1. Introdución ao traballo colaborativo en mLearning
2. Ferramentas para traballo colaborativo
3. PLN: Aprendendo en rede
4. Apps para redes sociais
5. PLN da aula
Introdución ao problema de infoxicación e a necesidade de xestionar correctamente a información. Subscrición de contidos. Marcadores sociais. Curación de contidos.
Aprender a buscar apps educativas para unha determinada materia e nivel educativo.
1. Introdución
2. ¿Como buscar apps educativas?
3. Caso Android
4. Caso iOS
5. Buscadores educativos
6. Buscadores de apps para NEE
7. Outros buscadores
Introdución ao Mobile-Learning. Principais características, modelo BYOD, sistemas operativos móbiles e como instalar aplicacións a través das tendas de aplicacións ou App Stores.
Mindomo es una herramienta web gratuita para crear mapas mentales. Permite exportar mapas a varios formatos como imagen, texto, RTF y PDF, y compartirlos con otros a través de enlaces de lectura o escritura. Ofrece opciones para dar formato a texto, insertar temas y subtemas, y cambiar el estilo y color de fondo de los mapas mentales.
Unha visión ampla e razoada da utilización do software libre en educación, máis alá de factores económicos (aínda que tamén son importantes) e de preferencias persoais (que deberíamos reservar para o ámbito privado).
Introdución ao problema de infoxicación e a necesidade de xestionar correctamente a información. Subscrición de contidos. Marcadores sociais. Curación de contidos.
Aprender a buscar apps educativas para unha determinada materia e nivel educativo.
1. Introdución
2. ¿Como buscar apps educativas?
3. Caso Android
4. Caso iOS
5. Buscadores educativos
6. Buscadores de apps para NEE
7. Outros buscadores
Introdución ao Mobile-Learning. Principais características, modelo BYOD, sistemas operativos móbiles e como instalar aplicacións a través das tendas de aplicacións ou App Stores.
Mindomo es una herramienta web gratuita para crear mapas mentales. Permite exportar mapas a varios formatos como imagen, texto, RTF y PDF, y compartirlos con otros a través de enlaces de lectura o escritura. Ofrece opciones para dar formato a texto, insertar temas y subtemas, y cambiar el estilo y color de fondo de los mapas mentales.
Unha visión ampla e razoada da utilización do software libre en educación, máis alá de factores económicos (aínda que tamén son importantes) e de preferencias persoais (que deberíamos reservar para o ámbito privado).
Introdución ao estado da situación das redes sociais en España neste momento, cunha explicación das principais redes e ferramentas de utilidade para profesores.
Este documento describe varias opciones para buscar aplicaciones educativas móviles, incluyendo tiendas de aplicaciones oficiales, buscadores educativos especializados y otros recursos generales. Se analizan casos específicos para Android e iOS, y se explican las características y funcionalidades de populares buscadores educativos como Eduapps, Proyecto Guappis, Edshelf y Appyautism.
More Related Content
Similar to mLearning: Traballo colaborativo, PLN e Redes sociais (#PLE) (Galego)
Introdución ao estado da situación das redes sociais en España neste momento, cunha explicación das principais redes e ferramentas de utilidade para profesores.
Este documento describe varias opciones para buscar aplicaciones educativas móviles, incluyendo tiendas de aplicaciones oficiales, buscadores educativos especializados y otros recursos generales. Se analizan casos específicos para Android e iOS, y se explican las características y funcionalidades de populares buscadores educativos como Eduapps, Proyecto Guappis, Edshelf y Appyautism.
mLearning: Trabajo colaborativo, PLN y Redes sociales (#PLE) (Español)Juan Marcos Filgueira
1. Introducción al trabajo colaborativo en mLearning
2. Herramientas para trabajo colaborativo
3. PLN: Aprendiendo en red
4. Apps para redes sociales
5. PLN del aula
mLearning: Herramientas de evaluación y e-Portfolios (#PLE) (Español)Juan Marcos Filgueira
Este documento presenta diferentes herramientas para la evaluación en entornos de aprendizaje móvil, incluyendo e-portfolios, rúbricas, y herramientas de evaluación en plataformas de gestión del aprendizaje. Explica brevemente cómo los e-portfolios permiten a los estudiantes registrar su trabajo y recibir comentarios, y cómo las rúbricas comunican los criterios de evaluación. También describe algunas herramientas web y aplicaciones que pueden usarse para crear e-portfolios y rúbricas, así
Primeros pasos con Writer. Como crear un documento desde cero. Operaciones básicas: dar formato al texto, crear listas, insertar imágenes. El corrector ortográfico. Índices. Cabeceras y pies de página.
Juan Marcos Filgueira Gomis
Primeiros pasos con Writer. Como crear un documento dende cero. Operacións básicas: dar formato ao texto, crear listas, inserir imaxes. O corrector ortográfico. Índices. Cabeceiras e pés de páxina.
Juan Marcos Filgueira Gomis
Introducción al trabajo en la nube y a los PLE. Aplicaciones ofimáticas y de productividad. Herramientas para diseñar un PLE. Diseño de un PLE para el aula.
El documento introduce el concepto de Mobile Learning o aprendizaje móvil, que extiende el e-learning a dispositivos móviles como smartphones y tablets. Se describe el modelo BYOD que permite usar cualquier dispositivo personal y las características de los dispositivos móviles como su ubicuidad, aplicaciones, conectividad y facilidad de uso. También se mencionan problemas como la accesibilidad, salud, dependencia tecnológica y distracciones, aunque se puede minimizar estos usándolos como una herramienta más sin abusar
Este documento describe varias funciones avanzadas de administración en Moodle como calendarios, gestión de cursos, usuarios e importación/exportación. También cubre configuración de filtros, idiomas y la página principal.
Este documento presenta una guía sobre cómo realizar encuestas y consultas en Moodle a través de tres oraciones. Introduce actividades como encuestas y consultas para obtener opiniones de los estudiantes de forma anónima o pública sobre temas generales de los cursos. Explica cómo añadir una actividad de consulta en Moodle para definir las preguntas, opciones y configuración de la encuesta. Finalmente, muestra cómo ven los estudiantes el formulario para votar y los profesores la tabla de resultados de cada opción de forma anónima.
Este documento describe cómo grabar y editar sonido y video con software libre. Explica cómo usar programas como Audacity para grabar y editar audio, añadiendo efectos o importando archivos de sonido. También cubre cómo grabar video con una cámara o webcam y obtener recursos de audio y video con licencias abiertas de sitios como Wikimedia Commons y Jamendo.
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeiesasorey
Descrición da paisaxe do río Umia, que foi fonte de inspiración de poetas e do que xurdiron lendas que quedaron fixas na tradición oral galega. Elaborada por Aldara Rey Blanco, de 3º ESO B
Sobre as revoltas sociais que rematan coa morte dos señores na Baixa Idade Media. Tradución ó galego e actualización da anterior versión "Violencia y muerte del señor en Galicia a finales de la Edad Media", Studia Histórica. Historia Medieval, Salamanca, vol. IX, 1991, pp. 125-157.
3. 11.. IInnttrroodduucciióónn aaoo ttrraabbaalllloo ccoollaabboorraattiivvoo eenn mmLLeeaarrnniinngg
Os dispositivos móbiles, xa sexan smartphones ou tablets, dispoñen de moitas
ferramentas no ámbito da comunicación de maneira que ofrecen moitas
posibilidades para traballo social.
Ao ser dispositivos que evolucionaron dunha ferramenta exclusivamente
comunicativa como son os teléfonos, este aspecto atópase altamente integrado e
tanto a través das características propias do dispositivo, por exemplo a través dos
sistemas de notificación, como do funcionamento das apps propias da categoría de
comunicación como apps de mensaxería, correo electrónico ou redes sociais, que
son moi directas e intuitivas.
4. 22.. FFeerrrraammeennttaass ppaarraa ttrraabbaalllloo ccoollaabboorraattiivvoo
Ademais das ferramentas para comunicación, determinadas ferramentas e servizos
web nos permiten traballar nun mesmo documento ou compartir un proxecto de
traballo entre varios usuarios.
✔ Ferramentas de comunicación. Mensaxería instantánea, correo electrónico e
redes sociais, videoconferencia, etc. Son aplicacións e servizos que permiten a
comunicación persoa a persoa ou en grupo.
✔ Ferramentas ofimáticas. Edición de documentos, páxinas web, blogs e wikis,
almacenamento de arquivos, organización do traballo, encerados e escritorios
compartidos, etc.
✔ Xogos e simuladores educativos. Que permitan participar ao mesmo tempo a
varios usuarios/as para completar o xogo, actividade ou simulación.
Realmente temos infinidade de aplicacións e servizos en cada categoría. Podemos
probar, ir comparando ou consultar as experiencias educativas doutros
compañeiros/as para ir orientándonos. A continuación veremos algúns exemplos de
apps da primeira categoría, en concreto para mensaxería e videoconferencia.
Probablemente sexan as apps de máis delicada aplicación na aula, se ben, poden
ser axeitadas para comunicación con grupos de compañeiros/as.
5. Ferramentas ppaarraa ttrraabbaalllloo ccoollaabboorraattiivvoo
WWhhaattssaapppp
Unha das apps máis coñecidas, que xunto con Line
ou Facebook Messenger ocupa os primeiros postos
nos rankings de aplicacións de mensaxería.
Orientada ao envío de mensaxes de texto, permite
tamén o envío de imaxes, vídeo, emoticonas,
localizacións de googlemaps e gravacións de son.
Permite crear grupos de usuarios, onde todos
comparten as mensaxes e outros documentos
enviados. Só se pode comunicar con outros usuarios
que teñan conta en Whastapp a diferenza do correo
electrónico, e a pesar de ter un prezo moi axustado
non é gratuíta. Diferentes experiencias educativas
con esta app, ofrecen resultados dispares, e incluso
desaconsellados para a comunicación coas familias
dos estudantes.
Neste caso non é un servizo web 2.0, polo que só se
poderá acceder a través das apps nativas para os
principais sistemas operativos móbiles (Android, iOS,
Windows Phone e outros).
6. FFeerrrraammeennttaass ppaarraa ttrraabbaalllloo ccoollaabboorraattiivvoo
HHaannggoouuttss
Este servizo si é gratuíto, e permite ademais de chat,
videoconferencia simultánea en grupos de ata 10
persoas.
Permite enviar imaxes dende o dispositivo,
emoticonas, ligazóns ou dispoñer de chat paralelo á
videoconferencia. Por outra banda, dispón de
opcións avanzadas para traballo en grupo, permitindo
compartir a pantalla e instalar extensións con
funcionalidades adicionais como ferramentas de
debuxo, escritorio remoto, sincronización de vídeos
de Youtube, ferramentas para facer diagramas, etc.
Neste caso si é un servizo web 2.0, polo que
podemos acceder ao mesmo a través da web, pero
ademais dispón de apps nativas para os principais
sistemas operativos móbiles.
7. FFeerrrraammeennttaass ppaarraa ttrraabbaalllloo ccoollaabboorraattiivvoo
SSnnaappcchhaatt
Nesta app de chat as conversas elimínanse por
defecto, tan só se gardan aquelas mensaxes de texto
que así se indiquen, polo que se pode eliminar toda a
parte da conversación superflua e manter rexistro só
de aquelo que é necesario gardar.
Permite enviar fotografías ou snaps directamente, así
como videoconferencia en forma de vídeos de 10
segundos. Podes forzar a eliminación dos snaps
marcándolles un tempo de vida, así como debuxar
sobre eles (liñas sinxelas). Aínda que unha mensaxe
de texto pode gardarse, non así o snap ou foto, aínda
que sempre habería a opción de sacar unha captura
de pantalla co móbil.
Neste caso non é un servizo web 2.0, polo que só se
poderá acceder a través das apps nativas para os
principais sistemas operativos móbiles (Android e
iOS).
8. Ferramentas ppaarraa ttrraabbaalllloo ccoollaabboorraattiivvoo
As aplicacións de mensaxería, en especial, as de mensaxería efímera ou que
se auto-elimina como a anteriormente comentada son un risco no uso de
dispositivos móbiles na aula, de aí que como educadores teñamos que
coñecelas.
Como ferramenta non é boa nin mala, depende do uso que se lle dea, pero son
programas asociados a problemas como o ciberacoso ou o sexting, envío de
mensaxes de contido sexual. O feito da falsa ilusión de que a mensaxe se auto-destrúa
facilita a aparición deste tipo de condutas.
As recomendacións do instituto nacional de ciberseguridade (INCIBE) ao
respecto aconsellan:
• Respectar as idades mínimas de uso, no caso de Snapchat está en 13 anos.
• No caso de menores non contactar nunca con adultos nin descoñecidos.
• Non proporcionar nunca datos persoais de ningún tipo:
(enderezo, número de móbil, escola, etc).
• Bloquear aos usuarios que envíen material ofensivo.
• En caso de estar sendo acosado, denunciar.
9. FFeerrrraammeennttaass ppaarraa ttrraabbaalllloo ccoollaabboorraattiivvoo
PPiipp
Pip é unha app representativa doutro modelo de
aplicacións de mensaxería xa que se basea no
minimalismo e no uso de mensaxes predefinidos.
Por un lado limítase a comunicación, pero por outro
gáñase en seguridade, ao poder empregar só as
mensaxes predefinidos e por outro en velocidade, pois en
vez de teclear as mensaxes completas só hai que
seleccionalas. Por exemplo: ¿onde estás?, ¿fixéches
iso?, chego tarde, etc. Ademais ten opcións de
xeolocalización.
Neste caso non é un servizo web 2.0, polo que só se
poderá acceder a través das apps nativas para os
principais sistemas operativos móbiles (Android e iOS).
As aplicacións educativas desta app de mensaxería son
mínimas pero ampliando as mensaxes existentes, este
modelo sería un mecanismo de mensaxería educativo
moi seguro, sobre todo para o seu uso nos niveis iniciais.
10. FFeerrrraammeennttaass ppaarraa ttrraabbaalllloo ccoollaabboorraattiivvoo
mmyyMMaaiill
((mmááiiss eexxeemmppllooss))
Dispoñemos de infinidade de apps específicas para
xestionar o correo electrónico dende o noso dispositivo
móbil. Moitas son específicas para un determinado
sistema (só para Android ou só iOS), ou exclusivas para
un determinado servizo como a App de Gmail. A app
myMail nos permite ter varias contas de diferentes
servizos a un tempo, incluíndo: Gmail, Yahoo, Hotmail,
AOL, e case todos os servizos IMAP e POP3 (incluíndo
os correos corporativos como @edu.xunta.es).
Entre as súas características están o empregar
notificacións Push configurables para os emails recibidos,
avatares para os contactos, busca de correos en todas as
contas a un tempo, e moitas máis.
Neste caso podemos acceder a cada servizo de correo a
través da web ou con un cliente de escritorio, pero
ademais se poderá acceder a través das apps nativas
para os principais sistemas operativos móbiles (Android e
iOS).
11. FFeerrrraammeennttaass ppaarraa ttrraabbaalllloo ccoollaabboorraattiivvoo
((mmááiiss eexxeemmppllooss))
GGooooggllee KKeeeepp
Google Keep é unha app con moitas posibilidades
educativas. Está orientada na forma dun mural de notas
ou postits onde recoller anotacións, imaxes ou pequenas
gravacións de sons. O xeito de permitir a participación de
varios usuarios permite que cada nota poida ser editada
por máis dunha persoa e así marcar tarefas para indicar
que están resoltas, organizando os equipos de traballo.
Ademais pode servir para organizar ideas, crear murais,
realizar bosquexos de traballos e publicacións, e moitos
usos educativos máis.
É un proxecto novo e moi visual, polo que se espera que
en breve inclúa aínda máis funcionalidades.
Como é un servizo web 2.0 podemos acceder a través da
web dende calquera dispositivo, pero ademais dispón de
app nativa para Android e unha web móbil optimizada
para iOS.
12. FFeerrrraammeennttaass ppaarraa ttrraabbaalllloo ccoollaabboorraattiivvoo
MMiinnddMMeeiisstteerr
((mmááiiss eexxeemmppllooss))
MindMeister é unha das apps con maior alcance no
campo de elaboración de diagramas e mapas
conceptuais de xeito colaborativo. As opcións de
edición son moi similares a outros servizos pero
permite máis opcións de colaboración así como para
compartir e publicar os mapas elaborados. Só ten unha
gran limitación, a versión gratuíta limítase a 3 mapas
por conta.
Dispón de moitas opcións de edición, posibilidade de
incrustar os mapas noutras páxinas web como blogs,
achegar arquivos doutros servizos como Dropbox ou
Evernote, exportación a múltiples formatos como
Powerpoint, RTF, PDF ou imaxes, e moitas máis
opcións.
Como é un servizo web 2.0 podemos acceder a través
da web dende calquera dispositivo, pero ademais
dispón de apps nativas para Android e iOS.
13. 33.. PPLLNN:: AApprreennddeennddoo eenn rreeddee
Un dos modelos de aprendizaxe que máis se está estendendo dende a eclosión
das redes sociais é o de PLN ou Rede Social de Aprendizaxe.
Neste modelo cada estudante dispón dunha PLN ou rede social que establece
el mesmo e que a forma a partires das súas relacións con outras persoas e
comunidades sempre que esas relacións lle aporten beneficios de cara á
aprendizaxe. Tanto na súa formación ao longo da vida como na súa
aprendizaxe dunha determinada temática ou área.
A PLN agrupa e representa, de maneira análoga a
como o facía o PLE todas aquelas relacións e
comunicacións que establece un estudante, e a
través de calquera medio. En persoa,
videoconferencia, correo electrónico, mensaxería,
foros, comunidades virtuais, e sobre todo no campo
do mLearning, cobrarán especial relevancia as redes
sociais e todas as comunicacións anteriores que se
realicen a través de dispositivos móbiles.
14. PPLLNN:: AApprreennddeennddoo eenn rreeddee
A PLN sérvenos para definir e representar todas esas relacións, tanto a nivel de
aplicacións, servizos e ferramentas de comunicación empregadas, como as
persoas, listas, eventos, grupos ou comunidades cos que se estableza unha
relación e posúan especial relevancia.
Blog de aula
Compañeiros,
amigos, máis, ...
PLN
Ferramentas de comunicación
Redes sociais
Usuarios/as
Grupos
Listas
Eventos
Hashtags
Mensaxería
15. 44.. AAppppss ppaarraa rreeddeess ssoocciiaaiiss
FFaacceebbooookk
Facebook é a rede social con máis usuarios e unha
das máis coñecidas. Como todas as redes sociais
existe un fondo debate sobre se é axeitada ou non
para a súa utilización na aula, se ben, o seu uso
estendido e as posibilidades de comunicación que
ofrece fan dela unha ferramenta con moitas
posibilidades.
Cada usuario, páxina ou grupo de usuarios dispón
dun muro onde se poden publicar textos, ligazóns ou
imaxes. Ademais dispón da posibilidade de crear
eventos, recibir notificacións e opcións de
mensaxería. Cada usuario pode consultar unha liña
de tempo con publicacións das persoas, grupos ou
páxinas aos que siga ou estea subscrito.
Como é un servizo web 2.0 podemos acceder a
través da web, pero ademais dispón de apps nativas
para os principais sistemas operativos móbiles.
16. AAppppss ppaarraa rreeddeess ssoocciiaaiiss
TTwwiitttteerr
Twitter é a segunda rede social con máis usuarios. A
diferenza de Facebook é completamente pública
permitindo acceder aos muros e seguir a calquera
usuario. Destaca por ter unha limitación no tamaño
das mensaxes de 140 caracteres, o que fai que se
adapte mellor a contornos móbiles.
Esta rede é pioneira no uso de Hashtags ou
etiquetas para agrupar mensaxes sobre unha mesma
temática entre todos os usuarios da rede.
Actualmente ademais de mensaxes de texto permite
achegar imaxes. Así mesmo permite a creación de
listas de usuarios para facilitar o seguimento, pois
podemos vernos desbordados pola avalancha de
mensaxes da rede ou tuits.
Como é un servizo web 2.0 podemos acceder a
través da web, pero ademais dispón de apps nativas
para os principais sistemas operativos móbiles.
17. AAppppss ppaarraa rreeddeess ssoocciiaaiiss
IInnssttaaggrraamm
Instagram é unha rede social especializada en
fotografías, que serán os elementos a compartir e
comunicar dentro da rede. A súa orixe vén derivado
do aumento das prestacións nas cámaras dos
móbiles e ten como finalidade facilitar a distribución
das mesmas. Aínda que ten unha orientación moi
concreta cara as fotografías dispón dun grande
número de usuarios.
Como características ampliadas permite gravar
tamén vídeos e aplicar filtros nas fotografías para
aplicar efectos, modificalas ou corrixir erros.
Como é un servizo web 2.0 podemos acceder a
través da web, pero ademais dispón de apps nativas
para os principais sistemas operativos móbiles.
18. AAppppss ppaarraa rreeddeess ssoocciiaaiiss
VViinnee
Do mesmo xeito que Instagram era para fotografías,
Vine é unha rede social exclusiva para vídeos, pero
ao igual que Twitter limitaba os caracteres, Vine vai
limitar a duración dos vídeos, limitándoos a seis
segundos de duración. De novo ten a súa orixe na
capacidade de gravar vídeos con dispositivos
móbiles, de aí tamén a limitación da súa duración.
Permite buscas por categorías ou vídeos populares e
presenta moitas opcións para publicar os vídeos
noutras redes sociais, como Twitter.
Como é un servizo web 2.0 podemos acceder a
través da web, pero ademais dispón de apps nativas
para os principais sistemas operativos móbiles.
19. PPLLNN ddaa aauullaa
Do mesmo xeito que facíamos cos PLE, distinguindo entre o noso PLE persoal
e o da aula podemos facer o mesmo coa nosa rede de aprendizaxe ou PLN.
Podemos empregar unha PLN para nós utilizando calquera medio que xa
esteamos utilizando ou ben outros que consideremos de interese, e limitar ou
personalizar esa rede para a aula, atendendo ás características do noso
alumnado.
Tamén cómpre distinguir entre aquelas ferramentas coas que nos encontremos
máis cómodos e aquelas outras que poidan derivar en problemas na aula. Por
exemplo, pode haber docentes aos que o servizo de mensaxería Snapchat lles
permita realizar unha actividade, porque os seus estudantes o empregan
habitualmente, e outros que non teñan un dominio da ferramenta ou pensen
que poida dar lugar a problemas de comportamento.
Así mesmo, nos niveis inicias é moi difícil determinar que ferramentas
empregar, hai quen usa unha conta xenérica de Twitter para toda a aula, e
deste xeito os estudantes poden interactuar na rede social e sempre baixo a
supervisión do educador, pero hai que lembrar que todas as redes sociais
definen unhas políticas de uso con restricións de idade que hai que respectar.
20. 55.. PPLLNN ddaa aauullaa
Por outra banda, non hai que esquecer, que sobre todo para os niveis iniciais, onde
as restricións de idade das redes sociais teñen maior impacto, dispoñemos de redes
educativas específicas como Edmodo ou Tiching, onde si se permite a participación
dos máis pequenos, xa que inclúen máis medidas de seguridade, ou que os LMS
como Moodle, incorporan ferramentas de comunicación como foros ou chats, que
quedan no ámbito da aula o de centro, e que permiten introducir aos nenos no
traballo colaborativo sen saír ao exterior.
Tendo todo isto en conta, o mellor é decidir en cada momento e para cada situación
que redes e que ferramentas de comunicación empregar, e, iso si, deseñar unha
PLN clara que os estudantes poidan ter como referencia, e que saiban como
consultar e como publicar nela.
Claves para definir a PLN da aula:
✔ Analizar o grupo de estudantes, idades, preferencias, hábitos, etc.
✔ Seleccionar as redes sociais e outras ferramentas de comunicación máis
axeitadas.
✔ Deseñar de maneira gráfica a PLN como referencia para o docente e os
estudantes.
21. 66.. CCoonncclluussiióónnss
✔ Os dispositivos móbiles son ferramentas esencialmente comunicativas e
por tanto teñen moitas funcionalidades para favorecer a comunicación en
contornos de traballo colaborativo.
✔ As principais aplicacións para traballo colaborativo inclúen ferramentas de
comunicación como son as apps de mensaxería e redes sociais, ferramentas
ofimáticas ou de produtividade en grupo, xogos e simuladores.
✔ Dispoñemos de moitas alternativas na categoría de aplicacións de
mensaxería, que presentan diferentes características. Estas diferenzas serán
determinantes para prever riscos tales como o ciberacoso.
✔ A rede social de aprendizaxe ou PLN permítenos definir o contorno de
comunicación que resulta beneficioso para a nosa educación, recollendo
aquelas aplicacións, servizos de comunicación e relacións que establecemos
con outras persoas.
✔ Ademais da nosa PLN persoal podemos empregar unha PLN para a aula,
adaptándoa ás necesidades específicas dos nosos estudantes.
22. 77.. AAmmpplliiaannddoo aa bbiibblliiootteeccaa
➔ Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets
en educación. Ligazón: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/mobile-learning
➔ Revista online Mobile-Learning de Gabit. Accesible en:
http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/revista-mobile-learning
➔ Documentación de ciberseguridade do INCIBE. Sitio web: https://www.incibe.es.
➔ Publicacións da UNESCO sobre aprendizaxe móbil:
http://www.unesco.org/new/es/unesco/themes/icts/m4ed/publications
23. Máis presentacións, aarrttiiggooss ee ppuubblliiccaacciióónnss::
Na web:
http://www.gabit.org
@ Facebook:
https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648
@ Twitter:
https://twitter.com/InfoGabit
@ Slideshare:
http://www.slideshare.net/marcosfilgueira