SlideShare a Scribd company logo
SEMANA DOS MUSEOS 2019
DÍA das LETRAS GALEGAS / DÍA INTERNACIONAL dos
MUSEOS / NOITE dos MUSEOS na
REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN
DE LUGO
Escola de nenas de San Cibrao, Cervo (Edificio actual Museo Provincial do Mar). Ano 1967.
Mestra: dona Sagrario Martínez López.
Os museos da Deputación de Lugo celebramos na semana que vai do 13 ao 19 de
maio de 2019 o Día das Letras Galegas (17 de maio), o Día Internacional dos
Museos e a Noite dos Museos (18 de maio).
O Días das Letras que a RAG dedica este ano ao profesor, historiador e
etnógrafo, Antón Fraguas (1905-1999) dános a oportunidade de revisar a tradición
a través da súa extensa e meritoria obra de investigación.
Nesta ocasión, o lema escollido polo ICOM para celebrar o próximo 18 de maio o
Día Internacional dos Museos, “Os museos como eixes culturais. O futuro da
tradición”, convídanos a reflexionar sobre o papel que desempeñan os museos
como actores activos nas súas respectivas comunidades, un papel cambiante que
os foi convertendo en plataformas de coñecemento, creatividade e intercambio.
Son días de celebración e de posta en marcha do mundo por vir.
Coordinación:
Encarna Lago
Xerente Rede Museística Provincial
Museo Provincial do Mar
»Cantigas de san Cibrao
Xa que o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, e o 18 de maio, Día Internacional
dos Museos van xuntos no calendario, e que este ano se chame atención sobre
a preservación das tradicións, labor no que Antón Fraguas foi un destacado
investigador. Tratando, dende a humildade, de emular a Antón Fraguas, que levou
a cabo unha inxente busca das cantigas, ditos e costumes do seu Cotobade natal,
ao longo da Semana dos Museos, instalaremos un panel no que ir deixando as
cantigas e verbas propias de San Cibrao que as nosas xentes nos queiran regalar.
»Eu son Museo, ti es Museo, todxs somos Museo
Xoves, 16 de maio
Reunímonos coa xente do Club Sénior, auténticos museos vivos, para aprender e
así saber que que patrimonio debemos coidar e preservar para as xeracións
futuras.
»Escénicas en Rede
Actividades de danza, teatro, artes plásticas que se realizan en colaboración con
colectivos externos e que se desenvolven en distintas sedes, dentro e fóra do
propio museo.
50º ANIVERSARIO DO MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Comezan os actos, que culminarán o 11 de outubro, para celebrarmos o 50º
aniversario da creación en 1969 do Museo Provincial do Mar.
Nestas datas homenaxearemos á mestra dona Sagrario Martínez López e
preparamos unha reunión co seu antigo alumnado.
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O historiador, investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas é o personaxe
escollido pola RAG neste 2019 para homenaxear no Día das Letras Galegas.
Naceu en Cotobade, 1905 e faleceu en Santiago de Compostela de1999. Foi
director e presidente do Museo do Pobo Galego, fundador da Sociedade de
Lingua, membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos.
18 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
»Viaxando polo museo: do pasado ao futuro.
Sábado, 18, de maio
Neste DIM e para celebrar o 50º aniversario deste Museo, xuntaremos os
integrantes do Club Sénior e Club Pequeamigxs para que as tradicións viaxen
desde o pasado cara a un futuro.
VISITAS GUIADAS
»Musalinguas
Todos os días, entre o 14 e o 19 de maio, ás 11:00h.
Visitas dialogadas a diferentes salas deste Museo. Un modo de comunicación e
intercambio de saberes e experiencias entre o guía e os visitantes, tendo en conta
ás súas linguas e culturas.
Duración da visita: 1 hora.
EXPOSICIÓNS
Exposición: A muller do século XXI. Mans Unidas (do 8 ao 30 de maio).
Exposición: Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas (do 8 de maio ao 9 de xuño).
Museo Provincial do Mar: 982 59 45 72
museodomar@museolugo.org
Xerencia da Rede Museística: 699 836 883
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org
Museo Fortaleza San Paio de Narla
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O historiador, investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas é o personaxe
escollido pola RAG neste 2019 para homenaxear no Día das Letras Galegas.
Naceu en Cotobade, 1905 e faleceu en Santiago de Compostela de1999. Foi
director e presidente do Museo do Pobo Galego, fundador da Sociedade de
Lingua, membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos.
16:30h.-Inauguración das VII Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio
Rural. AASS Carballo Vivo, Deputación de Lugo, Concello de Friol e Universidade
de Santiago.
17:00h.-Lecturas: As nenas e nenos de Friol len a Antón Fraguas.
17:30h.-Conferencia: "Antonio Fraguas lucense de adopción e devoción" Relator:
Antonio Prado, doutor en Historia e sucesor de Fraguas na cátedra do Instituto
Masculino.
18:30h.-Representación teatral: Mulleres do Narla: Cambiemos o conto, a cargo do
grupo de teatro Carballo Vivo.
19:30h.-Actuación Grupo de Música Tradicional da AAVV Cultural Deportiva
Castelo Rato "Abricandeira Folk" (Programa Museiqueando da Deputación de
Lugo).
18 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
»Escénicas en Rede
Actividades de danza, teatro e artes plásticas que se realizan en colaboración con
colectivos externos e que se desenvolven en distintas sedes, dentro e fóra do
propio museo.
18 DE MAIO: NOITE DOS MUSEOS
Pequeamigxs en escena: Teatro na Noite dos Museos.
Os membros do Club Pequeamigxs de San Paio de Narla reúnense para participar
nos obradoiros, concerto, contos, cear e … a durmir, que son horas! Nenos e
nenas do Club Pequeamigxs, tras degustar unha cea medieval, pasarán a noite
na Torre de Xiá con pais e nais, avós e avoas, vivencia interxerancional con un
retorno ao pasado, afondando no coñecemento da nosa cultura, da nosa historia
do medievo.
VISITAS GUIADAS
»Musalinguas
Todos os días, entre o 14 e o 19 de maio, ás 11:00h.
Visitas dialogadas a diferentes salas deste Museo. Un modo de comunicación e
intercambio de saberes e experiencias entre o guía e os visitantes, tendo en conta
ás súas linguas e culturas.
Duración da visita: 1 hora.
EXPOSICIÓNS
Exposición: A muller do século XXI. Mans Unidas (do 8 ao 30 de maio).
Exposición: Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas (do 8 de maio ao 9 de xuño).
Museo Fortaleza San Paio de Narla: 982 37 51 56
sanpaiodenarla@museolugo.org
Xerencia da Rede Museística: 699 836 883
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org
Museo Provincial de Lugo
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O historiador, investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas é o personaxe
escollido pola RAG neste 2019 para homenaxear no Día das Letras Galegas.
Naceu en Cotobade, 1905 e faleceu en Santiago de Compostela de1999. Foi
director e presidente do Museo do Pobo Galego, fundador da Sociedade de
Lingua, membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos.
»Vieiros de memoria
Desde o 13 de maio ao 25 de xullo.
Somos polos que foron. A vida constrúese de historias e a historia é unha suma de
vidas. Este ano, o día das Letras Galegas dedícaselle a Antón Fraguas, o gran
etnógrafo de Galiza, un deses buscadores de recordos e custodios da memoria do
pobo, que fixo da nosa cultura un ben maior. O seu legado ben pode servir como
exemplo para o Día Internacional dos Museos 2019, que promove a memoria
colectiva e o patrimonio inmaterial como recurso necesario para un futuro
socialmente sostible. Desde a Rede Museística Provincial queremos andar eses
vieiros da memoria coa nosa comunidade, porque somos depositarios da memoria
de todxs, así pois, gustaríanos trazar sobre un mapa os camiños das vosas
lembranzas, do pasado das vosas familias, camiños andados, lugares, palabras,
expresións, costumes…, para crear ese caderno de viaxe conxunto no que todxs
teñamos cabida.
18 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
ArtisticaMENTE
Tecendo emocións en torno ao patrimonio e á tradición.
Sábado, 18 de maio, ás 18.00h
Segundo o Instituto Nacional de Estatística, tres millóns de españois padecen
depresión, e outros tantos trastornos de ansiedade; ademais, estímase que unha
de cada cinco persoas padecerá algunha enfermidade mental ao longo da súa
vida.
Por que entón, enfermidades que son tan comúns teñen tan pouca visibilidade e
están tan estigmatizadas?
Dende a Rede Museística Provincial de Lugo, partindo da premisa "Un museo
entre todxs para todxs" que nos define e celebrando o Día Internacional dos
Museos, presentamos o proxecto "ArtísticaMENTE", unha actividade na que arte e
tradición desempeñarán un papel fundamental espertando sensibilidades e
canalizando emocións.
Desenvolvemento da actividade: Consistirá nunha visita guiada pola colección
pictórica e escultórica da sección de arte galega do Museo. Unha vez rematada
esta, realizarase un taller no que cada participante elixirá a obra ou o/a artista que
máis lle impactou, e reflexionará sobre os sentimentos que lle espertou.
A idea é que cadaquén plasme a través das distintas canles de expresión artística
(pintura, debuxo, escritura...) as sensacións que experimentou ao contemplar as
diferentes obras, o significado que a historia e a arte teñen na súa vida e que, ao
igual que fixeron e fan os artistas, poida empregar a arte como medio de
canalización de emocións e sentimentos
Destinatarios: Esta iniciativa está aberta a todo o mundo e ten como finalidade
crear lazos e convivencias, de desestigmatizar o mundo das enfermidades mentais
e aprender a xestionar emocións empregando como canle a tradición e o
patrimonio artístico.
VISITAS GUIADAS
»Musalinguas
Todos os días, entre o 13 e o 19 de maio, ás 11:00h. e ás 16:30h.
Visitas dialogadas a diferentes salas deste Museo. Un modo de comunicación e
intercambio de saberes e experiencias entre o guía e os visitantes, tendo en conta
ás súas linguas e culturas.
Duración da visita: 1 hora.
»Escénicas en Rede
Actividades de danza, teatro, artes plásticas que se realizan en colaboración con
colectivos externos e que se desenvolven en distintas sedes, dentro e fóra do
propio museo.
EXPOSICIÓNS
Exposición: Crea o teu museo. Traballos escolares do alumnado do CEIP As
Gándaras. Corredor primeira planta (do 8 ao 31 de maio).
Exposición: A muller do século XXI. Mans Unidas. Sala Multiusos do MPLugo (do
8 ao 30 de maio).
Exposición: Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas. Refectorio do MPLugo (do 8 de
maio ao 9 de xuño).
Exposición: Flor Novoneyra. Lamazares. Sala de Exposicións do MPLugo (do 16
de abril ao 21 de xullo).
Exposición: Maruxa Seoane. Achegamento a Mª Elvira Fernández López. Sala
Pazo de San Marcos (do 2 de maio ao 21 de xullo).
Museo Provincial de Lugo: 982 24 23 00 / 982 24 21 12
Xerencia da Rede Museística: 699 836 883
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org
Museo Pazo de Tor
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O historiador, investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas é o personaxe
escollido pola RAG neste 2019 para homenaxear no Día das Letras Galegas.
Naceu en Cotobade, 1905 e faleceu en Santiago de Compostela de1999. Foi
director e presidente do Museo do Pobo Galego, fundador da Sociedade de
Lingua, membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos.
»Escénicas en Rede
Actividades de danza, teatro, artes plásticas que se realizan en colaboración con
colectivos externos e que se desenvolven en distintas sedes, dentro e fóra do
propio museo. Os días 13, 20 e 27 de maio realizaranse actividades no Centro
Ágora, de Monforte, co colectivo ACADAR.
VISITAS GUIADAS
»Musalinguas
Visitas dialogadas a diferentes salas deste Museo. Un modo de comunicación e
intercambio de saberes e experiencias entre o guía e os visitantes, tendo en conta
ás súas linguas e culturas.
Duración da visita: 1 hora.
Todos os días, entre o 14 e o 19 de maio, ás 11:00h.
EXPOSICIÓNS
Exposición: A muller do século XXI. Mans Unidas (do 8 ao 30 de maio).
Exposición: Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas (do 8 de maio ao 9 de xuño).
Museo Pazo de Tor: 982 16 55 34
pazodetor@museolugo.org
Xerencia da Rede Museística: 699 836 883
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org

More Related Content

What's hot

Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoProgramación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Encarna Lago
 
Dossier letras-galegas-2019
Dossier letras-galegas-2019Dossier letras-galegas-2019
Dossier letras-galegas-2019
satelite1
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
rmplugo
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Encarna Lago
 
Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)Hojas para a3 (1)
Hojas para a3 (1)
Encarna Lago
 
Biblio contorna 3.pub
Biblio contorna 3.pubBiblio contorna 3.pub
Biblio contorna 3.pub
Cristina Piñeiro Lorenzo
 
Revisando 15 anos de percorrido
Revisando 15 anos de percorridoRevisando 15 anos de percorrido
Revisando 15 anos de percorrido
Encarna Lago
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
Encarna Lago
 
Memoria Tor 2014
Memoria Tor 2014Memoria Tor 2014
Memoria Tor 2014
Encarna Lago
 
Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galicia
Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galiciaProgramacion letras galegas_2018_xunta_de_galicia
Programacion letras galegas_2018_xunta_de_galicia
satelite1
 
Dim2019 programacion
Dim2019 programacionDim2019 programacion
Dim2019 programacion
mhnusc
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Encarna Lago
 
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e EducaciónIV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación
rmplugo
 
2130 programa actividades nadal 2013
2130 programa  actividades nadal 20132130 programa  actividades nadal 2013
2130 programa actividades nadal 2013rmplugo
 
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGOPrograma outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Encarna Lago
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
Encarna Lago
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Encarna Lago
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoMulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
PSM
 
Interior diario alzheimer 2
Interior diario alzheimer 2Interior diario alzheimer 2
Interior diario alzheimer 2Encarna Lago
 
What's hot (20)

Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
2130 programa actividades nadal 2013
2130 programa  actividades nadal 20132130 programa  actividades nadal 2013
2130 programa actividades nadal 2013
 
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGOPrograma outono2015 redemuseistica (1)LUGO
Programa outono2015 redemuseistica (1)LUGO
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoMulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
 
Interior diario alzheimer 2
Interior diario alzheimer 2Interior diario alzheimer 2
Interior diario alzheimer 2
 
Similar to Programa Rede Semana Museos 2019

Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
redemuseisticalugo
 
Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
redemuseisticalugo
 
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICAPROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICAEncarna Lago
 
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Encarna Lago
 
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e MigraciónII Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
rmplugo
 
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversarioguest685315df
 
Programa nadal 2011 San Paio de Narla
Programa nadal 2011 San Paio de NarlaPrograma nadal 2011 San Paio de Narla
Programa nadal 2011 San Paio de NarlaAna Ferro Fernández
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
Encarna Lago
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
Encarna Lago
 
Día das Letras Galegas 2015
Día das Letras Galegas 2015Día das Letras Galegas 2015
Día das Letras Galegas 2015
Bibliotecadicoruna
 
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGOConclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Encarna Lago
 
Programa nadal 2011 Museo Provincial do Mar
Programa nadal 2011 Museo Provincial do MarPrograma nadal 2011 Museo Provincial do Mar
Programa nadal 2011 Museo Provincial do MarAna Ferro Fernández
 
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de LugoIV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
Encarna Lago
 
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede MuseísticaIV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
Encarna Lago
 
Actividades nas bibliotecas
Actividades nas bibliotecasActividades nas bibliotecas
Actividades nas bibliotecas
Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Similar to Programa Rede Semana Museos 2019 (17)

Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICAPROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES ESCOLARES NA REDEMUSEISTICA
 
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
 
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e MigraciónII Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
 
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
 
Programa nadal 2011 San Paio de Narla
Programa nadal 2011 San Paio de NarlaPrograma nadal 2011 San Paio de Narla
Programa nadal 2011 San Paio de Narla
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
 
Día das Letras Galegas 2015
Día das Letras Galegas 2015Día das Letras Galegas 2015
Día das Letras Galegas 2015
 
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGOConclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
Conclusions II CONGRESO XENERO MUSEOS ARTE E MIGRACIÓN LUGO
 
Programa nadal 2011 Museo Provincial do Mar
Programa nadal 2011 Museo Provincial do MarPrograma nadal 2011 Museo Provincial do Mar
Programa nadal 2011 Museo Provincial do Mar
 
Creatividade 2014
Creatividade 2014Creatividade 2014
Creatividade 2014
 
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de LugoIV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
IV Congreso Xeneros, Museos Arte e Educación da Rede Museística de Lugo
 
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede MuseísticaIV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
 
Actividades nas bibliotecas
Actividades nas bibliotecasActividades nas bibliotecas
Actividades nas bibliotecas
 
More from rmplugo

mptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitivamptor_memoria_2019 definitiva
mptor_memoria_2019 definitiva
rmplugo
 
Memoria 2019 mar
Memoria 2019 marMemoria 2019 mar
Memoria 2019 mar
rmplugo
 
Memoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paioMemoria 2019 san paio
Memoria 2019 san paio
rmplugo
 
Guia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narlaGuia pictogramas san paio de narla
Guia pictogramas san paio de narla
rmplugo
 
Guia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de torGuia pictogramas pazo de tor
Guia pictogramas pazo de tor
rmplugo
 
Guia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo LugoGuia pictogramas museo Lugo
Guia pictogramas museo Lugo
rmplugo
 
VII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo VivoVII Xornadas Carballo Vivo
VII Xornadas Carballo Vivo
rmplugo
 
Egipto
EgiptoEgipto
Egipto
rmplugo
 
Mpl egipto
Mpl  egiptoMpl  egipto
Mpl egipto
rmplugo
 
Resume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do marResume anual 2015 museo do mar
Resume anual 2015 museo do mar
rmplugo
 
Resume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paioResume anual 2015 san paio
Resume anual 2015 san paio
rmplugo
 
Resume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de torResume anual 2015 pazo de tor
Resume anual 2015 pazo de tor
rmplugo
 
De museo a museo
De museo a museoDe museo a museo
De museo a museo
rmplugo
 
Nadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museísticaNadal 2015 na rede museística
Nadal 2015 na rede museística
rmplugo
 
Noite museos
Noite museosNoite museos
Noite museos
rmplugo
 
2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebook2015 05 15 foto palabra facebook
2015 05 15 foto palabra facebook
rmplugo
 
Proxecto xaponesas
Proxecto xaponesasProxecto xaponesas
Proxecto xaponesas
rmplugo
 
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLAA CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
A CONTACONTOS CHARO PITA EN SAN PAIO DE NARLA
rmplugo
 
Programa Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos AiresPrograma Congreso Internacional Buenos Aires
Programa Congreso Internacional Buenos Aires
rmplugo
 
Un museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todosUn museo para todos entre todos
Un museo para todos entre todos
rmplugo
 
More from rmplugo (20)

Programa Rede Semana Museos 2019

  • 1. SEMANA DOS MUSEOS 2019 DÍA das LETRAS GALEGAS / DÍA INTERNACIONAL dos MUSEOS / NOITE dos MUSEOS na REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO Escola de nenas de San Cibrao, Cervo (Edificio actual Museo Provincial do Mar). Ano 1967. Mestra: dona Sagrario Martínez López.
  • 2. Os museos da Deputación de Lugo celebramos na semana que vai do 13 ao 19 de maio de 2019 o Día das Letras Galegas (17 de maio), o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos (18 de maio). O Días das Letras que a RAG dedica este ano ao profesor, historiador e etnógrafo, Antón Fraguas (1905-1999) dános a oportunidade de revisar a tradición a través da súa extensa e meritoria obra de investigación. Nesta ocasión, o lema escollido polo ICOM para celebrar o próximo 18 de maio o Día Internacional dos Museos, “Os museos como eixes culturais. O futuro da tradición”, convídanos a reflexionar sobre o papel que desempeñan os museos como actores activos nas súas respectivas comunidades, un papel cambiante que os foi convertendo en plataformas de coñecemento, creatividade e intercambio. Son días de celebración e de posta en marcha do mundo por vir. Coordinación: Encarna Lago Xerente Rede Museística Provincial Museo Provincial do Mar »Cantigas de san Cibrao Xa que o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, e o 18 de maio, Día Internacional dos Museos van xuntos no calendario, e que este ano se chame atención sobre a preservación das tradicións, labor no que Antón Fraguas foi un destacado investigador. Tratando, dende a humildade, de emular a Antón Fraguas, que levou a cabo unha inxente busca das cantigas, ditos e costumes do seu Cotobade natal, ao longo da Semana dos Museos, instalaremos un panel no que ir deixando as cantigas e verbas propias de San Cibrao que as nosas xentes nos queiran regalar. »Eu son Museo, ti es Museo, todxs somos Museo Xoves, 16 de maio Reunímonos coa xente do Club Sénior, auténticos museos vivos, para aprender e así saber que que patrimonio debemos coidar e preservar para as xeracións futuras. »Escénicas en Rede Actividades de danza, teatro, artes plásticas que se realizan en colaboración con colectivos externos e que se desenvolven en distintas sedes, dentro e fóra do propio museo. 50º ANIVERSARIO DO MUSEO PROVINCIAL DO MAR Comezan os actos, que culminarán o 11 de outubro, para celebrarmos o 50º aniversario da creación en 1969 do Museo Provincial do Mar. Nestas datas homenaxearemos á mestra dona Sagrario Martínez López e preparamos unha reunión co seu antigo alumnado. 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS O historiador, investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas é o personaxe escollido pola RAG neste 2019 para homenaxear no Día das Letras Galegas. Naceu en Cotobade, 1905 e faleceu en Santiago de Compostela de1999. Foi
  • 3. director e presidente do Museo do Pobo Galego, fundador da Sociedade de Lingua, membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos. 18 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS »Viaxando polo museo: do pasado ao futuro. Sábado, 18, de maio Neste DIM e para celebrar o 50º aniversario deste Museo, xuntaremos os integrantes do Club Sénior e Club Pequeamigxs para que as tradicións viaxen desde o pasado cara a un futuro. VISITAS GUIADAS »Musalinguas Todos os días, entre o 14 e o 19 de maio, ás 11:00h. Visitas dialogadas a diferentes salas deste Museo. Un modo de comunicación e intercambio de saberes e experiencias entre o guía e os visitantes, tendo en conta ás súas linguas e culturas. Duración da visita: 1 hora. EXPOSICIÓNS Exposición: A muller do século XXI. Mans Unidas (do 8 ao 30 de maio). Exposición: Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas (do 8 de maio ao 9 de xuño). Museo Provincial do Mar: 982 59 45 72 museodomar@museolugo.org Xerencia da Rede Museística: 699 836 883 xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org Museo Fortaleza San Paio de Narla 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS O historiador, investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas é o personaxe escollido pola RAG neste 2019 para homenaxear no Día das Letras Galegas. Naceu en Cotobade, 1905 e faleceu en Santiago de Compostela de1999. Foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, fundador da Sociedade de Lingua, membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos. 16:30h.-Inauguración das VII Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural. AASS Carballo Vivo, Deputación de Lugo, Concello de Friol e Universidade de Santiago. 17:00h.-Lecturas: As nenas e nenos de Friol len a Antón Fraguas. 17:30h.-Conferencia: "Antonio Fraguas lucense de adopción e devoción" Relator: Antonio Prado, doutor en Historia e sucesor de Fraguas na cátedra do Instituto Masculino. 18:30h.-Representación teatral: Mulleres do Narla: Cambiemos o conto, a cargo do grupo de teatro Carballo Vivo. 19:30h.-Actuación Grupo de Música Tradicional da AAVV Cultural Deportiva Castelo Rato "Abricandeira Folk" (Programa Museiqueando da Deputación de Lugo).
  • 4. 18 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS »Escénicas en Rede Actividades de danza, teatro e artes plásticas que se realizan en colaboración con colectivos externos e que se desenvolven en distintas sedes, dentro e fóra do propio museo. 18 DE MAIO: NOITE DOS MUSEOS Pequeamigxs en escena: Teatro na Noite dos Museos. Os membros do Club Pequeamigxs de San Paio de Narla reúnense para participar nos obradoiros, concerto, contos, cear e … a durmir, que son horas! Nenos e nenas do Club Pequeamigxs, tras degustar unha cea medieval, pasarán a noite na Torre de Xiá con pais e nais, avós e avoas, vivencia interxerancional con un retorno ao pasado, afondando no coñecemento da nosa cultura, da nosa historia do medievo. VISITAS GUIADAS »Musalinguas Todos os días, entre o 14 e o 19 de maio, ás 11:00h. Visitas dialogadas a diferentes salas deste Museo. Un modo de comunicación e intercambio de saberes e experiencias entre o guía e os visitantes, tendo en conta ás súas linguas e culturas. Duración da visita: 1 hora. EXPOSICIÓNS Exposición: A muller do século XXI. Mans Unidas (do 8 ao 30 de maio). Exposición: Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas (do 8 de maio ao 9 de xuño). Museo Fortaleza San Paio de Narla: 982 37 51 56 sanpaiodenarla@museolugo.org Xerencia da Rede Museística: 699 836 883 xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org Museo Provincial de Lugo 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS O historiador, investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas é o personaxe escollido pola RAG neste 2019 para homenaxear no Día das Letras Galegas. Naceu en Cotobade, 1905 e faleceu en Santiago de Compostela de1999. Foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, fundador da Sociedade de Lingua, membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos. »Vieiros de memoria Desde o 13 de maio ao 25 de xullo. Somos polos que foron. A vida constrúese de historias e a historia é unha suma de vidas. Este ano, o día das Letras Galegas dedícaselle a Antón Fraguas, o gran etnógrafo de Galiza, un deses buscadores de recordos e custodios da memoria do pobo, que fixo da nosa cultura un ben maior. O seu legado ben pode servir como exemplo para o Día Internacional dos Museos 2019, que promove a memoria colectiva e o patrimonio inmaterial como recurso necesario para un futuro socialmente sostible. Desde a Rede Museística Provincial queremos andar eses
  • 5. vieiros da memoria coa nosa comunidade, porque somos depositarios da memoria de todxs, así pois, gustaríanos trazar sobre un mapa os camiños das vosas lembranzas, do pasado das vosas familias, camiños andados, lugares, palabras, expresións, costumes…, para crear ese caderno de viaxe conxunto no que todxs teñamos cabida. 18 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS ArtisticaMENTE Tecendo emocións en torno ao patrimonio e á tradición. Sábado, 18 de maio, ás 18.00h Segundo o Instituto Nacional de Estatística, tres millóns de españois padecen depresión, e outros tantos trastornos de ansiedade; ademais, estímase que unha de cada cinco persoas padecerá algunha enfermidade mental ao longo da súa vida. Por que entón, enfermidades que son tan comúns teñen tan pouca visibilidade e están tan estigmatizadas? Dende a Rede Museística Provincial de Lugo, partindo da premisa "Un museo entre todxs para todxs" que nos define e celebrando o Día Internacional dos Museos, presentamos o proxecto "ArtísticaMENTE", unha actividade na que arte e tradición desempeñarán un papel fundamental espertando sensibilidades e canalizando emocións. Desenvolvemento da actividade: Consistirá nunha visita guiada pola colección pictórica e escultórica da sección de arte galega do Museo. Unha vez rematada esta, realizarase un taller no que cada participante elixirá a obra ou o/a artista que máis lle impactou, e reflexionará sobre os sentimentos que lle espertou. A idea é que cadaquén plasme a través das distintas canles de expresión artística (pintura, debuxo, escritura...) as sensacións que experimentou ao contemplar as diferentes obras, o significado que a historia e a arte teñen na súa vida e que, ao igual que fixeron e fan os artistas, poida empregar a arte como medio de canalización de emocións e sentimentos Destinatarios: Esta iniciativa está aberta a todo o mundo e ten como finalidade crear lazos e convivencias, de desestigmatizar o mundo das enfermidades mentais e aprender a xestionar emocións empregando como canle a tradición e o patrimonio artístico. VISITAS GUIADAS »Musalinguas Todos os días, entre o 13 e o 19 de maio, ás 11:00h. e ás 16:30h. Visitas dialogadas a diferentes salas deste Museo. Un modo de comunicación e intercambio de saberes e experiencias entre o guía e os visitantes, tendo en conta ás súas linguas e culturas. Duración da visita: 1 hora. »Escénicas en Rede Actividades de danza, teatro, artes plásticas que se realizan en colaboración con colectivos externos e que se desenvolven en distintas sedes, dentro e fóra do propio museo. EXPOSICIÓNS Exposición: Crea o teu museo. Traballos escolares do alumnado do CEIP As Gándaras. Corredor primeira planta (do 8 ao 31 de maio).
  • 6. Exposición: A muller do século XXI. Mans Unidas. Sala Multiusos do MPLugo (do 8 ao 30 de maio). Exposición: Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas. Refectorio do MPLugo (do 8 de maio ao 9 de xuño). Exposición: Flor Novoneyra. Lamazares. Sala de Exposicións do MPLugo (do 16 de abril ao 21 de xullo). Exposición: Maruxa Seoane. Achegamento a Mª Elvira Fernández López. Sala Pazo de San Marcos (do 2 de maio ao 21 de xullo). Museo Provincial de Lugo: 982 24 23 00 / 982 24 21 12 Xerencia da Rede Museística: 699 836 883 xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org Museo Pazo de Tor 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS O historiador, investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas é o personaxe escollido pola RAG neste 2019 para homenaxear no Día das Letras Galegas. Naceu en Cotobade, 1905 e faleceu en Santiago de Compostela de1999. Foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, fundador da Sociedade de Lingua, membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos. »Escénicas en Rede Actividades de danza, teatro, artes plásticas que se realizan en colaboración con colectivos externos e que se desenvolven en distintas sedes, dentro e fóra do propio museo. Os días 13, 20 e 27 de maio realizaranse actividades no Centro Ágora, de Monforte, co colectivo ACADAR. VISITAS GUIADAS »Musalinguas Visitas dialogadas a diferentes salas deste Museo. Un modo de comunicación e intercambio de saberes e experiencias entre o guía e os visitantes, tendo en conta ás súas linguas e culturas. Duración da visita: 1 hora. Todos os días, entre o 14 e o 19 de maio, ás 11:00h. EXPOSICIÓNS Exposición: A muller do século XXI. Mans Unidas (do 8 ao 30 de maio). Exposición: Bruxa! Libres, rebeldes, insubmisas (do 8 de maio ao 9 de xuño). Museo Pazo de Tor: 982 16 55 34 pazodetor@museolugo.org Xerencia da Rede Museística: 699 836 883 xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org