SlideShare a Scribd company logo
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
2
Índice……………………………………………………………………..2
Limiar……………………………………………………………………..3
“NUN LIBRO…”— CD Pista 1 —…………………………...….4
“BRINCA VAI!”— CD Pista 2 —………………………………..5
“ARRORRÓ”— CD Pista 3 —…………………….……………..6
“NA FESTA DE SANTO ANDRÉS”— CD Pista 4 —….....7
“NO SAMAÍN” — CD Pista 5 —……………………….………8
“MEU O MUNDO É!” — CD Pista 6 —……………………..9
“RAP DO MAGOSTO” — CD Pista 7 —..................... 10
“APERTAS QUE VOAN” — CD Pista 8 — .................. 11
“O ENTROIDO MOVE O CORPO” — CD Pista 9 —... 12
“COS PÉS NA TERRA”— CD Pista 10 — ................... 13
“A PALABRA TEN VIDA”— CD Pista 11 —................ 14
“AUGAS QUE VEÑEN E VAN” — CD Pista 12 —..…...15
“O APALPADOR” — CD Pista 13 —.......................... 16
“QUE BAILE XA!”— CD Pista 14 —.......................... 17
“FELISA VAI EN COCHE” — CD Pista 15 —…………….17
“PORQUE VÉN O VERÁN” — CD Pista 16 — ........... 18
ÍNDICE
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
3
Chegou o noso 5º cancioneiro, con cancións que aprendemos para feste-
xar as distintas celebracións, para enchernos de alegría, para aprender,
para mellorar a nosa expresión oral, vocabulario ...
Continuamos afondando neste proxecto que chamamos “Ao galego can-
tando (e danzando) con alegría e bo humor”, con amor … Entre outros,
temos como obxectivo fomentar a oralidade de moitos xeitos, destacan-
do a busca e posterior aprendizaxe de coplas, cantigas, recitados, xogos
orais …, xa que queremos contribuír no que poidamos a que este mara-
billoso patrimonio cultural, que ademais pode enchernos de ledicia, non
vaia a menos ou remate por desaparecer.
As indicacións que van despois dalgúns títulos son simplemente ideas
por se lle serven a alguén. Seguimos agradecendo suxestións para
completar, adaptar, corrixir …
Temos que agradecer moitísimo a todas as persoas da comunidade edu-
cativa que axudaron na elaboración deste cancioneiro. As ilustracións
están realizadas coa idea de que cada membro do alumnado, ou fami-
lias, poida completalos, colorealos... como guste, despois de coñecer o que
di a letra da canción. Nalgunhas páxinas hai espazo para debuxar ...
O noso agradecemento tamén a todas aquelas persoas que levan traba-
llado pola nosa música, para que así poidamos aprender, cantar, bailar,
gozar … Neste novo cancioneiro temos que dar as grazas especialmente
a Paco Nogueiras e Kalandraka Editora, Luís Prego e Edicións do Cumio.
Comprobado xa que podemos pasalo ben aprendendo cantigas e mello-
rando a oralidade, se o tempo e as forzas para traballar acompañan,
queremos continuar con este proxecto mentres siga dando resultados
positivos, avaliándoo e modificando o que se considere necesario.
LIMIAR
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
4
NUN LIBRO…
QUE PASA, QUE OCORRE, QUE PASA… QUE?
NA MIÑA BIBLIOTECA ALGO SE MOVE... O QUE? (bis)
Abre as mans, poderás ver un novo mundo aparecer,
o momento de voar, só con comezar a ler.
Que sinxelo pode ser, un momento nada máis,
un tesouro de papel con historias sen parar.
Nun libro, nun libro, nun libro, nun libro.
Personaxes de ficción que din cousas sen parar,
ver lugares onde nunca vas estar,
podes subir ata o ceo, navegar en calquera mar,
mirar as letras que veñen, mirar as letras que van.
Nun libro, nun libro, nun libro, nun libro.
Unha nova folla é un paso máis,
sigue o camiño, chega ata o final.
Tras cada palabra, algo atoparás,
se non ten sentido, volve a empezar! (bis)
Ler a mensaxe de amor entre un verme e un leirón,
ver algún peixe que voa e paxaros que xa non,
un poema que o sol á lúa agasallou,
xogar co arco da vella e quedar coma un señor.
Nun libro, nun libro, nun libro, nun libro.
Ser forte coma un dragón e lixeiro como o ar,
ata pode ser que un león domar,
un misterio resolver, un feitizo enfeitizar,
terás un mundo para abrir e, cando queiras, pechar.
Nun libro, nun libro, nun libro, nun libro.
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
5
BRINCA VAI!
Se xogo á PITA CEGA non podo ver.
Atentos aos reflexos, vén o BRILÉ.
Teremos moito ollo xogando á RÁ.
Pero co TRES EN RAIA hai que maquinar.
Brinca vai! Brinca vai!(Brinca vai!)
Brinca vai! Brinca vai!(Brinca vai!)
Conta os da roda a ver quen sae. (bis)
Colle a BUXAINA e tira ben.
Ten tino na MARIOLA onde pos os pés.
Colle a BILLARDA e mándaa lonxe.
Nas CARREIRAS DE SACOS tes que
apurar.
(Retrouso) (bis)
Imos contar:
Rabo de boi, rabo de besta,
dixo meu pai que estaba nesta.
Taco, taco, número catro,
un, dous, tres e catro.
Un, dous, tres, zapatiño inglés,
sen mover as mans nin os pés-
Vexo, vexo… Que ves?
Vexo aos nenos xogar.
Dálle forte á CORDA, hai que saltar!
Quen pille primeiro o PANO vai ganar.
Nos ZANCOS parece que son moito máis alto.
O ARO na corredoira vai xirar.
Como este ano imos asistir a un concerto de Paco Nogueiras,
aprendemos as súas cancións. Nesta lembramos xogos tradicionais,
cos que podemos mellorar as nosas capacidades e habilidades.
(Retrouso)
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
6
ARRORRÓ
Arrorró, meu neno,
arrorró, meu sol,
arrorró, pedazo
do meu corazón.
Esta nena linda,
que naceu de día,
quere que a leven
a unha romaría.
E durme, neniño,
que aí vén o cocón,
a levar os nenos
que non dormen non.
Durme, nena, durme,
que teño que facer,
lavar os cueiros,
bordar e coser.
Arrorró, meu neno,
arrorró, meu sol,
arrorró, pedazo
do meu corazón.
Na nosa tradición hai moitos arrolos fermosos. Este é moi doado de
entoar para que toda persoa poida cantalo. Os primeiros anos teñen
moita importancia, así que animémonos a cantarlles sempre. Canta-
mos coa nosa voz dando cariño, baixiño, pausado, axudando a
descansar … Pódense trocar as palabras “meu neno” por “meniña”,
así como nena, linda ou neniño, segundo corresponda.
(bis)
(bis)
(bis)
(bis)
(bis)
(bis)
(bis)
(bis)
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
7
NA FESTA DE SANTO ANDRÉS
Foi na festa de Santo Andrés,
onde toquei un gran bombo
(bum, bum, bum-bum-bum)
Ai, olé, ai, olé, foi na festa de santo André.
Foi na festa de Santo Andrés,
onde toquei un tambor
(touporroutou, touporroutou)
onde toquei un gran bombo
(bum, bum, bum-bum-bum)
Ai, olé, ai, olé, foi na festa de santo André.
Foi na festa de Santo Andrés,
* onde toquei unhas cunchas
(chascarraschás, chascarraschás)
onde toquei un tambor
(touporroutou, touporroutou)
onde toquei un gran bombo
(bum, bum, bum-bum-bum)
Ai, olé, ai, olé, foi na festa de santo André. *
Na festa de Santo Andrés,
toquei unha pandeireta
(tsh tsh tsh tsh tsh tsh)*…*
Foi na festa de Santo Andrés,
onde toquei unha gaita
(tiru liru li, tiru liru li)
toquei unha pandeireta *…*
Axúdanos a aprender os instrumentos galegos xunto cos seus
sons e as súas características dun xeito alegre e ameno. Cando
nomeamos un novo instrumento, debemos imitar o seu son, a ma-
neira de collelo e tocalo... As onomatopeas pódense cambiar se-
gundo o seu gusto ou criterio.
(bis)
(bis)
(bis)
Completamos con debuxos dos instrumentos
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
8
NO SAMAÍN
Vén o solpor, hai que correr.
No Samaín todo pode acontecer.
Voan cabazas e falan morcegos,
luces que bailan todas enriba no ceo.
Pelos de punta, cheiro a candeas,
as sombras baixan todas pola cheminea.
Cor de castaña, fiúncho menciñeiro,
quedan atrás os que non corren os primeiros.
Moito maxín, no Samaín
é hora de contar historias de medo e fuxir.
Moito maxín hai no Samaín,
é hora de contar historias de medo e botar a rir.
Néboa e fume, ferven os caldeiros.
Lume nos potes para facer encantamentos.
Unllas escuras, miañar de gatos negros,
ruídos de pasos que nos seguen moi de preto.
Ollos pintados, bruxas con sombreiro,
nenos que brincan para coller os caramelos.
Palabras máxicas, feitizos moi vellos.
No Samaín todo semella verdadeiro.
(Retrouso)
(Retrouso)
Pode servir de axuda para comprender mellor, xogar e, so-
bre todo, gozar desta festa. Aquí está o videoclip oficial
https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
9
MEU O MUNDO É!
Que bonito poder dicir
que fermoso sae o sol
esta mañá para ti.
Que bonito poder sentir
a ledicia, a morriña,
escachar a rir.
Que delicia poder falar
con agarimo a un amigo,
dar un bico a túa nai.
Que festeiro aturuxar
cando danzas na punteira
e un gaiteiro está a tocar.
En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo…
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto,
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
Pode elevar a nosa autoestima ver o seu videoclip oficial :
https://www.youtube.com/watch?v=F1e0wAcXcgw . Tamén po-
demos atopar outros realizados por varios centros ou asociacións,
en youtube, buscando "meu o mundo é", ...
(Retrouso)
Que fachenda poder viaxar
en carrilana e despois
unha feira visitar.
Que bonito respirar
o recendo dunha xesta,
escoitar o mar.
Que sorte poder contar,
teño dedas, teño unllas,
teño dúas mans.
Que bonito poder xogar,
ver voar un papaventos,
abanéome nun bambán.
(Retrouso) (bis)
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
10
RAP DO MAGOSTO
Castaña, castaña, do chan se apaña,
metida no ourizo non é unha “patraña”.
Magosto, magosto, non vaias co posto,
leva castañas e alegra ese corpo. (bis)
Coidado cos dedos, pódeste picar,
o castiñeiro protexe o seu froito vital.
Apañando con tino, metendo nun cesto,
deixando secar a castaña ao solleiro.
Despois de ben secas, mételle o dente,
ponas ao lume para que estean ben quentes.
Despois dun tempiño están preparadas,
comemos castañas, castañas asadas.
Tamén é costume furar a tixola
para asar as castañas. A tixola mola!
Hai outros que queren facelas cocidas,
fiúncho e cachelos, castañas fervidas.
Non hai desperdicio, non perdas o tempo,
tan só hai que poñer en bo uso o peteiro.
Deixádeme agora que convide eu.
Castañas, castañas, non sexas baldreo!
(Retrouso) (bis)
(Retrouso)
Nesta celebración tan nosa sempre veñen ben o canto e o
baile. Non vai ser todo comer, papar e engordar! Un pou-
co de ledicia e a movernos cantando esta canción.
Completamos debuxando despois de saber o que di a canción.
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
11
APERTAS QUE VOAN
Mans brancas e cara negra,
teño os beizos vermellos.
Teño sentimentos novos,
ai, teño sentimentos vellos.
Mans negras e cara branca,
teño o meu peito cheo
de bicos e de sorrisos,
de apertas que voan no vento.
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo,
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga,
distinta e igual á vez.
(Retrouso)
Cantamos e movémonos con ela festexando o día da paz. Na pro-
cura dun mundo mellor, levamos moitos anos buscando máis
igualdade, solidariedade, comprensión, cariño ... Moitas grazas a
todas as persoas que nos axudan a darnos conta do importante.
Eu non quero ver fronteiras,
sempre me poño a pensar
en deixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.
Pintar o vento de cores,
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.
(Retrouso)
Un camiño faise a pasiños,
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.
Non hai grandes nin pequenos,
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.
(Retrouso) (3 veces)
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
12
O ENTROIDO MOVE O CORPO
O Entroido move o corpo
cun movemento tolo
e chegou o momento
de ir bailar.
Movendo agora a perna,
cabeza, a cadeira,
movendo todo xunto.
Imos! Ah, ah, ah.
Escolle unha perruca.
Elixe unha pintura,
algo de maquillaxe,
o movemento vai.
Poñendo de etiqueta
zapatos e chaquetas,
cultura do remendo,
vaite disfrazar.
E se ti queres vir entroidar
ven aquí,
move o corpo sen parar.
Filloas e orellas,
bailan vellos e nenas
o solto, o agarrado,
viva a diversión.
Rapaces con bigotes,
xenerais e peliqueiros,
pantallas e troteiros,
tamén cigarróns.
(Retrouso)
Todo disparatado
con teas, con farrapos
cubrindo todo o corpo
papel e cartón.
O baile é contaxioso,
o ritmo entra no corpo,
é hora de ceibar
a imaxinación.
(Retrouso)
O Entroido move o corpo
Saír todos á rúa
para facela túa,
bailemos o Entroido
ata que saia o sol.
Pallasos e princesas,
piratas, vampiresas,
caretas e antefaces.
Un, dous, un, dous.
O Entroido está chegado
con saia, con sombreiro,
movendo o pé primeiro,
baila o son, baila o son.
O baile está servido,
Reino da Gargallada,
facendo foliada.
Ao Entroido vou.
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
13
COS PÉS NA TERRA
Gran curiosidade
e que pode acontecer,
pois tan só dunha semente
pura maxia vai haber.
Con axuda dun raiolo
e de auga, unha pinguiña,
xa comeza a traballar
o que na terra se cociña.
Carballo… cos pés na terra.
Un ameneiro… cos pés na terra.
Un buxo… cos pés na terra.
Se queres podes plantar.
Nogueira… cos pés na terra.
Un castiñeiro… cos pés na terra.
Unha figueira… cos pés na terra.
Se queres podes plantar.
Agromando pouco a pouco
coma quen bota o nariz,
teñen toro, teñen follas,
unha planta con chafariz.
Das súas polas xorden froitos,
sombra se estás baixo del,
limpa o ar que se respira,
faise sempre de querer.
Sobreira… cos pés na terra.
Un pradairo… cos pés na terra.
Bidueiro… cos pés na terra.
Se queres podes plantar.
Piñeiro… cos pés na terra.
Un freixo… cos pés na terra.
Unha abeleira... cos pés na terra.
Se queres podes plantar.
Cerquiño… cos pés na terra.
Unha maceira… cos pés na terra.
Un loureiro… cos pés na terra.
Se queres podes plantar.
Pereira… cos pés na terra.
Un sabugueiro… cos pés na terra.
Unha cerdeira… cos pés na terra.
Se queres podes plantar. (4 veces)
Para aprender sobre a natureza dun xeito lú-
dico, cantando con alegría …
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
14
Quero ser Rosalía de Castro,
das súas fontes quero beber.
Ou Ferrín, coas súas Magnolias,
ou Novoneyra e o seu Courel.
Quen me dese ser Curros Enríquez
e chorar cos Pinos de Pondal,
as Verbas de María Mariño,
con Cabanillas un poema cantar.
Porque a palabra ten vida…
Poden subir ata o ceo e facelo algo meu.
Teñen vida…
Son suspiro, son alento,
son bicos feitos de vento.
Teñen vida…
Xiran lentas como a roca,
collen forza na túa boca.
Teñen vida…
Quen puidese escribir e poder así dicir.
Teñen vida…
Falar co Merlín de Cunqueiro
Ser querido como é Castelao.
Ter memoria como Neira Vilas
e con Fole ler xuntos da man.
Contar catro con Manoel Antonio.
Celso Emilio, na noite voar.
Ver con Dieste os Arquivos do Trasno.
Manuel María e os soños ceibar.
A PALABRA TEN VIDA
(Retrouso) (bis)
Triunfar sobre o silencio,
amosar galaxias de mel.
Peneirar a realidade,
De novo reverdecer.
Coller bágoas e sorrisos,
Facer sinfonías del….
Quen se non para dicilo…
(Retrouso)
(Retrouso)
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
15
AUGAS QUE VEÑEN E VAN
Augas que veñen, augas que van,
augas que non sei onde me levarán.
Augas que están vivas, augas de coral,
que nacen no río e que dormen no mar.
Incrible parece que un peixe
na auga poida afogar.
Será que fuma moito a cabicha
que un home acaba de tirar.
E a auga está porca…, si !
Non a podo mirar !
A corrente arrastra o lixo
á praia e non podo xogar.
(Retrouso)
As sereas fuxiron,
as baleas con máscara van.
O petróleo é perfume
que usan as quenllas para ir a bailar.
Teñen medo os peixiños
E quérense agochar,
As redes malfeitoras
Queren atrapalos, non poden medrar.
(Retrouso) (bis)
O mar mira para a terra
Con cara de pena, cara de chorar,
Onde canta a gaivota
E o son das ondas van protestar.
E escóitase de fondo …
-Amigo ! Non me trates tan mal !
Eu dou todo o que teño
E ti, con todo, nada me dás.
(Retrouso)
(Retrouso)
Para tomar conciencia de que de-
bemos respectar e non contaminar.
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
16
O APALPADOR
O tempo do Nadal
non se me dá nada mal,
sei que vai moito frío
pero iso dáme igual.
Dáme igual porque me encollo,
fágome unha pelotiña
e arrímome a miña nai.
Góstame esta vida miña.
Vai chegar un personaxe.
É moi alto, é moi forte,
seica é o Apalpador.
Parece que tiven sorte.
Ese home de gran barba,
tiven sorte, si, señor,
a deixarme xoguetadas.
Vai vir o Apalpadooooor.
Coa boina ben chantada
e moi sucio o pantalón,
cuns olliños moi brillantes
e un sorriso encantador.
Xa me tarda o momento
de meterme na camiña,
e que veña o Apalpador
a apalparme a barriguiña.
Querería velo andar
arrimado ao seu bastón,
a chaqueta abrochada
e luxado de carbón.
As fazulas coloradas
e moi grandes zapatóns,
carrexando sempre un saco.
Aí vén o Apalpadooooor !
Coa primeira luz do día,
cando acaba de espertar,
facendo pouco ruído,
xa comezo a buscar.
Camiñando paseniño
miro en todos os recunchos,
buscando os agasallos
que me agardan nalgún punto.
Síntome algo nervioso,
xa non podo da emoción,
e tamén me entra a risa.
Deixaría…, si ou non?
E ao lonxe vexo un vulto,
corro rápido e veloz,
atopei os agasallos
porque veu o Apalpadooooor.
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
17
Felisa vai en coche,
Felisa en coche vai.
Felisa vai en coche,
vai ver a súa nai, (3 veces)
Felisa vai en coche,
Felisa en coche vai.
(4veces)(bis)
QUE BAILE XA!
A/O señorita/o *
entraba no baile,
que baile, que baile, que baile xa,
porque se non baila un castigo levará.
Que baile, que baile, que baile xa.
Que saias ti,
que te quero ver bailar,
correr e brincar,
dar voltas no aire,
polo ben que o fai * ,
deixádea/o soa/só, soíña/o no baile,
que a/o quero ver bailar.
Facemos unha gran roda por parellas.
Durante a copla, bailamos un pasodobre
agarrado.
Cando cambia o ritmo pasamos a bailar
un galope de polca, xirando todo o
mundo no sentido contrario das agullas
do reloxo.
Tamén podemos bailar esta última parte
dando catro galopes cara ao centro da
roda, pechando, e outros catro abrindo.
Unha cantiga tradicional para cantar e bailar, xa con poucos anos.
No sinal * dise o nome da persoa que lle toque bailar no centro.
FELISA VAI EN COCHE
Ai la la la la, ai la la la la,
ai la la la la la la la la,
ai la la la la, ai la la la la,
ai la la la la la la la la,
Ai la la la la la la la,
ai la la la la la la.
Repítese todo outra vez
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
18
PORQUE VÉN O VERÁN
1, 2, 3, dime o que ves,
o tempo corre axiña e non vai parar.
1, 2, 3, aínda que contes do revés,
o que ten principio tamén ten final.
1, 2, 3, da cabeza ata os pés
sobe un formiguiño que me senta ben.
1, 2, 3, deixa todo e ven,
non penses en nada… O momento é!.
Hoxe levo toda a música completa,
de cantar non vou parar.
Encho a boca cun berro de festa,
porque vén o San Xoán.
Movo os pés bailando nos camiños,
asubío sen parar.
Vexo a luz do sol na miña cara,
porque vén o verán.
Ven, ven, ven, 3, 4, 5, 6,
fala alto, fala forte pero non fales á vez.
Ven, ven, ven, 7, 8, 9, 10,
vive o ritmo dende Vigo ata a serra do Courel.
E ven, e ven, e ven, ven, ven.
sen vergoña, sen complexos, saca o mellor que tes.
Ven, ven, ven, disco enxebre “dance”,
unha cousa que te move, que te fai estremecer.
1, 2, 3, o lume xa se ve,
San Xoán e cacharelas, hoxe brincarei !
1, 2, 3, fóra meigas dunha vez,
con pan e unha sardiña ao San Xoán irei.
1, 2, 3, as mans abertas vou bater,
saúdo aos meus amigos, 10, 50 ou 100.
1, 2, 3, escribo nun papel
palabras de cariño que che din adeus.
(Retrouso) (bis)
(Retrouso)
Unha canción para rematar o cur-
so e que pode servirnos, por
exemplo, para traballar tradicións
como as fogueiras do San Xoán...
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
19
PÁXINA PARA O CD
5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
20

More Related Content

Viewers also liked

Páxina web
Páxina webPáxina web
Páxina web
Espinheira Aldan
 
Libro mulleres
Libro mulleresLibro mulleres
Libro mulleres
Graciela Esperón
 
Día da muller traballadora
Día da muller traballadoraDía da muller traballadora
Día da muller traballadora
Espinheira Aldan
 
Christmas in America
Christmas in AmericaChristmas in America
Christmas in America
Espinheira Aldan
 
Valentine's Day
Valentine's DayValentine's Day
Valentine's Day
Espinheira Aldan
 
Faisan
FaisanFaisan
English10 bestcommu
English10 bestcommuEnglish10 bestcommu
GreenTrac
GreenTracGreenTrac
GreenTrac
alfer0
 
LA CIUDAD MODERNA EN LA POÉTICA DE OLIVERIO GIRONDO
LA CIUDAD MODERNA EN LA POÉTICA DE OLIVERIO GIRONDOLA CIUDAD MODERNA EN LA POÉTICA DE OLIVERIO GIRONDO
LA CIUDAD MODERNA EN LA POÉTICA DE OLIVERIO GIRONDO
Académica USACH, UCSH y UNAB
 
INTERACTIVE INTELLIGENCE Expocontact11
INTERACTIVE INTELLIGENCE Expocontact11INTERACTIVE INTELLIGENCE Expocontact11
INTERACTIVE INTELLIGENCE Expocontact11expocontact
 
Semillas Que Germinan
Semillas Que GerminanSemillas Que Germinan
Semillas Que Germinan
chucho1943
 
ESTUDIO DE MERCADO - PARTE III
ESTUDIO DE MERCADO - PARTE IIIESTUDIO DE MERCADO - PARTE III
ESTUDIO DE MERCADO - PARTE III
ALEXANDRA ZURIMA GONZALEZ HERNANDEZ
 
Edificio Oficinas de Peyber
Edificio Oficinas de PeyberEdificio Oficinas de Peyber
Edificio Oficinas de Peyber
grupo Peyber
 
Michael Levin - MatrixNet Applications at Yandex
Michael Levin - MatrixNet Applications at YandexMichael Levin - MatrixNet Applications at Yandex
Michael Levin - MatrixNet Applications at Yandex
Machine Learning Prague
 
Decor arte
Decor arteDecor arte
Decor arte
DecorArte
 
Persönliches Wissensmanagement mit Semantischen Technologien
Persönliches Wissensmanagement mit Semantischen TechnologienPersönliches Wissensmanagement mit Semantischen Technologien
Persönliches Wissensmanagement mit Semantischen Technologien
Max Völkel
 
Nec2011 cap.7-construccion con madera-021412
Nec2011 cap.7-construccion con madera-021412Nec2011 cap.7-construccion con madera-021412
Nec2011 cap.7-construccion con madera-021412maupq
 

Viewers also liked (20)

Páxina web
Páxina webPáxina web
Páxina web
 
Libro mulleres
Libro mulleresLibro mulleres
Libro mulleres
 
Día da muller traballadora
Día da muller traballadoraDía da muller traballadora
Día da muller traballadora
 
Christmas in America
Christmas in AmericaChristmas in America
Christmas in America
 
Valentine's Day
Valentine's DayValentine's Day
Valentine's Day
 
Faisan
FaisanFaisan
Faisan
 
English10 bestcommu
English10 bestcommuEnglish10 bestcommu
English10 bestcommu
 
GreenTrac
GreenTracGreenTrac
GreenTrac
 
LA CIUDAD MODERNA EN LA POÉTICA DE OLIVERIO GIRONDO
LA CIUDAD MODERNA EN LA POÉTICA DE OLIVERIO GIRONDOLA CIUDAD MODERNA EN LA POÉTICA DE OLIVERIO GIRONDO
LA CIUDAD MODERNA EN LA POÉTICA DE OLIVERIO GIRONDO
 
09 (2008)
09 (2008)09 (2008)
09 (2008)
 
INTERACTIVE INTELLIGENCE Expocontact11
INTERACTIVE INTELLIGENCE Expocontact11INTERACTIVE INTELLIGENCE Expocontact11
INTERACTIVE INTELLIGENCE Expocontact11
 
Mie kocok cirebon
Mie kocok cirebonMie kocok cirebon
Mie kocok cirebon
 
Semillas Que Germinan
Semillas Que GerminanSemillas Que Germinan
Semillas Que Germinan
 
ESTUDIO DE MERCADO - PARTE III
ESTUDIO DE MERCADO - PARTE IIIESTUDIO DE MERCADO - PARTE III
ESTUDIO DE MERCADO - PARTE III
 
Edificio Oficinas de Peyber
Edificio Oficinas de PeyberEdificio Oficinas de Peyber
Edificio Oficinas de Peyber
 
Intro ch 01_a
Intro ch 01_aIntro ch 01_a
Intro ch 01_a
 
Michael Levin - MatrixNet Applications at Yandex
Michael Levin - MatrixNet Applications at YandexMichael Levin - MatrixNet Applications at Yandex
Michael Levin - MatrixNet Applications at Yandex
 
Decor arte
Decor arteDecor arte
Decor arte
 
Persönliches Wissensmanagement mit Semantischen Technologien
Persönliches Wissensmanagement mit Semantischen TechnologienPersönliches Wissensmanagement mit Semantischen Technologien
Persönliches Wissensmanagement mit Semantischen Technologien
 
Nec2011 cap.7-construccion con madera-021412
Nec2011 cap.7-construccion con madera-021412Nec2011 cap.7-construccion con madera-021412
Nec2011 cap.7-construccion con madera-021412
 

Similar to 5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015

06 Viaxemusical
06 Viaxemusical06 Viaxemusical
06 Viaxemusical
cadernodecores
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016
Diana Sánchez
 
Coplas entroido 2019
Coplas entroido 2019Coplas entroido 2019
Coplas entroido 2019
bibliotecadocole
 
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Diana Sánchez
 
Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?
radiorasca
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en word
radiorasca
 
Estratexias para crear poesía 1
Estratexias para crear poesía 1Estratexias para crear poesía 1
Estratexias para crear poesía 1Carmen165
 
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica cenlf
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
Chelo Alvarez Veira
 
Coplas 2022
Coplas 2022Coplas 2022
Coplas 2022
SextoPrimaria4
 
Pequena guía da música tradicional en galego.pdf
Pequena guía da música tradicional en galego.pdfPequena guía da música tradicional en galego.pdf
Pequena guía da música tradicional en galego.pdf
MarcosSalgadoRodrgue1
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de Castro
Belén Mariño
 
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soUnidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soMarlou
 
Coplas 2020
Coplas 2020Coplas 2020
Coplas 2020
bibliotecadocole
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
cramonterrei
 
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Bibliotecadicoruna
 
1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir
Marta Pérez Lage
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
albinonunez
 

Similar to 5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015 (20)

06 Viaxemusical
06 Viaxemusical06 Viaxemusical
06 Viaxemusical
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016
 
Coplas entroido 2019
Coplas entroido 2019Coplas entroido 2019
Coplas entroido 2019
 
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
 
Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?
 
Presentacion ceipdearzua cole
Presentacion ceipdearzua colePresentacion ceipdearzua cole
Presentacion ceipdearzua cole
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en word
 
Estratexias para crear poesía 1
Estratexias para crear poesía 1Estratexias para crear poesía 1
Estratexias para crear poesía 1
 
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Coplas 2022
Coplas 2022Coplas 2022
Coplas 2022
 
Pequena guía da música tradicional en galego.pdf
Pequena guía da música tradicional en galego.pdfPequena guía da música tradicional en galego.pdf
Pequena guía da música tradicional en galego.pdf
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de Castro
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.soUnidade e variedades das linguas. dialect.v.so
Unidade e variedades das linguas. dialect.v.so
 
Coplas 2020
Coplas 2020Coplas 2020
Coplas 2020
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
 
1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 

5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015

  • 1. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán
  • 2. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 2 Índice……………………………………………………………………..2 Limiar……………………………………………………………………..3 “NUN LIBRO…”— CD Pista 1 —…………………………...….4 “BRINCA VAI!”— CD Pista 2 —………………………………..5 “ARRORRÓ”— CD Pista 3 —…………………….……………..6 “NA FESTA DE SANTO ANDRÉS”— CD Pista 4 —….....7 “NO SAMAÍN” — CD Pista 5 —……………………….………8 “MEU O MUNDO É!” — CD Pista 6 —……………………..9 “RAP DO MAGOSTO” — CD Pista 7 —..................... 10 “APERTAS QUE VOAN” — CD Pista 8 — .................. 11 “O ENTROIDO MOVE O CORPO” — CD Pista 9 —... 12 “COS PÉS NA TERRA”— CD Pista 10 — ................... 13 “A PALABRA TEN VIDA”— CD Pista 11 —................ 14 “AUGAS QUE VEÑEN E VAN” — CD Pista 12 —..…...15 “O APALPADOR” — CD Pista 13 —.......................... 16 “QUE BAILE XA!”— CD Pista 14 —.......................... 17 “FELISA VAI EN COCHE” — CD Pista 15 —…………….17 “PORQUE VÉN O VERÁN” — CD Pista 16 — ........... 18 ÍNDICE
  • 3. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 3 Chegou o noso 5º cancioneiro, con cancións que aprendemos para feste- xar as distintas celebracións, para enchernos de alegría, para aprender, para mellorar a nosa expresión oral, vocabulario ... Continuamos afondando neste proxecto que chamamos “Ao galego can- tando (e danzando) con alegría e bo humor”, con amor … Entre outros, temos como obxectivo fomentar a oralidade de moitos xeitos, destacan- do a busca e posterior aprendizaxe de coplas, cantigas, recitados, xogos orais …, xa que queremos contribuír no que poidamos a que este mara- billoso patrimonio cultural, que ademais pode enchernos de ledicia, non vaia a menos ou remate por desaparecer. As indicacións que van despois dalgúns títulos son simplemente ideas por se lle serven a alguén. Seguimos agradecendo suxestións para completar, adaptar, corrixir … Temos que agradecer moitísimo a todas as persoas da comunidade edu- cativa que axudaron na elaboración deste cancioneiro. As ilustracións están realizadas coa idea de que cada membro do alumnado, ou fami- lias, poida completalos, colorealos... como guste, despois de coñecer o que di a letra da canción. Nalgunhas páxinas hai espazo para debuxar ... O noso agradecemento tamén a todas aquelas persoas que levan traba- llado pola nosa música, para que así poidamos aprender, cantar, bailar, gozar … Neste novo cancioneiro temos que dar as grazas especialmente a Paco Nogueiras e Kalandraka Editora, Luís Prego e Edicións do Cumio. Comprobado xa que podemos pasalo ben aprendendo cantigas e mello- rando a oralidade, se o tempo e as forzas para traballar acompañan, queremos continuar con este proxecto mentres siga dando resultados positivos, avaliándoo e modificando o que se considere necesario. LIMIAR
  • 4. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 4 NUN LIBRO… QUE PASA, QUE OCORRE, QUE PASA… QUE? NA MIÑA BIBLIOTECA ALGO SE MOVE... O QUE? (bis) Abre as mans, poderás ver un novo mundo aparecer, o momento de voar, só con comezar a ler. Que sinxelo pode ser, un momento nada máis, un tesouro de papel con historias sen parar. Nun libro, nun libro, nun libro, nun libro. Personaxes de ficción que din cousas sen parar, ver lugares onde nunca vas estar, podes subir ata o ceo, navegar en calquera mar, mirar as letras que veñen, mirar as letras que van. Nun libro, nun libro, nun libro, nun libro. Unha nova folla é un paso máis, sigue o camiño, chega ata o final. Tras cada palabra, algo atoparás, se non ten sentido, volve a empezar! (bis) Ler a mensaxe de amor entre un verme e un leirón, ver algún peixe que voa e paxaros que xa non, un poema que o sol á lúa agasallou, xogar co arco da vella e quedar coma un señor. Nun libro, nun libro, nun libro, nun libro. Ser forte coma un dragón e lixeiro como o ar, ata pode ser que un león domar, un misterio resolver, un feitizo enfeitizar, terás un mundo para abrir e, cando queiras, pechar. Nun libro, nun libro, nun libro, nun libro.
  • 5. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 5 BRINCA VAI! Se xogo á PITA CEGA non podo ver. Atentos aos reflexos, vén o BRILÉ. Teremos moito ollo xogando á RÁ. Pero co TRES EN RAIA hai que maquinar. Brinca vai! Brinca vai!(Brinca vai!) Brinca vai! Brinca vai!(Brinca vai!) Conta os da roda a ver quen sae. (bis) Colle a BUXAINA e tira ben. Ten tino na MARIOLA onde pos os pés. Colle a BILLARDA e mándaa lonxe. Nas CARREIRAS DE SACOS tes que apurar. (Retrouso) (bis) Imos contar: Rabo de boi, rabo de besta, dixo meu pai que estaba nesta. Taco, taco, número catro, un, dous, tres e catro. Un, dous, tres, zapatiño inglés, sen mover as mans nin os pés- Vexo, vexo… Que ves? Vexo aos nenos xogar. Dálle forte á CORDA, hai que saltar! Quen pille primeiro o PANO vai ganar. Nos ZANCOS parece que son moito máis alto. O ARO na corredoira vai xirar. Como este ano imos asistir a un concerto de Paco Nogueiras, aprendemos as súas cancións. Nesta lembramos xogos tradicionais, cos que podemos mellorar as nosas capacidades e habilidades. (Retrouso)
  • 6. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 6 ARRORRÓ Arrorró, meu neno, arrorró, meu sol, arrorró, pedazo do meu corazón. Esta nena linda, que naceu de día, quere que a leven a unha romaría. E durme, neniño, que aí vén o cocón, a levar os nenos que non dormen non. Durme, nena, durme, que teño que facer, lavar os cueiros, bordar e coser. Arrorró, meu neno, arrorró, meu sol, arrorró, pedazo do meu corazón. Na nosa tradición hai moitos arrolos fermosos. Este é moi doado de entoar para que toda persoa poida cantalo. Os primeiros anos teñen moita importancia, así que animémonos a cantarlles sempre. Canta- mos coa nosa voz dando cariño, baixiño, pausado, axudando a descansar … Pódense trocar as palabras “meu neno” por “meniña”, así como nena, linda ou neniño, segundo corresponda. (bis) (bis) (bis) (bis) (bis) (bis) (bis) (bis)
  • 7. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 7 NA FESTA DE SANTO ANDRÉS Foi na festa de Santo Andrés, onde toquei un gran bombo (bum, bum, bum-bum-bum) Ai, olé, ai, olé, foi na festa de santo André. Foi na festa de Santo Andrés, onde toquei un tambor (touporroutou, touporroutou) onde toquei un gran bombo (bum, bum, bum-bum-bum) Ai, olé, ai, olé, foi na festa de santo André. Foi na festa de Santo Andrés, * onde toquei unhas cunchas (chascarraschás, chascarraschás) onde toquei un tambor (touporroutou, touporroutou) onde toquei un gran bombo (bum, bum, bum-bum-bum) Ai, olé, ai, olé, foi na festa de santo André. * Na festa de Santo Andrés, toquei unha pandeireta (tsh tsh tsh tsh tsh tsh)*…* Foi na festa de Santo Andrés, onde toquei unha gaita (tiru liru li, tiru liru li) toquei unha pandeireta *…* Axúdanos a aprender os instrumentos galegos xunto cos seus sons e as súas características dun xeito alegre e ameno. Cando nomeamos un novo instrumento, debemos imitar o seu son, a ma- neira de collelo e tocalo... As onomatopeas pódense cambiar se- gundo o seu gusto ou criterio. (bis) (bis) (bis) Completamos con debuxos dos instrumentos
  • 8. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 8 NO SAMAÍN Vén o solpor, hai que correr. No Samaín todo pode acontecer. Voan cabazas e falan morcegos, luces que bailan todas enriba no ceo. Pelos de punta, cheiro a candeas, as sombras baixan todas pola cheminea. Cor de castaña, fiúncho menciñeiro, quedan atrás os que non corren os primeiros. Moito maxín, no Samaín é hora de contar historias de medo e fuxir. Moito maxín hai no Samaín, é hora de contar historias de medo e botar a rir. Néboa e fume, ferven os caldeiros. Lume nos potes para facer encantamentos. Unllas escuras, miañar de gatos negros, ruídos de pasos que nos seguen moi de preto. Ollos pintados, bruxas con sombreiro, nenos que brincan para coller os caramelos. Palabras máxicas, feitizos moi vellos. No Samaín todo semella verdadeiro. (Retrouso) (Retrouso) Pode servir de axuda para comprender mellor, xogar e, so- bre todo, gozar desta festa. Aquí está o videoclip oficial https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8
  • 9. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 9 MEU O MUNDO É! Que bonito poder dicir que fermoso sae o sol esta mañá para ti. Que bonito poder sentir a ledicia, a morriña, escachar a rir. Que delicia poder falar con agarimo a un amigo, dar un bico a túa nai. Que festeiro aturuxar cando danzas na punteira e un gaiteiro está a tocar. En galego falo, en galego sinto, en galego canto, sabes que non minto. En galego todo podo facer, en galego estou no mundo… Meu o mundo é! En galego leo, en galego escribo, en galego bailo, sabes que non minto, En galego todo podo facer, en galego estou no mundo... Meu o mundo é! Pode elevar a nosa autoestima ver o seu videoclip oficial : https://www.youtube.com/watch?v=F1e0wAcXcgw . Tamén po- demos atopar outros realizados por varios centros ou asociacións, en youtube, buscando "meu o mundo é", ... (Retrouso) Que fachenda poder viaxar en carrilana e despois unha feira visitar. Que bonito respirar o recendo dunha xesta, escoitar o mar. Que sorte poder contar, teño dedas, teño unllas, teño dúas mans. Que bonito poder xogar, ver voar un papaventos, abanéome nun bambán. (Retrouso) (bis)
  • 10. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 10 RAP DO MAGOSTO Castaña, castaña, do chan se apaña, metida no ourizo non é unha “patraña”. Magosto, magosto, non vaias co posto, leva castañas e alegra ese corpo. (bis) Coidado cos dedos, pódeste picar, o castiñeiro protexe o seu froito vital. Apañando con tino, metendo nun cesto, deixando secar a castaña ao solleiro. Despois de ben secas, mételle o dente, ponas ao lume para que estean ben quentes. Despois dun tempiño están preparadas, comemos castañas, castañas asadas. Tamén é costume furar a tixola para asar as castañas. A tixola mola! Hai outros que queren facelas cocidas, fiúncho e cachelos, castañas fervidas. Non hai desperdicio, non perdas o tempo, tan só hai que poñer en bo uso o peteiro. Deixádeme agora que convide eu. Castañas, castañas, non sexas baldreo! (Retrouso) (bis) (Retrouso) Nesta celebración tan nosa sempre veñen ben o canto e o baile. Non vai ser todo comer, papar e engordar! Un pou- co de ledicia e a movernos cantando esta canción. Completamos debuxando despois de saber o que di a canción.
  • 11. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 11 APERTAS QUE VOAN Mans brancas e cara negra, teño os beizos vermellos. Teño sentimentos novos, ai, teño sentimentos vellos. Mans negras e cara branca, teño o meu peito cheo de bicos e de sorrisos, de apertas que voan no vento. Porque ti es o meu amigo, porque nos levamos ben, porque ti es o meu amigo, distinto e igual á vez. Porque ti es a miña amiga, porque nos levamos ben, porque ti es a miña amiga, distinta e igual á vez. (Retrouso) Cantamos e movémonos con ela festexando o día da paz. Na pro- cura dun mundo mellor, levamos moitos anos buscando máis igualdade, solidariedade, comprensión, cariño ... Moitas grazas a todas as persoas que nos axudan a darnos conta do importante. Eu non quero ver fronteiras, sempre me poño a pensar en deixar a xanela aberta, así pode entrar o ar. Pintar o vento de cores, deixar as palabras medrar sen dar máis razoamentos e así poder cantar. (Retrouso) Un camiño faise a pasiños, un pasiño comigo has de dar, ha de ser un camiño bonito se imos xuntiños da man. Non hai grandes nin pequenos, e de feros non imos falar, dáme unha man, compañeira, que pouco nos ha de importar. (Retrouso) (3 veces)
  • 12. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 12 O ENTROIDO MOVE O CORPO O Entroido move o corpo cun movemento tolo e chegou o momento de ir bailar. Movendo agora a perna, cabeza, a cadeira, movendo todo xunto. Imos! Ah, ah, ah. Escolle unha perruca. Elixe unha pintura, algo de maquillaxe, o movemento vai. Poñendo de etiqueta zapatos e chaquetas, cultura do remendo, vaite disfrazar. E se ti queres vir entroidar ven aquí, move o corpo sen parar. Filloas e orellas, bailan vellos e nenas o solto, o agarrado, viva a diversión. Rapaces con bigotes, xenerais e peliqueiros, pantallas e troteiros, tamén cigarróns. (Retrouso) Todo disparatado con teas, con farrapos cubrindo todo o corpo papel e cartón. O baile é contaxioso, o ritmo entra no corpo, é hora de ceibar a imaxinación. (Retrouso) O Entroido move o corpo Saír todos á rúa para facela túa, bailemos o Entroido ata que saia o sol. Pallasos e princesas, piratas, vampiresas, caretas e antefaces. Un, dous, un, dous. O Entroido está chegado con saia, con sombreiro, movendo o pé primeiro, baila o son, baila o son. O baile está servido, Reino da Gargallada, facendo foliada. Ao Entroido vou.
  • 13. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 13 COS PÉS NA TERRA Gran curiosidade e que pode acontecer, pois tan só dunha semente pura maxia vai haber. Con axuda dun raiolo e de auga, unha pinguiña, xa comeza a traballar o que na terra se cociña. Carballo… cos pés na terra. Un ameneiro… cos pés na terra. Un buxo… cos pés na terra. Se queres podes plantar. Nogueira… cos pés na terra. Un castiñeiro… cos pés na terra. Unha figueira… cos pés na terra. Se queres podes plantar. Agromando pouco a pouco coma quen bota o nariz, teñen toro, teñen follas, unha planta con chafariz. Das súas polas xorden froitos, sombra se estás baixo del, limpa o ar que se respira, faise sempre de querer. Sobreira… cos pés na terra. Un pradairo… cos pés na terra. Bidueiro… cos pés na terra. Se queres podes plantar. Piñeiro… cos pés na terra. Un freixo… cos pés na terra. Unha abeleira... cos pés na terra. Se queres podes plantar. Cerquiño… cos pés na terra. Unha maceira… cos pés na terra. Un loureiro… cos pés na terra. Se queres podes plantar. Pereira… cos pés na terra. Un sabugueiro… cos pés na terra. Unha cerdeira… cos pés na terra. Se queres podes plantar. (4 veces) Para aprender sobre a natureza dun xeito lú- dico, cantando con alegría …
  • 14. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 14 Quero ser Rosalía de Castro, das súas fontes quero beber. Ou Ferrín, coas súas Magnolias, ou Novoneyra e o seu Courel. Quen me dese ser Curros Enríquez e chorar cos Pinos de Pondal, as Verbas de María Mariño, con Cabanillas un poema cantar. Porque a palabra ten vida… Poden subir ata o ceo e facelo algo meu. Teñen vida… Son suspiro, son alento, son bicos feitos de vento. Teñen vida… Xiran lentas como a roca, collen forza na túa boca. Teñen vida… Quen puidese escribir e poder así dicir. Teñen vida… Falar co Merlín de Cunqueiro Ser querido como é Castelao. Ter memoria como Neira Vilas e con Fole ler xuntos da man. Contar catro con Manoel Antonio. Celso Emilio, na noite voar. Ver con Dieste os Arquivos do Trasno. Manuel María e os soños ceibar. A PALABRA TEN VIDA (Retrouso) (bis) Triunfar sobre o silencio, amosar galaxias de mel. Peneirar a realidade, De novo reverdecer. Coller bágoas e sorrisos, Facer sinfonías del…. Quen se non para dicilo… (Retrouso) (Retrouso)
  • 15. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 15 AUGAS QUE VEÑEN E VAN Augas que veñen, augas que van, augas que non sei onde me levarán. Augas que están vivas, augas de coral, que nacen no río e que dormen no mar. Incrible parece que un peixe na auga poida afogar. Será que fuma moito a cabicha que un home acaba de tirar. E a auga está porca…, si ! Non a podo mirar ! A corrente arrastra o lixo á praia e non podo xogar. (Retrouso) As sereas fuxiron, as baleas con máscara van. O petróleo é perfume que usan as quenllas para ir a bailar. Teñen medo os peixiños E quérense agochar, As redes malfeitoras Queren atrapalos, non poden medrar. (Retrouso) (bis) O mar mira para a terra Con cara de pena, cara de chorar, Onde canta a gaivota E o son das ondas van protestar. E escóitase de fondo … -Amigo ! Non me trates tan mal ! Eu dou todo o que teño E ti, con todo, nada me dás. (Retrouso) (Retrouso) Para tomar conciencia de que de- bemos respectar e non contaminar.
  • 16. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 16 O APALPADOR O tempo do Nadal non se me dá nada mal, sei que vai moito frío pero iso dáme igual. Dáme igual porque me encollo, fágome unha pelotiña e arrímome a miña nai. Góstame esta vida miña. Vai chegar un personaxe. É moi alto, é moi forte, seica é o Apalpador. Parece que tiven sorte. Ese home de gran barba, tiven sorte, si, señor, a deixarme xoguetadas. Vai vir o Apalpadooooor. Coa boina ben chantada e moi sucio o pantalón, cuns olliños moi brillantes e un sorriso encantador. Xa me tarda o momento de meterme na camiña, e que veña o Apalpador a apalparme a barriguiña. Querería velo andar arrimado ao seu bastón, a chaqueta abrochada e luxado de carbón. As fazulas coloradas e moi grandes zapatóns, carrexando sempre un saco. Aí vén o Apalpadooooor ! Coa primeira luz do día, cando acaba de espertar, facendo pouco ruído, xa comezo a buscar. Camiñando paseniño miro en todos os recunchos, buscando os agasallos que me agardan nalgún punto. Síntome algo nervioso, xa non podo da emoción, e tamén me entra a risa. Deixaría…, si ou non? E ao lonxe vexo un vulto, corro rápido e veloz, atopei os agasallos porque veu o Apalpadooooor.
  • 17. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 17 Felisa vai en coche, Felisa en coche vai. Felisa vai en coche, vai ver a súa nai, (3 veces) Felisa vai en coche, Felisa en coche vai. (4veces)(bis) QUE BAILE XA! A/O señorita/o * entraba no baile, que baile, que baile, que baile xa, porque se non baila un castigo levará. Que baile, que baile, que baile xa. Que saias ti, que te quero ver bailar, correr e brincar, dar voltas no aire, polo ben que o fai * , deixádea/o soa/só, soíña/o no baile, que a/o quero ver bailar. Facemos unha gran roda por parellas. Durante a copla, bailamos un pasodobre agarrado. Cando cambia o ritmo pasamos a bailar un galope de polca, xirando todo o mundo no sentido contrario das agullas do reloxo. Tamén podemos bailar esta última parte dando catro galopes cara ao centro da roda, pechando, e outros catro abrindo. Unha cantiga tradicional para cantar e bailar, xa con poucos anos. No sinal * dise o nome da persoa que lle toque bailar no centro. FELISA VAI EN COCHE Ai la la la la, ai la la la la, ai la la la la la la la la, ai la la la la, ai la la la la, ai la la la la la la la la, Ai la la la la la la la, ai la la la la la la. Repítese todo outra vez
  • 18. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 18 PORQUE VÉN O VERÁN 1, 2, 3, dime o que ves, o tempo corre axiña e non vai parar. 1, 2, 3, aínda que contes do revés, o que ten principio tamén ten final. 1, 2, 3, da cabeza ata os pés sobe un formiguiño que me senta ben. 1, 2, 3, deixa todo e ven, non penses en nada… O momento é!. Hoxe levo toda a música completa, de cantar non vou parar. Encho a boca cun berro de festa, porque vén o San Xoán. Movo os pés bailando nos camiños, asubío sen parar. Vexo a luz do sol na miña cara, porque vén o verán. Ven, ven, ven, 3, 4, 5, 6, fala alto, fala forte pero non fales á vez. Ven, ven, ven, 7, 8, 9, 10, vive o ritmo dende Vigo ata a serra do Courel. E ven, e ven, e ven, ven, ven. sen vergoña, sen complexos, saca o mellor que tes. Ven, ven, ven, disco enxebre “dance”, unha cousa que te move, que te fai estremecer. 1, 2, 3, o lume xa se ve, San Xoán e cacharelas, hoxe brincarei ! 1, 2, 3, fóra meigas dunha vez, con pan e unha sardiña ao San Xoán irei. 1, 2, 3, as mans abertas vou bater, saúdo aos meus amigos, 10, 50 ou 100. 1, 2, 3, escribo nun papel palabras de cariño que che din adeus. (Retrouso) (bis) (Retrouso) Unha canción para rematar o cur- so e que pode servirnos, por exemplo, para traballar tradicións como as fogueiras do San Xoán...
  • 19. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 19 PÁXINA PARA O CD
  • 20. 5º Cancioneiro 2015 C.E.I.P. da Espiñeira-Aldán 20