Libros e outros documentos seleccionados do fondo infantil correspondentes ás novas adquisicións entre xaneiro e marzo de 2015. Boletín número 11 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
SELECCIONADOS
XANEIRO-MARZO 2015
SERVIZO DEORIENTACIÓN DE
LECTURA ÁS FAMILAS
MARZO 2015 (Boletín SOLF número 11)
Biblioteca Pública Municipal de Narón
R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña
981 382 173
biblioteca.central@naron.es
2.
Seleccionados “SOLF” XANEIRO-MARZO2015
1
Biblioteca Pública Municipal de Narón
SELECCIONADOS:
CONTOS E OUTROS DOCUMENTOS SELECCIONADOS ENTRE AS ÚLTIMAS INCORPORACIÓNS AO FONDO
INFANTIL-XUVENIL NO TRIMESTRE XANEIRO-FEBREIRO-MARZO DE 2015
“SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILIAS”
Boletín SOLF número 11
Sección infantil I1 (de 0 a 6 anos)
Contos de humor:
Advertencia, ¡no abras este libro!, de Adam Lehrhaupt.
Está claro que “prohibir é espertar o desexo”, e con este conto non hai excepción. O
título xa pide expresamente que non o abramos, pero é complicado facerlle caso.
Unha vez rota a primeira orde é imprescindible a colaboración do neno ou nena para
solucionar a desfeita que acontece.
Contos de intriga, de misterio:
San y Leo cavan un hoyo, de Mac Barnett.
Os protagonistas deste conto teñen unha importante misión: cavar na terra ata
atopar algo espectacular. E, coma moitas veces na vida, o espectacular está moito
máis preto do que eles imaxinan aínda que non o podan ver. A través das fermosas
ilustracións, nós si que vemos onde está o que eles buscan e así, un inevitable
sentemento de inquietude nos invade ata saber se ao final acadan a súa misión ou
non.
3.
Seleccionados “SOLF” XANEIRO-MARZO2015
2
Biblioteca Pública Municipal de Narón
Sección infantil I2 (de 6 a 9 anos)
Contos de humor:
¡Despegando!, de Sean Taylor.
Unha aventura chea de humor protagonizada polos animais da granxa do Señor
García, que fartos de ver como o seu dono non respecta o medio ambiente, idean un
disparatado plan para fuxir a un planeta mellor.
Contos da vida real:
El ladrón de tiempo, de Nathalie Minne.
Este conto emprega unha linguaxe moi poética para facernos pensar no paso do
tempo e aprender a disfrutalo paseniñamente. Da man dos seus protagonistas
viviremos unha historia de amor e de amizade onde os intres de espera son tan doces
e enriquecedores coma os intres esperados. BOMBÓN
Rojo o por qué el bullying no es divertido, de Jan de Kinder.
Para vencer o acoso escolar é importantísimo o papel dos que non son nin vítimas nin
acosadores: os nenos/as que cada día son testigo das vexacións por parte duns
compañeiros a outros. Esta é unha historia para que os espectadores do acoso escolar
se decaten desa gran responsabilidade e dese gran poder que teñen.
El libro valiente, de Moni Port.
Un fantástico conto sobre o normal e importante que é que as persoas sintamos
medo, como afecta o medo ao noso corpo e como, ás veces, queremos sentir medo
por pracer.
O libro axuda a establecer un diálogo cos nenos e nenas acerca dos seus medos e de
que facer con eles, tratando sempre o tema de maneira natural. BOMBÓN
4.
Seleccionados “SOLF” XANEIRO-MARZO2015
3
Biblioteca Pública Municipal de Narón
Contos de aventuras:
Ahab y la ballena blanca, de Manuel Marsol.
Fermosísima homenaxe a Moby Dick. Este conto pode servir como achegamento ao
clásico de Herman Melville e servir de detonante para espertar a curiosidade sobre
esta gran historia de aventuras que nos transmite tantas mensaxes. Na biblioteca
atoparedes máis versións infantís, coas que poderedes seguir traballando e
investigando en familia sobre este clásico da literatura universal.
Premio Internacional de Álbum Ilustrado Edelvives. Un dos cinco mellores álbumes
ilustrados de 2014 (Babelia).
Biografías:
Federico García Lorca para niños, de Ian Gibson.
Cunha gran dozura este libro conta aos máis pequenos/as os acontecementos máis
importantes da vida de García Lorca e como estes influiron na súa obra. Emprega unha
linguaxe moi sinxela para que podan entender todos os conceptos e esperten a súa
curiosidade pola figura do poeta.
Na mesma colección: Antonio Machado para niñas y niños.
Temático:
¡Qué rico!, de Anke Kuhl e Alexandra Maxeiner.
Este divertido libro recolle curiosidades moi interesantes sobre os usos e costumes
relacionados coa comida en todo o mundo: como cambiou ao longo da historia a
maneira de procurar os alimentos, as diferentes comidas en cada país, os pratos
típicos de cada festa, a relación entre a comida e as emocións ou mesmo as
diferentes posturas do corpo á hora de comer.
BOMBÓN
Bienvenido a la familia, de Mary Hoffman.
Un estupendo catálogo de maneiras de chegar a unha familia (por parto natural,
adopción, acollemento…) e da gran variedade de familias que existen hoxe en día
(monoparental, de proxenitores homosexuais, familias reconstituidas…). Este libro
amosa aos máis pequenos as diferentes realidades que se atopan na nosa sociedade,
todas igual de valedeiras.
5.
Seleccionados “SOLF” XANEIRO-MARZO2015
4
Biblioteca Pública Municipal de Narón
Sección infantil I3 (de 9 a 12 anos)
Contos clásicos, populares, tradicionais:
Lo que no vio Caperucita Roja, de Mar Ferrero.
Con esta nova versión do clásico infantil imos revisar a historia de Carapuchiña
Vermella, esta vez contada en primeira persoa por ela mesma, o lobo, a avoíña e os
animais do bosque.
É un conto moi interesante para decatarnos de que as cousas son sempre segundo o
cristal con que se miran.
Contos de humor:
O meu pesadelo favorito, de María Solar.
Manuel cae enfermo con febre e, como na aldea non hai médico, o veterinario
encárgase de atendelo. Entre xarope de cans, xarope de gatos, sono e alta temperatura,
Manuel cae nun estado febril no que non sabe se soña ou delira. Un extraterrestre, un
vendedor de olores, zombis e dinosauros vanse pasear pola súa cabeciña durante os
días de repouso, facendo deste conto un relato moi fantasioso e divertido.
Temático:
Cociña infantil e familiar.
Dous novos volumes desta colección súmanse ao noso fondo; os referentes ás Carnes
e aos Chocolates. En cada un deles atopamos 20 receitas sinxelas para facer en
familia. Unha proposta para unha actividade creativa e experimental que ao mesmo
tempo fomenta o valor da corresponsabilidade nas tarefas domésticas nos nenos e
nenas.
Na mesma colección: Arroces, Menús para festas, Peixes, Pastas e pizzas.
6.
Seleccionados “SOLF” XANEIRO-MARZO2015
5
Biblioteca Pública Municipal de Narón
Sección Xuvenil (a partir de 12 anos)
Temático:
Y Picasso pinta Guernica, de Alain Serres.
Guernica, de Picasso, é unha das obras máis belas, expresivas e relevantes da pintura
universal. Nesta obra didáctica Alain Serres explica aos nenos e nenas todas as
circunstancias da súa creación, parándose nos aspectos máis significativos da vida de
Pablo Picasso e dos acontecementos históricos que o levaron a pintar este cadro.
Para moitos nenos/as pode supoñer un primeiro achegamento ao artista, polo que de
seguro sentirán unha grande curiosidade logo de ler este libro.