Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Outono

3,126 views

Published on

O outono

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Outono

  1. 1. 1 C.E.I.P. QUINTELA – MOAÑA EDLG
  2. 2. 2 ADIVIÑAS Alto me vexo. Unha cousiña Color de ouro teño. criada no monte, Por una risada enxoita na casa perdín canto teño. e cómese sen tasa. Alto pin pin, Alta estou, ruín cabaleiro, ladrón vexo vir, rómpelle a bolsa do meu carapucho e cae o diñeiro. non podo fuxir. Ten pelexo como a xente Brancas por dentro. E é moi boa para comer; Que boas están! chega polo mes de Santos Son froitos moi secos e todo o ano a tes. que o outono nos da. Alta estou, Alto vivo, capotiño teño; se me mira a xente vén o vento e río, quedo sen dente. e non o deteño.
  3. 3. 3 Son branca e non son de papel. No aire se cría, Son verde e non son limón. no aire se ten; Son vermella e non son sangue. bota una risada Son negra e non son carbón. e perde o que ten. Cal é a cousa, cal é ela, No alto nacín, ten tres capas de inverno: entre a terra e o ceo; a primeira mete medo, se alguna vez me río a segunda é lustrosa téñocho todo perdido. e a terceira é amarguenta. Altos país, Alto está peludas nais, e barbas ten. fillos con peles; Ri e guinda adiviña se queres. o que contén. ( As letras de MAGOSTO ) Para que eu baile Está en mes e non en tres. póñenme a capa, Repítome tres veces en castaña. porque sen capa Son a primeira letra de gusto. non podo bailar. Son a última letra da frase anterior. Para que eu baile Quedo no medio de festa. tíranme a capa, Aparezo no souto e desaparezo en porque sen capa soubo. non podo bailar. Son a letra que se repite en outono.
  4. 4. 4 CANTIGAS A castaña no ourizo, Acabáronse as vendimias quixo rir e rabeou. e veñen as esfolladas; Caeu do ourizo abaixo, para comer coas mazáns vaia toupa que levou. catro castañas asadas. Señora María, Acabáronse as castañas, Señor Manuel, secáronse os castiñeiros, Castañas asadas acabáronse os rapaces, e viño con mel quedan os mozos solteiros. e viño con mel e viño con mel. Señora María, Non chas quero, Señor Manuel. Non chas quero, Aquí temos o magosto, castañas do teu magosto. que viva a festa rachada. Non chas quero, Os meniños deste cole, non chas quero, terán hoxe castañada. Que me cheiran a chamosco. Señora María, Señor Manuel, Castañas asadas e viño con mel e viño con mel e viño con mel. Señora María,
  5. 5. 5 Señor Manuel. LENDAS Conta unha lenda que hai moitos, pero moitos, moitísimos anos, nun pobo vivía un matrimonio moi pobre que tiña moitos fillos. Tódolos veciños os axudaban. No tempo das patacas, dábanlle patacas, no tempo das uvas, dábanlle uvas e no tempo das castañas ,dábanlle castañas. O único que non lle daba nada era un home que era tan rico como avaro. Un día dous dos fillos máis novos desa familia foron apañar castañas e apañaron as castañas que caerán ó camiño dun dos castiñeiros dese home rico. Eles non o viran, pero el estaba no souto queimando rastrollos. Chamou ós nenos e mandoulles botar as castañas que apañaran no camino ó lume. Os nenos, con moito pesar, botáronas e fixeron que se marchaban, pero agocháronse detrás dun dos castiñeiros coa esperanza de recuperalas cando o home marchara. E así foi. Cando o home marchou, eles poideron recuperar as castañas, pero estas xa estaban asadas. Leváronas para a casa e derónllelas a probar a tódolos vecinos. Tanto lles gustaron que polo San Martiño xuntáronse todos para asar castañas. Por certo, contan que a este home malo, os seus castiñeiros nunca máis lle deron castañas.
  6. 6. 6 REFRÁNS, DITOS… En San Martiño trompos ó camino. En San Amaro trompos ó faiado. En San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto. Polo San Simón pon o tapón. Polo San Martiño proba o viño. A chuvia no agosto non trae bo mosto, nin bo magosto, nin bo entrecosto. Polo San Martiño todo mosto é bo viño. Polo San Simón proba o viño e o porco polo San Martiño. Por San Martiño cata o teu viño. Antes do San Martiño, pan e viño. Despois do San Martiño, fame e frío.
  7. 7. 7 Polo San Martiño planta o teu alliño. Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño. Por San Martiño nin fabas nin viño. Deixa a auga e bebe viño despois de San Martiño. O día de San Martiño proba o teu viño. Do novo viño proba un traguiño polo San Martiño. Por San Martiño atesta o teu viño. Auga de San Martiño come pan e bebe viño. Despois de San Martiño vén o inverno de camiño. A todo porco lle chega o seu San Martiño.
  8. 8. 8 Se novembro empeza ben, nada hai que temer. Novembro acabado, inverno empezado. Polo San Martiño castañas e bo viño. O verán de San Martiño son tres días e un pouquiño. Imos a San Martiño a tirar trompos ó camino. A castaña maduriña, ou cocida ou asadiña. A castaña ten a maña que se vai con quen a apaña. Tras o verán de San Martiño Chega decembro co seu inverniño. Polo San Martiño vai ver o teu soutiño. Castañas no Nadal saben ben e pártense mal.
  9. 9. 9 Fíate das castañas asadas, que, se estoupan, sáltanche á cara. Por San Martiño mata o teu porquiño. Outono bonito, folliñas no chan, castañas asadas que ricas están. As castañas que despois de San Martiño quedan no souto son do moucho. Sen castañas de visita non vaias. A castaña no agosto quere arder e no setembro, beber. As castañas polo San Martiño teñen sede e queren viño. Con ricos magostos e cantos fermosos, feliz San Martiño, farto e entretido. En San Martiño abre o pipote de viño.
  10. 10. 10 Despois de San Martiño vén o inverno de camiño. Do novo viño bota un traguiño polo San Martiño. Polo San Martiño próbase o viño e mátase o porquiño. San Xoán garda a chave do pan, San Martiño a do viño e San Andrés a do porquiño. Castañas e chourizos, cun grolo de viño. A castaña no ourizo eu ben sei o que fai: se é que está verde, madura; se é que está madura, cae. Xa sopra o vento, chegou o momento, cun amplo sorriso regaña o ourizo. - Como te chamas? - Come castañas. - E de apelido? - Calco cocido.
  11. 11. 11

×