DÍA DO LIBRO
SEVILLA
Argalleir@s da letras
Protexidos polas árbores
do Parque de María Luísa
comezamos a lectura de Unha
Árbore
Paxaro
Noite
Horizonte
Inverno
Anos
Mazás
Ríos
Dons
Erros
Enclaustrados
Horta
Cabaleiro
Éxitos
Amizade
Xornais
Preciosa
Choraban
Fada
Desgrazas
Ollos
Mundo
Regos
Pai
Vivo
Agarimo
Artistas
Demo
Rexas
Froita
Lembranza
Namorarse
Medos
Xuventude
Sentimento
Vila
Tolos
Vinganza
Fillos
Única
Familia
Segundo
Vida
Graciosa
Bico
Canseira
Futuro
Monxa
Valado
Magnolio
Da lectura da obra de Marina Mayoral
compuxemos coas palabras elixidas o seguinte
poema.
 
Árbore durmida
paxaros cansos
noite escura
horizontes descoñecidos
inverno eterno.
Anos depresivos.
Mazás brillantes e vermellas
ríos rápidos e caudalosos.
Dons máxicos
que evitaban os erros.
Raíces enclaustradas
na horta da vida.
Valente cabaleiro
conquistador de éxitos,
de amizade desinteresada
e de xornais escritos
con preciosa palabra.
Choraban as follas
e a fada velaba
para evitar as desgrazas
cos ollos abertos.
 
Mundo novo
regos transparentes
e un pai creador
de todo o vivo.
Con agarimo
os artistas inventaban novas cores
encerrando o demo
entre as rexas do cárcere.
Froita saborosa,
doce lembranza
da que namorarse.
Medos vencidos
xuventude eterna
sentimento sincero.
Vila evocada
tolos recordos
esquecida vinganza.
 
 
Fillos da natureza
única resposta
para esta familia.
Segundo pensamento,
segunda vida:
graciosa oportunidade.
Bico inesperado e desexado
na canseira da vida.
Futuro inmediato:
a monxa enclaustrada
salta o valado
co magnolio luminoso e
perfecto.
Argalleiros e argalleiras das letras
coa colaboración da convidada
Candela González.
Día do libro, 23 de abril 2016
Sevilla
A HORTA DA VIDA 
DÍA DO LIBRO, SEVILLA
ARGALLEIR@S DAS LETRAS
(acompañantes: Efigenia, Cristina, Candela e Chelo)
IES CASTRO DA UZ
CURSO 2015/ 2016

Presentación día do libro 2016, Sevilla