SlideShare a Scribd company logo
1— —
Ilustración:DavidPintor
3— —
5— —
A Real Academia Galega promove desde 1963 a celebración
do Día das Letras Galegas, dedicado cada ano a unha figura
destacada polo seu labor a prol da lingua e da literatura ga-
legas.
O Día das Letras Galegas de 2018 homenaxea a escritora e
profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Al-
cántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005), por decisión do
Plenario da Real Academia Galega.
Licenciada en filoloxía románica, María Victoria Moreno
chegou a Galicia no ano 1963 como profesora. Unha década
máis tarde, en 1973, publica Mar adiante, considerada unha
das obras pioneiras da literatura infantil galega. Ata o seu
pasamento, a escritora estivo comprometida co ensino da
lingua e da cultura galegas. Cultivou a narrativa –nomeada-
mente a infantil e xuvenil–, o ensaio, a poesía, os estudos
literarios e a didáctica da lingua e da literatura galegas.
Para difundir e poñer en valor o seu legado, e co fin de re-
forzar o valor social do noso idioma nos diferentes ámbitos,
a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Edu-
cación e Ordenación Universitaria, a Real Academia Galega,
o Consello da Cultura Galega e a Corporación Radio e Tele-
visión de Galicia, en colaboración coa familia da escritora,
suman os seus esforzos nunha programación conxunta de
iniciativas diversas en todo o territorio, coas que se abor-
darán as diferentes facetas de María Victoria Moreno. Para
facer, un ano máis, das Letras Galegas unha celebración de
todas e de todos.
7— —
MARÍA VICTORIA MORENO.
PAISAXES E PERSONAXES
Exposición itinerante, comisariada polo ilustrador e
humorista gráfico David Pintor, para dar a coñecer
entre o público xeral a obra literaria e a figura de
María Victoria Moreno. Consta de 12 paneis e dúas
vitrinas con obxectos persoais da autora.
Once concellos das catro provincias galegas –San-
tiago de Compostela, Pontevedra, A Coruña, Lugo,
Vigo, Ferrol, Sanxenxo, Ordes, Celanova, Vilaba e
Ourense– albergarán a mostra, a través, principal-
mente, das bibliotecas de xestión autonómica e de
diferentes espazos municipais da Rede de Dinami-
zación Lingüística.
— De abril a decembro
MARÍA VICTORIA MORENO
MÁRQUEZ NO CONTEXTO DA
LITERATURA INFANTIL GALEGA
Unha exposición con libros infantís e xuvenís da au-
tora para a sala infantil.
— Do 14 ao 31 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
OS AUTORES DAS LETRAS
GALEGAS
Todas as obras, artigos e publicacións presentes
no fondo bibliográfico da biblioteca dos escritores
homenaxeados co Día das Letras Galegas en 2015,
2016, 2017 e 2018 expostas no vestíbulo do edificio.
— Do 14 ao 31 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
UNHA HISTORIA DE AMOR
CO GALEGO
Mostra bibliográfica da obra e da vida de María Vic-
toria Moreno na zona de exposicións.
— Do 10 ao 30 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
EU CONTO, TI LES
Mostra bibliográfica de obras infantís de autores e
de autoras homenaxeados no Día das Letras Ga-
legas, na sala infantil.
— Do 10 ao 30 maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
PEZA DESTACADA:
MARÍA VICTORIA MORENO
O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) dedica-
ralle un pequeno espazo expositivo, no marco da
“peza destacada” situada no vestíbulo do museo,
a María Victoria Moreno, facendo especial fincapé
no seu labor docente e como escritora infantil e xu-
venil.
— Maio
Museo Pedagóxico de Galicia
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018:
MARÍA VICTORIA MORENO
Exposición dunha obra da homenaxeada proce-
dente dos fondos do museo, acompañada dun texto
explicativo sobre o Día das Letras e sobre a escri-
tora. Coa colaboración da Asociación de Amigos
do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de
Ribadavia.
— Do 15 ao 19 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
EXPOSICIÓNS
8— —
CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS
A Consellería de Cultura e Educación, a través das
secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüís-
tica, colabora un ano máis coa Carreira Camiño das
Letras, unha proba organizada no mes de maio por
Xurdir, que une a conmemoración do Día das Letras
Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago coa
práctica do deporte.
EU CONTO
A Cidade da Cultura propón para o Día das Le-
tras Galegas unha lectura participativa de contos
de María Victoria Moreno. O título do seu libro Eu
conto, ti cantas tómase como pretexto para con-
vidar a todas as persoas visitantes da Cidade da
Cultura a que compartan a lectura dunha escolma
de contos e narracións da escritora. A actividade
desenvolverase en distintos espazos e realizaranse
diferentes emisións de vídeos en directo nas redes
sociais para que a obra de María Victoria chegue a
todas as partes do mundo.
Ademais, unha vez rematada a actividade editarase
un vídeo para ver e escoitar todas as intervencións,
que quedará para o recordo na páxina web da Ci-
dade da Cultura, www.cidadedacultura.gal.
— 17 de maio, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
Cidade da Cultura de Galicia
CAMPAÑAS INSTITUCIONAIS
Feiraco
Política Lingüística e Feiraco colaboran un ano
máis faceren partícipe á cidadanía da celebración
das Letras co VII Certame de microrrelatos Feira-
co-Letras Galegas 2018, unha acción apoiada nas
redes sociais á que poden concorrer narracións
breves inspiradas na obra de María Victoria en dúas
categorías: xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulta (máis
de 18 anos), con tres premios en cada unha, e coa
dupla reedición de De onde vén o leite?, de E. Mau-
ricio e C. Taboada, pensada para achegarlles aos
escolares de infantil e primaria de Galicia as claves
para entenderen a historia do leite na nosa comuni-
dade, así como detalles sobre o manexo, a alimen-
tación das vacas e o método e filosofía de Feiraco
baseados no lema Alimentando un xeito de ser.
Vegalsa-Eroski
Política Lingüística cédelle a Vegalsa-Eroski un dos
carteis gañadores do Concurso-Exposición Letras
Galegas 2018 que a cadea de distribución alimen-
taria difunde nos seus establecementos na semana
grande das Letras. A campaña inclúe tamén unha
tiraxe de bolsas especiais conmemorativas que le-
varán a homenaxe a María Victoria e as súas pala-
bras a múltiples fogares galegos por medio da cesta
da compra arredor do 17 de maio.
RENFE
Política Lingüística e Renfe promoven que as Le-
tras Galegas cheguen tamén aos espazos de in-
formación ás persoas viaxeiras coas que conta a
operadora nas estacións da sete cidades galegas,
Vilagarcía de Arousa e Monforte de Lemos, que
acollerán tamén a mostra “Sombra e Luz”, do IES
G. Torrente Ballester de Pontevedra. Alén diso, os
trens de alta velocidade, serie 121, que fan os ser-
vizos Avant e MD nos corredores A Coruña-San-
tiago-Vigo/A Coruña-Santiago-Ourense vestirán os
repousacabezas dos seus asentos coa imaxe insti-
tucional das Letras 2018.
INICIATIVAS DE PARTICIPACIÓN SOCIAL
9— —
CERTAMES
Para fomentar a creatividade en torno á celebra-
ción deste día, a Biblioteca Pública de Santiago
Ánxel Casal convoca un concurso de carteis para
rapaces e rapazas de entre 3 e 13 anos. Os traballos
depositaranse do 24 de abril ao 12 de maio de 2018.
A entrega de premios e diplomas será o venres 18 de
maio no vestíbulo da biblioteca.
OBRADOIROS
Leonardo e os fontaneiros
A Biblioteca de Galicia promove un obradoiro para
rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, impartido polo
grupo Xandobela, co obxectivo, non só de dar a co-
ñecer a escritora a través da súa obra Leonardo e
os fontaneiros, senón tamén de promover hábitos
lectores a través de actividades de animación e par-
ticipativas. Inscrición previa na web www.cidadeda-
cultura.gal.
— 5 de maio
Aula I da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da
Cultura de Galicia
Obradoiro de escritura
Dirixido a un público adulto e impartido por Rodrigo
Costas, en cada unha das cinco sesións de 90 mi-
nutos estudaranse obras narrativas (contos e no-
velas) de autores homenaxeados co gallo do Día das
Letras Galegas, como Otero Pedrayo, Álvaro Cun-
queiro, Ánxel Fole, Carlos Casares e María Victoria
Moreno. Na sala de actividades da biblioteca. Inscri-
ción previa na web bibliotecas.xunta.gal/coruna/es.
— Do 14 ao 22 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Eu conto, ti cantas
Anias imparte un obradoiro de improvisación mu-
sical para nenos e nenas de 8 a 12 anos, no que,
partindo de fragmentos da obra da escritora ho-
menaxeada, os participantes terán que crear, por
grupos, cancións en diferentes estilos musicais,
que, posteriormente, serán postas en común. Sala
de obradoiros da biblioteca. Inscrición previa na
propia biblioteca.
— 18 de maio de 2018
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Gran xogo das Letras Galegas
Un xogo por equipos, a cargo de Eduvía, no que os/
as participantes afondarán na orixe e significado
do Día das Letras Galegas, e os autores e autoras
homenaxeados ata o momento, ao tempo que des-
cubrirán interesantes datos sobre a vida e obra de
María Victoria Moreno. Os nenos e nenas deberán
superar probas coma a realización dun poema, de-
letrear ou definir palabras segundo as tiradas que
fagan cun dado xigante. Ao final do xogo, cada par-
ticipante recibirá un premio pola súa participación.
— Semana das Letras Galegas
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno
O obxectivo deste obradoiro é ofrecerlles aos ra-
paces e rapazas un achegamento á homenaxeada.
A actividade consistirá nun contacontos no que se
lles narrará un dos seus textos máis célebres e reali-
zarán actividades creativas arredor da lectura. Para
nenos e nenas dos 4 aos 11 anos.
— 11 de maio de 2018
Museo Pedagóxico de Galicia
10— —
CONTACONTOS
María e os ollos alabarados
Impartido pola compañía Xarope Tulú (Urdime)
para un público familiar, consiste nun espectáculo
de narración oral e monicreques baseado na obra
homónima de María Victoria Moreno.
— 17 de maio. 17.30 h. Museo do Mar de Galicia
— 19 de maio. Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da
Cultura. Inscrición previa en www.cidadedacultura.gal
O cataventos e outras historias de Vilaxeada
Impartido por Charo Pita para un público de entre
4 e 11 anos, e baseado en relatos de María Victoria
Moreno. En Vilaxeada hai unha velliña, un curral sen
galo, un cataventos... As pitas do curral reúnense de
cando en vez para contar as historias da aldea.
— 11 de maio de 2018. 18.00 h.
Sala multiúsos da Biblioteca Pública de Lugo
— 19 de maio de 2018. 12.00 h. Sala infantil da Biblioteca
Pública de Vigo Juan Compañel
Contacontos
Contacontos baseado na vida e na obra de María
Victoria Moreno a cargo de Cucarandainas, desti-
nado a un público infantil. Entrada libre ata com-
pletar a capacidade da sala.
— 19 de maio de 2018. Salón de actos da Biblioteca Pública
de Santiago Ánxel Casal
Unha historia de amor. Pequena
biografía de María Victoria Moreno
Contacontos ilustrado promovido por Polo Correo
do Vento e baseado no libro do mesmo título, de
Joanna Lorenzo Montero e Tania Solla. Acompá-
ñase dun obradoiro de debuxo no que, guiados polo
ilustrador, os asistentes aprenderán a debuxar unha
caricatura da escritora.
— 11 de maio de 2018. 18.00 h. Sala de obradoiros da
Biblioteca Pública de Pontevedra. Sen inscrición previa.
— 16 de maio de 2018. 18.30 h. Sala infantil da Biblioteca
Pública de Vigo Juan Compañel. Inscrición previa na
propia biblioteca
Contadas na súa voz. María Victoria Moreno
Contacontos baseado na vida e na obra de María
Victoria Moreno a cargo de Lisístrata, destinado a
un público infantil. Entrada libre ata completar a ca-
pacidade da sala.
— 12 de maio de 2018. Salón de actos da Biblioteca Pública
de Santiago Ánxel Casal
Contiños con Susana: Letras Galegas
A actividade semanal de Susana Villar na biblioteca
achégalles nesta ocasión a obra de María Victoria
Moreno aos rapaces e rapazas de 4 a 7 anos. Inscri-
ción previa na propia biblioteca.
— 15 de maio de 2018. 18.30 horas
Biblioteca Pública de Ourense
Festexamos as nosas letras
Sarabela achégalle a figura de María Victoria Mo-
reno a un público de 6 a 12 anos. Inscrición previa
na biblioteca.
— 19 de maio. 12.00 horas
Biblioteca Pública de Ourense
11— —
VII FESTIVAL ARTE POLA IGUALDADE
Promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüís-
tica, o Teatro Colón da Coruña acollerá un espec-
táculo de música, que inclúe tamén interpretación
e baile, que desenvolven os centros coruñeses CEE
Nosa Señora do Rosario, CEIP Eusebio da Guarda e
CMUS Profesional da  Coruña para lembrar a vida e
a obra de María Victoria Moreno Márquez, dar a
coñecer o traballo dos centros e demostrar que a
diversidade funcional non é un impedimento para
desenvolver o talento.
— 10 de maio
Teatro Colón da Coruña
CONCERTO DAS LETRAS 2018
O Consello da Cultura Galega estrea unha peza
musical composta por Miguel Matamoro sobre un
texto de María Victoria Moreno.
— 16 de maio de 2018
Pontevedra
MÚSICA GALEGA CLAVE DE FADO
O Museo do Castro de Viladonga organiza un con-
certo de música galega a cargo do grupo Clave de
Fado, que establece un diálogo entre Galicia e Por-
tugal arredor do fado. Aberto a todos os públicos e
sen inscrición previa.
— 17 de maio. 18. 00 horas
Museo do Castro de Viladonga
MICROESPAZOS AUDIOVISUAIS
A Secretaría Xeral de Cultura promoverá microes-
pazos audiovisuais con anacos da obra de María
Victoria Moreno, que serán difundidos na TVG. Son
pequenas pezas creativas que pretenden espertar
a curiosidade entre o público arredor do traballo da
autora homenaxeada.
— Mes de maio
CONCURSO-EXPOSICIÓN LETRAS
GALEGAS 2018
Política Lingüística organiza este concurso, en co-
laboración con Feiraco, que se dirixe a centros edu-
cativos de toda Galicia. As exposicións gañadoras
distribúense en preto de 2000 puntos de Galicia
(centros educativos, concellos da Rede de Dina-
mización Lingüística...) e do exterior (lectorados
de galego, centros galegos...). Máis información en
lingua.gal.
ACTIVIDADES DOS EQUIPOS
DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA
GALEGA
Actividades variadas (recursos en liña, lecturas
públicas, xincanas, raps, audiovisuais, certames li-
terarios etc.) para dar a coñecer a figura de María
Victoria Moreno, a súa obra e o seu compromiso
coa lingua galega entre o alumnado de ensino pre-
universitario.
— Febreiro a xuño de 2018
www.lingua.gal/dia-letras-galegas
SEÑORA QUE PASEA POLA RÚA
CON DOUS CANS PRECIOSOS
Dan man de Matrioshka Teatro chega ao programa
de dinamización lingüística e a 10 concellos da
Rede a proposta escénica Señora que pasea pola
rúa con dous cans preciosos, que percorre a vida e
a obra de María Victoria e do seu universo de imaxe
e letras, de muller que viaxa a contracorrente, de ac-
cións e camiño por camiñar.
— De abril a maio
MARÍA VICTORIA MORENO
A TRAVÉS DA MÚSICA
E DO AUDIOVISUAL
PROPOSTAS PARA O
ÁMBITO EDUCATIVO
12— —
PRIMAVERA DAS LETRAS
Espazo web destinado ao público de infantil e de pri-
maria. A través da páxina web http://academia.gal/
primaveradasletras, a Real Academia Galega pre-
tende fornecer os centros de ensino de propostas
didácticas arredor do Día das Letras Galegas. As
actividades para este ano convidan os máis novos
a se achegar de xeito sinxelo e ameno ao universo
literario que creou María Victoria Moreno.
Xunto cos materiais, a RAG promoverá o concurso
Contádenos o voso día das Letras, aberto a todos
os centros escolares de infantil e de primaria para
que amosen como celebran o 17 de maio.
MARÍA VICTORIA EN
ACADEMIA.GAL
Contidos divulgativos arredor da vida e da obra de
María Victoria Moreno. A páxina web da Real Aca-
demia Galega ten activado desde comezos de 2018
un espazo biográfico dedicado a María Victoria Mo-
reno: https://academia.gal/letras-actual
A sección de actualidade da mesma web ofrecerá
reportaxes, entrevistas e artigos arredor da vida e
da obra da figura homenaxeada co Día das Letras
Galegas 2018.
PORTAL DAS PALABRAS
O Portal das Palabras, a web da Real Academia Ga-
lega e da Fundación Barrié para a modernización do
traballo lexicográfico e de difusión da lingua galega,
tamén dedicará contidos centrados no universo
vital e literario de María Victoria Moreno.
CRTVG
Na web da CRTVG farase unha canle para unificar
os contidos sobre as Letras Galegas na que se di-
fundirán temas específicos sobre a autora home-
naxeada este ano. Tamén haberá información sobre
as Letras para os perfís da CRTVG nas redes sociais
máis importantes.
PORTAL DE BIBLIOTECAS
ESCOLARES DE GALICIA
Durante o mes de maio, as bibliotecas escolares de
Galicia terán unha entrada específica coa progra-
mación arredor deste día que se organiza en cada
centro educativo.
CONSTELACIÓN LITERARIA
MARÍA VICTORIA MORENO
Selección de títulos de LIX galega a partir da obra
de María Victoria Moreno, a modo de constelación
literaria.
Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Di-
rección Xeral de Centros e Recursos Humanos rea-
lizarase unha primeira selección de títulos de LIX
galega que poden relacionarse coa obra de María
Victoria Moreno, segundo unha serie de criterios
(personaxes, temáticas, paisaxes etc.). Esta se-
lección, presentada como “constelación literaria”
(termo acuñado pola profesora de literatura Gua-
dalupe Jover), publicarase en internet, coa posibi-
lidade de que tamén vexa a luz en formato papel.
Propoñeráselles ás bibliotecas escolares do pro-
grama da Consellería de Cultura e Educación unha
ampliación da constelación inicial e recolleranse as
propostas na páxina web de bibliotecas escolares,
dándolle toda a difusión posible ao longo do ano.
MARÍA VICTORIA MORENO NA REDE
13— —
XUNTA EXTRAORDINARIA E
PÚBLICA DA RAG
A xunta extraordinaria e pública da RAG desenvol-
verase o 17 de maio de 2018 pola mañá no Teatro
Principal de Pontevedra e contará coas interven-
cións de tres membros de número que pronun-
ciarán unha breve alocución sobre a vida e a obra
de María Victoria Moreno.
SIMPOSIO MARÍA VICTORIA
MORENO
No salón de actos da Real Academia Galega de­
senvolverase durante os días 27 e 28 de novembro
dúas xornadas dedicadas a María Victoria Moreno
nas que se afondará, a través das disertacións de
diversos especialistas, na personalidade e na obra
literaria da autora homenaxeada no Día das Letras
Galegas.
O simposio, destinado principalmente ao profeso-
rado de lingua galega e literatura dos distintos ci-
clos e niveis, desde a secundaria obrigatoria ao ba-
charelato, e ao alumnado universitario, está aberto
ao público en xeral.
IV XORNADAS DO DÍA DAS
LETRAS GALEGAS. MARÍA
VICTORIA MORENO MÁRQUEZ
Xornada anual de formación para o profesorado de
ensinanza primaria e secundaria, organizada polo
CAFI e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, co
obxectivo de dotalo de recursos para difundir entre
a comunidade educativa a figura da autora home-
naxeada no Día das Letras Galegas 2018.
MAR ADIANTE. EDICIÓN
FACSIMILAR ESPECIAL LETRAS
GALEGAS
O Consello da Cultura Galega edita unha edición
facsimilar especial Letras Galegas de Mar adiante
de María Victoria Moreno, con textos de Xesús
Alonso Montero e de Sara Alonso Pimentel.
MARÍA VICTORIA MORENO:
HOMENAXE. PALABRA
FÉRTIL NO TEMPO
XXXVIII Cadernos Ramón Piñeiro. Volume colectivo
coordinado pola profesora Blanca Ana Roig Rechou
no que se recolle unha vintena de estudos arredor
da vida e da obra de María Victoria Moreno. Os en-
saios versan sobre as diversas facetas que caracte-
rizan a biobibliografía da homenaxeada: a súa pro-
dución infantoxuvenil, a escrita para adultos ou o
labor como docente e didacta, mais tamén inciden
no seu compromiso coa lingua, a literatura e a cul-
tura galegas.
PROGRAMACIÓN
ACADÉMICA
PUBLICACIÓNS
CONMEMORATIVAS
14— —
BIOGRAFÍA MARÍA VICTORIA
MORENO
A TVG está traballando nun especial biográfico da
escritora homenaxeada, que se vai emitir en horario
de máxima audiencia.
ZIGZAG: OS DESCENDENTES /
HERDEIROS DE MARÍA VICTORIA
O programa ZigZag terá coma protagonistas as
novas xeracións de escritores galegos. Dando a co-
ñecer a súa vida e obra, afondarase tamén na reper-
cusión das novas tecnoloxías na literatura galega,
a infancia e a lingua, e as novas canles de difusión
das letras.
ESTREA DA TV MOVIE
CONTOU ROSALÍA
Contou Rosalía é a primeira ficción sobre a vida da
escritora, primeira homenaxeada nas Letras Ga-
legas. Está ambientada no Madrid de mediados do
século XIX e a propia Rosalía conta como foi a súa
vida social, como viviu a súa paixón de escritora e
o seu reencontro co historiador Manuel Murguía. A
película, producida por Zenit Televisión, conta coa
participación da CRTVG e coa axuda da Agadic.
CADA DÍA UN LIBRO
O programa diario que se emite ao mediodía na
primeira canle da TVG dedicará toda a semana das
Letras Galegas a difundir obras de María Victoria
Moreno.
UNHA SEMANA ENTEIRA
DEDICADA ÁS LETRAS NA TVG2
A segunda canle da televisión autonómica emitirá
programación especial durante toda a semana das
Letras, principalmente documentais, pero tamén a
retransmisión do concerto O son das letras, desde
o auditorio do Mar de Vigo.
MARÍA VICTORIA MORENO
NAS ONDAS
A Radio Galega terá todo o día 17 de maio unha
programación especial centrada, case por com-
pleto, nesta efeméride. Ademais, desde a segunda
semana de febreiro e ata o 17 de maio está a emitir
dous microespazos semanais sobre María Victoria
Moreno e no mes de maio emitirán fragmentos da
obra de María Victoria Moreno na voz de colabora-
dores e entrevistados da Radio Galega.
MARÍA VICTORIA MORENO NA TVG E NA RG
15— —
INFORMACIÓN AOS MEDIOS
Gabinete de comunicación
Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria
prensa.cultura.educacion@xunta.gal
Telf. 981 957 350 | 981 544 490
cultura.gal lingua.gal
Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galicia

More Related Content

What's hot

Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
Tino Grandio
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Programa abril
Programa abrilPrograma abril
Programa abril
dinamizanormaliza
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e EducaciónIV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
rmplugo
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
Asnosasletras
 
Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015
Encarna
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
Encarna Lago
 
Boletin informativo 1º trimestre edlg
Boletin informativo 1º trimestre edlgBoletin informativo 1º trimestre edlg
Boletin informativo 1º trimestre edlg
Rocío álvarez Oreiro
 
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Cristina Martín
 
Agasallagalego
AgasallagalegoAgasallagalego
Agasallagalego
angelciencia
 
Primavera das letras
Primavera das letrasPrimavera das letras
Primavera das letras
Carmen165
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
aquintadoslibros
 
Contido mochilas 2015-16
Contido mochilas 2015-16Contido mochilas 2015-16
Contido mochilas 2015-16
Encarna
 
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGOPrograma outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Encarna Lago
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Xogando coasletras lps_out19
Xogando coasletras lps_out19Xogando coasletras lps_out19
Xogando coasletras lps_out19
caminodelaimaginacion
 
Calendario do libro de da lectura 2016
Calendario do libro de da lectura 2016Calendario do libro de da lectura 2016
Calendario do libro de da lectura 2016
Marta Pérez Lage
 
Circular normalización e biblioteca
Circular normalización e bibliotecaCircular normalización e biblioteca
Circular normalización e biblioteca
Fati Veloso Blanco
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
rmplugo
 

What's hot (20)

Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Programa abril
Programa abrilPrograma abril
Programa abril
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e EducaciónIV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
 
Boletin informativo 1º trimestre edlg
Boletin informativo 1º trimestre edlgBoletin informativo 1º trimestre edlg
Boletin informativo 1º trimestre edlg
 
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
 
Agasallagalego
AgasallagalegoAgasallagalego
Agasallagalego
 
Primavera das letras
Primavera das letrasPrimavera das letras
Primavera das letras
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
 
Contido mochilas 2015-16
Contido mochilas 2015-16Contido mochilas 2015-16
Contido mochilas 2015-16
 
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGOPrograma outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGO
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Xogando coasletras lps_out19
Xogando coasletras lps_out19Xogando coasletras lps_out19
Xogando coasletras lps_out19
 
Calendario do libro de da lectura 2016
Calendario do libro de da lectura 2016Calendario do libro de da lectura 2016
Calendario do libro de da lectura 2016
 
Circular normalización e biblioteca
Circular normalización e bibliotecaCircular normalización e biblioteca
Circular normalización e biblioteca
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 

Similar to Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galicia

Folleto das actividades da Semana do Libro. Biblioteca Diputación da Coruña
Folleto das actividades da Semana do Libro. Biblioteca Diputación da CoruñaFolleto das actividades da Semana do Libro. Biblioteca Diputación da Coruña
Folleto das actividades da Semana do Libro. Biblioteca Diputación da Coruña
Bibliotecadicoruna
 
Día Mundial do Libro 2018 - Actividades
Día Mundial do Libro 2018 - ActividadesDía Mundial do Libro 2018 - Actividades
Día Mundial do Libro 2018 - Actividades
Bibliotecadicoruna
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
redemuseisticalugo
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
redemuseisticalugo
 
Día das Letras Galegas 2015
Día das Letras Galegas 2015Día das Letras Galegas 2015
Día das Letras Galegas 2015
Bibliotecadicoruna
 
17 de maio dia das letras galegas. biblioteca diputación a coruña
17 de maio dia das letras galegas. biblioteca diputación a coruña17 de maio dia das letras galegas. biblioteca diputación a coruña
17 de maio dia das letras galegas. biblioteca diputación a coruña
Bibliotecadicoruna
 
Maria victoria moreno. letras galegas 2018. guia de lectura. biblioteca deput...
Maria victoria moreno. letras galegas 2018. guia de lectura. biblioteca deput...Maria victoria moreno. letras galegas 2018. guia de lectura. biblioteca deput...
Maria victoria moreno. letras galegas 2018. guia de lectura. biblioteca deput...
Bibliotecadicoruna
 
Programa 20 aniversario e Letras Galegas 2014. Biblioteca Provincial da Coruña
Programa 20 aniversario e Letras Galegas 2014. Biblioteca Provincial da CoruñaPrograma 20 aniversario e Letras Galegas 2014. Biblioteca Provincial da Coruña
Programa 20 aniversario e Letras Galegas 2014. Biblioteca Provincial da Coruña
Bibliotecadicoruna
 
Filgueira Valverde
Filgueira ValverdeFilgueira Valverde
Filgueira Valverde
Cristina Martín
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
Xenza
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
Xenza
 
Actividades nas bibliotecas
Actividades nas bibliotecasActividades nas bibliotecas
Actividades nas bibliotecas
Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Letras galegas 2016. Biblioteca da Deputación da Coruña
Letras galegas 2016. Biblioteca da Deputación da CoruñaLetras galegas 2016. Biblioteca da Deputación da Coruña
Letras galegas 2016. Biblioteca da Deputación da Coruña
Bibliotecadicoruna
 
A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017
Marta Pérez Lage
 
23 de abril 2016. Dia do libro. Biblioteca Provincial da Coruña
23 de abril 2016. Dia do libro. Biblioteca Provincial da Coruña23 de abril 2016. Dia do libro. Biblioteca Provincial da Coruña
23 de abril 2016. Dia do libro. Biblioteca Provincial da Coruña
Bibliotecadicoruna
 
Dim2019 programacion
Dim2019 programacionDim2019 programacion
Dim2019 programacion
mhnusc
 
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGOConclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Encarna Lago
 
Simposio maria victoria moreno
Simposio maria victoria morenoSimposio maria victoria moreno
Simposio maria victoria moreno
satelite1
 

Similar to Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galicia (20)

Folleto das actividades da Semana do Libro. Biblioteca Diputación da Coruña
Folleto das actividades da Semana do Libro. Biblioteca Diputación da CoruñaFolleto das actividades da Semana do Libro. Biblioteca Diputación da Coruña
Folleto das actividades da Semana do Libro. Biblioteca Diputación da Coruña
 
Día Mundial do Libro 2018 - Actividades
Día Mundial do Libro 2018 - ActividadesDía Mundial do Libro 2018 - Actividades
Día Mundial do Libro 2018 - Actividades
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Día das Letras Galegas 2015
Día das Letras Galegas 2015Día das Letras Galegas 2015
Día das Letras Galegas 2015
 
17 de maio dia das letras galegas. biblioteca diputación a coruña
17 de maio dia das letras galegas. biblioteca diputación a coruña17 de maio dia das letras galegas. biblioteca diputación a coruña
17 de maio dia das letras galegas. biblioteca diputación a coruña
 
Maria victoria moreno. letras galegas 2018. guia de lectura. biblioteca deput...
Maria victoria moreno. letras galegas 2018. guia de lectura. biblioteca deput...Maria victoria moreno. letras galegas 2018. guia de lectura. biblioteca deput...
Maria victoria moreno. letras galegas 2018. guia de lectura. biblioteca deput...
 
Programa 20 aniversario e Letras Galegas 2014. Biblioteca Provincial da Coruña
Programa 20 aniversario e Letras Galegas 2014. Biblioteca Provincial da CoruñaPrograma 20 aniversario e Letras Galegas 2014. Biblioteca Provincial da Coruña
Programa 20 aniversario e Letras Galegas 2014. Biblioteca Provincial da Coruña
 
Filgueira Valverde
Filgueira ValverdeFilgueira Valverde
Filgueira Valverde
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Actividades nas bibliotecas
Actividades nas bibliotecasActividades nas bibliotecas
Actividades nas bibliotecas
 
Letras galegas 2016. Biblioteca da Deputación da Coruña
Letras galegas 2016. Biblioteca da Deputación da CoruñaLetras galegas 2016. Biblioteca da Deputación da Coruña
Letras galegas 2016. Biblioteca da Deputación da Coruña
 
A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017
 
23 de abril 2016. Dia do libro. Biblioteca Provincial da Coruña
23 de abril 2016. Dia do libro. Biblioteca Provincial da Coruña23 de abril 2016. Dia do libro. Biblioteca Provincial da Coruña
23 de abril 2016. Dia do libro. Biblioteca Provincial da Coruña
 
Dim2019 programacion
Dim2019 programacionDim2019 programacion
Dim2019 programacion
 
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGOConclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
 
Simposio maria victoria moreno
Simposio maria victoria morenoSimposio maria victoria moreno
Simposio maria victoria moreno
 
Rag
RagRag
Rag
 
Biblio-Rag
Biblio-RagBiblio-Rag
Biblio-Rag
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
satelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
satelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
satelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
satelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
satelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
satelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
satelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
satelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
satelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galicia

  • 2.
  • 4.
  • 5. 5— — A Real Academia Galega promove desde 1963 a celebración do Día das Letras Galegas, dedicado cada ano a unha figura destacada polo seu labor a prol da lingua e da literatura ga- legas. O Día das Letras Galegas de 2018 homenaxea a escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Al- cántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005), por decisión do Plenario da Real Academia Galega. Licenciada en filoloxía románica, María Victoria Moreno chegou a Galicia no ano 1963 como profesora. Unha década máis tarde, en 1973, publica Mar adiante, considerada unha das obras pioneiras da literatura infantil galega. Ata o seu pasamento, a escritora estivo comprometida co ensino da lingua e da cultura galegas. Cultivou a narrativa –nomeada- mente a infantil e xuvenil–, o ensaio, a poesía, os estudos literarios e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Para difundir e poñer en valor o seu legado, e co fin de re- forzar o valor social do noso idioma nos diferentes ámbitos, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Edu- cación e Ordenación Universitaria, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Corporación Radio e Tele- visión de Galicia, en colaboración coa familia da escritora, suman os seus esforzos nunha programación conxunta de iniciativas diversas en todo o territorio, coas que se abor- darán as diferentes facetas de María Victoria Moreno. Para facer, un ano máis, das Letras Galegas unha celebración de todas e de todos.
  • 6.
  • 7. 7— — MARÍA VICTORIA MORENO. PAISAXES E PERSONAXES Exposición itinerante, comisariada polo ilustrador e humorista gráfico David Pintor, para dar a coñecer entre o público xeral a obra literaria e a figura de María Victoria Moreno. Consta de 12 paneis e dúas vitrinas con obxectos persoais da autora. Once concellos das catro provincias galegas –San- tiago de Compostela, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Sanxenxo, Ordes, Celanova, Vilaba e Ourense– albergarán a mostra, a través, principal- mente, das bibliotecas de xestión autonómica e de diferentes espazos municipais da Rede de Dinami- zación Lingüística. — De abril a decembro MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ NO CONTEXTO DA LITERATURA INFANTIL GALEGA Unha exposición con libros infantís e xuvenís da au- tora para a sala infantil. — Do 14 ao 31 de maio Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés OS AUTORES DAS LETRAS GALEGAS Todas as obras, artigos e publicacións presentes no fondo bibliográfico da biblioteca dos escritores homenaxeados co Día das Letras Galegas en 2015, 2016, 2017 e 2018 expostas no vestíbulo do edificio. — Do 14 ao 31 de maio Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés UNHA HISTORIA DE AMOR CO GALEGO Mostra bibliográfica da obra e da vida de María Vic- toria Moreno na zona de exposicións. — Do 10 ao 30 de maio Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel EU CONTO, TI LES Mostra bibliográfica de obras infantís de autores e de autoras homenaxeados no Día das Letras Ga- legas, na sala infantil. — Do 10 ao 30 maio Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel PEZA DESTACADA: MARÍA VICTORIA MORENO O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) dedica- ralle un pequeno espazo expositivo, no marco da “peza destacada” situada no vestíbulo do museo, a María Victoria Moreno, facendo especial fincapé no seu labor docente e como escritora infantil e xu- venil. — Maio Museo Pedagóxico de Galicia DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018: MARÍA VICTORIA MORENO Exposición dunha obra da homenaxeada proce- dente dos fondos do museo, acompañada dun texto explicativo sobre o Día das Letras e sobre a escri- tora. Coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia. — Do 15 ao 19 de maio Museo Etnolóxico de Ribadavia EXPOSICIÓNS
  • 8. 8— — CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS A Consellería de Cultura e Educación, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüís- tica, colabora un ano máis coa Carreira Camiño das Letras, unha proba organizada no mes de maio por Xurdir, que une a conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago coa práctica do deporte. EU CONTO A Cidade da Cultura propón para o Día das Le- tras Galegas unha lectura participativa de contos de María Victoria Moreno. O título do seu libro Eu conto, ti cantas tómase como pretexto para con- vidar a todas as persoas visitantes da Cidade da Cultura a que compartan a lectura dunha escolma de contos e narracións da escritora. A actividade desenvolverase en distintos espazos e realizaranse diferentes emisións de vídeos en directo nas redes sociais para que a obra de María Victoria chegue a todas as partes do mundo. Ademais, unha vez rematada a actividade editarase un vídeo para ver e escoitar todas as intervencións, que quedará para o recordo na páxina web da Ci- dade da Cultura, www.cidadedacultura.gal. — 17 de maio, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas Cidade da Cultura de Galicia CAMPAÑAS INSTITUCIONAIS Feiraco Política Lingüística e Feiraco colaboran un ano máis faceren partícipe á cidadanía da celebración das Letras co VII Certame de microrrelatos Feira- co-Letras Galegas 2018, unha acción apoiada nas redes sociais á que poden concorrer narracións breves inspiradas na obra de María Victoria en dúas categorías: xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulta (máis de 18 anos), con tres premios en cada unha, e coa dupla reedición de De onde vén o leite?, de E. Mau- ricio e C. Taboada, pensada para achegarlles aos escolares de infantil e primaria de Galicia as claves para entenderen a historia do leite na nosa comuni- dade, así como detalles sobre o manexo, a alimen- tación das vacas e o método e filosofía de Feiraco baseados no lema Alimentando un xeito de ser. Vegalsa-Eroski Política Lingüística cédelle a Vegalsa-Eroski un dos carteis gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018 que a cadea de distribución alimen- taria difunde nos seus establecementos na semana grande das Letras. A campaña inclúe tamén unha tiraxe de bolsas especiais conmemorativas que le- varán a homenaxe a María Victoria e as súas pala- bras a múltiples fogares galegos por medio da cesta da compra arredor do 17 de maio. RENFE Política Lingüística e Renfe promoven que as Le- tras Galegas cheguen tamén aos espazos de in- formación ás persoas viaxeiras coas que conta a operadora nas estacións da sete cidades galegas, Vilagarcía de Arousa e Monforte de Lemos, que acollerán tamén a mostra “Sombra e Luz”, do IES G. Torrente Ballester de Pontevedra. Alén diso, os trens de alta velocidade, serie 121, que fan os ser- vizos Avant e MD nos corredores A Coruña-San- tiago-Vigo/A Coruña-Santiago-Ourense vestirán os repousacabezas dos seus asentos coa imaxe insti- tucional das Letras 2018. INICIATIVAS DE PARTICIPACIÓN SOCIAL
  • 9. 9— — CERTAMES Para fomentar a creatividade en torno á celebra- ción deste día, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal convoca un concurso de carteis para rapaces e rapazas de entre 3 e 13 anos. Os traballos depositaranse do 24 de abril ao 12 de maio de 2018. A entrega de premios e diplomas será o venres 18 de maio no vestíbulo da biblioteca. OBRADOIROS Leonardo e os fontaneiros A Biblioteca de Galicia promove un obradoiro para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, impartido polo grupo Xandobela, co obxectivo, non só de dar a co- ñecer a escritora a través da súa obra Leonardo e os fontaneiros, senón tamén de promover hábitos lectores a través de actividades de animación e par- ticipativas. Inscrición previa na web www.cidadeda- cultura.gal. — 5 de maio Aula I da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia Obradoiro de escritura Dirixido a un público adulto e impartido por Rodrigo Costas, en cada unha das cinco sesións de 90 mi- nutos estudaranse obras narrativas (contos e no- velas) de autores homenaxeados co gallo do Día das Letras Galegas, como Otero Pedrayo, Álvaro Cun- queiro, Ánxel Fole, Carlos Casares e María Victoria Moreno. Na sala de actividades da biblioteca. Inscri- ción previa na web bibliotecas.xunta.gal/coruna/es. — Do 14 ao 22 de maio Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés Eu conto, ti cantas Anias imparte un obradoiro de improvisación mu- sical para nenos e nenas de 8 a 12 anos, no que, partindo de fragmentos da obra da escritora ho- menaxeada, os participantes terán que crear, por grupos, cancións en diferentes estilos musicais, que, posteriormente, serán postas en común. Sala de obradoiros da biblioteca. Inscrición previa na propia biblioteca. — 18 de maio de 2018 Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola Gran xogo das Letras Galegas Un xogo por equipos, a cargo de Eduvía, no que os/ as participantes afondarán na orixe e significado do Día das Letras Galegas, e os autores e autoras homenaxeados ata o momento, ao tempo que des- cubrirán interesantes datos sobre a vida e obra de María Victoria Moreno. Os nenos e nenas deberán superar probas coma a realización dun poema, de- letrear ou definir palabras segundo as tiradas que fagan cun dado xigante. Ao final do xogo, cada par- ticipante recibirá un premio pola súa participación. — Semana das Letras Galegas Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno O obxectivo deste obradoiro é ofrecerlles aos ra- paces e rapazas un achegamento á homenaxeada. A actividade consistirá nun contacontos no que se lles narrará un dos seus textos máis célebres e reali- zarán actividades creativas arredor da lectura. Para nenos e nenas dos 4 aos 11 anos. — 11 de maio de 2018 Museo Pedagóxico de Galicia
  • 10. 10— — CONTACONTOS María e os ollos alabarados Impartido pola compañía Xarope Tulú (Urdime) para un público familiar, consiste nun espectáculo de narración oral e monicreques baseado na obra homónima de María Victoria Moreno. — 17 de maio. 17.30 h. Museo do Mar de Galicia — 19 de maio. Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Inscrición previa en www.cidadedacultura.gal O cataventos e outras historias de Vilaxeada Impartido por Charo Pita para un público de entre 4 e 11 anos, e baseado en relatos de María Victoria Moreno. En Vilaxeada hai unha velliña, un curral sen galo, un cataventos... As pitas do curral reúnense de cando en vez para contar as historias da aldea. — 11 de maio de 2018. 18.00 h. Sala multiúsos da Biblioteca Pública de Lugo — 19 de maio de 2018. 12.00 h. Sala infantil da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel Contacontos Contacontos baseado na vida e na obra de María Victoria Moreno a cargo de Cucarandainas, desti- nado a un público infantil. Entrada libre ata com- pletar a capacidade da sala. — 19 de maio de 2018. Salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal Unha historia de amor. Pequena biografía de María Victoria Moreno Contacontos ilustrado promovido por Polo Correo do Vento e baseado no libro do mesmo título, de Joanna Lorenzo Montero e Tania Solla. Acompá- ñase dun obradoiro de debuxo no que, guiados polo ilustrador, os asistentes aprenderán a debuxar unha caricatura da escritora. — 11 de maio de 2018. 18.00 h. Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra. Sen inscrición previa. — 16 de maio de 2018. 18.30 h. Sala infantil da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. Inscrición previa na propia biblioteca Contadas na súa voz. María Victoria Moreno Contacontos baseado na vida e na obra de María Victoria Moreno a cargo de Lisístrata, destinado a un público infantil. Entrada libre ata completar a ca- pacidade da sala. — 12 de maio de 2018. Salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal Contiños con Susana: Letras Galegas A actividade semanal de Susana Villar na biblioteca achégalles nesta ocasión a obra de María Victoria Moreno aos rapaces e rapazas de 4 a 7 anos. Inscri- ción previa na propia biblioteca. — 15 de maio de 2018. 18.30 horas Biblioteca Pública de Ourense Festexamos as nosas letras Sarabela achégalle a figura de María Victoria Mo- reno a un público de 6 a 12 anos. Inscrición previa na biblioteca. — 19 de maio. 12.00 horas Biblioteca Pública de Ourense
  • 11. 11— — VII FESTIVAL ARTE POLA IGUALDADE Promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüís- tica, o Teatro Colón da Coruña acollerá un espec- táculo de música, que inclúe tamén interpretación e baile, que desenvolven os centros coruñeses CEE Nosa Señora do Rosario, CEIP Eusebio da Guarda e CMUS Profesional da  Coruña para lembrar a vida e a obra de María Victoria Moreno Márquez, dar a coñecer o traballo dos centros e demostrar que a diversidade funcional non é un impedimento para desenvolver o talento. — 10 de maio Teatro Colón da Coruña CONCERTO DAS LETRAS 2018 O Consello da Cultura Galega estrea unha peza musical composta por Miguel Matamoro sobre un texto de María Victoria Moreno. — 16 de maio de 2018 Pontevedra MÚSICA GALEGA CLAVE DE FADO O Museo do Castro de Viladonga organiza un con- certo de música galega a cargo do grupo Clave de Fado, que establece un diálogo entre Galicia e Por- tugal arredor do fado. Aberto a todos os públicos e sen inscrición previa. — 17 de maio. 18. 00 horas Museo do Castro de Viladonga MICROESPAZOS AUDIOVISUAIS A Secretaría Xeral de Cultura promoverá microes- pazos audiovisuais con anacos da obra de María Victoria Moreno, que serán difundidos na TVG. Son pequenas pezas creativas que pretenden espertar a curiosidade entre o público arredor do traballo da autora homenaxeada. — Mes de maio CONCURSO-EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2018 Política Lingüística organiza este concurso, en co- laboración con Feiraco, que se dirixe a centros edu- cativos de toda Galicia. As exposicións gañadoras distribúense en preto de 2000 puntos de Galicia (centros educativos, concellos da Rede de Dina- mización Lingüística...) e do exterior (lectorados de galego, centros galegos...). Máis información en lingua.gal. ACTIVIDADES DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA Actividades variadas (recursos en liña, lecturas públicas, xincanas, raps, audiovisuais, certames li- terarios etc.) para dar a coñecer a figura de María Victoria Moreno, a súa obra e o seu compromiso coa lingua galega entre o alumnado de ensino pre- universitario. — Febreiro a xuño de 2018 www.lingua.gal/dia-letras-galegas SEÑORA QUE PASEA POLA RÚA CON DOUS CANS PRECIOSOS Dan man de Matrioshka Teatro chega ao programa de dinamización lingüística e a 10 concellos da Rede a proposta escénica Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos, que percorre a vida e a obra de María Victoria e do seu universo de imaxe e letras, de muller que viaxa a contracorrente, de ac- cións e camiño por camiñar. — De abril a maio MARÍA VICTORIA MORENO A TRAVÉS DA MÚSICA E DO AUDIOVISUAL PROPOSTAS PARA O ÁMBITO EDUCATIVO
  • 12. 12— — PRIMAVERA DAS LETRAS Espazo web destinado ao público de infantil e de pri- maria. A través da páxina web http://academia.gal/ primaveradasletras, a Real Academia Galega pre- tende fornecer os centros de ensino de propostas didácticas arredor do Día das Letras Galegas. As actividades para este ano convidan os máis novos a se achegar de xeito sinxelo e ameno ao universo literario que creou María Victoria Moreno. Xunto cos materiais, a RAG promoverá o concurso Contádenos o voso día das Letras, aberto a todos os centros escolares de infantil e de primaria para que amosen como celebran o 17 de maio. MARÍA VICTORIA EN ACADEMIA.GAL Contidos divulgativos arredor da vida e da obra de María Victoria Moreno. A páxina web da Real Aca- demia Galega ten activado desde comezos de 2018 un espazo biográfico dedicado a María Victoria Mo- reno: https://academia.gal/letras-actual A sección de actualidade da mesma web ofrecerá reportaxes, entrevistas e artigos arredor da vida e da obra da figura homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018. PORTAL DAS PALABRAS O Portal das Palabras, a web da Real Academia Ga- lega e da Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e de difusión da lingua galega, tamén dedicará contidos centrados no universo vital e literario de María Victoria Moreno. CRTVG Na web da CRTVG farase unha canle para unificar os contidos sobre as Letras Galegas na que se di- fundirán temas específicos sobre a autora home- naxeada este ano. Tamén haberá información sobre as Letras para os perfís da CRTVG nas redes sociais máis importantes. PORTAL DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA Durante o mes de maio, as bibliotecas escolares de Galicia terán unha entrada específica coa progra- mación arredor deste día que se organiza en cada centro educativo. CONSTELACIÓN LITERARIA MARÍA VICTORIA MORENO Selección de títulos de LIX galega a partir da obra de María Victoria Moreno, a modo de constelación literaria. Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Di- rección Xeral de Centros e Recursos Humanos rea- lizarase unha primeira selección de títulos de LIX galega que poden relacionarse coa obra de María Victoria Moreno, segundo unha serie de criterios (personaxes, temáticas, paisaxes etc.). Esta se- lección, presentada como “constelación literaria” (termo acuñado pola profesora de literatura Gua- dalupe Jover), publicarase en internet, coa posibi- lidade de que tamén vexa a luz en formato papel. Propoñeráselles ás bibliotecas escolares do pro- grama da Consellería de Cultura e Educación unha ampliación da constelación inicial e recolleranse as propostas na páxina web de bibliotecas escolares, dándolle toda a difusión posible ao longo do ano. MARÍA VICTORIA MORENO NA REDE
  • 13. 13— — XUNTA EXTRAORDINARIA E PÚBLICA DA RAG A xunta extraordinaria e pública da RAG desenvol- verase o 17 de maio de 2018 pola mañá no Teatro Principal de Pontevedra e contará coas interven- cións de tres membros de número que pronun- ciarán unha breve alocución sobre a vida e a obra de María Victoria Moreno. SIMPOSIO MARÍA VICTORIA MORENO No salón de actos da Real Academia Galega de­ senvolverase durante os días 27 e 28 de novembro dúas xornadas dedicadas a María Victoria Moreno nas que se afondará, a través das disertacións de diversos especialistas, na personalidade e na obra literaria da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas. O simposio, destinado principalmente ao profeso- rado de lingua galega e literatura dos distintos ci- clos e niveis, desde a secundaria obrigatoria ao ba- charelato, e ao alumnado universitario, está aberto ao público en xeral. IV XORNADAS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ Xornada anual de formación para o profesorado de ensinanza primaria e secundaria, organizada polo CAFI e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, co obxectivo de dotalo de recursos para difundir entre a comunidade educativa a figura da autora home- naxeada no Día das Letras Galegas 2018. MAR ADIANTE. EDICIÓN FACSIMILAR ESPECIAL LETRAS GALEGAS O Consello da Cultura Galega edita unha edición facsimilar especial Letras Galegas de Mar adiante de María Victoria Moreno, con textos de Xesús Alonso Montero e de Sara Alonso Pimentel. MARÍA VICTORIA MORENO: HOMENAXE. PALABRA FÉRTIL NO TEMPO XXXVIII Cadernos Ramón Piñeiro. Volume colectivo coordinado pola profesora Blanca Ana Roig Rechou no que se recolle unha vintena de estudos arredor da vida e da obra de María Victoria Moreno. Os en- saios versan sobre as diversas facetas que caracte- rizan a biobibliografía da homenaxeada: a súa pro- dución infantoxuvenil, a escrita para adultos ou o labor como docente e didacta, mais tamén inciden no seu compromiso coa lingua, a literatura e a cul- tura galegas. PROGRAMACIÓN ACADÉMICA PUBLICACIÓNS CONMEMORATIVAS
  • 14. 14— — BIOGRAFÍA MARÍA VICTORIA MORENO A TVG está traballando nun especial biográfico da escritora homenaxeada, que se vai emitir en horario de máxima audiencia. ZIGZAG: OS DESCENDENTES / HERDEIROS DE MARÍA VICTORIA O programa ZigZag terá coma protagonistas as novas xeracións de escritores galegos. Dando a co- ñecer a súa vida e obra, afondarase tamén na reper- cusión das novas tecnoloxías na literatura galega, a infancia e a lingua, e as novas canles de difusión das letras. ESTREA DA TV MOVIE CONTOU ROSALÍA Contou Rosalía é a primeira ficción sobre a vida da escritora, primeira homenaxeada nas Letras Ga- legas. Está ambientada no Madrid de mediados do século XIX e a propia Rosalía conta como foi a súa vida social, como viviu a súa paixón de escritora e o seu reencontro co historiador Manuel Murguía. A película, producida por Zenit Televisión, conta coa participación da CRTVG e coa axuda da Agadic. CADA DÍA UN LIBRO O programa diario que se emite ao mediodía na primeira canle da TVG dedicará toda a semana das Letras Galegas a difundir obras de María Victoria Moreno. UNHA SEMANA ENTEIRA DEDICADA ÁS LETRAS NA TVG2 A segunda canle da televisión autonómica emitirá programación especial durante toda a semana das Letras, principalmente documentais, pero tamén a retransmisión do concerto O son das letras, desde o auditorio do Mar de Vigo. MARÍA VICTORIA MORENO NAS ONDAS A Radio Galega terá todo o día 17 de maio unha programación especial centrada, case por com- pleto, nesta efeméride. Ademais, desde a segunda semana de febreiro e ata o 17 de maio está a emitir dous microespazos semanais sobre María Victoria Moreno e no mes de maio emitirán fragmentos da obra de María Victoria Moreno na voz de colabora- dores e entrevistados da Radio Galega. MARÍA VICTORIA MORENO NA TVG E NA RG
  • 15. 15— — INFORMACIÓN AOS MEDIOS Gabinete de comunicación Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prensa.cultura.educacion@xunta.gal Telf. 981 957 350 | 981 544 490 cultura.gal lingua.gal