Introdución ao Mobile-Learning. Principais características, modelo BYOD, sistemas operativos móbiles e como instalar aplicacións a través das tendas de aplicacións ou App Stores.
3. 11.. IInnttrroodduucciióónn
Pódese definir o Mobile Learning de moitos xeitos, pero de entre todos eles o
máis común vén de empregar dispositivos móbiles na aprendizaxe.
Deste xeito o Mobile Learning ou mLearning será unha extensión do e-learning
incorporando os novos dispositivos informáticos coma Smartphones ou
teléfonos intelixentes, as Tablets e outros máis coma os e-readers ou lectores
de ebooks.
EE--LLeeaarrnniinngg ++
4. 22.. MMooddeelloo BBYYOODD
Asociado ao concepto de Mobile-Learning está o do Modelo BYOD (en inglés
Bring Your Own Device) ou trae o teu propio dispositivo. Neste modelo a
aprendizaxe a pode realizar o estudante con calquera ferramenta ao seu
alcance, xa sexa un ordenador de sobremesa, un portátil, un
notebook/ultrabook, unha tablet, un smartphone ou calquera outro dispositivo
que o permita facer uso das aplicacións e servizos web que conformen o
modelo. ¿Como é que se poden incorporar estes novos dispositivos?
5. PPrriinncciippaaiiss ddiissppoossiittiivvooss
Smartphones
Tablets
e-Readers
Notebooks
Ultrabooks
Ultraportátiles
...
Co uso de pantallas táctiles, o aumento
do almacenamento e procesamento, así
como a conexión permanente a Internet
se converten en ordenadores de peto.
Na liña dos Smartphones pero de maior
potencia e tamaño de pantalla.
Os lectores de libros electrónicos ou
ebooks son os máis descansados na
lectura ao empregar a tecnoloxía de
tinta electrónica.
Engaden teclado, touchpad, e algúns
modelos permiten separar o monitor-tablet.
9. 33.. CCaarraacctteerrííssttiiccaass
● Ubicuidade. Ao ser portables pódense empregar dende calquera lugar, como
por exemplo ao realizar actividades fóra da aula.
● Aplicacións ou apps. A instalación de aplicacións é equivalente a calquera
programa dos ordenadores de escritorio e os converte en ordenadores de peto.
● Conectividade. Capacidade conectarse a Internet ou en rede con outros
dispositivos e servizos na nube vía Wifi, 3G/4G, USB ou Bluetooth.
● Monotarefa. Forzan a traballar na ventá actual o que fai que os estudantes se
poidan concentrar mellor na tarefa.
● Facilidade de uso. Pantallas táctiles, configuración adaptada ao usuario/a,
usabilidade moi directa.
● Equipamento. Localizador GPS, cámara de vídeo e fotos, espazo de
almacenamento, baterías, etc.
● Custe. Cando non os proporciona o centro, empréganse dispositivos que xa
posúen os estudantes, sempre dentro do modelo BYOD.
● ¿Motivación?. É un aspecto moi subxectivo e en todo caso alleo á
tecnoloxía.
10. 44.. PPrroobblleemmaass
● Accesibilidade. Incorporan elementos de tecnoloxías asistivas, pero non a
garanten, con peores resultados se entramos a nivel de apps.
● Problemas de saúde. En liña coa accesibilidade, os contidos e actividades
non están deseñadas para o uso continuado dos dispositivos, de xeito que por
exemplo non se contemplan enfermidades como a epilepsia ou alerxias a
determinados metais que abundan nestes dispositivos. Os efectos de antenas e
campos electromagnéticos nos nenos/as tampouco están claros.
● Dependencia de determinadas tecnoloxías. Modelos que non soportan
BYOD adoptan apps e solucións baseadas nunha determinada marca, o que
dificulta a implantación dun modelo aberto e dificulta o seu uso.
● Falta de equipamento. Pantallas pequenas, ausencia de teclado, duración
das baterías, capacidade de procesamento e pouco espazo de almacenamento.
● Distraccións. Empregar dispositivos persoais pode levar a que os estudantes
acaben empregando apps ou visitando webs alleas á actividade. Aínda que isto
é algo común coas TIC e sen elas.
● Custe de implantación. Se se busca que cada alumno/a teña o mesmo
dispositivo e sexa unha tableta de última xeración si, pero un modelo BYOD
reduciría os custes totais.
11. 55.. SSiisstteemmaass ooppeerraattiivvooss mmóóbbiilleess
Os dispositivos móbiles máis habituais acostuman a ter instalado un sistema
operativo equiparable en gran medida ao dos ordenadores de escritorio. Este
sistema que vén por defecto depende do fabricante, de xeito que moitos veñen
limitados ou con aplicacións con intereses comerciais pre-instaladas.
Os sistemas operativos máis utilizados actualmente son:
● Android. O máis utilizado, en infinidade de dispositivos diferentes. Conta co
soporte principal de Google e cun núcleo aberto.
● iOS. Exclusivo dos produtos Apple como iPad e iPhone.
● Windows Phone. O sistema de Microsoft, que se atopa en proxecto de
unificar os seus sistemas tanto para equipos de sobremesa como móbiles.
● Outros. Existen aínda máis alternativas, como Firefox OS, un sistema
completamente libre.
12. 55.. SSiisstteemmaass ooppeerraattiivvooss mmóóbbiilleess
Os sistemas operativos móbiles permiten instalar programas, neste caso
chamadas aplicacións ou apps.
Para instalar as aplicacións teñen tendas de aplicacións ou Stores. Estas
tendas permiten descargar e instalar aplicacións no noso dispositivo, tanto apps
de pago como gratuítas.
Por outra banda, como sempre teremos algunha app de tipo navegador web,
sempre teremos a posibilidade de navegar por Internet e empregar servizos na
nube cunha funcionalidade similar á destas aplicacións.
13. 66.. EEmmpprreeggaarr mmóóbbiilleess nnaa aauullaa
Tendo en conta os problemas con estes dispositivos, e sempre buscando
minimizalos podemos empregalos na aula para sacar proveito das súas
vantaxes. Por outra banda, quedaría por resolver tamén o eterno debate de
si empregalos ou non respecto do comportamento dos estudantes na aula e
do uso que se lles dea na mesma.
14. 66.. EEmmpprreeggaarr mmóóbbiilleess nnaa aauullaa
De entre os posibles usos que lles podemos dar estarían:
✔ Participar en tarefas colaborativas de forma máis próxima.
✔ Elaboración de contidos educativos. Un único dispositivo tipo navalla suíza.
✔ Deseño de novos tipos de actividades e contidos baseados en apps e a
utilización táctil do dispositivo.
✔ Reforzo da comunicación e participación social.
✔ Soporte tecnolóxico e realidade aumentada en actividades fóra da aula.
✔ Monitorización e xeolocalización de actividades no exterior.
✔ Dispositivo informático sempre dispoñible fóra da aula.
15. 77.. CCoonncclluussiióónnss
¿Temos a obriga de empregar móbiles na aprendizaxe?
✔ Non, pero son unha ferramenta máis, con algunhas vantaxes das que
podemos sacar proveito.
✔ Por outra banda, gusten máis ou menos son tecnoloxías que todo parece
indicar veñen a quedarse, polo que é importante asimilalas nos seus primeiros
pasos.
¿Podemos minimizar os problemas derivados do uso de dispositivos
móbiles?
✔ Si, ata certo punto. Cómpre ter en conta que son unha ferramenta máis e non
a única. Pódense usar pero sen abusar delas, minimizando o total de horas
diarias diante dun dispositivo por parte dos estudantes.
✔ Convén empregalos en modelos abertos como o BYOD que eviten
dependencias tecnolóxicas ou económicas que limiten a súa expansión e
capacidades.
16. 88.. AAmmpplliiaannddoo aa bbiibblliiootteeccaa
➔ Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y
tablets en educación. Ligazón:
http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/mobile-learning
➔ Revista online Mobile-Learning de Gabit. Accesible en:
http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/revista-mobile-learning
➔ Blog da EOI sobre mLearning. Sitio web: http://www.eoi.es/blogs/mlearning
➔ Presentación en Slideshare de Paz Gonzalo. Ligazón:
Situando el aprendizaje móvil
17. Máis presentacións, aarrttiiggooss ee ppuubblliiccaacciióónnss::
Na web:
http://www.gabit.org
@ Facebook:
https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648
@ Twitter:
https://twitter.com/InfoGabit
@ Slideshare:
http://www.slideshare.net/marcosfilgueira