lodoeiro
virgondoiro
(Celtis australis)
almez, aligonero
european nettle tree
micocoulier de Provence
agreira
CLASE
Anxiospermas
ORDE
Urticales
FAMILIA
Ulmáceas
Árbore orixinaria do sur de
Europa e sudoeste de Asia. Vive
en barrancos e bosques.
A copa é ancha e irregular. Pode
acadar 30 m de altura.
TALO:
Toro dereito, robusto e curto e
a tona lisa de cor gris crara.
FOLLAS
Caedizas, simples, alternas, ovado-
lanceoladas rematadas en punta
aguda, coa beira serrada, de 4 a 15 cm
de lonxitude e 1,5 a 7 cm de ancho.
Son de cor verde escura, ásperas e
con peliños fortes polo dereito e máis
claras polo revés.
FLORES
Poden ser hermafroditas ou
unisexuais masculinas. Son
pequenas, de cor amarela-verdosa,
con cinco tépalos e aparecen
solitarias ou en pequenos grupos.
Florece de abril a maio.
FROITOS
Drupas solitarias de 1 cm de diámetro, sobre
rabos longos que saen da unión das follas,
negras cando maduran.
Maduran a finais de verán e comezos de outono
en mantéñense na árbore moito tempo.
CICLO ANUAL-LODOEIRO
Folla
Flor
Froito
xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
En Galiza atópase raramente nas
marxes dos ríos e perto de prados
húmidos en varias zonas de Ourense,
posiblemente naturalizada. Tamén hai
exemplares en parques e xardíns.
O máis grande que se coñeceu estaba
no castelo de Soutomaior (33 m de
altura) e secou hai uns anos.
Oiras (Ourense)
Caldas de Reis.
USOS:
A madeira é resistente e
elástica e empregase para
facer aparellos e remos.
O froito é comestible.
En verde emprégase como
astrinxente e para deter as
hemorraxias.
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro,
Mon Daporta, Internet
Xullo 2015

Lodoeiro, virgondoiro (Celtis australis)