Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)

186 views

Published on

Libros e outros documentos seleccionados do fondo infantil correspondentes ás novas adquisicións entre outubro e decembro de 2015. Boletín número 14 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.

Published in: Services
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)

  1. 1. SELECCIONADOS OUTUBRO-DECEMBRO 2015 SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILAS DECEMBRO 2015 (Boletín SOLF número 14) Biblioteca Pública Municipal de Narón R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña 981 382 173 biblioteca.central@naron.es
  2. 2. Seleccionados “SOLF” número 13 OUTUBRO-DECEMBRO 2015 1 Biblioteca Pública Municipal de Narón SELECCIONADOS: CONTOS E OUTROS DOCUMENTOS SELECCIONADOS ENTRE AS ÚLTIMAS INCORPORACIÓNS AO FONDO INFANTIL-XUVENIL NO TRIMESTRE OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO DE 2015 “SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILIAS” Boletín SOLF número 14 Bebeteca (Bebés de 0 a 36 meses) Non hai berce coma o colo. Libro-disco con aloumiños e cantigas de berce da nosa tradición oral para adormecer aos máis pequeniños/as. Parten dun respecto polo bebés e pola crianza con apego. Sección infantil I1 (de 3 a 6 anos) Contos de animais, da natureza: El huevo del erizo, de Nozomi Takahashi. Un conto sobre a ilusión e a perseveranza e a importancia de loitar con todas as forzas para acadar o que se desexa.
  3. 3. Seleccionados “SOLF” número 13 OUTUBRO-DECEMBRO 2015 2 Biblioteca Pública Municipal de Narón Contos da vida real: El niño nuevo, de Lauren Child. Este é un conto co que moitos nenos e nenas se sentirán identificados pois describe o remuíño de sensacións contradictorias que supón a chegada dun novo bebé á casa e o proceso de adaptación e aceptación do novo membro da familia por parte dos fillos máis grandes. Nacido del corazón, de Berta Serrano. Aos 5 ou 6 anos (idade á que se orienta este conto) moitos nenos e nenas xa saben que os bebés non veñen de París nin nacen dun repolo, senón que saen das barriguiñas das mamás. Con este conto entenderán que tamén hai nenos e nenas que nacen dos corazóns a partir dunha semente de ilusión. Para entender o proceso de adopción. Un libro, de Hervé Tullet. Unha interesante proposta de interactuación. Non é un conto senón un libro-xogo que nos vai dando instruccións para crear, mover ou axitar cores. De cada acción que fagamos veremos a consecuencia na páxina seguinte. El primer paso, de Bob Graham. O bebé érguese torpe e lentamente, inclínase hacia diante e da o seu primeiro paso. Nese mesmo instante a vida segue transcurrindo ao outro lado da parede, no parque, na praia, nos despachos dos rañaceos, na panadería… e cada páxina deste álbum así a describe. Un conto para decatarnos do pequeniños que somos no universo e tamén para aprender a observar todo o que nos rodea, as cousas das que formamos parte. BOMBÓN.
  4. 4. Seleccionados “SOLF” número 13 OUTUBRO-DECEMBRO 2015 3 Biblioteca Pública Municipal de Narón Sección infantil I2 (de 6 a 9 anos) Contos de medo: A todos los monstruos les da miedo la oscuridad, de Michaël Escoffier. Para que os nenos e nenos saiban que, se escoitan berrar a un monstro non é porque quera asustalos, senón porque eles tamén choran de medo e teñen pesadelos. O único que hai que facer para calmalos é tratalos con agarimo e contarlles un conto. Un conto “de terror” tratado con moito humor para aprender a dominar os medos do momento de ir á cama. Contos da vida real: Letras al carbón, de Irene Vasco. Un conto sobre a alfabetización que amosará aos máis pequenos a maxia que hai na posibilidade de comunicarse mediante a lectura e a escritura. Se o teu pequeno/a aínda non sabe ler, sen dúbida este conto vai espertar a súa curiosidade e interese e, se xa sabe, serviralle para decatarse do importante e especial que é saber facelo. Todo patas arriba, de Pablo Albo. De como algo tan simple e habitual coma un bico acaba desencadenando unha explosión de acontecementos con centos de personaxes implicados e tamén de cómo todo vai recobrando a calma para volver a quedar coma estaba antes (ou non?). Contos de humor: Mi papá, de Coralie Saudo. O papá protagonista deste conto é un chisco rebuldeiro e non quere ir durmir. Que se a luz, que se o conto, que se outro conto… O seu pobre fillo terá que facer mil e unha filigranas para conseguilo. Será quen de mandar ao seu pai para a cama? Un conto para tomarse con humor unha situación que se vive cada noite en moitos fogares.
  5. 5. Seleccionados “SOLF” número 13 OUTUBRO-DECEMBRO 2015 4 Biblioteca Pública Municipal de Narón Biografía: Malala, una niña valiente de Pakistán. Iqbal, un niño valiente de Pakistán. Libro coas nocións máis básicas sobre a vida de Malala Yousafzai e Iqbal Masih, dous referentes na loita dos nenos e nenas do mundo pola defensa dos seus dereitos. Temático: El gran libro de las emociones, de Mary Hoffman. Podería decirse que é un catálogo de emocións e sentimentos e das circunstancias que nos levan a experimentar uns e outros. Un manual para aprender a recoñecer e nomear as propias emocións e entender e respectar as alleas. Abre a porta ao diálogo entre pais e fillos. Sección infantil I3 (de 9 a 12 anos) Contos fantásticos: El secreto de Sofía, de Niñocactus. Un ramiño de contos sobre os obxectos que rodean a Sofía e os segredos que garda cada un deles. Pouco a pouco iremos fiando as pistas que cada obxecto nos da e que nos levarán a descubrir o segredo de Sofía ao mesmo tempo que o descobre tamén ela. Contos de humor: Un cuento y veinit3 sonrisas, de Aurora Rúa. Todo neste conto é fantástico: un texto que anima a vivir sempre cun sorriso acompañado de imaxes nas que vintedous ilustradores de recoñecida traxectoria fan a súa propia versión dun mesmo cadro, a Gioconda. BOMBÓN
  6. 6. Seleccionados “SOLF” número 13 OUTUBRO-DECEMBRO 2015 5 Biblioteca Pública Municipal de Narón Contos da vida real: Os dereitos da infancia. Un libro con dez contos, un por cada un dos principios que recolle a Declaración Universal dos Dereitos do Neno aprobada pola ONU en 1959. Para que os nenos/as coñezan e recoñezan os dereitos que lles son propios. Biografía: Emilia Pardo Bazán, de María Xosé Queizán. Din que ler unha biografía é coma coñecer a unha nova persoa. Aquí temos unha oportunidade de coñecer a Emilia, a nosa paisana, unha muller forte, culta, inqueda, curiosa e con ansia de saber. Podemos ler este libro coma se de un conto se tratase, coa alegría e a fachenda de saber que a súa protagonista existiu en realidade. Temático: Colección Cociña infantil e familiar. Aos seis títulos que xa tiñamos sumámoslles este trimestre os de Pratos do mundo, con vinte receitas moi sinxelas da cociña internacional e Xeados,, con propostas para elaborar distintas versión deste doce. ¡No tires de la cadena!, secretos científicos sobre la caca y el pis, de Mary Richard Platt. A autora deste manual aproveita o interese que a maioría dos nenos e nenas teñen por todo o escatolóxico para introducir interesantísimas nocións científicas sobre os excrementos e os ouriños

×