Con motivo das Jornadas Europeas de Patrimonio (JEP), consistentes nun programa de sensibilización sobre o patrimonio cultural cuxa orixe remontase ao ano 1984 coa celebración en Francia de Les Journées Portes ouvertes des monuments historiques. A súa internacionalización, no marco do Consello de Europa, ten lugar un año despois, celebrándose desde 1991 con este nome en acción conxunta coa Unión Europea.
En España, estas Xornadas están coordinadas polo Instituto del Patrimonio Cultural de España que, na edición de este año 2021 están dedicadas ao ‘Patrimonio Inclusivo’ (Heritage for All).
Desde a Rede Museística Provincial de Lugo queremos manifestar a nosa satisfacción polo lema escollido este ano para a celebración das Xornadas Europeas do Patrimonio: “Patrimonio Inclusivo”. Preténdese con este lema reconsiderar e repensar a forma en que achegamos o patrimonio á cidadanía.
No ADN da RMPL está desde a súa creación no ano 2006 conseguir museos accesibles e inclusivos nos que ninguén quede fóra do acceso ao patrimonio por causas económicas, sociais, de xénero, culturais, …
E por iso que xa desde o ano 2007 contamos na Rede cun programa institucional inclusivo: https://es.slideshare.net/redemuseistica/programa-institucional-inclusivo-de-la-red-musestica-de-lugo. Logo de procurar facer que os nosos museos sexan accesibles tanto física como sensorial e cognoscitivamente e que as persoas que conforman a nosa plantilla estivesen formadas para a atención de todo tipo de públicos, buscamos que a nosa programación sexa inclusiva, permitindo a participación de toda a comunidade, feito que nós ten sido recoñecido con diversos premios entre os que sinalamos: premio Galicia Inclusión Anade en el 2017, premio Mellor Iniciativa Institucional en 2020 COGAMI e premio ONCE Solidaridade en 2011. Estes recoñecementos nos serven de acicate para seguir poñendo ás persoas no centro, para continuar coa labor de que ninguén quede fóra do acceso ao noso patrimonio, contribuíndo así á súa participación e inclusión na sociedade.
Con motivo desta efeméride, a Rede Museística da Deputación de Lugo fixo público un manifesto de Proxectos Inclusivos realizados por esta Rede (do que se acompaña copia) ao longo da súa existencia, o que nos permite estar á vangarda dos museos neste tema. Por esta razón, Encarna Lago, xerente da Rede Museística, foi convidada a participar no curso de formación sobre LA INCLUSIÓN EN LOS MUSEOS E SITIOS PATRIMONIALES, organizado pola Diputación Foral de Bizkaia que terá lugar os días 25 e 26 do vindeiro mes de outubro.

IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educaciónrmplugo
A deputada delegada da área de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, xunto coa xerente da Rede, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron o IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación que se vai desenvolver nos museos da Rede Museística Provincial os días 10,11 e 31 de marzo, e o 1 de abril. Cítanse neste congreso nas diferentes xornadas profesionais da museoloxía, a educación, a comunicación e a arte para facernos partícipes dos seus proxectos e provocar o debate público.
Debido ás características do formato deste congreso, dispoñemos dun aforo reducido. A reserva de prazas será por rigorosa orde de inscrición. O número de prazas será de 50 para o público en xeral. O prazo de inscricións comeza o 22 de febreiro de 2017.
Toda a información relativa a este IV Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación (Programa, relatores, calendario, horario, comunicacións e inscricións) pode consultala neste documento (VER).
Se precisa información adicional pode dirixirse a xenerosRMP@gmail.com / tfno..: 982242112

IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede MuseísticaEncarna Lago
Programa IV Congreso Xeneros Museos Arte e Educación: Como Xerente Da RMP Gracias por tanto traballo especialmente no día de hoxe as secretarias técnicas do Congreso Pilar Sanchez, Noelia Gómez e Verónica Fernandez a tdxs xs compañeirxs que tedes algo que ver na organización grazas.
EXPOSICIÓN REDEMUSEISTICA olladas de reinterpretación da obra de Julia Minguillón. As artistas e os artistas seleccionados son: David Cata, Veronica Vicente, Edu Albo, Alberto Pena, Marian Losada, Martin Lestao, Patricia Arellano, Paulova, Jose Caamaño, Paz Vicente,Laura Piñeiro, Iria Cortizo, Roi Dominguez ,Maria Xose Dominguez, Paco Pestana, Juan José Lomarti, Yolanda Dorda, Fernando Yáñez, Benjamin Santin Ben, Maria Nogueira, Germán Limeres, Iago Eireos , Luz Darriba, Miguel Anxo Macia,José Reigosa,Mauro Leivas, Paula Noya Renata Otero Ramallal, Pilar BoullosaFelix Carpio
Programa Congreso Internacional Buenos Airesrmplugo
XI Congreso da AIEG - Buenos Aires
A realización do XI Congreso da AIEG na cidade de Bos Aires, en 2015, construirá un ámbito privilexiado no que poderán achegarse ás socias e socios da entidade tanto todos estes novos traballos desenvolvidos nas universidades, coma tamén os que rexorden no seo da propia colectividade, que quere volver a participar da reflexión e do debate dos grandes temas que interesan ao presente e ao futuro da Galiza.
1. Día Internacional dos Museos 2015
REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Premio Especial «I Concurso Olladas 2015 para escolares: A miña familia, antes e agora».
Autor: Edgar Peteira Iglesias, CEIP Veleiro Docampo, Castro de Rei (Lugo)
Museos para unha sociedade sostible
O planeta está esgotado, vive nun equilibrio precario entre a
modernidade e a destrución. Chegou o tempo do cambio, a humanidade
necesita volver a conectar coa natureza para un desenvolvemento
sostible. Este ano o lema para o Día Internacional dos Museos é
“Museos para unha sociedade sostible”. Porque neste contexto, os
museos teñen o deber de converterse en medios facilitadores do cambio,
teñen que ser referentes dun novo modelo social e económico,
cimentado na solidariedade e no respecto polo medio ambiente,
mediante o aproveitamento racional dos recursos dispoñibles. A
responsabilidade social dos museos ten que poñelos na primeira liña,
como difusores de boas prácticas e xeradores do cambio.
2. En Galiza temos a sorte de que esta data é inmediata á celebración do
Día das Letras Galegas, un día ao ano no que tratamos de poñer en
valor a nosa lingua, reivindicar a nosa identidade e fortalecer a nosa
alma como pobo. Polo que, no caso da lingua, tamén sería indicado
aplicar o concepto sostible, porque queremos unha lingua saudable,
unha lingua viva, unha lingua de todos, como vehículo de progreso e
modernidade.
Así pois, neste 2015 imos fusionar lingua e museos, arte e natureza.
FOTO_PALABRA
Nesta iniciativa imos incluír dúas variantes: “Un día / Unha palabra” e
“Haikus pola lingua”
Un día / Unha palabra
Esta iniciativa está pensada para encher as nosas redes sociais
(facebook e twitter) de palabras en galego, esas palabras que forman
parte dun patrimonio esquecido, palabras ou expresións que falaban os
nosos maiores e que por caeren en desuso están desaparecendo do noso
vocabulario. E porque cremos que unha lingua viva é unha lingua que
se fala, queremos que os nosos seguidores nas redes contribúan a
enriquecer tanto o noso léxico como a nosa cultura, e publiquen
“foto_palabras”, fotos dos obxectos ou de escenas que teñan relación
coa palabra ou expresión que tratan de mostrar. Para estimular a
participación dos nosos seguidores do facebook podemos establecer un
sistema de nominacións, polo cal unha persoa elixe a outra para que
publique a súa “foto_palabra”, e así sucesivamente, mencionando ou
etiquetando o nome do museo da Rede no que quere participar.
Para publicar as foto_palabras no twitter, utilizarase o #conlingua.
Cada un dos museos poñerá no twitter unha “foto_palabra” por día
relacionada cos contidos das súas coleccións ou do entorno no que está
integrado.
Haikus pola lingua
Nos haikus combínanse á perfección os conceptos de lingua, arte e
natureza. Os haikus son pequenos poemas de orixe xaponés, que se
compoñen de tres versos, de 5-7-5 sílabas, que acostuman a tratar da
natureza, da realidade, do percibido polos sentidos. A miúdo inclúen un
kigo, que é unha palabra ou expresión que fan referencia ó día, estación
ou período do ano ó que se refire o poema. Os haikus teñen unha
grande potencia espiritual, neles combínase a intuición, a harmonía, o
equilibrio coa natureza, o sentimento, o vínculo. Algúns descríbenos
como o impacto dun momento sentido con profundidade. Queremos
capturar a forza da palabra e da natureza en imaxes. Neste caso,
queremos convocar un concurso a través das redes, invitando a colexios
e bibliotecas, para que acompañen fotografías da natureza, da nosa
paisaxe, con haikus. Con todas as fotocomposicións crearemos unha
exposición virtual nas nosas redes sociais como homenaxe á nosa
lingua e ó mesmo tempo para lanzar unha mensaxe de concienciación
para a preservación do medio ambiente. As fotocomposicións deberán
3. remitirse ó correo redemuseistica@gmail.com, poñendo como título da
mensaxe Haikus pola lingua.
Neste caso, cada un dos museos procurará a participación de poetas e
artistas para incluír as súas fotocomposicións (foto + haiku) nas súas
redes sociais.
CULTURBAN; CULTURA URBANA SOSTIBLE
Día Internacional dos Museos 2015 / Día de intervencións de Cultura
Urbana
Rede Museística Provincial de Lugo - CLUB EI!!
A Rede Museística Provincial de Lugo e o CLUB EI!! promoven o
proxecto CULTURBAN, coa participación de mozos creadores,
muralistas, grafiteiros e creativos do CLUB EI!!
Coincidindo co Día Internacional dos Museos, os días 16, 17 e 18 de
maio realizaranse unha serie de intervencións simultáneas en varios
espazos cedidos pola Rede Museística Provincial de Lugo: Museo do Mar
de San Cibrao, Museo Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla.
CULTURBAN; CULTURA URBANA SOSTIBLE
O obxectivo principal do proxecto busca unha mirada cara á
sostibilidade do patrimonio como piar do desenvolvemento cultural, por
medio de propostas creativas e construtivas, preténdese cohesionar un
soporte e contexto comunal con intervencións artísticas urbanas
contemporáneas desenvolvidas por mozos, fomentando así a gran
riqueza artística que alberga a arte urbana desenvolvida con obxectivos
comúns e estratexias a favor dunha dimensión cultural sostible co
medio.
Os museos e cultura como tema proposto e centro de actuación,
reivindicando nas intervencións seleccionadas a nosa identidade
cultura e patrimonio local, co fin de promover Lugo como cidade
cultural e universitaria.
CULTURBAN preséntase coa intención de fomentar a arte socialmente
responsable, vinculada á comunidade, a súa identidade e cultura,
dignificando a arte urbana como expresión artística e ferramenta lúdica,
respectando e enriquecendo a identidade e o patrimonio urbano
comunal.
A Rede Museística en colaboración co CLUB EI!! con esta proposta
busca promover e apoiar a arte urbana entre os mozos creadores,
ofrecendo liñas de actuación responsables e sostibles para desenvolver
expresións e ideas artísticas no ámbito urbano de forma harmónica.
A Rede Museística Provincial de Lugo facilitará aos participantes as
necesidades técnicas, permisos e materiais para o desenvolvemento de
cada intervención, cedéndolles 3 espazos dispoñibles nos centros onde
se desenvolverán as intervencións.
NOITE DOS MUSEOS: Sábado, 16 de maio
Visita e concerto no Museo Provincial de Lugo
19:00 h. Visita guiada ao Museo Provincial de Lugo.
4. 21:00 h. Concerto de Iona Pérez. Violín & loops. (bso, música clásica,
músicas cubana …)
Visita e concerto no Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol.
18:00 h. Saída en autobús* desde Lugo para o Museo Fortaleza San
Paio de Narla.
18:30 h.- Noite dos Museos no Museo. Os membros do Club
Pequeamig@s de San Paio de Narla que o desexen reúnense a esta hora
para participar nos obradoiros, concerto, contos e … a durmir, que son
horas.
18:45 h. Visita guiada ao Museo Fortaleza
San Paio de Narla.
19:45.- Inauguración da exposición “Sas
Diosas. Miradas, sa erèntzia mea”, de
Monica Mura. Forma parte da itinerancia
da mostra Olladas ‘A miña familia’.
20:00.- Contámo-nos-contos.
21:00 h. Concerto de José María de Cora (guitarra clásica)
22:00 h. Regreso a Lugo para os usuarios do autobús, a onde se
chegará sobre as 11:00 h.
Visita e concerto no Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo.
16:00 h. Saída en autobús* desde Lugo para o Museo Provincial do Mar
18:00 h. Visita ao Museo Provincial do Mar
19:00 h. Concerto-Obradoiro tradicional de música galega
20:30 h. Regreso a Lugo a onde se chegará sobre as 22:30 h.
Visita e concerto no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos
18: 00 h. Saída en autobús* desde Lugo para o Museo Pazo de Tor
19:15 h. Visita ao Museo Pazo de Tor
20:30 h. Tempo libre
21.00 h. Concerto de Oleg Dzhevelo (clarinete)
22:15 h. Regreso a Lugo a onde se chegará sobre as 23:30 h.
*Para usar o servizo de autobús é preciso apuntarse previamente no
departamento de Didáctica do MPLugo (tfno.: 982 24 23 00 / 982 24 21 12).
Este servizo será anulado en caso de non reunirse un mínimo de 30 usuarios.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: domingo, 17 de maio
12:00 h.-Visita guiada ao Museo Fortaleza de San Paio de Narla.
12:00 h.-Visita guiada ao Museo Provincial de Lugo.
12:00 h.-Visita guiada ao Museo Provincial do Mar.
12:00 h.-Visita guiada ao Museo Pazo de Tor
Actividades a desenvolver nesta xornada: Ademais das visitas guiadas
continúan “Un día /Unha palabra”, “Haikus pola lingua” e “Culturban,
cultura urbana sostible”.
5. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: luns, 18 de
maio
Os catros museos estarán abertos ao público nesta xornada.
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
De 10:50 a 11:45.- Reclamos publicitarios para o MPLugo
O alumnado de 3º curso de E. Primario do colexio PP. Franciscanos,
coordinados polos profesores Germán Cordo Isorna e Luís Abel
Taboada, propoñen textos de reclamo ou frases publicitarias creadas
por eles e elas para o MPLugo. Entregaránselle agasallos e visitarán a
exposición “Un museo agradecido”
12:00 h.- Entrega dos premios do I Concurso Olladas 2015 para
escolares: A miña familia, antes e agora.
Os traballos presentados serán exposto durante esta xornada no
corredor da Sala de Exposicións do MPLugo.
MÁIS INFORMACIÓN:
»Museo Provincial de Lugo. Tfno..: 982 24 23 00 / 982 24 21 12
didactica@museolugo.org
»Museo Fortaleza de San Paio de Narla, Friol . Tfno..: 982 37 51 56
sanpaiodenarla@museolugo.org
»Museo Provincial do Mar San Cibrao, Cervo. Tfno..: 982 59 45 72
museodomar@museolugo.org
»Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos. Tfno.: 982 165 534
pazodetor@museolugo.org
»Xerencia da Rede Museística: Tfno.: 699 836 883
xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org