveitaban para negaren o pago dos pedidos reais: cara 1465 o Concello de Ourense dille a Henrique IV que non está obrigado a pagar os tributos do Rei xa non tiveron ocasión de decidilo por non estar o Reino de Galicia representado directamente nas Cortes, publica José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media. Iglesia, Señorío y Nobleza, Santiago de Compostela, 1977, p. 247.
  • 13. á unificación de Castela e Portugal (fronte á alternativa axiña triunfadora da confederación de Castela e Aragón). A dinámica histórica pedía, no limiar da Idade Moderna, avanzar cara grandes Estados. Cumpría superar na Península Ibérica a fragmentación política medieval de Reinos e Coroas. Así e todo, obxectivamente, a unión de Castela e Portugal implicaría o reencontro, no cadro dunha entidade política peninsular máis ampla, da Galicia bracarense e da Galicia lucense, nada máis e nada menos O que sería unha alternativa moito máis beneficiosa para a nacionalidade plenomedieval galego-portuguesa. Daquela a lingua galega (galego-portuguesa, en rigor) sería hexemónica tanto na sociedade e a cultura como na administración do novo Estado portugués-castelán, pola vía (im) positiva de non confrontación con Castela. A guerra de Cela Digamos máis agora sobre a guerra particular de Pardo de Cela cos oficiais reais, á que fixemos referencia. En 1476, Ladrón de Guevara, cunha carta dos Reis Católicos para pedir axuda contra o bando portugués, chega a Viveiro, en mans de Pardo de Cela, que resistíuselle: “halló a Pardo Pardo con todo su vando muy poderoso... le hizo dejar la villa”35 . Non obstante, o Mariscal estará ese mesmo ano, igual que Ladrón de Guevara, no gran cerco organizado por Fonseca en Pontevedra a Pedro Madruga36 . Este primeiro conflito de Pardo de Cela cun oficial dos Reis Católicos, non afectou -como nos demais casos xa citados: Fonseca e 35 Vasco de APONTE, op. cit., p. 148. 36 ídem, pp. 230, 232.
  • 14. Conde de Lemos- á súa fidelidade á Raíña Isabel. A verdade é que transformar estes enfrontamentos locais nun problema político global viría agravar a situación dos cabaleiros implicados. Un luxo que non se podían permitir, cando os novos Reis estaban consolidando a ollos vistas o seu poder, por iso buscaban unha e outra vez o sostén dos Reis Católicos contra as decisións que consideraban inxustas dos seus representantes en Galicia. A única posibilidade que tiñan era crear contradicións entre estes e os Reis, afeitos polo demais a actuar como árbitros... Pardo de Cela demandou e obtivo mesmo reparación dos Reis polo comportamento agraviante de Ladrón de Guevara en Viveiro37 . O que estaba enriba da mesa en todas estas confrontacións entre os señores e a monarquía unificada é que poder ía predominar sobre tal fortaleza, cidade ou xurisdición: ¿os oficiais do Rei ou o señor local? A maiores os homes do Rei defendían a xurisdición eclesiástica fronte ás xeneralizadas usurpacións nobiliarias laicas. A política de aliados da monarquía en Galicia illou a unha nobreza montaraz que xa fora derrotada estrepitosamente polo pobo en 1467. A particularidade da guerra de Pardo de Cela, respecto doutros señores, é que non pugnaba cos outros cabaleiros polas terras e as rendas38 , se non contra a Igrexa (bispado de Mondoñedo) e o Estado (impostos e cidades de reguengo). Entidades máis vulnerables, e polo tanto menos 37 Documento que nos ofrece unha versión dos feitos distinta ó que di Aponte, Francisco MAYÁN, op. cit., p. 44. 38 O que non é óbice para intenten, sen éxito, os seus descendentes argumentar que o Mariscal perdera o favor dos Reis pola “envidia” dos outros cabaleiros.
  • 15. riscos que enfrontarse a exércitos privados das grandes casas, sobre todo en Lugo onde mandaba o seu sogro. Os problemas de Pardo de Cela cos homes do Rei estaban dende, o punto de vista económico e de poder, na cidade de Viveiro, na Igrexa episcopal de Mondoñedo e nas rendas reais recadadas no bispado39 ; socialmente, os campesiños do bispado e os cidadáns das vilas, que levaban sempre a peor parte. Dende o punto de vista militar a clave estaba en quen controlaba as fortalezas do bispado que foran máis ou menos reedificadas despois da revolta irmandiña. Varios documentos do Registro General del Sello -empregados xa por Francisco Mayán a principios dos anos 60- de 1477 a 1480 permítenos coñecer os puntos de desacordo entre os Reis Católicos e Pardo de Cela, parte do proceso de desmitificación da figura do Mariscal, que buscaba exclusivamente beneficios persoais. Dúas cartas de 1477 ilustran a vontade dos Reis de manter a Viveiro como seu, en situación de reguengo40 , e defender á Igrexa de Mondoñedo fronte a cabaleiros malfeitores41 . 39 O 10 de xuño de 1478 os Reis esixen a Pardo de Cela que pague, sen excusas nin pretextos, o que debía o fisco real en “pedidos, monedas, alcabalas, diesmos e alfolís”, José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media. Iglesia, señorío y nobleza, Santiago de Compostela,1977, p. 161. 40 Sobre o interese directo dos Reis no axustizamento de Pardo de Cela, insiste Bernardo Herbella na importancia da Viveiro, vila real: “el Processso, i Sentencia contra el Mariscal Pedro Pardo, que havia preocupado al Rei [por] la villa de Vivero, condenándole a la muerte de Garrote [ó fin o degolaron como cabaleiro], que sufrió; i penando extraordinariamente a otros cómplices, para que, sirviendoles de ejemplo el espectáculo, se consiguiesee el fin de la Justicia”, Derecho práctico i estilos de la Real Audiencia de Galicia, Santiago de Compostela, 1768, cap. I, nº 8, p. 8. 41 José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, p. 160.
  • 16. Pronunciamentos xenéricos que se concretan, en 147842 , en varias requisitorias do Rei Fernando contra Pardo de Cela, encomendándose o seu cumprimento ó corrixidor de Viveiro, Francisco Cerón: que desocupe lugares, coutos e freguesías en Viveiro; que devolva as alcabalas e outras rendas reais usurpadas; que cese de edificar fortalezas en Viveiro e a súa terra; que non constrúa portos propios en competencia con Viveiro, etc. A mediados de ano, o Rei Católico desterra a Pardo de Cela de Viveiro e convoca a todo o bispado a pechar filas en torno ó corrixidor Cerón. Todo isto cinco anos antes da decapitación do Mariscal: chovía sobre mollado. A través de influencias na secretaría real, Pardo de Cela fai valer a súa fidelidade política e consigue paradoxalmente cartas de seguro dos Reis nas seguintes datas: 27 de agosto de 1478 (contra cabaleiros e outras persoas)43 , 11 de setembro de 1480 (contra o propio Francisco Cerón)44 , 4 de novembro de 1480 (contra cabaleiros e outras persoas)45 . Cartas de amparo que se entrelazan e alternan coas de abandono e represión, e son xa incapaces de frear (neste e nos demais casos de nobres galegos en corentena) o enfrontamento creado pola incompatibilidade de fondo entre o poder do Mariscal e o novo poder real nas terras de Mondoñedo. Demóstranse con 42 José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 161-163; Francisco MAYÁN FERNÁNDEZ, op. cit., p. 49-51. 43 Cédula do 27 de agosto de 1478, Archivo General de Simancas, Registro General del Sello, fol. 67. 44 Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, II, A Coruña, 1982, p. 249, nº 2. 45 Publica Francisco MAYÁN, op. cit., pp. 54-55.
  • 17. todo dúas cousas: que os oficiais reais de cada xurisdición ou Reino actúan con certa autonomía respecto da Corte, e que os Reis daban con frecuencia unha de cal e outra de area, sobre todo á hora de expedir cartas (obxecto incluso de corrupción), non tanto cando estaba en xogo en verdade a autoridade real. No verán de 1480, o corrixidor Cerón desenvolve unha violenta campaña contra Pardo de Cela que leva a este a se laiar perante os Reis, porque Cerón “le ha husurpado e husurpa la juridición del obispado de Mondoñedo”46 , o que dá lugar á xa mencionada carta de seguro de setembro de 1480, a pesar da cal a confrontación vai in crescendo por unha simple razón: Pardo de Cela non cedía diante o poder real e as cartas conseguidas na Corte pouco valían, ademais contradicirse entre si. A contenda pasa pronto ó terreo militar porque nesta ocasión os homes do Rei están dispostos -tiñan as ordes para iso- a se quedar en Galicia ata establecer a nova orde. O 3 de agosto de 1480 os Reis Católicos mandan a Galicia con poderes de excepción ó cabaleiro Fernando de Acuña e ó xurista López de Chinchilla. A carta de seguro do 4 de novembro coa sinatura da Raíña Isabel vai dirixida precisamente ó gobernador Acuña a fin de que protexa a Pardo de Cela dos seus inimigos, pero quen protexe a Pardo de Cela do novo e expeditivo gobernador? Un ano e medio despois da súa chegada a Galicia, temos a Fernando de Acuña, e ó seu capitán Mudarra, 46 José GARCÍA ORO, op. cit., p. 163.
  • 18. cercando Pena Frouxeira47 , coa axuda dos ex-irmandiños. O asedio é sanguento48 -segundo Diego Valera, cronista dos Reis Católicos- dura oito meses e remata coa rendición da fortaleza baixo “çiertas condiçiones”. O Mariscal non estaba presente49 ; os seus fican libres, pese o sangue perdido, grazas á entrega da fortaleza. De seguido Acuña derrócaa de todo50 . Os problemas económico-sociais que enfrontan ó gobernador real con Pardo de Cela en 1480- 1483 non son distintos dos que aparecen nos citados documentos de 1477-1480, só que agora, en canto a adversarios locais, a cidade de Viveiro cede o seu protagonismo ó bispo de Mondoñedo51 , centrándose a loita 47 APONTE, op. cit., p. 123; José VILLAMIL y CASTRO, “El Mariscal Pardo de Cela”, Galicia Histórica, 1901, nº 2-3, p. 155; cando o “conde viejo de Lemos, ... aun era vivo [morre en febreiro de 1483]... Don Fernando de Acuña arto tenía que haçer, porque tenía çercado a Pedro Pardo en Peña Frouxeira”, APONTE, op. cit., p. 253. 48 A Acuña “le mataron muchos hombres e fueron asaz muertos de los que en ella estavan”, Diego VALERA, op. cit., p. 103. 49 José VILLAMIL Y CASTRO, op. cit., p. 156; Pedro Pardo tiña moitos frontes que atender como para ficar oito meses varado na Frouxeira, ademais da mala experiencia pasada, en 1467, cando os irmandiños toman a Frouxeira e o prenden. 50 Diego VALERA, op. cit., p. 103; a derruba tamén está confirmada na versión C (1752) do romance do Mariscal: “El castillo de la Frouseira fue del todo derrivado pues ahora nibestixios deel seencuentran en el rreferido monte”, pub. Eduardo PARDO DE GUEVARA, op. cit., p. 193; nas coplas da versión B xa se dicía que fora derribada a Frouxeira, o novo agora é o testemuño de vista do século XVIII. 51 Fernando Saavedra explica, tirando da tradición oral, o brutal e persoal enfrontamento entre a xente do bispo e Pardo de Cela entre o fin da revolta irmandiña e a chegada de Acuña a Galicia: escribe (falsamente) que un descoñecido bispo de Mondoñedo “doulle en dote [a Isabel de Castro, filla do Conde de Lemos] a renta do seo Obispado por días da sua vida”, a fin de casar con Pedro Pardo de Cela: “co esso andaban à mal facer… donde se encontravan as suas gentes avan as maos”, os do bispo e os do Mariscal, de xeito que éste “por defender à dote, pegava nos cregos, è segrares, è os matava, è podia mais co Bispo, è outros Cavaleyros”, avisaron ós Reis que o chamaron á Corte, desobedecendo Pedro Pardo e refuxiandose na Frouseira co argumento que tiña “pavor o queyrian matar, ou desterar dos Reinos de Spana”, Memorial de Saavedra, fol. 138.
  • 19. no control das fortalezas do bispado. O carácter netamente militar desta fase, encetada en 1481, contribúe a entender o xuízo sumarísimo e posterior axustizamento. Despois da caída de A Frouxeira vén a revolta en Lugo contra Acuña do sogro do mariscal, o Conde de Lemos, “lumbre y luz de los caballeros de Galicia” segundo Aponte, que pon en evidencia un estado latexante de rebelión dos señores galegos, cada un pola súa banda defendendo as súas fortalezas. Semella complicada unha confederación señorial en toda regra contraria ós representantes dos Reis Católicos podería contradicir a lealdade unha e outra vez proclamada de todos e cada un deles cara Isabel. Alianza que será realidade despois da decapitación de Mondoñedo. Incluso Pedro Madruga, que cando a xente de Acuña asedia A Frouxeira no norte de Galicia está tomando el no sur o castelo de Fornelos52 , manda á súa muller á Corte para gañar a simpatía da Raíña Isabel53 . Axustizamento Ós seis meses de morrer o Conde de Lemos, comenta Aponte: “cortaron a cabeça a Pedro Pardo o mariscal. Y todos los señores reçelaban”54 . O sentido da oportunidade de Acuña impúlsao a marchar de presa55 , dende Sarria, 52 O Gobernador non pode estar en todas partes, vai tomando as fortalezas rebeldes unha tras outra coa axuda das milicias populares, encadradas nas novas irmandades que ordenaron facer os Reis Católicos, convocadas por eles para prestar “favor e ayuda” ós seus enviados contra os cabaleiros e as fortalezas “dañosas”, Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, III, pp. 8 (1480), 15 (1483). 53 Vasco APONTE, op. cit., pp. 253-254. 54 Vasco de APONTE, op. cit., p. 253. 55 Diego VALERA, Crónica de los Reyes Católicos, p. 103.
  • 20. contra o castelo de Castro Douro onde se refuxia Pedro Pardo de Cela, moito despois de que botaran ós seus da Frouxeira. Os motivos xerais son as súas violencias contra a Igrexa de Mondoñedo, máis a urxencia de Acuña en rematar, despois da súa segunda vinda a Galicia en abril de 1483, co problema enquistado do Mariscal. Detido en Castro Douro e levado preso a Mondoñedo, e xulgado e condenado, fai testamento e é axustizado xunto con varios dos seus. O cronista Pulgar engade (dato tamén probablemente de orixe oral) que os presos pretenderon comprar as súas vidas, e que os oficiais reais non aceptaron as “grandes sumas de oro para la guerra de los moros” ofrecidas polo Mariscal56 , quen temía pola súa vida logo da violencia cruzada e as xenreiras amonteadas. Diego Valera da os nomes dos que foron degolados co Mariscal: Pero de Miranda, casado cunha neta de Pardo de Cela57 , García Rodríguez de Bordel, Bartolomé de Bahamonde e “un fijo del mariscal, e a otro hijo de Pedro de Miranda, los quales todos por su mandado58 fueron degollados, los quales eran hombres de estado e linaje”, é dicir, cabaleiros59 . De seguido veñen as louvanzas a 56 Fernando PULGAR, Crónica de los Reyes Católicos, BAE, nº 70, p. 357. 57 Vasco de APONTE, op. cit., p. 123. 58 Insiste Valera, igual que fará despois Aponte, en que a decisión de axustizar a Cela, e os seus, é exclusivamente cousa do Xustiza Maior e Gobernador Fernando de Acuña, moi felicitado por iso na Corte real. 59 Na versión C, falando da detención de Pardo de Cela en Castrodouro, dise: “yjuntamente prendieron muchos hidalgos y Labradores onrados quesehallaban allí sin sersavedores delatraizión” (pub. Eduardo PARDO op. cit., p. 188); en referencia á condición social do grupo de cabaleiros, escudeiros e peóns que acompañaban ó Mariscal na defensa do Castro Douro, entre eles puido ben saír a parte máis primitiva do romance; iso de que non sabían da traizón da Frouxeira abunda na presenza simultánea na tradición
  • 21. Fernando, que “fizo restituyr a los obispos en sus cibdades e iglesias e fortalezas”60 , así como os premios: “En galardón de lo qual fué ordenado que en las dichas iglesias se ficiese perpetua comemoración por don Fernando de Acuña, por aver dél recebido tan gran benefiçio”61 . Cousa que cando menos o arcebispo Fonseca non debeu facer, polos enfrontamentos que tivo con Acuña e outros oficiais reais enviados a Galicia por Isabel e Fernando para impoñer a nova autoridade real. Neste contexto a execución de Pardo de Cela e os seus homes necesita de máis explicacións que a simples negativa a aceptar a autoridade do gobernador real, e renunciar por tanto ás fontes extraordinarias de ingresos baseadas na coacción, porque o resto da alta nobreza galega estaba nunha parecida actitude. Hai que pensar nunha resposta ó sangue derramado por Pardo de Cela (Pedro Madruga, sen dúbida o superaba, pero tiña máis respaldo) e, sobre todo, nun escarmento politicamente consciente para a recalcitrante nobreza galega (pensemos, ademais, na resistencia á organización das novas irmandades62 ), oral dos dous feitos militares separados no tempo, 1482 (caída da Frouxeira) e 1483 (caída de Castro Douro). 60 Diego de VALERA, op. cit., p. 104; no se refire só a Mondoñedo, senón a toda Galicia, onde os bispos poucas fortalezas lles quedaban en pé despois da revolución irmandiña primeiro e das 46 que foron feitas novamente e tirou abaixo o propio Acuña. 61 Ibidem; en 1493 témolo de Virrei en Sicilia por orde dos Reis Católicos. 62 Non debería pasar desapercibida a presenza de Camaces, o organizador das novas irmandades, xunto con Acuña e Chinchilla, nas loita contra á nobreza recalcitrante e as súas fortalezas reedificadas: “bio despues de pasadas las dichas hermandades [revolta irmandiña] venir a este dicho Reino de Galizia al dicho arçediano de Camazes e Liçençiado de Chinchilla e don Fernando de Acuña por Gobernador y los otros justiçias del Rey y que despues de benidos dize dicho testigo aquellos derrocaran a Castro Doiro
  • 22. atacándoa por un flanco feble e nunha conxuntura axeitada: desaparecido en xuño o vello Conde de Lemos e compelidos Acuña e Chinchilla polos Reis, mediante as cartas que logo veremos do 31 de marzo de 1483, a conseguir como fose a pacificación do Reino. A tradición oral favorable a Pardo de Cela, cativa pero bulideira, infórmanos do conflito violento (négao primeiro e acéptao despois) do Mariscal coa Igrexa de Mondoñedo (paralelo ó que tiña Pedro Madruga co bispo de Tui) como explicación directa das intervencións armadas de Acuña contra el e indirectamente da propia sentencia de morte. Habería que engadir a resistencia pertinaz á autoridade dos oficiais do Reis e a negativa a acudir á Corte a renderlles contas. Acabamento da nobreza medieval Non cabe subestimar a intencionalidade preventiva das degolacións dos cabaleiros Pedro Pardo de Cela e algún dos seus próximos, nin os seus efectos positivos para impoñer a xustiza pública en Galicia63 , mais hai que dicir que non se trata de feitos illados, segundo vimos no apartado da morte do señor no primeiro capítulo deste libro. En 1452 Juan II de Castela executara a Álvaro de Luna, no mesmo ano de 1453, o 20 de xuño, Joaô II de Portugal decapita ó Duque de Braganza. A traizón e a desobediencia xustificaban que hera de Pedro Pardo e le cortaran la cabeça en Mondoñedo”, Las fortalezas de la Mitra compostelana y los "irmandiños", p. 417. 63 Pola que tanto loitaron os irmandiños, que non axustizaron a ningún señor, como xa vimos.
  • 23. plenamente dende o punto de vista do dereito en vigor, e da mentalidade da época, as sumarias execucións reais. Aínda seguiron un tempo as rebeldías particulares dos Condes de Camiña, Altamira e Monterrei, Diego de Andrade e Suero Gómez de Soutomaior, tamén dos familiares de Pedro Pardo. Mais en outubro de 1483 producírase en Mondoñedo un punto de inflexión, sen retorno, nas relacións entre a nobreza galega e a monarquía castelán-aragonesa. Os Reis Católicos, en 1486, teñen aínda que brandir ante o Conde de Altamira a ameaza de morte para obrigalo a marchar á Corte64 . En xaneiro de 1486 Pedro Madruga fai testamento e despois, non moito despois de dita data, morre en Alba de Tormes cando por medio do Duque de Alba pretendía, sen éxito, obter o favor dos Reis Católicos na vergoñosa pelexa que tiña co seu fillo pola fortaleza e o señorío de Soutomaior65 . Entre o ano 1483 e o ano 1486, por medio da morte, provocada ou non provocada (Pedro Pardo de Cela, Pedro Álvarez Osorio, Pedro Álvarez de Soutomaior), mailo exilio cortesán, decídese a desaparición da nobreza medieval como clase dirixente en Galicia. Os vasalos non choraron polo regular a “perda” dos seus señores, a diferencia da primeira historiografía galeguista, máis ben aledáronse, principalmente porque veu precedida ou acompañada da derruba -seguindo o método irmandiño- da maioría das fortalezas reedificadas na década reaccionaria que seguiu á Santa Irmandade revolucionaria. Todo un cambio de réxime social. 64 Fernando PULGAR, op. cit., p. 134. 65 Vasco de APONTE, op. cit., p. 260.
  • 24. Denantes de penetrar nos limbos tan reais da lenda e do mito, deixemos claro o que sentían os contemporáneos, aproveitando de testemuños posteriores a 1483, sobre a morte da nobreza feudal galega, simbolizada na decapitación de Mondoñedo. Daquela se falaba pouco ou nada da esencia económica -describilo é tarefa de historiador- da loita polo poder que enfrontou inevitable a Pardo de Cela cos oficiais dos Reis Católicos. As fontes insisten maiormente en explicacións moralistas, xustificativas, que relacionan a mentalidade xusticeira da época coa morte violenta do nobre de Mondoñedo. Tamén evitan vencellar de xeito directo a decapitación de Pardo de Cela cos Reis Católicos, facendo responsables ós seus enviados Acuña e Chinchilla. Sobre o Gobernador e o Xustiza Maior de Galicia recaen -en parte, con razón- tanto o mérito como a culpa pola execución, segundo a actitude sexa contraria ou favorable cara o Mariscal e os seus. En calquera caso, nun documento de 1487, catro anos despois, os Reis Católicos proban que asumen a xusteza da execución e subseguinte incautación de propiedades: “sepades que al tiempo que fue hecha justicia del Mariscal Pedro Pardo de Cela fueron confiscados y aplicados todos sus bienes...”66 . A verdade é que os Reis estiveran urxindo ós seus representantes unha solución inmediata á insubordinación da nobreza galega, impacientes porque en tres anos non se resolvera moito67 . O 28 de xuño de 1482, escriben a Acuña 66 José GARCÍA ORO, op. cit., p. 167. 67 Non é certo, derrubaran ducias de fortalezas reedificadas logo da gran revolta de 1467- 1469.
  • 25. para que “proçedades contra los delinquientes e contra sus bienes, faziendo para ello los ayuntamientos e llamamientos de gentes” (antigos irmandiños na meirande parte), citando concretamente os bispados de Lugo e Mondoñedo68 . O 31 de marzo de 1483, comunican a Acuña e Chinchilla (que volveran á Corte) que “agora nuebamente an suçedido algunos escándalos e ynvonvenientes” no Reino de Galicia, ordenándolles que “tornedes a él con los mismos cargos e con los poderes... que de nos llebastes”69 . Noutras dúas cartas do mesmo día 31 de marzo70 , mándanlles que quiten as encomendas de bispados e mosteiros ós nobres laicos, e que desterren de Galicia ó Conde de Monterrei, ó Conde de Altamira, a Diego de Andrade, a Fernando de Castro e a Pedro Bolaño. Significativamente non se nomea nin a Pardo de Cela nin a Pedro Madruga (nin ó falecido Conde de Lemos): non os consideraban xa recuperables como cortesáns. Tal é o contexto oficial no que ten lugar o enfrontamento que leva á execución e o nacemento das tradicións contraria e favorable sobre Pardo de Cela, “chibo expiatorio” dos pecados da nobreza galega. O cronista Pulgar -home clave de apoio de Henrique IV ós irmandiños en 1467- reflexa ben a tradición culta, próxima á monarquía, cando avalía como xustiza exemplar a que exerceron Acuña e Chinchilla ó facer pagar caro os seus crimes ós cabaleiros Pedro Miranda e Pedro Pardo, que pola súa condición social “no creían que podía venir tiempo 68 Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, III, pp. 10-11. 69 ídem, p. 14. 70 ídem, pp. 12-13, 16-17.
  • 26. en que la justicia los osase prender”71 . Por contra Vasco de Aponte, admirador dos violentos nobres galegos do século XV, non pode admitir que os axustizados foran malfeitores, deixando sen explicación as razóns deAcuña para mandalos matar, cousa que non fai a tradición oral. A tradición popular representada polos testemuños do Preito Tabera-Fonseca di de Pedro Pardo, á vez que recorda como aconsellou en 1469 ó vello Conde de Lemos colgar ós vasalos irmandiños dos carballos, que foi degolado polo gobernador Acuña porque desde A Frouxeira “robaba e hazia males”72 . Dos doce testemuñas que falan sobre do tema, once reiteran o argumento xusticeiro e antifortaleza, calquera que foran os seus oficios, veciñanzas (3 de Lugo, 3 de Betanzos, 1 de Monforte, 1 de Padrón e 4 de aldeas do arcebispado) ou posicións ideolóxicas73 . Só unha das testemuñas de posicións contrarias ós irmandiños (próxima á nobreza), cala o axustizamento do mariscal, soamente fai referencia ó derrocamento da Frouxeira74 , afirmando que iso fora porque “se llebantaran contra el rey”75 . Antes admitían a súa rebeldía fronte a monarquía que as súas malfeitorías cara á xente. Á maioría das testemuñas que consideran relevante o caso, non lles parecía a 71 Fernando PULGAR, op. cit., p. 357. 72 Acusación que estendían a toda a nobreza galega daquel entón, todo hai que dicilo, ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, pp. 224-225. 73 Ángel RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Las fortalezas de la Mitra compostelana y los "irmandiños", 2 vol., Pontevedra, 1984, pp. 134, 137, 176, 188, 245, 417, 420, 425, 428, 489, 565. 74 Sobre o peso da Frouxeira nos acontecementos que levan á morto do Maríscal hai máis unidade de criterio. 75 Las fortalezas de la Mitra compostelana, p. 215; o mesmo di APONTE, op. cit., p. 123.
  • 27. desobediencia ós Reis tan importante para explicar a punición do Mariscal como o seu comportamento delituoso como cabaleiro malfeitor76 . Nisto a tradición galeguista orixinaria se afastará logo da antiga tradición popular contraria a Pardo de Cela77 . En fin, podemos dicir sen temor a nos trabucar que para a opinión pública galega de fins do século XV e de comezos do século XVI, o Mariscal Pardo de Cela non fora máis que un malfeitor feudal con quen, felizmente, a xustiza publica e real arranxou contas. Tamén que non hai fonte algunha que relacione claramente ó Mariscal, e menos a súa morte legal, co bando da Beltraneja, tampouco cunha estratexia de “defensa de Galicia” fronte ó “centralismo” dos Reis Católicos, os nobres galegos non estaban niso, outra cousa o que se poida interpretar hoxe “obxectivamente”. Francisco Mayán asevera que “durante el siglo XVI estaba muy difundida la creencia en toda clase de atentados cometidos por parte del Mariscal y sus seguidores”, presentando como proba a carta executoria dun preito, entre 1549 e 1554 (non remata ata 1624), onde o neto dun criado de Pardo de Cela do infortunio do seu avó que “andava en compañia e servicio cometiendo muchos delitos e fuerzas como era publico e notorio en el dicho nuestro Reyno de 76 Di unha testemuña: “lo degollaran porque dicho Pedro Pardo dezian que robaba y hazia males”, Las fortalezas de la Mitra compostelana, p. 565. 77 Situación que non se debería corresponder coa realidade actual do nacionalismo galego, reconstruído en democracia sobre unha base popular se cadra máis clara que o nacionalismo histórico.
  • 28. Galicia”78 . Ratificando o carácter da tradición oral contraria a Pardo de Cela no século XVI, como xa vimos no Preito Tabera-Fonseca. Agora ben, non todo o mundo miraban mal ó Mariscal, no círculo dos seus familiares e criados fieis desenvólvese unha conmovedora tradición no seu favor79 , que catro séculos despois pasa á novela histórica e á ideoloxía galeguista (no sentido marxista de falsa conciencia), que presenta no Rexurdimento como maioritaria unha tradición oral que foi marxinal no seu tempo. A morte por decapitación do cabaleiro de Mondoñedo préstase abondo ó romance romántico, fagamos pois o camiño historiográfico, secular e descontinuo, do mito da tradición oral e popular (entre séculos XV-XVI) ó mito da tradición escrita, intelectual e política (séculos XIX-XX). A súa importancia non se debe minusvalorar (motiva este apartado), porque as mentalidades e actitudes, crenzas e ideoloxías son feitos salientables que repercuten na historia dun país, outrosí cando se trata das tradicións orais próximas ós feitos sanguentos tratados pola memoria histórica do século XX. Os Reis Católicos retiran do Reino de Galicia ó gobernador Acuña pero volven a envialo, ante as dificultades existentes, con poderes se cabe máis 78 Francisco Mayán, El Mariscal Pardo de Cela y la iglesia de Mondoñedo a la luz de la nueva documentación histórica, Viveiro, 1952, pp. 75-76 79 Probablemente os primeiros redactores e difusores estaban entre os que acompañaban ó Mariscal na defensa de Castro Douro, moitos deles aprehendidos logo -xunto co seu señor- en outubro de 1483.
  • 29. excepcionais, meses antes da execución de Mondoñedo80 . Logo de cumprir a súa misión81 será substituído -aínda que non deixa de botar unha man- por Diego López de Haro, home ó parecer máis sutil82 . Pese a todo ten que organizar de inmediato o sitio da fortaleza de Vilaxoán onde se atrincheirara, despois de morrer Pardo de Cela, Fernando Arias de Saavedra (sogro do Pedro Miranda tamén executado) que estaba casado coa súa filla menor Costanza de Castro, que morre neste cerco por beber auga contaminada83 . O xenro do mariscal salva a vida porque o novo gobernador traía novos aires e Diego de Andrade intercede no seu favor84 . O 12 de marzo de 1484, aínda Acuña, que contribúe a difícil transición, transferira o novo gobernador as fortalezas de Lugo e Mondoñedo85 . O 16 de agosto de 1484, Diego López de Haro ten xa no seu poder a fortaleza de Vilaxoán. O control das fortalezas foi clave para o éxito do cometido pacificador da alianza renovada entre o Estado e o pobo galego, que durou na súa parte máis dura case tres anos. Segundo as crónicas derrocáronse unhas corenta e seis fortalezas, reedificadas despois da revolución irmandiña. En 1526-1527, as testemuñas 80 Laura FERNÁNDEZ VEGA, La Real Audiencia de Galicia, I, p. 108. 81 Fernando de Acuña será despois ben recompensado polo seu papel pacificador en Galicia: en 1493, témolo de Virrei en Sicilia en nome dos Reis Católicos, RAH, Colección Salazar y Castro, tomo I, fol. 217-218. 82 Antonio LÓPEZ FERREIRO, Galicia en el último tercio del siglo XV, Vigo, 1968, p. 111. 83 Vasco de APONTE, op. cit., p. 123. 84 "... y el rey le aseguró la vida porque le sirvió en la de Málaga, mas nunca le quiso ver", Vasco de APONTE, op. cit., pp. 123-124; a relación amigable de López de Haro e Diego de Andrade evidencia os cambios ocorridos a partir da parcial substitución de Acuña. 85 José GARCÍA ORO, op. cit., p. 174.
  • 30. sentiron os feitos antinobiliarios 1480-1483, incluso a morte de Cela86 , como una segunda rolda da revolta popular de 1467-147987 . A viúva de Pardo de Cela, Isabel de Castro, tenta recuperar, no mesmo ano de 1484, os bens do Mariscal confiscados polo Gobernador Acuña, sen resultados de primeiras, pois os Reis Católicos avalaban a expropiación ilegal porque “dicho mariscal en su vida tovo ocupados e detenidos muchos bienes nuestros”88 . Polo demais testamenteiro, acredores e outros puxeran man tamén en ditos bens, o cal complicou tremendamente o proceso legal. En 1489, o Rei Fernando concede á filla e ós seus criados carta de seguro contra algúns cabaleiros89 . En 1494, esta filla maior de Pedro Pardo, Beatriz de Castro, reclama o seu dereito como herdeira universal perante o Consello Real e consegue a “devolución” de Carballo de Galdo, fronte ás pretensións do testamentario Roi Gonçalez de Ribadeneira, que “so color de complir el dicho testamento del Mariscal... entro e tomo el logar de Carballo de Galdo”90 . Non se fixo 86 Cumpre distinguir o pacifismo irmandiño entre 1467 e 1469 que respectaba a vida dos cabaleiros derrotados -conforme vimos no primeiro capítulo- e o asañamento da nova monarquía contra o nobre malfeitor Pardo de Cela no intre histórico da recuperación do monopolio da violencia por parte do Estado moderno. 87 “Vencedores e vencidos na revolta irmandiña”, conferencia de Carlos Barros no espazo cultural Portas Ártabras, organizada pola Asociaçom Cultural O Facho. A Coruña, 24 de abril de 2018 (https://youtu.be/vKAhzBkJzIc). 88 AGS, RGS, V-1484, fol. 83. 89 Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, IX, pp. 33-34. 90 José GARCÍA ORO, op. cit., pp. 165-169; dez anos despois o padre Oro inclúe este texto noutra obra borrando o parágrafo onde dicía, sen xustificación, que “Las hijas del Mariscal parecen haber conseguido su intento reivindicador”, Galicia en los siglos XIV y XV, tomo I, Pontevedra, 1987, p. 364.
  • 31. tal. O de Ribadeneira quedouse co lugar91 , a pesar de ser un ben propio de Pedro Pardo (“que conpre a Pedro de Pumarinno, vezino de Santa Marta”92 ). A filla do Mariscal logrou sentencias favorables sobre Galdo na Audiencia de Galicia, a Chancelería de Valladolid e tamén no Consello Real. O caso de Galdo é único e estará vivo durante un século, entre recursos e cambios de instancia, dende 1494 ata 1598 (sentencia definitiva)93. É por iso que esta relativa devolución tivo un grande certo impacto nos ambientes fidalgos pro-Mariscal94 , impulsando en xeral a tradición popular favorable, pero non semella que houbera outras devolucións95 . Pese a que, cara 1494, Dona Beatriz se querelara ante os Reis contra a negativa de veciños de 91 O truco foi véndelo en pública poxa, co obxecto de cumprir coas mandas testamentarias do Mariscal, e adquirilo el mesmo, José GARCÍA ORO, op. cit., p. 169; dubidamos que Ribadeneira entregara ós beneficiados as cantidades que lles viñan atribuídas no testamento. 92 El testamento del Mariscal Pedro Pardo de Cela, p. 201. 93 José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, p. 169; véxase tamén José GARCÍA ORO, María José PORTELA SILVA, “Osorios, Bolaños, Pardos y Ribadeneiras: Las casas nobles lucenses, camino de la Modernidad”, Anuario brigantino, nº 25, 2002, p. 160 94 O interpretaban como unha demostración da súa inocencia: "se o mataran por cousa má quel overa feyto, non lle bolveran seuos bes, ni as netas casaran tan nobremente ", Memorial de Saavedra, fol. 137 v. 95 “No queda evidencia documental de que estos bienes significativos reclamados a primera hora fuesen devueltos”, José GARCÍA ORO, María José PORTELA SILVA, op. cit., p. 159; veremos ademais supra ó falar do testamento do Mariscal como, en 1542, outros descendentes perden outro preito contra a Igrexa de Mondoñedo, foi o normal; na versión da Relazón reivindicando a Pardo de Cela dise claramente, falando de Beatriz de Castro, filla e herdeira principal do Mariscal, e as súas fillas: “non lle bolveran seuos bes, ni as netas casaran tan nobremente”, Memorial de Saavedra, fol. 137 v.
  • 32. Viveiro a devolverlle “muchos bienes muebles e rayzes, que ella pertenescen” como filla de Pardo de Cela96 . Os escudeiros de Pardo de Cela, despois da súa morte, capitaneados polo seu sobriño Pedro Pardo de Cabarcos, van á guerra de Granada para se congraciar cos Reis. Buscando manter legalmente a súa condición de fidalgos, obtida de feito como todo o que facía o Mariscal, fronte á opinión da nova irmandade popular organizada polos Reis Católicos que non os consideraba como tales e os empadroa. En 1515-1517 e 1528, os representantes reais actúan contra as cartas e testemuños falsos fabricados co fin facer fidalgos ós escudeiros do Mariscal97 . 96 José GARCÍA ORO, Galicia en la Baja Edad Media, p. 169. 97 Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, VII, pp. 77-79.