3. Folla de ruta
1. Calendarios
2. Administración de cursos e categorías
3. Administración de usuarios: Importación e permisos
4. Importación/exportación de cursos/actividades
5. Mensaxería interna e correos
6. Configuración de Filtros: Tex, Censura, Wikis, ...
7. Outras opcións de configuración
8. Ampliando a biblioteca
4. Anteriormente no Moodle ...
1. Recursos e contidos para os alumn@s
2. Tarefas e actividades individuais ou en grupo
3. Avaliación e resolución de dúbidas
- Enviar arquivos
- Texto en liña BLOG
- Fóra do Moodle
- Foro - Taller/Lección
- Glosario
- Páxina web - Wiki Cualificacións
- Web 2.0 - BD - Cuestionarios
- Ficheiros - HotPotatoes
- SCORM - Jclic - Foro
- Consultas - Chat
- Vídeoconferencia
1. Recursos 2. Tarefas 3. Comunicación
6. Calendarios
Bloque no curso que marca os
próximos eventos
Diferentes tipos de eventos:
1
» Globais: Afectan a todo o sitio, como eventos do
centro ou tarefas de administración.
» De curso/grupo: Publicados polo profesorado dun
curso ou grupo, restrinxido aos seus estudantes.
» De usuario: Recordatorios para o usuario, que só
poderá ver el.
As actividades con data límite, como poden ser as tarefas aparecen como
eventos no calendario do seu curso automaticamente.
Os eventos aparecerán resaltados no curso cunha cor diferente.
Premendo sobre o calendario (1) “Mes - Ano” verémolo en detalle...
7. Calendarios
Vista do calendario (axenda)
(1) Vista dos eventos con descrición ampliada
(2) Resumo do mes anterior e seguinte
(3) Posibilidade de exportación a iCal, estándar de calendarios/axendas
(4) Engadir un novo evento
8. Calendarios
Engadindo un novo evento
0
(0) Selecciónase o tipo de evento
(1) Nome curto que aparecerá no
calendario
(2) Descrición longa
(3) Data de comezo
(4) Duración
(5) Repetición do evento, p. ex.
para eventos que teñen lugar
todos os mércores dun curso.
9. Calendarios
Configuración de preferencias
» A configuración do calendario pode facerse, para cada calendario ou dende
administración para todos os calendarios do sitio.
» Para cada calendario temos a posibilidade dende o botón
“Preferencias” de:
- Formato de horas (24h ou am/pm)
- Día de comezo da semana
- Nº máximo de eventos próximos
» Dende “Administración → Presentación → Calendario”
podemos indicar a configuración de:
- As anteriores
- Marcar os días da fin de semana
Estas opcións marcaranse por defecto pero poden redefinirse por calendario.
11. Administración de cursos
Xestión dende unha categoría
(1) Lista de cursos (5) Seleccionar outra categoría
(2) Engadir novos cursos (6) Mover cursos seleccionados a outra categoría
(3) Renomear a categoría (7) Operacións rápidas para cada curso
(4) Buscar na lista actual
12. Administración de cursos
Xestión dende unha categoría
(7) Operacións rápidas para cada curso:
» Editar curso » Amosar/ocultar curso a estudantes
» Asignar papeis do curso » Facer copia seguridade/restaurar
» Eliminar, borrar o curso completamente » Ordenar curso na categoría
13. Administración de cursos
Pequenas suxestións
» Engadir un curso lévanos ao formulario de configuración de curso onde
especificamos como será o novo curso baleiro
» Un sitio Moodle non parará nunca de medrar, as categorías axúdannos a
mantelo ordenado e facilitan a xestión. Podemos categorizar por cursos,
materias, departamentos, temáticas, ou calquera outro concepto
» Pódense asignar papeis por categorías especificando permisos diferentes
en cada unha que se herdan a todos os cursos desa categoría
» Para eliminar categorías temos que facelo dende a páxina inicial de cursos
15. Administración de usuarios
» Para dar de alta usuarios/as nos cursos teñen que ter conta no moodle previamente
» As contas poden crearse a partir dun directorio externo (LDAP) ou crearse manualmente (2)
» Dende (1) “Usuarios > Explorar lista de ...” podemos ver a lista completa de contas xa creadas:
» (3) Editar o perfil ou eliminar ese usuario (eliminarase dos cursos asociados, agás en foros e
rexistros
» (4) Opcións de busca por nome/apelidos ou busca dunha cadea de texto concreta (nome/login)
16. Administración de usuarios
Importación dende arquivo
» Pódense crear ou mesmo eliminar usuarios de forma masiva dende arquivo
» Os arquivos serían de texto plano (editado co Gedit/Notepad/...) co seguinte formato:
» Na primeira liña indícanse os campos que se van cargar (separados por comas):
1 | username, password, firstname, lastname, email
» A continuación en cada liña irán os datos de cada usuario/a, nun por liña:
2 | alumno1, ****, alumno, uno, alumno.moodle1@gabit.es
3 | alumno2, ****, alumno, dos, alumno.moodle2@gabit.es
» Temos campos especiais como:
- Course: Especifícase o curso no que se matriculará
- Type: Con valores como (1 = Estudiante, 2 = Profesor editor, ...)
- Deleted: Valores (0/1) para eliminar o usuario
» Con cargas sucesivas podemos mesmo actualizar datos
17. Administración de usuarios
Inscrición dende arquivo
» Unha vez gardado o arquivo podemos cargalo
dende a opción de administración:
» Outra posibilidade é activar a “Cursos > Inscrición > Ficheiro plano” opción que nos
permitirá cun formato ampliado especificar se queremos “engadir/eliminar” usuarios/as
Formato
Ubicación
(cartafol do servidor)
cron.php
18. Administración de usuarios
Permisos
» Os permisos asígnanse por perfís para todo o sitio, deste xeito todos os Usuarios/as
dun perfil terán os mesmos, poderán facer as mesmas cousas
» Para distinguir permisos entre o mesmo grupo de usuarios/as teremos que crear un
Perfil novo (duplicado) e axustalo. P.ex. Profesores con e sen permisos de matriculación
Diferentes módulos
e permisos predefinidos
en moodle
20. Importación/exportación
Cursos completos ou recursos
Backup
Chats Flash Pdf
Web Imaxes
ZIP
Cuestionarios Foros Tarefas
» Pódese facer unha copia de seguridade dun curso completo ou parcialmente
seleccionando aqueles recursos ou actividades que nos interesen
» A copia de seguridade do curso, completa ou parcial empaquétase nun arquivo ZIP
» Ese arquivo ZIP podemos subilo ao mesmo ou outro moodle e restaurar o curso
completo ou os recursos e actividades individuais
» Transferir cursos entre diferentes moodle
» Reaproveitar cursos con temática similar
» Reaproveitar recursos e actividades individuais
» Prevención de catástrofes ou borrados accidentais
22. Importación/exportación
Cursos completos ou recursos
Backup
(1) Dende o menú de Administración do curso podemos facer
a copia de seguridade (total ou parcial) do mesmo
(2) Coas opcións de restaurar e importar podemos ou ben
restaurar o curso a partires dunha copia anterior ou importar
elementos doutro curso do sitio (fai un backup automático)
» As diferentes copias de seguridade que creemos gardaranse nos Ficheiros do curso
no cartafol “backupdata”. Así mesmo se imos importar elementos a partir da copia
d.outro curso é moi recomendable facelo dende este cartafol:
Nota: Importar fai os dous pasos nun, fai a copia e a restaura.
23. Importación/exportación
Copia de seguridade
Backup
» Lanzamos a opción de copia de seguridade:
(1) Aparecen as diferentes actividades e recursos agrupados por tipo, para
incluílos ou non na copia abonda con marcalos/desmarcalos
(2) Os datos de usuario serían as actividades dos usuarios/as neses recursos
ou actividades, como participación nos foros, tarefas enviadas, cualificacións,
se queremos un novo curso baleiro o mellor será non incluílos
24. Importación/exportación
Copia de seguridade
Backup
» As últimas opcións serán xerais:
(1) Usuarios: Datos de todos os usuarios, só os do curso, ou ningún. Neste último
caso eliminaríase mesmo o que seleccionamos anteriormente
(2) Rexistros: Só de actividade, ver se se visitou un rexistro e cando a efectos de
Certificación
(3) Ficheiros de usuario: Arquivos subidos polos estudantes a través das actividades
(4) Ficheiros do curso: Arquivos subidos polo profesor a través do cartafol de
“Ficheiros” do curso e que non están ligadas en ningunha actividade ou recurso
25. Importación/exportación
Copia de seguridade
» Rematado o proceso aparecerá un novo arquivo ZIP no cartafol “backupdata” Backup
2
3
1 Curso
Descargar
» Nota: Algúns módulos como lección o taller non permiten copia de seguridade
» Nota2: Algunhas actividades como o glosario e o cuestionario teñen as súas
propias opcións de importación/exportación
26. Importación/exportación
Restaurar/importar
(1) Restaurar sería o proceso inverso da copia de seguridade, a partir do ZIP Backup
cunha copia, creamos un curso novo completo ou engadimos algunhas das
súas actividades
(2) Dispoñemos de varias opcións:
→ Restaurar creando un novo curso
→ Restaurar no curso actual borrándoo
→ Restaurar no curso actual engadindo
1 Curso
Restaurar
(3) Seleccionar recursos e
actividades
(4) Datos de usuario
28. Mensaxería
Mensaxes de usuario/a
» Nota: Son mensaxes internas, non correos, a non ser que se envíe tamén a copia.
Existen dúas formas de consultar as nosas mensaxes:
(1) A través do perfil, accedemos a partires do noso nome de usuario e podemos
premer directamente o botón “Mensaxes”:
(2) A través do bloque mensaxes, que se pode engadir en cada curso. Permite
acceder máis rapidamente e ver as mensaxes pendentes e quen as envía (3).
29. Mensaxería
Mensaxes de usuario/a
» Mensaxes abre unha nova ventá coas opcións, para consultar as mensaxes
recibidas, buscar contactos no sitio e enviar novas mensaxes
(1) Lista de mensaxes pendentes
(2) Lista de contactos preferidos gardados
(3) Buscar novos contactos ou no historial de
mensaxes
(4) Modificar as opcións de Configuración,
como: Abrir a ventá de mensaxes
Automaticamente, enviar correos electrónicos
ao estar desconectado, emitir son de aviso, ...
(5) A páxina refréscase cada certo tempo para
amosar se chegaron mensaxes novas
30. Mensaxería
Mensaxes de usuario/a
» Ao seleccionar unha das mensaxes recibidas imos a unha nova ventá de detalle
(1) Vemos as mensaxes enviadas e o remitente
(2) Podemos enviar mensaxes
en resposta
(3) Podemos engadir ese contacto
a nosa lista persoal
(4) Podemos bloquealo se é un
pesado
(5) Podemos consultar todo o
Historial de mensaxes con ese
usuario/a
31. Mensaxería
Enviar unha mensaxe a un usuario/a
» Para enviar unha nova mensaxe a un usuario calquera do sitio abrimos a ventá de
Mensaxes e imos á pestana “Procurar” (1). Alí poñemos o nome do usuario/a e
prememos en “Buscar” (2).
(1) Vemos os resultados das busca cos posibles
usuarios coincidentes
(2) Premendo sobre o usuario/a pasamos á ventá
de edición de mensaxes
(3) Aparecen outras opcións como: engadir o
contacto, ver se está conectado e consultar o
historial de mensaxes con esta persoa
32. Mensaxería
Enviar unha mensaxe aos participantes
» Para enviar unha mensaxe como profesor a todos os
participantes dun curso (p.ex. para un aviso xeral) pode
facerse dende o bloque “Persoas > Participantes” (0) que 0
nos levará a unha lista con todos os participantes do curso
(distinguindo por perfís, grupos ou outros parámetros)
» Seleccionamos os usuarios cos que queremos comunicar (1) e escollemos a opción
“Enviar mensaxe” (2)
33. Mensaxería
Enviar unha mensaxe aos participantes
(1) Corpo da mensaxe para todos os participantes seleccionados
(2) Antes de envialo ofrécenos unha visualización previa da mesma para previr
erros (presuponse que son mensaxes importantes)
(3) Danos a opción de eliminar da lista algún usuario que se engadira por erro
34. Actividade: Administrando o sitio (I)
1. Crea un curso nunha categoría nova “Curso Moodle”.
2. Engade un bloque Calendario no curso co evento “Comezamos os
curso, agarrádevos os machos”.
3. Carga os estudantes do curso a partires dun arquivo de texto coa
opción de importación.
4. Importa un subconxunto dos recursos e actividades doutro curso.
5. Envía unha mensaxe de saúdo a todos os participantes dun curso.
36. Configuración de Filtros
Notación matemática, autoligazóns,
Palabras censuradas, limpeza de código, etc...
(1) Imos á opción “Módulos > Filtros”
(2) Lista dos diferentes filtros dispoñibles/activados
(3) Máis que amosar/ocultar sería (des)activar
(4) Configuración » opcións específicas de cada filtro (rutas, plugins, opcións, ...)
38. Outras opcións
Editar idiomas (textos)
(1) Imos á opción “Idioma > Editar idiomas”
(2) Lista das diferentes páxinas que se poden editar (en inglés), seleccionamos unha
(3) Aparecen as cadeas xa traducidas e as que non sairán baleiras. Modificar e gardar.
39. Outras opcións
Configurar a páxina principal
(1) Opcións de menú para configurar os bloques e aspecto da páxina principal
(2) Textos para título e descrición do sitio
(3) Aspecto da páxina para usuarios anónimos
(4) Aspecto para usuarios que xa se identificaron
40. Outras opcións
Configurar actividades e bloques
(0) Podemos configurar as actividades e bloques que estarán dispoñibles para
engadir nos cursos
(1) Activando/desactivando aparecerán ou non nos despregables dos cursos
(2) Determinados elementos dispoñen de opcións de configuración propias. As
configuracións aquí especificadas hérdanse para todos os cursos da plataforma.
41. Outras opcións
Importar cuestionarios en formato Aiken
Formato simple para cargar preguntas de resposta múltiple (só este tipo), segundo
o seguinte modelo:
Nun arquivo de texto, que podemos editar cun editor sinxelo como o bloc de notas ou
o gedit engadir a pregunta nunha liña e as opcións coa súa letra/orde.
1 | Cal é a resposta?
2 | A) Esta
3 | B) Estoutra
4 | C) Esta non é
5 | D) Ningunha
6 | ANSWER: A
Cada pregunta/resposta irá nunha liña. As respostas indicaranse cunha letra seguida
de . ou ), e por último se indicará a resposta correcta coa palabra chave ANSWER
seguida da letra da opción boa.
Pódese engadir calquera número de preguntas que ao cargarse pasarán a formar
parte do banco de preguntas do Moodle.
42. Outras opcións
Importar cuestionarios en formato GIFT
O formato GIFT deixa importar máis tipos de preguntas:
Exemplo opción múltiple:
1 | ¿Cantos lados ten un triángulo? {~un ~cinco =tres}
2 |
(A liña dúas vai en branco para separar as preguntas)
Exemplo encher ocos:
3 | Un cadrado {~un ~tres =catro} lados iguais.
4 |
Exemplo resposta curta:
5 | Dous máis dous son {=catro =4 =4.0}
6 |
43. Outras opcións
Importar cuestionarios en formato GIFT
Exemplo numéricas:
7 | ¿En que ano foi a caida de Constantinopla? {=1453}
8 |
Exemplo emparellar:
9 | Asocia cada país coa súa capital. {
10| =Francia -> París
11| =Grecia -> Atenas
12| =Exipto -> Cairo
13| =Rusia -> Moscova
14| }
Unha vez rematado o arquivo se garda e se procede a importar no cuestionario.
45. Anteriormente no Moodle ...
1. Recursos e contidos para os alumn@s
2. Tarefas e actividades individuais ou en grupo
3. Avaliación e resolución de dúbidas
4. Administración
Xestión: - Enviar arquivos BLOG
- Cursos - Texto en liña
- Usuarios - Fóra do Moodle
- Foro - Taller/Lección
- Cualificacións
- Glosario - Calendario
- Páxina web - Wiki
- Web 2.0 - BD - Cuestionarios
- Ficheiros - HotPotatoes
- SCORM - Foro
- Jclic
- Chat
- Consultas
- Vídeoconferencia
1. Recursos 2. Tarefas 3. Comunicación
46. Actividade: Administrando o sitio (II)
1. Activa e desactiva o filtro matemático comprobando como se interpreta
nunha páxina web un texto Tex ($$) segundo estea nun estado ou outro.
2. Proba a modificar os textos dunha actividade, para facelos máis
axeitados ao teu sitio.
3. Experimenta con varias presentacións da páxina principal.
4. Crea un arquivo de texto con algunhas preguntas de cuestionarios co
fin de probar a importación dende ficheiro.
47. 8. Ampliando a biblioteca
➔
Sitio oficial de Moodle:
http://www.moodle.org
➔
Sobre copias de seguridade:
http://docs.moodle.org/all/es/Copia_de_Seguridad_del_Curso
http://www.adelat.org/media/docum/moodle/copias_de_seguridad_de_un_curso.html
➔
Importar/eliminar usuarios dende arquivo:
https://moodle.uhu.es/contenidos/help.php?file=uploadusers2.html
➔
Documentación para administradores:
http://docs.moodle.org/all/es/Documentaci%C3%B3n_para_Administradores#Seguridad.2C_Rendimiento_y_Roles
➔
Sobre filtros:
http://docs.moodle.org/all/es/Filtros_(Administrador)
49. Agradecementos
@ Grazas a Tomaz Lasic pola súa idea dos Lego
@ Grazas a Archigraphs polas bases dos tente
@ Grazas a Chisaku pola imaxe da diapositiva 5
@ Grazas a Fiction69 pola imaxe da diapositiva 19
@ Grazas a Guilherme Briggs pola imaxe da diapositiva 27
@ Grazas a Spudfuzz pola imaxe da diapositiva 35
@ Grazas a Tim Jones pola imaxe da diapositiva 35
@ Grazas a Der Krampus pola imaxe da diapositiva 37
50. Máis presentacións, artigos, análises e publicacións:
@ Na web:
http://www.gabit.org
@ Facebook:
https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648
@ Twitter:
https://twitter.com/InfoGabit
@ Slideshare:
http://www.slideshare.net/marcosfilgueira