SlideShare a Scribd company logo
Revista do CPI Uxío Novoneira CURSO 2019-2020
EDICIONESPECIALCOVID-19
Uncursoquenonesqueceremos
Este curso vai ser un curso difícil de esquecer por moitos motivos, un curso
moito máis curto do normal e, á súa vez, moi longo. O 13 de marzo cando
marchamos para as nosas casas non pensabamos que non poderíamos
despedirnos e que deixaríamos tantos proxectos no tinteiro: a saída a
Valencia, as Letras Galegas, o Festival, os campionatos, a saída a
Somiedo,… pero non significa que non poidamos facelos realidade,
simplemente teremos que facer unha adaptación, pero volveremos a
festexar, a vernos, a compartir todos estos momentos.
Aínda que este ano temos que facer a despedida de parte de nós, Juan que
tras 8 anos deixa Pedrafita, Abby a nosa auxiliar de conversa que
regresou a EEUU, Xiana que pasa á localidade veciña de Becerreá, … pero
este curso que comezará seguiredes sendo, máis que nunca, parte do noso
cole e con algunha cousiña pendente de compartir. E aínda que o seu paso
foi máis breve, Melina e Bea tamén irán aos seus novos centros o próximo
curso pero sabedes que no noso cole sempre vos recibiremos cos brazos
abertos.
Por outra banda, esperemos seguir contando cos profes provisionais, Benja,
Julián, Mari e Maricruz en Secundaria e Nieves e Lucía en Orientación.
E por último, o equipo directivo que estaba previsto que cambiase está moi
satisfeito se seguir traballando con todos e todas vós un ano máis. Será un
ano diferente, con cambios aos que teremos que acostumarnos pero do que
sacaremos o máximo partido e con moitos momentos de risas que quedarán
para sempre nos nosos recordos.
Por agora, desfrutade do verán e volveremos en setembro con moitas
moitas ganas. Boas vacacións.
O equipo directivo
3
INDICE
2. EDITORIAL………………………………………………………………….…………………………………2
4. POETAS DO CAMIÑO.………………………………………………………………………………………….4
5. SAÍDA Á CATEDRAL DE TUI……………………………………………………………………………………..5
6. HALLOWEEN-SAMAÍN-MAGOSTO….……………………………………………………………………………6
7. CLARA CAMPOAMOR E O VOTO FEMININO………………………………………………………………………10
8. FORO DE VIGO…………………………………………………………………………………………………11
9. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO)…………………………………….12
10. VISITA Á LOCALIDADE: QUEIXERÍA O CASTELO …………………………………………………………………13
11. ACTIVIDADES DA ANPA ……………………………………………………………………………………….14
12.VISITA AOS MUSEOS CORUÑESES…………………………………………………………………………15
13. FESTIVAL DE NADAL …………………………………………………………………………………………17
14. O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR…………………………………………………………………….19
15. DÍA DA PAZ ………………………………………………………………………………………………20
16. DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA………………………………………………………………………22
17. CASAN OS PAXARIÑOS (A CANDELORIA) E SAN VALENTÍN.………………………………………………….23
18. ENTROIDO …………………………………………………………………………………………………24
19. XOGADE ENTRE OS CENTROS DA MONTAÑA …………………..…………………………………………….28
20. CARREIRA DE ORIENTACIÓN POLA IGUALDADE: 8 DE MARZO …………………………………………………29.
21.CONFINAMENTO …….………………………………………………………………………………………33
22.DONAS DE SI ………………………………………….……………………………………………………37
23. DEBUXANDO A POESIA DE UXÍO NOVONEYRA ………………………………………………………41
24. CARTA DE ABBY ……………….…………………………………………………………………………..42
25. TRABALLAMOS NA HISTORIA ……………………………….………………………………………………44
26. CONGRESO CIENTÍFICO …………………………………………………………………………………46
b ÄâÇá ED wx ÉâàâuÜÉ Üxv|u|ÅÉá ÇÉ
vxÇàÜÉ t v|ÇvÉ ÑÉxàtá wÉá wx äxÜwtwxA T
|Ç|v|tà|ät yÉ| wt YâÇwtv|™Ç hå•É
aÉäÉÇxçÜt Öâx |ÅÑâÄát É ÑÜÉåxvàÉ ÂTÅxàÉ Å•à|vÉÊ Öâx
uâávt tvàâtÄ|étÜ t ÑÉxá•t àÜÉätwÉÜxávt ztÄxzÉ@ÑÉÜàâzâxátA
V{xztwÉá wxÇwx w|yxÜxÇàxá ÑtÜàxá wÉ ÅâÇwÉ ;Vâut?
UÜtá|Ä?
VÉÄÉÅu|t?
TÜåxÇà|Çt x
É UtÜvÉ< Éá
v|ÇvÉ ÑÉxàtá x ÑÉxà|átá vÉÇàtÜÉÇ tá áØtá xåÑxÜ|xÇv|tá x
átvtÜÉÇ wÉ `âáxÉ wÉ VtÅ|©É Öâx ÅÉÇàtÜÉÇ Çt ÇÉát
tâÄt wx Eœ wx Xfb? ÉuåxvàÉá ÜxÑÜxáxÇàtà|äÉá wtá tÇ°vwÉàtá Åö|á w|äxÜà|wtá Öâx ÇÉá Öâ|åxÜÉÇ ytvxÜ
v{xztÜ åâÇàÉ vÉá áxâá ÑÉxÅtáA TwxÅt|á yÉ| ÅÉ| xÅÉv|ÉÇtÇàx xávÉ|àtÜ Éá ÑÉxÅtá wÉ ÑÉxàt tÉ Öâx wxuxÅÉá
É ÇÉÅx wÉ ÇÉáÉ vxÇàÜÉ xÇ uÉvt wÉ áxâ y|ÄÄÉ hå•ÉA Y|ÇtÄ|étÅÉá t áxá|™Ç vâÇ{t w|ÇöÅ|vt zÜâÑtÄ Öâx ÇÉá
ÑxÜÅ|à|â xávÜ|u|Ü ÑÉxÅtá xÇ zÜâÑÉ t ÑtÜà|Ü wÉá äxÜáÉá wÉ ÇÉáÉ ÑÉxàt xÇ ÂTÜÜÉwxÉá x wxáä•táÊN ÅxÇâwtá
åÉ|tá Ä|àxÜtÜ|tá át•ÜÉÇ4
5
O madrugón mereceu a pena… a mediodía xa
sairamos do país!
E chegou a hora de visitar a catedral de Tui.
O xoves 7 de novembro celebramos de forma conxunta, como temos
costume, o Halloween-Samaín e o Magosto. Iniciamos a xornada co
truco ou trato do alumnado de Primaria que levou unha boa enchenta de
chuches e co alumnado de infantil que foi exhibindo os seus ósos polo
centro. Despois tivemos unha sesión de teatro cos rapaces de 5º e 6º
de infantil que nos representaron "Corre, corre cabaciña" deixándonos
boquiabertos coa súa interpretación. A profe Melina, ademais,
relatounos o seu conto "Hospital de San José que nos puxo "os pelos de
punta". Rematamos a sesión de mañá coa canción que os rapaces e
rapazas de Primaria e Infantil prepararon coa profe Bea "Os
esqueletes" e que acompañaron con música as rapazas de 2º e 3º de
ESO e o profe Julián.
Despois de comer a festa continuou cunha emocionante Gymkana
organizada polas profes de Inglés Mari e Sonia e a nosa auxiliar de
conversa Abby. Por grupos nos que estabamos mesturados primaria e
secundaria intentamos atopar en orde todas as tarxetas, aínda que foi
unha ardua tarefa. Este ano non puidemos asar nós mesmos/as as
castañas, a neve acompañounos pero grazas á nosa cociñeira María
José puidemos degustar igualmente castañas acompañadas de
refrescos, bailes e familia.
10
Bueno, bueno, bueno…. Non podo quedar calada. Non calei fai máis de oitenta anos e menos
penso calar hoxe!
Perdoade se vos molesto, pero considero que é a miña convicción a que fala, que ante un ideal o
defendería ata a morte.
Aló polo 1931, no mes de outubro, pedín que non se cometese un erro histórico que nunca
terían bastante tempo para chorar, impedindo o voto das mulleres e escoitáronme.
E onte non debía comerterse ese erro de novo, renunciando a este dereito e deixando de
acudir ás urnas a votar.
Igual é verdade que algúns e algunhas merecen un pequeno tirón de orellas, ou bueno…. un ben
grande, por non saber falar e negociar…logo pretenden que vós, rapaces e rapazas o fagades,
en fin…. Pena que non poidérades votar! Pero é un erro de gravísimas consecuencias non
exercer o dereito a votar que tanto custou conseguir, especialmente a nós, as mulleres.
E falaron as urnas, rapaces, rapazas! Pero non falaron de xeito contundente, inequívoco. O
silencio das urnas foi o silencio do pobo.
Actuamos coma nenos enrabechados que pensan descargar a súa ira
nunha patuxada inútil. Vivimos nunha situación grave e
difícil, dende logo, pero as situacións graves
esixen responsabilidade, a responsabilidade
de non declinar os nosos dereitos
senón exercelos con decisión e
seriedade. O dereito a votar
non se entende senón é polo
deber de buscar o mellor para
todos. Que decidan outros logo?
Non rapaces, nós temos o deber
e a forza de decidir. Porque non
somos uns inconscientes,
unas marionetas que se deixan nas mans das
circunstancias. Onte máis que nunca era
necesario votar e amosar a nosa forza.
11
Os días 21, 22 e 23 de Novembro as rapazas de 2º e 3º presentaron os seus
proxectos en no 9º Foro Cooperativo de investigacións xuvenís en Vigo e
aproveitamos para visitar o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e as
Illas Cies en compañía dos rapaces e rapazas de Courel. Diante doutros
centros de Portugal, Alemaña, Cataluña e Galicia as nosas rapazas
presentaron os seus traballos de Investigación sobre o Sistema Solar e sobre a
dieta en Pedrafita. Foi
toda unha experiencia
poñerse diante de semellante
auditorio! Unha gran
aprendizaxe que se
recompensou cos bos
momentos que pasamos logo
visitando Vigo e cruzando en
barco ata as Cíes.
MANIFESTO 25 DE NOVEMBRO
Antes de comezar esta actividade gustaríame
pedirvos que a fagamos co silencio e o respecto
que merece un problema como é a violencia de
xénero. Dende 2003, que foi cando se empezaron a
recoller datos sobre a violencia machista morreron
máis de 1000 mulleres, ou máis ben, as asasinaron,
e no que vai de ano son máis de 50, pero non son
números, son persoas, son familias, son fillos e fillas
orfas, son ilusións desaparecidas.
Ás veces escoitar as noticias sobre asasinatos
machistas convírtense en algo tan cotiá que nin nos causa alarma pero debemos ser
conscientes de que é un problema grave, gravísimo, que é de todos e de
todas, sen importar idade, clase social, relixión ou
cultura. E ante isto non podemos pechar os ollos senón
unirnos nun berro de BASTA XA! Cando toleramos
comportamentos sexistas, desiguais e violentos somos
cómplices e non queremos selo, senón que queremos
un rexeitamento claro e contundente da violencia
continua que sofren estas mulleres, do terror cotiá co
que conviven e, por suposto, dos asasinatos. É o noso
deber como cidadáns e cidadás, velar polo presente e o
futuro das nosas sociedades. NON MÁIS VIOLENCIA MACHISTA!
13
No medio duns días de choiva constante, tivemos unha pequena tregua, que nos serviu para ter
o tempo xusto para visitar a Queixería artesá que temos no pobo "O Castelo", coas profes Bea
e Rocío baixamos 1º, 2º, 3º, 5º e 6º de Primaria. Todo o que nos contou foi de gran utilidade
para os temas de sociais que estamos traballando en 1º, 2º e 3º en Sociais xa que, cos nosos
ollos comprobamos como as máquinas que usan son sinxelas, todo o proceso depende do ser
humano, cada produto é único (en sabor, forma, etc.) e irrepetible. Adrián, o fillo de Suso
fundador de queixería, tamén nos ensinou instrumentos que tradicionalmente se usaron para
facer o queixo do Cebreiro e nos invitou a un aperitivo antes de comer para coller forzas de
regreso ao cole.
Queixo con
castaña?
Non o vexo!
Este queixo non
o probara…
Pois ten razón que cada
queixo é diferente e sabe
diferente! E sen a man
humana non hai máquina que
valga!
14
Este ano empezamos cedo a preparar o Nadal, e contamos coa ANPA para poder facelo.
Grazas ao seu traballo contamos coa “Música no Nadal” que nos trouxo a Branca e Pablo ao
cole e con eles pasamos unha tarde chea de cancións tradicionais de Nadal, de bailes que
moveron a rapaces, rapazas e profes e, por suposto, de moitas risas e aplausos.
15
A primeira excursión lonxe para moitos de nós foi á
cidade de A Coruña para facer unha visita polos
Museos Coruñeses
E os maiores chegamos á Casa das Ciencias con plantas cheas de
actividades interactivas para suscitar curiosidade e facer da
ciencias algo divertido.
16
E mentras os maiores o pasaban xenial na Casa das
Ciencias, os peques non perdíamos o tempo e pasámolo
requetebén no Acuario! Benvidos e benvidas ao
Nautilus
Cada un e unha de nós puidemos tocar coas nosas mans as
estreliñas de mar!
17
17
Este ano a semana previa ás vacacións de Nadal foi intensa e veu cargada de actividades para preparar
estas festas. Empezamos visitando o Belén de Becerreá o luns e continuamos coa visita do Apalpador
que nos organizou a ANPA e na que o pasamos máis que ben.
Despedimos este trimestre o venres 20 cunhas actuacións espectaculares no Festival de Nadal e cunha
participación impresionante de toda a comunidade educativa. Gabriel estreouse como presentador con
matrícula de honra e deu paso as actuacións de 1º, 2º e 3º que empezaron co "We wish you a Merry
Christmas" e finalizaron c on espiríto rockeiro ao 100% co seu "Llegó la Navidad".
Subiron a acompañalos os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Primaria para cantar en conxunto "Os
xoguetes sen xénero", un impresionante rap escrito pola profe Bea de Música e despois os maiores de
Primaria nos amenizaron con "La navidad en Pedrafita".
18
18
Detrás de primaria, chegou a actuación estelar de Infantil que interpretaron "Vamos a montar un
arbolito" e "La navidad twist". Todo un éxito!
A pesar de deixar o listón ben alto a interpretación en latín de Javi e Xiana (que por suposto todos
entendemos), as panxoliñas con guitarra e flauta de 2º e 3º de ESO cos profes Javi e Julián e a
bachata e o tango que as rapazas de 2º e 3º de ESO prepararon co profe Benjamín non se quedaron
atrás para nada!
Despois dos pinchos
compartidos con profes e familias,
tivemos unha sesión de maxia
preparada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria e toda a ESO que nos deixou abraiados por completo
e finalizamos con bailes e música no ratiño de tempo de lecer que nos quedou despois dunha xornada
de Nadal tan intensa!
19
E medio dun día chuvioso arrancamos cedo para Ferrol, dentro das actividades programadas
polo Proxecta “Aliméntate ben” o 29 de xaneiro foinos asignado para visitar o mercado de A
Magdalena, a Lonxa e unha breve visual do porto para non empaparnos de todo! Observamos o
proceso de clasificación, pesado e a importancia da etiquetaxe dos produtos da pesca. Tamén
puidemos ver a pequena depuradora da Confraría onde se depuran os moluscos bivalvos para
poder ser consumidos. No mercado atopamos unha gran variedade de peixes e mariscos nos
diferentes postos que percorremos identificando as especies e falando cos praceiros e
praceiras cos que descubrimos que a cola do pescado azul nos permite identificalo con
facilidade, como apreciar cando un crustáceo está fresco, cales son as características do noso
polbo, etc. Finalizamos tan intensa e mollada viaxe cunha degustación de produtos do mar que
consistiu nun pincho de merluza e unha hamburguesa mariñeira.
Eu si que o
toco!
A min valiame
calquera dos
percebes…
Dáballe un bocado
pero igual o leva o
meu dedo!
Parece que vai
sair voando…
20
Para conmemorar o 30 de xaneiro, Día Internacional da Paz, decidimos traballar en torno ao
30 aniversario da caída do Muro de Berlín; para poñernos un pouco en situación, un muro
impediu o noso aceso habitual ao edificio de Infantil e Primaria cun muro que nos facía
bordear as instalacións do centro durante unha semana e ser conscientes da barreira que nos
impón. O luns 3 de febreiro, con un pouquiño de retraso, inauguramos no comedor coa canción
de Scorpions “Wind of change” homenaxeando ao vento de esperanza que parecía traer aquel
momento, cos profes Gabriel, Benjamín, Javi e Julián.
Xiana falounos “destes muros que son a expresión do noso medo ao que é distinto a nós. A
forma visible de rexeitar o que é diferente á nosa forma de entender a existencia”. De que
“hai moitos muros visibles, pero que todos son expresión dos muros invisibles, moito máis
numerosos, que todos/as levamos dentro. Por veces, as nosas palabras son muros que provocan
o rexeite polo outros e son máis fortes que a Gran Muralla, con centos de palabras coas que
21
excluímos aos individuos porque ameazan a nosa forma de pensar ou de ver o mundo”. Tamén
nos recordou que “en 1990 desapareceu o chamado Telón de Aceiro e a súa caída ocasionou un
momento de esperanza, en contra da que fomos reconstruíndo un mundo izándoo de novos
muros: raciais, de riqueza, de nacionalidade, de xénero, de ideoloxías e identidades,… Polo que
é preciso que abramos os ollos e cobremos consciencia de que, por riba das nosas diferenzas,
somos todos/as membros dunha familia común, a raza humana que vive e comparte a mesma
casa”.
Jesús, David e Sofía de 1º de Eso
investigaron cos profes Gabriel e Marga
sobre os novos muros que emerxeron e
continúan a aparecer: Suecia, Brasil, Israel,
México e o gran Mediterráneo que separa o
sur da promesa europea dunha vida mellor.
A continuación, as rapazas e rapaces de 4º,
5º e 6º de Primaria fixéronnos pensar
sobre a importancia das persoas que
loitan para tirar a baixo todas estas
barreiras e conseguir un mundo mellor,
poñendo en relevancia ás mulleres que,
de forma continua e silenciada, o fixeron
ao longo da historia e, das que só unhas
poucas obtiveron un recoñecemento
como é o Premio Nobel da Paz. Nun ano no que a emerxencia climática é un punto clave,
Wangari Maathai tiña que ser a muller que artellaba a actividade de plantación simbólica de
árbores homenaxeando a cada unha delas.
Finalizamos a nosa celebración cunha canción que tamén fala dos muros e do soño dun mundo
mellor como é “Panamericana” de Depedro, cantada por todo o alumnado e, de novo, cos profes
Javi, Benja, Gabriel e Julián, antes de derribar o noso particular muro que nos devolve de novo
á nosa normalidade sen barreiras e procurando a non discriminación de ningunha clase.
22
O 11 de Febreiro conmemoramos o
Día da Muller e da Nena na
Ciencia pero o traballo viñémolo
desenvolvendo semanas atrás
dende o Departamento de Física e
Química que preparou con todo o alumnado de ESO unha táboa periódica de
mulleres científicas que decora agora os nosos corredores.
Ademais o alumnado de
4º, 5º e 6º de Primaria
preparou en Plástica
unha homenaxe a Jane
Goodall e a súa paixón
polos chimpancés
decorando a entrada do
centro cunha árbore da
que penduran estes
animais facendo un
breve relato da súa vida.
Tamén colaboramos coa
biblioteca buscando
obras que reflictan as
aportacións de mulleres á ciencia.
23
ESE DÍA…
O día dos namorados, o día do amor, ese día… ese
día que todos consideran o día das parellas pero,
en realidade, iso é algo que nós eleximos CRER, xa
que é o día do amor, do amor cara á miña familia,
o amor cara aos meus amigos, cara a todo o que
me faga sentir ben, sentir feliz, non é so o que podo
sentir por unha persoa, é o que sinto por moitas, o
que sinto e o que me fan sentir.
Neste día prefiro pensar no corto que se fai o
verán ao carón dos meus amigos, na piscina, de
festa, coas nosas tonterías pero xuntos, sempre
xuntos, nas boas, nas malas e en calquera
momento que merece ser recordado, xa que
calquera momento con eles vai ser único e
inolvidable. Tampouco cambiaría os nadais xunto á miña familia, xente que non
vexo dende fai moito, as persoas coas que estou todos os días, cada un deles fai que
eses nadais sexan o dobre de especiais que os anteriores.
Con isto quero dicir que nun día no ano non demostramos nada, que se estás con
alguén o “día dos namorados” é todos os días, cada pequeno detalle. Por iso
paréceme moito máis importante saber quen son esas persoas que están todo o ano
en cada momento xenial ou pésimo, iso si o considero amor, o esforzo de moito
tempo e sobre todo o recordo de moitas cousas e iso non o cambio por nada.
Dou grazas a todas as persoas coas que salín, sobre todo a unha, que me
demostrou que as relacións son cando a AMIZADE está por diante todo.
Xiana 4º ESO
24
PREGÓN DE 5º E 6º (Laura e Uxía)
Bos días a todos e todas as presentes. Estamos aquí para
despedir este entroido tan festivo. Imos comezar por
regalar a todos e todas as profes, empezando polo noso
titor máis divertido e chistoso, que no ano que vén non
me vai dar clase. Para completar a súa familia ímoslle
regalar un loro para que non nos dé o tostón dos seus
chistes e un libro con chistes para os nenos que quedan
na clase de 4º, 5º e 6º o ano que vén.
A Sonia paciencia cos de 1º, 2º e 3º e cos CDs cos
listening que non atopa, a Maricarmen unha boa axenda
para que non perda os exercicios. A Melina unha
mantiña para que non teña frío na súa clase. A Bea unha trompeta para que teña
máis instrumentos que tocar. A Rocío unha viaxe de sendeirismo xa que tanto lle
gusta camiñar. A Abby un Ferrari para que non teña que compartir coche cos outros
profes. A Nieves un gran viernes para que descanse de todas as clases.
Aos nosos futuros profes da ESO moita paciencia e aos nosos compañeiros sorte,
porque para o ano que vén é máis difícil.
Nós o que queremos para o ano que vén é:
- Eu Uxía quero moita alegría para aturar aos do ano que vén.
- Eu Laura quero paciencia para aturar os chistes malos de David.
A Javier un pastel para que endulce máis a súa clase, a Marisa unha gran pizza para
que engorde, a Maricruz unha avestruz para que non teña que pisar o acelerador, a
Julián un gran paladar, a Sico un pino para facer os estantes para os libros de mates,
a Benjamín un bombín para inchar os balóns, a Mari un safari para que aprenda os
nomes dos animais en inglés, a Tania unha viaxe a Ucrania para que aprenda máis
desa cultura, a Leticia unha gran silla para que esté máis cómoda en secretaría, a
Marga un doce para que adoce o seu nome, a Gabriel un pincel para que poida pintar
grandes paisaxes do Courel e, por último, a un invitado especial, Nuno, que lle imos
regalar un polbo para que medre.
E con isto despedimos o pregón, boas vacacións e que pasedes un bo entroido.
25
26
TESTAMENTO (Javi Rey coa lectura de 2º, 3º e 4º de ESO)
Amigos, xa que estamos aquí todos reunidos
Alegres nesta tarde, contentos e espilidos
Poñede ás miñas verbas atentos os oídos
Que traio tristes novas con verbos escollidos.
Amigos, don Antroido, tan bo e tan xeneroso
compañeiro de festas, nas troulas fachendoso
o noso amigo certo do riso agarimoso
envía os seus saúdos a todos os golosos.
Amigos, don Antroido, amigo da fartura
que sabe mil historias de ledas travesuras
está ferido en cama, doente de amargura
dunha ferida mala que ten difícil cura.
Amigos, don Antroido, como baril guerreiro,
armado de filloas de gusto lambeteiro
con casco de cacheira dun porco todo enteiro
saiu facer a guerra por montes e vieiros.
Levaba unha coiraza con untos ben forrada
de cintas de chourizos unha capa bordada
o escudo era unha orella, ben doce e preparada
era un pernil ben groso a súa lanza honrada.
Máis nada lle prestou así que entrou na loita
topou polo camiño con certa vella enxoita
arteira nas batallas sempre o xexún adoita
armada con dous grelos e unha maza de froitas.
Coresma por sorprensa chantoulle unha sardiña
Antroido foi ferido de escamas e de espiñas
caeu do seu porquiño que cabalgando viña
e logo da caída perdeu canto ben tiña.
Coresma, que é moi crúa, un bacallau sacou
máis seco e máis salgado ninguén nunca atopou
a Antroido na cachola, con forza golpeou
sen forza e sen sentido no chan logo o deixou.
Antroido me mandou que vos dixera a todos
que quere que teñades lembranza dalgún modo
das súas aventuras e, así, como vos podo
fareivos a partilla, se escoitades a modo.
Aos nenos de infantil, que son unha morea,
deixoulles don Antroido forza para montar lea.
e déixalle a Melina, por se ela se cabrea,
un botelo cocido para que quede chea.
Aos da primaria toda, que son tan rebuldeiros
e están menos tranquilos que un cu nun
formigueiro
deixoulles dende logo un cencerro choqueiro
co que anden polas clases de xeito barulleiro.
A Sonia deixa logo tapóns para as orellas
para estar tranquiliña sen estar ata as cellas
A Bea tamén deixa uns cachos dunha tella
para tocar unha muiñeira nunha reunión de
vellas.
A Juan légalle logo as mesas de pimpón
con catro palas novas feitas dun orellón.
dun porco xigantesco que veu dende León
subindo pola Faba enriba dun camión.
28
Empezo en Secundaria e miro aos de primeiro
e quere que eles leven un libro enteiro
de chistes e de contos que solten ben lixeiros
debaixo dunha mesa de pau de limoeiro.
A Carla deixa logo xantares de mil xeitos
todos de mil maneiras, de mil labores feitos
e déixalle todo isto, maís non llo deixa a eito
se non come de todo, que perda este dereito.
Ás nenas de terceiro, que son tres pitas tolas
quere deixarlles logo un tallo de rebola
para que o poñan elas enriba da cachola
cunha barra de pan, tres tortas e unha bóla.
Ha de levar Xiana tres pezas de farrapo
dúas sexan de lenzo, unha sexa de trapo.
que as leve cando marche e leve a pel dun sapo
que esmagou don Antroido coa forza do seu papo.
A aqueles profesores que dan clase na ESO
Non quere deixar nada, nin tan sequera un peso
son xente aborrecida, de entendemento espeso
e non lles deixa cousa por mandamento expreso.
Máis quere deixar logo, chegados a esta hora
algunha cousa súa á dama directora
que sirva de lembranza por sempre e dende agora
dos bechos do colexio, da fauna e máis da flora.
Antroido logo manda que quede para Rocío
o seu abrigo novo para espantar o frío
que está tecido todo de puntadas sen fío
que o leve para Palas sen laios e sen chíos.
Que leve dous patucos envoltos en filloas
que leve dous touciños e leve un pan de broa
que leve un gato vello e paxarín que voa
e que leve o que ela queira por ser para todos boa.
E deste testamento a conta se remata
Antroido está morrendo, vai estirar a pata
poñemos punto ao conto e fin a esta contrata
marchamos, xa que logo, que estamos dando a lata.
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
28
XOG@DE ENTRE OS
CENTROS D@ MONT@Ñ@
“Profe: cando é o torneo de bádminton co resto de coles da
montaña?”, “profe: será mellor practicar patinaxe e pinpon para ir a
xogar co resto de coles no torneo de Xogade, non?”… preguntas que
seguro que son común a tódolos centros da montaña lucense, debido
afortunadamente á gran sorte que temos de poder realizar estes
torneos de competicións entre coles da montaña a través da
plataforma Xogade. Estas xornadas de convivencia nas que
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
29
participamos os coles de Cervantes, Becerreá, Pedrafita, Courel, As
Nogais e Baralla supoñen unha oportunidade única para fomentar as
relacións sociáis entre o alumnado de diferentes centros a través da
práctica de actividade física. Un contexto idóneo no que prima a
participación, a colaboración, as risas, os ánimos entre alumnos e
alumnas de diferentes colexios e sobre todo, no que destaca a
deportividade e o comezo ou reencontro de amizades que non teñen
a facilidade de poder verse a diario polas características propias da
zona. Bádminton, pinpon, baloncesto e hockey son os deportes que se
practican repartidos nos tres trimestres, en diferentes formatos
como parellas mixtas e formadas por un alumno/a de coles
diferentes fomentando así as relación sociais ou equipos mixtos,
tamén formados por alumnos e alumnas de coles distintos. Estas
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
30
actividades supoñen ademáis, poder educar en valores ó noso
alumnado, ofrecerlles alternativas de ocio e actividade física, saír do
seu entorno e coñecer sitios novos e persoas novas e absorver todo o
posible dunha xornada de convivencia. A
experiencia é
valorada polo
alumnado como moi
positiva e tanto é
así, que ningún nin
ninguna se quere perder estos encontros, polo
que desexamos
e esperamos
que siga
adiante esta iniciativa. Grazas e
noraboa a todos os coles
colaboradores/as e aos
organizadores das actividades polo
traballo que hai detrás das mesmas.
Está claro que merece a pena.
Benjamín Longarela Pérez
Xefe do Departamento de Educación Física
e coordinador do PDC no marco do Plan Proxecta
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
31
DEPORTE EN FEMININO. @S
R@P@Z@S T@MÉN XOG@N.
C@RREIR@ DE ORIENT@CIÓN POL@
IGU@LD@DE 2020
A do deporte feminino é a historia dunha loita. Ao longo dos
séculos, as mulleres tiveron que abrirse paso en contra dos
prexuizos e das trabas que lles poñía unha sociedade que na
que se pensaba que elas non podían, ou no debían, facer
deporte. Por sorte a loita de moitas mulleres que se foron
abrindo paso no mundo do deporte permitiron que o sexo
feminino se incorporase plenamente á práctica deportiva,
tanto cotiá coma no deporte de alto rendemento, aínda que
na maioría das ocasións teñan unha peor financiación ou
menor visibilidade.
Por este motivo, este ano dentro do Plan Proxecta “Donas
de si” o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres,
decidiuse recuperar a carreira de orientación coa
colaboración do Departamento de Educación Física para
visibilizar a unha pequeña parte de todas as mulleres
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
32
relevantes no panorama
deportivo español, tanto
na práctica individual
coma na colectiva.
Enchemos o taboleiro da
entrada coas súas
biografías para darlles
unha maior visibilidade a
semana anterior e luns
9 de marzo toda a ESO xunto con Uxía e Laura
de 5º e 6º de Primaria participaron en pequenos
grupos de 3-4 na carreira de orientación polo pobo coa axuda dun plano onde
tiñan os puntos de localización das balizas onde atoparían unha pregunta
sobre o deporte feminino que terían que contestar senón querían ser
penalizadas cunha subida de tempo de cara ao resultado de completar a
carreira. Cada grupo levaría un dossier no que podían consultar toda a
información necesaria.
E unha carreira coma esta merece unha visibilización importante polo que de
recordo cada un e unha das participantes levou unha camiseta que recorde a
importancia de loitar cada día por unha igualdade real entre homes e mulleres,
nenos e nenas en tódolos ámbitos da realidade.
Rocío Méndez Penela
Coordinadora do Plan Proxecta “Donas de si”
33
REFLEXIÓNS por Xiana González Castro 4º ESO
Realmente non sei como comezar esta redacción, é a primeira vez que pasei tanto tempo
metida na miña casa, a maioría do tempo soa, e teño que dicir que aínda que é un pouco
frustrante, estame axudando moitísimo a coñecerme a min mesma, saber o que quero e
como o quero, resolver mil problemas que no día a día son imposibles de pensar e,sobre
todo, estame axudando a ver o que teño que valorar na miña vida. Cando todo isto
comezou creo que ninguén pensou nas verdadeiras consecuencias, pero considero que nos
vai vir moi ben en moitos aspectos.
Paréceme incrible o aburrida que nos podía chegar a parecer a nosa vida, e cando comecei
a estar aquí só podía e podo pensar, como boto de menos aos meus amigos!, como os
quero!, que divertido era todo!. Non se me vai pasar pola cabeza nunca máis aburrirme
indo a clase, porque é xenial, é estupendo poder ver a xente que queres cada día, a
34
sensación de rir cos teus amigos, os
abrazos, os bicos, todo o que
tiñamos cada día e que agora
parece tan, tan lonxe. Toda esta
experiencia vaime facer ver todo
moi distinto.
Prometo dar cada abrazo como se
fose o último. Prometo estar cos
meus amigos todo o tempo que
poida.
Prometo que en todos os meus bicos
o mundo vaise parar un segundo.
Prometo correr como nunca en cada
partido.
E sobre todo, prometo non
queixarme nunca máis de que me
aburro cando poidamos saír outra vez, porque penso aproveitar cada minuto da miña
vida como se fose o último.
Sinto moitísimo todo o que esta enfermidade está causando pero tamén agradézolle todo
o que me está facendo pasar, pensar e recapacitar, porque creo que cando esto acabe o
mundo vai ser moi distinto, para ben. A xente estase dando conta de que o móbil non é o
máis importante que temos, que as familias sempre están aí e de que quen te quere, é
en calquera circunstancia e non cando todo vai ben.
35
DIARIO PERSOAL por Sofía Carrete García 1º ESO
18 de marzo de 2020
Hoxe é un día máis coma outro calquera. Con isto da epidemia non se pode saír da casa
así que hoxe o que fixen foi erguerme cun catarrísimo, almorzar e seguir coa rutina de
todos os días: facer deberes, deberes e máis deberes, tamén estudar. Despois de comer
saquei as vacas: se non se pode sacar as vacas, os gandeiros de que van vivir?
Ocorréuseme meterme en repostería para pasar o tempo, hoxe fixen un biscoito
saudable sen azúcar. Polo momento despídome.
19 de marzo de 2020
Que abrurrimento! Na casa pechada sen
poder saír. O único que podo facer é ver a
tele pero nin eso, porque cando me poño a
pasar canais e vexo tantas malas novas
sobre o coronavirus, estrésome máis e cambio.
Hoxe fun dar un paseo á horta e de paso
coller unhas cantas nabizas para o caldo.
Hospital está deserto, non se ve nin unha
pulga pola rúa, nada, nin sequera o ladrar dos
cans. Todo está en calma, nin un só coche
transita pola estrada de enfrente da miña
casa.
36
20 de marzo de 2020
Hoxe, venres, a cousa está un pouco máis interesante, aínda que non se pode saír da casa
eu fun dar un paseo ata o lago e desconectar e, de paso, sacar unhas unhas cantas
fotos. Hoxe tomeime o día libre, á tarde vin unha peli de Sherlock Holmes e fixen un
“Brazo de gitano”, que rico me saiu! Parecía de pastelería! O día está malo, chovendo a
cántaros e as árbores que hai ao redor da miña casa móvense polo vento que non dá
nada de gusto pensar que che van caer enriba. Seguiremos contando mañá.
21 de marzo de 2020
Non hai nada mellor que quedarse na cama ata as 11 os sábados. Pero non é moi moi bo
porque teño un catarro que non podo comigo. Non teño ganas nin nada que escribir
excepto… que me aburro tanto! E non quero estar na cama polo que me puxen a xogar co
meu irmán a xogos de mesa como a brisca, o tute, a escoba e o 1, 2 e 3. Aínda que
sempre me gaña el e eu enfádome… é unha forma de pasar o tempo a parte de facer
tantos deberes.
37
PLAN PROXECTA “Donas de si”
Alumnado de Plástica de 4º, 5º e 6º de Primaria
Por segundo ano traballamos dende a materia de Plástica en 4º, 5º e 6º de Primaria co Proxecto “Donas de
si” intentando manter como liña de cohesión das nosas produccións poñer en valor a diferentes mulleres que
foron referentes na historia. O curso pasado as fofuchas, as letras violeta, o entroido con nome de muller, etc.
e este curso a liña prioritaria foron as mulleres na ciencia, aínda que tiveron cabida mulleres doutros campos
do saber e da arte.
Os rapaces de 4º e as rapazas de 5º e 6º de Primaria queríamos facer
este ano a nosa aportación dende a materia de Plástica ao Congreso
Científico elaborando unha decoración acorde a un evento coma este.
Dende o mes de outubro
puxemos mans á obra e
baixo o lema das
aportacións das mulleres ao
mundo científico,
empezamos con Ángeles
Alvariño, unha ferrolana
que chegou a ser unha das
máis prestixiosas investigadoras
mundiais do século XX á que se
lle dedicou o “Día da Ciencia en
Galicia” en 2015 polos seus
descubrimentos, como as 22
dúas especies de plancton
mariño que descubriu, das que
podedes ver algunha delas
asomadas polas ventás do noso
38
submarino. Ademais aproveitamos para traballar a figura de Andy
Warhol, artista moi relevante no movemento “Pop Art” para facer os
carteis de Ángeles.
Despois de Ángeles Alvariño, pasamos a traballar aproveitando a
conmemoración do Día da Paz, coa ecoloxista keniana Wangari Maathai,
que recibiu o Premio Nóbel da Paz en 2004 pola súa contribución ao
desenvolvemento sostible e á paz, ademáis de loitar polos dereitos das
mulleres. Durante o mes de xaneiro e usando diversas técnicas plásticas
como o estampado e as boliñas de papel de seda, creamos o noso
pequeno planeta no que ir plantando árbores como facía Wangari, a
muller árbore, en
homenaxe ás valentes
mulleres premiadas
no Día Internacional
da Paz.
Case sen tempo
empezamos a
preparar o 11 de
Febreiro, Día da
Muller e da Nena na
39
Ciencia. Seleccionamos a Jane Goodall e
investigamos sobre o seu traballo como
investigadora científica acerca dos
chimpancés. Os resultados recollémolos nos
nosos pequenos chimpancés que penduran
da árbore que está na entrada do centro e
que compoñen a biografía desta
importante científica premiada por ser a
maior especialista en chimpancés do
mundo e que hoxe en día continúa loitando
contra o maltrato animal e en defensa e
protección dos espazos naturais.
E cando empazabamos a preparar o noso
traballo sobre as mulleres que viaxaron ao
espazo chegaron os tempos de coronavirus
e confinamento. Pero en canto teñamos ocasión
seguiremos
traballando para
visualizar o traballo
de importantes
científicas que ao
longo da historia
fixeron unha
importante labor que
non sempre se
dá a coñecer.
40
Ademáis do traballo realizado coa decoración do Congreso traballamos
tamén para visibilizar outras aportacións das mulleres dende a arte,
como é o caso de Maruja Mallo, unha das pintoras galegas máis
relevantes, unha desas mulleres ás que retrata Carvalho Calero (o autor
homenaxeado nas Letras Galegas deste ano) cando fala e dá voz a
mulleres universitarias, que non buscan satisfacer as necesidades dos
homes e que loitaron contra os dictámenes da sociedade para defender
sempre a súa liberdade. Para coñecer un pouco máis desta interesante
pintora reproducimos algunha das súas obras a través de diferentes
técnicas, especialmente o collage. Quedaron unhas obras espectaculares.
41
Cousos do lobo
Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d’ir!
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca de vagoada máis sola e
máis medosa…
Rastrexa
parase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula
ca noite cara o ceo con toda a
sombra da noite na boca.
SECCCIÓNS BILINGÜES
42
Postcard to Pedrafita
Dear Pedrafita students,
It was my absolute joy and pleasure to be with you in
your classrooms this year. I could not have imagined a better
experience. I loved getting to know each and every one of you
and I already miss spending my days with you all. I want to
thank you all for being great students!
This year we learned a lot together. We learned about
language, whether it be English, Spanish, or Gallego. We
learned about countries and cultures; the U.S, Spain,
Michigan, and Galicia. We learned about new books and
songs. We learned about peace, fish, and technology. Most
importantly, we learned about each other and about
ourselves. I learned so much about you all as people; what
things you like, how you learn, and what great kids you are. I
also learned a lot about myself from you guys; I learned that I
love to be in a classroom helping students learn. We learned a
lot together and for that I am truly grateful.
This year we also had a lot of fun together. We played
games and made crafts. We sang songs and danced. We
dressed up in costumes and laughed. We went on field trips
and had parades. We had a lot of fun, or at least I did, and I
will cherish those memories forever.
This year we tried a lot of new things too. We ate
burgers made of fish. We visited a jail. We touched starfish.
We ate orange fluff. We did school from home. We tried new
things, and we did them. We might not have liked all of
SECCCIÓNS BILINGÜES
43
them, that fish burger was a little dry, but we did them, and
that is a pretty big accomplishment.
This year we learned, we had fun, and we did a lot of
new things. You might forget everything about English or the
United States that we talked about, and that’s okay, but if
you could remember one thing from our time together I
would ask that it would be this: remember to never stop
learning, never stop having fun, and never stop trying new
things. There is a pretty amazing world out there and if you
keep those three things in mind you have the possibility to
have infinite adventures.
Thank you for everything! I miss you all so much! I hope
one day we will see each other again. Until then, keep
learning, keep having fun, and keep trying new things. A big
hug to you all!
Abby
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
44
Signo notarial de Sancho de Cardama
(ACS, Documentos soltos, c. 19, nº 10)
Traballamos na historia (2º ESO)
O MINUTARIO DE GÓMEZ MÉNDEZ
Ó longo deste curso dedicamos un bo número das nosas horas de clase
en 2º ESO a traballar co libro 12 do fondo San Martiño Pinario, do
arquivo histórico diocesano de Santiago, concretamente cos seus 196
primeiros folios. Grazas á Universidade de Santiago, este libro é hoxe
doado de consultar, dado que está a disposición dos investigadores
dentro dos fondos dixitalizados polo Arquivo Histórico
Universitario, e colgado na súa páxina web. Porén, a súa lectura non
resultou tan doada: foi preciso transcribir os folios, e rexestar e
indexar os documentos, preparalos para poder traballar con eles e
obter a información que procurabamos para coñecer a organización
dunha sociedade xa desaparecida, coa que compartimos espazo, pero
non tempo.
O libro 12 no que centrabamos o noso traballo é o que se chama un
“volume facticio”, é dicir, un volume feito a partir de cadernos soltos
de distinta procedencia, que se encadernan xuntos para garantir a súa supervivencia. O 196 primeiros
folios, cos que traballamos nós, son netamente distintos do resto do libro. A diferenza do groso do corpo
que é unha recopilación de documentos outorgados polos mosteiros composteláns nun amplo abano de
tempo, os nosos folios cubren un ámbito temporal máis ben reducido -escasamente cinco anos- e foron
outorgados por grupos e persoas de diversas orixes e posición social. E iso é precisamente o que o fai
interesante.
Estes folios formaron parte dun minutario procedente da
notaría de Sancho de Cardama, un dos notarios de
Santiago na segunda metade do século XV, e os seus
textos nos achegan realidade da cidade e da súa contorna
entre 1465 e 1469. Ó longo dos seus 276 documentos
vemos aparecer homes e mulleres de diversa extracción
social. Pode parecer que 276 textos para 5 anos non é
gran cousa. Pero para a Idade Media en xeral, e a galega
en particular, é unha atalaia excepcional para procurar
ver o funcionamento da sociedade con certo detalle.
Ora ben, para valorar a información, tamén debemos
comprender con que tipo de fonte histórica nos atopamos
para comprender as súas eivas e decatarnos das ausencias
e silencios que presenta. A primeira pregunta que debemos facernos é que é un minutario, e que tipo de
documentación imos a atopar nel. Un minutario é un rexistro onde o notario e os oficiais da notaría
redactan os documentos dos que logo darán unha copia ás partes que fixeron o contrato. A minuta notarial
é un estadio intermedio entre a primeira nota e o documento definitivo.
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
45
Nun primeiro estadio, o notario
tomaría nota brevemente dos
aspectos máis importantes que tiña
que coñecer: nome dos contratantes,
tipo de contrato, características e
acordos, testemuños que
presenciaron o contrato... Esa nota
logo era pasada a un escribán que a estendía en forma de minuta no libro da notaría. Iso explica que,
aínda que os documentos dentro do noso libro están dispostos en xeral en orde cronolóxica, de cando en vez
aparezan “notas traspasadas”, ou sexa, notas que o notario esquecera pasar ó escribano, e que polo tanto,
están descolocadas do seu lugar.
Unha vez pasadas as notas a minuta, e escritas no libro -e pagados os dereitos notariais-, as partes podían
ou non reclamar unha copia para gardala no seu poder. No minutario isto aparece reflexado coas palabras
“feita e dada”, aínda que ás veces o anotador é máis precisa e sinala a cal das partes se lle entregou a copia.
Abonda con ollar lixeiramente as diferentes follas do libro para se decatar que foron varias as mans que se
encargaron de copiar e extender as notas, o que se evidencia na variedade de letras e tamén nos usos do
idioma. Efectivamente, a totalidade da documentación está redactada en galego, pero o nivel de pureza da
lingua depende moito do escriba que tomou a pluma. Mentres que algúns se amosan bastante refractarios ó
castelán, outros amosan un uso inzado de castelanismos.
Xa comentamos como os
cadernos cos que
traballamos proceden da
notaría de Sancho de
Cardama. E mesmo nalgún
dos documentos consta que
foi el que efectivamente
redactou a nota. Pero
outros moitos aparecen
asinados polo seu
escusador ou substituto,
Xácome González.
Pensamos que realmente
este minutario pertencía ó
escusador, e que soamente de xeito ocasional se apuntaban nel contratos acordados ante o titular da
notaría, que debería ter o seu propio libro, moito máis completo. O escusador soamente traballaba cando o
notario estaba ausente ou ocupado, o que explicaría o ritmo absolutamente irregular que seguen os
contratos na súa distribución temporal, con meses nos que non se outorga ningunha escritura e outros nos
que semella concentrarse o traballo.
O noso traballo, truncado neste curso pola aparición da pandemia do coronavirus, non fixo máis que
comezar. Pero a variedade de textos, xentes e conceptos contidos ó longo dos folios do cartafol, promete
que a nosa incursión nos restos deste naufraxio estará chea de achádegos interesantes.
Javier Rey Souto
Carla Fernández Arias 2º ESO
II Congreso Científico da Montaña “virtual˝
Gabriel Dasilva Alonso
(Xefe do Departamento de Física e Química)
46
Despois da boa experiencia do curso pasado, decidimos repetir o Congreso Científico.
Pero, a nova situación provocada polo COVID-19 fixo que modificásemos o plan inicial. Este
curso íamos participar 6 colexios: Courel, Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, Mondoñedo e
Pedrafita. Pero finalmente só participamos dous: Courel e Pedrafita, e dun xeito telemático, a
través dunha vídeo chamada grupal.
Este curso contábamos cunha decoración especial,
que íamos a colocar na casa da Cultura de Pedrafita. O día do
Congreso, o salón ía converterse nun pequeno museo
homenaxe a grandes mulleres científicas da nosa historia. Para
iso, o alumnado de plástica de Primaria estivo a traballar
durante todo o curso na realización de diferentes obras,
aplicando distintas técnicas “artísticas”. Ademais da
realización da obra, investigaron sobre a importante
contribución ao mundo da ciencia e á sociedade das
diferentes mulleres estudadas. Algúns dos seus traballos
foron: un gran submarino no que se representaban diferentes
especies mariñas descubertas por Ángeles Alvariño, unha
plantació
n
“simbólic
a” de 13 ramas nun mapa mundi
representando a loita de Wangari Maatai
(premio Nóbel da paz) pola paz e o
planeta, unha árbore con monos
representando o traballo de Jane Goodall,
un cohete para visibilizar o traballo de
mulleres pioneiras na investigación
espacial, ...
II Congreso Científico da Montaña “virtual˝
Gabriel Dasilva Alonso
(Xefe do Departamento de Física e Química)
47
Como non puidemos desfrutar deste traballo in vivo,
os alumnos e alumnas de Primaria prepararon unha
montaxe de vídeo explicándonos o seu traballo que
reproducimos no Congreso. Para abrir o Congreso,
contamos cunha entrevista en directo a un científico,
Sergio Silva Bautista, un biólogo da Universidade de
Santiago que dedicou os últimos a investigar temas
relacionados coa ecoloxía e conservación, e
especializouse no estudo da lamprea.
Logo continuamos coa presentación dos
diferentes proxectos de investigación realizados
durante o curso. Algúns destes proxectos non
puidemos rematalos, xa que a corentena fixo que
se interrompesen e fose imposible continualos.
As presentacións fixémolas previamente, cada un
dende a súa casa, preparando unhas diapositivas
e gravando audios que logo montamos nun vídeo
para reproducir durante o Congreso. Durante o
congreso, ademais dos presentes, interviñeron
diferentes persoas especialistas nos temas de
investigación enviando preguntas gravadas para
algunhas das presentacións.
Os proxectos presentados foron:
• A Enerxía Solar. 4º-5º-6º Primaria. Pedrafita
• A avispiña do castiñeiro. 1º ESO. Pedrafita
• Ecosistemas do Courel. 1º ESO. O Courel
• Gandería no Courel. 2º ESO. O Courel
• O noso Patrimonio. 3º ESO. Pedrafita
• Coronavirus. 3º ESO. O Courel
• Os lumes. 4º ESO. Pedrafita
Nesta variedade de proxectos, o alumnado
plantexou verdadeiros traballos de investigación:
estableceron un problema ao que querían atopar
resposta, plantexaron hipóteses para resolvelo, deseñaron experimentos co fin de atopar
evidencias científicas das súas hipóteses, e fixeron unha discusión precisa dos resultados
obtidos. E para levar todo isto a cabo, en moitos destes proxectos os rapaces e rapazas tiveron
que traballar dende diferentes materias e aplicar coñecementos de moitas áreas. Realizaron
saídas de campo, enquisas a case 4000
persoas, aprenderon de programación,
trataron estatisticamente o gran
volume de números obtidos,
prepararon unha exposición para
presentar os resultados en público...
Revista toda juntga

More Related Content

What's hot

Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
vilabarreiro
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
vilabarreiro
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
edinfantil
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
endlmarcosdaportela
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)satelite1
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Yolanda Castro
 
Folleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdadeFolleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdade
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014
radiorasca
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
Yolanda Castro
 

What's hot (20)

Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
REVISTA CUMES
REVISTA CUMESREVISTA CUMES
REVISTA CUMES
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Folleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdadeFolleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdade
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 

Similar to Revista toda juntga

A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
satelite1
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
ticceeabarcia
 
Revista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas
Revista 2020 Biblioteca IES Monte das MoasRevista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas
Revista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas
bibliomoas
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
TeacherBelen
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
Diana Sánchez
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
anxovila
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010A Solaina
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
anxovila
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
Manuel Busto
 
1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir
Marta Pérez Lage
 
Santoamaro
SantoamaroSantoamaro
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiro
Prensasofan
 
Anduriña
AnduriñaAnduriña
Anduriña
Ana Jato Rodriguez
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
ticceeabarcia
 
Ollos de aula. Nº 7
Ollos de aula. Nº 7Ollos de aula. Nº 7
Ollos de aula. Nº 7
Coordinadora Galega ENDL
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista_Ranholas
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
PIPO AÍNDA SEGUE AÍ
PIPO AÍNDA SEGUE AÍPIPO AÍNDA SEGUE AÍ
PIPO AÍNDA SEGUE AÍ
Peregrina Pintos Testa
 

Similar to Revista toda juntga (20)

REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Revista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas
Revista 2020 Biblioteca IES Monte das MoasRevista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas
Revista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir
 
Santoamaro
SantoamaroSantoamaro
Santoamaro
 
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiro
 
Anduriña
AnduriñaAnduriña
Anduriña
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Ollos de aula. Nº 7
Ollos de aula. Nº 7Ollos de aula. Nº 7
Ollos de aula. Nº 7
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
PIPO AÍNDA SEGUE AÍ
PIPO AÍNDA SEGUE AÍPIPO AÍNDA SEGUE AÍ
PIPO AÍNDA SEGUE AÍ
 

More from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on webPlan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on web
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 

More from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro (20)

Programa congreso
Programa congresoPrograma congreso
Programa congreso
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
Pintores na minna casa
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Horario curso 20 21
 
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid web
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on webPlan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on web
 

Revista toda juntga

  • 1. Revista do CPI Uxío Novoneira CURSO 2019-2020 EDICIONESPECIALCOVID-19 Uncursoquenonesqueceremos
  • 2. Este curso vai ser un curso difícil de esquecer por moitos motivos, un curso moito máis curto do normal e, á súa vez, moi longo. O 13 de marzo cando marchamos para as nosas casas non pensabamos que non poderíamos despedirnos e que deixaríamos tantos proxectos no tinteiro: a saída a Valencia, as Letras Galegas, o Festival, os campionatos, a saída a Somiedo,… pero non significa que non poidamos facelos realidade, simplemente teremos que facer unha adaptación, pero volveremos a festexar, a vernos, a compartir todos estos momentos. Aínda que este ano temos que facer a despedida de parte de nós, Juan que tras 8 anos deixa Pedrafita, Abby a nosa auxiliar de conversa que regresou a EEUU, Xiana que pasa á localidade veciña de Becerreá, … pero este curso que comezará seguiredes sendo, máis que nunca, parte do noso cole e con algunha cousiña pendente de compartir. E aínda que o seu paso foi máis breve, Melina e Bea tamén irán aos seus novos centros o próximo curso pero sabedes que no noso cole sempre vos recibiremos cos brazos abertos. Por outra banda, esperemos seguir contando cos profes provisionais, Benja, Julián, Mari e Maricruz en Secundaria e Nieves e Lucía en Orientación. E por último, o equipo directivo que estaba previsto que cambiase está moi satisfeito se seguir traballando con todos e todas vós un ano máis. Será un ano diferente, con cambios aos que teremos que acostumarnos pero do que sacaremos o máximo partido e con moitos momentos de risas que quedarán para sempre nos nosos recordos. Por agora, desfrutade do verán e volveremos en setembro con moitas moitas ganas. Boas vacacións. O equipo directivo
  • 3. 3 INDICE 2. EDITORIAL………………………………………………………………….…………………………………2 4. POETAS DO CAMIÑO.………………………………………………………………………………………….4 5. SAÍDA Á CATEDRAL DE TUI……………………………………………………………………………………..5 6. HALLOWEEN-SAMAÍN-MAGOSTO….……………………………………………………………………………6 7. CLARA CAMPOAMOR E O VOTO FEMININO………………………………………………………………………10 8. FORO DE VIGO…………………………………………………………………………………………………11 9. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO)…………………………………….12 10. VISITA Á LOCALIDADE: QUEIXERÍA O CASTELO …………………………………………………………………13 11. ACTIVIDADES DA ANPA ……………………………………………………………………………………….14 12.VISITA AOS MUSEOS CORUÑESES…………………………………………………………………………15 13. FESTIVAL DE NADAL …………………………………………………………………………………………17 14. O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR…………………………………………………………………….19 15. DÍA DA PAZ ………………………………………………………………………………………………20 16. DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA………………………………………………………………………22 17. CASAN OS PAXARIÑOS (A CANDELORIA) E SAN VALENTÍN.………………………………………………….23 18. ENTROIDO …………………………………………………………………………………………………24 19. XOGADE ENTRE OS CENTROS DA MONTAÑA …………………..…………………………………………….28 20. CARREIRA DE ORIENTACIÓN POLA IGUALDADE: 8 DE MARZO …………………………………………………29. 21.CONFINAMENTO …….………………………………………………………………………………………33 22.DONAS DE SI ………………………………………….……………………………………………………37 23. DEBUXANDO A POESIA DE UXÍO NOVONEYRA ………………………………………………………41 24. CARTA DE ABBY ……………….…………………………………………………………………………..42 25. TRABALLAMOS NA HISTORIA ……………………………….………………………………………………44 26. CONGRESO CIENTÍFICO …………………………………………………………………………………46
  • 4. b ÄâÇá ED wx ÉâàâuÜÉ Üxv|u|ÅÉá ÇÉ vxÇàÜÉ t v|ÇvÉ ÑÉxàtá wÉá wx äxÜwtwxA T |Ç|v|tà|ät yÉ| wt YâÇwtv|™Ç hå•É aÉäÉÇxçÜt Öâx |ÅÑâÄát É ÑÜÉåxvàÉ ÂTÅxàÉ Å•à|vÉÊ Öâx uâávt tvàâtÄ|étÜ t ÑÉxá•t àÜÉätwÉÜxávt ztÄxzÉ@ÑÉÜàâzâxátA V{xztwÉá wxÇwx w|yxÜxÇàxá ÑtÜàxá wÉ ÅâÇwÉ ;Vâut? UÜtá|Ä? VÉÄÉÅu|t? TÜåxÇà|Çt x É UtÜvÉ< Éá v|ÇvÉ ÑÉxàtá x ÑÉxà|átá vÉÇàtÜÉÇ tá áØtá xåÑxÜ|xÇv|tá x átvtÜÉÇ wÉ `âáxÉ wÉ VtÅ|©É Öâx ÅÉÇàtÜÉÇ Çt ÇÉát tâÄt wx Eœ wx Xfb? ÉuåxvàÉá ÜxÑÜxáxÇàtà|äÉá wtá tÇ°vwÉàtá Åö|á w|äxÜà|wtá Öâx ÇÉá Öâ|åxÜÉÇ ytvxÜ v{xztÜ åâÇàÉ vÉá áxâá ÑÉxÅtáA TwxÅt|á yÉ| ÅÉ| xÅÉv|ÉÇtÇàx xávÉ|àtÜ Éá ÑÉxÅtá wÉ ÑÉxàt tÉ Öâx wxuxÅÉá É ÇÉÅx wÉ ÇÉáÉ vxÇàÜÉ xÇ uÉvt wÉ áxâ y|ÄÄÉ hå•ÉA Y|ÇtÄ|étÅÉá t áxá|™Ç vâÇ{t w|ÇöÅ|vt zÜâÑtÄ Öâx ÇÉá ÑxÜÅ|à|â xávÜ|u|Ü ÑÉxÅtá xÇ zÜâÑÉ t ÑtÜà|Ü wÉá äxÜáÉá wÉ ÇÉáÉ ÑÉxàt xÇ ÂTÜÜÉwxÉá x wxáä•táÊN ÅxÇâwtá åÉ|tá Ä|àxÜtÜ|tá át•ÜÉÇ4
  • 5. 5 O madrugón mereceu a pena… a mediodía xa sairamos do país! E chegou a hora de visitar a catedral de Tui.
  • 6. O xoves 7 de novembro celebramos de forma conxunta, como temos costume, o Halloween-Samaín e o Magosto. Iniciamos a xornada co truco ou trato do alumnado de Primaria que levou unha boa enchenta de chuches e co alumnado de infantil que foi exhibindo os seus ósos polo centro. Despois tivemos unha sesión de teatro cos rapaces de 5º e 6º de infantil que nos representaron "Corre, corre cabaciña" deixándonos boquiabertos coa súa interpretación. A profe Melina, ademais, relatounos o seu conto "Hospital de San José que nos puxo "os pelos de punta". Rematamos a sesión de mañá coa canción que os rapaces e rapazas de Primaria e Infantil prepararon coa profe Bea "Os esqueletes" e que acompañaron con música as rapazas de 2º e 3º de ESO e o profe Julián. Despois de comer a festa continuou cunha emocionante Gymkana organizada polas profes de Inglés Mari e Sonia e a nosa auxiliar de conversa Abby. Por grupos nos que estabamos mesturados primaria e secundaria intentamos atopar en orde todas as tarxetas, aínda que foi unha ardua tarefa. Este ano non puidemos asar nós mesmos/as as castañas, a neve acompañounos pero grazas á nosa cociñeira María José puidemos degustar igualmente castañas acompañadas de refrescos, bailes e familia.
  • 7.
  • 8.
  • 9.
  • 10. 10 Bueno, bueno, bueno…. Non podo quedar calada. Non calei fai máis de oitenta anos e menos penso calar hoxe! Perdoade se vos molesto, pero considero que é a miña convicción a que fala, que ante un ideal o defendería ata a morte. Aló polo 1931, no mes de outubro, pedín que non se cometese un erro histórico que nunca terían bastante tempo para chorar, impedindo o voto das mulleres e escoitáronme. E onte non debía comerterse ese erro de novo, renunciando a este dereito e deixando de acudir ás urnas a votar. Igual é verdade que algúns e algunhas merecen un pequeno tirón de orellas, ou bueno…. un ben grande, por non saber falar e negociar…logo pretenden que vós, rapaces e rapazas o fagades, en fin…. Pena que non poidérades votar! Pero é un erro de gravísimas consecuencias non exercer o dereito a votar que tanto custou conseguir, especialmente a nós, as mulleres. E falaron as urnas, rapaces, rapazas! Pero non falaron de xeito contundente, inequívoco. O silencio das urnas foi o silencio do pobo. Actuamos coma nenos enrabechados que pensan descargar a súa ira nunha patuxada inútil. Vivimos nunha situación grave e difícil, dende logo, pero as situacións graves esixen responsabilidade, a responsabilidade de non declinar os nosos dereitos senón exercelos con decisión e seriedade. O dereito a votar non se entende senón é polo deber de buscar o mellor para todos. Que decidan outros logo? Non rapaces, nós temos o deber e a forza de decidir. Porque non somos uns inconscientes, unas marionetas que se deixan nas mans das circunstancias. Onte máis que nunca era necesario votar e amosar a nosa forza.
  • 11. 11 Os días 21, 22 e 23 de Novembro as rapazas de 2º e 3º presentaron os seus proxectos en no 9º Foro Cooperativo de investigacións xuvenís en Vigo e aproveitamos para visitar o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e as Illas Cies en compañía dos rapaces e rapazas de Courel. Diante doutros centros de Portugal, Alemaña, Cataluña e Galicia as nosas rapazas presentaron os seus traballos de Investigación sobre o Sistema Solar e sobre a dieta en Pedrafita. Foi toda unha experiencia poñerse diante de semellante auditorio! Unha gran aprendizaxe que se recompensou cos bos momentos que pasamos logo visitando Vigo e cruzando en barco ata as Cíes.
  • 12. MANIFESTO 25 DE NOVEMBRO Antes de comezar esta actividade gustaríame pedirvos que a fagamos co silencio e o respecto que merece un problema como é a violencia de xénero. Dende 2003, que foi cando se empezaron a recoller datos sobre a violencia machista morreron máis de 1000 mulleres, ou máis ben, as asasinaron, e no que vai de ano son máis de 50, pero non son números, son persoas, son familias, son fillos e fillas orfas, son ilusións desaparecidas. Ás veces escoitar as noticias sobre asasinatos machistas convírtense en algo tan cotiá que nin nos causa alarma pero debemos ser conscientes de que é un problema grave, gravísimo, que é de todos e de todas, sen importar idade, clase social, relixión ou cultura. E ante isto non podemos pechar os ollos senón unirnos nun berro de BASTA XA! Cando toleramos comportamentos sexistas, desiguais e violentos somos cómplices e non queremos selo, senón que queremos un rexeitamento claro e contundente da violencia continua que sofren estas mulleres, do terror cotiá co que conviven e, por suposto, dos asasinatos. É o noso deber como cidadáns e cidadás, velar polo presente e o futuro das nosas sociedades. NON MÁIS VIOLENCIA MACHISTA!
  • 13. 13 No medio duns días de choiva constante, tivemos unha pequena tregua, que nos serviu para ter o tempo xusto para visitar a Queixería artesá que temos no pobo "O Castelo", coas profes Bea e Rocío baixamos 1º, 2º, 3º, 5º e 6º de Primaria. Todo o que nos contou foi de gran utilidade para os temas de sociais que estamos traballando en 1º, 2º e 3º en Sociais xa que, cos nosos ollos comprobamos como as máquinas que usan son sinxelas, todo o proceso depende do ser humano, cada produto é único (en sabor, forma, etc.) e irrepetible. Adrián, o fillo de Suso fundador de queixería, tamén nos ensinou instrumentos que tradicionalmente se usaron para facer o queixo do Cebreiro e nos invitou a un aperitivo antes de comer para coller forzas de regreso ao cole. Queixo con castaña? Non o vexo! Este queixo non o probara… Pois ten razón que cada queixo é diferente e sabe diferente! E sen a man humana non hai máquina que valga!
  • 14. 14 Este ano empezamos cedo a preparar o Nadal, e contamos coa ANPA para poder facelo. Grazas ao seu traballo contamos coa “Música no Nadal” que nos trouxo a Branca e Pablo ao cole e con eles pasamos unha tarde chea de cancións tradicionais de Nadal, de bailes que moveron a rapaces, rapazas e profes e, por suposto, de moitas risas e aplausos.
  • 15. 15 A primeira excursión lonxe para moitos de nós foi á cidade de A Coruña para facer unha visita polos Museos Coruñeses E os maiores chegamos á Casa das Ciencias con plantas cheas de actividades interactivas para suscitar curiosidade e facer da ciencias algo divertido.
  • 16. 16 E mentras os maiores o pasaban xenial na Casa das Ciencias, os peques non perdíamos o tempo e pasámolo requetebén no Acuario! Benvidos e benvidas ao Nautilus Cada un e unha de nós puidemos tocar coas nosas mans as estreliñas de mar!
  • 17. 17 17 Este ano a semana previa ás vacacións de Nadal foi intensa e veu cargada de actividades para preparar estas festas. Empezamos visitando o Belén de Becerreá o luns e continuamos coa visita do Apalpador que nos organizou a ANPA e na que o pasamos máis que ben. Despedimos este trimestre o venres 20 cunhas actuacións espectaculares no Festival de Nadal e cunha participación impresionante de toda a comunidade educativa. Gabriel estreouse como presentador con matrícula de honra e deu paso as actuacións de 1º, 2º e 3º que empezaron co "We wish you a Merry Christmas" e finalizaron c on espiríto rockeiro ao 100% co seu "Llegó la Navidad". Subiron a acompañalos os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Primaria para cantar en conxunto "Os xoguetes sen xénero", un impresionante rap escrito pola profe Bea de Música e despois os maiores de Primaria nos amenizaron con "La navidad en Pedrafita".
  • 18. 18 18 Detrás de primaria, chegou a actuación estelar de Infantil que interpretaron "Vamos a montar un arbolito" e "La navidad twist". Todo un éxito! A pesar de deixar o listón ben alto a interpretación en latín de Javi e Xiana (que por suposto todos entendemos), as panxoliñas con guitarra e flauta de 2º e 3º de ESO cos profes Javi e Julián e a bachata e o tango que as rapazas de 2º e 3º de ESO prepararon co profe Benjamín non se quedaron atrás para nada! Despois dos pinchos compartidos con profes e familias, tivemos unha sesión de maxia preparada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria e toda a ESO que nos deixou abraiados por completo e finalizamos con bailes e música no ratiño de tempo de lecer que nos quedou despois dunha xornada de Nadal tan intensa!
  • 19. 19 E medio dun día chuvioso arrancamos cedo para Ferrol, dentro das actividades programadas polo Proxecta “Aliméntate ben” o 29 de xaneiro foinos asignado para visitar o mercado de A Magdalena, a Lonxa e unha breve visual do porto para non empaparnos de todo! Observamos o proceso de clasificación, pesado e a importancia da etiquetaxe dos produtos da pesca. Tamén puidemos ver a pequena depuradora da Confraría onde se depuran os moluscos bivalvos para poder ser consumidos. No mercado atopamos unha gran variedade de peixes e mariscos nos diferentes postos que percorremos identificando as especies e falando cos praceiros e praceiras cos que descubrimos que a cola do pescado azul nos permite identificalo con facilidade, como apreciar cando un crustáceo está fresco, cales son as características do noso polbo, etc. Finalizamos tan intensa e mollada viaxe cunha degustación de produtos do mar que consistiu nun pincho de merluza e unha hamburguesa mariñeira. Eu si que o toco! A min valiame calquera dos percebes… Dáballe un bocado pero igual o leva o meu dedo! Parece que vai sair voando…
  • 20. 20 Para conmemorar o 30 de xaneiro, Día Internacional da Paz, decidimos traballar en torno ao 30 aniversario da caída do Muro de Berlín; para poñernos un pouco en situación, un muro impediu o noso aceso habitual ao edificio de Infantil e Primaria cun muro que nos facía bordear as instalacións do centro durante unha semana e ser conscientes da barreira que nos impón. O luns 3 de febreiro, con un pouquiño de retraso, inauguramos no comedor coa canción de Scorpions “Wind of change” homenaxeando ao vento de esperanza que parecía traer aquel momento, cos profes Gabriel, Benjamín, Javi e Julián. Xiana falounos “destes muros que son a expresión do noso medo ao que é distinto a nós. A forma visible de rexeitar o que é diferente á nosa forma de entender a existencia”. De que “hai moitos muros visibles, pero que todos son expresión dos muros invisibles, moito máis numerosos, que todos/as levamos dentro. Por veces, as nosas palabras son muros que provocan o rexeite polo outros e son máis fortes que a Gran Muralla, con centos de palabras coas que
  • 21. 21 excluímos aos individuos porque ameazan a nosa forma de pensar ou de ver o mundo”. Tamén nos recordou que “en 1990 desapareceu o chamado Telón de Aceiro e a súa caída ocasionou un momento de esperanza, en contra da que fomos reconstruíndo un mundo izándoo de novos muros: raciais, de riqueza, de nacionalidade, de xénero, de ideoloxías e identidades,… Polo que é preciso que abramos os ollos e cobremos consciencia de que, por riba das nosas diferenzas, somos todos/as membros dunha familia común, a raza humana que vive e comparte a mesma casa”. Jesús, David e Sofía de 1º de Eso investigaron cos profes Gabriel e Marga sobre os novos muros que emerxeron e continúan a aparecer: Suecia, Brasil, Israel, México e o gran Mediterráneo que separa o sur da promesa europea dunha vida mellor. A continuación, as rapazas e rapaces de 4º, 5º e 6º de Primaria fixéronnos pensar sobre a importancia das persoas que loitan para tirar a baixo todas estas barreiras e conseguir un mundo mellor, poñendo en relevancia ás mulleres que, de forma continua e silenciada, o fixeron ao longo da historia e, das que só unhas poucas obtiveron un recoñecemento como é o Premio Nobel da Paz. Nun ano no que a emerxencia climática é un punto clave, Wangari Maathai tiña que ser a muller que artellaba a actividade de plantación simbólica de árbores homenaxeando a cada unha delas. Finalizamos a nosa celebración cunha canción que tamén fala dos muros e do soño dun mundo mellor como é “Panamericana” de Depedro, cantada por todo o alumnado e, de novo, cos profes Javi, Benja, Gabriel e Julián, antes de derribar o noso particular muro que nos devolve de novo á nosa normalidade sen barreiras e procurando a non discriminación de ningunha clase.
  • 22. 22 O 11 de Febreiro conmemoramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia pero o traballo viñémolo desenvolvendo semanas atrás dende o Departamento de Física e Química que preparou con todo o alumnado de ESO unha táboa periódica de mulleres científicas que decora agora os nosos corredores. Ademais o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria preparou en Plástica unha homenaxe a Jane Goodall e a súa paixón polos chimpancés decorando a entrada do centro cunha árbore da que penduran estes animais facendo un breve relato da súa vida. Tamén colaboramos coa biblioteca buscando obras que reflictan as aportacións de mulleres á ciencia.
  • 23. 23 ESE DÍA… O día dos namorados, o día do amor, ese día… ese día que todos consideran o día das parellas pero, en realidade, iso é algo que nós eleximos CRER, xa que é o día do amor, do amor cara á miña familia, o amor cara aos meus amigos, cara a todo o que me faga sentir ben, sentir feliz, non é so o que podo sentir por unha persoa, é o que sinto por moitas, o que sinto e o que me fan sentir. Neste día prefiro pensar no corto que se fai o verán ao carón dos meus amigos, na piscina, de festa, coas nosas tonterías pero xuntos, sempre xuntos, nas boas, nas malas e en calquera momento que merece ser recordado, xa que calquera momento con eles vai ser único e inolvidable. Tampouco cambiaría os nadais xunto á miña familia, xente que non vexo dende fai moito, as persoas coas que estou todos os días, cada un deles fai que eses nadais sexan o dobre de especiais que os anteriores. Con isto quero dicir que nun día no ano non demostramos nada, que se estás con alguén o “día dos namorados” é todos os días, cada pequeno detalle. Por iso paréceme moito máis importante saber quen son esas persoas que están todo o ano en cada momento xenial ou pésimo, iso si o considero amor, o esforzo de moito tempo e sobre todo o recordo de moitas cousas e iso non o cambio por nada. Dou grazas a todas as persoas coas que salín, sobre todo a unha, que me demostrou que as relacións son cando a AMIZADE está por diante todo. Xiana 4º ESO
  • 24. 24 PREGÓN DE 5º E 6º (Laura e Uxía) Bos días a todos e todas as presentes. Estamos aquí para despedir este entroido tan festivo. Imos comezar por regalar a todos e todas as profes, empezando polo noso titor máis divertido e chistoso, que no ano que vén non me vai dar clase. Para completar a súa familia ímoslle regalar un loro para que non nos dé o tostón dos seus chistes e un libro con chistes para os nenos que quedan na clase de 4º, 5º e 6º o ano que vén. A Sonia paciencia cos de 1º, 2º e 3º e cos CDs cos listening que non atopa, a Maricarmen unha boa axenda para que non perda os exercicios. A Melina unha mantiña para que non teña frío na súa clase. A Bea unha trompeta para que teña máis instrumentos que tocar. A Rocío unha viaxe de sendeirismo xa que tanto lle gusta camiñar. A Abby un Ferrari para que non teña que compartir coche cos outros profes. A Nieves un gran viernes para que descanse de todas as clases. Aos nosos futuros profes da ESO moita paciencia e aos nosos compañeiros sorte, porque para o ano que vén é máis difícil. Nós o que queremos para o ano que vén é: - Eu Uxía quero moita alegría para aturar aos do ano que vén. - Eu Laura quero paciencia para aturar os chistes malos de David. A Javier un pastel para que endulce máis a súa clase, a Marisa unha gran pizza para que engorde, a Maricruz unha avestruz para que non teña que pisar o acelerador, a Julián un gran paladar, a Sico un pino para facer os estantes para os libros de mates, a Benjamín un bombín para inchar os balóns, a Mari un safari para que aprenda os nomes dos animais en inglés, a Tania unha viaxe a Ucrania para que aprenda máis desa cultura, a Leticia unha gran silla para que esté máis cómoda en secretaría, a Marga un doce para que adoce o seu nome, a Gabriel un pincel para que poida pintar grandes paisaxes do Courel e, por último, a un invitado especial, Nuno, que lle imos regalar un polbo para que medre. E con isto despedimos o pregón, boas vacacións e que pasedes un bo entroido.
  • 25. 25
  • 26. 26 TESTAMENTO (Javi Rey coa lectura de 2º, 3º e 4º de ESO) Amigos, xa que estamos aquí todos reunidos Alegres nesta tarde, contentos e espilidos Poñede ás miñas verbas atentos os oídos Que traio tristes novas con verbos escollidos. Amigos, don Antroido, tan bo e tan xeneroso compañeiro de festas, nas troulas fachendoso o noso amigo certo do riso agarimoso envía os seus saúdos a todos os golosos. Amigos, don Antroido, amigo da fartura que sabe mil historias de ledas travesuras está ferido en cama, doente de amargura dunha ferida mala que ten difícil cura. Amigos, don Antroido, como baril guerreiro, armado de filloas de gusto lambeteiro con casco de cacheira dun porco todo enteiro saiu facer a guerra por montes e vieiros. Levaba unha coiraza con untos ben forrada de cintas de chourizos unha capa bordada o escudo era unha orella, ben doce e preparada era un pernil ben groso a súa lanza honrada. Máis nada lle prestou así que entrou na loita topou polo camiño con certa vella enxoita arteira nas batallas sempre o xexún adoita armada con dous grelos e unha maza de froitas. Coresma por sorprensa chantoulle unha sardiña Antroido foi ferido de escamas e de espiñas caeu do seu porquiño que cabalgando viña e logo da caída perdeu canto ben tiña. Coresma, que é moi crúa, un bacallau sacou máis seco e máis salgado ninguén nunca atopou a Antroido na cachola, con forza golpeou sen forza e sen sentido no chan logo o deixou. Antroido me mandou que vos dixera a todos que quere que teñades lembranza dalgún modo das súas aventuras e, así, como vos podo fareivos a partilla, se escoitades a modo. Aos nenos de infantil, que son unha morea, deixoulles don Antroido forza para montar lea. e déixalle a Melina, por se ela se cabrea, un botelo cocido para que quede chea. Aos da primaria toda, que son tan rebuldeiros e están menos tranquilos que un cu nun formigueiro deixoulles dende logo un cencerro choqueiro co que anden polas clases de xeito barulleiro. A Sonia deixa logo tapóns para as orellas para estar tranquiliña sen estar ata as cellas A Bea tamén deixa uns cachos dunha tella para tocar unha muiñeira nunha reunión de vellas. A Juan légalle logo as mesas de pimpón con catro palas novas feitas dun orellón. dun porco xigantesco que veu dende León subindo pola Faba enriba dun camión.
  • 27. 28 Empezo en Secundaria e miro aos de primeiro e quere que eles leven un libro enteiro de chistes e de contos que solten ben lixeiros debaixo dunha mesa de pau de limoeiro. A Carla deixa logo xantares de mil xeitos todos de mil maneiras, de mil labores feitos e déixalle todo isto, maís non llo deixa a eito se non come de todo, que perda este dereito. Ás nenas de terceiro, que son tres pitas tolas quere deixarlles logo un tallo de rebola para que o poñan elas enriba da cachola cunha barra de pan, tres tortas e unha bóla. Ha de levar Xiana tres pezas de farrapo dúas sexan de lenzo, unha sexa de trapo. que as leve cando marche e leve a pel dun sapo que esmagou don Antroido coa forza do seu papo. A aqueles profesores que dan clase na ESO Non quere deixar nada, nin tan sequera un peso son xente aborrecida, de entendemento espeso e non lles deixa cousa por mandamento expreso. Máis quere deixar logo, chegados a esta hora algunha cousa súa á dama directora que sirva de lembranza por sempre e dende agora dos bechos do colexio, da fauna e máis da flora. Antroido logo manda que quede para Rocío o seu abrigo novo para espantar o frío que está tecido todo de puntadas sen fío que o leve para Palas sen laios e sen chíos. Que leve dous patucos envoltos en filloas que leve dous touciños e leve un pan de broa que leve un gato vello e paxarín que voa e que leve o que ela queira por ser para todos boa. E deste testamento a conta se remata Antroido está morrendo, vai estirar a pata poñemos punto ao conto e fin a esta contrata marchamos, xa que logo, que estamos dando a lata.
  • 28. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA 28 XOG@DE ENTRE OS CENTROS D@ MONT@Ñ@ “Profe: cando é o torneo de bádminton co resto de coles da montaña?”, “profe: será mellor practicar patinaxe e pinpon para ir a xogar co resto de coles no torneo de Xogade, non?”… preguntas que seguro que son común a tódolos centros da montaña lucense, debido afortunadamente á gran sorte que temos de poder realizar estes torneos de competicións entre coles da montaña a través da plataforma Xogade. Estas xornadas de convivencia nas que
  • 29. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA 29 participamos os coles de Cervantes, Becerreá, Pedrafita, Courel, As Nogais e Baralla supoñen unha oportunidade única para fomentar as relacións sociáis entre o alumnado de diferentes centros a través da práctica de actividade física. Un contexto idóneo no que prima a participación, a colaboración, as risas, os ánimos entre alumnos e alumnas de diferentes colexios e sobre todo, no que destaca a deportividade e o comezo ou reencontro de amizades que non teñen a facilidade de poder verse a diario polas características propias da zona. Bádminton, pinpon, baloncesto e hockey son os deportes que se practican repartidos nos tres trimestres, en diferentes formatos como parellas mixtas e formadas por un alumno/a de coles diferentes fomentando así as relación sociais ou equipos mixtos, tamén formados por alumnos e alumnas de coles distintos. Estas
  • 30. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA 30 actividades supoñen ademáis, poder educar en valores ó noso alumnado, ofrecerlles alternativas de ocio e actividade física, saír do seu entorno e coñecer sitios novos e persoas novas e absorver todo o posible dunha xornada de convivencia. A experiencia é valorada polo alumnado como moi positiva e tanto é así, que ningún nin ninguna se quere perder estos encontros, polo que desexamos e esperamos que siga adiante esta iniciativa. Grazas e noraboa a todos os coles colaboradores/as e aos organizadores das actividades polo traballo que hai detrás das mesmas. Está claro que merece a pena. Benjamín Longarela Pérez Xefe do Departamento de Educación Física e coordinador do PDC no marco do Plan Proxecta
  • 31. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA 31 DEPORTE EN FEMININO. @S R@P@Z@S T@MÉN XOG@N. C@RREIR@ DE ORIENT@CIÓN POL@ IGU@LD@DE 2020 A do deporte feminino é a historia dunha loita. Ao longo dos séculos, as mulleres tiveron que abrirse paso en contra dos prexuizos e das trabas que lles poñía unha sociedade que na que se pensaba que elas non podían, ou no debían, facer deporte. Por sorte a loita de moitas mulleres que se foron abrindo paso no mundo do deporte permitiron que o sexo feminino se incorporase plenamente á práctica deportiva, tanto cotiá coma no deporte de alto rendemento, aínda que na maioría das ocasións teñan unha peor financiación ou menor visibilidade. Por este motivo, este ano dentro do Plan Proxecta “Donas de si” o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, decidiuse recuperar a carreira de orientación coa colaboración do Departamento de Educación Física para visibilizar a unha pequeña parte de todas as mulleres
  • 32. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA 32 relevantes no panorama deportivo español, tanto na práctica individual coma na colectiva. Enchemos o taboleiro da entrada coas súas biografías para darlles unha maior visibilidade a semana anterior e luns 9 de marzo toda a ESO xunto con Uxía e Laura de 5º e 6º de Primaria participaron en pequenos grupos de 3-4 na carreira de orientación polo pobo coa axuda dun plano onde tiñan os puntos de localización das balizas onde atoparían unha pregunta sobre o deporte feminino que terían que contestar senón querían ser penalizadas cunha subida de tempo de cara ao resultado de completar a carreira. Cada grupo levaría un dossier no que podían consultar toda a información necesaria. E unha carreira coma esta merece unha visibilización importante polo que de recordo cada un e unha das participantes levou unha camiseta que recorde a importancia de loitar cada día por unha igualdade real entre homes e mulleres, nenos e nenas en tódolos ámbitos da realidade. Rocío Méndez Penela Coordinadora do Plan Proxecta “Donas de si”
  • 33. 33 REFLEXIÓNS por Xiana González Castro 4º ESO Realmente non sei como comezar esta redacción, é a primeira vez que pasei tanto tempo metida na miña casa, a maioría do tempo soa, e teño que dicir que aínda que é un pouco frustrante, estame axudando moitísimo a coñecerme a min mesma, saber o que quero e como o quero, resolver mil problemas que no día a día son imposibles de pensar e,sobre todo, estame axudando a ver o que teño que valorar na miña vida. Cando todo isto comezou creo que ninguén pensou nas verdadeiras consecuencias, pero considero que nos vai vir moi ben en moitos aspectos. Paréceme incrible o aburrida que nos podía chegar a parecer a nosa vida, e cando comecei a estar aquí só podía e podo pensar, como boto de menos aos meus amigos!, como os quero!, que divertido era todo!. Non se me vai pasar pola cabeza nunca máis aburrirme indo a clase, porque é xenial, é estupendo poder ver a xente que queres cada día, a
  • 34. 34 sensación de rir cos teus amigos, os abrazos, os bicos, todo o que tiñamos cada día e que agora parece tan, tan lonxe. Toda esta experiencia vaime facer ver todo moi distinto. Prometo dar cada abrazo como se fose o último. Prometo estar cos meus amigos todo o tempo que poida. Prometo que en todos os meus bicos o mundo vaise parar un segundo. Prometo correr como nunca en cada partido. E sobre todo, prometo non queixarme nunca máis de que me aburro cando poidamos saír outra vez, porque penso aproveitar cada minuto da miña vida como se fose o último. Sinto moitísimo todo o que esta enfermidade está causando pero tamén agradézolle todo o que me está facendo pasar, pensar e recapacitar, porque creo que cando esto acabe o mundo vai ser moi distinto, para ben. A xente estase dando conta de que o móbil non é o máis importante que temos, que as familias sempre están aí e de que quen te quere, é en calquera circunstancia e non cando todo vai ben.
  • 35. 35 DIARIO PERSOAL por Sofía Carrete García 1º ESO 18 de marzo de 2020 Hoxe é un día máis coma outro calquera. Con isto da epidemia non se pode saír da casa así que hoxe o que fixen foi erguerme cun catarrísimo, almorzar e seguir coa rutina de todos os días: facer deberes, deberes e máis deberes, tamén estudar. Despois de comer saquei as vacas: se non se pode sacar as vacas, os gandeiros de que van vivir? Ocorréuseme meterme en repostería para pasar o tempo, hoxe fixen un biscoito saudable sen azúcar. Polo momento despídome. 19 de marzo de 2020 Que abrurrimento! Na casa pechada sen poder saír. O único que podo facer é ver a tele pero nin eso, porque cando me poño a pasar canais e vexo tantas malas novas sobre o coronavirus, estrésome máis e cambio. Hoxe fun dar un paseo á horta e de paso coller unhas cantas nabizas para o caldo. Hospital está deserto, non se ve nin unha pulga pola rúa, nada, nin sequera o ladrar dos cans. Todo está en calma, nin un só coche transita pola estrada de enfrente da miña casa.
  • 36. 36 20 de marzo de 2020 Hoxe, venres, a cousa está un pouco máis interesante, aínda que non se pode saír da casa eu fun dar un paseo ata o lago e desconectar e, de paso, sacar unhas unhas cantas fotos. Hoxe tomeime o día libre, á tarde vin unha peli de Sherlock Holmes e fixen un “Brazo de gitano”, que rico me saiu! Parecía de pastelería! O día está malo, chovendo a cántaros e as árbores que hai ao redor da miña casa móvense polo vento que non dá nada de gusto pensar que che van caer enriba. Seguiremos contando mañá. 21 de marzo de 2020 Non hai nada mellor que quedarse na cama ata as 11 os sábados. Pero non é moi moi bo porque teño un catarro que non podo comigo. Non teño ganas nin nada que escribir excepto… que me aburro tanto! E non quero estar na cama polo que me puxen a xogar co meu irmán a xogos de mesa como a brisca, o tute, a escoba e o 1, 2 e 3. Aínda que sempre me gaña el e eu enfádome… é unha forma de pasar o tempo a parte de facer tantos deberes.
  • 37. 37 PLAN PROXECTA “Donas de si” Alumnado de Plástica de 4º, 5º e 6º de Primaria Por segundo ano traballamos dende a materia de Plástica en 4º, 5º e 6º de Primaria co Proxecto “Donas de si” intentando manter como liña de cohesión das nosas produccións poñer en valor a diferentes mulleres que foron referentes na historia. O curso pasado as fofuchas, as letras violeta, o entroido con nome de muller, etc. e este curso a liña prioritaria foron as mulleres na ciencia, aínda que tiveron cabida mulleres doutros campos do saber e da arte. Os rapaces de 4º e as rapazas de 5º e 6º de Primaria queríamos facer este ano a nosa aportación dende a materia de Plástica ao Congreso Científico elaborando unha decoración acorde a un evento coma este. Dende o mes de outubro puxemos mans á obra e baixo o lema das aportacións das mulleres ao mundo científico, empezamos con Ángeles Alvariño, unha ferrolana que chegou a ser unha das máis prestixiosas investigadoras mundiais do século XX á que se lle dedicou o “Día da Ciencia en Galicia” en 2015 polos seus descubrimentos, como as 22 dúas especies de plancton mariño que descubriu, das que podedes ver algunha delas asomadas polas ventás do noso
  • 38. 38 submarino. Ademais aproveitamos para traballar a figura de Andy Warhol, artista moi relevante no movemento “Pop Art” para facer os carteis de Ángeles. Despois de Ángeles Alvariño, pasamos a traballar aproveitando a conmemoración do Día da Paz, coa ecoloxista keniana Wangari Maathai, que recibiu o Premio Nóbel da Paz en 2004 pola súa contribución ao desenvolvemento sostible e á paz, ademáis de loitar polos dereitos das mulleres. Durante o mes de xaneiro e usando diversas técnicas plásticas como o estampado e as boliñas de papel de seda, creamos o noso pequeno planeta no que ir plantando árbores como facía Wangari, a muller árbore, en homenaxe ás valentes mulleres premiadas no Día Internacional da Paz. Case sen tempo empezamos a preparar o 11 de Febreiro, Día da Muller e da Nena na
  • 39. 39 Ciencia. Seleccionamos a Jane Goodall e investigamos sobre o seu traballo como investigadora científica acerca dos chimpancés. Os resultados recollémolos nos nosos pequenos chimpancés que penduran da árbore que está na entrada do centro e que compoñen a biografía desta importante científica premiada por ser a maior especialista en chimpancés do mundo e que hoxe en día continúa loitando contra o maltrato animal e en defensa e protección dos espazos naturais. E cando empazabamos a preparar o noso traballo sobre as mulleres que viaxaron ao espazo chegaron os tempos de coronavirus e confinamento. Pero en canto teñamos ocasión seguiremos traballando para visualizar o traballo de importantes científicas que ao longo da historia fixeron unha importante labor que non sempre se dá a coñecer.
  • 40. 40 Ademáis do traballo realizado coa decoración do Congreso traballamos tamén para visibilizar outras aportacións das mulleres dende a arte, como é o caso de Maruja Mallo, unha das pintoras galegas máis relevantes, unha desas mulleres ás que retrata Carvalho Calero (o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano) cando fala e dá voz a mulleres universitarias, que non buscan satisfacer as necesidades dos homes e que loitaron contra os dictámenes da sociedade para defender sempre a súa liberdade. Para coñecer un pouco máis desta interesante pintora reproducimos algunha das súas obras a través de diferentes técnicas, especialmente o collage. Quedaron unhas obras espectaculares.
  • 41. 41 Cousos do lobo Cousos do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos solos onde ninguén foi nin ha d’ir! O lobo! Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca de vagoada máis sola e máis medosa… Rastrexa parase e venta finca a pouta ergue a testa e oula ca noite cara o ceo con toda a sombra da noite na boca.
  • 42. SECCCIÓNS BILINGÜES 42 Postcard to Pedrafita Dear Pedrafita students, It was my absolute joy and pleasure to be with you in your classrooms this year. I could not have imagined a better experience. I loved getting to know each and every one of you and I already miss spending my days with you all. I want to thank you all for being great students! This year we learned a lot together. We learned about language, whether it be English, Spanish, or Gallego. We learned about countries and cultures; the U.S, Spain, Michigan, and Galicia. We learned about new books and songs. We learned about peace, fish, and technology. Most importantly, we learned about each other and about ourselves. I learned so much about you all as people; what things you like, how you learn, and what great kids you are. I also learned a lot about myself from you guys; I learned that I love to be in a classroom helping students learn. We learned a lot together and for that I am truly grateful. This year we also had a lot of fun together. We played games and made crafts. We sang songs and danced. We dressed up in costumes and laughed. We went on field trips and had parades. We had a lot of fun, or at least I did, and I will cherish those memories forever. This year we tried a lot of new things too. We ate burgers made of fish. We visited a jail. We touched starfish. We ate orange fluff. We did school from home. We tried new things, and we did them. We might not have liked all of
  • 43. SECCCIÓNS BILINGÜES 43 them, that fish burger was a little dry, but we did them, and that is a pretty big accomplishment. This year we learned, we had fun, and we did a lot of new things. You might forget everything about English or the United States that we talked about, and that’s okay, but if you could remember one thing from our time together I would ask that it would be this: remember to never stop learning, never stop having fun, and never stop trying new things. There is a pretty amazing world out there and if you keep those three things in mind you have the possibility to have infinite adventures. Thank you for everything! I miss you all so much! I hope one day we will see each other again. Until then, keep learning, keep having fun, and keep trying new things. A big hug to you all! Abby
  • 44. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA 44 Signo notarial de Sancho de Cardama (ACS, Documentos soltos, c. 19, nº 10) Traballamos na historia (2º ESO) O MINUTARIO DE GÓMEZ MÉNDEZ Ó longo deste curso dedicamos un bo número das nosas horas de clase en 2º ESO a traballar co libro 12 do fondo San Martiño Pinario, do arquivo histórico diocesano de Santiago, concretamente cos seus 196 primeiros folios. Grazas á Universidade de Santiago, este libro é hoxe doado de consultar, dado que está a disposición dos investigadores dentro dos fondos dixitalizados polo Arquivo Histórico Universitario, e colgado na súa páxina web. Porén, a súa lectura non resultou tan doada: foi preciso transcribir os folios, e rexestar e indexar os documentos, preparalos para poder traballar con eles e obter a información que procurabamos para coñecer a organización dunha sociedade xa desaparecida, coa que compartimos espazo, pero non tempo. O libro 12 no que centrabamos o noso traballo é o que se chama un “volume facticio”, é dicir, un volume feito a partir de cadernos soltos de distinta procedencia, que se encadernan xuntos para garantir a súa supervivencia. O 196 primeiros folios, cos que traballamos nós, son netamente distintos do resto do libro. A diferenza do groso do corpo que é unha recopilación de documentos outorgados polos mosteiros composteláns nun amplo abano de tempo, os nosos folios cubren un ámbito temporal máis ben reducido -escasamente cinco anos- e foron outorgados por grupos e persoas de diversas orixes e posición social. E iso é precisamente o que o fai interesante. Estes folios formaron parte dun minutario procedente da notaría de Sancho de Cardama, un dos notarios de Santiago na segunda metade do século XV, e os seus textos nos achegan realidade da cidade e da súa contorna entre 1465 e 1469. Ó longo dos seus 276 documentos vemos aparecer homes e mulleres de diversa extracción social. Pode parecer que 276 textos para 5 anos non é gran cousa. Pero para a Idade Media en xeral, e a galega en particular, é unha atalaia excepcional para procurar ver o funcionamento da sociedade con certo detalle. Ora ben, para valorar a información, tamén debemos comprender con que tipo de fonte histórica nos atopamos para comprender as súas eivas e decatarnos das ausencias e silencios que presenta. A primeira pregunta que debemos facernos é que é un minutario, e que tipo de documentación imos a atopar nel. Un minutario é un rexistro onde o notario e os oficiais da notaría redactan os documentos dos que logo darán unha copia ás partes que fixeron o contrato. A minuta notarial é un estadio intermedio entre a primeira nota e o documento definitivo.
  • 45. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA 45 Nun primeiro estadio, o notario tomaría nota brevemente dos aspectos máis importantes que tiña que coñecer: nome dos contratantes, tipo de contrato, características e acordos, testemuños que presenciaron o contrato... Esa nota logo era pasada a un escribán que a estendía en forma de minuta no libro da notaría. Iso explica que, aínda que os documentos dentro do noso libro están dispostos en xeral en orde cronolóxica, de cando en vez aparezan “notas traspasadas”, ou sexa, notas que o notario esquecera pasar ó escribano, e que polo tanto, están descolocadas do seu lugar. Unha vez pasadas as notas a minuta, e escritas no libro -e pagados os dereitos notariais-, as partes podían ou non reclamar unha copia para gardala no seu poder. No minutario isto aparece reflexado coas palabras “feita e dada”, aínda que ás veces o anotador é máis precisa e sinala a cal das partes se lle entregou a copia. Abonda con ollar lixeiramente as diferentes follas do libro para se decatar que foron varias as mans que se encargaron de copiar e extender as notas, o que se evidencia na variedade de letras e tamén nos usos do idioma. Efectivamente, a totalidade da documentación está redactada en galego, pero o nivel de pureza da lingua depende moito do escriba que tomou a pluma. Mentres que algúns se amosan bastante refractarios ó castelán, outros amosan un uso inzado de castelanismos. Xa comentamos como os cadernos cos que traballamos proceden da notaría de Sancho de Cardama. E mesmo nalgún dos documentos consta que foi el que efectivamente redactou a nota. Pero outros moitos aparecen asinados polo seu escusador ou substituto, Xácome González. Pensamos que realmente este minutario pertencía ó escusador, e que soamente de xeito ocasional se apuntaban nel contratos acordados ante o titular da notaría, que debería ter o seu propio libro, moito máis completo. O escusador soamente traballaba cando o notario estaba ausente ou ocupado, o que explicaría o ritmo absolutamente irregular que seguen os contratos na súa distribución temporal, con meses nos que non se outorga ningunha escritura e outros nos que semella concentrarse o traballo. O noso traballo, truncado neste curso pola aparición da pandemia do coronavirus, non fixo máis que comezar. Pero a variedade de textos, xentes e conceptos contidos ó longo dos folios do cartafol, promete que a nosa incursión nos restos deste naufraxio estará chea de achádegos interesantes. Javier Rey Souto Carla Fernández Arias 2º ESO
  • 46. II Congreso Científico da Montaña “virtual˝ Gabriel Dasilva Alonso (Xefe do Departamento de Física e Química) 46 Despois da boa experiencia do curso pasado, decidimos repetir o Congreso Científico. Pero, a nova situación provocada polo COVID-19 fixo que modificásemos o plan inicial. Este curso íamos participar 6 colexios: Courel, Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, Mondoñedo e Pedrafita. Pero finalmente só participamos dous: Courel e Pedrafita, e dun xeito telemático, a través dunha vídeo chamada grupal. Este curso contábamos cunha decoración especial, que íamos a colocar na casa da Cultura de Pedrafita. O día do Congreso, o salón ía converterse nun pequeno museo homenaxe a grandes mulleres científicas da nosa historia. Para iso, o alumnado de plástica de Primaria estivo a traballar durante todo o curso na realización de diferentes obras, aplicando distintas técnicas “artísticas”. Ademais da realización da obra, investigaron sobre a importante contribución ao mundo da ciencia e á sociedade das diferentes mulleres estudadas. Algúns dos seus traballos foron: un gran submarino no que se representaban diferentes especies mariñas descubertas por Ángeles Alvariño, unha plantació n “simbólic a” de 13 ramas nun mapa mundi representando a loita de Wangari Maatai (premio Nóbel da paz) pola paz e o planeta, unha árbore con monos representando o traballo de Jane Goodall, un cohete para visibilizar o traballo de mulleres pioneiras na investigación espacial, ...
  • 47. II Congreso Científico da Montaña “virtual˝ Gabriel Dasilva Alonso (Xefe do Departamento de Física e Química) 47 Como non puidemos desfrutar deste traballo in vivo, os alumnos e alumnas de Primaria prepararon unha montaxe de vídeo explicándonos o seu traballo que reproducimos no Congreso. Para abrir o Congreso, contamos cunha entrevista en directo a un científico, Sergio Silva Bautista, un biólogo da Universidade de Santiago que dedicou os últimos a investigar temas relacionados coa ecoloxía e conservación, e especializouse no estudo da lamprea. Logo continuamos coa presentación dos diferentes proxectos de investigación realizados durante o curso. Algúns destes proxectos non puidemos rematalos, xa que a corentena fixo que se interrompesen e fose imposible continualos. As presentacións fixémolas previamente, cada un dende a súa casa, preparando unhas diapositivas e gravando audios que logo montamos nun vídeo para reproducir durante o Congreso. Durante o congreso, ademais dos presentes, interviñeron diferentes persoas especialistas nos temas de investigación enviando preguntas gravadas para algunhas das presentacións. Os proxectos presentados foron: • A Enerxía Solar. 4º-5º-6º Primaria. Pedrafita • A avispiña do castiñeiro. 1º ESO. Pedrafita • Ecosistemas do Courel. 1º ESO. O Courel • Gandería no Courel. 2º ESO. O Courel • O noso Patrimonio. 3º ESO. Pedrafita • Coronavirus. 3º ESO. O Courel • Os lumes. 4º ESO. Pedrafita Nesta variedade de proxectos, o alumnado plantexou verdadeiros traballos de investigación: estableceron un problema ao que querían atopar resposta, plantexaron hipóteses para resolvelo, deseñaron experimentos co fin de atopar evidencias científicas das súas hipóteses, e fixeron unha discusión precisa dos resultados obtidos. E para levar todo isto a cabo, en moitos destes proxectos os rapaces e rapazas tiveron que traballar dende diferentes materias e aplicar coñecementos de moitas áreas. Realizaron saídas de campo, enquisas a case 4000 persoas, aprenderon de programación, trataron estatisticamente o gran volume de números obtidos, prepararon unha exposición para presentar os resultados en público...